expresion corporal ( 2º eso, 3ª avaliación)...a expresión corporal é distinta en cada persoa,...

13
EXPRESIÓN CORPORAL EDUCACIÓN FÍSICA

Upload: others

Post on 27-Jun-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: EXPRESION CORPORAL ( 2º ESO, 3ª avaliación)...A expresión corporal é distinta en cada persoa, cada quen ten unha forma de expresarse, unha postura, uns trazos físicos, unha forma

EXPRESIÓN CORPORAL

EDUCACIÓN FÍSICA

Page 2: EXPRESION CORPORAL ( 2º ESO, 3ª avaliación)...A expresión corporal é distinta en cada persoa, cada quen ten unha forma de expresarse, unha postura, uns trazos físicos, unha forma

EXPRESION CORPORAL

1. Historia

A primeira forma de comunicarse entre os humanos foi con xestos e sinais, é dicir coa linguaxe do corpo ou linguaxe xestual. Por esta razón dicimos que a expresión corporal é tan antiga como como o ser humano. Foi durante moitos séculos a única forma de comunicación entre os membros dunha comunidade, e co tempo e coa evolución das sociedades máis primitivas foi xurdindo a palabra (a linguaxe verbal). Ata moito máis tarde non aparecería a escritura ou linguaxe escrita. Linguaxe xestual

Linguaxe verbal

Linguaxe escrita

2. A comunicación

As persoas na comunicación interpersoal empregamos:

As PALABRAS (comunicación verbal) Cando a comunicación humana se executa exclusivamente por medio da palabra, aparece a linguaxe verbal, que é básicamente acústica, de carácter sonoro. Un ejemplo desta comunicación estaría na radio (escoltamos a voz, pero non vemos á persoa que nos fala).

O TON (comunicación verbal) No diccionario da RAG defínese como: Calidade da voz humana, en altura, timbre e intensidade, que nos permite apreciar distintos estados psicolóxicos, ou distintos significados do discurso da persoa que fala. O ton axúdanos a transmitir alegría, enfado, duda… unha grande variedade de sentimentos, e incluso pode cambiar o sentido das palabras. Un ejemplo deste último aspecto sería a ironía, por ejemplo: “e parecías tonto”. Co ton axeitado a persoa que nos escoita percibe claramente que non lle estamos a chamar tonta, senón todo o contrario.

OS XESTOS, (comunicación non verbal). Podemos empregalo só, pero a maioría das veces acompaña ás palabras e dalles sentido. Poder enfatizar o que dicimos ou contradecir o que estamos a dicir (por ejemplo se alguén está mentindo pode delatarse polos xestos de inseguridade, medo…).

Page 3: EXPRESION CORPORAL ( 2º ESO, 3ª avaliación)...A expresión corporal é distinta en cada persoa, cada quen ten unha forma de expresarse, unha postura, uns trazos físicos, unha forma

Cando coñecemos a unha persoa tamén podemos precibir polos xestos se está intranquila, nerviosa, preocupada… (o que moitas veces os vosos pais perciben sen preguntarvos).

3. Definición de expresión corporal

“A expresión corporal é unha conducta que existe desde sempre en todo ser humano. É unha linguaxe anterior ás palabras e que vai máis alá das palabras, e por medio del o ser humano exprésase a través de si mesmo, reunindo no seu corpo a mensaxe e a canle de comunicación” (Patricia Stokoe).

É empregar o corpo para comunicarnos con xestos ou movementos, manifestándonos consciente ou inconscientemente.

4. Podemos expresar: Sentimentos: amistade, odio, amor,… Estados de ánimo. alegría, tristeza… Sensacións: frío, calor, cansancio… Conceptos: grande, pequeno, alto, baixo… Accións: traballar, comer, ler… Cousas concretas: obxectos, animais, prantas… Cousas abstractas: ideas, rutinas, historias…

5. Imaxe corporal

A expresión corporal é distinta en cada persoa, cada quen ten unha forma de expresarse, unha postura, uns trazos físicos, unha forma de andar, unha actitude, en definitiva, uns xestos propios. Isto é o que se coñece como imaxe corporal.

Si nos poñen en movemento a sombra dunha persoa que coñecemos seguramente seríamos capaces de saber quen é antes de vela. E tamén é seguro que hai xestos que asociamos claramente con certas persoas.

Page 4: EXPRESION CORPORAL ( 2º ESO, 3ª avaliación)...A expresión corporal é distinta en cada persoa, cada quen ten unha forma de expresarse, unha postura, uns trazos físicos, unha forma

6. Conciencia expresiva

Así como co estudo das linguas aprendemos a forma de comunicación verbal, coa materia de Educación Física e outras como Música ou Teatro, aprendemos tamén a comunicación mediante o Corpo e adaptándonos a un ritmo. Aprendemos a expresar corporalmente unha mensaxe ou manifestar un sentimento interior, unha emoción ou un afecto. A esta parte da Educación Física chamámola expresión corporal, e á capacidade de manifestar ao exterior algo oculto e interior chamámoslle expresividade.

7. O xesto

É un pequeno movemento dunha parte do noso corpo (ollos, boca, rostro, mans) co cal nos comunicamos consciente ou inconscientemente.

8. Tipos de xestos según a intención: Xesto reflexo: aparece no noso corpo sen pensalo, como

reacción a un estímulo.(Por exemplo un sorriso, un sobresalto por un susto....)

Xesto emotivo: manifesta sentimentos e estados de ánimo. (Por exemplo elevar brazos ao gañar unha carreira....)

Xesto simbólico: ten un significado especial que todo o mundo entende.(Por exemplo facer os sinais xogando ás cartas, cando facemos autostop, ao poñer o símbolo OK......).

Page 5: EXPRESION CORPORAL ( 2º ESO, 3ª avaliación)...A expresión corporal é distinta en cada persoa, cada quen ten unha forma de expresarse, unha postura, uns trazos físicos, unha forma

9. Tipos de xestos según a orixe: Xestos universais:

Que son iguais en todas as culturas (rir, chorar) e que son innatos e case que involuntarios cando nos atopamos nesas circunstancias (exemplo: sorir se nos fai gracia algo).

Xestos aprendidos ou culturais: Aprendidos por vivir nunha sociedade determinada, e que poden ter significados distintos dunha cultura a outra. Por exemplo: sacar a lingua en occidente é signo de mala educación e na China significa confusión. Outros exemplos: levantar as máns pola victoria, sinal de V cos dedos, pulgar arriba.

Xestos creativos: Hai expresións moi complexas que non teñen un xesto específico. É o caso da expresión de ideas ou historias; o que expresa inventa unha forma de facerse entender dun xeito personalizado. Os mimos, os paiasos, ou actores e actrices empregan a súa creatividade na representación dos personaxes.

10. Factores a considerar no campo da expresión

a) As zonas expresivas A cara: é unha zona de grandes posibilidades expresivas, xa

que ten moitísimos músculos que poden actuar independientemente e formar combinacións variadas e personais.

Page 6: EXPRESION CORPORAL ( 2º ESO, 3ª avaliación)...A expresión corporal é distinta en cada persoa, cada quen ten unha forma de expresarse, unha postura, uns trazos físicos, unha forma

Podes probar a poñerlle título a cada cara

As mans: na vida diaria empregámolas como complemento á

linguaxe verbal, e incluso con xestos concretos coas mans que se entenden perfectamente.

Corpo: a totalidade do corpo é o instrumento máis útil para a

expresión corporal, e as combinacións e posturas son ilimitadas.

Aspecto persoal: implica o que os demáis ven ou sinten coa

nosa presencia, por exemplo: a forma de vestir, perfume que usamos, os piercings, tatuaxes, peinado,…De todo esto podemos sacar moita información dunha persoa, pero tamén podemos equivocarnos polas ideas preconcebidas sobre ese “estilo” (prexuizos).

 

Neste vídeo podes ver un anuncio que xoga cos aspectos e os prexuizos: 

https://www.youtube.com/watch?v=RS3iB47nQ6E#action=share 

b) Os trazos físicos: A herdanza xenética son as características fisiolóxicas, morfolóxicas ou bioquímicas que os pais transmiten aos fillos. Este material xenético contén a información básica de como somos: cor de ollos, de pelo, capacidades físicas, enfermidades de nacemento e mesmo algúns comportamentos. Frases como “es clavadiño ao teu pai”, “sacaches o carácter da túa nai” seguro que as escoltamos algunha vez (de nós ou de outras persoas).

Page 7: EXPRESION CORPORAL ( 2º ESO, 3ª avaliación)...A expresión corporal é distinta en cada persoa, cada quen ten unha forma de expresarse, unha postura, uns trazos físicos, unha forma

Os rasgos físicos que temos dependen da herdanza e o primeiro que debemos facer é aceptalos para despois melloralos na medida do posible. Somos únicos e irrepetibles, polo que debemos esforzarnos en coñecer as nosas capacidades e en sacarlles o mellor partido.

c) A postura É unha actitude máis global de todo o corpo, unha forma de estar que di algo de nós mesmos. Podemos considerar tres situacións:

- Postura estática: inmóbil. - Postura dinámica: maniféstase nun movemento. - Actitude postural: é unha forma de estar habitualmente.

d) A situación no espazo

É outro factor importante no campo da expresión. A forma de situarnos no espazo e a relación que establecemos cos que nos rodean dá lugar distintos tipos de espazos e a zonas de comunicación diferentes. (verémolo no punto 11).

e) O significado da mirada: En todas as sociedades, os ollos son un elemento moi importante para a comunicación, neles a sinceridade é a clave. Os ollos non enganan xa que nos poden: convidar a un diálogo, influír nas persoas, interrogar sobre as intencións dos demáis, manifestar un estado de ánimo e/ou un sentimento interior, pasar desapercibido/a.... En países da área musulmá moitas mulleres levan a cara tapada e só se lles ven os ollos. Teñen moi desenvolvida a expresión da mirada porque teñen que dicir só cos ollos tantas cousas como as accidentais con todo o rostro.

Page 8: EXPRESION CORPORAL ( 2º ESO, 3ª avaliación)...A expresión corporal é distinta en cada persoa, cada quen ten unha forma de expresarse, unha postura, uns trazos físicos, unha forma

f) A forma de andar: É un movemento moi persoal, por tanto é importante recoñecer o estilo peculiar dun mesmo e tamén o que os demáis queren dicir co seu propio.(p.e. formas de camiñar: rápido e axitado, pausado coas mans nos petos e a cabeza gacha, arrastrando os pés polo chan e os ombreiros caídos…)

g) Os contrastes: Son unha gama de movementos que utilizamos para enriquecer a nosa comunicación xestual. A expresión corporal móvese entre os extremos máximos de calquera aspecto: do grande ao pequeno, do equilibrio ao desequilibrio, da tensión á relaxación, do aberto ao pechado, do próximo ao afastado, do áspero ao suave. Chegar a dominar todos os pasos intermedios entre un extremo e outro fará, que poidamos manifestar mellor nosa expresividade.

11. Zonas na comunicación (distancias): Zona íntima: (15-45 cm) zona de intimidade á que só acceden

persoas de total confianza: fillos, país, parella, persoas queridas… Si alguén invade este zona íntima sen esa confianza darase unha incomodidade ou rexeitamento.

Zona persoal: (45 cm a 1,22 m) Correspóndese co espazo no que teñen lugar as reacións cordiais, entre amigos…

Zona social: (1,23m a 3,6 m) Distancia reservada a extraños, nela mantemos a persoas que non coñecemos ben ou coas que non temos confianza.

Zona pública: (Máis de 3,6 m) Son distancias mínimas para poder establecer diálogo con outras persoas ou grupo de persoas.

12. Manifestacións da expresión corporal

O mimo É a linguaxe xestual máis pura. Intenta explicar historias sen empregar as palabras, empregando todos os xestos posibles. Os paiasos, empregan o mimo como un recurso importante. Teatro e dramatización

Page 9: EXPRESION CORPORAL ( 2º ESO, 3ª avaliación)...A expresión corporal é distinta en cada persoa, cada quen ten unha forma de expresarse, unha postura, uns trazos físicos, unha forma

Pertence aos sistemas de representación, poderiamos definila como a representación dunha historia ou conflito levada a cabo por uns personaxes nun espazo e un tempo determinados. O personaxe dramático é un elemento básico na dramatización xa que é o que desenvolve a acción e faino dunha forma concreta. Todo actor ou actriz que se prece debe dominar unha serie de aspectos da representación como son: boa expresión corporal, bo ritmo, voz potente, capacidade de improvisación, boa memoria e capacidade de traballo entre outras. Seguro que xa coñeces algunhas formas de representación: o teatro, o sketch (representación breve dunha situación humorística) a ópera, etc. Estes, e outros moitos son os que se fan para un público concreto, pero nós ao longo do día tamén representamos algúns papeis como cando alguén pon cara de bo/a despois de romper unha figura de porcelana, ou cando alguén se fai o despistado o día do exame (era para hoxe o exame?) ou cando alguén se fai o/a interesante ao pasar cerca desa persoa que lle gusta. Nos deportes Nos deportes empregamos moito a expresión corporal xa sexa para manifestar sentimentos interiores ou como medio de comunicación. Algúns ejemplos que xa podedes coñecer:

marcar as xogadas que se van facer cun sinal xestos para intimidar (haka maorí en rugby) formas de celebrar un gol mirar ao ceo ou facer o sinal da cruz darse a man ou palmadas de ánimo ao facer un punto xestos do porteiro e do tirador nun penalti para poñerse

nerviosos mutuamente levantar os brazos ao chegar á meta inspirar e expirar forte antes de tirar un tiro libre facer “teatro” para perder tempo …

Os regulamentos de moitos deportes teñen determinadas sancións concretas para os que fan xestos groseiros ou que poidan ser ofensivos para os demáis participantes, o árbitro ou os espectadores. Con música: A danza Todos os tipos de danzas, sobre todo o ballet ou a danza contemporánea, intentan expresar unha historia mediante os movementos dos bailaríns e bailarinas. A importancia do ritmo

Page 10: EXPRESION CORPORAL ( 2º ESO, 3ª avaliación)...A expresión corporal é distinta en cada persoa, cada quen ten unha forma de expresarse, unha postura, uns trazos físicos, unha forma

Nos deportes como ximnasia rítmica ou deportiva, patinaxe artística ou natación sincronizada teñen no ritmo e na música elementos importantes, e a expresión corporal pode chegar a influir moito na puntuación final. Outras actividades moi ligadas á música e ao ritmo son os bailes (de salón, populares…), danzas do mundo, as coreografías para espectáculos, acrosport, ou prácticas deportivas como zumba ou aeróbic, entre outras. Requiren traballo físico e coordinación con outras persoas seguindo un ritmo e tratando de comunicarcos co noso corpo.

13. LEMBRA QUE.... A expresión corporal vai axudar a que te sintas máis a gusto co

teu corpo, a que goces máis movéndote como che apetece, a que non teñas tanto “corte” diante dos demáis. En definitiva, a que te deas conta de que ti tes unha forma propia de moverte, de bailar, de expresarte, e esa forma é boa porque é a túa. Non tes por que sentirte ridículo nin facer o que fan todos/as. Debes expresarte como realmente es, sen medo ao que pensen os demáis.

A expresión corporal é unha forma de comunicación mediante xestos, posturas e movementos sen necesidade de utilizar palabras.

A imaxe corporal é o coñecemento que un ten de si mesmo despois de analizar os seus xestos, a súa forma de mirar, a súa forma de moverse, etc.

As zonas máis expresivas do corpo son dúas principalmente: a cara e as mans; e dentro da cara, os ollos e a boca

A expresividade é a capacidade do ser humano de manifestar ao exterior algo oculto ou interior, e pódese facer individualmente ou en grupo.

Para expresarse ben hai que ter un grande dominio do corpo para o que hai que practicar moito cos elementos básicos de expresión.

Do mesmo xeito que en Educación Física practicas distintos deportes para dominalos cada vez mellor e adéstrase atletismo para correr máis tempo e máis rápido, a expresión corporal pretende axudarte a que descubras as posibilidades de expresión que che brinda o teu corpo e que as utilices para poder comunicate mellor cos demais.

Page 11: EXPRESION CORPORAL ( 2º ESO, 3ª avaliación)...A expresión corporal é distinta en cada persoa, cada quen ten unha forma de expresarse, unha postura, uns trazos físicos, unha forma

Exemplos: Sombras chinesas

Mimo

Page 12: EXPRESION CORPORAL ( 2º ESO, 3ª avaliación)...A expresión corporal é distinta en cada persoa, cada quen ten unha forma de expresarse, unha postura, uns trazos físicos, unha forma

Teatro de sombras

Escenificar unha situación

Coreografía

Page 13: EXPRESION CORPORAL ( 2º ESO, 3ª avaliación)...A expresión corporal é distinta en cada persoa, cada quen ten unha forma de expresarse, unha postura, uns trazos físicos, unha forma

Bailes

Danzas do mundo

Zumba ou aeróbic

Acrosport