facendo cousas por un mesmo

8
Escola de Pais Facendo cousas por un mesmo

Upload: pazlgalego

Post on 10-Jul-2015

552 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Escola de Pais

Facendo cousas por un mesmo

FACENDO COUSAS POR UN MESMO. AUTONOMÍA.

CANDO OS NENOS FAN COUSAS POR SI MESMOS

Canto máis facemos polos fillos màis dependentes e irresponsables se voltan. Chégase a esa situación porque os adultos queremos que disfrunten das ventaxes da infancia o que se traduce en moito xogo e poucas responsabilidades.

A clave está en que a axuda hai que ofrecela cando é solicitada e dirixila para que o neno empregue os seus propios recursos na resolución dun problema. Os pais que necesitan “axudar” aos seus fillos continuamente prívanlles da posibilidade de desenvolver as súas capacidades.

OS PAIS QUE CREN QUE OS SEUS FILLOS SON INCOMPETENTES TRANSMÍTENLLES ESE SENTIMENTO ACTUANDO DO SEGUINTE XEITO:

Non piden aos seus fillos que fagan cousas que poidan ampliar as súas capacidades.

Cando os nenos intentan cousas novas e fallan, non se lles concede tempo para correxirlas ou solucionalas sen axuda.

Os pais ofrecen a súa axuda antes de que os seus fillos a pidan.

Os pais que non se molestan en ensinar aos seus fillos novos e máis complexos coñecementos, presupoñen que será inútil intentar ensinarlles.

Os pais vólvense excesivamente protectores cando advirten probas de incompetencia (nenos que actúan segundo as súas expectativas) e desenvolven unha visión apocalíptica do futuro dos seus fillos, crendo que nunca serán quen de valerse por si mesmos.

PAIS QUE CREN NA COMPETENCIA DOS SEUS FILLOS.

Non vixilan aos seus fillos esperando que algo lles saia mal. Cando estes cometen erros ou fracasan nalgunha empresa , interésanse máis polo que aprenderon que por correxilos. Poden ver esforzarse aos seus fillos sen sentir a necesidade de intervir.

Non temen ao futuro, así que non comunican ansiedade. Piden aos seus fillos que fagan cousas difíciles pero posibles na súa fase

concreta de desenvolvemento físico e persoal.

As imaxes que aparecen nesta presentación As imaxes que aparecen nesta presentación foron obtidas de Internet. Se algunha persoa foron obtidas de Internet. Se algunha persoa considera que os seus dereitos foron considera que os seus dereitos foron vulnerados pido que o faga saber para poder ser vulnerados pido que o faga saber para poder ser retirada a imaxe.retirada a imaxe.

Esta presentación ten un uso exclusivamente Esta presentación ten un uso exclusivamente educativo.educativo.