guia da costa - turismocarballo.org · con baldaio, un importante espazo protexido pola súa...
TRANSCRIPT
![Page 1: GUiA DA COSTA - turismocarballo.org · con Baldaio, un importante espazo protexido pola súa riqueza natural e paisaxística. PIONEIRA DO SURF Razo conta con escolas pioneiras na](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042218/5ec385ae1c0e735a3f6303bd/html5/thumbnails/1.jpg)
GGUUiiAA DDAA CCOOSSTTAA
![Page 2: GUiA DA COSTA - turismocarballo.org · con Baldaio, un importante espazo protexido pola súa riqueza natural e paisaxística. PIONEIRA DO SURF Razo conta con escolas pioneiras na](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042218/5ec385ae1c0e735a3f6303bd/html5/thumbnails/2.jpg)
CCRREEDDIITTOOSSEEddiittaa:: Concello de CarballoTTeexxttooss:: Belén PuñalFFoottooggrraaffííaa:: Distrito Xermar, Oti Fernández, Eduardo MartínezDDeesseeññoo:: Item-AgaDD..LL..:: C 1069-2013
![Page 3: GUiA DA COSTA - turismocarballo.org · con Baldaio, un importante espazo protexido pola súa riqueza natural e paisaxística. PIONEIRA DO SURF Razo conta con escolas pioneiras na](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042218/5ec385ae1c0e735a3f6303bd/html5/thumbnails/3.jpg)
OO MMAARR
O NOSO SEGREDO MELLOR GARDADO
UUNNHHAA CCOOSSTTAA PPOORR DDEESSCCUUBBRRIIRRÉ un dos segredos mellor gardados do noso conce-llo. Achégate e descóbreo. Atoparaste cun dos areaismáis extensos de Galicia. Gozarás da natureza enplena Rede Natura. Encheraste da enerxía do mar enRazo, onde o sol morre tralas illas Sisargas. Acou-garás xunto á lagoa de Baldaio, espazo húmidoúnico e todo un paraíso para a observación das aves,algunhas únicas en Galicia. Non hai palabras ninimaxes que sexan quen de abranguelo. Mira, escoita,atende, cheira o mar, alí onde Carballo estende assúas raíces cara ao océano.
![Page 4: GUiA DA COSTA - turismocarballo.org · con Baldaio, un importante espazo protexido pola súa riqueza natural e paisaxística. PIONEIRA DO SURF Razo conta con escolas pioneiras na](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042218/5ec385ae1c0e735a3f6303bd/html5/thumbnails/4.jpg)
RRAAZZOO
VIVE O ATLÁNTICO
UUNN MMAARR AABBEERRTTOO DDEE PPOOSSIIBBIILLIIDDAADDEESSÉ o areal máis concorrido e dinámico da zona. Esta extensa praia ofrece sol, baño, deporte e ocio, asícomo todos os servizos que poidas necesitar. Unha desas praias que non se esquecen porque desprendeo recendo e a enerxía do mar aberto ao Atlántico. De douradas areas e conmovedores solpores, é, xuntocon Baldaio, un importante espazo protexido pola súa riqueza natural e paisaxística.
![Page 5: GUiA DA COSTA - turismocarballo.org · con Baldaio, un importante espazo protexido pola súa riqueza natural e paisaxística. PIONEIRA DO SURF Razo conta con escolas pioneiras na](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042218/5ec385ae1c0e735a3f6303bd/html5/thumbnails/5.jpg)
PPIIOONNEEIIRRAA DDOO SSUURRFFRazo conta con escolas pioneiras na organiza-ción de surf camps. Ofrecen cursos para todasas idades, así como un abano amplo de activi-dades complementarias e a oportunidade depracticar outros deportes. Entre os meses deabril e setembro, as mareas que veñen doAtlántico descargan con forza nestas costas, fa-céndoas idóneas para cabalgar as ondas. Mozase mozos de moi diversas procedencias aché-ganse todos os anos ao noso litoral para for-marse neste deporte.
IINNMMEENNSSAA EE DDIIVVEERRSSAAO areal que vai de Razo a Baldaio é un dosmáis extensos de Galicia. Razo é unha praia di-námica e acolledora. Nela hai lugar para todoo mundo. Para quen procure aventura e de-porte, pois atopará aquí un bo espazo para apráctica do surf, o volley praia, o mergullo ouo parapente. Para as familias, que contan cunhapraia dotada de todos os servizos, distinguidacon bandeira azul. Mesmo quen busque inti-midade poderá encontrala nos tres quilómetrosde dunas que a unen con Baldaio.
PPRRAAIIAA FFÓÓSSIILLRazo agocha un interesante fenómeno xeoló-xico. Fíxate nos seus acantilados. Non son derocha, senón de area e cantos, cunha fina capasuperior cuberta de area e vexetación. Son osrestos dunha praia milenaria, da era cuaterna-ria, cando, debido ao desxeo dos cascos polares,o nivel do mar era ben máis alto do actual...En Razo comeza un dos fenómenos xeolóxi-cos máis importantes de Galicia, a DepresiónMeridiana, fondeira que atravesa o país denorte a sur, até chegar a Tui.
![Page 6: GUiA DA COSTA - turismocarballo.org · con Baldaio, un importante espazo protexido pola súa riqueza natural e paisaxística. PIONEIRA DO SURF Razo conta con escolas pioneiras na](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042218/5ec385ae1c0e735a3f6303bd/html5/thumbnails/6.jpg)
BBAALLDDAAIIOO
RESPIRA, OLLA, ACOUGA
OO AATTRRAACCTTIIVVOO DDOO NNAATTUURRAALLÉ un dos espazos naturais de maior valor ecolóxicode Galicia. Está en Rede Natura e foi recoñecidopola Unión Europea como Zona de Especial Pro-tección dos Valores Naturais e Zona de EspecialProtección para as aves. Centos de paxariños teñenaquí parada e fonda. O lugar é idoneo para a ob-servación ornitolóxica.
Baldaio é mar, lagoa, marisma e praia. En temposremotos, un brazo de area pechou o que até entónera unha enseada e deu lugar a un fértil espazo na-tural onde conflúe o mar coa auga dos ríos da con-torna. Un cordón de máis de tres quilómetros dedunas (algunha delas de até 20 metros) une Baldaiocoa praia de Razo.
![Page 7: GUiA DA COSTA - turismocarballo.org · con Baldaio, un importante espazo protexido pola súa riqueza natural e paisaxística. PIONEIRA DO SURF Razo conta con escolas pioneiras na](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042218/5ec385ae1c0e735a3f6303bd/html5/thumbnails/7.jpg)
AAVVEESS ÚÚNNIICCAASS EENN GGAALLIICCIIAAO rico ecosistema de Baldaio é un paraíso paraas aves. Aquí viven, hibernan ou fan unha pa-rada no seu camiño cara a terras máis lonxanase cálidas. Algunhas son especies únicas en Ga-licia ou teñen en Baldaio un dos seus escasoshábitats na comunidade. Tal é o caso da escri-benta das neves ou da píllara papuda. Poderásespialas con disimulo dende o punto de obser-vación que hai á entrada da lagoa ou sumarteaos roteiros ornitolóxicos.
UUNNHHAA HHIISSTTOORRIIAA DDEE LLOOIITTAADurante catro décadas, Baldaio foi explotadopor empresas privadas para a extracción dearea. Tras a longa batalla librada polos veciñose veciñas da zona, o Tribunal Supremo devol-veu a lagoa para o uso público na década dosnoventa. Nos últimos anos levouse a cabo unimportante traballo de recuperación ambientalpara intentar devolverlle ao espazo a súa apa-rencia orixinal.
OOCCIIOO,, DDEEPPOORRTTEE EE NNAATTUURREEZZAAGolf, paintball, rutas a cabalo ou roteiros ornito-lóxicos son algunhas das actividades das que po-derás gozar. Se tes afección pola pesca submarina,aconsellámosche navegar até os baixos de Bal-daio onde, di a lenda, hai unha cidade asolagada.As persoas que coñecen máis a fondo Baldaioson sen dúbida as súas mariscadoras. Levan anosextraendo da marisma os seus tesouros, entreeles, o coñecido berberecho de Baldaio, asícomo mexillón, ameixa, longueirón ou ostra.
![Page 8: GUiA DA COSTA - turismocarballo.org · con Baldaio, un importante espazo protexido pola súa riqueza natural e paisaxística. PIONEIRA DO SURF Razo conta con escolas pioneiras na](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042218/5ec385ae1c0e735a3f6303bd/html5/thumbnails/8.jpg)
AA RRUUTTAA DDAASS PPRRAAIIAASS
CAMIÑA SEN CANCELAS
CCOO SSAALLIITTRREE NNOOSS PPÉÉSSO tramo de litoral que vai dende Razo até Baldaio é un dos areais máis extensos de toda Galicia. Perco-rrelo á beiriña do mar, coas ondas acariñando os pés e o salitre na pel, é un pracer. A pé ou en bicicleta,esta é a mellor maneira que terás de coñecer os segredos deste espazo natural: sobre o propio terreo.
![Page 9: GUiA DA COSTA - turismocarballo.org · con Baldaio, un importante espazo protexido pola súa riqueza natural e paisaxística. PIONEIRA DO SURF Razo conta con escolas pioneiras na](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042218/5ec385ae1c0e735a3f6303bd/html5/thumbnails/9.jpg)
AA RRUUTTAA DDAASS PPRRAAIIAASSA ruta comeza xunto á capela de Santa Mariña, na parroquia de Razo.Se te desvías un chisco, atoparás un miradoiro natural dende o que,con día despexado, poderas ver dende Malpica até Punta Langosteirae mesmo alén. Até 50 km de vistas!
Entre Santa Mariña e Razo, o terreo vira rochoso e con cantís. Nestetramo de litoral encóntrase o agreste saínte que se coñece como a Puntado Chan de Razo. Nunha pequena enseada atoparás o porto da zona.Un pouco máis e xa estarás chegando ao areal de Razo. Podes apro-veitar para botarlle un ollo á milenaria praia fósil!
Seguimos por paraxes máis tranquilas e solitarias, á beira das dúasfranxas de dunas que decorren paralelas ao mar até chegar á lagoa deBaldaio. Dunha pequena cala pegada ao areal da Pedra do Sal, sae unestreito carreiro. Se te adentras, encontrarás unha sucesión de peque-nas calas que desaparecen coa marea alta, até chegar finalmente áspraias de Leira e Arnela, preto xa do porto pesqueiro de Caión.
AA CCOOSSTTAA DDEE CCAARRBBAALLLLOOSon ao redor de 40 kilómetros con principio e fin na vila de Carballo.O percorrido comeza no tramo de carril bici no inicio da estrada quevai a Razo. Dende esta parroquia costeira, has proseguir a ruta cara aBaldaio. Fai parada en Castrillon e goza da ampla panorámica do es-pazo natural Razo-Baldaio que poderás obter á beira da capela deSanta Irene, construída nun antigo castro. Impresionantes son as pos-tais do mar que saen ao paso rumbo a Leira. Recomendable prolongara ruta até o antigo porto baleeiro de Caión.
AA RRUUTTAA DDOOSS PPIINNOOSS NNOO MMAARRIrás dende Razo até Malpica por camiños entre o monte dende os quese respira e escoita o mar. Se tes tempo, pasa antes polo Monte Neme,cunha impresionante panorámica dos concellos de Malpica e Carba-llo. Repara no verde esmeralda das lagoas que se conformaron nestazona de extracción mineira, primeiro de wolframio, logo de area. NaII Guerra Mundial, o wolframio era exportado ao exército alemán. Ostestemuños dan conta, ademais, dun crómlech xa desaparecido ondedin que as bruxas se reunían na noite de San Xoán.
AA PPÉÉ EENN BBIICCII
![Page 10: GUiA DA COSTA - turismocarballo.org · con Baldaio, un importante espazo protexido pola súa riqueza natural e paisaxística. PIONEIRA DO SURF Razo conta con escolas pioneiras na](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042218/5ec385ae1c0e735a3f6303bd/html5/thumbnails/10.jpg)
AALLOOXXAAMMEENNTTOOSSNúcleo urbanoBalneario de Carballo - Hotel ** Estrela, 10 - CarballoTfno. 981 703 [email protected]
Moncarsol - Hotel ** Avda. de Fisterra, 9 - CarballoTfno. 981 702 411 / [email protected]
Rama - Hostal ** Avda. de Fisterra, 17 - CarballoTfnos. 981 702 056 - 609 002 924
Río Sil - Hostal ** Río Sil, 43 - CarballoTfno. 981 700 [email protected]
Fora do núcleo urbanoPunta del Este - Hotel *** Avda. de Malpica, 125 - CarballoTfno. 981 704 [email protected]
Hotel Spa Talaso Mar de Queo 2Queo de Abaixo, 46 - BértoaTfno. 981 757 [email protected]
A Revolta - Pensión ** Avda. da Revolta, 98 - CarballoTfno. 981 757 [email protected]
Casa de Entremuros (Turismo rural)Cances Grande, 77 - CancesTfno. 981 757 [email protected]
Casa Mar de Queo (Turismo rural)Queo de Abaixo, 46 - BértoaTfno. 981 757 [email protected]
Pazo do Souto (Turismo rural)Torre, 1 - SísamoTfno. 981 756 [email protected]
As Maroas (Turismo rural)A Piña - SofánTfno. 696 735 [email protected]
As Névedas (Cámping 3ª)Estrada Carballo - Caión, km 8,5RapadoiroTfno. 981 739 [email protected]
Baldaio (Cámping 2ª)Rebordelos, 314Tfno. 981 739 [email protected]
Os Delfíns (Cámping 2ª)Pedra do Sal - BaldaioTfno. 981 739 696www.osdelfins.com
Apartamentos turísticos San BreixoEstrada Praia de Razo, km. 3 - OzaTfno. 981 703 605 - 685 803 [email protected]
Os Delfíns - PensiónPedra do Sal – BaldaioTfno. 981 739 696www.osdelfins.com
OOCCIIOO AACCTTIIVVOOArt Surf Camp (Campamento-escola de surf)Praia de RazoTfnos. 638 123 495 - 638 123 496616 605 [email protected]
Raz Surf Camp (Campamento-escola de surf)Praia de RazoTfno. 981 752 408659 381 300 - 618 223 [email protected]
Surf and Rock(Tenda e escola de surf)Praia de RazoTfno. 981 701 211 - 674 900 [email protected]
Golpe Golf (Instalación deportiva)Golf, paintball, multiaventura, sendeiroornitolóxicoSan Miguel de Vilela - BaldaioTfno. 981 739 [email protected]
Yeguada Laurel (Rutas a cabalo)Estrada de RazoTfno. 981 755 340 - 606 420 307629 203 229www.centroecuestrelaurel.es
Buceo Carballo (Cursos e actividades de mergullo)Vázquez de Parga, 75 BTfno. 981 754 533
Asociación Senda Nova(Sendeirismo e actividades ambientais)Tfno. 696 155 [email protected]
Asociación Mariscadoras Fonte Santa Helena(Rutas guiadas pola lagoa de Baldaio)Tfno. 981 739 676
TTEERRMMAALLIISSMMOOBalneario de Carballo - Hotel ** Estrela, 10 - CarballoTfno. 981 703 [email protected]
SSPPAAHotel Spa Talaso Mar de Queo 2Queo de Abaixo, 46 - BértoaTfno. 981 757 [email protected]
![Page 11: GUiA DA COSTA - turismocarballo.org · con Baldaio, un importante espazo protexido pola súa riqueza natural e paisaxística. PIONEIRA DO SURF Razo conta con escolas pioneiras na](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042218/5ec385ae1c0e735a3f6303bd/html5/thumbnails/11.jpg)
![Page 12: GUiA DA COSTA - turismocarballo.org · con Baldaio, un importante espazo protexido pola súa riqueza natural e paisaxística. PIONEIRA DO SURF Razo conta con escolas pioneiras na](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042218/5ec385ae1c0e735a3f6303bd/html5/thumbnails/12.jpg)
![Page 13: GUiA DA COSTA - turismocarballo.org · con Baldaio, un importante espazo protexido pola súa riqueza natural e paisaxística. PIONEIRA DO SURF Razo conta con escolas pioneiras na](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042218/5ec385ae1c0e735a3f6303bd/html5/thumbnails/13.jpg)
![Page 14: GUiA DA COSTA - turismocarballo.org · con Baldaio, un importante espazo protexido pola súa riqueza natural e paisaxística. PIONEIRA DO SURF Razo conta con escolas pioneiras na](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042218/5ec385ae1c0e735a3f6303bd/html5/thumbnails/14.jpg)
CCOONNCCEELLLLOO DDEE CCAARRBBAALLLLOOPPrraazzaa ddoo CCoonncceelllloo,, ss//nnCCPP 1155110000 -- CCaarrbbaallllooTT:: 998811 770044 110000FF:: 998811 770022 885588