flanagan de luxe

6
Flanagan de luxe Diario de lectura

Upload: patricia-aa

Post on 07-Mar-2016

221 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Diario de lectura

TRANSCRIPT

Page 1: Flanagan de Luxe

Flanagan de luxe

Diario de lectura

Page 2: Flanagan de Luxe

Título: Flanagan de luxe

Autor: Andreu Martín, Jaume Ribera

Editorial: Xerais

Xénero: Intriga

Número de páxinas: 202

Andreu Martín naceu en Barcelona no 9 de maio de

1949.

É considerado un dos maestros da novela negra

española.

Empezou a escribir desde pequeno, publicou o seu

primeiro libro no ano 1984, titulado “Hay amores que

matan, ¿y qué?”. Tamén publicou moitos sobre o detective

Flanagan como “Flanagan 007”, “Flanagan, sólo

Flanagan”, “El diario rojo de Flanagan”, “Yo tampoco me

llamo Flanagan”, “Todos los detectives se llaman

Flanagan”, “No te laves las manos, Flanagan”, “Flanagan

de luxe”, “Los vampiros no creen en Flanagans”,

“Flanagan flashback”e “Flanagan blues band”. O último

libro que publicou foi “Sociedad negra” en 2013.

Page 3: Flanagan de Luxe

21 de xaneiro de 2013

Un dicía: En caso de incendio, véxase o dorso, e, se mirabas o dorso,

podías ler: Agora non, burro, en caso de incendio.

O primeiro capítulo foi interesante. Non describe moito como son as cousas e as

tes que imaxinar.

Flanagan recórdame ao meu primo, traballa nun restaurante, axudando aos seus

pais.

Penso que o tipo duro que entra con Nines é o seu irmán e está a acompañala.

27 de xaneiro de 2013

Gustábame tan pouco o nome de Erreá como o de Ricardoalfonso.

Claro que a min me chaman Flanagan.

Buf! Vaia lío no que se meteu Ricardoalfonso, e vaia malleira a que lle meteron

Eulogio e Pedernales.

É moi difícil que saia desta, agora débelle 10 millóns de euros, a ver se Flanagan

pode axudalo, se non, fano pedazos e venden a súa carne na praza.

28 de xaneiro de 2013

Un Mercedes no Barrio, diante da porta do seu local, constituía un

feito histórico difícil de esquecer

Non creo que Ricardoalfonso sexa moi bo cociñeiro. A que vai liar no bar! Estou

impaciente por que chegue ese capítulo.

María Gual e mais Nines non se levan moi ben, penso que chegaranse a pelexar e

Flanagan vai ter que facer algo antes de que ocorra.

Page 4: Flanagan de Luxe

29 de xaneiro de 2013

-A que non sabe vostede porque os de Lepe se poñen sempre na última fila do cine? Porque o que ri o último, ir mellor!

Vaia sorpresa! Ricardoalfonso é mellor camareiro do que esperaba. Sábese os

nomes e as manías de todos os clientes, incluso conta chistes!

Pero fastidiouna ao dicirlle a outra persoa que lle perseguían dous camellos. Ao

principio non era nada, pero esa persoa contoullo a outra, non sei o que vai pasar.

31 de xaneiro de 2013

Figurábame ao argallante de Erreá facendo o enfermo e a María, á súa

beira, finxindo que o coidaba.

Parece que xa encontraron aos camellos que andaban buscando, que tamén eles

buscaban a Erreá. Flanagan aínda non está moi seguro de se son eles, escoitou a súa

conversa pero non sabía a quen se refería.

Aínda así meteuse ás agachadas no maleteiro do seu presunto coche, ninguén sabe

onde vai acabar, está moi tolo.

2 de febreiro de 2013

Entón, os pijeras deterían o coche, e no peor dos casos, abrirían o

portavultos, veríanme alí encollido e asasinaríanme sen pestanexar.

Arranxou o coche, Flanagan estaba con medo, moito medo, arrepentíase de ser

detective. Eu xa nin dubidaría en facer iso, que tolo. Parece que non lle importa a súa

vida.

O mellor de todo foi ao chegar a hamburguesaría cando lle soou a alam¡rma ao

outro coche e tivo que saír correndo para que non o pillaran.

Page 5: Flanagan de Luxe

4 de febreiro de 2013

Os camellos tiñan cousas máis importantes que facer que abrilo en

canal.

Agora Flanagan dáse conta de que está a perder o tempo, dáse conta de que non

lle valeu da nada meterse no maleteiro. Non tería tempo antes de pensalo ben.

Eu xa o tería pensado dende o principio. Seguramente xa o terían visto e andarían

por aí buscándoo.

5 de febreiro de 2013

Que estaba facendo o parvo ao me meter en maleteiros de coches

alleos.

Flanagan non só escapou deles, senón que tamén foi parar a unha rúa descoñecida

e deulle por comer, sen pensar se o están buscando ou non. Deulle por comer? Así sen

máis? Pois non sei, igual perdinme algo, pero se non, non entendo. Non ten sentido!

Quen faría algo así? Dende logo que eu non.

7 de febreiro de 2013

É que Nines está boísima, para que enganármonos.

Pois resulta que lle deu por comer, encima non quería comer só. Chamou a Nines

para que o acompañara. Foron a un restaurante, que non me parecía moi bo, xa que a

camareira estaba enrabexada co mundo, e que poñía mala cara. Nese momento,

Flanagan deuse conta de que deixara só a Erreá, pero xa quería que o asasinaran para

que acabara dunha vez, pero chegado ata tal punto, eu non o deixaría.

Page 6: Flanagan de Luxe

22 de febreiro de 2013

Eu sabía pouco de barcos, por non dicir nada. Apenas que ás cordas,

no mar, chámanselles cabos.

Xa lin moitísimo, sobretodo nestes últimos días, que lin 6 capítulos, empecei a

contar e son 87 páxinas, e en total lin 156. Non mo creo, co pouco que me gusta ler...

Meu capítulo favorito é o 9, xa que falan moito de barcos e montan neles. Eu

todos os anos vou a clases de vela, por eso me gusta ese capítulo e esa é a razón pola

que escollín este libro.

28 de febreiro de 2013

(Creo que, en lugar de caramba, empregou unha palabra máis

contundente, pero non lembro cal.)

Os últimos capítulos foron os que máis me custaron ler, non os entendía moi ben,

pero ainda así non me despistaba. Sorprendeume o sarxento, esaxerado de máis,

acabaron no cuartel, pero conseguiron aclarar as cousas.

O libro gustoume, pero me custaba comezar e rematar, cando me foi máis fácil de

ler foi pola metade, xa que me gustaron máis os capítulos e non me liaba con tantos

nomes.

Antón Concheiro, 1º A