guÍa didÁctica - aula de carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/lingua_3...imaxina o...

16
Tema 02 Guauguau GUÍA DIDÁCTICA Orientacións didácticas Solucionario Competencias Clave - Intelixencias Múltiples Atención á diversidade – Actividades de Reforzo – Actividades de Ampliación Recursos Didácticos – Navegamos por Tiching Libro Dixital Educamos en valores Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Upload: others

Post on 13-Mar-2021

6 views

Category:

Documents

0 download

TRANSCRIPT

Page 1: GUÍA DIDÁCTICA - Aula de Carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/Lingua_3...imaxina o moito que lle comer as salchichas que colgan no escaparate. Na ilustración su-perior

Tema 02 Guauguau

GUÍA DIDÁCTICA

• Orientacións didácticas • Solucionario • Competencias Clave - Intelixencias Múltiples • Atención á diversidade

– Actividades de Reforzo

– Actividades de Ampliación

• Recursos Didácticos – Navegamos por Tiching

• Libro Dixital • Educamos en valores

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 2: GUÍA DIDÁCTICA - Aula de Carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/Lingua_3...imaxina o moito que lle comer as salchichas que colgan no escaparate. Na ilustración su-perior

2-2

Orientacións didácticas

■ Ao longo desta unidade, os no-sos alumnos realizarán as activi-dades que detallamos:

● Lectura dun texto narrativo e resolución de actividades de comprensión lectora.

● Aprendizaxe do que é un nome e das súas clases.

● Aprendizaxe do emprego correcto das comas.

● Identificación de palabras primi-tivas e derivadas.

● Realización de exposicións orais nas que expresemos ex- periencias persoais.

● Redacción de experiencias per-soais.

Solucións das actividades

Antes de ler

– O título da lectura, Guauguau, é o nome do seu protagonista, que debe ser o canciño que aparece en dúas das ilustracións.

– Resposta persoal. Na ilus-tración da páxina da esquerda aparece o escaparate dunha carnizaría e o can Guauguau imaxina o moito que lle comer as salchichas que colgan no escaparate. Na ilustración su-perior da páxina da dereita aparece o carniceiro correndo enfadado pola rúa ante a sorpresa do cabeleireiro e dunha señora que camiña pola rúa. Na ilustración inferior aparece Guaguguau comendo con satisfacción as salchichas, que supomos que lle roubou ao carniceiro, agachado tras a roda dun coche.

– Resposta persoal. A modo de suxestión, propomos consi-derar que un can vagabundo se alimentará do que ache na rúa, rebuscando nos contedores de lixo, ou do que algunha persoa que saiba que ninguén o coida, lle dea nalgunha ocasión.

1. Resposta persoal. Ao velo correr anoxado é fácil pensar que persegue alguén que lle produciu algún dano.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

COMUNICACIÓN

LINGÜÍSTICA Interpretar e empregar dife-rentes tipos de códigos e lin-guaxes.

Interpretar e expor a información que transmiten as illustracións que acompañan un relato. Antes de ler.

APRENDER A

APRENDER Desenvolver estratexias e utili-zar diversas ferramentas para reforzar a adquisición de léxico e o coñecemento da lingua.

Favorecer a adquisición de léxico a través da lectura de relatos e dos glosarios que acompañan as lecturas. Lectura.

SENTIDO DA INICIATIVA

E ESPIRITO

EMPRENDEDOR

Participar en actividades colec-tivas e escolares por iniciativa propia e mostrando interese.

Imaxinar ou anticipar desenvol-vementos ou conclusions.

Participar nunha conversa sobre a conducta dun animal dun relato representados nunhas ilustra-cións. Antes de ler. Comentar ei anticipar de forma imaxinativa como pensará o personaxe dun relato. Lectura, Pregunta 1.

SOCIAIS E CÍVICAS Participar en actividades colec-tivas de forma colaborativa, respetando as achegas dos outros.

Participar nun comentario colec-tivo dunas ilustracións a partir dun cuestionario respetando as opi-nións alleas. Antes de ler.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 3: GUÍA DIDÁCTICA - Aula de Carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/Lingua_3...imaxina o moito que lle comer as salchichas que colgan no escaparate. Na ilustración su-perior

2-3

Actividades de reforzo 1. Podemos imaxinar que un día o can come demasiadas salchichas e que estas lle sentan mal.

Daquela, encóntrase só e vai onda o carniceiro que lle dá uns sales para a dixestión a cambio de que non volva roubar máis. Preguntaré-moslles:

– Cres que o can aprendeu unha lección? É bo comer moito e sen ganas? Pasouche algunha vez?

Solución: Resposta persoal.

2. Podemos imaxinar que o can é detido pola policía por mor das súas falcatruadas e ten que cubrir unha ficha.

Podemos proporlles aos rapaces que cunha cartolina deseñen esa ficha con todos os datos que sa-bemos do can.

Solución: Actividade en grupo.

Actividades de ampliación

1. O día antes da realización desta actividade, pedirémoslles aos nenos que investiguen, con axuda dos seus pais, cal é a alimentación adecuada para un can.

Se non teñen can na casa, poden buscar na Internet, visitar algunha tenda de comida para animais, preguntarlle a un amigo que teñacan, etc.

Coa información conseguida por cada un dos alumnos, realizare-mos na clase un debate no que valoremos se as salchichas poden ser sas para Guaguau ou non e por que motivo é así.

Solución: Actividade en grupo.

Educamos en valores

Conversamos

■ Aproveitaremos para insistir na necesidade de conversar e repectar as opinión dos demais. Preguntaré-moslles:

– Gústavos falar cos vosos ami-gos? Aprendendes cousas fa-lando con eles?

– Respectades as súas opinións? Deixades que os demais falen e escoitádelos?

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/87701

Proporémsolles aos nosos alumnos ver todos xuntos este vídeo, no que aparece un can moi gracioso, capaz de desenvolver diferentes tarefas domésticas. Cando terminemos de velo, preguntarémosles aos nenos:

– Que fai o can neste vídeo? Resultouvos gracioso? Por que? Coñecedes algún outro can con estas habilidades?

– É normal que os cans fagan todas estas cousas? Gustaríavos ter un can coma este? Por que?

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 4: GUÍA DIDÁCTICA - Aula de Carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/Lingua_3...imaxina o moito que lle comer as salchichas que colgan no escaparate. Na ilustración su-perior

2-4

Orientacións didácticas

■ No apartado Ler e comprender desta dobre páxina os nenos apren-derán a recoñecer as características dos personaxes dun texto narrativo, e para isto, realizarán as seguintes actividades:

● Resposta a algunhas preguntas sobre o contido da lectura.

● Identificación de adxectivos positivos e negativos.

● Ordenación dunha secuencia de viñetas de acordo co contido da lectura.

● Identificación do significado dunha expresión feita.

● Localización dos erros que aparecen nun resumo da lectura.

● Explicación oral das nosas ex-periencias coas macotas.

Por outra banda, no apartado de Gramática, aprenderemos o que é un nome e as súas clases a través destas actividades:

● Establecemento das relacións que unen unha serie de nomes comúns e propios.

● Escritura de nomes comúns e propios a partir da observación dunhas fotografías.

Solucións das actividades

Ler e comprender

1. As respostas son:

– O can chámase Guauguau.

– Puxéronlle ese nome porque sempre que lle preguntaban al-go, el respondía: “Guauguau”.

– O plan do can para poder comer foi roubar unha ristra de salchichas nunha carnizaría.

2. A palabra que non aparece na lectura é limpo.

3. As palabras que fan referencia a cualidades negativas son: desgrazado, pillabán e larpeiro.

A redacción de oracións é unha actividade persoal.

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

Lingüística 5 Definir uhna expresión e coñecer e identificar expre-sións no texto da lectura.

Intrapersoal 9 Observer e identificar unhas fotografías co seu nome común e inventarlles un nome propio.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

APRENDER A

APRENDER Establecer equivalencias, para-lelismos ou outros tipos de relación de elementos diversos.

Analizar e interpretar os ele-mentos do contexto para en-riquecer a comprensión de tex-tos e imaxes.

Coñecer expresións populares traballando as que aparezan na lectura. Act. 5.

Identificar e sinalar os erros ato-pados nun resumo escrito da lec-tura. Act. 6.

SENIDO DE INICIATIVA E

ESPÍRITO

EMPRENDEDOR

Reflexionar sobre aspectos da propia redonda ou realidade.

Compartir oralmente co resto da clase a experiencia de ter un animal. Act. 7.

COMUNICACIÓN

LINGÜÍSTICA Interpretar e empregar diversos tipos de códigos e linguaxes.

Crear e inventar nomes comúns e propios das fotografías. Act. 9.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 5: GUÍA DIDÁCTICA - Aula de Carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/Lingua_3...imaxina o moito que lle comer as salchichas que colgan no escaparate. Na ilustración su-perior

2-5

4. A orde das viñetas é:

c) Guauguau observa con gula toda a comida que hai no escapa-rate da carnizaría.

b) Guauguau imaxina o ricas que deben estar as salchichas do escaparate da carnizaría.

a) Guauguau corre coa ristra de salchichas logo de roubalas para buscar un lugar seguro onde poder comelas.

5. A expresión “Vive coma un rei!” quere dicir que alguén vive con toda comodidade e abundancia.

A expresión da lectura que significa o mesmo é: “Que vive moi ben”.

6. Copiamos o resumo da lectura e corriximos os erros que localizamos nel:

Había unha vez un can que vivía nunha rúa. Como non tiña nome, todo o mundo lle cha-maba Guauguau. A Guauguau encantábanlle as salchichas, así que argallou un truco para roubalas na carnizaría.

Cando o carniceiro se decataba poñíase moi rabioso. Guauguau fuxía coas salchichas e ía co-melas a un sitio onde atopase acougo.

7. Actividade persoal.

Gramática

8. As parellas de nomes que obtemos ao relacionar un nome común cun nome propio son:

can → Guauguau

vila → Betanzos

señor → Manolo

rúa → Progreso

cidade → Vigo

ría → Arousa

9. Actividade persoal. Propomos, a modo de exemplo, os seguintes nomes:

a) río → Miño

b) serra → dos Ancares

c) aldea → Paradela

d) rapaza → Iria

e) paxaro → Pinto

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/87713

Encontramos neste enlace web unha actividade interactiva que pode ser de utilidade para que os nenos practiquen a diferenza entre os nomes propios e os comúns.

Os nosos alumnos terán que compor uns puzles de animais e identificar o nome común de cada un deles.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 6: GUÍA DIDÁCTICA - Aula de Carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/Lingua_3...imaxina o moito que lle comer as salchichas que colgan no escaparate. Na ilustración su-perior

2-6

Orientacións didácticas

■ Nesta dobre páxina, os nosos alumnos continuarán traballando co apartado de Gramática que iniciaron na páxina anterior. En concreto, resolverán as seguintes actividades:

● Identificación dos nomes que aparecen na lectura e resposta a algunhas preguntas sobre eles.

● Escritura de nomes perten-centes a diferentes campos semánticos.

● Compleción dun texto cos nomes necesarios.

● Clasificación dunha serie de nomes propios e comúns.

A continuación, no apartado Or-tografía, os nenos aprenderán a usar a coma e realizarán estas acti-vidades:

● Compleción de oracións a partir da observación dunhas fo-tografías.

● Resposta a unhas preguntas.

● Colocación de comas nunhas oracións.

Solucións das actividades

Gramática

10. Transcribimos os dous primeiros parágrafos da lectura e subliñamos os nomes:

Érase unha vez unha rúa que es-taba chea de casas, e nela vivían uns señores e moitos cans. E ne-sa rúa tamén abriran unha carni-zaría.

Noutros sitios da vila había máis carnizarías, pero xusto por aque-la rúa pasaba un can que se cha-maba Guauguau.

As respostas son as que indi-camos a continuación:

– O substantivo que máis se repite é rúa.

– O substantivo rúa repítese tres veces.

– Si aparece un nome propio: o do can Guauguau.

11. Actividade persoal.

12. Actividade persoal. A modo de exemplo, suxerimos completar o texto do seguinte xeito:

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

Lingüística 13 Identificar e clasificar os nomes comúns e os nomes propios que aparecen nuna listaxe.

Intrapersoal 15 Responder textualmente unha serie de preguntas de tipo persoal.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

APRENDER A

APRENDER Analizar e interpretar os ele-mentos do contexto para en-riquecer a comprensión de tex-tos e imaxes.

Desenvolver estratexias e utili-zar diversas ferramentas para reforzar a adquisición de léxico e o coñecemento da lingua.

Empregar unha parte da lectura para identificar e clasificar os substantivos comúns e os pro-pios. Act. 10.

Participar colectivamente nun xo-go para coñecer a máxima can-tidade de nomes comúns e pro-pios. Act. 11.

COMUNICACIÓN

LINGÜÍSTICA Interpretar e empregar diversos tipos de códigos e linguaxes.

Observar atentamente tres ilus-tracións dunhas tendas e com-pletar oracións cos nomes dos obxectos que venden. Act. 14

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 7: GUÍA DIDÁCTICA - Aula de Carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/Lingua_3...imaxina o moito que lle comer as salchichas que colgan no escaparate. Na ilustración su-perior

2-7

A casa de Roberto está en Muros. A súa Nai Aurora con-vidounos a min e mais a María a merendar rosquillas. Que ri-cas estaban!

Ao rematar a merenda, colle-mos as mochilas e marchamos ao parque a xogar coa pelota.

Meu amigo Esteban ten un can que se chama Chispa e sempre quere xogar connosco.

13. Debemos completar a táboa cos datos que indicamos:

– Nomes propios: A Coruña, Arousa, Chantada, Xiao, Ouren-se, Manzaneda, Santiago, Ulla, Xoán.

– Nomes comúns: cadela, chouri-zo, cachiño, sesta, xardín, boca-dillo, carnizaría, salchicha, lapis, cativo, garda.

– Podemos saber a primeira vista se se trata dun nome propio oucomún observando a primeira letra de cada nome que, se émaiúscula, indica que o nome épropio.

Ortografía

14. Actividade persoal. Suxerimos, a modo de exemplo:

– Na froitaría venden: laranxas, mazás, amorodos, uvas, pe-xegos, sandías, etc.

– Na papelaría merco: cadernos, folios, lapis de cores, rotula-dores, cartolinas, etc..

– Nos utramarinos hai: latas de conserva, bebidas, legumes, pasta, arroz, etc.

15. Resposta persoal.

16. Colocamos as comas nos lu-gares necesarios:

– Para a sobremesa hai: torta, xeado, froita, flan e biscoito.

– As estacións do ano son: prima-vera, verán, outono e inverno.

– Fala un pouco máis, amodo, Carlos!

– Gústanme as lentellas, os ma-carróns, as hortalizas e a froita.

– Non sei se tomar leite, auga, té ou refresco.

– Queres que che diga una cousa, Iria?

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/612538

Posto que traballamos con substantivos comúns que designan nomes de alimentos, podemos ver este vídeo, no que uns nenos cantan unha canción moi divertida sobre os alimentos.

Escoitarémola xuntos, escribiremos a letra para poder memorilaza e cando todos os nenos a saiban, cantarémola.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 8: GUÍA DIDÁCTICA - Aula de Carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/Lingua_3...imaxina o moito que lle comer as salchichas que colgan no escaparate. Na ilustración su-perior

2-8

Orientacións didácticas

■ No apartado de Vocabulario destas páxinas aprenderemos a diferenciar palabras primitivas e de-rivadas e a elaborar listaxes alfabé-ticas de palabras, para o que reali-zaremos as seguintes actividades:

● Formación de palabras derivadas a partir dunha serie de primitivas.

● Clasificación dunha serie de pa-labras derivadas de acordo coa palabra primitiva da que de-rivan.

● Ordenación alfabética de dúas listas de palabras.

No apartado Escoitar e falar os nenos aprenderán a expresar oral-mente as súas experiencias persoais por medio das seguintes actividades:

● Observación dunhas fotografías e exposición dunha experiencia persoal relacionada coas festas representadas nelas.

● Corrección das exposicións orais realizadas polos compa-ñeiros.

● Exposición individual e en parellas de diferentes experien-cias persoais.

Solucións das actividades

Vocabulario

17. Actividade persoal. Propomos, a modo de exemplo, as seguintes palabras derivadas:

peixe → peixeira

pastel → pasteleiro

noite → noitebra

carne → carnizaría

xoia → xoiaría

mar → marítimo

xardín → xardinería

libro → libraría

zapato → zapataría

18. A clasificación solicitada é a que indicamos:

– Flor: floreado, aflorar.

– Prata: prateiro, prateado, pra-taría.

– Gordo: gordura, engordar, gor-decho.

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

20 Ordenar alfabéticamente un lista de nomes propios.

21 Contar experiencias personais das festas de outono.

Intrapersoal

24 Traballar por parellas a narración dunhas situacións.

Interpersoal 22 Identificar e corrixir se é necesario unha experiencia narrada por un compañeiro.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

APRENDER A

APRENDER Establecer equivalencias, para-lelismos ou outros tipos de relación de elementos diversos.

Aplicar coñecementos para xe-rar resultados novos.

Identificar e clasificar as palabras derivadas segúndo das primitivas das que proceden. Act. 18.

Narrar co ton correcto catro expe-riencias diversas. Act. 24.

CONCIENCIA E

EXPRESIÓNS CULTURAIS

Familiarizarse con aspectos básicos da cultura da propia redonda

Relatar as experiencias personais relacionadas cas festas típicas de outono. Act. 21.

DIXITAL Buscar e interpretar informa-ción na Internet.

Consultar unha páxina web sobre as festas do Magosto. Explor…

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 9: GUÍA DIDÁCTICA - Aula de Carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/Lingua_3...imaxina o moito que lle comer as salchichas que colgan no escaparate. Na ilustración su-perior

2-9

– Rabia: rabecha, rabioso.

19. Ordenamos alfabeticamente as seguintes palabras:

cadelo, carniceiro, corte, dono, durmir, larpeiro, lixo, mantenza, neno, parque, recunchos, res-tra, rúa, salchicha, señores.

20. A listaxe alfabética de invitados é a que segue:

Alberte, Álvaro, Antía, Anxos, Carlos, Carme, Carola, Manuel, Margarida, Marta, Xesús, Xío.

Escoitar e falar

21. Actividade persoal.

22. Actividade persoal.

23. Actividade persoal.

24. Actividade en grupo.

Actividades de reforzo

1. Prepararemos unhas follas coas seguintes frases incompletas. Entregarémoslle unha copia a cada un dos nosos alumnos e pediré-moslles que as completen coas palabras necesarias:

– Narrar oralmente unha …… persoal é contar aquilo que che aconteceu e os …… que che provocou.

– Para narrar unha experiencia persoal deberás contar …… e …… ocorreu, que aconteceu, como ……

Solución:

– Narrar oralmente unha experien-cia persoal é contar aquilo que che aconteceu e os sentimentos que che provocou.

– Para narrar unha experiencia persoal deberás contar cando e onde ocorreu, que aconteceu, como te sentiches…

Actividades de ampliación

1. O alumnado explicaranos como coñeceron o seu mellor amigo. Indi-caranos todo o que lembren sobre esta ocasión.

Solución: Actividade persoal.

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/87714

Mostrarémoslles aos nosos alumnos a imaxe que aparece neste enlace web para comentala entre todos. Os nenos deben explicar se algunha vez tiveron unha experiencia parecida a esta.

Neste caso, explicarán se se disfrazaron, de que, con que motivo, etc. Indicarannos, así mesmo, que experiencias asocian cos disfraces.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 10: GUÍA DIDÁCTICA - Aula de Carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/Lingua_3...imaxina o moito que lle comer as salchichas que colgan no escaparate. Na ilustración su-perior

2-10

Orientacións didácticas

■ No apartado Escribir desta dobre páxina, os nenos aprenderán a narrar unha experiencia persoal. Realizarán para isto estas activida-des:

● Lectura dun texto que narra unha experiencia persoal e iden-tificación das súas carac-terísticas.

● Ordenación dos elementos dunha experiencia persoal.

● Redacción de dúas experiencias persoais a partir dun tema.

No apartado O trasno das palabras os nenos terán que escribir varios nomes que comecen por unha serie de letras propostas e deberán realizar dúas probas de eficacia lectora.

Solucións das actividades

Escribir

25. A orde axeitada para a na-rración desta experiencia é a seguinte:

– O derradeiro domingo de agosto fun de excursión con meus pais.

– Eliximos as Illas Cíes.

– Primeiro demos un paseo pola praia. Logo achegámonos aos cons e vimos unha gaivota cunha á rota.

– Decidimos levala ao Centro de Recuperación de Aves. Fixéron-lle as curas e dixéronnos que coidarían dela ata que puidese voar.

– Ao mes, chamáronnos do Cen-tro e dixéronnos que a gaviota xa estaba recuperada de todo.

26. Actividade persoal.

27. Actividade persoal.

O trasno das palabras

1. Actividade persoal. Propomos, a modo de exemplo:

C: casa

A: antollo

D: dinosauro

E: excursión

L: lentellas

O: ombro

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

Espacial 25 Ordenar unha experiencia escrita na que os seus pun-tos estan desestruturados.

Intrapersoal 26 Redactar un texto que narre unha experiencia persoal vivida nas vacacións.

O trasno… 2

Practicar a eficacia e a velocidade lectora lendo un en-cadeado popular.

Lingüística

O trasno… 3

Practicar a eficacia e a velocidade lectora lendo un trabalinguas.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

DIXITAL Empregar as ferramentas tec-nolóxicas e dixitais con eficacia e habilidade.

Escribir no ordenador un texto no que alumno conte unha expe-riencia propia. Act. 27.

CONCIENCIA E

EXPRESIÓNS

CULTURAIS

Valorar as obras literarias e outras formas de manifestación cultural expresadas lingüistica-mente.

Coñecer e valorar os encadeados populares e os trabalinguas prac-ticando a eficacia e velocidade lectora cuns exemplos. O trasno…, Act. 2, 3.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 11: GUÍA DIDÁCTICA - Aula de Carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/Lingua_3...imaxina o moito que lle comer as salchichas que colgan no escaparate. Na ilustración su-perior

2-11

2. e 3. Actividades persoais.

Actividades de reforzo

1. Prepararemos unhas follas coa seguinte narración dunha expe-riencia persoal e entregarémoslle unha copia a cada un dos nosos alumnos para que a lean e a corrixan, comprobando que contén todos os elementos necesarios:

O mes pasado viaxei por primeira vez en avión. O noso voo saía do aeroporto de Madrid e cando estabamos case chegando decatámonos de que deixaramos os billetes. Ao final solucionámolo sen problemas no mostrador da nosa compañía aérea.

Solución: Actividade individual. O texto é correcto, pois explica que sucedeu, onde sucedeu, cando sucedeu e que pasou ao final.

Actividades de ampliación

1. Escribiremos no encerado este poema de versos encadeados:

O obreiro rompeu a parede da parede saíron formigas as formigas levaban migas as migas eran da panadería a panadería estaba na rúa Cas-tilla a rúa Castilla estaba nunha illa e a illa chamábase Melilla.

Lerémolo unha vez en voz alta, colocaremos os nenos en círculo arredor da aula, de modo que poidan ver ben o encerado e explicarémoslles que deben lelo, por quendas, na mesma orde que ocupan no círculo, de forma rápida e esmerada en canto á vocaliza-ción e á entoación.

Solución: Actividade en grupo.

2. Xogaremos cos nenos aos trabalinguas escribindo este no encerado e pedindo voluntarios pa-ra que o lean o máis rápido posible sen se confundir:

Na súa casa o caseiro fai queixo porque é queixeiro lévao á queixaría e véndeo cada día.

Solución: Actividade en grupo.

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/87715

Encontramos nesta web unha colección de trabalinguas e de cancións populares coas que podemos traballar cos nosos alumnos de forma lúdica do mesmo xeito que nas Actividades 2 e 3 de O trasno das palabras.

Ao mesmo tempo que se divirten, os nenos poden practicar a pronuncia dos sons que nos parezan convenientes.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 12: GUÍA DIDÁCTICA - Aula de Carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/Lingua_3...imaxina o moito que lle comer as salchichas que colgan no escaparate. Na ilustración su-perior

2-12

Orientacións didácticas

■ No apartado Aprendín destas páxinas realizaremos actividades de repaso dalgúns dos contidos traballados ao longo da unidade:

● Realización dunha actividade de memoria visual.

● Busca no dicionario de palabras que comecen por distintas letras.

● Ordenación de palabras para formar oracións e colocación dos puntos e das comas nece-sarios.

● Clasificación de palabras de acordo coa súa natureza pri-mitiva ou derivada.

● Realización dun ditado.

No apartado Avalío as miñas competencias os nosos alumnos deberán procurar na Internet para verificar a veracidade dunhas afirmacións sobre unhas razas de cans e responder algunhas preguntas sobre os cans.

Solucións das actividades

Aprendín

1. Actividade persoal.

2. Actividade persoal.

3. As oracións que obtemos ao ordenar as palabras son as que indicamos:

– Teño que facer as tarefas de matemáticas, de lingua e de in-glés.

– Papá, mamá, meu curmán e mais eu visitaremos o museo.

– As mazás, as peras, os péxegos e os figos son froitas.

– Hoxe comemos macarróns con carne, lentellas e flan.

4. A clasificación solicitada é a que indicamos seguidamente:

– Palabras primitivas: lapis, bran-co, cadela, libro, rapaz, avó, ver-mello, xornal, música, camiño.

– Palabras derivadas: rueiro, ro-seira, debuxante, papelaría, car-teiro, semanal.

Indicamos a continuación cal é a palabra primitiva da que procede cada unha das pala-bras derivadas:

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

Ap…, 1 Traballar a memoria fotográfica con debuxos. Lóxico-matemática

Avalío…, 4 Facer sumas e multiplicacións cas partes duns cans.

Lingüística Ap…, 2 Practicar o uso e funcións dos diccionarios.

Naturalista Av…, 1, 2 Ampliar coñecementos sobre as razas de can.

Intrapersoal Avalío…, 3 Sinalar as funcións que fai un can de asistencia. COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

APRENDER A

APRENDER Aplicar coñecementos adquiri-dos de maneira práctica para xerar resultados novos.

Valorar o ditado como técnica facilitadora da aprendizaxe.

Ordenar e puntuar correctamente oracións e ampliar coñecementos sobre os cans. Ap., 3, Av., 1, 2, 3.

Realizar un ditado e avaliar os seus resultados. Ditado.

DIXITAL Buscar e interpretar informa-ción na Internet.

Ampliar información na rede so-bre razas de cans. Avalío…, 2.-

SENTIDO DE INICIATIVA

E ESP. EMPRENDEDOR Reflexionar sobre aspectos da propia redonda ou realidade.

Destacar e valorar as funcións dos cans de asistencia. Av…, 3.

MATEMÁTICA E

CIENCIAS E TECNOLOXÍA

Resolver problemas co uso da linguaxe matemática.

Facer cálculos sinxelos cas patas e rabos duns cans. Avalío…, 4.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 13: GUÍA DIDÁCTICA - Aula de Carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/Lingua_3...imaxina o moito que lle comer as salchichas que colgan no escaparate. Na ilustración su-perior

2-13

roseira < rosa

debuxante < debuxo

semanal < semana

papelería < papel

rueiro < rúa

carteiro < carta

Avalío as miñas competencias

1. As respostas son:

– Resposta persoal.

– A cabeza do labrador é ancha e presenta un fociño longo e ancho. O golden retriever é un can cunha variedade de cores cara aos costados. O seu pelo é denso e repelente á auga, en distintos tons de ouro brillante.

2. Indicamos entre paréntesis quefrases son verdadeiras e cales son falsas:

– Poden axudar as persoas disca-pacitadas. (V)

– O seu comportamento non é bo xa que sempre ladran. (F)

– Non é necesario que o can faga adestramento antes de coñecer o seu dono. (F)

– Poden facer diferentes tarefas, dependendo das necesidades do seu dono. (V)

– O adestramento dura só unha semana. (F)

– Estes cans poden chegar a falar cun bo adestramento. (F)

– Poden tirar dunha cadeira de ro-das, apagar e prender luces, es-perar o dono, recoñecer e dife-renciar sons. (V)

3. As persoas ás que poden axudar un can guía son:

a) O can pode axudar o neno invidente da fotografía guián-doo nos seus desprazamentos.

c) O cand pode axudar a rapaza discapacitada da fotografía empurrando a súa cadeira de rodas e facilitándolle o desprazamento e a mobilidade.

4. Se cada can ten catro patas, haberá 40 patas na granxa.

Se cada can ten un rabo, haberá dez rabos na granxa.

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/680126

Pode resultar interesante que os nosos alumnos vexan este vídeo no que unha muller cega conta que relación a une co seu can guía e como transcorre a súa vida xunto a el.

O vídeo servirá de complemento ás actividades que os nenos realizaron no apartado Avalío as miñas competencias.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 14: GUÍA DIDÁCTICA - Aula de Carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/Lingua_3...imaxina o moito que lle comer as salchichas que colgan no escaparate. Na ilustración su-perior

2-14

NAVEGAMOS POR TICHING

TICHING WEBS http://www.tiching.com/87701 http://www.youtube.com/watch?v=358BxgGv7ac&feature=related

http://www.tiching.com/87713 http://www.primaria.librosvivos.net/rompecabezas.html?utm_source=tiching&utm_medium=referral

http://www.tiching.com/87714 http://iwouldcoco.files.wordpress.com/2009/11/kids-halloween-costumes-from-aldi.jpg?utm_source=tiching&utm_medium=referral

http://www.tiching.com/87715 http://www.orellapendella.org/trabalinguas?utm_source=tiching&utm_medium=referral

http://www.tiching.com/612538 https://www.youtube.com/watch?v=GyGQR4-t1wM

http://www.tiching.com/680126 https://www.youtube.com/watch?v=jhJsXRxmX3I

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 15: GUÍA DIDÁCTICA - Aula de Carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/Lingua_3...imaxina o moito que lle comer as salchichas que colgan no escaparate. Na ilustración su-perior

© V

ICEN

S V

IVE

S

..............................................................................................................................

ANOTACIÓNS

Profe de Demo (VV) Valid. 29/04/2016 (Deleg)

Page 16: GUÍA DIDÁCTICA - Aula de Carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2019/08/Lingua_3...imaxina o moito que lle comer as salchichas que colgan no escaparate. Na ilustración su-perior