instalación dos elementos da aula abalar 2012

25
Formación técnica Abalar e proceso de instalación Aula Abalar Formación técnica Abalar e proceso de instalación Aula Abalar

Upload: ceipirmansvillar

Post on 07-Jul-2015

941 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Formación técnica Abalar e proceso de instalación Aula AbalarFormación técnica Abalar e proceso de instalación Aula Abalar

Page 2: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Índice

2

Obxectivos e visión xeral

Instalación do Encerado e Vídeo-Proxector

O armario de carga e a súa situación na aula

Elementos da electrónica de rede: o novo

contorno

2

Page 3: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Obxectivos xerais da formación técnica inicial

3

Proporcionar información sobre o funcionamento dos elementos da aula Abalar e as instalacións a realizar nos centros.

Ofrecer aos coordinadores abalar documentación e materiais para facilitar a súa labor formativa nos centros.

Favorecer a reflexión cara a integración da dotación abalar na práctica docente

3

Page 4: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Índice

5

Obxectivos e visión xeral

Instalación do Encerado e o Vídeo-Proxector

O armario de carga e a súa situación na aula

Elementos da electrónica de rede: o novo

contorno

5

Page 5: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Instalacións: O EDI e o Vídeo - Proxector

6

Page 6: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

O EDI: características do Smart Board 680V

Instalacións: O EDI e o Vídeo - Proxector

7

Page 7: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

O EDI: distancias recomendadas (tomadas do manual de Smart)

Instalacións: O EDI e o Vídeo - Proxector

8

Page 8: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

O Vídeo - Proxector: características e medidas

Instalacións: O EDI e o Vídeo - Proxector

9

Page 9: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Instalacións: O EDI e o Vídeo - Proxector

10

O encerado instalárase seguindo, na medida do posible, as recomendacións do fabricante e tendo en conta que as alturas varían segundo sexan para aulas de Primaria ou Secundaria.

As medidas na instalación do EDI variarán tamén en función das peculiaridades da aula (existencia ou non de tarimas, saíntes, etc) polo que non é posible dar unha medida fixa.

O centro educativo validará a colocación do EDI no momento da súa instalación.

A altura de colocación do EDI na súa parte superior ten que deixar espazo para a colocación do proxector.

Page 10: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Instalacións: O EDI e o Vídeo - Proxector

11

O encerado tradicional e o EDI son ferramentas que se complementan. En condicións óptimas o proceso de integración das Tics nas aulas debe ser progresivo para alcanzar o éxito. Na situación na que nos encontramos hai que respectar os ritmos de aprendizaxe e adaptación do profesorado.

Non está contemplado que o EDI sexa o único encerado da aula Abalar salvo que o centro educativo así o solicite expresamente.

A configuración do espazo docente é, en última instancia, decisión do profesorado do centro que, a través das comisións de coordinación pedagóxica, determinan as directrices últimas da metodoloxía a utilizar.

Page 11: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Instalacións: O EDI e o Vídeo - Proxector

12

O EDI colocárase na aula o máis centrado posible pero sempre deixando a caixa de conexións que o acompaña á dereita da mesa do profesor.

Na maioría dos casos haberá que desprazar o encerado tradicional e situar ambos de xeito harmónico (liña horizontal abaixo).

Naquelas aulas nas que non sexa posible por cuestión de espazo ou outras deixar os dous encerados habilitados na mesma parede buscáranse solucións alternativas: cortar o encerado tradicional, dotar a aula dun encerado tipo vileda, etc. Nestes casos a preferencia será para o EDI.

Page 12: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Instalación do EDI. Escenarios (algúns exemplos de instalación)

Instalacións: O EDI e o Vídeo - Proxector

13

Aula con encerado tradicional centrado (240x120cm):

Page 13: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Instalación do EDI. Escenarios (algúns exemplos de instalación)

Instalacións: O EDI e o Vídeo - Proxector

14

Aula instalada co EDI, canón e caixa de conexións:

Page 14: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Instalación do EDI. Escenarios (algúns exemplos de instalación)

Instalacións: O EDI e o Vídeo - Proxector

15

Instalación do EDI nun aula con encerado encaixado ao longo de toda a parede

Page 15: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

A modo de conclusión:

Instalacións: O EDI e o Vídeo - Proxector

16

A caixa de conexións quedará sempre á dereita da mesa do profesor: se diminúe o efecto dos cables soltos que afectan á mobilidade na aula

A instalación está condicionada pola lonxitude do cable USB do EDI (5 m) e os cables USB e de conexión eléctrica do vídeo – proxector. Outros elementos da aula (tarimas, tubos, saíntes na parede, cortizas...) poden condicionar a instalación; en todo caso os instaladores procurarán que a instalación quede o máis limpa posible deixando os cables recollidos e minimizando o seu impacto no espazo da aula.

A multiplicidade e variedade de escenarios (aulas) nos que vaise a levar a cabo a instalación determina que non sexa posible estandarizar a instalación máis que de modo moi xenérico (conxunto de recomendacións recollidas neste documento).

Page 16: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Instalación no seu centro

Instalacións: O EDI e o Vídeo - Proxector

17

O centro educativo será avisado con antelación suficiente tanto da recepción do material como da visita dos instaladores do equipamento Abalar

No momento da recepción do material é moi importante que o centro non abra ningunha das caixas (encerado, vídeo – proxector, portátiles, carro) que reciba.

Previa á recepción do material envíarase aos centros un pequeno cuestionario no que se lles solicitará as medidas aproximadas das aulas a instalar, as medidas das portas de acceso, a existencia ou non de escaleiras ou outros obstáculos... e unhas fotos do frontal das aulas (modelo diapositiva 10) co fin de facilitar as labores de instalación. É necesaria a colaboración do centro para que o despregamento masivo do material sexa o máis ordenado e fácil posible (liberación de aulas, etc.).

Page 17: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Fotografías(http://www.edu.xunta.es/web/node/1499)

Instalacións: O EDI e o Vídeo - Proxector

18

Page 18: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Índice

19

Obxectivos e visión xeral

Instalación do Encerado e o Vídeo-Proxector

O armario de carga e a súa situación na aula

Elementos da electrónica de rede: o novo

contorno

19

Page 19: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

O armario de carga dos netbooks

20

Page 20: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

O armario de carga dos netbooks

21

Consideracións xerais sobre a colocación do armario na aula

O armario de carga colocarase na aula ao lado ou próximo á caixa de enchufes da instalación eléctrica adicada.

A colocación do armario pode facer que algúns elementos da aula teñan que ser desprazados da súa situación actual (pupitres, mesa do profesor).

Hai que ter especial coidado en deixar libres os ventiladores do armario.

O centro validará á súa instalación.

Page 21: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Índice

22

Obxectivos e visión xeral

Instalación do Encerado e o Vídeo-Proxector

O armario de carga e a súa situación na aula

Elementos da electrónica de rede: o novo

contorno

22

Page 22: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Instalación dos Puntos de Acceso Wifi (instalación mural canalizada dentro das aulas)

Electrónica de rede

23

Page 23: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Outros elementos: Servidor de centro e Switch Abalar

Electrónica de rede

24

Ademais dos elementos físicos a instalar nas aulas aos centros públicos Abalar dotaráselles dun servidor cos servizos necesarios para o funcionamento da rede Abalar (Servidor dinámico de IPs para a rede Abalar, Servidor puppet para a xestión centralizada, Aplicación de recursos educativos, WD na intranet, Sistema de impresión Abalar, Restauración de equipamento) e dun novo switch principal (Dlink DGS 1224T).

Estes elementos se colocarán no armario de comunicacións do centro. O novo switch implica unha adaptación da rede do centro ao novo contorno.

O novo switch será o core (o que conecta co router) e será reservado para a interconexión da electrónica de rede e servidores. O antigo switch core pasara a ser un switch de borde que conterá todas as Vlan do centro, a conexión dos equipos informáticos dos usuarios e a antiga rede wifi.

A instalación e configuración destes elementos será transparente para o centro e será levada a cabo por técnicos da Consellería.

Page 24: Instalación dos elementos da aula abalar 2012

Fin da presentación

25

Moitas grazas pola atención.Preguntas e suxestións.

Page 25: Instalación dos elementos da aula abalar 2012