españa, unha economÍa de servizos

61
ESPAÑA UNHA ECONOMÍA DE SERVIZOS 16 A TERCIARIZACIÓN DA ECONOMÍA 17 TRANSPORTES E COMUNICACIÓN 18 OS ESPAZOS TURÍSTICOS XEOGRAFÍA 2º BACH

Upload: evapaula

Post on 30-Jun-2015

829 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

ESPAÑA UNHA ECONOMÍA DE

SERVIZOS

16 A TERCIARIZACIÓN DA ECONOMÍA 17 TRANSPORTES E COMUNICACIÓN

18 OS ESPAZOS TURÍSTICOS

XEOGRAFÍA 2º BACH

Page 2: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

ESQUEMA DA UNIDADE

1. TERCIARIZACIÓN DA ECONOMÍA E SOCIEDADE DO BENESTAR.

2. DISTRIBUCIÓN COMERCIAL E ESPAZOS DO CONSUMO.

3. OS SERVIZOS FINANCEIROS A SÚA ORGANIZACIÓN ESPACIAL E A BALANZA DE PAGAMENTOS.

4. TRANSPORTE E COMUNICACIÓNS.

5. OS ESPAZOS TURÍSTICOS.5.1. PAISAXES TURÍSTICAS.5.2. IMPACTOS E POLÍTICAS DE ORDENACIÓN.

Page 3: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

VOCABULARIO

BALANZA DE PAGAMENTOS: rexistra todos os intercambios económicos que se levan a cabo entre os axentes económicos residentes no país e os do resto do mundo, nun período concreto, xeralmente un ano. España soe pechar a súa balanza de pagamentos con resultados positivos (excedentaria) grazas as divisas (diñeiro pertencente a un país estranxeiro) que achega o turismo.

ECONOMÍA SOMERXIDA: conxunto de actividades económicas que se desenvolven clandestinamente e escapan ao control fiscal e as leis e normativas laborais. Por exemplo, actividades do sector terciario banal ou marxinal que se practican en España son a venda ambulante ou a servizo doméstico.

ECOTURISMO: turismo que visita espazos naturais e que ten como base o respecto do medio. O Parque natural de Doñana (Huelva) ou o Parque Natural Illas Cíes son dous exemplos de ecoturismo en España.

Page 4: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

FRANQUICIA: Un tipo de comercio onde unha empresa franqueadora cede a outras (cha madas franqueadas) o dereito de explotar unha marca rexistrada e de certo prestixio, a cambio do pagamento dunha cantidade anual e de impoñer determinadas condicións (características dos locais, os produtos vendidos, os prezos ou estratexias comer ciais). Este tipo de negocio está en rápido crecemento e conta con máis de 700 franquías en España (tendas de moda, bares e restaurantes de comida rápida).

PLAN ESTRATÉXICO DE INFRAESTRUTURAS DO TRANSPORTE (PEIT): Plan de investimentos elaborado polo Ministerio de Fomento no ano 2005, cuxo obxectivo principal entre 2005-2020 é impulsar a competitividade e o desenvolvemento económico español. Os maiores investimentos do Plan están dirixidos ao ferrocarril (50% del total). As estradas son o segundo gran destino das inversións (25,2%), seguido so transporte aéreo (6,3%) e marítimo e portos (9,4%).

TAXAS AEROPORTUARIAS: valor que se lle cobra aos pasaxeiros do transporte aéreo polo uso das instalacións aeroportuarias.

TOUROPERADORES: empresa que proxecta, elabora e organiza paquetes turísticos (viaxes, hoteis, itinerarios) e estadías de grades grupos de turistas, para a venda ao público a través de axencias retallistas. En España o influxo das grandes axencias de viaxes ou touroperadores, promocionou determinadas zonas (Eivisa, Illas Baleares, Canarias) en detrimento de outras.

Page 5: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

1

TERCIARIZACIÓN DA ECONOMÍA E SOCIEDADE DO BENESTAR

(pregunta teórica) Sector servizos e o proceso de terciarización da

economía en España e Galicia.

a) Características do sector terciario.

b) Causas da terciarización.

c) Contrastes na localización dos servizos.

Page 6: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

a) O proceso de terciarización da economía española

O sector terciario ou de servizos comprende unha ampla variedade de actividades de todo tipo, que teñen en común non producir bens materiais de ningunha clase senón estar dedicadas a satisfacer necesidades, tanto da poboación , en xeral, coma das empresas.

Desde hai xa case tres décadas, pódese dicir que España ten unha economía de servizos, porque máis de dous terzos de todos os empregos e a produción que se xera no país proceden deste sector. A tendencia é que esta proporción continúe aumentando nos próximos anos, tal e como ocorre en todos os países do noso medio. Por iso adóitase afirmar que en España vivimos un proceso de terciarización da economía. (Proceso de crecemento das actividades que comprende o sector terciario ou de servizos, ata convertérense nos predominantes nun territorio. É característico das sociedades máis desenvolvidas.)

Page 7: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

É un proceso recente porque en 1960, os traballadores dos servizos eran algo menos do 30% dos ocupados en España, o que supoñía unha cifra similar á da industria inferior á do sector primario.

Nas tres últimas décadas, o sector servizos xerou 8,8 millóns máis de postos de traballo, que se sumaron aos 1,3 millóns xurdidos na construción e compensaron as perdas producidas tanto no sector primario (-1,8 millóns de traballadores) coma no sector da industria (-0,2 millóns de traballadores).

Ese crecemento do emprego está tamén moi relacionado coa crecente incorporación da muller ao emprego remunerado, pois máis do 85% das que traballan, fano sector servizos, por so un 10% que están empregadas na industria, un 3% no sector agrario e un 2% na construción.

Pola súa parte, dentro do sector servizos, un 53% dos seus traballadores son mulleres fronte ao 47% de homes. Por iso podemos dicir que boa parte da terciarización é reflexo da incorporación da muller ao mundo laboral.

Page 8: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

b) Causas do crecemento dos servizos

O rápido crecemento que experimentaron as actividades de servizos é o resultado de profundas transformacións que viviu a sociedade española, que hoxe presenta as seguintes características:

• É unha sociedade de consumo, en que o aumento do nivel de renda elevou a capacidade de compra e, con isto, o desenvolvemento do comercio e toda unha serie de servizos destinados á poboación.

• É unha sociedade do benestar, en que aumentou a oferta de todo tipo de servizos sociais (educativos, sanitarios, culturais, deportivos...), ofrecidos por institucións públicas e privadas.

• É unha sociedade do ocio, en que aumenta á importancia do turismo e de diversos servizos relacionados co gozo do tempo libre (hostalaría, restauración ou espectáculos).

Page 9: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

• É unha sociedade capitalista avanzada, en que o sector financeiro e de seguros ocupa un lugar destacado no control dos cartos e o crédito, básicos para o funcionamento das empresas e o propio consumo familiar.

• É unha sociedade do coñecemento, en que cobran protagonismo unha serie servizos avanzados que melloran a calidade e competitividade das empresas (enxeñaría, deseño, servizos informáticos, asesoría técnica...), xunto a centros de investigación e centros tecnolóxicos para promover a I+D (investigación e desenvolvemento tecnolóxico).

• É unha sociedade rede, en que tanto as persoas coma os produtos ou a información, teñen cada vez maior mobilidade, xerando densas redes de fluxos ás que os territorios queren estar conectados, o que aumenta a demanda de todo tipo de transportes e telecomunicacións.

• É unha sociedade regulada, porque a súa complexidade esixe unha administración pública eficaz que xestione o seu funcionamento.

Todo isto supón unha gran diversidade de servizos, desde os máis especializados e modernos ata os máis tradicionais e precarios.

Page 10: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Servizos sociais

Servizos á Poboación

Servizos ás empresas e finanzas

Servizos de distribución

Porcentaxe de poboación ocupada en servizosEn España predominan os servizos de distribución, que inclúen o comercio, os transportes e as comunicacións. Xunto cos servizos á poboación de baixa produtividade, suman o 55% do emprego total en servizos.Son máis escasos, en cambio, os empregos en servizos sociais (educación, sanidade, cultura etc.), así como en finanzas e servizos ás empresas (enxeñaría, consultoria, asesoramento legal, servizos informáticos, publicidade e marketing etc.).Iso reflicte certas limitacións no proceso de modernización do sector terciario e no acceso da poboación a servizos moi relacionados co benestar, que está cambiando nos últimos anos.

Page 11: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

c) Contrastes na localización dos servizos

A localización do emprego en actividades de servizos mostra importantes diferenzas se se considera o volume total de persoas ocupadas nas diferentes provincias. As de Madrid, Barcelona e Valencia concentran case 5 millóns de empregos, equivalentes a máis dunha terceira parte do total, seguidas por outras provincias litorais, xunto a Sevilla e Zaragoza.

Se se considera en cambio a proporción do emprego terciario sobre o total, as diferenzas diminúen, cos valores máis altos en Madrid, o litoral mediterráneo (agás Cataluña) e ambos os arquipélagos.

Page 12: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Esta distribución relaciónase coa influencia de diversos factores: Relaciónase coa repartición da poboación e o seu nivel de renda, pois a

maioría destas actividades buscan estar cerca dos seus clientes potenciais e, polo tanto, aumentan en territorios con altas densidades e elevado nivel de ingresos.

Inflúe a presenza de poboación estacional relacionada co desenvolvemento do turismo, sobre todo nas áreas litorais, pois iso engade un volume importante de consumidores dalgúns tipos de servizos.

A densidade de empresas no territorio, pois son as principais demandantes dalgúns servizos (transporte, telecomunicacións, servizos informáticos, xurídicos, de mantemento e reparación)

As administracións central, autonómica e local distribúense por todo o territorio, pero a presenza de funcionarios e contratados nelas é maior naquelas provincias e cidades onde se localiza a capitalidade nacional ou autonómica.

En resumo, os servizos teñen hoxe unha grande importancia e dinamismo, ata converse na principal fonte de emprego actual e para o futuro. Por esa razón, e porque as diferentes actividades tamén mostran diversas tendencias de localización, xeran paisaxes específicas e, en ocasións, son fonte de impactos negativos; a Xeografía interésase cada vez máis por este sector.

Page 13: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

PRÁCTICO :a) Importancia do sector servizos en España

b) Distribución territorial do emprego c) Factores da devandita distribución.

Page 14: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

a) Importancia do sector servizos en España. Desde hai xa case tres décadas , pódese dicir que o Estado español ten unha economía de servizos, porque máis de dous terzos de todos os empregos e a produción que se xera proceden deste sector. A tendencia é que esta proporción continúe aumentando nos próximos anos, tal como ocorre no resto de Europa. Por iso falamos dun proceso de “terciarización” da economía.

É un proceso recente porque en 1960 os empregos nos servizos eran algo menos do 30% das persoas ocupadas, o que suponía unha cifra parecida á da industria e inferior ao do sector primario. Este crecemento do emprego está tamén moi relacionado coa incorporación da muller ao emprego remunerado, pois máis do 85% fano no sector servizos.

Outros datos económicos reflexo deste proceso son a achega dos servizos ao PIB (69,53% no 2004 ) ou a poboación ocupada censada neste sector (64,52% en 2004).

b) Distribución territorial do emprego. O emprego no sector terciario correspóndese coas provincias con maior poboación e con maior densidade de empresas. O emprego no sector terciario é maior nas comunidades autónomas cun peso importante do turismo, como Illas Baleares, Canarias e Andalucía, e noutras que concentran un grande número de servizos públicos e funcionan como centros reitores do país, como Madrid. Pola contra, no resto das comunidades, a presenza do sector terciario é menor (en Murcia, Castela – A Mancha, Navarra e A Rioxa danse as porcentaxes máis baixas de emprego neste sector; isto débese a que as actividades do sector primario e da industria teñen un maior peso relativo). Hai casos excepcionais, como Ceuta e Melilla, nos que o emprego no sector terciario rolda o 90%, debido á ausencia doutras actividades produtivas.

c) Factores da devandita distribución. Están relacionados con:

‐ A repartición da poboación e o seu nivel de renda.

‐ A presenza de poboación estacional relacionada co desenvolvemento do turismo, que engade un volume importante de consumidores dalgúns tipos de servizos.

‐ A densidade de empresas no territorio.

‐ O peso das administracións central, autonómica e local, coa presenza de funcionarios e persoal contratado que se localizan nas principais cidades e capitais autonómicas

Page 15: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

2

DISTRIBUCIÓN COMERCIAL E ESPAZOS DO CONSUMO

Page 16: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Importancia e evolución recente do comercio

O comercio é a actividade que actúa como intermediaria entre a produción e o consumo, ben en puntos de venda localizados no territorio ou de forma electrónica, a través de internet. Resulta de grande importancia na economía de calquera país por varias razóns:

É necesaria para o desenvolvemento dunha economía de mercado. Xera densos fluxos de mercadorías, capital e información entre áreas

produtoras e consumidores. Xera gran cantidade de postos de traballo.

En España representa arredor do 15% do PIB e da ocupación total no país. O número de locais comerciais actualmente duplica o existente en 1970.

As características do emprego comercial máis significativas son: Case o 40% dos que traballan no comercio ségueno facendo en pequenos

establecementos familiares que non superan os 5 empregos (en competencia crecente coas grandes empresas).

A presenza da muller é moi elevada, pois supón case a metade (48,5%) de todos os postos ocupados.

Case unha terceira parte son empregos temporais e o resto fixos, o que supón un grao de precariedade bastante elevado.

Page 17: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Tipos de actividades comerciais

Se distinguen dous tipos de comercios:

Comercios por xunto, aqueles que lles compran aos produtores, polo xeral en grandes cantidades, para vender a outros comercios sen entrar en contacto directo cos consumidores.

Comercios retallistas, que compran por xunto e venden ao detalle, é dicir, en pequenas cantidades e directamente aos consumidores, todo tipo de produtos.

En España, o comercio por xunto representa soamente o 25% das empresas de distribución comercial, pero o seu maior tamaño permítelles alcanzar, pola contra, case 50% do valor ou riqueza que se xera. En cambio, o comercio retallista é moito máis numeroso, pero de tamaño máis reducido; aínda que nos últimos anos, tamén xurdiron empresas de maior dimensión, localizadas a miúdo en grandes superficies comerciais.

Page 18: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Transformacións recentes no comercio retallista

Aínda que o comercio retallista é unha actividade de longa tradición, na actualidade estanse producindo importantes cambios na súa organización:

Hai unha concentración de empresas, ao diminuír o número do pequeno comercio familiar en beneficio de grandes firmas comerciais, as veces de capital estranxeiro, que poden competir con vantaxe (prezos máis baixos, compra a prazos, publicidade etc.).

Simplifícanse algunhas canles de distribución, pois esas empresas actúan, á vez, como comerciantes por xunto e retallistas, porque lles compran directamente aos produtores en grandes cantidades e lles venden aos consumidores outros intermediarios.

Apareceron diversas formas de comercio asociado, en que as pequenas empresas comerciais se unen (arredor dunha marca común, nun mesmo local) para poderen competir coas grandes.

Nas dúas últimas décadas difundiuse o uso das novas tecnoloxías de información: uso xeneralizado de tarxetas de crédito, códigos de barras, comercio electrónico a través de internet.

Page 19: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Pautas de localización do comercio retallista

Os comercios localízanse alí onde hai clientes potenciais, polo que se distribúen por todo o territorio. Non obstante, a súa densidade, calidade e variedade son maiores nas rexións máis poboadas e con maior nivel de renda as grandes cidades, e dentro destas, as áreas centrais e barrios con grupos sociais de maiores ingresos. O turismo tamén aumenta a súa presenza nas áreas litorais e os arquipélagos.

Barcelona e Madrid son as provincias con maior número de comercios, xunto con Valencia e Sevilla. Aquí están tamén os de maior tamaño, polo que o seu volume de vendas tamén é o máis elevado.

Pero entre as primeiras provincias tamén están outras tipicamente turísticas como Alacant, Málaga, Murcia ou Baleares.

Respecto ao número de empregados por cada mil habitantes, Baleares (57,3) e Canarias (54,0) están na cabeza, moi por riba da media española (42,9). En cambio, pola súa cifra de negocios destacan Madrid e Cataluña, onde se localizan moitas grandes empresas.

Page 20: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
Page 21: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Os diversos tipos de áreas comerciais

Áreas de comercio retallista

tradicional

Grandes Almacéns

Establecementos de libre

servizo

Centros comerciais e cadeas de franquía

Page 22: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Áreas de comercio retallista tradicional

Segue sendo o máis numeroso, con locais de pequeno tamaño en que traballa o seu propietario, as veces coa axuda familiar e dalgúns vendedores asalariados.

Dispérsase por todo o territorio, pero a súa localización varía segundo a calidade, prezo e especialización dos produtos que venden:

Os comercios de alimentación e outros bens de primeira necesidade encóntranse en case todas as localidades e barrios urbanos, polo que a súa área de mercado é reducida.

Os comercios especializados, que ofrecen produtos máis caros e de consumo menos frecuente, só se atopan en núcleos maiores e nos centros das cidades, polo que a súa área de mercado é máis extensa.

Page 23: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Grandes almacéns

Son establecementos que se organizan por seccións e departamentos especializados e adoitan estar situados en edificios de varias alturas, sobre todo no centro das cidades e nas súas rúas máis representativas.

Xurdiron en Francia a mediados do século XIX, e os primeiros abertos en España localizáronse en Barcelona (Almacenes Capitolio, en 1916). O seu maior crecemento produciuse a partir dos anos sesenta do pasado século, co crecemento da economía e a capacidade de compra da poboación, en competencia co comercio tradicional. Desde mediados da década seguinte, o liderado osténtao a empresa El Corte Inglés, xurdida en Madrid en 1935.

O éxito deste tipo de establecementos asociase á gran variedade de produtos e servizos que ofrecen, ademais de contar con vendedores especializados que poden asesorar ó cliente. Non obstante, considérase unha forma comercial "madura", de crecemento xa reducido fronte a outros competidores.

Page 24: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Establecementos de libre servizo

Nos establecementos de libre servizo -xurdidos nos anos sesenta do século XX- desaparece a figura do vendedor, e os clientes elixen os produtos, xeralmente envasados ou empaquetados que se distribúen en expositores, pagando na caixa ao finalizar a súa compra.

Os autoservizos son os de menor tamaño (ata 400 m2), e aparecen en todo tipo de núcleos de poboación; mentres, os supermercados (400-2500 m2) son xa característicos das cidades, pois esixen maior volume de clientes. Neste tipo de establecementos, predominan os produtos de alimentación xunto a outros complementarios. Son preto de 32 000 en toda España, coas provincias máis poboadas na cabeza: Barcelona, Madrid, Sevilla e Valencia concentran unha terceira parte do total. A estas seguen outras de gran desenvolvemento turístico como Alacant, Málaga e as dúas provincias canarias.

Os hipermercados teñen un tamaño aínda maior (máis de 2 500 m2), e a súa oferta é máis variada. Xunto aos produtos de alimentación, atopamos tamén artigos do fogar, roupa e calzado. Tratan de atraer unha gran cantidade de consumidores, pola variedade da súa oferta e uns prezos relativamente inferiores aos do pequeno comercio. Isto conségueno ao mercar elevadas cantidades directamente aos produtores, ao ser grandes empresas (Carrefour, Auchan, Eroski, Hipercor, Mercadona). En España, estes establecementos xurdiron nos anos setenta, e xa son 625. A metade deles concéntranse en so dez provincias, e Madrid e Barcelona sitúanse na cabeza. Adóitanse localizar nas periferias urbanas, xunto a grandes vías de comunicación e con amplas superficies de aparcadoiro para vehículos privados, que son o medio máis utilizado para acceder a este tipo de espazos.

Page 25: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Distribución dos centros comerciais

www.aedecc.com

Page 26: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Centros comerciais e cadeas de franquía

Estes comercios, que xurdiron nos Estados Unidos a mediados do século pasado, apareceron en España tamén nos anos setenta do século XX, e presentan as seguintes características:

Agrupan nun mesmo edificio, de superficie superior aos 1000 m2, moitas pequenas tendas independentes acompañadas por algún grande almacén, supermercado ou hipermercado, xunto a outros servizos de ocio (bares e restaurantes, cines, axencias de viaxes).

Son propiedade dalgún gran grupo inmobiliario, e teñen unha xestión unitaria (administración, vixilancia, limpeza).

Trátase de espazos privados e vixiados, cun ambiente que anima a consumir; o seu éxito converteunos nos espazos de consumo e ocio máis característicos da nosa época.

En España, só había 19 centros comerciais en 1980, e 96 en 1990; hoxe, existen xa 487 centros, que ocupan 12 millóns de metros cadrados.

Page 27: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Cadeas de franquía

A maioría de negocios que se localizan nestes centros pertencen a cadeas de franquías, un tipo de comercio onde unha empresa franqueadora cede a outras (chamadas franqueadas) o dereito de explotar unha marca rexistrada e de certo prestixio, a cambio do pagamento dunha cantidade anual e de impoñer determinadas condicións (características dos locais, os produtos vendidos, os prezos, estratexias comerciais etc.).

Este tipo de negocio está en rápido crecemento, á custa do tradicional pequeno comercio independente; conta con máis de 700 franquías en España, que ocupan 63000 locais e empregan 260 000 traballadores. Sobre todo trátase de tendas de moda, bares e restaurantes de comida rápida así como de supermercados de alimentación.

A súa localización limítase case en exclusiva aos centros comerciais e as rúas principais dos centros das cidades, tipificando esas novas paisaxes do consumo cada vez máis estandarizadas, dominadas polas mesmas marcas, os mesmos produtos e o mesmos tipos de locais.

Page 28: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

3

OS SERVIZOS

FINANCEIROS, A SÚA

ORGANIZACIÓN ESPACIAL E

A BALANZA DE

PAGAMENTOS

Page 29: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

O sector financeiro español

O sector financeiro é clave para o desenvolvemento económico por varios motivos:

Capta os aforros dos cidadáns e os excedentes das empresas, concedendo logo créditos para financiar o consumo da poboación (vivendas, automóbiles), así como para a actividade diaria das empresas.

É unha actividade que crece coa economía no seu conxunto, polo que a súa dimensión actual chegou a ser moi importante: en España supón máis de 250 000 empregos e participa co 18% no PIB español.

Os xuros e comisións que cobra o sector financeiro pola súa actividade xeran importantes beneficios, polo que lle permitiu adquirir importantes participacións noutros sectores (industrial, enerxético).

Por todo isto, un mal funcionamento do sector financeiro, que supoña a perda de confianza dos aforradores ou provoque restricións e encarecemento do crédito, repercute negativamente sobre todas as actividades, e pode provocar crises económicas importantes como a do ano 1929 ou a xurdida no 2008.

Page 30: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

O sistema bancario en España compóñeno tres tipos de entidades financeiras: os bancos, as caixas de aforro e as cooperativas de crédito.

Bancos: os bancos son empresas privadas que teñen por obxectivo a obtención de beneficios para os seus propietarios.

Caixas de aforro: son entidades de crédito similares aos bancos, pero teñen entre os seus obxectivos o xuro público, polo que dedican parte do seu beneficio a fins culturais e sociais. Na actualidade, debido a crise financeira están a fusionarse e converterse en bancos.

Cooperativas de crédito: xurdiron para apoiar pequenos aforradores e iniciativas locais, e teñen menor importancia ca as anteriores. As cooperativas de crédito pertencen aos seus socios depositantes, que, á súa vez, se benefician dos seus servizos financeiros. (FIARE en Galicia)

Page 31: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Un sector en rápida transformaciónUn sector en crise

É unha actividade moi afectada pola globalización do capital e a creación da moeda única na Unión Europea, o que provocou importantes cambios:

1) Procesos de concentración para enfrontar a libre competencia nos mercados o que provoca frecuentes fusións e absorcións. Como resultado, só dous grupos bancarios españois (Santander Central Hispano e Bilbao Vizcaya Argentaría) reúnen 60% da cifra total do negocio bancario.

2) Forte internacionalización coa compra de bancos noutros países, que ten como como contrapartida a entrada da banca estranxeira en España, o que aumenta a competencia.

3) Intensa renovación tecnolóxica, que aumenta a eficiencia que reduce empregos coa proliferación de caixeiros automáticos e a banca electrónica a través de internet como principais exemplos.

Page 32: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Características do mapa financeiro español

Hai décadas as oficinas financeiras eran pouco numerosas e localizábanse dentro das cidades de maior tamaño, nos centros de negocios. Isto correspondía a un modelo de localización moi polarizado, o desenvolvemento económico español supuxo unha multiplicación do número de oficinas, ata chegar as 44 000 no ano 2010, o que representa aproximadamente unha por la mil habitantes, a cifra máis alta dentro da Unión Europea.

As oficinas dispersábanse por todo o territorio para intentar a captación do maior número de clientes posible. Non obstante, a cantidade de empregos non aumentou coa mesma rapidez, pola xeneralización dos caixeiros automáticos e a banca electrónica, onde se opera a través de Internet.

"En España habrá que cerrar 10 oficinas bancarias al día en los próximos tres años para dejar la red en un volumen de entre 25.000 y 30.000 oficinas, un tamaño más adecuado a la realidad del país". Esta es la principal conclusión del estudio ¿Tiene futuro la red de oficinas bancarias?, realizado en el IEB en el marco del Executive Máster en Dirección de Entidades Financieras.

Page 33: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Distribución das oficinas financeiras e o seu crecemento (SM)

Page 34: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

A distribución do sector financeiro no territorio non é homoxénea, pois persisten importantes contrastes espaciais:

As sedes ou oficinas centrais, onde se encontra o persoal directivo e se toman as decisións fundamentais de cada entidade financeira, concéntranse cada vez máis nas grandes cidades. No caso dos bancos, das 150 sedes existentes no país, Madrid concentra a gran maioría, con 118, por só 9 sedes en Barcelona e 4 en Bilbao.

Con respecto ao número de sucursais, as provincias de Barcelona e Madrid teñen unha cantidade parecida, e entre ambas reúnen unha cuarta parte do total, ao seren areas con elevada densidade de poboación. Hai numerosas empresas que requiren os servizos financeiros destas sucursais. Valencia, Biscaia, Alacant, Sevilla, A Coruña, Málaga e Murcia seguen en importancia, pero a repartición xeral está bastante equilibrada respecto as cifras de habitantes.

En cambio, as áreas máis dinámicas na apertura de novas oficinas son as zonas turísticas do Mediterráneo, os dous arquipélagos de Baleares e Canarias e Madrid, mentres o seu número se reduce en provincias interiores que perden poboación (Soria, Segovia, Cuenca).

Hai dous mapas financeiros que se superpoñen: O poder de decisión concéntrase cada vez máis nas grandes metrópoles,

especialmente nos seus centros de negocios onde están as sedes das principais entidades.

As sucursais de bancos e caixas de aforro dispérsanse por todo o territorio español, ante a competencia por captar aqueles clientes que están localizados nas súas proximidades.

Page 35: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Balanza de pagamentos

O intercambio comercial con outros países é importante para a economía dun país, e o volume dese intercambio, reflectido na balanza de pagamentos, é un indicador do desenvolvemento socioeconómico

A balanza de pagamentos rexistra todos os intercambios económicos que se levan a cabo entre os axentes económicos residentes no país e os do resto do mundo, nun período concreto, xeralmente un ano.

Desagrégase en balanza por conta corrente, balanza por conta de capital e balanza por conta financeira.

España soe pechar a súa balanza de pagamentos con resultados positivos (excedentaria) grazas as divisas (diñeiro pertencente a un país estranxeiro) que achega o turismo.

Page 36: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

4

TRANSPORTES

E COMUNICACIÓNS.

Page 37: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

O transporte na economía española

O transporte é unha peza clave na economía de calquera país: O resto de actividades económicas (agricultura, industria) necesitan do

transporte de mercadorías, xa que deben adquirir elementos de produción para levar a cabe a súa actividade ou situar os seus produtos finais nos mercados.

Para que a economía funcione de forma eficiente, tamén é necesario o transporte de viaxeiros (traballadores, consumidores , ocio).

Coa globalización aumentou a importancia do transporte na economía: as novas formas de produción globalizadas (deslocalización) provocaron un desenvolvemento sen precedentes do sector do transporte.

Coa progresiva implantación das prácticas yust in time as empresas xa non almacenan grandes cantidades dos elementos de produción necesarios para a súa actividade, xa que isto lles supón un elevado gasto, e esixen que estes lles sexan subministrados a medida que os van necesitando.

A produción faise así cada vez máis dependente do transporte: a ruptura da cadea de subministración (por exemplo, por unha folga dos transportistas da estrada) supón que nun breve período de tempo se interrompa a produción nas fábricas por falta de su suministracións (por exemplo, na industria do automóbil).

Page 38: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Estrutura do transporte na economía española

O nivel de importancia do transporte na economía española pode ser medido por un conxunto de indicadores referidos á produción, o emprego, o investimento e o consumo:

As actividades de transporte xeran arredor do 4% do PIB español, e o 3,5% do emprego total do noso país. A maior parte do emprego corresponde ao transporte por estrada, especialmente condutores de camións.

As infraestruturas de transporte constitúen unha condición necesaria aínda que non suficiente para o desenvolvemento económico español. Por isto, o Estado dedica unha boa parte dos seus orzamentos a investimentos en estradas, ferrocarrís, portos e aeroportos. A dispoñibilidade de fondos europeos para o investimento en infraestruturas facilitou o desenvolvemento destas no noso país. As maiores partidas dedícanse á construción de autovías e liñas de alta velocidade ferroviaria.

Consumo das familias. Unha importante parte do presuposto das familias españolas dedícase ao ámbito do transporte. A maior parte dese gasto familiar corresponde á compra de vehículos para o transporte persoal e ao combustible e mantemento destes.

Consumo de enerxía. O transporte é responsable de case a metade da enerxía total consumida no noso país, por diante da industria e dos fogares. No caso concreto do petróleo -do que España depende do exterior case por completo-, esa porcentaxe é aínda maior.

Dado que o consumo de enerxía está ligado as emisións á atmosfera, o transporte é unha actividade altamente contaminante. Por iso, e para diminuír a dependencia enerxética exterior, a actual política de transportes española pretende desviar tráficos desde os modos máis contaminantes (como a estrada) aos máis respectuosos co medio ambiente (como o ferrocarril). PEIT

Page 39: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

A demanda de transporte en España

Ao longo das últimas décadas, produciuse un grande incremento da demanda de transporte en España. Deste xeito, entre 1950 e o momento actual, o tráfico de viaxeiros multiplicouse por 32 e o de mercadorías fíxoo por 181. Pero non todos os modos de transporte experimentaron unha evolución similar, e hoxe existen significativas diferenzas.

O transporte por estrada e, en menor medida, o aéreo creceron máis ca o ferrocarril e o marítimo. En 1950, o ferrocarril situábase por riba da estrada tanto en viaxeiros coma en mercadorías.

Hoxe, a estrada é, con gran diferenza, o modo de transporte dominante. Isto explícase porque permite establecer conexións porta por porta, sen ter que utilizar outros modos complementarios (nas viaxes por ferrocarril e transporte aéreo ou marítimo é necesario utilizar outro modo para acceder a estacións, aeroportos ou portos).

O ferrocarril reduciu a súa participación no transporte de mercadorías a unha porcentaxe moi baixa -actualmente, céntrase no transporte de cargas pesadas e voluminosas-, pero o transporte de viaxeiros aínda mantén unha cota de mercado algo máis alta, debido sobre todo ao éxito das novas liñas de trens de alta velocidade e o transporte de proximidades nas grandes cidades.

O transporte aéreo é cada vez máis utilizado polos viaxeiros para desprazamentos entre distancias relativamente longas ou para voos as illas ou entre elas, pero resulta moi caro para o tráfico de mercadorías, que utilizan máis a vía marítima por ser máis económica e de maior capacidade de carga ca o transporte por avión.

Por último, no caso do petróleo é de suma importancia o medio de transporte por tubaxes, mediante oleodutos e no caso do transporte do gas natural, mediante o emprego de gasodutos.

Page 40: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
Page 42: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Comunicacións

Páx. 347-348

Page 43: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

PRÁCTICOS

5. OS ESPAZOS TURÍSTICOS.

5.1. PAISAXES TURÍSTICAS.

5.2. IMPACTOS E POLÍTICAS DE ORDENACIÓN.

Page 44: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

1.- Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):

a) Enumere as comunidades autónomas ás que pertencen os datos do documento e as súas capitais (1punto).

b) Comente o documento atendendo ás seguintes cuestións: Analice o tipo de documento e os datos representados (1 punto). Explique as causas das diferenzas entre a liña verde e as demais (1 punto). Comente as consecuencias negativas dos datos presentados (1 punto).

Page 45: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

a) Enumere as comunidades autónomas ás que pertencen os datos do documento e as súas capitais (1 punto).

Costa do Sol: Andalucía: Sevilla; Costa Brava: Cataluña: Barcelona; Illa de Lanzarote: Canarias: Sta. Cruz de Tenerife e Las Palmas de Gran

Canaria Pireneo catalán: Cataluña: Barcelona

b) Comente o documento atendendo ás seguintes cuestións:

Analice o tipo de documento e os datos representados (1 punto).

Gráfico lineal utilizado para representar a variable da ocupación hoteleira estacional nalgunhas zonas turísticas de España durante os distintos meses do ano 2005.

No eixo horizontal aparecen representados os meses do ano, e no eixo vertical a porcentaxe de ocupación hoteleira correspondente a cada una das zonas representadas (Costa do Sol, Costa Brava, Illa de Lanzarote e Pireneo catalán), utilizando diferentes cores para identificar cada unha delas.

Os datos recollidos para elaborar a gráfica proveñen dunha enquisa sobre ocupación hoteleira realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Page 46: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Explique as causas das diferenzas entre a liña verde e as demais (1 punto).

A liña verde representa un tipo de turismo de montaña (Pireneo catalán) que ten unha estacionalidade máis acusada que o turismo de sol e praia, con dous máximos. Nas áreas de montaña practícase un turismo invernal asociado ás estacións de esquí que explica por qué a ocupación máis baixa se rexistra aquí na primavera e outono.

O pico de ocupación de verán nas áreas de montaña prodúcese a causa dun incremento do turismo rural e ecolóxico, vinculado á práctica de actividades de contacto coa natureza que máis recentemente se veñen potenciando (sendeirismo, montañismo, rutas verdes,…).

As condicións climatolóxicas tamén xustifican as diferenzas entre o Pireneo catalán e as demais localizacións, malia que na illa de Lanzarote a estacionalidade é menor, debido á continuidade relativa das condicións meteorolóxicas (clima subtropical) ao longo do ano.

Page 47: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Comente as consecuencias negativas dos datos presentados (1 punto).

Entre as consecuencias negativas podemos destacar: A dependencia das condicións meteorolóxicas, especialmente

significativa nas áreas de montaña, onde a redución de días de neve pode diminuír a utilización das instalacións.

No nivel social, o predominio dos contratos temporais causa o aumento do paro en tempada baixa.

No ámbito económico, a dependencia extrema do sector turístico é moi significativa.

No aspecto ambiental, o predominio do turismo de sol e praia produce unha deterioración da liña de costa e urbanización masiva (grandes infraestruturas como portos deportivos, espigóns, peirao…), a destrución de paisaxes singulares, a sobreexplotación de recursos, conflitos polo uso do solo e da auga –sobre todo con usos agrarios e industriais, especialmente no Mediterráneo-, contaminación mariña, vertido de residuos e sobreexplotación de infraestruturas. A precariedade dos propios establecementos hoteleiros pode repercutir na contaminación visual do contorno.

Page 48: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

2.- Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):

a) Comente brevemente a paisaxe turística: tipo, localización, orixes e características (1 punto):

b) Comente a gráfica seguindo as pautas:- Factores de desenvolvemento turístico en España (1 punto):- Países de orixe e rexións de destino do turismo internacional (1 punto):- Impactos do turismo e políticas de ordenación (1 punto):

Page 49: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
Page 50: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
Page 51: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

El grafico de líneas representa la evolución del número de visitantes (en millones) y de ingresos por turismo (en millones de euro) en España entre 1955 y 2007, según los datos del Instituto de Estudios Turísticos. Los visitantes incluyen a los turistas, que pernoctan al menos una noche y tienen una estancia superior a 24H, y a los excursionistas, que no pernoctan y permanecen menos de 24H en el país.

La evolución de los visitantes y de los ingresos por turismo ha experimentado una tendencia creciente a lo largo del periodo, excepto en momentos puntuales ligados a crisis económicas, que inciden muy directamente sobre las actividades de ocio, que son las primeras en suprimirse en estas épocas.

El inicio del despegue del turismo se sitúa en 1959, cuando aparece en España una concepción del turismo como factor de desarrollo. El primer periodo de incremento de los visitantes y de los ingresos turísticos corresponde a la década de 1960. Las causas fueron el crecimiento económico de Europa occidental, que permitió a los trabajadores disfrutar de tiempo y dinero para el ocio, y las condiciones favorables que ofrecía España: proximidad geográfica a playas, veranos secos y calurosos, recursos culturales y bajo coste de la peseta en 1959.

Entre 1973 y 1985 los turistas y los ingresos por turismo ralentizaron el crecimiento. Las causas fue la crisis económica motivada por la crisis energética de 1973, con el encarecimiento del precio del petróleo.

A partir de 1985, se recupera el ritmo ascendente de turistas y de ingresos turísticos, excepto durante el breve periodo de la crisis económica de principios de la década de los noventa. Las causas son el encarecimiento de la oferta española y, al mismo tiempo, el surgimiento de nuevos destinos turísticos atractivos en Europa y en el ámbito del Mediterráneo: Croacia, países árabes, norte de África (Marruecos, Túnez, Egipto). Se trata de destinos con los que España no podía competir en cuanto a precios. Esto obligó iniciar una reconversión del sector, que nos condujera a un nuevo modelo turístico basado en la calidad de la oferta y la sostenibilidad.

Las consecuencias de la gran afluencia de visitantes y de ingresos turísticos entre 1955 y 2006 se manifiestan en todos los ámbitos: demográfico, poblamiento económico, político, social, medioambiental y territorial.

En el futuro, la evolución de los visitantes y de los ingresos dependerá de la capacidad del sector de orientarse hacia la calidad y adaptarse a las nuevas exigencias de la demanda, dado que la competencia se incrementa cada vez más. Solución compuesta a partir del blog “Geografía”, datos tomados de la propuesta didáctica de Algaida y de datos de elaboración propia. http://entendiendolageografia.blogspot.com.es/2012/03/evoluciin-de-numero-de-visitantes-y-de.html

Page 52: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
Page 53: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
Page 54: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
Page 55: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Diversidade de paisaxes turísticas

Page 56: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
Page 57: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
Page 58: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

Orientacións para o comentario:

a) Relación entre a evolución do turismo internacional e o desenvolvemento turístico de España.

b) Causas do descenso do turismo internacional en 2009.

c) Factores que explican o destino do turismo internacional por comunidades autónomas.

Page 59: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

a) Relación entre a evolución do turismo internacional e o desenvolvemento turístico de España

España comeza o seu desenvolvemento turístico na década dos sesenta e convértese nun dos 3 principaisdestinos do turismo internacional. Ese crecemento inicial debeuse a unha serie de cambios nos países doresto de Europa (sobre todo da Europa Occidental) que son os principais centros emisores do turismo quechega a España: aumento das rendas familiares, mellores prestacións sociais (vacacións, pensións dexubilación), a posibilidade de utilización de varios sistemas de transporte e a súa mellora paulatina.Xurdimento de grandes compañías internacionais (touroperadores).

E en canto ao destino, España presentaba unha serie de vantaxes: proximidade, menor nivel de vida queos países emisores e, polo tanto, prezos baixos, situación no Mediterráneo (condicións climáticasfavorables), riqueza patrimonial, seguridade, mellora das infraestruturas do transporte edesenvolvemento da demanda interna para aumentar a oferta. No caso do arquipélago canario, a súasituación permite ter unha tempada turística durante todo o ano. O principal atractivo é o litoral (modelosol e praia) pero vai aumentado a importancia doutras formas de turismo: cultural, urbano, de aventuraou de natureza, e en paralelo desenvólvese un produto turístico acorde coa evolución e as esixencias dademanda.

Page 60: España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS

b) Causas do descenso do turismo internacional no 2009.

No ano 2009 a tendencia de crecemento continuado do turismo internacional que chega a España rompe

debido á crise económica mundial que afecta de modo moi particular aos países da Unión Europea, os

principais emisores. A crise de confianza a raíz dos atentados islámicos en España.

c) Factores que explica o destino do turismo internacional por comunidades autónomas.

O litoral mediterráneo e os dous arquipélagos son o principal destino do turismo internacional, que

busca sol e mar; as condicións climáticas son moi importantes, ata o punto de dirixir parte do turismo de

poboación xubilada cara ao litoral do Mediterráneo durante a tempada de inverno. A atracción de Madrid

débese ao patrimonio cultural, do mesmo xeito que a da cidade de Barcelona, o turismo non é só

europeo senón de Estados Unidos e Xapón.