ficha lingua 6/05q...espléndida voz. tan grande era su fama que llegó a oídos del emperador inca....

11
FICHA LINGUA 6/05 Hoxe como tarefa de Lingua Galega imos propoñervos que escribades unha carta a quen vós queirades contándolle como pasastes estes días de confinamento sen poder saír á rúa, que faciades nas vosas casas, cales eran as vosas rutinas, como vos sentistes, que medos ou angurias pasaban pola vosa cabeza, que supuxo o poder saír á rúa ( se xa o fixestes ) e que plans tedes ou que vos gustaría facer cando regresemos á “normalidade”, etc…. Podedes escribila na libreta, nun folio ou no ordenador cun procesador de textos cunha extensión de 10 a 15 liñas. Unha vez rematada enviádela ao correo da vosa titora para a súa corrección ao longo desta semana. *****Para facer esta tarefa lede a información que vos achegamos nas seguintes follas( estas 3 primeiras páxinas non fai falta que as imprimades porque con lelas e tomar nota de cómo queredes facer chégavos). Nelas explicámosvos as pautas para escribir unha carta e as partes ou elementos dos que consta. Tamén vos achegamos dous exemplos de cartas persoais para que vos sirvan de modelo. Pautas para escribir unha carta Antes de escribir unha carta debemos pensar e facer un pequeno borrador respondendo ás seguintes preguntas e logo organizar esta información. 1. ¿A quen lle imos escribir a carta? É moi importante responder a esta pregunta antes de comenzar a escribir unha carta porque non nos expresaremos da mesma forma se lle escribimos a un compañeiro de clase, a nosos pais , a nosa avoa , a un profesor ou a unha persoa que non coñecemos. 2. ¿Qué escribiremos? Antes de comenzar a escribir a nosa carta necesitaremos decidir cales son as ideas principais que imos desenvolver . Antes de empezar a escribir pensaremos na mensaxe que lle queremos mandar e organizaremos todas estas ideas. Por exemplo, ¿cal é o motivo polo que escribo a carta?, ¿Como me sinto? , ¿Que actividades estou a realizar? ¿Como e cando penso que volveremos á “normalidade”? ¿Que me gustaría?, etc. 3. ¿Que día é hoxe e dende onde escribimos? Na parte superior dereita da carta especificaremos a data e o lugar. ¿Un exemplo? Ourense, 18 de febreiro. 4. ¿Como saudaremos ao destinatario? Saudaremos dunha maneira específica dependendo da persona a quen lle escribamos a nosa carta. Por exemplo: Querida Isabel: Estimada señora: Queridísima avoa: 5. ¿Como te queres despedir? É importante despedirnos despois de escribir a nosa mensaxe. Algúns exemplos para despedirnos poden ser: Un bico Un abrazo Moitos saúdos

Upload: others

Post on 01-Nov-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: FICHA LINGUA 6/05q...espléndida voz. Tan grande era su fama que llegó a oídos del emperador inca. Este ordenó que se presentara ante él para deleitarse con sus cantos. Chikán

FICHA LINGUA 6/05

Hoxe como tarefa de Lingua Galega imos propoñervos que escribades unha carta a quen vós queirades contándolle

como pasastes estes días de confinamento sen poder saír á rúa, que faciades nas vosas casas, cales eran as vosas

rutinas, como vos sentistes, que medos ou angurias pasaban pola vosa cabeza, que supuxo o poder saír á rúa ( se xa

o fixestes ) e que plans tedes ou que vos gustaría facer cando regresemos á “normalidade”, etc….

Podedes escribila na libreta, nun folio ou no ordenador cun procesador de textos cunha extensión de 10 a 15 liñas.

Unha vez rematada enviádela ao correo da vosa titora para a súa corrección ao longo desta semana.

*****Para facer esta tarefa lede a información que vos achegamos nas seguintes follas( estas 3 primeiras páxinas

non fai falta que as imprimades porque con lelas e tomar nota de cómo queredes facer chégavos). Nelas

explicámosvos as pautas para escribir unha carta e as partes ou elementos dos que consta.

Tamén vos achegamos dous exemplos de cartas persoais para que vos sirvan de modelo.

Pautas para escribir unha carta

Antes de escribir unha carta debemos pensar e facer un pequeno borrador respondendo ás seguintes preguntas e logo organizar esta información.

1. ¿A quen lle imos escribir a carta?

É moi importante responder a esta pregunta antes de comenzar a escribir unha carta porque non nos expresaremos da mesma forma se lle escribimos a un compañeiro de clase, a nosos pais , a nosa avoa , a un profesor ou a unha persoa que non coñecemos.

2. ¿Qué escribiremos?

Antes de comenzar a escribir a nosa carta necesitaremos decidir cales son as ideas principais que imos desenvolver . Antes de empezar a escribir pensaremos na mensaxe que lle queremos mandar e organizaremos todas estas ideas. Por exemplo, ¿cal é o motivo polo que escribo a carta?, ¿Como me sinto? , ¿Que actividades estou a realizar? ¿Como e cando penso que volveremos á “normalidade”? ¿Que me gustaría?, etc.

3. ¿Que día é hoxe e dende onde escribimos?

Na parte superior dereita da carta especificaremos a data e o lugar. ¿Un exemplo? Ourense, 18 de febreiro.

4. ¿Como saudaremos ao destinatario?

Saudaremos dunha maneira específica dependendo da persona a quen lle escribamos a nosa carta. Por exemplo:

Querida Isabel:

Estimada señora:

Queridísima avoa:

5. ¿Como te queres despedir?

É importante despedirnos despois de escribir a nosa mensaxe. Algúns exemplos para despedirnos poden ser:

Un bico

Un abrazo

Moitos saúdos

Page 2: FICHA LINGUA 6/05q...espléndida voz. Tan grande era su fama que llegó a oídos del emperador inca. Este ordenó que se presentara ante él para deleitarse con sus cantos. Chikán

6. P.D.

Moitas personas terminan a súa carta e decátanse que esqueceron escribir algo. Para evitar este inconveniente é moi importante decidir, antes de escribir, que queremos incluir na nosa mensaxe. A‘posdata’ soluciona este problema porque simplemente necesitaremos escribir P.D. ao final da carta e contarlle o que esquecemos antes. Por exemplo:

P.D. Espero que tiveses un bo aniversario, malia a non podelo celebrar todos xuntos

7. Unha vez escrita a carta debémola revisar e ler máis dunha vez para corroborar que ten sentido, que non contén erros e que non cometemos faltas de ortografía.

Partes dunha carta persoal

1- Lugar e data (na marxe dereita da folla)

2- Saúdo ou encabezamento.

(será o saúdo)

3- Contido ou corpo da carta

(Mensaxe que se quere transmitir, asunto da carta.)

4- Pé ou final

(despedida)

5- Sinatura

(sempre asinado á man coa rúbrica)

6- P.D. (posdata) ou nota para engadir algo tras a sinatura. Este elemento non é obrigatorio nunha carta, só

será preciso se esquecemos dir algo que nos parece importante.

Page 3: FICHA LINGUA 6/05q...espléndida voz. Tan grande era su fama que llegó a oídos del emperador inca. Este ordenó que se presentara ante él para deleitarse con sus cantos. Chikán

Exemplos de carta persoal

Bos Aires, 7 de decembro de 2019

Querida avoa:

Escríboche desde Bos Aires a onde cheguei hai unha semana. A viaxe foi boa, aínda que un pouco longa. No

aeroporto estábanme esperando Sara e Manuel. É unha cidade preciosa, tiñan razón os tíos cando falaban dela.

Onte estiven ceando no Centro Gallego e a acollida foi fantástica.

Aquí estamos gozando dun verán caloroso pero lévase ben, non pases ti moito frío aí e cóidate moito.

Un biquiño moi moi grande da túa neta,

Carme

P.D. Se ves a Rosa dille que me escriba.

Page 4: FICHA LINGUA 6/05q...espléndida voz. Tan grande era su fama que llegó a oídos del emperador inca. Este ordenó que se presentara ante él para deleitarse con sus cantos. Chikán

FICHA MATEMÁTICAS 6/05

Vamos a seguir repasando las unidades de medida. Hoy añadiremos las de superficie. Recordamos lo que veíamos el

curso pasado, observamos la escalera de las medidas de superficie y la de las medidas de longitud:

Unidades de superficie:

Unidades de longitud:

En las unidades de longitud cada escalón que bajamos multiplicamos por 10 y si subimos dividimos por 10 y en las de superficie lo hacemos por 100. Así:

En las unidades de superficie:

1. Para pasar de a multiplicaremos por 1. 000.000; 3,2 = 3,2 x 1.000.000 = 3.200.000

2. Para pasar de a dividiremos por 10.000; 3,2 = 3,2 : 10.000 = 0,00032

En las unidades de longitud:

1. Para pasar de km a m multiplicaremos por 1.000; 3,2 km = 3,2 x 1.000 = 3.200 m 2. Para pasar de dm a dam dividiremos por 100; 3,2 dm = 3,2 : 100 = 0,03 m Teniendo esto en cuenta vais a realizar los siguientes ejercicios del libro de matemáticas de 6º del tercer trimestre

ya que son refuerzo de lo que vimos el curso pasado ( No tenéis que copiar los enunciados, solo ponéis la página y

el número del ejercicio, únicamente en los problemas que sí los copiáis):

1) De la página 131, ejercicios 1, 2, 3 y 4

2) De la página 132, ejercicio 2

3) De la página 133, ejercicios 4, 6 y 7. Para hacer el ejercicio 4 tienes que fijarte que cada cuadrado es 1 , y

que cada uno de los triángulos es la mitad de un cuadrado por lo que cada dos triángulos hacen 1 cuadrado y

por lo tanto 1 .

Page 5: FICHA LINGUA 6/05q...espléndida voz. Tan grande era su fama que llegó a oídos del emperador inca. Este ordenó que se presentara ante él para deleitarse con sus cantos. Chikán

Luego podéis repasar/practicar con las actividades interactivas que os aparecen entrando en el libro digital

anaya. Estas actividades son VOLUNTARIAS.

En,libro digital anaya , picar en la web del alumnado poniendo en usuario: clpimentel y contraseña: clpimentel.

Entráis en el libro de Matemáticas de 6º en la unidad 9: Medidas del sistema sexagesimal y después entráis en Las

unidades de medida de superficie y resolvéis esas actividades. El que quiera puede entrar también en las de

longitud y capacidad que están en el mismo sitio.

Page 6: FICHA LINGUA 6/05q...espléndida voz. Tan grande era su fama que llegó a oídos del emperador inca. Este ordenó que se presentara ante él para deleitarse con sus cantos. Chikán

FICHA LENGUA 7/05

Chikán, la voz prodigiosa

En una remota aldea, en el corazón de Perú, existe un bosque donde dicen que, en los días de viento, se puede escuchar una triste melodía. Aseguran que es la canción de Chikán, el joven indio de hermosa voz que desapareció en ese lugar.

Cuenta la leyenda que Chikán era un muchacho alegre y bondadoso, conocido en toda la comarca por su espléndida voz. Tan grande era su fama que llegó a oídos del emperador inca. Este ordenó que se presentara ante él para deleitarse con sus cantos.

Chikán emprendió el viaje hacia Cuzco: –¡Ten cuidado, hijo! El bosque es peligroso –le advirtió su padre antes de partir. Chikán se internó en el bosque a través de un sinuoso sendero. A medida que avanzaba, aumentaba la

espesura de los árboles y disminuía la luz. Reinaba un silencio inquietante, solo interrumpido por el trino de algún pájaro o el crujido de alguna rama. Tras un largo rato caminando, el joven indio se detuvo a descansar. Mientras bebía de un arroyo cercano, le sorprendió un hombre misterioso que vestía como un hechicero.

–¡No te sobresaltes! No pretendía asustarte. ¿Qué haces por aquí? Chikán le respondió receloso: –Me dirijo a Cuzco, al palacio del emperador. –Entonces, tú debes de ser Chikán. Todo el mundo habla de tu voz. ¿Por qué no cantas algo para mí? Chikán obedeció y se puso a cantar. El hombre quedó cautivado al oírle y le dijo: –El bosque está lleno de peligros. Si me das tu voz, yo te libraré de todos. De lo contrario… dudo mucho que

puedas salir con vida de aquí. Chikán se negó y nunca llegó a Cuzco. Nadie volvió a saber de él. Dicen que aquel hombre, el señor de los

bosques, ordenó a los árboles que le impidieran el paso y convirtieran el bosque en un laberinto. Pero lo cierto es que su voz no se perdió. Según cuentan, todavía hoy suena entre los árboles cuando el viento acaricia sus hojas. Y es una canción tan triste que invade de melancolía a cuantos la escuchan.

1- ¿Qué hecho sorprendente cuenta esta leyenda?

2- ¿Quién es el protagonista de la leyenda? ¿Cómo era? ¿Qué tenía de especial?

3- ¿Por qué el emperador ordenó que Chikán se presentara ante él?

4- ¿Qué propuesta le hizo el hombre misterioso?

5- ¿Qué ocurrió al final?

6- ¿De dónde es esta leyenda? Responde utilizando datos del texto.

Page 7: FICHA LINGUA 6/05q...espléndida voz. Tan grande era su fama que llegó a oídos del emperador inca. Este ordenó que se presentara ante él para deleitarse con sus cantos. Chikán

FICHA NATURAIS 7/05 (UNIDADE 2)(1ª PARTE)

Esta unidade faise algo longa polo que faredes esta semana a 1ª parte da ficha e a semana que vén a outra metade.

Cando o corazón falla “O cantante italiano Giuseppe Pino Mango morreu aos 60 anos de idade tras sufrir un infarto durante un concerto na localidade italiana de Policoro. Membros do seu equipo subiron a axudalo e foi trasladado inmediatamente a un hospital próximo, onde faleceu pouco despois”. Alexandra leu esta noticia e quedou moi impresionada. Que morte tan tráxica! Pero ela sabe que o corazón é un órgano que ás veces falla sen aviso previo.

1.- O corazón está formado por catro cavidades, dúas aurículas e dous ventrículos, que se comunican entre si dúas a dúas. a) Como están comunicadas as cavidades do corazón? ____ A aurícula esquerda co ventrículo esquerdo e a aurícula dereita co ventrículo dereito. ____ A aurícula esquerda co ventrículo dereito e a aurícula dereita co ventrículo esquerdo. ____ A aurícula esquerda coa aurícula dereita e o ventrículo esquerdo co ventrículo dereito. b) Sinala no esquema do corazón as seguintes partes:

válvula - aurícula dereita - aurícula esquerda - ventrículo dereito - ventrículo esquerdo

vea cava superior - vea cava inferior - arteria aorta

2.- O corazón é un órgano musculoso que se relaxa e contrae continuamente. Con eses movementos, que chamamos latexos, impulsa o sangue para que chegue a todo o corpo. Sinala cales das seguintes afirmacións son verdadeiras (V) e cales falsas (F). _____O movemento de contracción chámase sístole e o de relaxación, diástole.

_____Cando os ventrículos se contraen, o sangue sae do corazón polas veas.

_____O ventrículo esquerdo contráese e impulsa o sangue cargado de osíxeno a través da vea cava.

_____As veas cavas levan o sangue ao corazón, e desembocan na aurícula dereita.

_____O sangue sae do ventrículo dereito polas arterias pulmonares cara aos pulmóns.

Page 8: FICHA LINGUA 6/05q...espléndida voz. Tan grande era su fama que llegó a oídos del emperador inca. Este ordenó que se presentara ante él para deleitarse con sus cantos. Chikán

3.- Ao corazón chega o sangue venoso, que vén desde as células cargado con dióxido de carbono e pobre en osíxeno. Pero ao corazón tamén chega sangue osixenado nos pulmóns, para ser distribuído por todo o corpo. a) Le o seguinte parágrafo e subliña en cada caso a opción correcta. O sangue está formado por plasma / auga e células. As células poden ser de tres tipos: glóbulos vermellos / plaquetas, que son as máis abundantes e a súa función consiste en transportar osíxeno / nutrientes; glóbulos brancos / plaquetas, que axudan a pechar as feridas cando se produce unha hemorraxia / infección; e glóbulos brancos / plaquetas, que cumpren unha función de defensa do noso corpo contra as infeccións / hemorraxias. b) Relaciona mediante frechas. Arterias • • Conducen o sangue polo interior dos órganos. Veas • • Son vasos sanguíneos grosos e elásticos. Capilares • • Levan o sangue desde os órganos ao corazón. 4.- Pino Mango faleceu vítima dun infarto de miocardio. Alexandra acaba de estudar no colexio as enfermidades do corazón. En que consiste un infarto de miocardio? Sinala a opción correcta. ____Na obstrución dalgunha das válvulas do corazón. ____Nunha rotura nas arterias coronarias, que causa unha hemorraxia interna. ____Nunha falta de circulación sanguínea ao corazón, pola obstrución das arterias coronarias.

5.- Algúns infartos sobreveñen sen aviso previo, pero a maioría deles ocorren tras longos períodos de problemas cardíacos. Por iso, Alexandra sabe que debe coidarse e adquirir uns hábitos saudables para o aparello circulatorio. As seguintes recomendacións non son saudables para o aparello circulatorio. Escríbeas correctamente debaixo.

a)Facer deporte regularmente, catro ou cinco veces ao mes.

__________________________________________________________________________________

b) Evitar o consumo de peixe azul e aceite de oliva.

__________________________________________________________________________________

c) Ver a televisión no noso tempo libre e de ocio, sobre todo programas sobre saúde.

___________________________________________________________________________________

d) Tomar diariamente como merenda un vaso de leite, unha peza de froita e algún doce ou embutido.

___________________________________________________________________________________

Page 9: FICHA LINGUA 6/05q...espléndida voz. Tan grande era su fama que llegó a oídos del emperador inca. Este ordenó que se presentara ante él para deleitarse con sus cantos. Chikán

FICHA LINGUA 8/05

REPASAMOS OS DETERMINANTES

De termos algunha dúbida para a realización destas tarefas podemos consultar a teoría que aparece no libro de texto do

primeiro trimestre de Lingua Galega, nas unidades 1, 2 e 3

1- Le a seguinte carta. Logo, subliña de cor azul os artigos determinados e de cor vermella os artigos

indeterminados que atopes nela:

Querida Tareixa:

Desculpa que só che escriba unhas liñas apresuradas e non unha carta máis extensa, como seguramente agardarías.

Hache estrañar que non che conte nada das miñas andainas durante as últimas semanas, pero corre máis présa o que che quero

dicir. Ben sabes que es a única persoa do mundo na que podo confiar enteiramente; por iso recorro a ti agora, para facerche

dúas peticións [...]

A primeira petición é que, por nada do mundo, abras o sobre que acompaña esta nota [...]

A miña segunda petición vaiche estrañar, pero ben sabes que non cha faría se non o considerase necesario. Se ves que,

unha semana despois de recibires esta carta, eu aínda non me puxen en contacto telefónico contigo, escríbelle ao inspector

Soutullo á Comisaría Central de Vigo. Cóntalle que es a miña irmá e entrégalle o sobre que che mando [...] Pídoche que non

abras o sobre, pero non che podo impedir que, se chegas a verte obrigada a entregarllo a Soutullo, ti tamén coñezas o seu

contido. [...] Quizais daquela entendas por que, nestas horas finais, a angustia e o medo volven percorrer incesantemente todo o

meu corpo.

Adeus, querida irmá. Recibe a aperta máis forte do mundo, e oxalá non sexa a derradeira que nos deamos e que nos

vexamos nun futuro non moi lonxano.

Xabier

Texto adaptado de Agustín Fernández, Cartas de inverno, Edicións Xerais, 2007, pp. 13-16

2- Arrodea as contraccións do artigo determinado e do artigo indeterminado que atopes no texto anterior e

indica por que elementos están formadas. Recordámosvos cales eran as contraccións dos artigos en galego

Page 10: FICHA LINGUA 6/05q...espléndida voz. Tan grande era su fama que llegó a oídos del emperador inca. Este ordenó que se presentara ante él para deleitarse con sus cantos. Chikán

Exemplo: dunha = de (preposición) + unha (artigo indeterminado)

3- Localiza na carta tres determinantes numerais e analízaos seguindo o exemplo:

Exemplo: catro irmáns ; catro: numeral cardinal, masculino plural

4- Localiza no texto do exercicio 1 tres determinantes posesivos e analízaos seguindo o exemplo:

Exemplo: a nosa avoa Xulia; nosa: posesivo, varios posuidores, 1ª persoa, feminino, singular

5- Arrodea os determinantes demostrativos que atopes no seguinte texto e logo clasifícaos.

Ao entrar no supermercado, mamá sempre comeza coas ordes e coas preguntas: «Este

alimento é refrixerado ou conxelado? E aquel, é fresco? Colle aquelas mazás; non, esas

non! Queres mercar esa bebida?

E se escolles mellor esta?». Uf, que leria!!!

PROXIMIDADE DISTANCIA MEDIA AFASTAMENTO

Page 11: FICHA LINGUA 6/05q...espléndida voz. Tan grande era su fama que llegó a oídos del emperador inca. Este ordenó que se presentara ante él para deleitarse con sus cantos. Chikán

FICHA MATEMÁTICAS 8/05

Esta ficha en canto a fagades enviádela ao correo da vosa titora, antes do luns 11/05.

Aquí repasaremos la equivalencia entre unidades de superficie y unidades agrarias que se utilizan

generalmente para medir terrenos grandes. En tu libro aparece el siguiente cuadro que lo explica muy bien:

Como puedes ver entre cada unidad agraria también hay 100 unidades; por lo tanto para cambiar de una unidad a

otra seguimos el mismo proceso que con las de superficie. Así:

Para pasar de ha a ca, multiplicaremos por 10.000 porque bajamos dos escalones;

5 ha = 5 x 10.000 = 50.000 ca

Para pasar de ca a a, dividiremos por 100 porque subimos un escalón; 5 ca = 5 : 100 = 0,05 a

Teniendo esto en cuenta, vais a realizar los siguientes ejercicios del libro de 6º del 3º trimestre. ( No tenéis que

copiar los enunciados, solo ponéis la página y el número del ejercicio, salvo en los problemas que copiamos todo):

1) De la página 134, ejercicios 1, 2, 3, 4, 5 y 6

2) Un poco de cálculo:

A. 385 x 247 =

B. 764 x 386 =

C. 8.532 :36 =

D. 22.032 : 48

Pista!!!!! Las divisiones son exactas!!!!!!