galiza e rosalía

1
Galiza e Rosalía Galiza era unha brétema mollada, escuridade pecha, sen estrela: a lingua estaba murcha, asoballada, e semellaba morta Compostela! Galiza era monte e mais terrón, era un ermo lonxincuo e esquecido: faltáballe a palabra canción, faltáballe atopar o seu sentido! Galiza era fantasma entre silveiras, era un misterio apenas revelado: faltábanlle as palabras verdadeiras para se poder decatar do seu estado! Galiza era sardiña, o pan centeio, a pobreza cuberta polo orballo: faltáballe unha areia e un anceio, a canción do arado e do trasmallo. Manuel María (A Rosalía, 1971)

Upload: laura-aldea-armesto

Post on 11-Apr-2017

650 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Galiza e rosalía

Galiza e RosalíaGaliza era unha brétema mollada,escuridade pecha, sen estrela:a lingua estaba murcha, asoballada, e semellaba morta Compostela!

Galiza era monte e mais terrón,era un ermo lonxincuo e esquecido:faltáballe a palabra canción, faltáballe atopar o seu sentido!

Galiza era fantasma entre silveiras,era un misterio apenas revelado:faltábanlle as palabras verdadeiraspara se poder decatar do seu estado!

Galiza era sardiña, o pan centeio,a pobreza cuberta polo orballo:faltáballe unha areia e un anceio,a canción do arado e do trasmallo.

Manuel María (A Rosalía, 1971)