guia nadal 2010

2
Robert Louis Stevenson Jardín de versos para niños Esta obra é, no mundo anglosaxón, un dos libros máis populares do seu autor, o escocés Robert Louis Stevenson, autor de tantas obras inesquecibles. Algúns dos poemas deste libro figuran entre os máis coñecidos, recordados e memorizados polos lectores de fala inglesa. Publicado orixinalmente en 1896, foi reeditado en numerosas ocasións. Esta primeira edición española reproduce fielmente a norteamericana de 1905, enriquecida coas ilustracións en negro e cor de Jessie Willcox Smith. Steven Zorn Relatos de fantasmas Quen dixo medo? Nesta obra atoparás os máis terroríficos relatos que leas nunca: historias de aparecidos e mortos viventes, xinetes sen cabeza e pantasmas que desvalixan castelos. Non che deixes amedrentar e comeza a pasar as páxinas do libro. Antología del relato policial Esta antoloxía de relatos curtos segue unha excelente historia cronolóxica deste xénero literario. Costitúe unha cumprida mostra, nun percorrido histórico polo relato policial, onde atopamos os grandes temas como "enigma de la habitación cerrada" o "crimen perfecto"), e polo que desfilan os máis famosos detectives: o inimitable Sherlock Holmes, o duro e cínico Sam Spade ou o infalible Ellery Queen. Roald Dahl As bruxas Narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes, celebran a súa convención anual. Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén poderosísimos nenicidas. E non son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para destruír nenos. Agustín Fernández Paz Tres pasos polo misterio Este libro recolle tres relatos nos que a presenza do misterio ocupa un lugar central. En cada un deles unha persoa narra un suceso inquedante e inexplicable que acabou por mudar de xeito profundo a súa vida. O arqueó logo de “A serpe de pedra” conta os terribles acontecementos acaecidos nun museo de Lugo provocados pola maldición agochada durante miles de anos baixo un monumento megalítico. Os outros dous relatos son “A vella foto das estrelas” e “As sombras do faro. Un libro que guía os nosos pasos polos camiños do misterio, da intriga e do terror. Jacobo Fernández Mil cousas poden pasar. Libro I Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. Sam Savage Firmin Atopámonos sen dúbida ante unha fábula que nos fala do poder máxico da lectura. De como esta nos pode cambiar facéndonos mellores persoas, aínda que quizais algo máis tristes, lúcidas, e logo sensibles. Neste pequeno libro, o descoñecido autor Sam Savage deléitanos cunha primeira novela na que, a través da inverosímil historia do ratiño Firmin, lector “devorador” de todo tipo de literatura, amósanos como ninguén os verdadeiros trazos mestres da condición humana. Mario Vargas Llosa La ciudad y los perros Non quixemos deixar de incluír nesta guía un libro do recente Premio Nobel de Literatura Con esta novela, Vargas Llosa alcanzou o recoñecemento internacional. Nela demostra unha madurez literaria extraordinaria que en diante irá en aumento ata alcanzar o seu depuradísimo estilo e un sitio de primeira fila entre os escritores contemporáneos. Dende a súa publicación foi traducida a máis de trinta idiomas. La ciudad y los perros non soamente é un manifesto contra a brutalidade exercida nun grupo de novos alumnos do Colexio Militar Leoncio Prado, tamén é un ataque frontal ao concepto erróneo da virilidad, das súas funcións e das consecuencias dunha educación castrense malentendida. J.D. Salinger O vixía non centeo Recomendamos esta edición en galego no ano que desapareceu o seu autor. A través deste relato asistimos á fuxida cara adiante de Holden quen expulsado do seu elitista colexio, decide marcharse de alí e deambula polas rúas de Nova York queimando un tras outro os seus recursos de subsistencia. Personalidade nerviosa e sensible, Holden, na transición da adolescencia á madurez, enfróntase no decurso dunhas poucas horas cos grandes temas que preocupan a tódolos mozos: o seu lugar na sociedade, os valores que se afianzan e se desbotan, a actitude fronte á morte, o amor e outros sentimentos que suscita, a amizade, a iniciación ó sexo..., contado todo con humor e unha extraordinaria intensidade narrativa, nun maxistral relato en primeira persoa.

Upload: biblio-marques

Post on 25-Mar-2016

221 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

guia de lectura nadal 2010

TRANSCRIPT

Page 1: guia nadal 2010

Robert Louis Stevenson Jardín de versos para niños Esta obra é, no mundo anglosaxón, un dos libros máis populares do seu autor, o escocés Robert Louis Stevenson, autor de tantas obras inesquecibles. Algúns dos poemas deste libro figuran entre os máis coñecidos, recordados e memorizados polos lectores de fala inglesa. Publicado orixinalmente en 1896, foi

reeditado en numerosas ocasións. Esta primeira edición española reproduce fielmente a norteamericana de 1905, enriquecida coas ilustracións en negro e cor de Jessie Willcox Smith. Steven Zorn Relatos de fantasmas Quen dixo medo? Nesta obra atoparás os máis terroríficos relatos que leas nunca: historias de aparecidos e mortos viventes, xinetes sen cabeza e pantasmas que desvalixan castelos. Non che deixes amedrentar e comeza a pasar as páxinas do libro.

Antología del relato policial Esta antoloxía de relatos curtos segue unha excelente historia cronolóxica deste xénero literario. Costitúe unha cumprida mostra, nun percorrido histórico polo relato policial, onde atopamos os grandes temas como "enigma de la habitación cerrada" o "crimen perfecto"), e polo que desfilan os máis famosos detectives: o inimitable Sherlock Holmes, o duro e cínico Sam

Spade ou o infalible Ellery Queen. Roald Dahl As bruxas Narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes, celebran a súa convención anual. Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén poderosísimos nenicidas. E non son

esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para destruír nenos. Agustín Fernández Paz Tres pasos polo misterio Este libro recolle tres relatos nos que a presenza do misterio ocupa un lugar central. En cada un deles unha persoa narra un suceso inquedante e inexplicable que acabou por mudar de xeito profundo a súa vida. O arqueó logo de “A serpe de pedra” conta os terribles acontecementos acaecidos nun museo de Lugo provocados pola maldición agochada durante miles de anos baixo un monumento megalítico. Os outros dous relatos son “A vella foto das estrelas” e “As sombras do faro. Un libro que guía os nosos pasos polos camiños do misterio, da intriga e do terror. Jacobo Fernández Mil cousas poden pasar. Libro I Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e

á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. Sam Savage Firmin Atopámonos sen dúbida ante unha fábula que nos fala do poder máxico da lectura. De como esta nos pode cambiar facéndonos mellores persoas, aínda que quizais algo máis tristes, lúcidas, e logo sensibles. Neste

pequeno libro, o descoñecido autor Sam Savage deléitanos cunha primeira novela na que, a través da inverosímil historia do ratiño Firmin, lector “devorador” de todo tipo de literatura, amósanos como ninguén os verdadeiros trazos mestres da condición humana.

Mario Vargas Llosa La ciudad y los perros Non quixemos deixar de incluír nesta guía un libro do recente Premio Nobel de Literatura Con esta novela, Vargas Llosa alcanzou o recoñecemento internacional. Nela demostra unha madurez literaria extraordinaria que en diante irá en

aumento ata alcanzar o seu depuradísimo estilo e un sitio de primeira fila entre os escritores contemporáneos. Dende a súa publicación foi traducida a máis de trinta idiomas. La ciudad y

los perros non soamente é un manifesto contra a brutalidade exercida nun grupo de novos alumnos do Colexio Militar Leoncio Prado, tamén é un ataque frontal ao concepto erróneo da virilidad, das súas funcións e das consecuencias dunha educación castrense malentendida.

J.D. Salinger O vixía non centeo

Recomendamos esta edición en galego no ano que desapareceu o seu autor. A través deste relato

asistimos á fuxida cara adiante de Holden quen expulsado do seu elitista colexio, decide marcharse de alí e deambula polas rúas de Nova York queimando un tras outro os seus recursos de subsistencia. Personalidade nerviosa e sensible, Holden, na transición da adolescencia á madurez, enfróntase no decurso dunhas poucas horas cos grandes temas que preocupan a tódolos mozos: o seu lugar na sociedade, os valores que se afianzan e se desbotan, a actitude fronte á morte, o amor e outros sentimentos que suscita, a amizade, a iniciación ó sexo..., contado todo con humor e unha extraordinaria intensidade narrativa, nun maxistral relato en primeira persoa.

Page 2: guia nadal 2010

Isak Dinesen Ehrengard Dificilmente atoparase na nosa época un conto tan ben contado coma este. A danesa Isak Dinesen escribiu un relato no que se busca a depuración da linguaxe a través dunha historia tecida de misterio e cuxa complexidade está na narración mesma. A figura desta muller excepcional é hoxe coñecida grazas á difusión que o cine deu ás súas “Memorias de África” Todo sucedeu fai tanto tempo que xa

non existe nin o reino onde sucedeu; e todo sucedeu entre mil e un detalles e nun tempo longo dos que o relato é... ¿un resumo?, ¿unha selección? Non. É a elección de todos e cada un dos elementos que o relato esixe en por si; o cal quere dicir que nada de canto sucede nel deixa de ser significativo. Cormac McCarthy A estrada “A estrada” é a crónica conmovedora dunha viaxe de supervivencia que imaxina un futuro sombrío. Un futuro explorado nos filmes e obras literarias que se teñen internado no mundo posterior a unha catástrofe nuclear. Cormac McCarthy volve sobre o tema e converte a ficción nunha obra impactante, onde está presente o mellor e o peor da condición humana. A lectura provoca unha pregunta desasosegante: son posibles o amor e a esperanza no medio da barbarie inhumana e da devastación total? Destaca tamén o protagonismo da paisaxe: un ceo sempre gris onde nunca se ve o sol, os ríos negros, un frío intenso, a

escuridade e o eterno silenzo. Publicada en 2006, gañadora do Premio Pulitzer 2007, “A estrada” é unha das obras deste autor máis recoñecidas internacionalmente. Manuel Fernández Álvarez Pequeña Historia de España Unha orixinal iniciativa que actualiza un tema cada vez máis alleo para os nenos españois: a historia do seu país. O libro ofrece un percorrido pola historia de España, desde a Prehistoria aos nosos días, presentada

e narrada coma se fose un conto ou un relato de aventuras. O autor dos textos é D. Manuel Fernández Álvarez, que achega non só o seu aval como historiador de recoñecido prestixio, senón tamén os seus dotes de narrador e, moi importante, o seu convencemento persoal de que é necesario «desproblematizar» a historia de España para as novas xeracións. A ilustración da obra corre a cargo de Jvlivs, que co seu inconfundible estilo gráfico achégalle un contrapunto sorprendente, divertido e cheo de faísca.

Manuel Lozano Leyva De Arquímedes a Einstein No ano 2002, realizouse unha enquisa entre máis de douscentos especialistas mundiais acerca dos experimentos que, con menos medios materiais, conseguiron unir beleza e intelixencia. O resultado daquel traballo é este libro do profesor Lozano Leyva , un dos físicos españois máis brillantes, que recolle, analiza e interpreta cronoloxicamente as dez experiencias mellor valoradas e máis votadas pola

comunidade científica internacional. Pensado para o gran público e grazas á capacidade de divulgación e síntese do profesor Lozano Leyva, calquera lector poderá gozar coa desbordante imaxinación dos principais científicos, cos seus experimentos (algúns dos cales poden reproducirse en calquera fogar), á vez que percorre a historia da disciplina e os seus progresos.

Lucy e Stephen Hawking La Clave secreta del Universo Stephen Hawking é, aparte de probablemente o físico máis popular desde Albert Einstein, un prolífico autor de literatura de divulgación científica. Este que recomendamos é a versión española do libro xuvenil escrito xunto á súa filla Lucy. A novela trata das aventuras de dous nenos, George e Annie, ao longo e ancho do universo. O primeiro é fillo duns ecoloxistas radicais que lle teñen prohibido todo contacto con artefactos tecnolóxicos. A súa vida cambia por completo cando coñece á súa nova veciña, filla dun científico e posuidora dun fantástico computador que lles permitirá voar a lombos de cometas, visitar planetas, contemplar buracos negros e escapar das trampas dos viláns. O desenlace da historia virá da man do encontro entre os dous mundos: ecoloxía e ciencia unidas para protexer a nosa Terra.

Chegan as ansiadas vacacións. Agora toca

descansar. Algunha lectura que che resulte

apetecible pode ser unha boa forma de facelo.

Ofrecémosche aquí algunhas recomendacións.

Se elixes algunha, á volta, por favor cóntanos

se che gustou ou non.

Felices vacaciós, e..

BO BO BO BO NADALNADALNADALNADAL