guitiriz, 16 de marzo de 2020 querido alumnado e queridas
TRANSCRIPT
CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020
Lucía Lorenzo López
Guitiriz, 16 de marzo de 2020
Querido alumnado e queridas familias:
Alumnado:
O xoves cando recibimos a noticia de que se suspendían as clases por 14 días, todos e todas tivemos
claro que mostrar comprensión, empatía, tranquilidade, prudencia e coherencia era a mellor
elección.
Non tiven a ocasión de dicirvos que a maneira na que recibistes a noticia, escoitastes e reaccionastes
foi unha forma chea de responsabilidade e comprensión. Grazas!
Foi todo apresurado, mais quero comezar dicíndovos que vos mando unha aperta e moitos bicos.
Grupo, o que está a acontecer é o escenario para mobilizar todo o que fostes conseguindo ao ter
claro que, a intelixencia emocional é a base da vosa educación e da sociedade!
O barco desta vez atracou nun porto no que todas e todas estamos para aprender e axudar!
Estade tranquilos e tranquilas e facede todo o que está nas vosas mans para frear este virus. Xuntos
podemos conseguilo:
• Lavade as mans con auga e xabón varias veces ao longo do día.
• Se tosedes ou esbirrades, cúbridevos (xa explicamos moitas veces como facelo).
• Gardade a distancia de seguridade (non pegarse á xente, non falarlle moi preto, non andar
dando bicos…).
• Estade na casa. O virus móvese coa xente. Se quedamos na casa non deixamos que siga
viaxando e contaxiando a outras persoas. Así é como podemos frealo.
1
CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020
Lucía Lorenzo López
Familias:
Atendendo ás instrucións publicadas no portal educativo da consellería de Educación, Universidade
e Formación Profesional, os equipos docentes e o restante profesorado elaborarán propostas de
actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios, e non
terán carácter de avaliables. Esta é a razón pola que non se debe dar unha proposta educativa
na rede en como sería se fose presencial. Por iso, a vós, familias, pedirvos responsabilidade,
sentido común e comprensión. Non debemos dar mensaxes alarmistas; son 8 días lectivos os que
estarán os vosos/as fillos e fillas na casa; non podemos dar unha mensaxe en negativo: é o momento
de ser positivos e reformular a maneira de pensar, actuar, aprender...por que non? É un espazo novo
para todas e todos e unha forma de traballar a familiarizarse con ela. Fagámolo entre todos e
pensando en todos.
A continuación vouvos deixar unha serie de ideas e recomendacións para que vos organicedes
nestes días nos que non podemos asistir á escola.
Pido a vosa colaboración para axudarlles a organizar e elixir as tarefas que se propoñen.
Estou segura que tamén vos están chegando xogos, películas, concertos virtuais, aplicación
didácticas … tanto para facer en familia como de xeito individual.
Anímovos a que as revisedes e fagades aquelo que vos guste sen saturarvos.
Desfrutade do TEMPO EN FAMILIA! Tempo que nos falta habitualmente e que agora temos,
aproveitémolo! Deixade de lado as “ rutinas que marcaban os reloxos” e que nos apremen a diario.
Busquemos o lado positivo desta situación e collamos da man a responsabilidade que temos para
combater o virus! Quedemos na casa!
2
CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020
Lucía Lorenzo López
Antes de comezar a aprender na e coa rede...
É o mellor momento para estar preto das nosas fillas e fillos a aprender nocións básicas para
traballar na rede. Antes de entrar a traballar con contidos, recursos concretos deberiades en familia
traballar os seguintes aspectos:
Buscadores especializados:
• https://books.google.es/books . Libros gratis moi interesantes
• https://scholar.google.es/schhp?hl=es Google académico
Netiquetas:
• https://www.youtube.com/watch?v=3c9bNKow_CQ
• https://www.youtube.com/watch?v=mSSau3Xmso4
Webs con información moi interesante para familias:
• Navega con rumbo: https://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/presentacion.html
• Pantallas amigas: https://www.pantallasamigas.net/
Dicionarios:
• Real Academia Galega: https://academia.gal
• Real Academia Española: https://www.rae.es
• Tradutor: http://tradutorgaio.xunta.gal/TradutorPublico/traducir/index
3
CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020
Lucía Lorenzo López
LINGUA GALEGA E LINGUA CASTELÁ
Ler
Ler xornais en familia. É importante analizar co alumando algunhas das noticias que saen a diario
para facelos partícipes da situación e que vexan como vai avanzando a situación. Podemos
aproveitar e traballar con eles e elas, as partes que ten unha noticia e as preguntas básicas que
podemos formularnos para entender unha nova: que, cando, como, onde, por que, quen. Poden
incluír a noticia e as vosas reflexións no portfolio.
Triangulación de fontes: ler en diferentes xornais a mesma noticia e despois falar dos datos que
coinciden e dos que non. De haber discrepancias, buscar en fontes oficiais ou en fontes primarias
para resolver as dúbidas e dar coa información veraz.
Este tamén é o momento no que poderiades ver o vídeo sobre a técnica dos seis sombreiros
https://www.youtube.com/watch?v=Mq7mYdrUOqs ( hai moitos outros se buscades por “ técnica
dos 6 sombreiros de Edward Bono”) e aplicala a hora de falar sobre as novas.
Lectura diaria: O 15 de abril temos prevista a visita de Ledicia Costas polo que debemos ler antes
o libro (A señorita Bubble). Suxírovos revisar o libro e ver cantos capítulos ten, cantas páxinas…
para organizar a vosa lectura. Haberá días que vos apeteza ler máis e outros menos. Cada un ao seu
ritmo! Tedes 20 días para gozar del!
O 17 de abril está prevista a visita de Sabela Nuñez Singala. Seguide co libro e buscade información
a medida que avanzades como facemos na aula. Falade coas persoas que tedes cerca do que ledes,
das vosas conclusións… debater é un exercicio marabilloso para aprender! Sería xenial que, a
medida que ides lendo, lle contedes a un adulto de que trataba a parte que lestes, que credes que
pasará no seguinte capítulo…
Teñen os libros de texto como guía para ir recordando o que estudamos. Poden ler e facer
actividades do libro para repasar. Se non o teñen na casa, hai moitas propostas ( mirade en enlaces)
4
CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020
Lucía Lorenzo López
Expresión escrita
Conto. Pensar nunha historia na que o protagonista sexa o Coronavirus. Buscar os personaxes
secundarios, en que lugar se desenvolvería a historia… Debemos explicarlles: “ Agora dálle forma e
escribe un conto breve, deixa voar a túa imaxinación. Tamén podes acompañalo dunha ilustración.
Recorda as técnicas de expresión escrita traballadas e aplicáas para darlle forma ao conto ( técnica
da hamburguesa, araña, descrición de personaxes, crear o ambiente: texto do teu concello, texto
sobre un país que elixades ao azar, google maps…)
Rap: Recordade que temos en proceso a elaboración dun rap para seguir e rematar o traballo con
David e 6º B. Se se che vai ocorrendo algunha estrofa non dubides en escribila. Elixe o tema e crea
o Rap.
Dicionario: Anota aquelas palabras ou expresións que escoites e que son novas para ti. Se tes un
dicionario busca o seu significado. Se non o tes podes preguntar a un adulto, pedir axuda para
buscar nun dicionario en liña,… Elabora a listaxe para cando volvamos e poder compartila.
Ditados. Que alguén che dite un texto. Pódese aproveitar e ditar fragmentos dos libros de lectura
que teñen que ler. Hai moitas maneiras de facer un ditado para variar esta tarefa e facela atractiva.
As faltas de ortografía indícaas o adulto rodeándoas ; busca a falta en cada palabra. Se o precisas
podes empregar o dicionario. Pode crear debuxos coas palabras nas que tivo erros ortográficos para
fixar ben como se escriben.
Xogamos?
Gramisática. Repasade a categoría gramatical que estades a preparar. Memorizádea e creade
oracións. Despois tentade investigar que outras categorías gramaticais empregades ao escribir .
Podes crear un esquema con texto e debuxos de como plasmarías ti os datos puros sobre a túa
categoría gramatical na túa camiseta! Será marabilloso presentarllo aos teus compañeiros/as!
5
CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020
Lucía Lorenzo López
Expresión oral e expresión escrita
Entrevista. Aproveitade que estades na casa e dispoñedes de tempo que non tedes o resto do ano
para coñecervos un pouco mellor. Elixe un familiar a través do que poidas saber máis sobre o tema
do teu traballo individual a presentar en xuño. Elabora unha serie de preguntas para facerlle. Non
esquezas elixir a lingua de traballo (galego ou castelán) e cumprir as normas ortográficas estudadas
(uso dos signos de interrogación, puntuación, uso de maiúsculas e minúsculas,...). Con escribir as
preguntas de xeito ordeado é suficiente, estade ben atentos ás respostas e gozádeas. É posible que
desas respostas vos xurdan novas preguntas. Incluídeo no voso portfolio.
Traballo individual. É o momento de avanzar na busca de información para facelo. Recorda que
que debes ir anotando onde atopas a información que che resulta interesante, as páxinas nas que
aparece... Pensar no experto/a que che axudará. Se cadra telo cerca; aproveita estes días para
recoller información, lela, resumila...
6
CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020
Lucía Lorenzo López
MATEMÁTICAS
Aconséllovos guiarvos polo libro de texto para ir sacando ideas e exercicios para repasar o
estudado. Revisade primeiro os apartados do libro para que vos sirvan de axuda.
Calculín. Xogade en familia. Explicade as probas que facemos e facede un concurso. A modo de
recordatorio: proba de cálculo mental, proba de adiviñar un número, cifras e letras, preguntas sobre
xeometría, %… de seguro que en familia se vos ocorren outras probas sobre os contidos que
estamos traballando que podedes traer á aula e enriquecer esta actividade.
Cálculo: diariamente poden resolver operacións con decimais: sumas, restas, multiplicacións,
divisións., tanto por cento %...
Resolución de problemas con gráficos. Pedide que vos poñan algún problema matemático e
tentade resolvelo cos gráficos que traballamos ultimamente. Podemos atopar no seguinte enlace, no
anexo IV problemas.
https://lvl.educarex.es/conoceryaplicarlvlylvm/F9_Resolucion_problemas_aritmeticos.pdf
Poden facer os de cambio 1,2,3,4,5 e 6 para familiarizarse cada vez máis coa dinámica.
Podedes volver a visualizar os vídeos do canal de Youtube, Archimedes Tube para repasar criterios
de divisibilidade, números primos, números decimais...
CIENCIAS SOCIAIS
Busca de información e traballo manual: podedes buscar información cada un/unha sobre a
comunidade autónoma ou comunidades que estades a investigar. É o momento para buscar o
número de hospitais que teñen, pirámides de poboación …. empregar a información que atoparedes
no INE será moi interesante: https://www.ine.es
7
CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020
Lucía Lorenzo López
Recordade que no seguinte enlace tedes as páxinas oficiais de turismo de moitas das CCAA e
enlaces a museos interactivos, mapas interactivos:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplagostelle/aulavirtual2/course/view.php?id=6
Crear: podedes crear na casa con plastilina, cartolinas, cartóns… os monumentos que tiñamos
buscados, símbolos… para engadir á vosa caixa da CA.
Podedes tamén analizar os datos médicos, económicos… que se dan a diario relacionados co
Coronavirus na vosa CA.
Buscade os ríos que pasan polas vosas comunidades, as montañas máis famosas ou importantes,
enerxías renovables que destacan na CA… Todo o que se vos ocorra para saber máis e compartir
entre todos e todas.
CIENCIAS NATURAIS
Traballo interactivo: estamos traballando a enerxía. Visitamos fai relativamente pouco Sotavento.
Na súa páxina web hai unha zona interactiva na que poden ver, traballar contidos moi interesantes.
http://www.sotaventogalicia.com/gl/zona-interactiva/
Deben crear algo que sexa útil e facerlle probas de propiedades físicas, químicas… é o momento de
probar e axudarse dos coñecementos de toda a familia para sacar unha gran invención. Recordade
os pasos do método científico. Hai recursos que che poden axudar nesta tarefa. Recolle de forma
escrita todos os pasos dados.
https://actividadeseducativas.net/wp-content/uploads/2019/05/En-qué-Consiste-el-Método-Cient
%C3%ADfico-para-Sexto-de-Primaria.pdf
https://canasto.es/blog/metodo-cientifico-productividad ( pasos do método científico)
Electricidade. Podedes ler información moi interesante sobre mulleres neste campo:
https://www.energias-renovables.com/panorama/grandes-mujeres-en-la-historia-de-la-20180926
8
CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020
Lucía Lorenzo López
https://www.mipodo.com/blog/actualidad/ocho-mujeres-que-lo-cambiaron-todo-en-el-mundo-de-la-
energia/
Lede, triangulade fontes! Creade un esquema, un resumo, unha presentación…podedes empregar
ferramentas como Canva, Prezi...para compartir á volta cos vosos compañeiros e compañeiras!
VALORES
Envíovos un enlace onde podedes atopar curtametraxes relacionadas con valores que queremos para
a nosa sociedade: https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/familias-2/cortometrajes-
educar-en-valores/
Traballar cos valores que hai que mobilizar no momento que vivimos é moi interesante e analizar
con eles iniciativas que se están dando cada día. Buscar noticias en medios electrónicos que falen
delas e tentar sacar que valores se están poñendo en xogo, é unha boa idea. Podedes escribir
conclusións, debuxar… e incluílo no portfolio do día para despois compartir co grupo cando
volvamos á escola.
EDUCACIÓN FÍSICA
Hai recomendacións no apartado de Educación Física na páxina web. É unha área que ten moitas
ferramentas para axudarnos a sentirnos activos, positivos e implica sempre mobilizar valores que
nos fan mellores persoas por dentro e por fóra. Cada día un pouco de Educación Física!
COMÚN
Portfolio. NON ESQUEZADES POÑER A DATA e traer o traballo ben organizado! É o momento
de demostrar o ben que o podedes facer.
9
CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020
Lucía Lorenzo López
Á volta revisaremos as tarefas e compartirémolas entre todos e todas para ver o ben que traballastes
e os vosos avances! Podedes escribir o que sentistes ou fixestes ao longo do día, que é o que botades
de menos, que estades aprendendo da situación que estamos a vivir...
Elixide unha lingua (galego ou castelán) para facelo e non esquezades a estrutura do texto, orde,
limpeza, fixarse nas normas ortográficas estudadas para cometer o menor número de erros…)
Recordade que non hai que dividir o portfolio por áreas...o coñecemento non é de ningunha área, é
voso. Recuperade o portfolio tal e como o faciamos o ano pasado: creade unha portada, unha
contraportada, lapbooks... incluide todo o que sabedes, que é moito!
ENLACES WEB
Achégovos enlaces que vos levarán a contidos e recursos interesantes:
Biblioteca dixital mundial: https://www.wdl.org/es/
Libros de diferentes áreas https://multiayuda.com. Hai un apartado onde baixar libros das
diferentes áreas para facer exercicios, actividades…repasar a teoría de contidos traballados ata o
momento. Recordade que non imos por temas do libro! Falade cos vosos fillos e fillas, eles vos
dirán no que estamos a traballar!
Educlan: Educlan estará dispoñible na web de Clan, apps e televisores
conectados.https://www.rtve.es/infantil/
“A partir del lunes 16 de marzo, Clan pone en marcha la iniciativa Educlan, con recursos
educativos de calidad abiertos para todas las familias españolas, en plena suspensión de las clases
para prevenir la expansión del coronavirus. Los contenidos se agruparán en tres canales: EduClan
3 a 5 años, EduClan 6 a 8 años y EduClan 9 a 10 años. Las familias podrán encontrar videos sobre
las principales áreas curriculares: Ciencias Naturales, Ciencias Sociales, Lengua, Lógica y
10
CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020
Lucía Lorenzo López
Matemáticas, Artística, Idiomas, Educación Física, Tecnologías o Convivencia. Este nuevo canal
espera contar con más de 200 vídeos en los próximos días.
RTVE informa de que se habilitará una página de información del proyecto donde se podrá
encontrar información sobre las empresas participantes, listado de recursos, formularios para
participar en Educlan y un espacio de sugerencias.”
https://www.audiovisual451.com/clan-lanza-educlan-una-herramienta-educativa-para-las-familias-
durante-el-cierre-lectivo/
Repositorio Abalar: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazos/recursos. O Repositorio de
Contidos dispoñible no espazoAbalar é unha plataforma de xestión, difusión e emprego dos
contidos educativos dixitais, onde está dispoñible unha selección de recursos educativos de calidade
e en múltiples idiomas, que está a ser actualizada de xeito continuo con novos contidos e
funcionalidades.
Tarefas integradas que implican a mobilización de moitos contidos das diferentes áreas:
http://www.polavide.es/rec_polavide0708/recursos_propios_varios.html
En breve estaremos de novo na escola e poderemos compartir todo o que aprendemos do que
estamos vivindo. É o momento de ser positivos.
Irei actualizando esta información. Insisto en que son 8 días lectivos, e que non consiste en
saturarnos e facer por facer nin facer todo o que achego. Son recomendacións para elixir as que
máis se adapten á vosa situación familiar.
Unha forte aperta
Lucía Lorenzo López
11
CEIP Plurilingüe Lagostelle Curso académico 2019-2020
Lucía Lorenzo López
12