roma dona do mundo
TRANSCRIPT
ROMA DONA DO MUNDO
TEMA 11
1.-O ESPAZO E O TEMPO
• A civilización romana naceu na Península Itálica. É un territorio montañoso e ocupa unha posición estratéxica.
• No século VIII estaba habitada por diversos pobos.
1.-O ESPAZO E O TEMPO. 1.2.-Fundación de Roma.
• A fundación de Roma tivo lugar no ano 753 a.C. cando algunhas tribos latinas se instalaron nos sete outeiros próximos á desenvocadura do Tíber.
• O lugar elexido era idóneo para a defensa.• Distínguense tres etapas:
– Monarquía– República– Imperio
• Durante este tempo, Roma conquistou todas as ribeiras do Mediterráneo e converteuse no estado máis poderoso de Occidente.
1.-O ESPAZO E O TEMPO. 1.3.-A monarquía
• Ao principio Roma estivo gobernada por unha monarquía.– O REI tiña o poder absoluto
• Gobernaba• Dirixía o exército• Dirixía o culto relixioso.
– O SENADO: Estaba formado por un reducido grupo de familias ricas e poderosas, OS PATRICIOS, que se consideraban descendentes dos fundadores de Roma. O resto da poboación eran os PLEBEIOS que non tiñan dereitos.
• Roma tivo sete reis: catro latinos e tres etruscos. O descontento ante a dominación etrusca foi en eumento e no 509 produciuse unha revolta popular que expulsou ao último etrusco e instauración da república romana.
2.-A EVOLUCIÓN HISTÓRICA. A REPÚBLICA. 2.1.-O sistema político
• Na República o goberno estivo en mans de tres institucións:– Asambleas populares: ou COMICIOS formadas por
cidadáns e as súas funcións eran aprobar as leis e elexir maxistrados. O sistema non era democrático pois o reconto comezaba polos ricos e cando remataba ao acadar a maioría absoluta.
– SENADO: formado por 300 antigos maxistrados. Controlaba aos maxistrados e dirixía a política exterior.
– MAXISTRADOS: exercían o goberno ocupándose cada un dun asunto durante un ano. Os de maior autoridade eran os CÓNSULES.
2.-A EVOLUCIÓN HISTÓRICA. A REPÚBLICA. 2.3.-O dominio do Mediterráneo
• Durante a República Roma acadou unha grande expansión territorial grazas ao seu exército:– Primeiro impúxose sobre os pobos itálicos– Logo dominou o Mediterráneo occidental ao
derrotar a Cartago.– Por último, o Mediterráneo oriental, ao
conquistar Macedonia, Grecia e Siria.
3.-A EVOLUCIÓN HISTÓRICA. O IMPERIO. 3.1.-Goberno 3.2.-Pax Romana
• Dende Octavio Augusto, os emperadores concentraron todos os poderes.
• As institucións mantivéronse pero estaban controladas polo emperador.
• As conquistas proseguiron e en tempos de Traxano o territorio foi dominado por Roma acadou a máxima extensión.
• Durante os séculos I e II d. C. o Imperio gozou dun longo período de tranquilidade, coñecido como PAX ROMANA. Tamén favoreceu a Romanización, proceso polo que os pobos conquistados foron adoptando costumes romanas.
3.-EVOLUCIÓN HISTÓRICA. O IMPERIO. 3.3-Crise
• No século III o Imperio romano entrou en crise. As causas foron:– Aumento das guerras civís e inseguridade.– Ataque dos pobos xermánicos– Indisciplina– Abandono das cidades
• Para mellorar o goberno o emperador Teodosio I dividiu o imperio en dous: Occidente con capital en Roma e Oriente con capital en Constantinopla. Os pobos xermánicos entran no Imperio occidental no 476.
4.-ORGANIZACIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA
• Agricultura baseouse no cultivo de cereais, vide, oliveira, froitas e hortalizas.
• A minería explotou minerais de ouro, prata, ferro, chumbo, estaño…
• Artesanía inclía oficios como ceramistas, tecedores, vidrieiros, metalúrxicos.
• Industrias alimentarias como a fabricación de aceites, viño, pan…
• Comercio foi moi intenso e os artigos procedían de todo o mundo.
5.-A SOCIEDADE E A VIDA COTIÁ. 5.1.-A organización social
• Os cidadáns: tiñan plenos dereitos políticos como votar e ser votados e plenos dereitos civís.– Minoría acomodada: maxistrados, senadores, maxistrados, patricios– Plebe:persoas humildes
• Os non cidadáns: carecían de dereitos e pertencían a este grupo:– Mulleres libres– Libertos– escravos
5.-A SOCIEDADE E A VIDA COTIÁ. 5.2.-A situación da muller
• As mulleres casaban entre os trece e os dezaseis anos coa persoa elixida polo pater familias.
• A muller casada pasaban a maior parte do tempo na casa, coidando dos fillos, cosendo, tecendo.
• Podían acudir a certos espectáculos.
A VIDA NA CIDADE
• As cidades acadaron un gran desenvolvemento en Roma. A maioría das cidades organizábanse como campamentos:– Estaban rodeadas de murallas– Un plano organizado con dúas rúas
principais: cardo e decumano. Na súa intersección estaba o foro ou espazo público.
6.-A RELIXIÓN E A CULTURA ROMANAS. 6.1.-Deuses e cultos romanos
• A relixión oficial do Estado era politeísta. Adoptaron os deuses gregos cambiando simplemente os nomes.
• O culto celebrábase no exterior dos templos.
• A relixión privada adoraba os manes ou espíritos dos antepasados.
6.-A RELIXIÓN E A CULTURA ROMANAS. 6.2.-O nacemento e difusión do cristianismo.
• O cristianismo naceu nos primeiros tempos do Imperio en Palestina.
• A principios foron perseguidos por Diocleciano.
• Constantino promulgou a liberdade relixiosa.
• Teodosio I declarou o cristianismo a relixión oficial.
7.-A ARTE ROMANA. 7.1.-A arquitectura e as súas características. 7.2.-Tipos de edificios
• A arquitectura buscaba facer edificios útiles.• Os materiais foron o ladrillo, pedra, mármore e
cemento.• Edificios máis importantes
– Templos: parecido ao grego.– Termas– Teatros e anfiteatros– Circos
• Obras de enxeñería como calzadas, vías empedradas, pontes, acuedutos.
8.-OS XERMANOS
• Os pobos xermanos, dende o século III, empurrados polo pobo nómade, OS HUNOS, atravesaron a fronteira romana e instaláronse en distintas provincias do Imperio. Destronaron ao emperador romano de occidente e formaron diversos reinos independentes.