abalar, catalogación de recursos

7
MÓDULO 2, CATALOGACIÓN DE RECURSOS WEB CATALOGACIÓN DE SITIOS WEB Ao longo da nosa vida profesional podemos catalogar non varias decenas de páxinas ou sitios web, senón centos deles. Por tanto: 1) Hai que buscar un sistema de clasificación por categorías 2) Hai que poder dispor del en calquera momento e lugar 3) Atopar dentro deste catálogo calquera páxina rapidamente CATALOGACIÓN EMPLEANDO OS MARCADORES DE FIREFOX EXERCICIO: CREAR SISTEMA DE CLASIFICACIÓN POR CATEGORÍAS Empregando o programa navegador Mozilla Firefox crea a seguinte estrutura de carpetas. Para facelo: 1) Abrir o navegador Mozilla Firefox 2) Dentro do menú “Marcadores” escoller “Administrar Marcadores” 3) Agora dentro da ventá que aparece debes crear esta estrutura: Engade unha carpeta máis dentro da de educación que se chame recursos “mi materia” (no meu caso sería recursos tecnoloxia, non poñas acentos nin símbolos). SOLUCIÓN: En primeiro lugar abrimos o navegador Mozilla Firefox e seleccionamos na barra superior “Marcadores”:

Upload: recursosabalar

Post on 12-Jul-2015

1.145 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: ABALAR, Catalogación de recursos

MÓDULO 2, CATALOGACIÓN DE RECURSOS WEBCATALOGACIÓN DE SITIOS WEBAo longo da nosa vida profesional podemos catalogar non varias decenas de páxinas ou sitios web, senón centos deles. Por tanto:

1) Hai que buscar un sistema de clasificación por categorías2) Hai que poder dispor del en calquera momento e lugar

3) Atopar dentro deste catálogo calquera páxina rapidamente

CATALOGACIÓN EMPLEANDO OS MARCADORES DE FIREFOXEXERCICIO: CREAR SISTEMA DE CLASIFICACIÓN POR CATEGORÍASEmpregando o programa navegador Mozilla Firefox crea a seguinte estrutura de carpetas.Para facelo:

1) Abrir o navegador Mozilla Firefox2) Dentro do menú “Marcadores” escoller “Administrar Marcadores”

3) Agora dentro da ventá que aparece debes crear esta estrutura:Engade unha carpeta máis dentro da de educación que se chame recursos “mi materia” (no meu caso sería recursos tecnoloxia, non poñas acentos nin símbolos).

SOLUCIÓN:• En primeiro lugar abrimos o navegador Mozilla Firefox e seleccionamos na barra superior

“Marcadores”:

Page 2: ABALAR, Catalogación de recursos

• Facemos clic en organizar os marcadores e aparece a seguinte ventá:

• Seleccionamos o menú dos marcadores facendo clic á esquerda, no menú de navegación da biblioteca.

• Facemos clic no menú Organizar para crear as novas carpetas, crearémolas todas á vez. A ventá que aparece é a seguinte:

• Aparece unha ventá como a situada máis abaixo onde escribirémolo nome do cartafol e a súa descrición ( por exemplo: para o cartafol educación podemos escribir “ Todo o relacionado co mundo educativo”).

• Unha vez creados tódolos cartafoles (Educación, Abalar, Blogs, Buscadores, Sitios de educación, Sitios de profes, TIC, Blog, Mister Wong, RSS, Slideshare, Webquest, Wiki), temos que movelos hasta situalos como na figura inicial:

• Para mover os cartafoles simplemente facemos clic co rato nel e sen deixar de seleccionar arrastrámolo cartafol seleccionado ao lugar desexado. Na figura situada máis abaixo seleccionámolo cartafol Abalar e o arrastramos á carpeta Educación. Deste xeito o cartafol Abalar quedará incluído dentro do cartafol Educación.

Page 3: ABALAR, Catalogación de recursos

Para que temos realizado todo este proceso? Imaxinemos que encontramos un blogue moi interesante sobre a nosa materia, o un recurso educativo para a nosa clase. Podemos apuntar nun papel a dirección dese sitio ou recordala de memoria. Ambas solucións son moi incómodas. Mozilla Firefox permítenos gardar de forma automática a dirección daquelas páxinas web que nos resulten interesantes. O proceso é o seguinte:Vou a buscar o sitio web de recursos educativos da Xunta de Galicia e a gardala dirección nos marcadores no cartafol “Sitios web” anteriormente creado.

• Abrir o navegador de internet Mozilla Firefox.• Buscar “recursos educativos Xunta de Galicia”.

• Pulsar no portal Galego de Contidos educativos. Aparecerá a seguinte imaxe:

• Facemos clic en VERSIÓN FLASH e xa conseguimos abrir a páxina de recursos educativos da Xunta de Galicia.

Page 4: ABALAR, Catalogación de recursos

• Repetir este proceso a cada vez que quixésemos visualizar dita páxina resultaría lento e molesto, para elo Mozilla ofrécenos a posibilidade de almacenar a dirección. Vexamos como o fai.

• Unha vez situados na páxina da que queremos gardar a dirección facemos clic en marcadores na barra superior do navegador. Facemos clic na opción Marcar esta páxina.

• Aparece unha ventá como a que segue:

• En nome podemos cambiar o nome do enlace.• En cartafol, escollemos o cartafol no que queremos

gardar o enlace, facendo clic na frecha. (Aquí tamén permítesenos crear un novo cartafol por se fose necesario.)

• En etiqueta, podemos asignar palabras chave ao enlace (poñeremos recursos educativos e Galicia separados por comas).

Page 5: ABALAR, Catalogación de recursos

• O novo enlace aparece agora no menú marcadores.

O que realizamos ata agora permítenos gardar aqueles enlaces ás páxinas que nos resulten interesantes. Ó problema é que só as temos neste ordenador, no que estamos usando. Se vamos a outro ordenador non dispoñeremos do enlace a menos que volvamos a realizar todo o proceso. Existe unha ferramenta en Mozilla que nos permite exportar (levar) tódolos nosos enlaces a cualquera outro ordenador.O proceso é o seguinte:

• Abrimos p navegador Mozilla Firefox.• Na barra de navegación superior, facemos clic en marcadores.• Despois facemos clic en organizar marcadores.

Page 6: ABALAR, Catalogación de recursos

• Na ventá biblioteca (véxase figura superior) facemos clic á esquerda en Menú dos marcadores.

• Facemos clic en importar e crear copia de seguranza, e exportamos HTML

• Ábrese unha ventá como a seguinte:

• Unha vez gardado o arquivo podemos mandarnos un correo a nos mesmos agregándoo. De esta forma, en calquera outro ordenador bastaría con descargar ese ficheiro .html do correo e importalo ao mozilla firefox.

Nome do arquivo exportado (non quitar .html)

Escollemos o lugar onde queremos gardar o ficheiro

1

2

3

Page 7: ABALAR, Catalogación de recursos

• O ficheiro creado ten o aspecto seguinte:

• Facendo clic sobre os hipervínculos accedemos á páxina correspondente aos mesmos.