guia veran 13

2

Click here to load reader

Upload: biblio-marques

Post on 10-Mar-2016

214 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

guía de lecturas cifp Ferrolterra verán 2013

TRANSCRIPT

Page 1: Guia veran 13

o xogo absórbeo e a súa vida comeza a padecer as consecuencias. Axiña, o profesor Carro terá problemas para diferenciar a realidade da ficción, sobre todo cando as súas andanzas no mundo virtual sofren un xiro inesperado. Santiago Lopo gañou con Game Over o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia en 2006. Dianne Setterfield El cuento número trece Trátase dunha novela de suspense de aire gótico-romántico. Xira en torno ao pasado dunha escritora británica de moi avanzada idade, tan famosa como enigmática chamada Vida Winter. A autora oculta un pasado misterioso que esperta a curiosidade de Margaret, unha moza apaixonada pola literatura á que a anciá encargará a súa biografía e á que irá revelando aos poucos, ao longo das páxinas da novela, todos os seus segredos. É unha novela dividida en dous partes, por unha banda a que conta a vida da anciá escritora a través das súas memoria e por outra a intensa historia persoal da biógrafa Margaret, atormentada por unha infancia compli-cada.

Antonio Muñoz Molina Plenilunio Plenilunio é a gran novela de madurez creadora de Antonio Muñoz Molina, recentemente galardoado co Premio Príncipe de Asturias deste ano. Unha narración eléctrica, chea de tensión, de rabia e de tenrura, na que o relato e a reflexión fúndense maxistralmente para falarnos do que nos é máis próxi-mo. Ese é o privilexio dos libros ines-quecibles. Nunha cidade de provin-cias alguén cun rostro soluble nos demais rostros esconde o enigma dun espantoso crime. É preciso atopar a súa mirada entre a multitude, descifra-la, para conxurar o horror. En torno á procura, varios personaxes,

cada un cun segredo roéndolle o corazón, soñan durante un instante con dar un novo sentido ás súas vidas. Na hora máxica do plenilunio.

Aleix Saló Euro Pesadilla A clase media europea vive abor-delada por unha recesión históri-ca. Con impotencia, ve como unha elite de vampiros sinistros succiona os seus escasos ingresos. Este grupo de chupópteros está formado por banqueiros, políticos e, cando cadrou, outros compo-ñentes da clase media aproveita-dos e insolidarios. En paralelo, Europa vive unha crise política e económica sen precedentes, por culpa dun experimento nefasto. Intentaron crear un ser híbrido,

formando países excesivamente diferentes e con economías total-mente dispares. O resultado: un monstro procreo frankensteiniano chamado Eurozona, que nin Deus é capaz de redirixir.

Robin Sharma El monje que vendió su Ferrari Esta é a emotiva historia de Julian Mantle, un súper avogado cuxa vida dominada polo estrés , desequilibrada e obsesionada co diñeiro acaba provocándolle un infarto. Ese desastre provoca en Julian unha crise espiritual que o leva a enfrontarse ás grandes cuestións da vida. Esperando descubrir os segredos da felicidade

e o

esclarecemento, emprende unha extraordinaria viaxe polo Himalaia para coñecer unha antiquísima cultura de homes sabios. E alí descobre un modo de vida máis *gozoso, así como un método que lle permite liberar todo o seu potencial e vivir con paixón, determinación e paz. Santiago Lopo Game Over Un profesor universitario recibe como agasallo un xogo de ordenador chamado Parallel City. Aos poucos,

Aquí presentamos como cada ano unhas cantas

recomendacións para pasar bos ratos este verán

coa compaña dun bo relato e disfrutar das seguro

que ben merecidas vacacións

Bo veránBo veránBo veránBo verán

Lecturas de verán 2013

Biblioteca CIFP Ferrolterra

Podes consultar esta e outras guías na web do instituto, http://www.edu.xunta.es/centros/iesferrolterra/ en animación á lectura, dentro da sección da biblioteca.

Últimas adquisi-cións de lectura

Page 2: Guia veran 13

Ofrecemos aquí algunhas obras de autores que foron obxecto dalgunha das actividades da biblioteca durante este curso

Celso Emilio Ferreiro Antoloxía Celso Emilio Ferreiro (1912-1979) é unha das voces máis poderosas, eficaces e emocionantes da nosa poesía contemporánea. Os seus libros acadaron grande sona dentro e fora de Galicia, crónica apaixoada dun tempo difícil e, sen embargo, cheo de esperanza. O soño sulagado (1954), Longa noite de pedra (1962), Viaxe ao país dos ananos (1968) ou Onde o mundo se chama Celanova (1975) son fitos fundamentais na lírica do noso tempo, referencias obrigadas na memoria de toda unha xeración.

Esta Antoloxía (poesía e prosa) ofrece unha visión asequible, ordenada e plural dun dos máis grandes autores das letras galegas. José Luis Sampedro La sonrisa etrusca Esta é quizais a obra máis coñecida do recentemente falecido José Luis Sampedro, escritor, economista e ensaista, home fundamental da nosa historia recente. Un vello campesiño calabrés chega a casa dos seus fillos en Milán para someterse a unha revisión médica. Alí descobre o seu último afecto, unha criatura na que envorcar toda a súa tenrura: o seu neto, que se chama Bruno, como a el lle chaman os seus camaradas partisáns. E vive tamén a súa última paixón: o amor dunha muller que iluminará a etapa final da súa vida concedéndolle toda a súa plenitude. Unha belisísima novela sobre o eterno problema do amor, coa verdade que ofrece un coñecemento profundo do alma humana. Xosé Neira Vilas Memorias du neno labrego "Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre". Así comezan as reflexións do pícaro protagonista, un neno do mundo rural galego da primeira metade do século pasado. Preséntase como un diario escrito polo protagonista, no que

narra as súas vivencias, aventuras e reflexión, descrito maxistralmente dende o punto de vista dun rapaciño. Dividido en pequenos capítulos, cada un deles toca temas como a emigración, a morte, a escola, a amizade, etc, coa inocencia e tenrura dun neno. Traducido ás linguas máis faladas do mundo, é quizais o libro máis lido e universal da nosa literatura, fundamental para coñecer as nosas raíces. Roberto Vidal Bolaño Animaliños Este dramaturgo galego foi o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Unha das últimas montaxes foi a súa obra “Animaliños”,

texto que satiriza a realidade levada aos extremos, que inclúe no mundo o absurdo cando este é posíble. O argumento dá de si: unha praga de caracois nunha urbanización de chalés adosados desata os instintos e as personalidades duns habitantes que funcionan coma tipos, mesmo coma referentes reais. En “Animaliños” atoopamos un gran espacio para a risa, e, sobre todo, a reflexión. Vidal Bolaño xamais renunciou a facernos pensar nin a deixar de experimentar coas formas do teatro, aínda que para conseguilo tivese que pór en marcha todo un exército de cazadores de bechos, de propietarios e de caracois a rir do

mundo e da vida cotiá.

Antón Cortizas Tastarabás Un libro para regalar, un libro para atesourar, un libro que nos devolverá á nosa infancia, que nos fará lembrar que o neno que levamos dentro segue vivo, teñamos a idade que teñamos. É unha obra monumental coas súas máis de 1000 páxinas, froito de doce anos de traballo do seu autor, recompilando información sobre xogos e xoguetes,

especialmente de aquí, que o converte nun referente na conservación da nosa cultura, dende o seu lado máis divertido. Juan Bordes Historia de los juguetes de construcción Os xoguetes de construción sempre tiveron unha estreita relación coa historia da arquitectura moderna. E este libro ofrece a posibilidade de comprobar en imaxes, precisamente, o cruzamento de ambas historias, a dos xoguetes e a de diferentes episodios da arquitectura dende o século XIX. A difusión destes xoguetes, simultánea ás creacións de vangarda, divulgou a nova arquitectura, converténdoa en soño e aspiración de nenos e adolescentes, o que produciu unha educación arquitectónica en sucesivas xeracións dos arquitectos. Juan Bordes é profesor na Escola de Arquitectura de Madrid e membro numerario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

Stéphane Hessel Indignádevos! Unha obra directa, reivindicativa e axitadora cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, se dirixe -aos seus recios 93 anos- á sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental. Para Stéphane Hessel sobran os motivos para chamar á indignación colectiva, á desobediencia e á resistencia. Non contribuíu á loita que permitiu acadar tantas conquistas sociais na segunda metade do século pasado, para que todos eses avances se derrubaran dende a década do 2000 en diante. O autor culpa ao poder financeiro de devalar o equilibrio da democracia moderna, con todos os seus valores e principios, provocando unha crise no mantemento do estado do benestar, a desconfianza na independencia da prensa, unha crecente fenda entre os máis podentes e os máis necesitados, e os dramas humanos derivados dos conflitos internacionais.

Protagonistas

Xogos e xoguetes

Para entender a crise