ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño · 2012. 4. 25. · ensinanzas profesionais...

2
Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño

Upload: others

Post on 06-Nov-2020

11 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño · 2012. 4. 25. · Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Estas ensinanzas estrutúranse en familias profesionais

Ensinanzas profesionaisde artes plásticas e deseño

Page 2: Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño · 2012. 4. 25. · Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Estas ensinanzas estrutúranse en familias profesionais

Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoEstas ensinanzas estrutúranse en familias profesionais (semellantes ás de formación profesional) e abordan a aprendizaxe das técnicas artísti-cas, así como os oficios artísticos tradicionais.

Consisten nunha formación teórico-práctica, na escola onde se impar-ten, e unha formación práctica en empresas, estudios ou talleres. A súa duración é de dous anos académicos.

Para que serven estas ensinanzas?

A titulación de técnico en artes plásticas e deseño permite acceder ao mundo laboral, desempeñando os labores da súa competencia, e tamén a inserción no bacharelato ou nos ciclos formativos de grao superior de formación profesional especí�ca ou de artes plásticas e deseño.

A titulación de técnico superior en artes plásticas e deseño permite acceder directamente a estudos universitarios relacionados coa profesión estudada, así como a inserción no mundo laboral.

Que ciclos se poden estudar e onde?

EASD Antonio Faílde: CGS de ilustración, CGS fotografía artística, DGM de ebanistaría artística.

EASD Mestre Mateo: CGS de xoiaría artística, CGS de arquitectura efémera, CGS de fotografía artística, CGM de procedementos de xoiaría artística.

EASD Pablo Picasso: CGS de artes aplicadas da escultura, CGS de fotografía artística, CGS de ilustración, CGM de dourado e policromía, EM de cerámica artística.

EASD Ramón Falcón: CGS de gravado e técnicas de estampación, CGS de cerámica artística, CGS de fotografía artística, CGM de serigrafía artística.

Que se precisa para acceder a estas ensinanzas?

Ciclos de grao medio

Con requisitos académicos. – Cómpre superar a proba especí�ca con título de graduado en educación

secundaria obrigatoria (ESO) ou superada a aproba de acceso á universida-de para maiores de 25 anos, ou superada a proba de madureza para o acceso aos ciclos formativos de formación profesional especí�ca ou ensinanzas deportivas de grao medio.

– Tense acceso directo co título de técnico ou técnico superior de artes plásticas da mesma familia profesional artística, sen o requisito de idade, ou superados os cursos de comúns das ensinanzas de AOA ou de AP, co título de bacharelato na modalidade de artes, ou bacharelato experimen-tal, co título superior de deseño, de artes plásticas ou de conservación e restauración de bens culturais, coa licenciatura en belas artes, arquitectura ou enxeñaría técnica en deseño industrial, ou con experiencia laboral de polo menos un ano, relacionada directamente co ciclo formativo.

Sen requisitos académicos. Cómpre superar a proba de madureza e a proba especí�ca, con 17 anos cumpridos, superando unha proba de madureza e outra de carácter especí�co.

Ciclos de grao superior

Con requisitos académicos.– Acceso directo co título de bacharelato pola especialidade de artes, ou co

título de técnico en AAPPD da mesma familia profesional.– Cómpre superar a proba especí�ca co título de bacharelato por calquera

outra especialidade que non sexa a de artes. Sen requisitos académicos. Cómpre superar a proba de madureza e mais a

proba especí�ca, con 19 anos cumpridos no ano de realización da proba.

Máis información

Escolas de arte e superiores de deseño (EASD) públicas: – EASD Mestre Mateo.

Rúa Virxe da Cerca, 32. 15703 - Santiago de Compostela.Tel.: 981 587 757www.centros.edu.xunta.es/eartmestremateo

– EASD Pablo Picasso.Rúa Os Pelamios, 2. 15001 - A CoruñaTel.: 981 225 396www.eapicasso.com

– EASD Ramón Falcón.Paseo dos Estudantes, s/n. Montirón. 27002 - LugoTel.: 982 220 790www.escarteramonfalcon.com

– EASD Antonio Faílde.Av. da Universidade, 18. A Cuña. 32005 – OurenseTel.: 988 238 365www.escolarte.com

Centros privados autorizados de artes plásticas e deseño:– Aula D.

Rúa Ourense, 2-4, patio central baixo. 36211 - Vigo. Tel.: 986 214 076. [email protected]

– Atlántico. Avda. da Ponte, 9. Edi�cio Cabral. 36215 - Vigo. Tel.: 986 266 058. www.escuelaatlantico.com

– Felicidad Duce. Fundación Ramón González Ferreiro. Rúa Paciños, 2. 32667 - Allariz. Tel.: 988 455 380. www.fdmoda.com

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial.Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.Edi�cio Administrativo San Caetano.Tel.: 981 546 555 / 981 546 556Fax: 981 546 55115781 - Santiago de Compostelawww.edu.xunta.es