eureka! guía da exposición

84
Guía da exposición ciencia creatividade e

Upload: museos-cientificos-coruneses-mc2

Post on 18-Feb-2016

244 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

Caderno de actividades da exposición "Eureka! Ciencia e creatividade" que vén enriquecer a visita. Un complemento que permite un uso previo ao contacto cos módulos interactivos ou posterior, de traballo sobre o tema da creatividade. Máis tamén pode utilizarse como un elemento autónomo, como un material divulgativo e educativo que estimula a reflexión e o coñecemento sobre a innovación.

TRANSCRIPT

Page 1: Eureka! Guía da exposición

Guía da exposición

ciencia creatividadee

Page 2: Eureka! Guía da exposición

pre

senta

ción

Page 3: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 3

Non hai unha fórmula máxica que nos defina a creatividade. Pero existeunha ampla coincidencia á hora de afirmar que a creatividade ten quever con xerar cousas novas, con innovar, obtendo un resultado valioso.

Do mesmo xeito, tamén se comparte que hai elementos que favorecen acreatividade e outros que a coartan. O espírito innovador murcha en ambientespouco estimulantes e desenvólvese en contornas favorables. Así, máis aló dasdeclaracións e intencións, en moitas ocasións as persoas estamos presas denumerosos prexuízos, traballamos con rutina, aceptamos propostasacríticamente, defendemos privilexios, antepoñemos os nosos interesesindividuais e actuamos con soberbia e prepotencia. Tamén castran acreatividade as institucións cando favorecen o dogmatismo, a xerarquizaciónburocrática e falta de canles de expresión de novas ideas. Por iso, seentendemos que a innovación é necesaria, cómpre cambiar condutas efavorecer ambientes profesionais estimulantes, abertos e críticos.

Desde esa inspiración, os Museos Científicos Coruñeses abordamos unhaexposición interactiva, “Eureka!, ciencia e creatividade”, inaugurada en marzode 2010, un xeito de contribuír ao Ano Europeo da Creatividade e a Innovación.

Habitualmente o concepto de creativo aparece asociado a ámbitos artísticose humanísticos e se relaciona cunha especie de inspiración de personalidadesxeniais. Pola contra, a exposición “Eureka!” pretende trasladar ao público unharealidade menos coñecida: a creatividade tamén forma parte do mundo daciencia e está moi relacionada coa actitude fronte a investigación. Outroobxectivo desa mostra é favorecer que a mocidade observe na ciencia uncamiño de creación, aleixado do que moitas veces se presenta como un laborrutineiro. Asemade, subliñando o aspecto creativo da ciencia evidenciamosmoitos dos elementos comúns que ten con outras formas culturais. Por último,pretendíamos trasladar a mensaxe de que todo o mundo pode, e debe ser,creativo. Partindo dun elemento clave no ser humano, a curiosidade.

Esta guía é un produto que vén enriquecer a visita á exposición “Eureka!”.Un complemento que permite un uso previo ao contacto cos módulosinteractivos ou posterior, de traballo sobre o tema da creatividade. Máis taménpode utilizarse como un elemento autónomo, como un material divulgativo eeducativo que estimula a reflexión e o coñecemento sobre a innovación. Defeito, ofrecerémolo desde a nosa web. Deséxovos unha lectura creativa.

Xosé A. FragaDirector Museos Científicos Coruñeses

Page 4: Eureka! Guía da exposición

índice

Page 5: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 5

ÁMBITO !MAXINA

1. Arco xenial 8

2. Soños químicos 10

3. A casa das musas 12

ÁMBITO !DEA

4. Cores rechamantes 16

5. Abre as orellas 18

6. Mira quen fala 20

7. Bailarina dual 22

8. Copy Right 24

9. A túa bola 26

10. Ata o infinito e máis aló 28

ÁMBITO !NSPÍRATE

11. Arquímedes se coroa 32

12. Enche bocadillos 34

13. Agochados nas nubes 36

14. Ciencia infusa 38

15. Se non o creo, non o vexo 40

16. Quéimache a curiosidade? 42

17. Paciencia radioactiva 44

PRESENTACIÓN 3

18. Dálle unha voltiña… 46

19. …e pensa diferente 48

20. Tormenta de ideas 50

ÁMBITO !NVESTIGA

21. Doutores en curiosidade 54

22. Fórmula maxistral 56

23. Horas de voo 58

24. Ciencia Express 60

25. Serendipia 62

ÁMBITO !NNOVA

26. E ti, de quen vés sendo? 66

27. 3, 2, 1… Innovación! 68

28. Renovarse ou morrer 70

29. “¿Digamelón?” 72

30. Un pequeno paso para

o home… 74

31. Tabletas dixitais 76

32. Teléfono vs. ordenador 78

SOLUCIÓNS 80

PÁXINA

Page 6: Eureka! Guía da exposición
Page 7: Eureka! Guía da exposición

“Todo o que un home é quen

de imaxinar, outros homes

serán capaces de realizalo”

JULIO VERNE (1828-1905), escritor

!maxina

Page 8: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N8

O arco xenial

Crear é unha reacción en cadeaAntoni Gaudí, como todos os arquitectos, tiña problemas cos arcos.Precisábanse grandes soportes aos lados para evitar que caeran. Entónobservou que cando collía unha cadea polos extremos, e quedabacolgando, non se movía cara os lados.

De súpeto viuno claro. Tiña que facer un arco coa mesma curva quedebuxaba a cadea. Así levantou o arco catenario, que non precisa desuxeición lateral e deixa grandes espazos ao redor.

!maxina

1

CREANDO POR ETAPAS

PreparaciónPara innovar nunha materia primeiro é necesario dominala. Gaudí estudou as formas danatureza e foi delineante antes de ser arquitecto.

IncubaciónUnha vez definido o problema que hai que resolver, é preciso aparcalo un tempo e deixarque traballe o subconsciente. Gaudí buscaba un novo deseño de arco que non deraproblemas de suxeición.

IluminaciónCando atopas a solución a unproblema experimentas asensación de dar coa mellorsolución. Gaudí inspirouse nacurva que forma unha cadeacando colga polos extremos paraidear o arco catenario.

!maxina. O sociólogo británico Graham Wallas propuxo en 1926 que o procesocreativo estaba dividido en catro fases: preparación, incubación, iluminación everificación. Podemos ver estas etapas detrás de grandes logros artísticos e científicos.

Page 9: Eureka! Guía da exposición

VerificaciónTras dar coa nova idea hai que comprobar que realmenteé válida. O arco catenario de Gaudí non precisa desoportes laterais para manterse en pé.

PODES DISTINGUIR AS CATRO FASES DO PROCESO CREATIVO NO GUERNICA DE PICASSO?

O 26 de abril de 1937 a poboación vasca de Guernicasufriu un bombardeo aéreo masivo durante a Guerra CivilEspañola. Morreron máis de 120 persoas. O Goberno da República Española encargoulleao pintor Pablo Picasso unha obra que reflictise o horror vivido en Guernica. O cadro de Picasso é un rectángulo branco e negro cheo de símbolos. Os expertos o

describen coma unha obra sonora porque os seus personaxes gritan e xesticulan. Napintura hai cinco persoeiros ademais dun cabalo, un toro, un paxaro e unha lámpada.Picasso realizou 45 bosquexos ata dar co conxunto.

Describe os símbolos que Picasso incluíu no cadro e explica cal pode ser o seu significado

Pensas que o cadro reflicte o horror dunha guerra? Por que?

Como imaxinas a Picasso en cada unha das etapas (preparación, incubación, iluminación everificación) do proceso creativo do Guernica?

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 9

O Gateway Arch de Saint Louis(Missouri), un dos arcos catenariosmáis famosos do mundo, foiconstruído en 1965

Page 10: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N10

Soños químicos

A creatividade alimenta asúa propia lendaEn 1890 o veterano químico AugustKekulé recibiu unha homenaxe, na querelatou como acadou a fama. Case 30anos antes descubrira a estruturainterna do benceno, un líquidoaromático que intrigaba aos científicos.

Segundo Kekulé, un día, canso detraballar no problema do benceno,decidiu botar unha soneca. Entónsoñou cunha serpe que mordía na súapropia cola. De súpeto, espertou convencido de que as moléculas debenceno tiñan forma de anel.

2

PASAS CINCO ANOS DA TÚA VIDA SOÑANDO. ALGUNHA VEZ DECHES COASOLUCIÓN A UN PROBLEMA MENTRES DURMÍAS? Cando dormes, o teu cerebro alternaciclos de actividade de sono profundoe sono superficial cada 90 minutos. A maioría dos soños ocorren na partesuperficial do ciclo, cando estás casedesperto. Neses períodos os ollosmóvense rapidamente baixo aspálpebras. Isto é o sono REM (doinglés Rapid Eye Movement,movemento ocular rápido). Sedespertas a alguén durante esta fase, ten o 80% de probabilidades de recordar o que estaba a soñar. Sono REM Sono lixeiro Sono profundo

Horas 1 2 3 4 5 6 7 8

!maxina. No “momento Eureka!” prodúcese un salto mental, como unha chispa nocerebro. Entón sentimos unha grande emoción e temos a certeza de solucionar unproblema.

ESPERTO

DURM

IDO

!maxina

Page 11: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 11

CADERNO DE SOÑOSÉ difícil acordarse dos soños, mais se anotas o que recordas xustoao despertar, os teus apuntes poderán axudarte a rememoralos equizais a resolver un problema importante.

SENTE A CHISPA DA CREATIVIDADE Con que números continúa esta serie?

A figura A pódese formar con tres dos cinco fragmentos indicados polasletras b, c, d, e, f. Cales son os fragmentos non válidos?

Falta unha letra. Cal é? E C H T R X C __ F

[SOLUCIÓNS AO FINAL DA GUÍA]

6

A

bc

d

fe

24 20 5 9 36 32 ? ?

luns martes mércores xoves venres

Page 12: Eureka! Guía da exposición

AQUÍ TES A RELACIÓN DAS MUSAS CLÁSICAS E AS SÚAS DISCIPLINAS

EN QUE MATERIAS ACTUAIS BOTAS DE MENOS UNHA MUSA? Podes debuxar como imaxinas a musa da informática, da bioloxía, do xornalismo…?

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N12

A casa das musas

O museo é o fogar das musas, unhasdeusas da mitoloxía grega queinspiraban aos creadores nas súasdiferentes disciplinas. Nove foron asmusas clásicas que abarcaron acreación cultural da época.

3!maxina

CALÍOPE

CLÍO

ERATO

EUTERPE

MELPÓMENE

POLIMNIA

TALÍA

TERPSÍCORE

URANIA

PANTOMIMA

POESÍA LÍRICA

DANZA

POESÍA ÉPICA

ASTRONOMÍA

COMEDIA

HISTORIA

MÚSICA

TRAXEDIA

!maxina. “Deberíannos ensinar anon esperar pola inspiración para iniciaralgo. É a acción a que xenera inspiración”.FRANK TIBOLT, escritor (1897-1989)

Page 13: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade 13

IMAXINA QUE EXISTE UNHA CINTA INFINITA, DUN SÓ LADO E QUE SE ACORTAS Á METADE NON CONSEGUES DÚAS CINTASNon a imaxines, fabrícaa!

1. Corta unha tira rectangular de papel, canto máis longa mellor

2. Xira un dos extremos 180º

3. Pega os extremos libres. Acabas de facer unha banda de Möbius

EXPERIMENTA COA BANDA DEMÖBIUS

1. Debuxa un punto de cor vermella encalquera lugar da banda. No quepenses que é outro lado pinta unpunto de cor azul. Que sucede sedeslizas o dedo desde un punto aooutro?

2. Corta lonxitudinalmente a banda deMöbius. Volve a deslizar o dedo desdeo punto vermello ao punto azul. Queocorre?

UNHA SUPERFICIE ÚNICA

Agora que construíches unha bandade Möbius, pode parecer sinxeloacadar unha superficie na quepara pasar dun lado aooutro non haxa queatravesar ningúnborde. Mais houboque esperar ata oséculo XIX paraque A.F. Möbiusa descubrise.

D

P

T

August FerdinandMöbius (1790-1868) foi un matemático eastrónomo alemán

Ilustración do pintor holandés M. C. Escher, famoso polas súas

figuras imposibles

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N

Page 14: Eureka! Guía da exposición
Page 15: Eureka! Guía da exposición

“Un home cunha idea nova é

un tolo ata que a idea triunfa”

MARK TWAIN (1835-1910), escritor

!dea

Page 16: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N16

Cores rechamantes

O cerebro atáscase coas mensaxes contraditoriasNeste xogo ti loitas contigo mesmo. Ao ler o nome dunha cor, o teucerebro imaxina esa mesma cor. Cando se contradín o nome e a corque ves, a túa reacción é máis lenta e mesmo cometes erros.

Para xogar ben, tes que conter a túa resposta automática e escolleroutra. Por iso, o tempo de reacción úsase para medir a flexibilidademental.

4!dea

!dea. As respostas e reaccións automáticas condicionan o noso pensamento.Para sermos creativos temos que ser flexibles, e superar os nosos esquemasmentais preestablecidos

CRONOMETRA O TEMPO QUE TARDAS EN DICIR DE QUE COR SON ESTASPALABRAS, EMPEZANDO POLA ESQUERDA E DE ARRIBA A ABAIXO

TEMPO:

AMARELONEGRO

NEGRO

NEGRO

NEGRO

NEGRO

VERMELLO

VERMELLO

VERMELLOVERMELLO

VERMELLO

AZUL

AZUL

AZUL

AZULAZUL

AMARELO

AMARELO

AMARELO

AMARELO

Page 17: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 17

SGEUNDO UN ETSDUIO DUNHA UIVENRSDIADE IGNLSEA, non ipmontra a odreno que as ltears eetsan ersciats, a uicna csuoa ipormnate é que a pmrireia e a utlima lteraestaen ecsritas na psiocion cocrreta. O rsteo poedn estar ttaolmntee mal e adina así seporeda ler sen pobrleams. Esto é pquore non leoms cada ltera por se msema sneon apaalbra cmoa un tdoo.

ILUSIÓNS VISUAIS As ilusións visuais fannos ver cousas que non se corresponden coa realidade. A explicacióna este fenómeno hai que buscala no cerebro, en concreto nas súas estratexias paraeconomizar unha enerxía que é necesaria noutras funcións vitais.

As figuras destas dúas imaxes son da mesma cor ou non? Proba a tapar todomenos dúas delas. Que sucede? Comprobarás que o contraste co fondo fai que onoso cerebro interprete que teñen cores distintas cando teñen a mesma.

Cantos puntos negros hai na imaxe?

Page 18: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N18

Abre as orellas

Grandes éxitos da música creativaGoza destes músicos que racharon cos esquemas da súa época. Crearonun estilo propio. Unha música nova, alternativa ou de fusión, difícil declasificar.

5!dea

NESTA DIRECCIÓN WEB DO PROGRAMA SPOTIFY PODES ESCOITAR UNHASELECCIÓN DE MÚSICA CREATIVA

http://bit.ly/b4DKDa

QUE OUTRAS CANCIÓNS ENGADIRÍAS?

título álbumautor

Page 19: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 19

DODECAFONISMO

O dodecafonismo é unha corrente musical que xurdiu a comezos do século XX. Consisteen lograr composicións nas que só se utilizan doce notas que duran exactamente omesmo. Ademais non se pode repetir ningunha nota da composición ata que se tocarontodas. Es quen de facer unha melodía dodecafónica?En www.youtube.com tes moitos exemplos deste tipo de música. Busca unha para

escoitar na clase. En que tipo de música a clasificarías? Rock, pop, clásica, alternativa…?Que diferencias atopas coa música máis tradicional?

XENIOS INCOMPRENDIDOS

Comic Calvin&Hobbes (08/10/2004)

Aínda que hai xenios que destacan desde pequenos, como o compositor WolfgangAmadeus Mozart, moitos non acadan a fama ata maiores ou incluso despois de mortos.Contan que unha discográfica rexeitou aos Beatles porque crían que os grupos demúsica xa non vendían. A Juventus non fichou a Maradona porque o vía moi baixo.Einstein foi considerado un alumno torpe. E o pintor Vincent Van Gogh so vendeu uncadro en vida.

!dea. As persoas creativas corren o risco de que, ao principio, as súas propostassoen estrañas. Son orixinais e novedosas, afástanse do habitual. Por iso, moitos artistastardan en conectar co gran público.

Page 20: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N20

Mira quen fala

Aprender é facer ximnasia coa menteOs humanos aprendemos a falar nos tres primeiros anos de vida.Durante ese proceso, na metade esquerda do cerebro crece moi rápidoo número de conexións entre neuronas.

Nas imaxes vemos como progresa, ata unha idade de 36 meses, aárea do cerebro onde reside a fala. Aparece unha substancia branca. É amielina, imprescindible para que a información circule entre as neuronas.

6!dea

A MIELINIZACIÓN é o proceso de recubrimento das conexións entre neuronas que permiteunha adecuada transmisión de impulsos nerviosos. É un feito fundamental tralo nacemento.As imaxes permiten relacionar o ritmo co que se produce a mielinización das zonas cerebraisnas que se localizan as habilidades da linguaxe, co desenvolvemento destas habilidades noneno.

6 meses 10 meses

30 meses 36 meses

Page 21: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 21

HAI RELACIÓN DIRECTA ENTRE TAMAÑO CEREBRAL E INTELIXENCIA?

O CEREBRO DE PRIMEIRA MAN

Material: luvas de látex, flexo, pinzas,bandexa de plástico e lupa.

Proceso: adquirir uns miolos de cordeiro nacarnicería, e despois observar e describir asseguintes partes:

1. As circunvolucións cerebrais son aselevacións tortuosas da superficie docerebro.

2. Os dous hemisferios cerebrais, dereito eesquerdo.

3. Diferenciar entre cerebro, cerebelo,córtex prefrontal, médula espinal ehipocampo.

4. Coas pinzas tratar de separar as finasmembranas que envolven o cerebro, chamadas meninxes.

!dea. O cerebro cambia durante toda a vida. A aprendizaxe estimula a creación denovos circuítos nerviosos, polos que viaxa a información.

Xabarín Golfiño Humano

Esquema dun cerebro de cordeiro

CEREBRO

CEREBELO

MÉDULAESPINAL

HIPOCAMPO CÓRTEXPREFRONTAL

Page 22: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N22

Bailarina dual

A realidade pode ser ambigua, o cerebro nonHai un presunto test de personalidade que se propagou por Internet:se es unha persoa creativa, ves xirar a bailarina no sentido das agullasdo reloxo; se es máis ben analítico, ves que xira no sentido contrario.

En realidade, se tes paciencia,verala xirar primeiro nun sentido elogo noutro. Pode ser válido un testde personalidade cando o resultadopara unha mesma persoa cambia encousa de segundos? A bailarina é sóunha divertida e ambigua ilusiónvisual.

7!dea

NESTA DIRECCIÓN WEB PODES VER ABAILARINA EN MOVEMENTO:

http://bit.ly/fCSA

• Cara que lado a ves xirar?

• Podes facer que xire cara o outro lado?

Aquí, un bo truco para vela xirar en ambasdireccións:

http://bit.ly/ao2bFn

!dea. Onde reside a creatividade? Cada metade do cerebro realiza algunhas tarefasconcretas. Pero para habilidades máis complexas, como ser creativo, precisas que osdous hemisferios cooperen.

Page 23: Eureka! Guía da exposición

REPARTO DE TAREFASO neurobiólogo Roger W. Sperry obtivo o Premio Nobel deMedicina de 1981 polos seus descubrimentos sobre asdiferentes funcións de cada hemisferio cerebral. Oesquerdo, que dirixe a parte dereita do corpo, éespecialista en pensamentos ligados á palabra. As súaspreferencias son a lectura, as clasificacións, o análise, aescritura, a aritmética… O dereito, que controla a parteesquerda do corpo, está especializado na percepciónvisual e espacial. A súa maneira de encarar o mundo noné ordenada e secuencial.

ESTIMULA OS TEUS HEMISFERIOS

1. Minto ou digo a verdade?Non garanto que sexa insostible negar o contrario da veracidade das miñas afirmacións.

[SOLUCIÓN AO FINAL DA GUÍA]

2. Durante dous minutos examina atentamente estes debuxos. Despois pecha a guía eintenta reproducilos noutra folla, non importa a orde. Cantos lembras?

3. Con esta lista de ingredientes: cenorias, patacas, viño, leituga e lacasitos, inventadeunha receita viable que os conteña todos. Cal é a máis apetitosa?

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 23

Roger W. Sperry (1913-1994) foi unneurobiólogo americano

Page 24: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N24

Copy Right

Temos que liberar a nosa mente para copiarCando copias unha imaxe entran en conflito as dúas metades do teucerebro. A esquerda recoñece obxectos e trata de debuxalos; a dereitasó pretende reproducir as liñas, formas e cores por separado.

Se lle das a volta á imaxe, o hemisferio esquerdo queda fóra dexogo porque non recoñece a figura. E o dereito queda máis libre parafacer unha boa copia. Este é un truco moi usado polos falsificadores.

COPIA AS SEGUINTES IMAXES PRIMEIRO AO REVÉSE DESPOIS AO DEREITO. Cal parécese máis ao orixinal?

8!dea

Page 25: Eureka! Guía da exposición

SÓ OS HUMANOS TEMOS COMPETENCIAS DIFERENTES ENTRE OSHEMISFERIOS CEREBRAIS

INTELIXENCIA VISUAL

Cales dos segmentos “a”, “b”, “c”, forman parte da liña “d”?

[SOLUCIÓN AO FINAL DA GUÍA]

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 25

!dea. Algunhas das habilidades do cerebro están repartidas entre as súas dúasmetades. O hemisferio esquerdo é máis analítico (examina, mide, encontra parecidos).O dereito, máis imaxinativo, ten talento para procesar imaxes.

d a c

b

HEMISFERIO ESQUERDO

Se lle da benfalar, escribir,

contar, asmatemáticas, os

procesos lóxicos…

HEMISFERIO DEREITO

É experto ensensacións, sons,imaxes, a visiónespacial...

Page 26: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N26

9!dea

A túa bola

Miramos cos ollos pero vemos co cerebroA realidade que vemos está determinada polo noso estado de ánimo,expectativas ou desexos. Tamén polas nosas experiencias previas navida. Ante unha mesma situación, cada un constrúe a súa versión.

VERSIÓNSEscribe a túa versión do que acontece nestecadro.

1. Quen será a persoa que grita?

2. Onde está?

3. Por que ten esa cor o ceo?

4. Quen son os persoeiros do fondo?

5. Despois busca información sobre o autor.Que quixo plasmar neste cadro?

“O Grito”, de Edvard Munch (1863-1944)

Page 27: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 27

COMO VES O MUNDO?Escribe un titular para cada un dos fragmentos das seguintes noticias, ecompáraos cos que imaxinaron os teus compañeiros.

«Los biólogos creen que hay que tener cuidado con las conclusiones. “Siempre existealgún joven que le echa descaro y come delante de la gente”, precisa Palomero. Losseguimientos a la población cantábrica no revelan una mayor agresividad. “Ni siquiera lospaisanos de más edad en pueblos del Cantábrico recuerdan un ataque a un ser humanocon resultado de muerte”, concluye».

Titular:

«La técnica, que se ha elaborado en colaboración con el Banco de Sangre y Tejidos de laUniversidad Autónoma de Barcelona (UAB), es pionera en el mundo y ya se ha aplicado amedio centenar de personas con muy buenos resultados. El tratamiento constituye unanueva tecnología aplicada a la cirugía que no requiere reconstrucciones posteriores ni lacolocación de prótesis».

Titular:

[OS TITULARES ORIXINAIS AO FINAL DA GUÍA]

CALIDOSCOPIO

“E é que no mundo traidor / nada haiverdade nin mentira / todo é segundo a cor / do cristal co que se mira”.

Ramón de Campoamor(1817-1901), poeta asturiano.

!dea. O cerebro convirte en información o que percibe polos sentidos. Despois aalmacena, clasifica e reutiliza. Por iso as vivenzas de cada persoa determinan a súaforma de ver o mundo.

Page 28: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N28

Ata o infinito e máis aló

Constrúe solucións creativas con ladrillos deimaxinaciónTodos podemos voar coa mente: imaxinar é unha capacidade innatados seres humanos. Para ser creativos, ás veces temos que sortear oslímites que a realidade (e tamén nós mesmos) impón ás nosas ideas.

SÍNTETE LIBRE PARA DEBUXAR A FIGURA QUEQUEIRAS CON ESTAS PEZAS

10!dea

Page 29: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 29

ONDE RESIDE AIMAXINACIÓN?

Os científicos pensan que aimaxinación ubícase no lóbuloparietal do cerebro. Grazas aosavances nas técnicas de diagnósticopor imaxe, parece que é o lóbuloparietal o que nos permite voar ouviaxar sen mover do sitio. Perotamén nesta parte do cerebro xorden as alucinacións ou os delirios.

PON A TRABALLAR O TEULÓBULO PARIETALSaberías dicir o que significan estespictogramas?

1:2:3:4:5:6:7:8:9:10:11:12:13:14:15:16:17:18:

!dea. O cerebro procesa igual o que imaxinas e o que percibes polos sentidos. Poriso a imaxinación é unha grande ferramenta para resolver problemas reais.

LÓBULO FRONTAL

LÓBULO TEMPORAL

LÓBULO PARIETAL

LÓBULO OCCIPITAL

1 2

3 4 5 6

7 8 9 10

11 12 13 14

15 16 17 18

[SOLUCIÓNS AO FINAL DA GUÍA]

Page 30: Eureka! Guía da exposición
Page 31: Eureka! Guía da exposición

“Se a inspiración non vén a

min, saio ao seu encontro á

metade de camiño”

SIGMUND FREUD (1856-1939), médico

!nspírate

Page 32: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N32

Arquímedes se coroa

Cando o enxeño desborda a bañeiraUn día o rei Hierón II pediulle ao sabio Arquímedes que averiguara sea súa coroa era de ouro puro. O rei sospeitaba que o artesán quedaracon parte do ouro que lle entregara para facela, sustituíndoo poroutro metal.

A coroa pesaba o mesmo quea peza de ouro orixinal.Arquímedes pensou que se tiñaalgo dun metal máis lixeiro, acoroa tería que ocupar máisespazo que un anaco de ouropuro do mesmo peso. Pero,como comprobalo?

Conta a lenda que Arquímedes, dándollevoltas ao problema, meteuse na bañeira.Ao ver como rebordaba a agua, viu claraa solución. Saíu espido á rúa e correugritando «Eureka!» («Atopeino!», engrego antigo).O seu enxeñoso descubrimento serviu

para demostrar que a coroa era un timo.O famoso “principio de Arquímedes” foia fin do artesán: o rei mandounoexecutar.

11!nspírate

“Arquímedes pensativo” polo pintorDomenico Fetti (1589-1623)

Page 33: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 33

Marc Andreessen revolucionou osfogares a finais de 1994 conNetscape. Por iso foi portada darevista Time con só 24 anos

O CATALIZADOR DE INTERNET

Netscape foi o detonante da revolución deInternet. Aquel navegador era máis sinxelo de usare tiña importantes melloras respecto aos seuspredecesores. Así, en 1995, millóns de persoas detodo o mundo asomáronse á Rede a través deNetscape. Foi o catalizador que fixo realidade aaldea global que é Internet.

EXPERIMENTA O EMPUXE

• Material3 dinamómetros, 3 esferas iguais pero dedistintos materiais (por exemplo: madeira,plástico e papel), 3 vasos grandes iguais.

• ExperimentoPrimeiro apunta a masa de cada unha dasesferas. Despois enche coa mesma cantidade deauga os tres vasos. Que cres que sucederá aointroducir as esferas na auga? Compróbao e describe o que observas.

!nspírate. En 1989 Tim Berners-Lee creou a Web, xuntando dous inventos quexa existían: o hipertexto e Internet. Demostrou un grande inxenio. Tivo a capacidade derelacionar dúas cousas para inventar unha terceira, moito maior que a suma de ambas.

Page 34: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N34

Enche bocadillos

O enxeño convirte o difícil en fácilSe o cine é a sétima arte, o cómic aspira a que se lle recoñeza como anovena. O que poden parecer simples historietas, son en realidade ofroito dun complexo proceso creativo.

A experiencia, a dedicación e o método de traballo dos autores decómic fan que o seu talento agrome con rapidez. Aquí podescomprobar que, só encher os bocadillos, require unha boa dose deenxeño.

DIALOGUISTA POR UN DÍA

Escribe posibles diálogos para estes cómics

12!nspírate

Page 35: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 35

!nspírate. O en-xeño é a axilidade mentalpara encontrar soluciónscreativas. É unha habili-dade típica de escritoresou artistas en xeral, y deos autores de cómic enparticular.

XOGOS DE ENXEÑO

1. Un día o gobernador do país Kgovjni, imaxinado por Lewis Carrol, autor de “Aliciano país das marabillas”, decidiu ofrecer unha cea moi restrinxida. Con esta fin,invitou ao curmán do seu pai, ao sogro do seu irmán, ao irmán do seu sogro e aosogro do seu cuñado. Cantos invitados foron á cea?

2. Corenta e cinco pódese restar de corenta e cinco de tal modo que o resto sexacorenta e cinco. Pero, como?

[SOLUCIÓNS AO FINAL DA GUÍA]

Page 36: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N36

Agochados nas nubes

Nos primeiros anos de vida adquirimos unha facultade singular comapoucas. Aprendemos a imaxinar, a construír realidades diferentes dasque percibimos polos sentidos.�

Que agochan as formas das nubes? As figuras que vexas estáncondicionadas polas túas experiencias, motivacións e intereses.

SAÍDE AO EXTERIOR, TOMBÁDEVOS EN COLCHONETAS MIRANDO AO CEOTRANQUILAMENTE E IDE DICINDO EN VOZ ALTA AS FORMAS QUE VEDESNAS NUBESCanto máis te relaxes, máis imaxinativo serás.

13!nspírate

Page 37: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 37

CONDUCE A TÚA IMAXINACIÓN

Normalmente as fantasías aparecen no noso pensamento sen control, pero taménpodes controlar as imaxes da túa mente. Isto sucede cando usas a imaxinación. Porexemplo, intenta lembrar cantas habitacións ten a túa casa. Podes facelo imaxinando queestás camiñando por elas?

QUE PAÍS ESTÁS A MIRAR?

Estes estraños e irregulares contornos son dez países de Europa. Podes identificar as nacións representadas?

1 2 3

5

7

64

[SOLUCIÓN AO FINAL DA GUÍA]

Page 38: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N38

Ciencia infusa

A intuición está feita de razoamentos subterráneosAristarco de Samos viu o universo ao revés que o resto de sabios dasúa época. No século III a.C., este astrónomo grego foi o primeiro endefender que a Terra e os planetas xiran arredor do Sol.

É un exemplo de intuición xenial, pois daquela non había unhabase para un razoamento tan avanzado. Pasaron case 2.000 anos ataque Copérnico puido apoiar a intuición de Aristarco cunha teoríacientífica.

O SISTEMA SOLAR

Moitos séculos antes de Cristo os astrónomos descubriron que no ceo había sete astrosque cambiaban de constelación. Os gregos os bautizaron como asteres planetai –estrelaserrantes– e os babilonios lles deron tal importancia que crearon unha semana de sete díaspara poder honrar a cada un deles. A semana ten un día para a Lúa, Marte, Mercurio,Xúpiter, Venus, Saturno e o Sol.

14!nspírate

!nspírate. Coa intuición chegamos ao coñecemento, aparentemente sen pasarpolo razoamento. En realidade, antes dun golpe de intuición, o noso inconsciente procesaun montón de información que adquirimos coa nosa experiencia.

Page 39: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 39

QUE NON TE ENGANE A TÚA INTUICIÓN

A. Que péndulo oscila máis rápido? 1. a2. b3. igual

B. Que figura indica como se vería un reloxo nun espello?

1. a2. b3. c

C. Cando a roda dentada da esquerda xira na dirección indicada, en que sentido xiraráa roda dentada da dereita de todo?

1. a2. b

[SOLUCIÓNS AO FINAL DA GUÍA]

a b

ba

a b c

Page 40: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N40

Se non o creo, non o vexo

Unha palabra pode cambiar unha imaxe parasempreOculto na imaxe, hai algo moi familiar pero difícil de recoñecer aprimeira ollada. Proba a deixar voar a túa imaxinación.

Ás veces non chega coa imaxinación e a paciencia, necesitaspistas. Está no centro da imaxe e mira cara ti. En canto saibas o queé, recoñeceralo de contado. E unha vez que vexas o animal oculto,serache imposible mirar a imaxe sen velo.

15!nspírate

[SOLUCIÓN AO FINAL DA GUÍA]

Page 41: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 41

!nspírate. A inspiración cambia a nosa visión da realidade. Unha vez que ato-pamos unha nova maneira de ver un problema, unha situación ou a unha persoa, nonpodemos volver a velo como o víamos antes.

SONRISAS FALSAS

Que che inspiran estes rostros?

Podes descubrir cales destas risasson falsas?

“A inspiración existe, pero ten queatoparte traballando””

Pablo Ruiz Picasso (1881-1973), pintor e escultor español

1 2

3 4

5 6

[SOLUCIÓN AO FINAL DA GUÍA]

Page 42: Eureka! Guía da exposición

Arco da vella nunbosque

Arco da vella dobre

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N42

Quéimache a curiosidade?

O arco da vella ten unha cor quente e invisibleO curioso astrónomo William Herschel argallou un creativoexperimento para medir a temperatura das cores. Primeiro fixopasar luz solar por un prisma de cristal, que a descompuxo envermello, alaranxado, amarelo, verde, azul, anil e violeta.

Despois usou un termómetro de mercurio para medir atemperatura de cada cor. Nunha zona preto do vermello, onde xanon se vía nada, o termómetro disparouse. Herschel descubrira aquente radiación infravermella.

MAXIA NATURAL

Cando os raios do sol atravesanpequenas gotas de auga que hai naatmosfera aparece o arco da vella: unarco multicolor co vermello cara fóra e ovioleta cara dentro. No medio están oalaranxado, amarelo, verde, azul e anil.En total, as sete cores visibles.

Menos frecuente é o arco da vella dobre,que inclúe un segundo arco máis tenuecoas cores invertidas, é dicir co vermellocara o interior e o violeta cara o exterior.

16!nspírate

Page 43: Eureka! Guía da exposición

A VOLTAS COA LUZ

Descomposición da luzO físico Isaac Newton demostrou no século XVIII, coaaxuda dun prisma, que a luz branca do sol contén assete cores do arco da vella. Imos reproducir o seuexperimento.

1. Tapa unha ventá e deixa só un pequeno orificiopolo que entre un fino raio de luz.

2. Consegue unha lente convexa e colócaa natraxectoria do raio.

3. Agora fai pasar o raio por un prisma de cristal.4. Finalmente proxecta sobre unha superficie branca o

raio que sae do prisma.

Cámara escura A cámara escura é un instrumento que permite obter a proxección dunha imaxeexterior sobre a superficie dunha zona interior da cámara escura. É un dos dispositivosancestrais que levou ao desenvolvemento da fotografía. Imos facer unha cámaraescura xigante.

1. Busca unha habitación con vistas e déixaa totalmente a escuras.

2. Na ventá cara ás vistas fai un pequeno burato polo que entre un fino raio de luz.

3. Como se proxecta o raio na parede contraria?

Neste enlace podes verun espectacularexperimento de cámaraescura:http://bit.ly/4A1B4t

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 43

!nspírate. A curiosidade innata dos humanos estimúlanos a explorar, investigare aprender. É algo propio da infancia. Para ser creativo é importante conservar sempreesa curiosidade.

Page 44: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N44

Paciencia radioactiva

O tesón ilumina o camiño do descubrimentoMarie Curie inverteu catro anos e os aforros en illar un novoelemento químico: o radio. Cada tarde, despois de traballar, ía coseu marido Pierre a un alpendre con goteiras. Alí, quilo a quilo,machacou e desfixo con ácidos unha tonelada de rochas depechblenda.

O resultado foron 0,1 gramos de sal de radio, tan radioactiva quebrillaba e lles producía queimaduras. A constancia nesainvestigación serviulle a Marie Curie para acadar o título de doutorae dous premios Nobel.

A NÚMERO UN DA QUÍMICA

A imparable carreira de Marie Curieacelerouse cando escolleu os raiosdescubertos polo físico francésBecquerel como tema para a súatese doutoural. O estudo de aqueles raios levouna

ao achado da radioactividade, poloque obtivo un premio Nobel de Físicaen 1903. En 1911 chegou osegundo, esta vez en Química, polodescubrimento do radio.

17!nspírate

Recreación de Marie Curie(1867-1934) no momentode atopar o radio

Page 45: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 45

!nspírate. Sen a constancia de persoascomo Thomas Alva Edison, non contariamos conmoitos avances actuais. Edison realizou preto de1.000 intentos antes de idear a primeira lámpadaque funcionou durante varios días.

“Non fracasei, só descubrín 999 xeitos de comonon facer unha lámpada“

Thomas Alva Edison (1847-1931), foi un empresario eprolífico inventor estadounidense

PON A PROBA Á TÚA CONSTANCIA CON ESTES ADIVIÑAS

Que é o que ten raíces que ninguénve, é moito máis alto que asárbores, e elévase, elévase, elévase,pero nunca crece?

Que se humedececando seca?

Cantos máis deles acumulas, máisdeles deixas para os que veñendetrás

[SOLUCIÓNS AO

FINAL DA GUÍA]

Page 46: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N46

Dálle unha voltiña…

O pensamento pode saírse pola tanxenteAdestra a túa creatividade con problemas de “pensamento lateral”.Para resolvelos debes sacarlle o máximo partido a túa mente edeixar de lado os pensamentos lóxicos tradicionais. En lugar depensar en vertical, sobre o que xa existe, debes facelo en lateral,sobre o que podería existir.

PENSA EN LATERAL

1. Laura e Xurxo están mortos no chan. Afiestra da habitación está aberta. Hai unpequeno charco de auga e anacos devidro xunto aos seus corpos. Que sucedeu?

2. Na metade do campo, nun día soleado,vese unha zona de herba húmida, unhacenoria, un sombreiro vello e dous anacosde carbónQue pasou?

18!nspírate

Page 47: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 47

3. Un home agoniado polo seu xefe pensa encambiar de traballo. Vai levar o seucurrículum a un cazatalentos, pero no últimomomento usa o pensamento lateral. Que fai?

4. Xaime é o parvo do pobo. Sempre que lledan a escoller entre dúas moedas (1 euro e50 céntimos) elixe a de menor valor. Unamigo trata de advertirlle da mofa, e Xaimerespóndelle…

[SOLUCIÓNS AO FINAL DA GUÍA]

!nspírate. Non é sinxelo esquivar as pautas habituais de pensamento. As ca-deiras son para sentarse, o chan para camiñar… Cando rompemos con patróns obvios,podemos ter ideas máis creativas e innovadoras.

Page 48: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N48

…e pensa diferente

Se non ves a solución, cambia o teu punto de vistaCando afrontamos problemas adoitamos poñernos no peor doscasos, pensamos que a solución vai ser moi difícil. A técnica do“pensamento lateral” intenta que esquezamos iso.

Non todas as solucións son tan difíciles como imaxinabamos, ninprecisan dun complexo razoamento pola nosa parte.

DEIXA A UN LADO A LÓXICA

1. Une os nove puntos debuxando catro liñas rectas sen levantar o lapis.

2. Como sacarías a pelota do tubo?

19!nspírate

[SOLUCIÓNS AO FINAL DA GUÍA]

Page 49: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 49

!nspírate. O pensamento lateral é libre e asociativo, mentres que o vertical ca-racterízase pola análise e o razoamento. O pensamento lateral fomenta o noso enxeñoe o vertical a nosa lóxica.

SACA MÚSCULO AO TEU ENXEÑO

1. Un home vive nun edificio no décimo piso. Todos os días toma o ascensor ata aplanta baixa para ir ao traballo. Pola contra, cando volve toma o ascensor ata osétimo piso e fai o resto do percorrido polas escaleiras. Se ben o home detestacamiñar, por que o fai?

2. Unha muller entra nun bar e pídelle ao camareiro un vaso de auga. O camareiroaxeónllase buscando algo, saca unha pistola e apunta á muller. Ela di “gracias” emarcha.

3. No medio dunha corte completamente baleira, apareceu un home aforcado. Acorda ao redor do seu pescozo estaba atada a unha estada do teito. Era unha cordade tres metros. Os seus pes quedaron a un metro de altura do piso. A parede máiscercana estaba a sete metros do morto. Sen escalar as paredes ou trepar ao teito éimposible, como fixo?

4. Un home vai baixando as escaleiras dun edificio cando advirte subitamente que asúa muller acaba de morrer. Como o sabe?

[SOLUCIÓNS AO FINAL DA GUÍA]

Page 50: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N50

Tormenta de ideas

Loucura colectiva para potenciar a creatividadeNesta sala ten lugar unha sesión de brainstorming ou tormenta deideas. Unha ferramenta de traballo en grupo deseñada paraproducir ideas a eito e aproveitar a creatividade dos participantes.

20!nspírate

!nspírate. Xerar ideas en grupo pode estimular o entusiasmo, favorecer a im-plicación no traballo e mellorar o ambiente laboral. Detrás de grandes logros adoita haberun traballo en equipo.

Page 51: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 51

ESQUEMA DA PREPARACIÓN DUNHA TORMENTA DE IDEAS

BRAINSTORMING EN ACCIÓN

Seguindo as normas dunha sesión de tormenta de ideas, por equipos de 5 ou 6persoas, intentade atopar a solución aos problemas de tráfico que hai na vosa cidade.É importante que un dos participantes tome notas co fin de comentar os resultados.

Page 52: Eureka! Guía da exposición
Page 53: Eureka! Guía da exposición

“O importante é non cesar de

preguntarse cousas”

ALBERT EINSTEIN (1879-1955), físico

!nvestiga

Page 54: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N54

Doutores en curiosidade

A inspiración científica nace das cousas máispróximasO concurso Luís Freire de Investigación Científica para Escolarespremia desde 1999 a imaxinación e a creatividade dos alumnosgalegos de Secundaria. Primeiro expoñen unha pregunta relacionadacon procesos da súa contorna directa e da vida cotiá.

Logo selecciónanse as cuestións máis orixinais. Os escollidos teñentres meses para deseñar e realizar unha investigación na procura derespostas. Os finalistas explican as súas conclusións ante un xurado.

PREGUNTA!

Escribe aquí iso que tanto che intriga e que nunca te atreviches a preguntar. Pode ser o primeiro paso para gañar o concurso Luís Freire. Máis informaciónwww.casaciencias.org/luis-freire

21!nvestiga

!nvestiga. Os alumnos fanse moitas preguntas sobre cousas que non explicanos libros de texto. Adóitalles intrigar o que lles rodea. Fomentar esa curiosidade estimulaa súa creatividade.

Page 55: Eureka! Guía da exposición

pre

mio

luis

freir

eGAÑADORES DO PREMIO LUIS FREIRE

• 1999. Cal é a mellor combinación de froitas que pode funcionar como pilaeléctrica? Por Antonio Carballo González, Juan Bautista Iglesias Vidal, Mª CruzSeoane Gestal, Roberto Suárez Touzón e Óscar Pérez Rodríguez, do I.E.S. Cambre (ACoruña).

• 2000. Como inflúen no crecemento das plantas os distintos tipos de música, eos diferentes niveis de volume? Por Beatriz Barreiro González e Mª del RosarioMartínez Piñeiro, do colexio Casa de la Virgen de Cangas (Pontevedra).

• 2001. De verdade os corpos máis pesados caen máis rápido cos máis lixeiros?Diego Santoandré Vázquez, do I.E.S David Buján de Cambre (A Coruña).

• 2002. Por que non se estraga o pan bendicido na festa do Pai Eterno deQuintela de Humoso? Jorge López Carracedo, do I.E.S. Viana do Bolo (Ourense).

• 2003. A auga dos porróns arrefríase, mantén a súa temperatura ou quece?Irene Cid Tovar, do I.E.S. David Buján de Cambre (A Coruña).

• 2004. Pódese empregar papel usado para a fabricación de illantes acústicos?Por María del Carmen Piña Martínez, Natalia Martínez Fero e Omayra García Minaya,do I.E.S. Universidade Laboral de Ourense.

• 2005. Que forma de paracaídas detén mellor as caídas? Por Abel ÁlvarezRodríguez e José Manuel Jiménez Núñez, do I.E.S.º n 1 de Verín (Ourense).

• 2006. Os ovos frescos afúndense na auga e os vellos flotan. Podemosconstruír unha expresión matemática que relacione a profundidade cotempo transcorrido desde a posta? Por Bruno Díaz Marey, Yeray Pérez Vázquez,Marco A. Pillado Sobreira, Javier Rodríguez Ríos e Diego Vence Iglesias, do Centro“O Pedroso” de Santiago de Compostela (A Coruña).

• 2007. É certo que aguantando a respiración anúlase o efecto da picadura deestruga? Por Eva López Melero, Esmeralda Vázquez Prieto, Oscar GonzálezDaspenas, Natalia Carballal Candia e Rubén Prieto Ameneiro, do IES MonchoValcarcel das Pontes (A Coruña).

• 2008. É certo que unha culler colocada na boca dunha botella de cava abertaimpide a saída de gases? Por Santiago Cuquejo Rivero, Josué Gutiérrez González,Adrián Pérez Conde e Oscar Pérez Santás, do IES Universidade Laboral de Ourense.

• 2009. Que tipo de madeira produce máis cantidade de enerxía de biomasamediante unha combustión termoquímica? Por Tania Alonso Campos, LauraPardo Pérez e David Ginzo Manso, do IES Castro de Baroncelli de Verín (Ourense).

• 2010. Cal é o volume dunha gota de auga? Por Ainoa Portos Iglesias, AnaRodríguez-Losada Suárez-Pumariega e Carmen Taibo Barbeito, do IES David Buján deCambre (A Coruña).

DESCUBRE OS GAÑADORES DAS SEGUINTES EDICIÓNS EN: www.casaciencias.org/luis-freire/palmares

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 55

Page 56: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N56

Fórmula maxistral

A creatividade cocíñase dentro de tiTodos temos ao alcance da mente os ingredientes da creatividade.Curiosidade, perseveranza, independencia, produtividade, audacia,flexibilidade, amplitude de miras, enfoque a longo prazo…

O secreto está en ter xeito á hora de mesturar o maior númerodestes compoñentes. Algunhas persoas nacen coa destreza decombinalos, outras atopan a súa fórmula creativa con máis esforzo.

CIENTÍFICOS CREATIVOS

Por grupos, buscade información sobre o traballo dos seguintes científicos: Arquímedes deSiracusa, Galileo Galilei, Isaac Newton, Antoine Lavoisier, Michael Faraday, Charles Darwin,Marie Curie e Dmitri Mendeleyev. Despois poñede en comúnas vosas investigacións. Que teñen en común estescientíficos? Como foron as súasexperiencias creativas?

22!nvestiga

!nvestiga. Soemos asociar a creatividade con brillantes ideas saídas da nada.Pero os grandes logros científicos agochan detrás moito esforzo. Algúns, incluso, xordensen que ninguén grite Eureka!

Page 57: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 57

OITO FORMAS DE EXERCITAR A CREATIVIDADE

EscoitaEscoita a radio ou mira a TV, e trata de imaxinar para que audiencias foronpensados os programas e por que. Intenta facelo en canles diferentes.

Supera o papel en brancoConsegue un papel en branco e un lapis. Despois crea a primeira personaxe queche veña á cabeza. Imaxina a súa vida: de onde ven, a que se dedica,…

Sé positivoCando queiras facer algo importante e a túa mente che diga que non podes,escribe nun papel a razón pola que non te cres capaz e despois busca razónspolas que si o es.

Sempre preparadoLeva sempre enriba un bolígrafo e un caderno. Nunca se sabe cando acreatividade asaltará a túa cabeza.

AprendeAumenta os teus coñecementos lendo libros, aprendendo idiomas, ensinando aalguén…

AvalíaCando lle botes unha ollada a unha revista avalía os anuncios, cales chaman máisa túa atención, por que.

ViaxaUnha das mellores formas para xerar ideas creativas é ir a lugares novos ousimplemente saír a dar un paseo.

Exercita o pensamento creativoFai encrucillados, sudokus, xeroglíficos,sopas de letras…

O obxectivo do sudoku é encher osespazos baleiros en cada caixa de noveocos, coas cifras do 1 ao 9. Non se poderepetir ningunha cifra nunha mesma fila nincolumna, dentro de cada caixa de noveocos. Queres probar?

[SOLUCIÓN AO FINAL DA GUÍA]

Page 58: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N58

Horas de voo

Aprender é facer ximnasia coa menteConstrúe un avión de papel e mellora o seu deseño tantas veces comoqueiras para lograr unha mellor calidade de voo. Así é como traballanos enxeñeiros.

Constrúe os seguintes avións seguindo as instrucións. Despois anota na táboa a distancia etempo de voo que acada cada modelo. Cal logra mellores resultados? Por que?

23!nvestiga

avión 1

avión 2

avión 3

Page 59: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 59

avión 4

avión 5

avión 6

ESTABILIZADORES

ALAS

avión 1

avión 2

avión 3

avión 4

avión 5

avión 6

DISTANCIA ACADADA TEMPO NO AIRE

Page 60: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N60

Ciencia Express

Non temas que a realidade che estrague unha boahipóteseDesde que nacemos, investigamos para adaptarnos ao mundo esobrevivir mellor. Os primeiros pasos son explorar o noso entorno eentender como funciona. Observamos a natureza, facémonospreguntas e pensamos en hipóteses para respondelas.

Para ser científico non podes quedar aí: debes poñer a proba astúas hipóteses.

TRUCOS DE EXPLORADOR

1. Presta atención2. Compara dúas cousas3. Faite preguntas4. Experimenta para comprobar as túas hipóteses5. Fai prediccións6. Mide e contabiliza7. Anota os teus descubrimentos8. Explica o que estás a ver9. Comparte a túa experiencia

24!nvestiga

Russel, o personaxe do nenoexplorador creado por Pixar napelícula “Up” (2009), é un boexemplo de explorador

Page 61: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 61

O MELLOR INVENTO

Fai unha relación de inventos que melloran a túa vida facéndote menos dependente domedio externo. Cantos se lograron no último século? Entre todos os que seleccionástedesna clase, votade polo que creades o mellor invento.

CRONOLOXÍA INVENTIVA DO SÉCULO XX

!nvestiga. Os avances científicos fannos máis independentes do entorno: conencoros e sistemas de regadío, aféctanos menos a seca; con calefacción e aire acondicio-nado, dependemos menos da temperatura exterior.

Page 62: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N62

SerendipiaOs sabios descobren cousas que non buscanO inglés Horace Walpole inventou a palabra serendipia en 1754,inspirándose no conto persa dos príncipes de Serendip, quedescubrían cousas por accidente.

As serendipias son descubrimentos científicos casuais, aos que sechega cando se están a buscar outras cousas. É o caso da penicilina oudos post-it.

As notas adhesivas foron a enxeñosa aplicación dun pegamentodefectuoso, que case non pegaba. O seu inventor usounas paramarcar un libro de canto.

PRIMER ANTIBIÓTICO

A penicilina, obtida do fungo Penicillium, foi o primeiroantibiótico. Desde o seu descubrimento salvou moitasvidas, gracias a un fallo nun desordenado laboratorio.Pero o seu achado no foi pura casualidade. Sen oscoñecementos e a actitude observadora de Fleming, esacasualidade tería pasado inadvertida.

25!nvestiga

!nvestiga. Alexander Fleming descubriu a penicilina por casualidade. Estudababacterias e unha das mostras contaminóuselle con fungos. En vez de tirarala, Fleming aexaminou. Entón descubriu que o fungo Penicillium matara ás bacterias.

Fungo Penicillium

Molécula de penicilina

Page 63: Eureka! Guía da exposición

“Para o investigador non existe ledicia comparable áde un descubrimento, por pequeno que sexa.”

Alexander Fleming, científico escocés (1881-1955)

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 63

CULTIVO DE MOFO

Mete una rebanda de pan de molde nunhabolsa de plástico cun algodón humedecidoen auga. Fai uns buratos na bolsa para queventile e déixaa nun lugar escuro e nondemasiado frío. Describe o que pasou logo de tres días. Observa o resultado coa lupa ou co

microscopio. O que ves, aseméllase aofungo que produce a penicilina?

Aspecto do fungo Penicilliumao microscopio óptico

Page 64: Eureka! Guía da exposición
Page 65: Eureka! Guía da exposición

“Nalgún sitio algo incrible

espera que o descubran”

CARL SAGAN (1934-1996), astrónomo

!nnova

Page 66: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N66

E ti, de quen vés sendo?

A natureza é fonte de tecnoloxíaDesde sempre a natureza serviunos de inspiración para creartecnoloxía. Ao ver flotar un tronco comezamos a pensar na navegación.Reparando nas ás dos paxaros soñamos con voar.

Algúns inventos non son tan sinxelos de deducir a partires dacontorna. A roda, por exemplo, é unha reflexión bastante complexa.Ningún animal se despraza con rodas.

BUSCA ENTRE A NATUREZA. DE ONDE COPIAMOS ESTES AVANCESTECNOLÓXICOS?

26!nnova

!nnova. O século XX foi revolucionario en descubrimentos. Pasaron menos de 70anos desde o primeiro voo dos irmáns Wright (1903) ata que o home chegou á Lúa(1969).

Agulla

hipodérmica

Morro do tren

bala

Avión

planador

Page 67: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 67

Estrutura

high-tech

Motor dun avión

a reacción

Submarino

Pantalla LCD

Canto dunha pa de

aeroxenerador

[SOLUCIÓNS AO FINAL DA GUÍA]

Page 68: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N68

3, 2, 1… Innovación!

A carreira espacial chega á túa casaObserva coa lupa este anaco de velcro. O seu inventor inspirouse encomo as sementes dalgúns cardos péganse ao pelo dos animais (etamén aos nosos calcetíns), e colonizan novos hábitats.

Ata a segunda metade do século XX o velcro pasou inadvertido. Foi a NASA quen o popularizou, cando os seus astronautas o

usaron para inmobilizar obxectos no espazo sen gravidade.

EN ACCIÓN!

27!nnova

!nnova. Algúns materiais de uso cotiá estreáronse en misións espaciais. Coas fibrasde kevlar fanse traxes de astronauta e tamén neumáticos. O mylar recobre satélites e seemprega como manta térmica nas urxencias hospitalarias.

Velcro Froito do cardo alpino

Page 69: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 69

NOMES DE PILA

Os nomes cos que adoitamos chamar aos novos materiais a miúdo son marcas comerciais,pois a nomenclatura científica é demasiado longa e difícil de pronunciar. Algúns exemplosson teflón, politetrafluoroetileno; pírex, vidro borosilicatado e o celuloide, nitrato decelulosa.

ATA A COCIÑA

Os novos materiais están presentes nasnosas casas, aínda que moitas veces nonreparemos niso: aceiro inoxidable, fibrasde carbono, lámpadas halóxenas… Sensaír da túa cociña, describe os novosmateriais que ves ao teu redor.

SEN ENVASES

Na actualidade, un 40% dos envases son de papel e cartón, un 36% de vidro, un 12,5%de plástico, un 6,3% son latas de estaño, un 1% de aluminio e un 3,5% de composites.Se tiveses que renunciar aos alimentos envasados, que produtos non poderías comer?Levarías unha dieta saudable? Aforrarías ou gastarías máis?

Tixola de teflón Recipiente de pírex Película de celuloide

Page 70: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N70

Renovarse ou morrer

A tecnoloxía rexuvenece co paso do tempoAínda que parezan fósiles tecnolóxicos, este aparatos eran de usohabitual hai menos de 60 anos. Os seus descendentes actuais cumprenas mesmas funcións básicas, pero teñen unha aparencia moi distinta.

Nas últimas décadas evolucionou moi rápido a súa forma, deseño,tamaño e materiais, mellorando moito a calidade das súas prestacións.

TODO VANTAXES?

Os aparatos actuais son todo vantaxes? Cres que teñen algún inconveniente respecto aosseus antecesores? Cales?

28!nnova

Page 71: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 71

!nnova. O desenvolvemento da electrónica a mediados do século XX desencadeouunha rápida evolución dos aparatos tecnolóxicos cotiás. O ritmo de evolución foi vertixi-noso, sen igual na historia da ciencia.

Page 72: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N72

!maxina

«¿Digamelón?»

Os aparellos evolucionan máis rápido que as palabrasSeguimos dicindo que “as lámpadas se funden”, aínda que nas novasnon hai filamento ningún que poda fundirse; seguimos “tirando dacadea”, aínda que a cisterna do váter agora se acciona cun botón.

Tras a revolución dos teléfonos móbiles, seguimos usando palabrase expresións malia que quedaron desfasadas, coma se fosen chistesvellos. En cambio, a xente deixou de usar aparellos como ocontestador ou o “busca”.

29!nnova

Avó, por que o teuteléfono antigo ten un

disco?

É que antes osteléfonos estaban fixos

na casa, conectadospor cable á parede.

Logo inventaron estesaparellos e chamáronsemóbiles porque podías

levalos

Avó porque me disque colgue o

teléfono candoqueres que remate

de falar?

É que antes se falabapor un auricular quese deixaba colgadosobre o teléfono aorematar a conversaAvó, por que lle

chamas móbil aoteléfono?

Para marcar había quemeter o dedo en cadanúmero e facelo xirar

ata un tope

Page 73: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 73

SOLUCIÓNS MÓBILES

De ser pesadas maletas ao alcance duns poucos nos anos 80, os teléfonos móbiles pasarona ser pequenos obxectos que caben en calquera peto. A maioría xa incorporan moitasmáis funcións que conversar: navegador de Internet, correo electrónico, conexión WiFi,axenda, música, vídeo, GPS… Integrar tantas funcións nun dispositivo tan pequeno presenta dificultades para

manexalo. Atopáronse dúas solucións diferentes: botóns e interface táctil.Comentade as vantaxes e inconvenientes das dúas solucións.

FITOS EN DIFUSIÓN

• A radio tardou 38 anos en chegar aos 50 millóns de oíntes.• A televisión alcanzou os 50 millóns de usuarios en 14 anos• Internet chegou aos 50 millóns de internautas en 4 anos.

Botóns Interface táctil

!nnova. A telefonía móbil dixital chegou a España en 1995. No ano 2000 xa habíamáis móbiles que teléfonos fixos. Desde 2006, en España hai máis liñas de telefonía móbilque habitantes.

Page 74: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N74

!maxina

Un pequeno paso para o home…

Os grandes inventos revolucionaron a HistoriaA creatividade tecnolóxica é un motor da Historia. Moitosdescubrimentos non só foron avances técnicos, senón que taméncausaron verdadeiras revolucións sociais.

Xa na Prehistoria, o dominio do lume e as primeiras ferramentas depedra foron puntos clave na nosa evolución. Descubre aquí novemarabillas tecnolóxicas da humanidade.

30!nnova

Ferramentas líticasOs nosos devanceirosinventaron as

ferramentas para poderaplicar a súa forza coneficacia. Así puideronconstruír refuxios, cazar,pescar, obter peles…

ComunicaciónsO invento dotransistor

revolucionou aelectrónica,permitindo o

desenvolvemento dosordenadores e de

Internet, o sistema decomunicación dasociedade global

Dominio do lumeCo lume, os humanospuideron quentar osseus refuxios, cociñar os alimentos, endureceros primeiros vasos debarro e manter lonxe ás

feras

Agricultura egandería

Os humanos fixéronseindependentes dastempadas de caza erecolección. Cun maiore máis continuosubministro dealimentos e peles,naceron as primeiras

civilizacións

EscrituraÉ unha resposta ánecesidade de ter unrexistro do gando, acolleita e a extensióndas terras. A escriturapermítenos coñecer osfeitos históricos dahumanidade

IndustriaO invento da máquinade vapor multiplicou acapacidade produtivade teares, muíños,

prensas, vehículos… Axente empezou a teracceso a todo tipo de

produtos

ElectricidadeA primeira aplicacióncotiá da electricidade foia iluminación de rúas ecasas, no século XIX.Logo foi o ventilador, edespois multitude deaparellos domésticos e

industriais

Medicina modernaNo século XX

duplicouse a esperanzade vida dos humanos,grazas a tres fitos damedicina: as vacinas, osantibióticos e as

técnicas avanzadas decirurxía e diagnóstico

AeronáuticaA aviación comercialpermitiu facer en

poucas horas viaxes queantes eran longas

travesías. Cambiou porcompleto o mundo da

empresa e o comercio

Page 75: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 75

MARABILLA TECNOLÓXICA

Moitas veces, cando usamos a palabra tecnoloxía, adoitamos referirnos a inventosmodernos e complexos, como os computadores ou os satélites. Con todo, tamén sontecnoloxía os obxectos de cada día como un abrelatas, un clip, unha cadeira, unha roda…Cal pensas que será a próxima marabilla tecnolóxica? Por que?

NOVOS MATERIAIS

A Idade do Bronce é o período daPrehistoria no que se desenvolveu esemetal, resultado de combinar cobrecon estaño. O descubrimento dobronce revolucionou a tecnoloxíaagraria, levando ao desenvolvementoda agricultura, a domesticación deanimais e aos asentamentospermanentes.Que vantaxes pensas que ofrecía o bronce

fronte á pedra que utilizaban antes os nosos devanceiros? Pendente-coitelo daIdade do Bronce

!nnova. A actual innovación científica e tecnolóxica moitas veces vai por diante dasleis. Os avances en biomedicina expoñen novas cuestións éticas e entran nun terreo ondeaínda non hai normas.

Page 76: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N76

!maxina

Tabletas dixitais

Están os ratos informáticos en perigo de extinción?Durante a primeira década do século XXI, fracasaron moitos intentosde popularizar as tablets, ordenadores portátiles con pantalla táctil. Acomezos de 2010, os fabricantes volveron presentar os tablets como anova revolución da informática.

Pero, son unha innovación importante? Ten futuro ese novo tipo deordenadores sen teclado nin rato?

31

QUE TEÑEN AS TABLETS?

Nos Museos Científicos Coruñeses desenvolvemos a Wikiteca, unha ferramenta paradixerir a actualidade científica. En www.casaciencias.org/wikiteca/tabletas-dixitaispodes atopar actividades online, curiosidades, xogos sobre as tabletas dixitais. Así é awikiteca.

!nnova

Page 77: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 77

!nnova. En 2001 Bill Gates presentou o Tablet PC, un portátil en cuxa pantalla po-días escribir cun lapis especial. Predixo que, en cinco anos, sería o computador máisusado.

QUIZ

OLLO CIENTÍFICO

As ventas de ordenadores portátiles superaronás de ordenadores de escritorio por primeiravez en Estados Unidos no ano:

2008

Arthur C. Clarke, escritor de ciencia ficción,está considerado o inventor das tabletas dixitais:

CREO QUE SÍ

NON CHO CREO

1998

2001

2010

En inglés, ordenador portátil dise “laptop computer”, que significa:

ORDENADOR AO QUE PODES DARLLE A VOLTA

ORDENADOR QUE PODES POUSAR NO REGAZO

ORDENADOR PARA USAR SENTADO

ORDENADOR QUE SE PECHA SOBRE SI MESMO [SOLUCIÓNS AO

FINAL DA GUÍA]

Page 78: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade G U Í A D A E X P O S I C I Ó N78

!maxina

Teléfono vs. ordenador

Primeiro houbo un teléfono en cada vila, logo un en cada casa. Coachegada dos móbiles, o teléfono pasou de ter un uso colectivo a serun aparello para uso persoal.

Os primeiros teléfonos portátiles eran pesadas maletas. Agoracaben na palma da man, grazas á innovación tecnolóxica que reduciuo tamaño das baterías.

32!nnova

Que similitudes e diferenzas atopas entre a evolución do teléfono e ocomputador? Cal crees que será o seguinte avance en cada un?

Page 79: Eureka! Guía da exposición

G U Í A D A E X P O S I C I Ó N ciencia e creatividade 79

Ordenador vs. teléfono

Primeiro o ordenador usábase só para traballar, logo tamén para aprendere xogar. Coa chegada de Internet, o ordenador pasou de ter un usosolitario a ser unha ferramenta para comunicarse e compartir información.

Os primeiros ordenadores ocupaban habitacións enteiras. Agora cabendentro dun teléfono móbil, grazas á innovación tecnolóxica que reduciu otamaño dos procesadores.

!nnova. Nos anos 60 e 70 críase que o seguinte gran avance sería a exploración es-pacial. Pero o cambio de milenio estivo marcado por outra revolución, a das comunicacións.O computador e o teléfono son dous símbolos desta nova era tecnolóxica.

Page 80: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade S O L U C I Ó N S D A G U Í A80

S O L U C I Ó N S

ÁMBITO IMAXINA

2. Soños químicosSente a chispa da creatividade• Con que números continúa esta serie?Cos números 8 e 12: 6 (x4), 24 (-4), 20 (:4), 5 (+4),9 (x4), 36 (-4), 32 (:4), 8 (+4), 12• A figura A pódese formar con tres dos cinco frag-mentos indicados polas letras b, c, d, e, f. Cales son os fragmentos non válidos? Fragmentos non válidos: c, e• Falta unha letra. Cal é?O “A”. Á primeira letra de cada grupo lle seguen aque ocupa dous postos antes na orde alfabética; e aesta, a que ocupa cinco postos despois na orde al-fabética.

ÁMBITO IDEA

7. Bailarina dualEstimula os teus hemisferios • Minto ou digo a verdade? Non garanto que sexa insostible negar o contrarioda veracidade das miñas afirmacións.Digo a verdade. Por unha banda, “Non garanto quesexa insostible”=pódese soster. Por outro, “negar ocontrario da veracidade”=verdade. “Pódese sostera verdade das miñas afirmacións”.

8. Copy rightIntelixencia visualOs segmentos contidos son “a” e “c”

9. A túa bolaComo ves o mundo?Titulares reais· Os osos viven máis tranquilos, pero seguen vagandoesquivos ao home· Desenvolven un xel de plaquetas que reconstrúe amama logo de extirpar o tumor

10. Ata o infinito e máis alóPon a traballar o teu lóbulo parietal1. Un medio que viaxa sobre raíles: tren ou metro.2. Hai caixas de seguridade.3. Indicación xenérica de aeroporto.4. Garaxe que pecha.5. Anuncio dunha taquilla.6. Cabina telefónica.7. Heliporto.8. Lugar onde se pode descansar.9. Lugar reservado para equipaxe.10. Anuncia unha caixa de correo.11. Porto marítimo.12. Indica que é posible tomar un almorzo. 13. Control de equipaxes14. Oficina de cambio de moeda15. Transporte público16. Indica que é posible comer.17. Control de pasaportes18. Posto de socorro.

ÁMBITO INSPÍRATE

12. Enche bocadillos• Xogos de enxeño1. Só hai un invitado. O gobernador ten un irmán eunha irmá, que a súa vez están casados cunha pare-lla de irmá e irmán. El tamén ten muller, que non tenirmáns. Os seis son netos da mesma parella, é dicir,todos son curmáns en primeiro grado. O pai do go-bernador ten un irmán, que é o pai da muller do go-bernador, e unha irmá, que é a nai dos cónxuxes dosirmáns do gobernador. 2. Os díxitos do 9 a 1 suman 45. Se os ordenas comodous números de nove díxitos, 987654321 e123456789, pódese restar o menor do maior. Así ob-tense un número de nove díxitos que a súa vez estáformado por todos os díxitos do 1 ao 9, 864197532.Se sumas todos os seus díxitos tamén da 45.

Page 81: Eureka! Guía da exposición

13. Agochados nas nubes• Que país estás a mirar?1. Portugal2. Austria3. Hungría4. Polonia5. Suíza6. Romanía7. Bulgaria

14. Ciencia infusa A. aB. cC. b

15. Se non o creo, non o vexo• Cal é o animal oculto?Cara ti está a mirar unha vaca.• Sorrisos falsos1, 2, 3 son falsas4, 5, 6 son auténticas

17. Paciencia radioactiva• Pon a proba a túa constancia con estes xeroglíficos1. Unha montaña2. Pasos3. Unha toalla

18. Dálle unha voltiña…• Pensa en lateral1. Laura e Xurxo son dous peixes

2. Había un boneco de neve

3. Dálle o curriculum do xefe ao cazatalentos

4. … se escollera as moedas dun euro, non me daríanmáis

S O L U C I Ó N S D A G U Í A ciencia e creatividade 81

Page 82: Eureka! Guía da exposición

ciencia e creatividade S O L U C I Ó N S D A G U Í A82

19. … e pensa diferente• Deixa a lóxica a un lado1.

2. Botar o leite no tubo e recoller a pelota cando subaflotando.

• Sácalle músculo ao teu enxeño1. O home en cuestión sufre de ananismo. Ese é o pro-blema polo cal non pode subir ata o seu aparta-mento polo ascensor: non chega coas mans ata obotón do décimo piso.2. A muller ten impo. O que fai o camareiro é asustalae iso é suficiente para quitarlle o problema. Por iso amuller agradécello e vaise.3. O home colgouse logo de subir a un bloque enormede xeo, que despois se derreteu.4. O home estaba baixando as escaleiras dun edificioonde había un hospital. Mentres o facía, foise a luze el sabía que non había aparato xerador de co-rrente. A súa muller estaba conectada a un respiradorartificial que requiría de electricidade para mantelaviva.

ÁMBITO INVESTIGA

22. Fórmula maxistral• Oito formas de exercitar a creatividade

ÁMBITO INNOVA

26. E ti, de quen vés sendo?• A natureza é fonte de tecnoloxíaAgulla hipodérmica – mosquitoMorro do tren bala – peteiro paxaro carpinteiroAvión planador – paxaroEstrutura High-tech – panal de abellasMotor dun avión a reacción – luraSubmarino – pezPantalla LCD – ás de bolboretaCanto dunha pa de aeroxenerador – aleta de balea

31. Tabletas dixitais• Quiz1. Verdadeiro2. 20083. Ordenador que podes pousar no regazo

Page 83: Eureka! Guía da exposición

Publicación editada como complemento de “Eureka! Ciencia ecreatividade”, unha exposición dos Museos Científicos Coruñesespara conmemorar o Ano Europeo da Creatividade e a Innovación

• CRÉDITOS

© 2011, Concello da Coruña

• PRODUCIÓN: Excmo. Concello da Coruña• DIRECCIÓN: Xosé A. Fraga• DIRECCIÓN TÉCNICA: Patricia Barciela • CREACIÓN: Bibiana García• REVISIÓN: Susana Pérez • TRADUCIÓN: Alejandra Cueto• ADMINISTRACIÓN: Nieves Chao, Teresa Pardo, Francisco Rey e Elena Rilo • DESEÑO E REALIZACIÓN: Imago Mundi

Os contidos desta guía teñen como punto de partida os traballosrealizados para a exposición, en especial os textos creados porFrancisco Doménech e Bibiana García, o guión e a documentaciónaportados por Guillermo Fernández e mais a imaxe gráfica deseñadapor Imago Mundi.

• IMPRIME: Alva Gráfica• D. L.: C 1428-2011

Page 84: Eureka! Guía da exposición

Financiado por la Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología · Ministerio de Ciencia e InnovaciónMuseos Científicos Coruñeses

www.casaciencias.org