ilustrado por cinta arribas e maría ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 verduras...

62
Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos Inclúe sementes para que comeces a túa horta!

Upload: others

Post on 10-Jul-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos

Inclúe sementes para que

comeces a túa horta!

Page 2: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Debuxa

Colorea

Busca

Recorta

Planta

Page 3: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Pepa e Rufo na cociña, caderno de actividades coeditado por Crispis e Afundación.Esta anf ibia de abaixo é Pintafontes, a mascota de Afundación, unha lagarta das brañas curiosa e pándega

que mete o seu nariz en canta cousa lle interesa. Como

se ía perder ela esta aventura de Pepa e Rufo!

Page 4: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Todos os dereitos reservados. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRo (Centro Español de Dereitos Reprográf icos) se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.

Colección dirixida por Cinta Arribas e Carlos Pereiro

Deseño gráf ico e maquetación: Cinta Arribas

Ilustracións: Cinta Arribas e María Ramos

Texto: Carlos Pereiro

Corrección: Depto. de Publicacións, Afundación

Asesoramento pedagóxico: Sofía Feás e Área Educativa de Afundación

Asesoramento gastronómico: Brais Lobato e Aula de Cociña de Afundación

Impresión: Garabal S. L.

© Crispis e Afundación, 2014

Crispiswww.crispis.com

Afundaciónwww.afundacion.org

ISBN: 978-84-96982-66-6Depósito legal: C 1579-2014

Page 5: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Ola! Somos Pepa e Rufo e estamos dando os nosos primeiros pasos na cociña. Queremos que fagas con nós as receitas e as actividades do caderno. Vai ser ben divertido! Comezamos?

Page 6: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles
Page 7: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

5

Page 8: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Se queres medrar de xeito forte e san, tes que comer alimentos moi variados. É importante que fagas 5 comidas ao día: o almorzo, a parva, o xantar, a merenda e a cea. Non esquezas beber moita auga, facer exercicio físico e durmir ben.

6

Page 9: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

(2 racións/día)Peixe, ovos e carne

(2 racións/día)Lácteos

Caramelos, xeados, graxas (ocasionalmente)

Verduras (2-3 racións/día)

Auga (6-8 vasos/día)

Froitas (3-4 racións/día)

A pirámide dos alimentos é unha guía que che axudará a escolleres de forma sinxela os alimentos que cómpre incluír na dieta. Á hora de planificares as comidas do día, busca cantas racións debes comer de cada grupo de alimentos. ollo, non te pases coas lambetadas que nos coñecemos!

Cereais e legumes (4-6 racións/día)

7

Page 10: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Legumes Legumes son as lentellas, os garavanzos, as fabas, os feixóns verdes, os chícharos… Reúnen un conxunto variado de nutrientes: hidratos de carbono, proteínas vexetais, vitaminas, minerais e f ibra. Por iso forman parte da base da pirámide alimentaria e son tan apreciados.

2Cereaiso trigo, o centeo, o millo, a cebada, a avea… son cereais. Unha vez moídos, convértense en fariña e con ela fanse o pan, as pastas... Podemos consumilos ref inados ou integrais; os integrais conservan todas as partes do gran e, polo tanto, todas as súas propiedades. Ademais de minerais e vitaminas, os cereais constitúen a nosa principal fonte de f ibra e hidratos de carbono, que é o que precisamos para desenvolver calquera actividade física, como camiñar, correr, brincar…

1

Froitas Teñen moitas vitaminas, minerais, auga, f ibra e antioxidantes. Potencian o crecemento, estimulan as conexións do cerebro e o sistema nervioso e aumentan as defensas. Están tan ricas coma as lambetadas e son saudables.

3

8

Page 11: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Carnes, peixes, ovosSon alimentos de orixe animal. Achégannos moitas proteínas, que precisamos para medrar, ter músculos resistentes e un bo sistema de defensa fronte ás infeccións.

6

Lácteos o leite, o iogur, o queixo… son lácteos. Resultan necesarios para manter os nosos ósos sans e fortes.

5

Graxas As graxas poden ser de orixe vexetal, como o aceite de oliva, o de xirasol, o de millo, a margarina, ou de orixe animal, como a manteiga. Consumidas con moderación, dannos enerxía e manteñen saudables a nosa pel e o noso cabelo.

7

4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e f ibra. Son imprescindibles na nosa dieta diaria, porque, xunto ás froitas, achegan a meirande parte das vitaminas e minerais que precisamos.

9

Page 12: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Relador

Rolete

Batedor Viradeira

Escumadeira

Cunca

Báscula

Tixola

10

Page 13: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Manga pasteleira

Cazola

Saleiro e pementeira

Manopla

Táboa de corte

Tesoira

Espremedor

Xerra medidora

Escoadoiro

11

Page 14: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Lava as mans antes de cociñar. Pon sempre un mandil.

Evita facer outra cousa coas mans mentres cociñas. Non metas o dedo no nariz!5Se tes o pelo longo, fai unha coleta

ou pon un gorriño de cociña.4

1 2 3Non leves aneis, reloxos ou pulseiras mentres cociñas.

12

Page 15: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Pide axuda a unha persoa adulta para prender o lume ou o forno.7

8

9

Non te queimes! Usa trapos ou manoplas cando teñas que coller recipientes ou bandexas que acaban de saír do forno.

orienta os mangos das tixolas e cazos cara a dentro. Deste xeito, evitarás darlles un golpe e que che caian enriba.

6 Lembra limpar con auga e xabón todos os utensilios e mesas que utilizaches.

13

Page 16: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Pelar

Relar

Cortar

Bater

Preparácheste para cociñar? Antes de poñer as mans na masa, debes coñecer algunhas técnicas que terás que usar para facer as receitas.

14

Page 17: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Peneirar

Escoar

Remexer

Ferver

Fritir

Enfornar

15

Page 18: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles
Page 19: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Vivimos nun país cunha f lora e unha fauna privilexiadas. É importante conservalas, respectando a natureza e os seus ciclos. Mercar alimentos da zona onde vivimos é tamén coidar do medio ambiente, pois ao non seren transportados moitos quilómetros, contamínase menos e os produtos chegarannos máis frescos. Convén comprar sempre produtos de tempada no mercado máis próximo ou na tenda de conf ianza.

Page 20: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Pon ao lume un litro de auga nunha cazola mediana e coloca dentro os 4 ovos coa casca, con coidado de non rompelos. Cando a auga empece a ferver, déixaos cocer durante 10 minutos. Retira a cazola do lume e deixa arrefriar a auga. Saca os ovos e quítalles a casca.

1 Lava as follas de leituga que plantaches hai uns días, e fai un xardín con elas nun prato chan.

2

Tempo: 30 minutosDif icultade: ata un gnomo podería faceloRacións: 4 persoasIngredientes: 4 ovos Media leituga 2 tomates Maionesa,*

para decorar Sal, aceite

e vinagre

18

Page 21: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Pon nunha cunca o aceite, o vinagre e o sal e báteos. Bota o líquido sobre a ensalada e a comer!

4Colle un ovo e corta unha f ina rebanda pola base para que se sosteña dereito sobre a leituga. Corta un tomate á metade e baleira o contido. Colócao enriba do ovo e éncheo de puntiños de maionesa coma no debuxo. Repite o proceso cos restantes ovos e tomates.

3

Garda o tomate sobrante para untar as torradas do almorzo.

*Maionesa: 1 cunca de aceite, 1 ovo, zume de medio limón, un chisco de sal.

Bate o ovo co batedor, agrega moi devagar o aceite e vai subindo o brazo pouco a pouco ata que espese a mestura. Engade o zume de limón e o sal. A maionesa estará lista cando a textura sexa cremosa.

19

Page 22: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

os chícharos frescos só se poden atopar en primavera. Pon nunha cazola ao lume un litro de auga. Cando ferva, bota os chícharos e déixaos cocer 5 minutos. Escórrelles a auga e resérvaos.Pica unhas pouquiñas olivas en láminas e resérvaas.

1

Corta un anaco de f ilme transparente duns 30 x 30 cm, colócao dentro dunha cunca e pégao arredor do bordo, úntao despois cun pouco de aceite. Casca un ovo e vérteo dentro do f ilme, ao coller este a forma da cunca non se esparexerá. Despega o f ilme do bordo e faille un bo nó cunha goma para que non escape o ovo. Repite esta operación co outro ovo. Pon un litro de auga nunha pota, e cando estea fervendo, introduce as bolsiñas cos ovos dentro durante 6 minutos e medio.

2

3 Para pelar os tomates tipo cereixa, dálles un corte na pel e introdúceos durante 10 segundos en auga fervendo. Inmediatamente ponos en auga con xeo para despois quitarlles toda a pel.

Tempo: 30 minutosDif icultade: para pequenos e pequenas grandes chefs Racións: 2 persoasIngredientes: 2 ovos 8 tomates tipo cereixa

Chícharos cocidos ao gusto (2 culleres sopeiras aprox.) olivas ao gusto (1 culler sopeira aprox.) Cebola crocante ao gusto (1 culler sopeira aprox.) 6 culleres sopeiras de maionesa (100 g aprox.) 1 limón

20

Page 23: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Quita os ovos do papel f ilme e ponos no centro dun prato chan. Cando arrefríen bótalles un chisco de sal. Espreme un limón, mestura o zume coa maionesa e verte este mollo sobre os ovos. Decora o prato coa cebola crocante, as láminas de oliva e os chícharos coma no debuxo. Podes picar tamén unha pouquiña cebola tenra en anacos pequenos para rematar a decoración desta estupenda ensalada pantasma.

4

*Cebola crocante: media cebola, 1 cullerada de fariña, aceite.

Corta a cebola en pequenos tacos e mestúraa cunha cullerada sopeira de fariña. Méteo en aceite ben quente e escorre.

21

Page 24: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Para facer a masa, bota nun recipiente grande case toda a fariña, agás 2 culleradas. Fai un burato no medio da fariña do recipiente, dálle forma de volcán, bota nel o fermento disolvido en auga. Bate cunha culler de madeira desde o centro cara a fóra. Cando estea ben mesturado, engade o aceite de oliva e o sal e remove outra volta o que xa empeza a ser a masa.

1

Esparexe un pouco de fariña sobre o mesado, saca a masa e esténdea sobre el, incorpora a fariña reservada ata que a masa non se che pegue ás mans. Est íraa como un churro e fai con ela a forma dunha cuncha de caracol. Repite isto varias veces. Xúntaa de novo e amasa durante 10 minutos, irá quedando elástica. Dálle forma de bóla, enfariña o recipiente anterior e pon a bóla dentro. Cubre a cunca cun pano de algodón e déixaa repousar entre 45 minutos e 1 hora, nun lugar cálido, para que o fermento faga o seu traballo. Verás como medra! Usa este truco: aperta a masa cun dedo e se esta volve á súa posición anterior, está lista para preparar.

2

Tempo: 2 horas aproximadamenteDif icultade: máis fácil que as tarefas do cole Racións: 2 persoasIngredientes: 250-300 g de fariña 120 ml de auga 2 culleriñas de aceite (20 g aprox.)

5 g de fermento fresco prensado(podes pedilo na túa panadería habitual) 1 culleriña de sal 6 culleres de tomate triturado (200 g aprox.) 1 bóla de queixo mozzarella (xeralmente vén

empaquetado nunha bolsa que contén unha bóla) 12 follas de nébeda fresca (tamén vale seca e

triturada ou ourego seco)

22

Page 25: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Estende sobre a superf icie da masa o tomate triturado, distribúe por enriba o queixo mozzarela cortado en rebandas. Se che apetece, podes poñer máis ingredientes: xamón, champiñóns, olivas... Case todo queda ben nunha pizza!

4 Cando o forno estea quente, saca a bandexa e coloca nela a pizza coa axuda dunha persoa adulta. Mete de novo a bandexa e espera entre 10 e 15 minutos comprobando que estea dourada. Colócaa sobre o mesado e reparte as follas de nébeda (se é fresca, moito mellor) ou de ourego.

5

Esparexe de novo un pouco de fariña sobre o mesado, saca a masa e esténdea sobre el. Podes facelo cun rolete un pouco enfariñado estirando en todas as direccións ou simplemente coas mans, evitando que queden zonas máis grosas ca outras, é doado! Dálle unha forma arredondada e coloca con coidado a masa sobre un papel de forno. Pídelle a unha persoa adulta que comprobe que a bandexa do forno estea dentro e que o acenda a 250 ºC para que quente durante 10 minutos.

3

23

Page 26: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Bota na tixola a fariña e mestura todo ben ata conseguir unha pasta espesa. Bota a metade do leite, o sal e a pementa sobre a mestura. Remove con moita enerxía facendo círculos para evitar que se formen grumos. Cando estea ben compacto, engade aos poucos a outra metade do leite e sigue removendo en círculos uns 6 minutos. Deixa a masa en repouso durante 3 horas.

Prepara un prato grande con dous ovos ben batidos e outro prato con pan relado. Cunha culler, vai collendo pequenas porcións de masa e dálles forma coas mans. Unha vez teñas unha pequena bóla de masa, rebózaa ben no ovo e logo no pan relado.

3

Separa a carne do polo da pel, da graxa e dos ósos, con coidado de que na parte da carne non vaia ningún. Pica a cebola e a carne en anacos moi pequenos. Pon no lume unha tixola grande cun pouco de aceite. Doura a cebola, incorpora o polo e remexe a lume lento durante uns 10 minutos.

1

2

Tempo: 4 horas aproximadamenteDif icultade: necesitarás axudaRacións: 4 persoasIngredientes: para unhas 20 croquetas: o cuarto dun polo cociñado (cocido, asado

ou frito) Unha cunca de café de aceite (250 ml aprox.)

5 culleres sopeiras de fariña (75 g aprox.) 1 cebola 700 ml de leite 1 culleriña de sal e pementa (4 g aprox.) 2 ovos 1 cunca grande de pan relado (250 g aprox.)

ollo, fai esta receita coa axuda dunha persoa adulta.

24

Page 27: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Frite as croquetas nunha tixola con aceite abundante. Dálles a volta cando vexas que se tornen douradas. Non tardan case nada en fritirse, así que non deixes que se queimen!

425

Page 28: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Merca as albacoras xa limpas sen pel nin espiñas na peixería de conf ianza. Para asegurarte de que non conteña larvas do parasito anisakis, conxela o peixe na casa durante 48 h. Pon o peixe a desconxelar nun recipiente desde o día anterior na neveira. Noutro recipiente mestura a auga de mar ou a auga doce salgada co vinagre, introduce o peixe, cando estea desconxelado, durante 10 horas. Retira o peixe desta auga e pono noutro recipiente co aceite de oliva uns 20 minutos.

1

Pela 16 tomates tipo cereixa: dálles un corte na pel e méteos 10 segundos en auga fervendo, inmediatamente ponos en auga con xeo para quitarlles a pel. Á parte, tritura 8 tomates e 8 amorodos co batedor e deixa escorrer este puré nun coador sobre un recipiente. Mestura o líquido escorreito co azucre e unha chisca de sal. Introduce os tomatiños pelados no líquido durante 4 horas.

2

Tempo: 2 días de conxelación do peixe, 20 minutos de preparación e 14 horas de maceraciónDif icultade: para pequenos e pequenas grandes chefs Racións: 4 persoasIngredientes: 4 albacoras 300 ml de vinagre

700 ml de auga salgada (auga de mar ou ben auga doce con sal, 1 l de auga doce por 36 g de sal) 16 tomatiños tipo cereixa 1 culleriña de azucre 8 tomates tipo cereixa e 8 amorodos para o zume 1 l de aceite de oliva virxe Pan torrado, para decorar 12 follas de nébeda

26

Page 29: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Dispón na base do prato unha culler do zume de tomate e amorodos e reparte dunha forma ordenada e vistosa os tomatiños, a albacora cortada en anacos de 3 cm e 3 follas pequenas de nébeda. Para rematar, engade anacos de pan torrado e unhas gotas do aceite de oliva virxe.

3

27

Page 30: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Mestura nun recipiente a carne picada co perexil e o allo picado. Engade o sal e a pementa branca moída e remove ata que quede unha masa homoxénea. Agrega os ovos batidos e o leite e volve mesturar ben. Bota o pan relado ata que quede consistente e se poida manexar ben coas mans.

1

Fai pequenas bólas coas mans do tamaño que máis che guste e despois pasa as albóndegas pola fariña.

2

Tempo: 1 horaDif icultade: facilísimoRacións: 3 persoasIngredientes: 500 g de carne picada, metade de tenreira

e metade de porco Media cebola 1 dente de allo

2 culleriñas de perexil 50 ml de leite 3 culleres de pan relado (25 g aprox.) Fariña, para rebozar 2 ovos 1 kg de tomate triturado ou de tomates

pelados Sal e pementa branca ao gusto Aceite de oliva 1 culleriña de azucre

Avisa a unha persoa adulta e quenta aceite abundante nunha tixola e bota con coidado as albóndegas. Fríteas en varias veces e non todas xuntas para que non se peguen unhas ás outras e dálles a volta para que se fagan igual por todos os lados. Sácaas do aceite e póusaas nun prato chan con papel de cociña absorbente.

3

ollo, fai esta receita coa axuda dunha persoa adulta!

28

Page 31: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Pica a cebola f ina. Nunha tixola cun pouco de aceite a lume medio bota a cebola picadiña e deixa que se poña transparente. Engade o tomate triturado ou pelado e cortado en trozos e deixa que se vaia facendo a lume baixo durante 30 minutos, remexendo de cando en vez. Engade o azucre, a pementa e un pouco de sal. Unha vez rematado este proceso, tritura o tomate e a cebola co batedor para que a salsa quede máis f ina. Quenta todo xunto, a salsa e as albóndegas, durante uns minutos na tixola a lume baixo para que as albóndegas collan sabor. Listas para servir! Estarán para chupar os dedos!

4

29

Page 32: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Tempo: 45 minutosDif icultade: se sabes atar os cordóns dos zapatos, podes facer esta marmelada

Ingredientes: 750 g de amorodos 1 cunca e tres cuartos de azucre

(550 g aprox.) 1 cunca de auga (250 ml aprox.) o zume dun limón

Lava os amorodos e quítalles o rabo. Colócaos no vaso batedor co zume de limón e a auga. Unha vez licuados bota o líquido nunha pota co azucre e pono a cociñar a lume lento de 25 a 30 minutos. Remove constantemente cunha culler de madeira.

1 Reparte a marmelada en frascos de vidro esterilizados e méteos no frigoríf ico.

2

ollo, fai esta receita coa axuda dunha persoa adulta.

30

Page 33: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Pela o plátano, a mazá, o kiwi e a mandarina, e limpa moi ben os amorodos.1Corta un anaco de mazá en forma de cabeza de peixe e outro en forma de cola. o plátano, o kiwi e os amorodos, en rebandas grosas e rectangulares e a mandarina, en cuarteiróns.

2 Pincha a mazá con forma de cabeza de peixe no extremo esquerdo do pau e vai alternando plátano, kiwi, mandarina e amorodo ata chegar á cola.

3

Tempo: 15 minutosDif icultade: poderías facelo cos ollos pechados Racións: 2 persoasIngredientes: 1 mazá 1 plátano

1 kiwi 1 mandarina 3 amorodos

(podes usar calquera froita de tempada) Espetos de pau

31

Page 34: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Bate os ovos co azucre, engádelles a tona e mestura ben. Vai botando a fariña e o fermento pouco a pouco sen deixar de remexer. Avisa a unha persona adulta para que quente o forno a 180 ºC.

1 Unta un molde de pastel cun pouco de manteiga, bótalle a masa que f ixeches e enforna durante 45 minutos.

2

Para facer a cobertura de chocolate negro, pon un cazo ao lume con dous vasos de leite, parte a pastilla en anacos e bótaos no leite remexendo ata que funda o chocolate. Cando ferva, retírao do lume. Para facer as pintas brancas, quenta noutro cazo un vaso de leite, parte a media pastilla de chocolate branco e fai o mesmo que co chocolate negro.

3

Tempo: 1 hora e 15 minutosDif icultade: facilísimoRacións: 4 persoasIngredientes: 4 ovos 1 vaso de azucre (250 g aprox.) 1 vaso e medio de fariña (375 g aprox.)

1 vaso e medio de tona (200 ml aprox.) 1 sobre de fermento Un pouco de manteiga para o molde 1 pastilla (200 g aprox.) de chocolate negro ½ pastilla (100 g aprox.) de chocolate branco 3 vasos de leite enteiro (600 ml aprox.)

32

Page 35: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Deixa arrefriar o Maruxo e recúbreo cunha capa de chocolate negro. Cando arrefríe o chocolate negro, coa axuda dunha culler, fai manchas co chocolate branco imitando o lombo dunha vaca.

433

Page 36: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles
Page 37: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles
Page 38: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles
Page 39: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles
Page 40: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles
Page 41: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles
Page 42: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Esta é a cociña de Pepa e Rufo. observa con atención e contesta.

Cantos garfos hai? Cantas pezas de froita ves? Cantas culleres?

Agora busca e rodea as galletas antes de que as coma o gato.

Page 43: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles
Page 44: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Fíxate nos grupos de alimentos das páxinas 8 e 9. Debuxa e colorea os alimentos que meterías na neveira.

42

Page 45: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

43

Page 46: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Busca e rodea as 7 diferenzas.

Page 47: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles
Page 48: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Que señorita vai polo mercado coa súa cola verde e o seu traxe morado? A berenxena A colif lor A col lombarda

Na horta fun criada, atada con verdes lazos, aquel que chora por min estame partindo a pedazos. A cereixa o tomate A cebola

Le con atención as seguintes adiviñas e rodea a resposta correcta.

Ver, ver, ver, pecha a porta e... zas! o pemento A verza o nabo

Teño a cabeza redonda, sen nariz, ollos nin fronte, e o meu corpo está composto só de brancos dentes. Quen son? o cogombro o allo A cabaciña

46

Page 49: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

23

1

5

4

Froitas cruzadas. Enche o encrucillado co nome das froitas que ves no debuxo.

1

5

4

2

3

47

Page 50: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Une cunha frecha cada froito coa súa planta.

48

Page 51: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

49

Page 52: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Debuxa un menú variado para un día completo botando man da pirámide dos alimentos da páxina 7.

1 Almorzo

2 Parva

50

Page 53: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

3 Comida

4 Merenda

5 Cea

51

Page 54: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Colle as sementes do sobre que está ao f inal do libro. Procura un recipiente pequeno, como o envase baleiro dun iogur, faille un buratiño no medio do círculo da base cunha agulla de calcetar; tamén podes usar un testo pequeno. Enche de terra para plantas o recipiente ou o testo e régaa. Ponlle un pratiño embaixo para reter a auga sobrante.

1Fai un oco cun dedo ou cun lapis de 1 cm de fondo. Pon a semente no oco e tapa o burato, premendo coas mans para sacar o aire. Mantén a terra húmida e nun lugar soleado.

2

Planta unha leituga seguindo estes pasos.

52

Page 55: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Cando saian os primeiros abrollos, podes transplantala a un recipiente máis grande. Lembra regala con asiduidade, estará máis tenra e saborosa.

3Cando medre, podes cortala para facer unha rica ensalada.4

53

Page 56: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Cada ovella coa súa parella. Une cunha frecha cada produto derivado coa súa orixe.

54

Page 57: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles
Page 58: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

56

Recorta pola liña de puntos e mestura as cartas cara abaixo. Quen xogue primeiro dará a volta a dúas cartas, se son iguais, queda con elas, e se non o son, dálles a volta e colócaas no montón. o mesmo farán quen xoguen despois, co obxectivo de memorizar as parellas. Quen máis parellas consiga, gana.

Page 59: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

57

Page 60: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles
Page 61: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

Páxinas 44-45:

SoLUCIóNS:

Páxinas 40-41: 4 garfos, 3 pezas de froita, 2 culleres.

Páxina 46: 1. A berenxena. 2. A cebola. 3. A verza. 4. o allo.

Páxina 47: 1. Plátano. 2. Pera. 3. Amora. 4. Sandía. 5. Limón.

Páxinas 48-49: uvas-vide, castaña-castiñeiro, pipa-xirasol, floco de millo-millo, figos-figueira.

Páxinas 54-55: abella-mel, galiña-ovo, olivas-aceite, vaca-queixo, laranxa-zume.

Sementes de leituga romanaAproveita este sobre para meter as f ichas da actividade das páxinas 56-57.

Page 62: Ilustrado por Cinta Arribas e María Ramos...saudables a nosa pel e o noso cabelo. 7 4 Verduras Conteñen moitas vitaminas, minerais, hidratos de carbono, auga e fibra. Son imprescindibles

ISBN 978 84 96982 66 6

PVP: 9,90 €

Pepa e Rufo na cociña é un caderno de actividades para nenos e nenas de 6 a 8 anos, coeditado por Crispis e Afundación. Nel atópase a información precisa para levar unha alimentación sa e equilibrada, o vocabulario básico da cociña, as normas de hixiene e seguridade, as técnicas básicas e a elaboración paso a paso de nove receitas para desenvolver as súas habilidades. Un último bloque propón a creación dos seus propios menús e receitas, debuxar, xogar ás adiviñas, facer un encrucillado e mesmo comezar unha horta propia. Boa colleita e bo proveito!