galicia españa europa internacional · o 26 de outubro do 2007, apróbase o real decreto 1393/2007...

4
Espazo Europeo de Educación Superior: Momento actual do proceso Dende 1999, coa Declaración de Ministros de Educación Superior de Boloña, as cidades de Praga (2001), Berlín (2003), Bergen (2005) e Londres (2007) viñéronse sucedendo como escenarios europeos nos que se elaboraron declaracións e comunicados de vital transcendencia, e constituíndose en fitos no longo percorrido da construción do Espazo Europeo de Educación Superior. No 2009 será Bruxelas o lugar do próximo encontro. Como parte dese proceso, entran en escena os diferentes estados participantes, aos que compete deseñar e crear o propio marco legal para a súa consecución e materialización. Visto o anterior, os ritmos, tanto cos que se lexisla como cos que se implanta, son diferentes e manteñen, en todo caso, o 2010 como o horizonte previsto pola citada Declaración para o logro íntegro dos seus obxectivos. Pódese encontrar máis información no n.º 49 de Eduga (pp. 40-42). España adheriuse, dende o seu inicio, á Declaración de Boloña e, a partir de aí, foi dando pasos cara á súa incorporación na converxencia europea. Así, para a elaboración de títulos universitarios de grao e máster, de acordo coas liñas xerais que emanan do Espazo Europeo de Educación Superior, o Ministerio de Educación e Ciencia publica varios documentos de traballo que recollen as directrices xerais. O 26 de outubro do 2007, apróbase o Real decreto 1393/2007 (BOE, 30/10/07) polo que se establece a estrutura das ensinanzas universitarias oficiais españolas, norma que regula os aspectos básicos da ordenación das titulacións universitarias e o procedemento de verificación e acreditación que han de superar os plans de estudos. Este Real decreto adopta unha serie de medidas que flexibilizan a organización das ensinanzas universitarias e promoven a diversificación curricular. A nova composición destas ensinanzas require, non só un cambio estrutural, senón que leva, ademais, cambios significativos nas metodoloxías e procedementos de avaliación das aprendizaxes. Estamos, pois, ante o reto de conseguir para os estudantes unha formación, non só en coñecementos, senón tamén en competencias. No marco legal que regula as novas ensinanzas universitarias oficiais, hai que salientar certos aspectos de carácter xeral referentes aos tres niveis educativos: - Ademais dos principios que emanan da construción do Espazo Europeo de Educación Superior, existen tres marcos legais e normativos de referencia: o estatal, o autonómico e o imposto por cada universidade. - Establécese unha nova estrutura: as universidades impartirán ensinanzas de grao, máster e doutoramento, conducentes á obtención dos correspondentes títulos oficiais de graduado ou graduada, máster universitario e doutor ou doutora. Emilia Seoane Pérez Conselleira EURES (EURopean Employment Services) Profesora da Universidade de Vigo [email protected] Eduga53 maio-agosto 08 42 Galicia España Europa Internacional eduga53 filmar:Maquetación 1 19/6/08 13:04 Página 42

Upload: others

Post on 23-Aug-2021

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Espazo Europeo de Educación

Superior: Momento actual do

proceso

Dende 1999, coa Declaración de Ministrosde Educación Superior de Boloña, ascidades de Praga (2001), Berlín (2003),Bergen (2005) e Londres (2007) viñéronsesucedendo como escenarios europeos nosque se elaboraron declaracións ecomunicados de vital transcendencia, econstituíndose en fitos no longo percorridoda construción do Espazo Europeo deEducación Superior. No 2009 será Bruxelaso lugar do próximo encontro.

Como parte dese proceso, entran enescena os diferentes estados participantes,aos que compete deseñar e crear o propiomarco legal para a súa consecución ematerialización. Visto o anterior, os ritmos,tanto cos que se lexisla como cos que seimplanta, son diferentes e manteñen, entodo caso, o 2010 como o horizonteprevisto pola citada Declaración para ologro íntegro dos seus obxectivos. Pódese

encontrar máis información no n.º 49 deEduga (pp. 40-42).

España adheriuse, dende o seu inicio,á Declaración de Boloña e, a partir de aí, foidando pasos cara á súa incorporación naconverxencia europea. Así, para aelaboración de títulos universitarios de graoe máster, de acordo coas liñas xerais queemanan do Espazo Europeo de EducaciónSuperior, o Ministerio de Educación eCiencia publica varios documentos detraballo que recollen as directrices xerais. O26 de outubro do 2007, apróbase o Realdecreto 1393/2007 (BOE, 30/10/07) poloque se establece a estrutura dasensinanzas universitarias oficiais españolas,norma que regula os aspectos básicos daordenación das titulacións universitarias e oprocedemento de verificación eacreditación que han de superar os plansde estudos.

Este Real decreto adopta unha serie demedidas que flexibilizan a organización dasensinanzas universitarias e promoven adiversificación curricular. A nova

composición destas ensinanzas require,non só un cambio estrutural, senón queleva, ademais, cambios significativos nasmetodoloxías e procedementos deavaliación das aprendizaxes. Estamos, pois,ante o reto de conseguir para os estudantesunha formación, non só en coñecementos,senón tamén en competencias.

No marco legal que regula as novasensinanzas universitarias oficiais, hai quesalientar certos aspectos de carácter xeralreferentes aos tres niveis educativos:

- Ademais dos principios que emanan daconstrución do Espazo Europeo deEducación Superior, existen tresmarcos legais e normativos dereferencia: o estatal, o autonómico e oimposto por cada universidade.

- Establécese unha nova estrutura: asuniversidades impartirán ensinanzas degrao, máster e doutoramento,conducentes á obtención doscorrespondentes títulos oficiais degraduado ou graduada, másteruniversitario e doutor ou doutora.

Emilia Seoane PérezConselleira EURES (EURopean Employment Services)Profesora da Universidade de [email protected]

Eduga53 � maio-agosto 08

42

GaliciaEspañaEuropaInternacional

eduga53 filmar:Maquetación 1 19/6/08 13:04 Página 42

Actualidade

- Os títulos oficiais expediranse en nomedo Rei, polo reitor ou reitora dauniversidade na que se rematasen asensinanzas que dan dereito áobtención do título.

- Unha vez acreditados os títulos, estesdeben inscribirse no Rexistro deUniversidades, Centros e Títulos(RUCT).

- Os principios xerais que han inspirar odeseño dos novos títulos e os seusplans de estudos, deberán ter en contaque a formación en calquera actividadeprofesional debe contribuír aocoñecemento e ao desenvolvementodos dereitos humanos, dos valoresdemocráticos, da igualdade entremulleres e homes, a solidariedade, aprotección do medio, a accesibilidadeuniversal e deseño para todos, e ofomento da cultura da paz.

- Créditos ECTS (Eropean Credit Transferand Accumulation System), comounidade de medida que expresa osresultados da aprendizaxe e o volume

de traballo realizado, para acadar osobxectivos establecidos no plan deestudos. A acumulación e transferenciade créditos é un sistema centrado noestudante e baseado na carga detraballo necesaria para a consecucióndos obxectivos dun programa. Os ditosobxectivos están especificados entermos de resultados de aprendizaxe ecompetencias que hai que adquirir.Deste modo, pártese de que 60créditos ECTS miden a actividadeacadémica que un alumno ou alumnarealiza, a tempo completo e durante uncurso académico (asistencia a clases,titorías co profesorado, probas deavaliación, tempo de estudoindependente, de realización detraballos, etc.) representando cadacrédito de 25 a 30 horas de traballo.

- Un dos obxectivos fundamentais destaorganización das ensinanzas, éfomentar a mobilidade dentro da propiauniversidade, nas distintasuniversidades españolas, nas europeas,así como nas doutras partes do mundo.

Para iso é imprescindible o Sistema deRecoñecemento e de Transferencia deCréditos cursados en ensinanzasoficiais, noutra universidade ou endiferentes estudos na mesma, que seestablecen no novo marco legal.

- Suplemento Europeo ao Título (SET). Ostítulos universitarios irán acompañadosdun suplemento ao título que recolleráinformación sobre a identidade dotitulado, a denominación do título, onivel da titulación, contido e resultadosobtidos, etc. Hai que ter en conta que osuplemento fai o título máiscomprensible e facilmente comparable,mais non é un sistema automático quegaranta o recoñecemento do título, nina súa homologación noutros países.

- Implantación dos novos plans deestudos por parte das universidades.En 2010/2011, como moi tarde,deberán implantarse as novastitulacións e deixará de ofertarse o 1.ºcurso dos actuais títulos de licenciado,diplomado, arquitecto, enxeñeiro,

Eduga53 � maio-agosto 08

43

eduga53 filmar:Maquetación 1 19/6/08 13:04 Página 43

arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.

As universidades poderán executartamén os novos plans de estudos, dexeito simultáneo para un ou varioscursos, ou de maneira progresiva deacordo coa temporalidade que secontemple.

- Os títulos universitarios oficiais que seobtivesen conforme a plans de estudosanteriores á entrada en vigor destesnovos, manterán todos os seus efectosacadémicos e profesionais.

- Cada universidade creará e proporá, deacordo coa normativa superiorestablecida, as ensinanzas e títulos quedesexe impartir e expedir. Para iso tenque elaborar os seus propios plans deestudos, mediante un proxecto deimplantación dunha ensinanzauniversitaria que debe incluír osseguintes elementos: xustificación,obxectivos, admisión de estudantes,contidos, planificación, recursos,resultados previstos e sistema degarantía de calidade. Claro está que ten

que considerar no centro dos seusobxectivos a adquisición decompetencias por parte do alumnado,e facer explícitos tamén os métodos deaprendizaxe das mesmas e osprocedementos para avaliar a súaadquisición.

- Potenciarase dende os sistemas deacceso á universidade, a apertura aosestudantes procedentes doutros paísesdo Espazo Europeo de EducaciónSuperior e doutras áreas xeográficas,no marco dunha nova estratexia nocontexto global da educación superior.

- Para a posta en marcha de calqueraproxecto de título oficial, asuniversidades solicitarán a súaverificación polo Consello deUniversidades. Por outra parte, esteachegará o devandito plan á ANECA(Axencia Nacional de Avaliación daCalidade e Acreditación) para queelabore o informe de avaliación, queterá carácter determinante epreceptivo.

- Logo da autorización da comunidadeautónoma e a verificación do plan deestudos, o Ministerio de Educación eCiencia elevará ao Goberno a propostapara o establecemento do carácteroficial do título e a súa inscrición noRexistro de Universidades, Centros eTítulos (RUCT), cuxa aprobación enConsello de Ministros será publicada noBOE.

- Renovación da acreditación dos títulos.Transcorridos 6 anos dende o seurexistro no RUCT, os títulos seránsometidos a un novo proceso deacreditación, e para a súa continuidadedeberán obter un informe deacreditación positivo.

Situación actual

Neste curso académico xa se estánimpartindo másters no sistema universitarioespañol baixo o modelo de programasoficiais de posgrao. Pero será no curso2008/09 cando asistamos ao inicio da fasede implantación dos novos plans deestudos de títulos universitarios de grao e

Eduga53 � maio-agosto 08

44

eduga53 filmar:Maquetación 1 19/6/08 13:05 Página 44

Actualidade

de máster, ao abeiro da normativaestablecida no Real decreto 1393/2007.Esta execución resulta, nuns casosmaioritaria e noutros, de menorenvergadura. Unha cuestión que respondeao feito de que as propias comunidadesautónomas e cada universidade, teñen voznesta fase do proceso, onde o cambioaínda ten carácter opcional.

Neste momento as facultades e as escolasuniversitarias das diferentes universidadesdo estado deseñan os proxectos dos novostítulos que se executarán no curso2009/2010. Aqueles que se implantarán nocurso 2008/2009 xa foron presentados aoConsello de Universidades.

Máis información

Real decreto 1125/2003, do 5 desetembro, polo que se establece o sistemaeuropeo de créditos e o sistema decualificacións nas titulacións universitariasde carácter oficial e validez en todo oterritorio nacional.

Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, polaque se modifica a Lei orgánica 6/2001, quesenta as bases precisas para realizar unhaprofunda modernización da universidadeespañola.

Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro,polo que se establece o ordenamento dasensinanzas universitarias oficiais.

No próximo n.º 54: Espazo Europeo de

Educación Superior: Os novos títulos

universitarios.

A Comisión Europea acaba de aprobar o Plan anual de

actividades 2008/2009, presentado polo EURES

(EURopean Employment Services) Transfronteirizo

Galicia-Norte de Portugal

Ao abeiro deste plan, os órganos parceiros portugueses e galegosdesenvolverán diferentes actividades ao longo deste exercicio. Así, aUniversidade de Vigo continuará con novas edicións das ofertas educativasque veu desenvolvendo estes anos pasados, e que van dirixidas a colectivosimplicados na formación e no emprego dende os escenarios europeos etransfronteirizos.

As actividades que se celebrarán ata marzo do 2009 son:

- Seminario EUREST-Universidade-Empresa, como parte das sesiónsperiódicas de comunicación entre a Universidade de Vigo e osempregadores (4.ª edición).

- Forum Interuniversitario EURES-Transfronteirizo-Persoal Docente eInvestigador de Universidades (4.ª edición).

- Obradoiros de Técnicas de Busca de Emprego na Euro-Rexión Galicia-Nortede Portugal e en Europa (7.ª edición).

- Xornada de Comunicación cos colexios profesionais, como sesiónsperiódicas de comunicación da Universidade de Vigo, no marco deEURES-Transfronteirizo, cos colexios e asociacións profesionais (2.ªedición).

- ForumEmprego Universitario 2009, 8.ª Xornadas Universitarias de Empregode Galicia-Norte de Portugal, que se celebrarán en cada un dos trescampus da Universidade de Vigo (8.ª edición).

Estas accións encádranse na prioridade 6ª das directrices de EURES, queconsiste en elaborar e difundir información sobre a mobilidade profesional,establecer contactos sistemáticos con grupos e colectivos específicosrelacionados coa mobilidade, dende a perspectiva do emprego e da formación.Todo isto reverte nos estudantes universitarios e naqueles que finalizaronestudos.

Un ano máis, a Comisión Europea valora favorablemente a memoria deactividades realizadas por esta entidade parceira. As propostas presentadaspola Universidade de Vigo para o actual exercicio (abril 2008-marzo 2009)foron aprobadas tamén e concedéronselle os orzamentos para a súaorganización e execución.

45

Eduga53 � maio-agosto 08

eduga53 filmar:Maquetación 1 19/6/08 13:05 Página 45