información para 1º eso 15 16

7
IES A SANGRIÑA. Departamento de orientación. Curso 2015-2016 LOMCE O vindeiro curso comeza os cambios nesta etapa como consecuencia da nova lei de Educación. Os cambios comezan de xeito gradual en 1º e 3º da ESO A ESO (educación secundaria obrigatoria ) é a etapa coa que se completa a escolaridade obrigatoria e que vai dende os 12 ós 16 anos . Na nova lei,estrutúrase en dous ciclos, nesta nova lei son: 1º Ciclo ( 1º, 2º ,3º ESO) . 2º ciclo de un curso ( 4º ESO). A finalidades desta etapa educativa son: Adquirir unha cultura básica. Formarse como cidadáns. Desenvolver hábitos de estudio e traballo. Formarse para proseguir estudios e/o incorporarse ao mundo do traballo.

Upload: gelesmaral

Post on 04-Aug-2015

18 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Información  para  1º eso 15 16

IES A SANGRIÑA. Departamento de orientación.

Curso 2015-2016 LOMCE

O vindeiro curso comeza os cambios nesta etapa como

consecuencia da nova lei de Educación. Os cambios comezan de xeito gradual en 1º e 3º da

ESO

A ESO (educación secundaria obrigatoria ) é a etapa coa que se completa a escolaridade

obrigatoria e que vai dende os 12 ós 16 anos .

Na nova lei,estrutúrase en dous ciclos, nesta nova lei son:

1º Ciclo ( 1º, 2º ,3º ESO) .

2º ciclo de un só curso ( 4º ESO).

A finalidades desta etapa educativa son:

Adquirir unha cultura básica.

Formarse como cidadáns.

Desenvolver hábitos de estudio e traballo.

Formarse para proseguir estudios e/o incorporarse ao mundo do traballo.

Page 2: Información  para  1º eso 15 16

IES A SANGRIÑA. Departamento de orientación.

LOMCE. Curso 2015/16: 1º e 3º ESO

Materias que se van a impartir: En cada curso hai un conxunto de materias

obrigatorias(troncais) que todo o alumnado debe cursar e outras materias opcionais que se

poden elixir , facendo un total de 32 horas lectivas a sema.

1º ESO 2º ESO 3º ESO Bioloxía e xeoloxía(4 h)

Xeografía e historia(3 h).

Lingua castelá (4h).

Lingua galega (4h).

Matemáticas (5h).

1º Ling estranxeira(3 h).

Educación física (2 h).

Educación plástica e visual (2h).

2º Lingua estranxeira (2h)

Titoría ( 1h).

Libre configuración do centro(1h) Elixir unha entre :

Relixión.(1h)

Valores éticos(1h). Total de 32h lectivas.

Física e química (3 h)

Xeografía e historia (3 h).

Lingua castelá (3h).

Lingua galega (3h).

Matemáticas (5h).

1º Ling estranxeira(3 h).

Educación física (2 h).

Música (2h).

Tecnoloxía (3h)

2º Lingua estranxeira (2h)

Libre configuración do centro (1h).

Titoría ( 1h). Elixir unha entre :

Relixión.

Valores éticos. Total de 32h lectivas

Bioloxía e xeoloxía(2h).

Física e química (2h)

Xeografía e historia (3h).

Lingua castelá (3h).

Lingua galega (3h).

1º Ling estranxeira(3 h).

Música (2h).

Tecnoloxía (2h)

Educación física (2 h).

Educación plástica e visual (2h).

Titoría (1h). Elixir unha entre:

Matemáticas aplicadas.(4h)

Matemáticas académicas.(4h)

Elixir unha entre :

Segunda lingua estranxeira(2h)

Cultura clásica.(2h)

Elixir unha entre :

Relixión.(1h)

Valores éticos(1h)

Dentro das materias de libre configuración, a lei sinala que os centros educativos poderán

dedicar esta horas ao afondamento e/ou reforzo dalgunha das materias contempladas , ou

establecer outras que determine segundo o proxecto educativo, e previa autorización da

consellería competente en materia educativa.

Page 3: Información  para  1º eso 15 16

IES A SANGRIÑA. Departamento de orientación.

LOMCE: CURSO 2016/2017: 2º E 4ºESO

No segundo ciclo que se compón de un solo curso: 4º da ESO:

Establecese dous itinerarios académicos:

Ensinanzas académicas : para a iniciación ao Bacharelato

Ensinanzas aplicadas : para a iniciación á Formación Profesional

Lingua castelá(3h)

Lingua galega.(3h)

Xeografía e historia(3h).

1º lingua estranxeira .(3h)

Educación física.(2h)

Relixión / valores éticos(1h)

Matemáticas (4h)

Troncais ,elixir dúas entre:

Bioloxía e Xeoloxía (3h)

Física e química.(3h)

Latín.(3h)

Economía(3h).

Optativas, dúas entre :

Artes Escénicas e Danza(3h).

Cultura científica.(3h)

Filosofía.(3h)

Música.(3h)

2º lingua estranxeira.(3h)

Tecnoloxía da información e comunicación.(3h)

Unha das troncais non elixidas arriba(3h)

Lingua castelá(3h)

Lingua galega.(3h)

Xeografía e historia(3h).

1º lingua estranxeira .(3h)

Educación física.(2h)

Relixión / valores éticos(1h)

Matemáticas (4h)

Troncais ,elixir dúas entre:

Ciencias aplicadas (3h)

Iniciativa emprendedora.(3h)

Tecnoloxía.(3h)

Optativas, dúas entre :

Artes Escénicas e Danza(3h).

Cultura científica.(3h)

Filosofía.(3h)

Música.(3h)

2º lingua estranxeira.(3h)

Tecnoloxía da información e comunicación.(3h).

Unha das troncais non elixidas arriba(3h)

E como novidade establécese tamén que ao finalizar cuarto curso , aqueles que superen

o curso , deben presentarse a unha avaliación final para a obtención do título de graduado da

ESO por calquera das opcións establecidas con independencia da cursada e que lle

facultará para proseguir estudios .

Page 4: Información  para  1º eso 15 16

IES A SANGRIÑA. Departamento de orientación.

PROMOCION:

O alumnado promocionará do curso cando supere todas as materias cursadas, ou teña

avaliación negativa en dúas materias como máximo.

Repetirá curso, cando teñan avaliación negativa en tres ou mais materias ou en dúas cando

sexan de forma simultánea: lingua galega e literatura, lingua Castela e literatura, e

matemáticas .

As materias coa mesma denominación en diferentes cursos da ESO consideraranse como

materias distintas.

A promoción realizase en xuño cando o alumno/a teña superado tódalas materias , no caso

de ter algunha materia suspensa debe presentarse na convocatoria extraordinaria de

setembro. E cando se promocione con materias suspensas estás deben recuperarse no curso

seguinte.

A repetición soamente poderá aplicárselle unha soa vez no mesmo curso e dúas veces como

máximo ao longo da etapa .

MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE

Cada grupo de alumnos terá un titor/a , designado pola dirección do centro entre o

profesorado que imparte docencia ao grupo que será responsable de coordinar ao proceso

de ensino aprendizaxe, a avaliación e orientación do alumno en colaboración co

departamento de orientación.

O titor/a , terá unha hora lectiva co grupo para desenvolver as tarefas encomendadas a

titoría e ademais unha hora semanal para atención aos pais.

Establecesen as seguintes medidas :

Adaptacións do currículo.

Integración materias por ámbitos. ( 1 ESO).

Agrupamentos flexibles.

Apoio en grupos ordinarios.

Desdobramentos de grupos.

Oferta de materias especificas .

Programas de mellora da aprendizaxe e rendemento académico( 2º e 3ºESO).

Programas de tratamento personalizado ( para alumnado con necesidades

especificas de apoio educativo) .

Page 5: Información  para  1º eso 15 16

IES A SANGRIÑA. Departamento de orientación.

TITULACION :

Para a súa obtención será necesario a superación da mencionada proba final ( corresponde

ao ministerio establecer as características destas) , así como unha cualificación final igual o

superior a 5 puntos sobre 10, como resultado da seguinte ponderación:

Un peso do 70%, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha

das materias cursadas na ESO.

Un peso do 30%, a nota obtida na proba final da Educación secundaria .

Dúas convocatorias para esta proba e pódese volver a presentar para subir nota , ou para

cambiar de opción. A nota e a opción elixida constará no título.

IES A SANGRIÑA:

Ademais debedes coñecer que no noso IES en 1º da ESO

Impártense na modalidade de bilingües as materias de : matemáticas e

educación plástica e visual en 1º ESO.

Que na actualidade tamén están implantados programas de reforzo

educativo para as materias instrumentais dirixido a alumnado que

promociona coas materias suspensas ou ben superadas pero no seu

informe final da etapa recomendan a súa incorporación.

No borrador do decreto non se menciona para nada o tema da exención na

segunda lingua como na lei anterior. Haberá que agardar a súa publicación

Horario do centro :

Hora /día Luns Martes Mércores Xoves Venres

8.20/9.10

9.10/10.00

10.00/10.15 Descanso Descanso Descanso Descanso Descanso

10.15/11.05

11.05/12,00

12.00/12.20 Descanso Descanso Descanso Descanso Descanso

12.20/13.10

13.10/14.00

16.00/16.50

16.50/17.40

O horario lectivo no IES comeza as 8.20 e remata as 14.00 horas o Luns pola tarde teñen

ademais dúas horas para completar o período lectivo de 32 horas que marca a lei.

Page 6: Información  para  1º eso 15 16

IES A SANGRIÑA. Departamento de orientación.

Qué lle está a pasar ao teu fillo nesta idade ?

As investigacións neurolóxicas , amosan que durante esta etapa hai unha maior de conexións

neuronais que permite unha maior capacidade de aprendizaxe, polo que se abre unha nova

oportunidade educativa, ademais da construción dunha imaxe vital de si mesmo en canto a

formación da personalidade e debemos axudarlle a que esta imaxe sexa realista e acorde

coas súas posibilidades e capacidades.

Pensamento, vontade

Comeza a desenvolverse o pensamento abstracto, a súa forma de pensar xa non depende de

tanto da realidade , é capaz de proporse as súas propias metas e construír un plan de acción

flexible para logralas. Neste momento acada unha mente mais consciente , mais

autodirixida autorregulada e ser máis autónomo. Comeza a ser capaz de pensar en varias

solucións posibles , a manexar distintas situacións ou alternativas para atopar a mellor

solución.

Nesta etapa hai un aumento importante das habilidades cognitivas, unha maior rapidez no

procesamento e na súa forma de razoar. Hai un control más consciente e mais capacidade

de análise nas súas decisións .

Personalidade,sentimentos

O adolescente xa ten interiorizada unha parte da imaxe de sé mesmo, cómo é, cómo se sinte,

cáles son os seus puntos fortes débiles aínda que o autoconcepto está en desenvolvéndose

e terá que integrar a propia visión xunto co punto de vista que provén da familia, contexto

educativo, amigos, etc . É capaz de reflexionar sobre si mesmo polo que empeza a

comprender os seus sentimentos , ten a súa idea de como é, da súa valía e ten que

interiorizar tamén o punto de vista externo e compatibilizar co o seu propio para construír o

seu autoconcepto. Danse desequilibrios emocionais en parte debido a que a realidade esta

cambiando continuamente.

Comprensión da realidade , familia, amigos

O adolescente enfróntase a unha realidade cambiante, vive a transición á secundaria, novas

obrigas e tarefas cada vez máis complexas. Neste momento poden aparecer certas tensións

e incluso falta de motivación cara ao académico ata que de novo volva a sentirse capaz de

abordar estas esixencias. Aumenta a tensión escolar e son máis frecuentes os as situacións

de ansiedade e fracasos académicos ante o momento de mais carga de estudio é necesario

manter un ha disciplina de estudio para aumentar a seguridade en si mesmo e axudar a dar

un novo paso.

Page 7: Información  para  1º eso 15 16

IES A SANGRIÑA. Departamento de orientación.

As relacións familiares son un pouco delicadas, busca mais independencia e reafirmar a súa

personalidade o que nalgúns ocasións pode derivar en condutas rebeldes o impositivas.

Necesitan reafirmar as súa eleccións , tomar as súas decisións e as veces entran en

conflito coas figuras paternas que se debe afrontar e aclarar. Os pais ademais de ser unha

fonte de seguridade afectiva deben actuar como modelos a seguir

Por outra banda hai unha grande presión do entorno, amigos e curiosidade polo novidoso

que ao marxe das influencias educativas, poden levalo a caer en comportamentos

irresponsables, ou asumir riscos sen valorar todo o seu alcance.

Por iso necesitan unhas bases firmes que o orienten neste proceso, será necesaria unir

esixencia e educación na disciplina para construír un carácter forte así como darlles seguridade

afectiva , boa comunicación e convivencia afectiva, para gañar a confianza que necesitan en

abordar este proceso.

Texto adaptado da escola de Pais, de José Antonio Marina