guia veran 09

2
Lecturas de verán 2009 Escriba la consigna aquí. Lecturas para o verán dalf o gris e os 12 ananos encabezados polo rei Thorin para fa- cerse co tesouro que garda o terrible dragón Smaug. Para iso, estes carismáticos personaxes terán que pasar polas garras de trols, por escuros bosques, coñecer aos elfos e, como non!, coñe- cer a orixe de como o anel chega a mans de Bilbo. Este libro é moi fácil de ler, carece das longas e confusas descri- cións que tanto poden chegar a aburrir no Señor dos Aneis, ou no Silmarillión. É como un conto para nenos pero en longo. A súa fantasía pode agradar a maiores e pequenos. Art Spiegelman Maus. Relato de un superviviente En Maus Art Spiegelman narra a historia real do seu pai, Vladek Spiegelman, xudeu pola- co, durante a Segunda Guerra Mundial, así como as complicadas relacións entre pai e fillo durante o proceso de elaboración da historieta, xa en Estados Unidos, onde che- garon os pais de Art tras a guerra. A historia desenvólvese por unha banda en Rego Park, Nova York, onde Vladek Spielgeman conta a súa historia ao seu fillo Art, que está desen- volvendo un cómic. E nos flashbacks de Vla- dek onde narra as súas vivencias durante a guerra. Esta obra recibíu un premio Pulitzer en 1992 Jean Van Hamme e Philippe Francq Largo Winch Nerio Winch é un vello home de negocios cunha gran fortuna. Sen fillos nin herdeiros coñecidos, decide adoptar a un orfo iu- goslavo de nome Largo Winczlav. Largo pronto abandona a súa formación nas mellores escolas de Alemaña e Inglaterra para percorrer o mundo lonxe das influencias do seu pai adoptivo. Aos 26 anos, Largo converteuse nun aposto trotamundos, con- testatario, mullereiro e vividor que se viu metido en problemas coas autoridades de medio mundo. Nunha prisión de Istambul, descobre que Nerio mo- rreu en estrañas circunstancias e debe esca- parse do cárcere con axuda do seu amigo Simón Orvonaz nunha carreira contrarreloxo para darse a coñecer como herdeiro lexítimo de Nerio Winch e da súa fortuna, porse á cabeza do monstruoso imperio financeiro coñecido como Grupo W e pescudar quen dos altos directivos do grupo asasinou ao seu pai adoptivo para facerse co seu imperio. Fred Uhlman Reencontro Hans e xudeu e Konradin descendente dunha das familias máis importantes de Europa e fillo de antisemitas. Ían no mesmo curso e facían case todo xuntos. Pero a súa amizade empeza a deteriorarse cando Konradin lle conta a Hans que a súa nai odia aos xudeus e que non quere que se xunte con el. Cando pasa o verán, a amizade queda definitivamente rota. Hitler ascendeu ao poder e os xudeus empezan a estar mal vistos en Alemaña. Os pais de Hans mandan ao mozo a Estados Unidos. Konradin escribe unha carta a Hans na que lle confesa que apoia a Hitler. Será a última vez que Hans saiba de Konradin. Trinta anos despois Hans é un avogado, está casado e ten un fillo. Recibiu unha carta coa relación cós nomes dos alumnos da escola na que estudou que perderon a vida na guerra. O último nome que lé é o de Konradin, que foi executado por conspirar contra Hitler. Stieg Larsson Los hombres que no amaban a las mujeres No ano 2005, e de xeito póstumo, publicouse con éxito en Suecia este libro logo da morte por mor dun ataque ao corazón do seu autor, Stieg Larsson. A novela, inicio da Triloxía de Milenio, é unha intriga criminal que segue os pasos do xornalista Mikael Blomgvist e a experta informática Lisbeth Salander no afán de esclarecer a desaparición de Harriett Vanger, sobriña do magnate Hen- rik Vanger. O dous personaxes principais forman a clásica parella dispar de detectives unida cun obxectivo común nun ambiente de crecente misterio. J.R.R. Tolkien El Hobbit O Hobbit é a precuela da triloxía de Tol- kien O señor dos aneis. Aquí coñeceremos as peripecias de Bilbo Bolsón xunto a Gan- Disfruta lendo en calquer momento e en calquer lugar. Boas vacacións

Upload: biblio-marques

Post on 25-Mar-2016

221 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

J.R.R. Tolkien El Hobbit O Hobbit é a precuela da triloxía de Tol- kien O señor dos aneis. Aquí coñeceremos as peripecias de Bilbo Bolsón xunto a Gan- Disfruta lendo en calquer momento e en calquer lugar. Escriba la consigna aquí.

TRANSCRIPT

Lecturas

de verán

2009

Escriba la consigna aquí.

Lecturas para o verán

dalf o gris e os 12 ananos encabezados polo rei Thorin para fa-cerse co tesouro que garda o terrible dragón Smaug. Para iso, estes carismáticos personaxes terán que pasar polas garras de trols, por escuros bosques, coñecer aos elfos e, como non!, coñe-cer a orixe de como o anel chega a mans de Bilbo. Este libro é moi fácil de ler, carece das longas e confusas descri-cións que tanto poden chegar a aburrir no Señor dos Aneis, ou no Silmarillión. É como un conto para nenos pero en longo. A súa fantasía pode agradar a maiores e pequenos.

Art Spiegelman

Maus. Relato de un superviviente En Maus Art Spiegelman narra a historia real do seu pai, Vladek Spiegelman, xudeu pola-co, durante a Segunda Guerra Mundial, así como as complicadas relacións entre pai e fillo durante o proceso de elaboración da historieta, xa en Estados Unidos, onde che-garon os pais de Art tras a guerra. A historia desenvólvese por unha banda en Rego Park, Nova York, onde Vladek Spielgeman conta a súa historia ao seu fillo Art, que está desen-volvendo un cómic. E nos flashbacks de Vla-dek onde narra as súas vivencias durante a guerra. Esta obra recibíu un premio Pulitzer en 1992 Jean Van Hamme e Philippe Francq

Largo Winch Nerio Winch é un vello home de negocios cunha gran fortuna. Sen fillos nin herdeiros coñecidos, decide adoptar a un orfo iu-goslavo de nome Largo Winczlav. Largo pronto abandona a súa formación nas mellores escolas de Alemaña e Inglaterra para percorrer o mundo lonxe das influencias do seu pai adoptivo. Aos 26 anos, Largo converteuse nun aposto trotamundos, con-testatario, mullereiro e vividor que se viu metido en problemas

coas autoridades de medio mundo. Nunha prisión de Istambul, descobre que Nerio mo-rreu en estrañas circunstancias e debe esca-parse do cárcere con axuda do seu amigo Simón Orvonaz nunha carreira contrarreloxo para darse a coñecer como herdeiro lexítimo de Nerio Winch e da súa fortuna, porse á cabeza do monstruoso imperio financeiro

coñecido como Grupo W e pescudar quen dos altos directivos do grupo asasinou ao seu pai adoptivo para facerse co seu imperio.

Fred Uhlman

Reencontro

Hans e xudeu e Konradin descendente dunha das familias máis importantes de Europa e fillo de antisemitas. Ían no mesmo curso e facían case todo xuntos. Pero a súa amizade empeza a deteriorarse cando Konradin lle conta a Hans que a súa nai odia aos xudeus e que non quere que se xunte con el. Cando pasa o verán, a

amizade queda definitivamente rota. Hitler ascendeu ao poder e os xudeus empezan a estar mal vistos en Alemaña. Os pais de Hans mandan ao mozo a Estados Unidos. Konradin escribe unha carta a Hans na que lle confesa que apoia a Hitler. Será a última vez que Hans saiba de Konradin. Trinta anos despois Hans é un avogado, está casado e ten un fillo. Recibiu unha carta coa relación cós nomes dos alumnos da escola na que estudou que perderon a vida na guerra. O último nome que lé é o de Konradin, que foi executado por conspirar contra Hitler. Stieg Larsson

Los hombres que no amaban a las mujeres No ano 2005, e de xeito póstumo, publicouse con éxito en Suecia este libro logo da morte por mor dun ataque ao corazón do seu autor, Stieg Larsson. A novela, inicio da Triloxía de Milenio, é unha intriga criminal que segue os pasos do xornalista Mikael Blomgvist e a experta informática Lisbeth Salander no afán de esclarecer a desaparición de Harriett Vanger, sobriña do magnate Hen-rik Vanger. O dous personaxes principais forman a clásica parella dispar de detectives unida cun obxectivo común nun

ambiente de crecente misterio. J.R.R. Tolkien

El Hobbit

O Hobbit é a precuela da triloxía de Tol-kien O señor dos aneis. Aquí coñeceremos as peripecias de Bilbo Bolsón xunto a Gan-

Disfruta lendo en calquer momento e en calquer lugar.

Boas vacacións

Lecturas para o verán

Carlos Ruíz Zafón

El palacio de la medianoche

Calcuta 1916. Un home salva a vida de dous bebés que posteriormente son separados pola súa avoa. En 1932 Ben cumpre 16 anos e debe abandonar o orfanato en que se criou, igual que os seus amigos. Pouco antes de facelo coñece a Sheere, a súa irmá, quen lles

conta algúns misterios da súa familia que deciden investigar mentres Jawahal, un home diabólico pretende matar ós dous irmáns. Laura Gallego

El valle de los lobos

É a historia dunha nena, Dana, que vive nunha granxa e ten un amigo que se chama Kai. Ata aquí, todo normal. O problema é que Kai é invisible para todos excepto para Dana, e nin sequera ela pódeo tocar. Sen saber aínda se Kai é real o u non, Dana é requirida polo Mestre, un home misterioso, para que acuda con el ao seu fogar: a Torre, no remoto Val dos Lobos. Cando chegan alí, Dana descobre con sorpresa que a Torre é en realidade unha escola de maxia... un pouco estraña, posto que só ten dous alumnos: a propia Dana e Fenris, un elfo enigmático e reservado. Dana empeza a estudar alí, e pronto se dá conta de que hai algún tipo de maldición que pesa sobre o Val dos Lobos, relacionado con algo que sucedeu na Torre moito tempo atrás, e que todo o mundo ten secretos que ocultar. Alfredo Gómez Cerdá

El beso de una fiera

Un editor arruinado, para salvar a súa editorial, decide buscar a Marcelo Morlán, escritor dun enorme éxito, ao que quere convencer para que publique nesa editorial. Nesta procura acompáñao o sobriño do escritor, Andrés, estudante aburrido en Madrid e que no encontro co seu tío e o seu modo de vida, alleo ao mundo rápido da cidade, atopará un novo sentido á vida e o amor nunha moza, Estela, tan identificada

coa natureza que se dá a entender varias veces que é unha muller- loba.

Cornelia Funke

Corazón de Tinta

Meggie, unha nena con doce anos, vive co seu pai que é encadernador. Ambos aman a literatura e viven rodeados de libros, pero unha noite aparece un estraño personaxe, Dedo Polvoriento, e rompe a harmonía. A partir desa aparición, a día a día será unha loita constante por escapar de alguén con nome de signo do zodíaco (Capricornio) e defender un libro cunha simple tapa verde pero

que esconde grandes marabillas no seu interior. O principio é intrigante, sobre todo pola aparición de Dedo Polvoriento, un personaxe do que se sabe pouco ao principio o que o fai moi inquedante. Ao longo da novela, aínda que se levan varias tramas paralelas a acción principal, é fácil seguila e lela. O amor polas letras é palpable, e simpatizas cos personaxes rapidamente.

Jordi Sierra i Fabra

97 formas de decir Te Quiero

Cristóbal é un mozo que leva unha vida máis ou menos tranquila ata que coñece a Daniela, unha moza que lle contará a historia máis emocionante e á vez desconcertante que xamais el puidese escoitar: Andrés e Ángela eran os protagonistas daquela historia, unha historia de amor á que a morte, segundo Daniel, puxo un punto e seguido. Eles

debían continuar a relación que anos atrás se truncou. Pero logrará Cristóbal entender que esta era outra máis das 97 formas de dicir "quérote"?

L.J. Smith

Despertar

Este é o primeiro libro da tetraloxía Crónicas Vampíricas Ao instituto de Fell's Church chega un alumno novo que arrastra con el un misterioso pasado e un irmán que pide vinganza por algo ocorrido hai moitos anos atrás... Agora, tratan de reproducir un mortífero triángulo amoroso que ten no seu centro

a Elena, que ten a todo o instituto na palma da man. A súa conducta chega, ás veces, ao egocentrismo máis profundo. É unha historia ben planeada, fácil de ler e moi lixeira. Unha novela interesante e cuns finais que deixan sen alento.

John Boyne

O neno co pixama de raias Bruno é un neno que vive coa súa familia en Berlín ata que o traballo do seu pai os obriga a mudarse a unha casa xunto a unha cerca. Alí coñece a Schmuel, un neno que vai sempre en pixama. Ambientada na Alemaña nazi, non dá referencias directas. É unha novela tenra, contada desde o punto de vista de Bruno, un

neno de nove anos. Lese rápido, e o final emociona a calquera. Agustín Fernández Paz

O centro do labirinto

Aínda que o proceso de globalización mundial, acompañado da extensión do pensamento único e da uniformización cultural, xa comezara a finais do século XX, só se consolidou definitivamente cando entraron as Leis da Unificación, no ano 2020. Unhas leis que provocaron a resistencia dun sector minoritario da poboacion, recluído agora nas ZNC (Zonas non controladas). O centro do labirinto comeza cando a doutora Sara Metmann, que é membro destacado do G-12 decide facer, de incógnito, unha viaxe a Galicia acompañada polo seu fillo David. Este sufrirá un accidente e será recollido por persoas que viven nunha comunidade desa ZNC, e que deciden usalo de refén para chegar ata a súa nai. Fran Alonso

Cartas de Amor

Oito cartas, oito historias de amor e desamor pouco convencionais. Oito relatos de mulleres que sofren circunstancias difíciles, enfrontadas con valentía e que farán ás lectoras/es máis solidarios co mundo inxusto no que vivimos. Na lectura desta obra descubriremos que os protagonistas das cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, a violencia, a homosexualidade, …e en todas descubriremos

o mesmo eco sonoro de dignidade e de vida. Unhas historias que vos atraparán e que vos farán reflexionar.