estimada amiga, estimado amigo: confederación ...a xornada laboral a xornada semanal do profesorado...

4
Setembro 2010 D.L. C-325-85 Edita CIG-Ensino. R. Miguel Ferro Caaveiro, 10, Santiago. 15703. Tiraxe 12.000 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA www.cig-ensino.com Estimada amiga, estimado amigo: A Confederación Intersindical Galega do Ensino (CIG-Ensino) quere, en primeiro lugar, felicitarte pola túa incorporación dun xeito estábel ao mundo da docencia. Ademais, poñémonos en contacto contigo para presentarche a nosa organización sindical. Poden ser moitas as dúbidas que se che presenten neste primeiro curso. Para iso podes consultar a nosa páxina web www.cig-ensino.com. No sindicato estamos á túa disposición para informarte e asesorarte. ASEMBLEAS o 23 de setembro Profesorado do corpo de secundaria Funcionariado en Prácticas (nas que informaremos sobre a fase de prácticas, a xornada laboral, concurso de traslados...) COMARCA HORA LUGAR A Coruña 19:00 Local CIG A Coruña A Mariña 19:00 Local CIG Burela A Estrada 18:30 Local CIG Estrada Ferrol 18:30 Local CIG Ferrol Lugo 18:00 Local CIG Lugo Ourense 18:00 Local CIG Ourense Pontevedra 18:30 Local CIG Pontevedra Santiago de Compostela 18:30 Local CIG Compostela Verín 18:00 Local CIG Verín Vigo 18:30 Local CIG Vigo Vilagarcía 18:30 Local CIG Vilagarcía

Upload: others

Post on 31-May-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Setembro 2010 D.L. C-325-85 Edita CIG-Ensino. R. Miguel Ferro Caaveiro, 10, Santiago. 15703. Tiraxe 12.000

Confederación Intersindical GalegaENSINO iNFORMA

www.cig-ensino.com

Estimada amiga, estimado amigo:A Confederación Intersindical Galega do Ensino (CIG-Ensino) quere, en primeiro lugar, felicitarte

pola túa incorporación dun xeito estábel ao mundo da docencia. Ademais, poñémonos en contacto

contigo para presentarche a nosa organización sindical.

Poden ser moitas as dúbidas que se che presenten neste primeiro curso. Para iso podes consultar a nosa páxina web www.cig-ensino.com. No sindicato estamos á túa disposición para informarte e asesorarte.

ASEMBLEAS o 23 de setembro

Profesorado do corpo de secundariaFuncionariado en Prácticas

(nas que informaremos sobre a fase de prácticas, a xornada laboral, concurso de traslados...)

COMARCA  HORA  LUGAR A Coruña 19:00 Local CIG A Coruña

A Mariña 19:00 Local CIG Burela

A Estrada 18:30 Local CIG Estrada

Ferrol  18:30 Local CIG Ferrol

Lugo  18:00 Local CIG Lugo

Ourense 18:00 Local CIG Ourense

Pontevedra 18:30 Local CIG Pontevedra

Santiago de Compostela 18:30 Local CIG Compostela

Verín  18:00 Local CIG Verín

Vigo  18:30 Local CIG Vigo

Vilagarcía 18:30 Local CIG Vilagarcía

 

confederación intersindical galega2

setembro 2010

A CIG-EnsinoA CIG-Ensino é unha das federacións

da Confederación Intersindical Gale-ga (CIG), organización sindical de ámbi-to galego, e que se estrutura en función dos distintos sectores laborais, no noso caso o ámbito de actuación é o ensino.

No ensino, somos a organización sindical maioritaria, maioría que que-remos revalidar nas vindeiras eleccións do dous de decembro, para o que nos gustaría contar co teu apoio. Até agora a CIG-Ensino, nos distintos procesos elec-torais, foi incrementando o número de vo-tos e o de delegados e delegadas, o que signifi ca un aval importante ao noso tra-ballo sindical. Froito deses resultados é a nosa ampla representación nas Xuntas de Persoal das catro provincias galegas (presidimos as da Coruña, Pontevedra e Lugo) e especialmente na Mesa Sec-torial Docente non Universitaria, ámbito de debate e negociación coa Consellaría de Educación. Tamén estamos presen-tes na Mesa Xeral da Función Pública Galega e nas Mesas de Sector de ám-bito estatal e, moito máis preto de ti, no teu centro de traballo, atoparás un/unha representante da CIG-Ensino, ou coñe-

cerás un delegado ou delegada sindical que levará información puntualmente. O noso obxectivo é manter e incrementar a actual representación como medio efec-tivo para seguir avanzando na loita por un ensino público galego e de calidade, a través dun modelo sindical combativo e participativo.

Como organización sindical centramos os nosos esforzos na defensa do Ensi-no Público, un ensino que sexa tamén galego, laico, gratuíto e democrático. Defendemos un sistema educativo gale-go que teña na normalización lingüísti-ca un dos seus eixes fundamentais, un ensino non sexista que eduque para a igualdade, a solidariedade e a xustiza social, e que transmita os valores da paz e da defensa do medio ambiente.

Os nosos esforzos céntranse tamén na reivindicación dos dereitos profe-sionais e laborais dos/as docentes: o dereito á negociación colectiva, á crea-ción de seccións sindicais en cada cen-tro, á estabilidade no posto de traballo; a dignifi cación da función docente, un sis-tema retributivo que impida a estratifi ca-ción, xerarquización e división do profe-sorado e que nos retribúa dignamente, a elaboración dun cadro de enfermidades profesionais e o seu recoñecemento a

todos os efectos legais, o dereito a unha formación permanente dentro do horario lectivo e no propio centro de traballo...

A CIG non só defende os dereitos pro-fesionais e laborais de todos os traballa-dores e traballadoras, senón que ofrece aos seus afi liados e afi liadas informa-ción puntual sobre aquelas cuestións que lles poidan interesar. Consideramos que a información é prioritaria e impres-cindíbel, non só para ter coñecemento do que está a acontecer no ensino en xeral, senón tamén para dar difusión ás nosas propostas e transparencia ao traballo sindical que desenvolvemos. Ta-mén ofrecemos actividades formativas relacionadas con distintas materias, en distintos momentos do ano e ao longo de toda a xeografía galega, asesoramento xurídico e participación na organización sindical. Para todo isto a CIG ofréceche os seus locais nas sete cidades galegas e nas localidades de Ribadeo, Viveiro, Vilagarcía, Cangas, A Guarda, Carballo e Verín en que atoparás unha persoa do ensino que che axudará a resolver as túas dúbidas ou problemas. Tamén nos restantes locais da CIG, en diferentes vi-las, poderás informarte.

Retribucións 2º semestre 2010

En materia retributiva, poñemos no teu coñecemento que cada seis anos percibimos dentro do complemento específi co, un sexe-nio. Para poder percibilo terás que acreditar 100 horas de formación. Se tes servizos como profesor/a interino/a, estes computan a efec-tos de cobro de sexenios, mais deberás acreditar que realizaches actividades de formación durante ese período.

Retribucións do Profesorado dende o 01 de xuño de 2010 CIG-INFORMA

1. RETRIBUCIÓNS BÁSICAS Grupo A2 (Antes B) Grupo A1(Antes A)

ConceptoMestres* Nivel 21 Técnico/a F.P. Nivel 24 P. Secundaria Nivel 24 Catedrático/a Nivel 26Paga

ordinaria Extra

decembo Paga

ordinaria Extra

decembo Paga

ordinaria Extra

decembo Paga

ordinaria Extra

decembo Salario 958,98 € 662,32 € 958,98 € 662,32 € 1.109,05 € 623,62 € 1.109,05 € 623,62 €Complemento de destino 473,35 € 473,35 € 582,92 € 582,92 € 582,92 € 582,92 € 698,20 € 698,20 €

Complemento específico 539,29 € 539,29 € 539,29 € 539,29 € 539,29 € 539,29 € 589,28 € 589,28 €

Titoría e outras f. docent. 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 €

TOTAL 2.015,24 € 1.718,58 € 2.124,81 € 1.828,15 € 2.274,88 € 1.789,45 € 2.440,15 € 1.954,72 €Trienios 34,77 € 24,02 € 34,77 € 24,02 € 42,65 € 23,98 € 42,65 € 23,98 € IPC galego Representa o 0,3784%, das retribucións brutas de cada perceptor/a

* Os mestres que imparten docencia no Primeiro Ciclo da ESO deberán ter uns ingresos a maiores de 110,72 € mensuais.

Centros de Educación Infantil e Primaria Cargo Tipo A Tipo B Tipo C Tipo D Dirección 520,32 € 471,00 € 340,87 € 252,03 €

Xefatura de estudos 181,05 € 170,12 € 164,67 € 120,99 € Secretaría 181,05 € 170,12 € 164,67 € 120,99 €

Centros de Educación Secundaria Dirección 634,90 € 546,86 € 495,04 € 448,15 € Vicedirección 279,30 € 273,88 € 197,43 € 170,12 € Xefatura de estudos 279,30 € 273,88 € 197,43 € 170,12 € Secretaría 279,30 € 273,88 € 197,43 € 170,12 € Xefatura de seminario e departamento: 66,37 € Coordinación de formación en centros de traballo 66,37 € Coodinación ENL 66,37 € Responsable centro menos de 3 unidades EI e EP 66,37 €

Xefatura departamento de Orientación 66,37 € Profesor EPA 66,37 €

3. SEXENIOS 1º sexenio 2º sexenio 3º sexenio 4º sexenio 5º sexenio 59,21 € 76,13 € 101,53 € 143,81 € 42,29 €

5. DESCONTOS Concepto Grupo A1 Grupo A2 Pasivos* 106,89 € 84,13 € Funcionariado de carreira MUFACE* 46,80 € 36,83 € Funcionariado de carreira Cota obreira Segundo base de cotización Profesorado interino e substituto Retencións de IRPF Segundo retribucións anuais e situación persoal

* Nas nóminas de xuño e decembro a cota é dupla.

confederación intersindical galega3

setembro 2010

Inicio Educación Primaria: a toma de posesión como funcionarios en prácticas daquelas persoas que teñan nomeamento como interinas até o 9 de setembro, será con efectividade do día 10 de set-embro de 2010 e para o resto a toma de posesión será a do día seguinte a publicación no Diario Ofi cial de Galicia da resolución de destinos provisionais adxudicados. Educación Secundaria: a toma de posesión será con efectividade do 17 de setembro, data en que se inicia o curso

Duración Mínimo de catro meses.Tuteladas por Por un profesor ou profesora do mesmo corpo e, preferentemente, da mesma especialidade,

designado pola Comisión cualifi cadora da provincia. No caso de que a persoa en prácticas estea destinada nunha escola unitaria, as funcións do titor serán exercidas polo inspector ou inspectora de zona.

Funcións do Titor/a

Asesorar, informar e avaliar o profesor ou profesora en prácticas. Emitirá informe fi nal para re-mitilo á Comisión cualifi cadora.

Actividades de Formación

Realización dun curso de formación en lingua galega de 20 horas de duración. Consistirá en formación específi ca sobre terminoloxía, estilo, aspectos sociolingüísticos e a linguaxe propia da especialidade, que lle permita ao persoal seleccionado desenvolver correctamente en galego as súas tarefas e funcións (este curso realízase nos CEFOREs e é convocado por eles. Normal-mente, durante o primeiro trimestre serás convocada/o para inscribirte no curso que terás que realizar no mesmo CEFORE da zona á que pertenza o centro en que estás destinada/o)

Informe-Memoria Final

O profesorado en prácticas deberá elaborar un informe-memoria fi nal que entregará ao remate da fase de prácticas á Comisión cualifi cadora (aproximadamente terás que entregala no mes de marzo/ao fi nal do segundo trimestre).

Avaliación As prácticas serán avaliadas por unha comisión provincial constituída por xefatura da inspección, dous inspectores de educación e dous directores de centros designados polo Director Xeral de Centros e Recursos Humanos a partir dos informes recibidos do titor ou titora, do director ou directora do centro e dos responsábeis das actividades de formación e, se é o caso, da inspección do centro e do informe do/a propio aspirante. A xefatura de inspección poderá establecer que a inspección do centro visite e avalíe na aula as aptitudes didácticas do profesorado en prácticas. Cualifi caranse como apto ou non apto.

Cualifi cación de non apto

Os/As non aptos/as poderán repetir a fase de prácticas no curso seguinte. Os/As que non se incorporen ou suspendan por segunda vez perderán todos os dereitos.

Aprazamento da fase de prácticas

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderá, por causa xustifi cada e por peti-ción da persoa interesada, conceder o aprazamento da fase de prácticas.

A Consellaría vén de nomearte funcionario/a en prácticas e destinoute a un centro de ensino para a realización da fase de prácticas, durante este tempo o teu réxime xurídico-administrativo é o de funcionario/a en prácticas. No DOG do 25 de marzo de 2010 para Infantil

e Primaria e no DOG do 5 de abril de 2010 para Secundaria, nas Ordes de 11 de marzo e de 16 de marzo, respectiva-mente, polas que se convoca concurso-oposición atópanse as indicacións para a súa realización, que resumimos no seguinte cadro:

A xornada LaboralA Xornada Semanal do profesorado é de trinta e sete horas e media, das que 30 son de atención ao centro.

Primaria e Infantil Secundaria25 Permanencia Semanal

23 Permanencia Semanal

21 lectivas, incluídas as gardas.

18 lectivas, que poden chegar a 20, agás se se imparten afíns.

Concurso de Traslados

Unha vez superada a fase de prácticas serás nomeado/a funcionario/a de carreira, con efectividade do 1 de setem-bro de 2011. Ademais estás obrigado/a a participar no concurso de traslados até obter o primeiro destino de-

fi nitivo, solicitando o máximo número de prazas posíbeis. A convocatoria do concurso soe producirse no mes de outubro ou novembro. Unha vez obtido destino deberás permanecer nel dous cursos, transcorridos os cales pode-rás obter un novo destino, vo-luntariamente. Desta volta só terás que solicitar as prazas que máis che interesen.

A Fase de Prácticas

confederación intersindical galega4

Santiago (Local Nacional)

Rua Miguel Ferro Caaveiro nº 10. Santiago de Compostela. cp.15706.Tlf. 981576800 Fax. 981575839 [email protected]

A CoruñaRúa Alfonso Molina s/n Tlf. 981169810 Fax. 98129173515007. A Coruñ[email protected]

Baixo MiñoPraza da Guía 3, baixo36780. A GuardaTlf. 986610465 Fax. [email protected]

MorrazoRúa Atranco 19A, ench. 136947. CangasTlf. 986302987 Fax. [email protected]

FerrolRúa Eduardo Pondal 41-43,15403. FerrolTlf. 981358750 Fax. [email protected]

LugoRda da Muralla 58, bxo.27003. LugoTlf. 982245023 Fax. 982253891e-mail: [email protected]

OurenseP. de San Lázaro 12, 4º32003. OurenseTlf. 988238350 Fax. [email protected]

PontevedraR. Pasanteria 1, 2ºesq.36002. PontevedraTlf. 986861513 Fax. [email protected]

A Mariña27700. Ribadeo Avda de Galicia 20, 1ºTlf. 982129593 Fax. [email protected]

Val de MonterreiR. Pedro González 5, 1º32600. VerínTlf. 988412345 Fax. [email protected]

VigoR. Gregório Espino 47, bxo.36205. VigoTlf. 986827935 Fax. [email protected]

SalnésR. Alexandre Bóveda 2, 2º36600. VilagarciaTlf. 986505323 Fax. [email protected]

Os nosos locais

XORNADAS DE VERÁNSetembro 2010

A CORUÑA

SANTIAGO

FERROLTERRA

LUGO

A MARIÑA LUGUESA

OURENSE

PONTEVEDRA

VIGO

XORNADAS DE VERÁN 2010

XXXIV XORNADAS DO ENSINO DA CORUÑADo 20 ao 24 de setembro | IES Ánxel Casal

XIX XORNADAS DO ENSINO DE SANTIAGODo 13 ao 17 de setembro | IES As Fontiñas

XXI ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE FERROLTERRADo 27 de setembro ao 1 de outubro | CEIP Isaac Peral/Local Cig en Esteiro

XIV XORNADAS DA MÚSICA DE LUGODo 13 ao 17 de setembro | Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

II ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE LUGODo 20 ao 24 de setembro | IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DA MARIÑA LUGUESADo 27 de setembro ao 1 de outubro | Burela. IES Monte Castelo

XVIII ENCONTROS PEDAGÓXICOS DE OURENSEDo 13 ao 17 de setembro | Local da FORGA e IES Julio Prieto Nespereira

XXII SEMANA DA EDUCACIÓN DE PONTEVEDRADo 20 ao 24 de setembro | Pazo da Cultura

XXXIV XORNADAS DO ENSINO DE VIGODo 20 ao 24 de setembro | Verbum, IES Manuel Antonio e CEP Igrexa

PASEOS PEDAGÓXICOS DE VIGODo 18 ao 26 de setembro

O uso do Galego no Ensino

A CIG-Ensino ten entre os seus prin-cipio o de procurar un ensino en gale-go, por iso propoñemos a impartición na nosa lingua das distintas materias do currículo, en todas as etapas edu-cativas, como medio para dar cumpri-mento ao recollido no artigo 14 da Lei de Normalización Lingüística (“As au-toridades educativas da Comunidade Autónoma garantirán que ao remate dos ciclos en que o ensino galego é obrigatorio, o alumnado coñeza este,

nos seus niveis oral e escrito en igual-dade co castelán”) Para a CIG só hai unha maneira de dar cumprimento a este artigo e esta é impartir o maior nú-mero posíbel de aulas na nosa lingua, de aí que vos animemos a empregar a nosa lingua na docencia co alumnado, mais tamén no centro educativo, para facer visíbel o noso idioma e converte-lo no que debe ser: a lingua de relación no centro educativo e, por tanto, a lin-gua da súa administración, empregán-doa en todos os documentos.

Como saberás, o Decreto 79/2010 é o resultado dunha estratexia elaborada polo actual goberno do PP para reducir a presenza da nosa lingua no ensino.

A CIG-Ensino recorreu este Decreto porque valora que é contrario á Lei de Normalización Lingüística. Ademais esixiremos a súa retirada e reclamare-mos a aplicación do recollido no Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade no Parla-mento de Galiza en setembro de 2004. Precisamente ese Plan Xeral recomen-daba a impartición das materias cien-tífi cas en galego, nomeadamente as matemáticas, de aí que desde a CIG-Ensino valoremos moi negativamente o actual Decreto que non recolle esta proposta do Plan Xeral e producindo un retroceso respecto importante en materia de normalización.