jr gt instr af - sogama · o xogo da reciclaxe é un xogo de mesa patrocinado pola xunta de galicia...

2
OBXECTIVO DO XOGO O equipo gañador do xogo é o que primeiro chega á casa de meta e responde correctamente a unha proba elixida polo resto dos equipos dunha tarxeta collida do mazo ao azar. Antes debe conseguir as catro fichas correspondentes ao tipo de residuo elixido (envases de cartón e papel, envases lixeiros, envases de vidro, fracción resto), para o cal deberá superar as probas propostas nas casas marcadas como PREMIUM. PREPARACIÓN Seleccionade a versión que se axusta a vosa idade. Barallade o mazo de tarxetas e poñédeas sobre o taboleiro. Dividídevos en 2, 3 ou 4 equipos (mínimo dúas persoas por equipo). Elixide os catro equipos posibles: colector azul para envases de cartón e papel (PEÓN AZUL), colector amarelo para envases lixeiros (PEÓN AMARELO), colector xenérico para fracción resto (PEÓN NEGRO) e iglú verde para envases de vidro (PEÓN VERDE). Collede o peón que vos corresponde e colocádeo na vosa casa de saída. Cada equipo lanza o dado e quen acade a puntuación máis alta inicia o xogo. Se dous ou máis equipos empatan, tírase outra vez. A quenda de xogo seguirá o sentido das agullas do reloxo. CONTIDO O Xogo da Reciclaxe contén: O Xogo da Reciclaxe é un xogo de mesa patrocinado pola Xunta de Galicia e ECOEMBES (Ecoembalajes España, S. A.) para poñer a proba os coñecementos das nenas e nenos de 6 a 12 anos sobre os bos hábitos medioambientais na xestión e no tratamento dos residuos municipais. Concibiuse para sensibilizar e concienciar aos máis novos na necesidade do coidado e respecto do contorno incidindo para iso no fomento de boas prácticas baseadas no principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe). INSTRUCIÓNS 1 taboleiro 4 fichas de xogador en forma de peón (azul, amarelo, verde e negro) caderno de notas folla de instrucións 16 fichas de puntuación correspondentes aos catro tipos de residuos: 4 relativas aos envases de cartón e papel, 4 aos envases lixeiros, 4 aos envases de vidro, 4 á fracción resto (bolsa negra). 1 folla de adhesivos para personalizar as fichas de puntuación 1 dado 1 reloxo de area 50 tarxetas de probas para a edición de 6 a 7 anos 50 tarxetas de probas para a edición de 8 a 12 anos

Upload: others

Post on 29-Jun-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: JR GT instr AF - Sogama · O Xogo da Reciclaxe é un xogo de mesa patrocinado pola Xunta de Galicia e ECOEMBES (Ecoembalajes España, S. A.) para poñer a proba os coñecementos das

OBXECTIVO DO XOGOO equipo gañador do xogo é o que primeiro chega á casa de meta e responde correctamente a unha proba elixida polo resto dos equipos dunha tarxeta collida do mazo ao azar. Antes debe conseguir as catro fichas correspondentes ao tipo de residuo elixido (envases de cartón e papel, envases lixeiros, envases de vidro, fracción resto), para o cal deberá superar as probas propostas nas casas marcadas como PREMIUM.

PREPARACIÓN• Seleccionade a versión que se axusta a vosa idade.• Barallade o mazo de tarxetas e poñédeas sobre o taboleiro.• Dividídevos en 2, 3 ou 4 equipos (mínimo dúas persoas por equipo). Elixide os catro equipos posibles: colector

azul para envases de cartón e papel (PEÓN AZUL), colector amarelo para envases lixeiros (PEÓN AMARELO), colector xenérico para fracción resto (PEÓN NEGRO) e iglú verde para envases de vidro (PEÓN VERDE).

• Collede o peón que vos corresponde e colocádeo na vosa casa de saída.• Cada equipo lanza o dado e quen acade a puntuación máis alta inicia o xogo. Se dous ou máis

equipos empatan, tírase outra vez. A quenda de xogo seguirá o sentido das agullas do reloxo.

CONTIDO O Xogo da Reciclaxe contén:

O Xogo da Reciclaxe é un xogo de mesa patrocinado pola Xunta de Galicia e ECOEMBES (Ecoembalajes España, S. A.) para poñer a proba os coñecementos das nenas e nenos de 6 a 12 anos sobre os bos hábitos medioambientais na xestión e no tratamento dos residuos municipais. Concibiuse para sensibilizar e concienciar aos máis novos na necesidade do coidado e respecto do contorno incidindo para iso no fomento de boas prácticas baseadas no principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).

INSTRUCIÓNS

1 taboleiro

4 fichas de xogadoren forma de peón(azul, amarelo,verde e negro)

cadernode notas

folla deinstrucións

16 fichas de puntuacióncorrespondentes aos catrotipos de residuos:4 relativas aos envasesde cartón e papel,4 aos envases lixeiros,4 aos envases de vidro,4 á fracción resto (bolsa negra).

1 folla de adhesivospara personalizar asfichas de puntuación

1 dado 1 reloxo de area 50 tarxetas de probaspara a edición de 6 a 7 anos

50 tarxetas de probaspara a edición de 8 a 12 anos

Page 2: JR GT instr AF - Sogama · O Xogo da Reciclaxe é un xogo de mesa patrocinado pola Xunta de Galicia e ECOEMBES (Ecoembalajes España, S. A.) para poñer a proba os coñecementos das

PROBASCada tarxeta contén catro probas relacionadas coa reciclaxe e co respecto ao medio ambiente. Hai catro categorías:

Elixe. Contesta á pregunta elixindo unha das respostas que che propón.

Debuxa. Colle o lapis e o caderno e intenta, sen falar, que os teus compañeiros de equipo adiviñen o que estás a debuxar.

Actúa. Utilizando xestos e movementos pero sen falar nin sinalar, intenta que os teus compañeiros adiviñen o que expresas.

Responde. Contesta á pregunta coa única resposta correcta.

As probas deben resolverse nun tempo máximo dun minuto, contado co reloxo de area.

DESENVOLVEMENTO O equipo que inicia o xogo debe lanzar o dado e avanzar coa súa ficha o número de casas que corresponda. Desde a primeira tirada o equipo poderá mover a súa ficha en calquera das dúas direccións para buscar as casas PREMIUM.No taboleiro hai casas marcadas con iconas que representan unha das catro probas que deberá responder o equipo: Elixe, Debuxa, Actúa ou Responde. Cando un peón cae nunha destas casas, un membro doutro equipo deberá coller unha tarxeta do mazo e propoñer a proba correspondente a esa casa. No caso de que a proba sexa Debuxa ou Actúa, deberá mostrar a pregunta a un membro do equipo que se encargue de representala, ben sexa debuxando ou mediante a mímica, ao resto dos seus compañeiros para que o adiviñen no prazo máximo dun minuto. Se acerta volverá lanzar o dado para seguir xogando.Cando un equipo cae nunha casa PREMIUM e responde correctamente á proba descrita, recibirá como recompensa a FICHA RESIDUO correspondente (se xa a tedes, simplemente volvede tirar o dado) e pasará a quenda de tirada ao seguinte equipo. No caso de que falle a proba, a quenda tamén correrá ao seguinte equipo.Algunhas casas conteñen sorpresas negativas ou positivas. O VERTEDOIRO castigará as malas prácticas de reciclaxe e o equipo perderá unha quenda de xogo. Pola contra, as casas dos TRES ERRES (reducir-reutilizar-reciclar) premiarán as boas prácticas medioambientais e permitirá lanzar o dado outra vez.

FINAL DO XOGOUnha vez que un equipo conseguiu sumar os catro RESIDUOS correspondentes ao seu colector, debe tratar de facer chegar a súa ficha á casa de meta. Para entrar nela ten que conseguir o número exacto, do contrario intentarao nas seguintes tiradas.Cando a ficha chega á casa de meta, o resto de equipos escollen —por acordo ou votación— un tipo de proba e seguidamente o equipo que pretende acabar a partida collerá unha tarxeta do mazo ao azar e intentará acertar a devandita proba.Se o equipo supera correctamente a proba, gaña a partida. En caso contrario, o equipo debe abandonar a casa de meta na súa próxima quenda e conseguir volver caer nela máis adiante para unha nova pregunta final.

DÚBIDAS?Como en todos os xogos, pódenvos xurdir dúbidas non aclaradas nas instrucións.Nese caso, vía libre para acordar as vosas propias normas de xogo e…,

casa de saída casa premium

acceso á meta meta

...feliz partida!

casa vertedoiro casa tres erres