fin da idade antiga

15
2º DE ESO CIENCIAS SOCIAIS. Fin da Idade Antiga.

Upload: jose-ramon-perez

Post on 05-Aug-2015

472 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Fin da idade antiga

2º DE ESOCIENCIAS SOCIAIS.

Fin da Idade Antiga.

Page 2: Fin da idade antiga

División de Teodosio.

No ano 395 o Emperador Teodosio dividiu o Imperio Romano entre os seus dous fillos:Arcadio recibiu a zona Oriental con

capital en Constantinopla.Honorio recibiu a zona Occidental

con capital en Roma.

Page 3: Fin da idade antiga

División de Teodosio 395

Page 4: Fin da idade antiga

Causas da caída do Imperio Romano.

A debilidade do Imperio Romano ante a ofensiva dos pobos xermánicos.

As continuas guerras civís, que asolaron o Imperio Romano dende o século III d. C. Estas guerras debilitan a autoridade do Emperador e o debilidade do exército e das fronteiras.

Crise económica, potenciada pola debilidade política. Esta afecta sobre todo o Comercio e as Actividades Artesanais.

Iniciouse un proceso de Ruralización.

Page 5: Fin da idade antiga

A decadencia da vida urbana.

Causas: Crise económica do século III d. C. Aumento da inseguridade nas cidades:

Guerras Civís. Incursións e invasións dos Pobos Xermánicos.

Aumento da carga dos impostos por parte das autoridades romanas, para soster o Imperio e o exército. Estes impostos son pagados polos habitantes das cidades.

Ruralización. Caída das actividades económicas (artesanais e

comercias), como consecuencia de todo o anterior.

Page 6: Fin da idade antiga

Ruralización

Definición: Proceso mediante o cal as poboación trasládanse dende as cidades ó campo. O campo convertese no centro da economía da Alta Idade Media.

Causas: Nun primeiro momento as clases altas abandonan as

cidades e refúxianse nos seus latifundios ante a inestabilidade do Imperio.

A caída da economía romana obriga a xente a buscar traballo e alimento, para iso atopan como solución o traballo nas antigos Latifundios ou villae como “Colonos”.

A cidade romana volvese insegura ante os ataques dos pobos xermánicos.

Progresiva desaparición da “Economía Escravista”, que desaparece ante o enorme custo dos escravos. Os escravos pasan a condición de “Servos”.

Page 7: Fin da idade antiga

Colonos

Definición: Persoas que acoden na busca de protección e

axuda económica dun gran terratenente. O gran terratenente convertese en Patrón ou Señor. O Señor outórgalle terras o colono e protéxeo. A cambio o Colono traballa a terra que lle deron,

e dálle unha parte da colleita desa propiedade. Pero o mesmo tempo accede a traballar noutras terras do Señor de forma gratuíta.

A relación entre as dúas partes volvese permanente e será herdada polos seus descendentes.

Page 8: Fin da idade antiga

Tipos de Campesiños.

Servos: Son antigos escravos que acceden a liberdade, pero estaban ligados ó seu antigo dono. Recibe terras para traballar e dálle parte da colleita o seu dono.

Colono: Persoa que libremente establece un contrato de dependencia cun Señor.

Encomendados: Campesiños libres que outórganlle a posesión da terra a un gran Señor a cambio de protección. Ese campesiño libre segue traballando a súa terra, pero dálle perda da colleita.

Page 9: Fin da idade antiga

A ruralización de Europa.

Consecuencias.

Aumento da poboación no mundo rural.

Creación dun grupo de campesiños sometidos o control dos Señores, que cada vez abusan máis do seu poder.

Creación dunha economía de autosuficiencia no campo. Ante a caída do comercio e o artesanado.

Page 10: Fin da idade antiga

Pobos Bárbaros ou Pobos Xermánicos.

Os pobos xermánicos son toda unha serie de poboacións procedentes de Europa Central e Oriental, que comezan a atacar ó Imperio Romano pola súa debilidade.

Visigodos. Ostrogodos.Burgundios. Saxóns.Alanos. Ostrogodos.Anglos. Francos.Suevos. Vándalos.Etc.

Page 11: Fin da idade antiga

Primeiras Invasións Xermánicas.

Page 12: Fin da idade antiga

Caída do Imperio Romano.

Page 13: Fin da idade antiga

Os primeiros Reinos Xermánicos.

Page 14: Fin da idade antiga

Os Reinos Xermánicos.

Ante a incapacidade do Imperio Romano Occidental, os reinos xermánicos foron controlando e dominando os seus territorios. Isto ratificouse coa morte do último emperador romano (Rómulo Augústulo no ano 476) ante os Ostrogodos.

Crean monarquías, na que os pobos xermánicos colócanse na cúspide da Sociedade, e por debaixo ponse a sociedade romana.

Page 15: Fin da idade antiga

Sociedade Xermánica

O rei é a máxima autoridade política e militar.Por debaixo colocase a nobreza, que lle xura

fidelidade ó rei a cambio de terras e riqueza.Debaixo colocase os antigos lideres da

sociedade romana. En moitas ocasións a nobreza xermánica casa con

membros da vella aristocracia romana para facerse co control do territorio de forma máis eficiente.

As capas máis baixas estaban formadas por: colonos, servos e campesiños libres.