ies a sangriña (a guarda) - o tesouro dos nosos avós - vida deles vida nosa

13
Vida deles, Vida nosa Jenifer García Alonso Cristina Juan Cunha Pablo Lomba Riego

Upload: patrimonio-de-futuro

Post on 01-Aug-2016

229 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Desde o IES A Sangriña (A Guarda) chéganos este material para o segundo certame de recolla da tradición oral, no curso 2007-2008, organizado por Ponte…nas Ondas!.

TRANSCRIPT

Page 1: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós - Vida deles vida nosa

Vida deles, Vida nosa

Jenifer García Alonso Cristina Juan Cunha

Pablo Lomba Riego

Page 2: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós - Vida deles vida nosa

Índice

-Introdución

-As súas vidas

-Conclusións

-Agradecementos

Page 3: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós - Vida deles vida nosa

A Galicia de onte e de hoxe

Ponte nas Ondas bríndanos a oportunidade de participar nun concurso que nos vai achegar ás nosas xentes, á súa historia, a unha realidade que non debemos esquecer. As historias dos nosos personaxes desenvólvense nunha época difícil na que moita xente tivo que abandonar o seu fogar e as súas familias.

Falar da emigración é falar das xentes de Galicia. Xentes que emigraron da nosa comunidade na procura dun traballo e de prosperidade económica. O noso estudo vai dirixido a eses tempos e a esas xentes.

Viaxamos no tempo a través das vivencias dos nosos

personaxes, que deberían estar nos libros de historia. Todos os seus nomes, todas as súas historias.

Page 4: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós - Vida deles vida nosa

Non foi só un traballo senón unha nova experiencia, moi

enriquecedora, que nos permitiu entender os nosos maiores.

Damos as grazas a toda a xente que nos prestou axuda para este traballo, sempre quedarán na nosa memoria.

Page 5: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós - Vida deles vida nosa

Ángel

Nace en Baiona. Os seus pais marchan a Arxentina e el queda xunto

aos seus dous irmáns. O maior era moi bo, o mediano bo e el era malo. No seu colexio facía bromas, era a única forma de divertirse. neses tempos era moi rebelde.

Non lle gustaba moito os estudos e empezou a traballar para comer, xa que naqueles tempos non había nada. A súa familia tiña un bo nivel económico pero o que quería era independizarse.

Emigra cun grupo de amigos a Francia. Alí estivo feliz, porque encontrou un bo traballo que lle proporciona un bo soldo. Máis tarde casa e ten unha filla.

O idioma non era problema, posto que o francés non era difícil de entender e a súa muller cando tiña tempo libre ensináballe palabras novas. Case non tiña amizades, traballaba moi duro e practicamente non tiña

tempo o pouco que tiña o destinábao aos seus familiares.

Mentres que estaba en Francia pensaba pouco na terra da que marchou e non quería volver; pero a súa muller estaba namorada de Galicia e por petición dela volveron. Ao chegaren encontraron unha Galicia nova...

Page 6: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós - Vida deles vida nosa

FRASES DE ÁNGEL AGORA QUE ESTÁ EN GALICIA

Gustaríame quedado en Francia pero tomei a miña decisión pola miña familia, que é o que máis quero.

Non é a miña vida, é a vida de todos.

Todos tiñamos fame, non había nada.

Page 7: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós - Vida deles vida nosa

Dolores

Nace na Guarda. Cando ten un ano, o seu pai emigra a Arxentina deixando en Galicia a súa muller e a súa única filla. A súa mocidade pásaa traballando xunto á súa nai. Aos seus seis anos, o seu pai sofre unha enfermidade en Arxentina e reclama a súa nai para que o coide. Esta decide marchar facéndolle unha promesa á súa filla: "Tranquila, axiña nos veremos xuntos". A súa vida cae ao chan cando ve a súa nai embarcar.

Dolores queda en Galicia xunto á súa avoa. Naqueles tempos vivían nunha casa nos arredores da vila e dedicaban a súa vida á gandaría. Ten contacto cos seus pais a través de cartas, nas que lle contaban como era a súa vida e nalgunhas ocasións os sobres contiñan "plata".

Aos seus dezanove anos os seus pais cobren todos os papeis para poder recibila en Arxentina. Sae de Galicia desde o porto de Vigo e comeza, unha aventura pouco agradable: "Cruzar o charco". A viaxe durou 18 días, non estaba afeita á vida sobre o mar: tivo moitos mareos na travesía e o mal tempo impediu a súa chegada nos prazos previstos. En Arxentina empeza unha nova vida, xunto aos seus pais. Estes vivían ben nun piso preto da Praza de Maio. Traballaban os dous, mentres ela facía as tarefas de casa. Máis tarde proponlle á súa nai que deixe de traballar e ela ocupará o seu posto. Así sucede, empeza a traballar nunha fábrica de papel. Era un traballo que lle gustaba. Máis tarde a fábrica vendeu as máquinas e tivo que buscar outro emprego, esta vez nunha empresa de toallas. A súa vida prosperaba. Empezaron a chegarlle cartas dun vello amigo da súa mocidade, que vivía en Brasil cos seus tíos e quería viaxar a Arxentina. Ela invitouno a que vivira no seu piso e el marchou a Buenos Aires. Ao chegar ao porto quitáronlle toda a súa equipaxe, e ao non dispor de ningún tipo de permiso, tiña que casar para poder vivir alí. Dolores toma a decisión de casar en segredo. Foi unha etapa moi triste posto que non gozaron a súa voda. Teñen unha filla e un fillo. O seu marido enferma co tempo e por problemas

Page 8: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós - Vida deles vida nosa

económicos non tiña diñeiro para pagar a súa medicación. En España pagaríanlle unha boa xubilación, por iso no 2003 volven a Galicia deixando as súas fillas en Arxentina.

FRASES DE DOLORES AGORA QUE ESTÁ EN GALICIA

Non fai falta viaxar a Galicia para coñecer as súas xentes, os súas costumes. Arxentina estaba chea de galegos.

No pasado había moita “plata”, pero andando os anos Arxentina cambiou moito, e a peor. Cos nosos problemas non podíamos vivir alí.

Page 9: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós - Vida deles vida nosa

ELENA ÁLVAREZ

É unha muller da Guarda, que quedou sen nai aos quince anos, e a cargo de cinco irmáns. Elena tiña que ir a por, comida, facela e incluso aínda tiña que ir á escola e despois a traballar. Tivo só un mozo, co que casou aos vinte anos e co que tivo seis fillas.

No ano 1962, cando tiña trinta anos, decidiu emigrar a Alemaña soa, deixando o seu esposo e as súas fillas en Galicia. Elena traballaba de día e de noite nunha clínica do Estado, onde a trataban moi ben o persoal, co que se entendía por señas ao comezo. Despois, ao cabo duns anos, o seu esposo e as súas fillas foron para onde ela. A vida de Elena era traballar e traballar sen descansar a non ser so os domingos, nos que ía a misa. A ela nunca lle dicían ningunha noticia sobre o seu lugar de nacemento, só o seu esposo lle contaba algunha cousa que outra. O peor que Elena levaba en Alemaña era a comida, porque era moi mala, e ter que pagar por ter unha televisión ou unha radio.

Despois de estar corenta e catro anos en Alemaña, decidiu voltar a Galicia, en concreto ao seu lugar de nacemento, e encrontrou todo moi cambiado. Elena volveu porque quedou soa ao casaren as súas fillas e ao falecer o seu marido.

Con oitenta e catro anos como ten agora e con dez operacións, di que soa non quere vivir, aínda que o seu soño é voltar a Alemaña a xunto das súas fillas e falecer alí.

Page 10: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós - Vida deles vida nosa

FRASES DE ELENA AGORA QUE ESTÁ EN GALICIA.

En Galicia había moita miseria, pasábase moita fame.

Antes, ainda que a vida fose mais dura, non perdíamos ningunha festa.

O mellor de Alemaña son os médicos.

Page 11: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós - Vida deles vida nosa

MARÍA RODRÍGUEZ

Emigrou cando tiña 17 anos a Alemaña sen que ela o soubese,

porque a meteran nun tren enganándoa. Cando chegou alí estaba triste, pero despois alegrouse algo ao encontrarse cunha veciña, pero aínda así estaba asustada, porque non sabía o que lle podería pasar.

María traballaba nun almacén dezaoito horas ao día sen descansar e metíase con todo o mundo incluso coa súa propia xefa. Vivía nunha casa de acollida, onde durmía nun cuarto con varias meniñas alemás, coas que se entendía por xestos. Aquelas meniñas apreciaban moito a María e non querían que se fose nunca de Alemaña.

María choraba todas as noites, hasta que se foi adaptando. A xente apreciábaa moito, e por cada casa que pasaba sempre tiñan algo para lle dar.

María mentres estaba en Alemaña enviáballe cartas a seu pai, que estaba emigrado en Venezuela, e el tamén lle contestaba por carta, dicíndolle que nunca fora a onda el, porque a vida alí era moi dura, sobre todo cos homes, que eran moi malos coas mulleres.

Pero decidiu emigrar a Venezuela onde estivo trinta e tres anos, para encontrarse co seu pai e con algúns dos seus primos. María no tempo que estivo en Venezuela traballou nunha granxa, pero pasouno

moi mal, porque non lle pagaban. Mentres estivo alá non tiña noticias do seu lugar de nacemento, só o seu pai lle dicía que Galicia

era moi bonita, pero moi duro vivir nela, porque ela xa non se acordaba de como era. Cando decidiu volver, encontrouse con todo moi cambiado; veuse para poder gozar algo da súa terra e estar coa súa familia, que deixara había tantos anos, pero sobre todo voltou para poder cobrar a paga, senón non voltaría.

Page 12: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós - Vida deles vida nosa

FRASES DE MARÍA AGORA QUE ESTÁ EN

GALICIA

En Venezuela deixei algo de diñeiro e aquí só teño a paga.

A vida foi moi dura, non había nada.

Page 13: IES A Sangriña (A Guarda) - O tesouro dos nosos avós - Vida deles vida nosa

Agradecementos:

Á Residencia da Terceira Idade Monte Tecla, por abrirnos as súas portas e poñer á nosa disposición a persoas que emigraron xa hai tempo e que poden contarnos as súas vivencias. Grazas aos nosos amigos Dolores, Ángel, Helena e María por acollernos e prestarnos o tempo que precisamos.