escollidas as técnicas e técnicos no programa ‘vacacións ... · a partilha do indivisível....

4
Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa Número 120 Maio-Xuño 2011 www.fondogalego.org Persoal da Deputación de Pontevedra e dos Concellos de Ourense e Castrelo de Miño parti- cipará este ano en ‘Vacacións con Traballo’, o progra- ma de voluntariado internacional do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A iniciativa está dirixida ás técnicas e técnicos das Administracións socias, que investirán o seu mes de descanso colaborando cos parceiros do Fondo Galego en Cabo Verde e Nica- ragua. Alí compartirán coñecementos teóricos e prác- ticos. Da Deputación de Pontevedra participarán nesta sexta edición de ‘Vacacións con Traballo’ un técnico e unha técnica. Joaquín Lede, coordinador de proxectos europeos na administración provincial, vai colaborar coa Cámara Municipal de Brava. Mentres que María José Pérez González, arquitecta provincial da Unidade de Promoción e Desenvolvemento, realizará o volun- tariado na Cámara Municipal do Paúl. A derradeira vacante en Cabo Verde cóbrea Cristina Moreiras, técnica de Medio Ambiente no Concello de Ourense, que cooperará tamén no Paúl, achegando a súa experiencia como técnica ambiental. A Nicaragua viaxará Diego Sánchez Calviño, técnico de Turismo no Concello de Castrelo de Miño (Ourense). No país centroamericano colaborará co Instituto de Promo- ción Humana (INPRHU), parceiro tradicional do Fondo Galego. Durante a súa estadía no Sur, os catro voluntarios e voluntarias levarán cadanseu blog, onde darán con- ta das súas vivencias. Á volta, difundirán a súa ex- periencia participando en distintas actividades e na publicación Experiencias Solidarias, que cada ano se edita cos testemuños das persoas participantes no programa. Trátase de potenciar así a dimensión sensi- bilizadora do programa ‘Vacacións con Traballo’ para concienciar sobre a realidade dos países empobreci- dos. Á vez, auméntase a visibilidade e transparencia dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento que alí se cofinancian. Catro técnicos e técnicas participan este ano en Vacacións con Traballo. Desde a arriba, Joaquín Lede e María José Pérez González, da Deputación de Pontevedra; Cristina Moreiras, do Concello de Ourense, e Diego Sánchez Calviño, do Concello de Castrelo de Miño. Escollidas as técnicas e técnicos que participarán no programa ‘Vacacións con Traballo’ deste ano

Upload: others

Post on 05-Feb-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Escollidas as técnicas e técnicos no programa ‘Vacacións ... · A partilha do indivisível. Imagens dos Objectivos do Milenio a partir de Cabo Verde: Un libro de fotografía,

Autorízase a reprodución edivulgación desta folla informativa

Número 120Maio-Xuño 2011

www.fondogalego.org

Persoal da Deputación de Pontevedra e dos Concellos de Ourense e Castrelo de Miño parti-

cipará este ano en ‘Vacacións con Traballo’, o progra-ma de voluntariado internacional do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A iniciativa está dirixida ás técnicas e técnicos das Administracións socias, que investirán o seu mes de descanso colaborando cos parceiros do Fondo Galego en Cabo Verde e Nica-ragua. Alí compartirán coñecementos teóricos e prác-ticos.

Da Deputación de Pontevedra participarán nesta sexta edición de ‘Vacacións con Traballo’ un técnico e unha técnica. Joaquín Lede, coordinador de proxectos europeos na administración provincial, vai colaborar coa Cámara Municipal de Brava. Mentres que María José Pérez González, arquitecta provincial da Unidade de Promoción e Desenvolvemento, realizará o volun-tariado na Cámara Municipal do Paúl.

A derradeira vacante en Cabo Verde cóbrea Cristina Moreiras, técnica de Medio Ambiente no Concello de Ourense, que cooperará tamén no Paúl, achegando a súa experiencia como técnica ambiental. A Nicaragua viaxará Diego Sánchez Calviño, técnico de Turismo no Concello de Castrelo de Miño (Ourense). No país centroamericano colaborará co Instituto de Promo-ción Humana (INPRHU), parceiro tradicional do Fondo Galego.

Durante a súa estadía no Sur, os catro voluntarios e voluntarias levarán cadanseu blog, onde darán con-ta das súas vivencias. Á volta, difundirán a súa ex-periencia participando en distintas actividades e na publicación Experiencias Solidarias, que cada ano se edita cos testemuños das persoas participantes no programa. Trátase de potenciar así a dimensión sensi-bilizadora do programa ‘Vacacións con Traballo’ para concienciar sobre a realidade dos países empobreci-dos. Á vez, auméntase a visibilidade e transparencia dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento que alí se cofinancian.

Catro técnicos e técnicas participan este ano en Vacacións con Traballo. Desde a arriba, Joaquín Lede e María José Pérez González, da Deputación de Pontevedra; Cristina Moreiras, do Concello de Ourense, e Diego Sánchez Calviño, do Concello de Castrelo de Miño.

Escollidas as técnicas e técnicos que participarán no programa ‘Vacacións con Traballo’ deste ano

Page 2: Escollidas as técnicas e técnicos no programa ‘Vacacións ... · A partilha do indivisível. Imagens dos Objectivos do Milenio a partir de Cabo Verde: Un libro de fotografía,

O Fondo Galego de Cooperación achega a súa experiencia nun seminario europeo

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de participar nun seminario internacional para

achegar a súa experiencia a axentes do sector proceden-tes de Alemaña e Portugal. O encontro celebrado en Lis-boa encádrase no proxecto europeo ‘Construíndo redes para o desenvolvemento: dos irmandamentos a unha co-operación máis eficiente’, que busca promover as redes de cooperación descentralizada en ambos os dous países.

Nesta iniciativa cofinanciada e auspiciada pola Comi-sión Europea, o Fondo Galego foi escollido como referen-te, en tanto que rede de cooperación local xa consolidada, a fin de compartir a súa experiencia cos demais parceiros. Neste senso, o responsable da Secretaría Técnica, Ánxelo González Vicente, explicou cómo vén traballando a asocia-ción galega de Concellos e Deputacións no eido da cooperación internacional desde 1997.

No workshop ‘Aprender coa experiencia’ interviñeron ademais outros dous parceiros deste proxecto europeo, a ONGD alemá FINE+P e a lusa Instituto Marquês de Valle Flôr. As sesións contaron ademais coa presenza da xefa da Representación da Comisión Europea en Portugal, Margarida Marques, e a vicepresidenta do Instituto Portugués de Apoio ao Desenvolvemento, Inés Rosa. Tamén participaron, entre outros, representantes de UNICEF e dunha decena de municipios do país veciño.

As Cámaras lusas están a estudar a creación dunha rede de cooperación municipalista, para a que xa hai 14 Concellos portugueses interesados, entre os que foi conformada unha comisión para a redacción dos estatutos da futura asociación.

O Fondo Galego de Cooperación denuncia o ataque sufrido polo seu parceiro no Haití, o SKDK

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade de-nuncia os ataques sufridos polo seu parceiro no Hai-

tí, o Centro para a Cultura e o Desenvolvemento de Carice: o SKDK. Segundo os testemuños, simpatizantes do partido oficialista INITÉ asaltaron a diversos membros das organi-zacións sociais da localidade. Os disturbios saldáronse coa sede do SKDK queimada, así como a radio comunitaria, a biblioteca e outros seis locais. No entanto, o proxecto que o Fons Catalá e o Fondo Galego apoian na zona segue adiante. Estase a estudar a interposición dunha denuncia internacional, á que se sumarían outros axentes que ac-tualmente traballan na zona.

O clima de inestabilidade tense agravado en Haití desde que se coñeceron os resultados electorais, que ratifican o triunfo presidencial de Michel Martelly e, en cambio, outor-

gan a INITÉ unha maio-ría parla-m e n t a r i a , que foi pos-ta en dúbi-da. O SKDK activara un p r o c e s o de obser-vación que evitou a fraude a fa-vor de INI-TÉ.

O Concello da Laracha incorpórase ao Fondo Galego e suma o socio número 100

O Concello da Laracha vén de sumarse ao Fondo Galego de Cooperación e So-

lidariedade. A Laracha convértese así no so-cio número 100 do Fondo Galego, que pasa a estar conformado por 96 Concellos e as ca-tro Deputacións. O pleno da Corporación adoptou por unanimidade o acordo de adhe-sión o pasado 18 de abril.

O Concello da Laracha comprométese así a realizar unha achega anual para colabo-rar nas iniciativas impulsadas desde o Fon-do Galego. Deste xeito, o municipio poderá acoller as ac-tividades que se promoven para fomentar a solidariedade (exposic ións, teatro, conta-contos, pales-tras, unidades didác t icas…) e ao tempo participará no cofinanciamen-to de diversos proxectos en países do Sur.

De esquerda a dereita: Petra Schmettow, da ONGD alemá Fine+P; Hermínia Ribeiro, do Instituto Marquês de Valle Flôr; Inés Rosa, vicepresidenta do Instituto Portugués de Apoio ao Desenvolvemento, e Ánxelo González Vicente, responsable da Secretaría Técnica do Fondo Galego.

Incendio provocado na sede do SKDK.José Manuel López Varela, alcalde da Laracha.

Page 3: Escollidas as técnicas e técnicos no programa ‘Vacacións ... · A partilha do indivisível. Imagens dos Objectivos do Milenio a partir de Cabo Verde: Un libro de fotografía,

Supervisión de proxectos en Cabo Verde

A responsable de Proxectos do Fondo Galego, An-drea García Corzo, viaxou a Cabo Verde para su-

pervisar de primeira man as iniciativas apoiadas nas illas de Santiago, Santo Antão, Fogo e Brava. Alí reuniuse con representantes de sete municipios parceiros do Fondo Galego, co Director Xeral de Descentralización e Admi-nistración Local, con representantes da Asociación Na-cional de Municipios de Cabo Verde e do Instituto Cabo Verdiano para a Igualdade e Equidade de Xénero, co res-ponsable da OTC da AECID no país e con persoas benefi-ciarias dos proxectos cofinanciados en materias como igualdade, saneamento, educación ou acceso á auga po-table.

O obxectivo da viaxe era comprobar os resultados ob-tidos ata o momento e estudar futuras vías de colabora-ción. Asináronse tamén as Liñas Estratéxicas 2011-2013, que fixan as prioridades da cooperación promovida polo Fondo Galego no arquipélago africano e recollen o com-promiso de continuar fortalecendo as capacidades das entidades locais. Establécense asemade áreas priori-tarias de intervención, xeográficas e sectoriais. Estas Liñas Estratéxicas dan continuidade ao Documento de Estratexia País 2005-2008.

Cabo Verde é un dos países prioritarios para o Fon-do Galego de Cooperación e desde hai unha década apoiáronse na república atlántica uns 40 proxectos. O Fondo Galego e a Xunta de Galicia, que ten axudado fi-nanceiramente á asociación galega no seu traballo, son recoñecidos como axentes internacionais particularmen-te activos no apoio aos municipios caboverdianos.

A Tropa de Trapo xirará este ano por 42 entidades socias

‘ C o n t o s coas mans

abertas’, o es-pectáculo creado pola compañía A Tropa de Trapo para o Fondo Ga-lego, pasará este ano por un total de 42 entidades socias. Tras a ex-celente acollida colleitada en 2010, as histo-rias narradas por Marta Ortiz e Brais Gutiérrez volven aos escenarios. Os contos, algúns con acompañamento musical, inspíranse en casos reais de mulleres da aldea, cooperantes ou inmigrantes, entre outros protagonistas. Están dirixidos a público adolescente e adulto. As Administracións socias do Fondo Galego interesadas en dispor desta actividade de sensibilización, deben solicitala á Secretaría Técnica a través do enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 678 613 782 (Andrea García Corzo). A selección será realizada por orde de peti-cións recibidas.

As familias da localidade de Baleia, no municipio da Brava, dispoñen de auga corrente grazas ao proxecto apoiado polo Fondo Galego.

Visita ao xardín de infancia de Covão Sanches, cofinanciado polo Fondo Galego, no municipio cavoberdiano de Santa Cruz.

O espectáculo ‘Contos coas mans abertas’ colleitou unha excelente acollida ao longo de 2010.

A ESAD de Galicia organiza en outubro o I Foro Internacional de Teatro Social

A Escola Superior de Arte Dra-mática de Galicia celebrará os

días 6 e 7 de outubro o I Foro Interna-cional de Teatro Social, xurdido a partir do programa TeatrAcción que a ESAD e o Fondo Galego de Cooperación e Soli-dariedade veñen impulsando desde o ano 2008. A intención é culminar o en-contro coa creación dunha Rede de Teatro Social.

A finalidade do Foro é dispor dun marco para a presentación de expe-riencias e a análise de ideas e proxec-tos que favorezan o desenvolvemento de liñas de traballo e colaboración entre persoas e colectivos de toda Galicia e doutras comunidades, e países da nosa contorna, no ámbito da animación tea-tral e o teatro social. O prazo para ins-cribirse e enviar propostas permanece aberto en www.esadgalicia.com.

Page 4: Escollidas as técnicas e técnicos no programa ‘Vacacións ... · A partilha do indivisível. Imagens dos Objectivos do Milenio a partir de Cabo Verde: Un libro de fotografía,

Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Redacción e Administración: Avenida Joselín, 7, P3-4ºB,

36300-Baiona (Pontevedra) Tel/Fax: 986 357 238

Internet: http://www.fondogalego.org email: [email protected]

Tiraxe: 600 exemplares Depósito Legal: VG-473-2007

Socios do Fondo Galego: Concellos: A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Laracha, A Pobra de Trives, A Pobra do Caramiñal, A Teixeira, Abegondo, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Baiona, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Burela, Cabanas, Caldas de Reis, Cambados, Cambre, Cangas, Carballo, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castroverde, Cedeira, Corcubión, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dumbría, Entrimo, Fene, Ferrol, Gondomar, Guitiriz, Laxe, Lousame, Lugo, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Melide, Moaña, Mondoñedo, Monforte, Monterroso, Moraña, Mos, Mugardos, Narón, Neda, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo, O Porriño, O Valadouro, Oímbra, Oleiros, Ourense, Outes, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Sada, Salceda de Caselas, Samos, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, Sarria, Soutomaior, Teo, Tomiño, Triacastela, Valga, Verea, Verín, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Vilar de Santos, Vilardevós, Viveiro, Xove. Deputacións: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra.

| www.agareso.org | www.fondogalego.org

Fondos destacados

A partilha do indivisível. Imagens dos Objectivos do Milenio a partir de Cabo Verde: Un libro de fotografía, de edición coidada e vistosa, que analiza por medio

dos retratos e lixeiros textos o cadro caboverdiano en relación aos Obxectivos do Milenio, desde unha visión que trascende o técnico, dado o valor da imaxe na transmisión de emo-cións. É, por iso mesmo, un libro para relembrar a responsabilidade común de estancar a violación da dignidade: o dereito a un mínimo de benestar, educación, igualdade de opor-tunidades, maternidade e nacemento saudábeis, ao tratamento de doenzas coma a sida

ou a malaria, acceso á auga e equilibrio ambiental, ás tec-noloxías e ao traballo digno para a mocidade. Sen discrimi-nacións. Sen fronteiras.

Buda estoupou por vergoña: Este filme comeza coas imaxes retrospectivas da voadura, en 2001, de

dúas estatuas xigantescas de Buda talladas en roca viva. Neste escenario de barbarie talibá relátasenos a historia de Bakhtay, unha nena afgá de seis anos que, sendo muller, comete o “delito” de querer aprender a ler e escribir, e emprende un accidentado itine-rario para conseguilo. A súa autora, Hana Makhmalbaf, quixo que esta película su-puxese unha denuncia a aberracións como: miseria, fundamentalismo, fanatismo, intolerancia, machismo, violencia, crueldade, vexación, tortura, guerra, e discrimina-ción. Da súa denuncia extráese, en positivo, o aserto contundente: nin a guerra é un xogo para nenos, nin a muller un ser inferior.

Agareso e o Fondo Galego acordan impulsar a visibilidade social da asociación de Concellos e Deputacións

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade acordaron desenvolver un proxecto conxunto para visibilizar o labor realizado pola asociación de Concellos

e Deputacións no ámbito da cooperación internacional. A iniciativa materializarase na elaboración dun documento audiovisual que abordará os desequilibrios internacionais, a importancia da cooperación como ferramenta de cam-bio e o papel das Administracións locais galegas, a través do Fondo Galego, desde a súa creación en 1997.

A elaboración deste audiovisual súmase ás accións nas que Agareso e o Fondo Galego veñen colaborando, entre elas a realización do espazo radiofónico ‘Voces con Fondo’. Grazas ao convenio asinado entre Agareso e RadioFu-sion, impulsado polo Fondo Galego, ‘Voces con Fondo’ poderase escoitar nas fins de semana a través das emisoras locais de Redondela, Caldas, Allariz, Foz, Burela, Palas de Rei, Monforte de Lemos, Quiroga, Ames, Arzúa, Culle-redo, As Pontes, Fene, Negreira, Melide e Ordes. Ademais destas 16 emisoras, que reemiten todos os contidos de RadioFusión, outras 14 radios locais retransmiten parcialmente a programación.

Séguenos en