interiores do mundo
TRANSCRIPT
Mosteiro Rilski - Bulgaria
O Mosteiro, que está situado no corazón de Rila, a 119km de Sofia, foi fundado no século X por Santo Ivan Rilski. Incendios destruíron a súa arquitectura orixinal, pero foi reconstruído no século XIX. Son
dignas de mérito máis de 1.200 fermosísimas pinturas e o Convento da Ascensión.
Pazo Ducal – Salón do Colexio - Venecia
O Pazo Ducal, ou Pazo dos Dogos, do século XII, é un dos máis claros exemplos do poder e da grandiosidade da Venecia daquela época.
Pazo Ducal – Salón do Senado - Venecia
O Pazo Ducal ten obras clásicas e valiosas do Bosco, Bellini, Carpaccio, Veronese, Tiziano e Tintoretto, deste último pintor destaca a tea "Paraíso", unha das maiores teas do mundo, que mide
22 x 7 m, situada acima do trono do Dogo.
Pinturas na bóveda do Castelo de Bojnice - Eslovaquia
A primeira mención escrita sobre o Castelo de Bojnice é de 1113. Foi propiedade de varias famílias da nobreza húngara, alemá e polonesa, acabando nas mans da família Palffys no século XVI, conservando a fortaleza
orixinal transformouse nunha residencia suntuosa.
Teito do Pazo Real de Madrid.
O Pazo Real de Madrid era a residencia oficial dos reis españois. Foi construído no mesmo lugar onde se encontraba outro pazo, chamado Alcázar, destruído
no século XVIII.
Teito do Salón do Pazo Real - Madrid
O Pazo Real de Madrid segue sendo a residencia oficial do rei e, aínda que vive no pazo da Zarzuela, é aquí onde se realizan as cerimonias de Estado.
Bóveda da Catedral de Santo Isaac - San Petersburgo
A Catedral de Santo Isaac é o maior edifício relixioso de San Petersburgo. Ten capacidade para 14.000 persoas .
Bóveda d Pazo de Topkapi - Estambul - Turquia
Durante catro séculos, o Pazo de Topkapi, construído en 1453, foi a residencia dos Sultáns Otomanos Turcos, que viviron alí ata o século XIX.