eoi ferrol 2020. 7. 14. · 2016: orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de...

22
0 NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO EOI FERROL

Upload: others

Post on 26-Aug-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

0

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E

FUNCIONAMENTO

EOI FERROL

Page 2: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

1

ÍNDICE

INTRODUCIÓN p. 2 Marco legal p. 2 Definición e finalidades das Normas de Organización e Funcionamento p. 2 ORGANIZACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA p. 3 Órganos de goberno unipersoais e colexiados p. 3 Equipo docente p. 4 Equipo non docente p. 6 Alumnado p. 7 Outros: asociacións, cafetería p. 8 CONVIVENCIA E RESOLUCIÓN DE CONFLITOS p. 9 Normas xerais de convivencia p. 10 Conflitos p. 10 Prevención de conflitos p. 10 XESTIÓN DA INFORMACIÓN p.11 Ao alumnado p.11 Ao profesorado p.12 Ao persoal non docente p.12 Nas aulas p.12 No correo electrónico oficial p. 13 Asistencia p. 13 Do alumnado p. 13 Do profesorado p. 14 Do persoal non docente p. 14 ORGANIZACIÓN DE ESPAZOS E RECURSOS DO CENTRO p.14 Salón de actos, aula multimedia, biblioteca e aulas p.14-15 Cesión de espazos a organizacións externas á escola p.15 Actividades fóra do centro en horario lectivo p.16 Chaves p.16 Fotocopias e impresora láser en color p.16 Gravadoras, portátiles, cámaras de vídeo e fotos p.17 Ascensor p.17 Timbre p.17 PLAN DE AUTOPROTECCIÓN p.17 AVALIACIÓN DESTE DOCUMENTO p.18 ANEXO 1 p.19 ANEXO 2 p.20

Page 3: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

2

INTRODUCIÓN

Marco legal

Referencias lexislativas nas que se enmarcan as seguintes NOF (Normas de organización e funcionamento) e ás que pretende servir de apoio e complemento: 1985: Lei Orgánica 8/1985 reguladora do dereito a educación 2006: Lei Orgánica de Educación 2/2006 (LOE ) 2006: Real Decreto 806/ 2006: que establece o calendario de aplicación da LOE 2007: Decreto 191/2007 que ordena as ensinanzas de idiomas de réxime especial e establece os currículos de básico e intermedio 2007: Decreto 85/2007 que crea e regula o observatorio galego da convivencia escolar 2008: Orde do 7 de abril que regula os permisos e licencias do persoal docente 2008: Orde do 8 de setembro de 2008 que regula a avaliación e a cualificación modificada pola orde do 19 de abril de 2012 2008: Decreto 239/2008 que establece o currículo de nivel avanzado 2010: Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario 2010: Decreto 189/2010 que establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas 2011: Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa 2011: Decreto 74/2011 que regula a formación permanente do profesorado 2011: Orde do 23 de xuño que regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docente, modificada pola orde do 4 de xuño de 2012 2011: Orde do 5 de agosto de 2011 que desenvolve o Decreto 189/2010 e regula a organización e acceso ás ensinanzas de réxime especial 2011: Decreto 229/ 2011 que regula a atención a diversidade 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, licencias e vacacións do persoal docente 2016: Orde do 24 de febreiro pola que se amplía a Orde do 29 de xaneiro pola que regula o réxime de permisos, licencias e vacacións do persoal docente

1.2 Definición e finalidades das Normas de Organización e Funcionamento

As NOF son un conxunto de normas orientadas a ser o marco de referencia de toda a comunidade educativa para lograr un bo funcionamento interno do centro. Este é un documento dinámico que poderá e deberá experimentar modificacións ao longo do tempo, e ser reflexo constante da realidade do centro e das súas necesidades. Deberá por iso de ser avaliado, revisado e transformado con regularidade.

As súas finalidades son: Estruturar, definir e repartir responsabilidades non definidas na normativa vixente. Servir como recordatorio da normativa vixente Dinamizar, axilizar, facilitar as tomas de decisión e facer máis práctica e operativa a vida do centro. Establecer mecanismos de comunicación e información no centro. Usar de xeito racional e cívico os recursos, materiais e espazos do centro.

Page 4: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

3

Dotar ao centro dun documento organizativo que supla as posibles deficiencias organizativas como consecuencia da mobilidade de persoal docente e non docente. Mellorar as relacións de toda a comunidade educativa mediante protocolos de actuación para a resolución de conflitos contando coa axuda do Plan de Convivencia (anexo X do PEC).

ORGANIZACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA

A comunidade educativa está composta por:

2.1 Órganos de goberno: unipersoais (Dirección, Vicedirección, Xefatura de estudos, Secretaría) e colexiados (Claustro e Consello Escolar).

2.2 Equipo docente: composto polo equipo de profesorado e cargos de coordinación (Comisión de Coordinación Pedagóxica, xefes/as de departamento, coordinador/a do Equipo de Dinamización Lingüística, xefe/a de Recursos, responsable de Biblioteca)

2.3 Equipo non docente: composto por Administración, Conserxería e Servizo de Limpeza.

2.4 Alumnado (oficial, libre, semipresencial, alumnado que curse algún curso na EOI sexa de formación de profesorado, cursos de Celga, linguaxe administrativa, formación de profesorado ou calquera outro a través de convenios que ten a Consellería de Educación)

2.5 Outros: asociacións de estudantes e cafetería

Órganos de goberno unipersoais e colexiados

Dirección: competencias reguladas no Decreto 189/2010 que establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto de 2011 que desenvolve o Decreto 189/2010 . Xefatura de Estudos: competencias reguladas no Decreto 189/2010 que establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto de 2011 que desenvolve o Decreto 189/2010 . Ademais é competencia da secretaria: Revisión e actualización da páxina web do centro. Secretaría: competencias reguladas no Decreto 189/2010 que establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto de 2011 que desenvolve o Decreto 189/2010. Ademais é competencia da secretaria: Xestionar o sistema de acceso ao centro e control da alarma. Custodiar as chaves do centro e facilitarlle aquelas que sexan necesarias ao persoal de nova incorporación. Realizar toda a xestión das fotocopias e velar polo cumprimento dos acordos establecidos para o número de copias. Levar rexistro de datos de todo o persoal do centro. Xestionar toda a documentación dos sobres de matrícula do alumnado Velar pola utilización sostible dos recursos e promocionar o uso racional de recursos e enerxías.

Page 5: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

4

Vicedirección: competencias reguladas no Decreto 189/2010 que establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto de 2011 que desenvolve o Decreto 189/2010 . Ademáis será competencia da vicedirección: Organizar e coordinar as xornadas culturais: A Vicedirección é responsable da coordinación da organización destas xornadas e da transmisión da información das actividades á comunidade educativa en colaboración coas xefaturas de departamento ou coordinacións de actividades culturais e de promoción da lingua, se as houber. Organizar e convocar concursos, p.ex. de tarxetas de Nadal, gastronómicos, etc. segundo estean recollidos na programación anual de centro. Xestionar a dixitalización da tarxeta de Nadal premiada para o seu posterior envío. Organizar a edición anual da revista da escola en colaboración cos departamentos. Colaborar na organización das viaxes cos departamentos didácticos. Coordinar as relacións entre as asociacións e a Dirección do centro en diferentes aspectos. Informar ao responsable da cafetería detalladamente das posibles actividades a desenvolver ao longo do curso. En canto a aquelas actividades que xurdan durante o curso, as persoas, ou colectivos implicados terán que coordinarse coa Vicedirección para poder consensuar co responsable da cafetería as actividades propostas a maiores da programación inicial. Administrar espazos: Vicedirección xestiona o uso do salón de actos. Recibirá tamén os proxectos para a solicitude de utilización deste ou outros espazos do centro por entidades alleas a este e concretará, de ser o caso, as datas nas que se precise o espazo en cuestión. Xestionar as colaboracións con institucións e entidades alleas ao centro. Recibir aos axudantes de conversa no centro e facilitarlles a incorporación á comunidade educativa mediante o protocolo de actuación de acollida recollido no Plan de Convivencia. Encargarse dos premios e agasallos durante o curso. Encargarse da organización e xestión das visitas dos centros educativos da comarca. Xestionar as solicitudes do profesorado para levar a cabo actividades fóra do centro en horario lectivo. (Anexo 7 do Plan de convivencia)

Consello Escolar: competencias reguladas no Decreto 189/2010 que establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto de 2011 que desenvolve o Decreto 189/2010. Claustro: competencias reguladas no Decreto 189/2010 que establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto de 2011 que desenvolve o Decreto 189/2010 . 2.2 Equipo docente

Equipo de profesorado: ademais das funcións recollidas no Decreto 189/2010 que establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto de 2011 que desenvolve o Decreto 189/2010, o profesorado ten que seguir o seguinte protocolo en caso de realizar actividades fóra da aula en horario lectivo: rechear o Anexo 7 do Plan de convivencia a súa disposición nos Departamentos e tamén publicado no apartado de Documentos de centro que se atopa na web da EOI, que inclúe lugar, data, hora, grupo, curso e obxectivos das actividades e o

Page 6: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

5

presentarán asinado na Xefatura de Estudos ou Vicedirección con, polo menos, 48 horas de antelación.

Órganos de coordinación:

2.2.2.1 C.C.P.: co fin de garantir unha interrelación entre o equipo directivo e os departamentos de idiomas constituirase a Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP).

A CCP estará integrada por: O Director/a O Secretario/a O Vicedirector/a O Xefe/a de Estudos do centro e das seccións Xefes/as de departamentos de idiomas O/A Responsable de recursos multimedia e Biblioteca O Coordinador/a do Equipo de Dinamización da lingua galega

As súas competencias recóllense no Decreto 189/2010 que establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto de 2011 que desenvolve o Decreto 189/2010. Na primeira xuntanza consensuarase o día e a hora das reunións ao longo do curso. Con polo menos unha semana de antelación para reunións de carácter ordinario, convocaranse aos membros coa orde do día correspondente. Os membros disporán de un día para solicitar a inclusión de puntos do seu interese na correspondente orde do día. As labores de secretario realizaranse rotativamente.

2.2.2.2 Xefaturas de departamento: as súas funcións quedan recollidas no Decreto 189/2010 que establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto de 2011 que desenvolve o Decreto 189/2010. Dentro do seu horario de Xefatura de departamento e en colaboración coa Xefatura de Estudos, publicarase unha hora á semana para atención ao público .

2.2.2.3 Xefatura de Recursos: as súas funcións quedan recollidas no Decreto 189/2010 que establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto de 2011 que desenvolve o Decreto 189/2010. O profesorado comunicará as incidencias á Xefatura de Recursos a través do correo electrónico corporativo e fará constar a seguinte información: Incidencia Aula Data Nome do profesor Usarase este mesmo medio para a solicitude de recursos. A Xefatura de Recursos terá a obriga de consultar a diario as incidencias e solicitude de recursos no seu horario de xefatura e deberalle comunicar o máis axiña posible ao equipo directivo aquelas incidencias que non poida solucionar. A información ao profesorado do estado das incidencias transmitirase a través do correo electrónico corporativo.

2.2.2.4 Responsable de Biblioteca:

Page 7: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

6

O responsable da biblioteca, de habelo, será un docente do centro designado pola Dirección de acordo coa idoneidade dos candidatos/as e a súa dispoñibilidade horaria. Será responsable dos estudantes colaboradores de Biblioteca. Sempre que sexa posible, procurarase que teña horas para dedicalas exclusivamente a organizar o bo funcionamento da biblioteca. As funcións do encargado da biblioteca serán as seguintes: Ter un inventario actualizado dos libros existentes nela. Asegurar a organización, mantemento e adecuada utilización dos recursos documentais da biblioteca do centro. Dar a información e formación necesaria sobre o programa de xestión da biblioteca ao profesorado e alumnado colaborador. Velar polo cumprimento do regulamento da biblioteca para o seu uso correcto. Atender ao alumnado e profesorado que utilicen a biblioteca facilitándolles o acceso ás diferentes fontes de información e orientándoos sobre a súa utilización dentro do horario establecido. Colaborar na promoción da lectura como medio de información, entretemento e ocio. Colaborar coa Xefatura de Estudos no deseño do horario de utilización da biblioteca. Colaborar, en coordinación coa Vicedirección, co profesorado que desexe realizar algunha actividade relacionada coa biblioteca. Actualizar o regulamento da biblioteca, se fose necesario. 2.3 Equipo non docente Debido a súa heteroxeneidade é moi importante tanto a súa coordinación interna como a coordinación co equipo directivo para un funcionamento óptimo do centro. Na procura dun centro educativo integrador, estes colectivos poderán participar activamente nas actividades extraescolares e complementarias, colaborando na realización das mesmas, formando parte de xurados para os diferentes concursos que se realizan no centro ou ben aportando as súas ideas e participación nas diferentes actividades. Durante as xornadas culturais, que realiza o centro, poderán verse alterados os horarios de entrada e saída do mesmo.

2.3.1 Administración Convocarase polo menos unha reunión anual e manterase un contacto constante con este colectivo para analizar as necesidades do momento, problemas que xurdan ao longo do curso, propostas etc. Será responsabilidade da Secretaría convocar as reunións e redactarase informe por escrito das decisións tomadas. Decidirase de maneira consensuada o día e hora para as reunións que se farán ao longo do curso.

2.3.2 Conserxería Convocarase polo menos unha reunión anual e manterase un contacto constante con este colectivo para analizar as necesidades do momento, problemas que xurdan ao longo do curso, propostas etc. Será responsabilidade da Secretaría convocar as reunións e redactarase informe por escrito das decisións tomadas. Decidirase de maneira consensuada o día e hora para as reunións ordinarias que se farán ao longo do curso.

2.3.3 Limpeza:

Page 8: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

7

Manterase polo menos unha reunión anual con este colectivo para analizar as necesidades do momento, problemas que xorden ao longo do curso, propostas etc. Será responsabilidade da secretaría convocar as reunións a inicio de curso e recoller por escrito os acordos tomados. Decidirase de maneira consensuada o día e hora para as reunións que se farán ao longo do curso. Na primeira reunión a inicio de curso marcaranse os criterios para a limpeza de aulas tendo en conta o horario de ocupación do centro e a división de tarefas e espazos dos integrantes deste equipo.

2.4 Alumnado: A lexislación que regula os dereitos e deberes do alumnado son: Lei orgánica 8/1985 (LODE) Lei orgánica 2/2006 (LOE) Lei de convivencia 4/2011

Dereitos do alumnado Deberes do alumnado

A recibir formación nun ambiente educativo de convivencia, liberdade e respecto mutuo.

Respectar a dignidade e as funcións e orientacións do profesorado no exercicio das súas competencias, recoñecéndoo como autoridade educativa do centro.

A que se respecten a súa identidade, integridade e dignidade persoais.

Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, a igualdade de dereitos entre mulleres e homes e a dignidade, integridade e intimidade dos restantes membros da comunidade educativa.

Á protección integral contra toda agresión física ou moral, e en particular contra as situacións de acoso escolar.

Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do centro docente.

A participar nas actividades do centro.

Conservar e facer un bo uso das instalacións e dos materiais do centro.

Page 9: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

8

A participar na confección das normas de convivencia e na resolución pacífica de conflitos e, en xeral, a participar na toma de decisións do centro en materia de convivencia.

Intervir, a través das canles regulamentarias, en todo aquelo que afecte a convivencia do centro.

Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun adecuado clima de estudo no centro, respectando o dereito dos seus compañeiros ou compañeiras á educación.

A ser avaliado obxectivamente. Asistir a clase con puntualidade, co material preciso e participar na clase.

- O alumnado poderá asistir a un nivel inferior ou superior ao do curso no que estea matriculado segundo o nivel real que teña, sempre e cando comunique esta situación ao profesor/a e o departamento correspondente así o decida. De calquera xeito, o alumno/a pertence para todos os efectos ao grupo no que está matriculado e realizará as probas de avaliación con dito grupo.

- Permitiráselle ao alumnado asistir en horario alterno de mañá e tarde semanalmente cando a situación laboral a quendas non lle permita a asistencia regular, solicitude previa ao seu profesor/a, sempre e cando dita situación se poida xustificar documentalmente e haxa dispoñibilidade no grupo solicitado. De calquera xeito, o alumno/a pertence para todos os efectos ao grupo no que está matriculado e realizará as probas de avaliación con dito grupo.

- O alumnado de cursos non ordinarios (CALC, CELGA, linguaxe administrativa, …) poderá asistir a todas as actividades extraescolares organizadas polo centro, participar nos proxectos que se estean a levar a cabo e usar a biblioteca do centro. Para retirar material en empréstito da biblioteca seguirase o seguinte protocolo: a/o encargada/o da biblioteca recibirá da dirección os listados co alumnado matriculado nos ditos cursos e faralles un carné válido durante o tempo que dure o correspondente curso.

- A proba parcial de progreso realizarase en días e horas de clase na que o alumnado estea matriculado pero a proba final pode non coincidir en día e/ou hora do grupo no que está matriculado.

- O alumnado pode colaborar voluntariamente no servizo de biblioteca poñéndose en contacto co responsable da mesma, que lle asignará as tarefas que considere oportunas e necesarias para o bo funcionamento do servizo.

2.5 Outros: asociacións e cafetería

2.5.1 Asociación de alumnado e antigo alumnado “Goethe”, “L'Armata Brancaleone” e “Beco da Lingua”

Deberá manter un contacto directo coa Dirección do centro a través da Vicedirección.

Page 10: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

9

Ao inicio do curso, terá lugar unha reunión coa Vicedirección onde entregarán o seu proxecto de actividades para o curso escolar. Isto facilitará a organización en canto a espazos (se é necesario o salón de actos, aula de audiovisuais, etc.) e tamén a información a toda a comunidade educativa. A Vicedirección será a encargada de convocar esta reunión. Recolleranse por escrito os acordos tomados. Asignaráselle a cada asociación un compartimento en reprografía onde gardar o seu material, documentación, etc. As asociacións terán así mesmo dereito a realizar traballos de reprografía a cargo do centro, sempre e cando se respecte o procedemento de solicitude de copias establecido no punto 6.3 do presente documento. A Xefatura de Estudos en coordinación coa Vicedirección encargarase da asignación da aula e tamén de dar información do horario da súa ocupación, se fose necesario. Os socios de todas estas asociacións poderán participar en todas as actividades complementarias e extraescolares do centro. Os socios poderán usar a biblioteca do centro. Para retirar material en préstamo deberán presentar o carné de socio actualizado e o DNI. A EOI de Ferrol cumpre así cos principios propostos pola Unión Europea de formación continuada ao longo da vida.

Cafetería Este espazo ten un papel importante no centro debido as actividades complementarias e extraescolares que se organizan nel ao longo do curso. O responsable da cafetería recibirá información detallada por parte da persoa responsable, en coordinación con Vicedirección, das posibles actividades a desenvolver ao longo do curso. Para solicitar o uso das instalacións utilizarase o anexo 5 do Plan de Convivencia.

3. CONVIVENCIA E RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

O obxectivo común de toda a comunidade debe ser ante todo unha cultura de paz, é dicir, intentaremos primeiro identificar situacións de conflitos e fomentar as boas relacións entre todos os membros da comunidade educativa. O conflito é algo natural nas nosas vidas, polo tanto, tamén na convivencia diaria dun centro educativo. A nivel xeral a reflexión e a análise son moitas veces mais que suficientes para resolver os conflitos e so en casos moi illados é necesario aplicar sancións. Dado o tipo de ensino de réxime especial que representan as EEOOII, cunha porcentaxe moi elevada de adultos, non é habitual que se presenten problemas constantes de convivencia. A crítica construtiva, a aceptación pacífica dos conflitos e a aceptación da “co-construción” do conflito son fundamentais para a súa resolución. O conflito debe ser tomado como unha ocasión para aprender a convivir, e analizado dende un punto de vista positivo, contribúe a mellorar estratexias de información, funcionamento, relacións humanas, etc., e, a nivel xeral, a súa resolución aporta unha gran aprendizaxe e enriquecemento. Para xestionar e mellorar a convivencia no centro contamos co Plan de convivencia, incluído no Proxecto Educativo de Centro. En caso de conflitos contamos cos protocolos de actuación recollidos nestas NOF e tamén cun sistema sancionador, se fose necesario. O observatorio da convivencia velará polo

Page 11: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

10

cumprimento dos protocolos así como do Plan de Convivencia e estudará os conflitos que xurdan ao longo do curso escolar para propor actividades que desenvolvan as habilidades sociais como medidas de prevención e de mellora. As actividades que propón o Plan de Convivencia, tales como por exemplo a acollida de persoal novo no centro, de novo alumnado, de actividades de solidariedade, comidas ou ceas de profesorado durante o curso, entre outras, contribúen considerablemente á prevención de conflitos no centro.

3.1 Normas xerais de convivencia

- Toda a comunidade educativa debe ter presentes as habilidades sociais como saudar, despedirse, agradecer, desculparse e os valores de respecto, tolerancia, diálogo, igualdade e axuda, que contribuirán ao obxectivo común que é a cultura da paz. - Toda a comunidade educativa deberá contribuír ao mantemento do orde e limpeza da escola. - Toda a comunidade educativa respectará o medio ambiente tendo en conta a reciclaxe e o aforro de enerxía en todo momento. - Toda a comunidade educativa manterá silencio nos corredores durante o horario lectivo e, especialmente, durante as probas de avaliación. - Toda a comunidade educativa deberá ter presente que o uso dos teléfonos móbiles estará prohibido durante os períodos lectivos, reunións e nas actividades culturais, agás para fins didácticos e educativos. - Toda a comunidade educativa velará pola conservación e bo funcionamento das instalacións e do material do centro.

3.2 Conflitos

No caso de xurdir condutas prexudiciais para a convivencia recollidas na LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa aplicaranse as correccións necesarias, sempre cun carácter educativo e recuperador e procurarán a mellora da convivencia no centro. Será a Dirección quen sancione, se fose necesario, e informe ao Consello Escolar e ao Observatorio da Convivencia.

3.3 Prevención de conflitos O compromiso de toda a comunidade educativa de cumprir as normas xerais de convivencia supón a prevención da meirande parte dos conflitos que xorden no centro. Debemos:

- Facilitar a expresión, a comunicación e o debate. - Manter unha boa relación entre todos os membros da comunidade educativa, baseada nunha relación de respecto ,comunicativa e non autoritaria. - Tratar de prever o conflito e evitar que vaia a maiores na medida do posible - Ser capaces de asumir as críticas de terceiros, entendelas de maneira construtiva e procurar unha solución entre todo o grupo.

Page 12: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

11

4. XESTIÓN DA INFORMACIÓN NA EOI

Todos os documentos escritos que saian do centro dende a Dirección deberán estar asinados e co visto e prace da Dirección. Do mesmo xeito, todos os documentos escritos que saian do centro dende os departamentos deberán estar asinados e co visto e prace da Xefatura de departamento correspondente. 4.1 Ao alumnado

O alumnado poderá consultar na páxina web da escola información precisa relacionada coa xestión e funcionamento (matrícula, taxas, baixas de oficio, faltas de asistencia, renuncias, traslados, cambios de horario, …) así como información relacionada co ámbito académico (programacións, criterios de avaliación,...) Toda a documentación xeral de centro (PEC, Plan de Convivencia, NOF) estarán tamén publicadas na páxina web para coñecemento de toda a comunidade educativa. Do mesmo xeito a Dirección, en colaboración cos distintos departamentos, exporá nos taboleiros da entrada principal e páxina web os horarios das clases, titorías, datas de exame e revisións, libros de texto do curso e servizos educativos. O responsable de ter a dita información ó día será a Xefatura de Estudos en colaboración coa Xefatura dos distintos departamentos. Tamén estará exposta no taboleiro e na páxina web toda aquela información oficial sobre prazos de matrícula, validacións, títulos, calendario escolar. O responsable da dita información será a Xefatura de Estudos. Non se publicará na páxina web ningunha información que asocie nomes, apelidos e/ou NIF de alumnado con cualificacións ou accesos de probas, seguindo a lei de protección de datos. Por este motivo, as listas co resultado da proba de clasificación publicaranse unicamente no taboleiro da escola.

Os departamentos deberán ter nos seus respectivos taboleiros e na súa sección na páxina web información oficial sobre os libros de texto, datas de exames e acceso ao Proxecto Didáctico, así coma calquera outra información que consideren relevante. Os responsables de ter dita información actualizada serán os xefes/as de Departamento. O xefe/a de Recursos é o responsable de velar polo mantemento e funcionamento da páxina web, e de apoiar aos responsables de tela actualizada en caso de xurdir dúbidas ou problemas. No caso das Xornadas Culturais a información xeral exporase xunto a Conserxería no taboleiro destinado ás actividades extraescolares e na páxina web. O responsable da dita información é a Vicedirección en colaboración cos xefes de departamento. O alumnado disporá de información sobre os seus representantes no Consello Escolar na páxina web e poderá utilizar o enderezo de contacto na sección correspondente para enviar as súas suxestións. Na presentación do curso, o profesorado deberá transmitir ao seu alumnado información sobre:

os criterios e procedemento da avaliación funcionamento de centrosnet as actividades que se levan a cabo no centro e están recollidas na

Programación Xeral Anual as normas de evacuación do centro as normas de organización e funcionamento

Page 13: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

12

horarios e lugares de titorias os lugares onde poden consultar toda a información

4.2 Ao profesorado O correo electrónico é a canle de comunicación, tanto informativa como de avisos ou convocatorias. Polo tanto, o profesorado terá a obriga de consultar o seu correo polo menos unha vez ao día durante a xornada laboral. A Dirección dará no primeiro claustro información sobre:

Calendario escolar Calendario de exames de xuño e setembro, sempre e cando a

administración cumpra cos prazos marcados na normativa e se teña as datas de exames de certificación

Información sobre todas as actividades complementarias e extraescolares programadas para o curso.

No mes de setembro a Dirección reunirase co profesorado de nova incorporación e aplicará o protocolo de acollida de novo persoal do Plan de convivencia recibindo a seguinte información :

Proxecto Educativo de Centro Normas de organización e funcionamento do centro Normas de evacuación do centro Material audiovisual e recursos a disposición do Claustro Regulamento Orgánico de Escolas de Idiomas e Orde que o desenvolve Información sobre o funcionamento do material multimedia das aulas. Baixas, permisos e licenzas Visita polo centro

4.3 Ao persoal non docente

Os conserxes terán nos seus taboleiros información sobre: Prazos de matrícula e instrucións sobre ela, información xeral sobre renuncias, cambios de horario, traslados, títulos, probas de clasificación, datas de exames oficiais e libres, horario do profesorado e equipo directivo, normas de evacuación e teléfonos de urxencias. O responsable de transmitirlles esta información será o equipo directivo.

A Xefatura de Estudos será a responsable de transmitir a información á Administración relativa a horarios, grupos, profesorado e a Secretaría informará sobre todo o relacionado coa matrícula.

4.4 Nas aulas

Nos taboleiros dos que dispoñen as aulas haberá unha copia das normas que o alumnado haberá de seguir no caso de evacuación. Nestes taboleiros tamén se exporá información sobre actividades culturais ou calquera outra significativa para a clase así como a prohibición do uso do móbil durante os periodos lectivos.

Page 14: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

13

4.5 No correo electrónico oficial

Toda a información que chegue ao centro a través do correo electrónico oficial [email protected] será coordinada pola secretaría do centro. A xestión da información realizarase do seguinte xeito:

Todos os cargos directivos durante o seu horario de garda terán a obriga de abrir este correo electrónico e transmitir a información, reenviar a quen corresponda e contestar cando sexa preciso. A secretaria do centro revisará una vez por semana todos os correos recibidos e comprobará que foron xestionados correctamente.

5. ASISTENCIA 5.1 Alumnado

O alumnado oficial da escola terá a obriga de asistir ás clases. Cando o alumnado de cursos non finais acumule máis do 20 % de faltas sen xustificar, que corresponden a 18 períodos lectivos de 1.30 horas, perderá o dereito á avaliación continua. O alumnado será informado desta situación ao longo do curso. Cada profesor/a será responsable da titoría do alumnado matriculado nos cursos en que imparta docencia; o titor/a controlará as faltas de asistencia do alumnado e terá informada a xefatura de estudos a través da introdución mensual das ausencias na aplicación destinada a tal fin de CENTROSNET. O alumnado poderá consultar o estado de faltas en centrosnet ou ben directamente a través do profesor/a. Os pais/nais/titores de menores poderán consultar o estado de faltas dos seus fillos/as a través da aplicación informática Centrosnet, accedendo co número de expediente e NIF do fillo/a menor, acudindo ao centro no horario da xefatura de estudos ou ben contactando coa xefatura de estudos por teléfono ou correo electrónico. A información do procedemento a seguir, Anexo 1, estará publicada na web, no apartado Documentos de Centro/ NOF/ Anexo 1. Unha vez rematado o proceso de matrícula, enviarase un correo electrónico a todo o alumnado menor de idade, á dirección facilitada no impreso de matrícula co protocolo a seguir para recibir información sobre a asistencia ás clases e as faltas do profesorado.

O alumnado que solicite a súa baixa non poderá seguir asistindo ás clases. En ningún caso se permitirá a asistencia a un grupo sen estar matriculado no centro. 5.2 Profesorado

As faltas do profesorado están reguladas na Orde do 29 de xaneiro de 2016 xaneiro pola que regula o réxime de permisos, licencias e vacacións do persoal docente. Os impresos que deberá cubrir o profesorado nestes casos son enviados ao correo electrónico pola xefatura de estudos, tamén se poden descargar no apartado correspondente da páxina web e están á disposición do profesorado na Conserxería e na Xefatura de Estudos do centro.

Page 15: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

14

Se a falta é previsible, avisará os alumnos na aula, unha vez solicitado o permiso á Dirección do centro. Se a falta non é previsible o profesor/a debe contactar o mais pronto posible coa dirección do centro. A xefatura de estudos publicará as ausencias do profesorado na páxina web para que chegue a información ao alumnado e lle cause o menor trastorno posible. O persoal de conserxería publicará a ausencia do profesorado por escrito na aula/s onde tería clase. Cando un profesor/a informe dunha ausencia imprevista no mesmo día e se a antelación o permite, enviarase un SMS aos móbiles do alumnado sempre que o número do móbil se tivese facilitado no momento da matrícula.

O profesorado deste centro poderá asistir como oínte a linguas distintas das que imparte, sempre e cando haxa dispoñibilidade no grupo solicitado e o/a profesor/a correspondente estea de acordo. 5.3 Persoal non docente .

As faltas do persoal non docente están reguladas polo decreto 1/2008. O persoal non docente deberá cubrir os impresos específicos para o seu grupo que están a súa disposición na Conserxería e entregarllos á secretaria. No caso dunha ausencia imprevista esta deberá ser comunicada telefonicamente ou de xeito presencial a algún membro da dirección na maior brevidade posible

6. ORGANIZACIÓN DE ESPAZOS E RECURSOS DO CENTRO 6.1 Salón de actos, aulas multimedia, biblioteca e aulas: uso interno.

6.1.1 Salón de actos A escola conta cun salón de actos a disposición da comunidade educativa para o seu uso. Este salón de actos está equipado cun canón de vídeo, un ordenador e dúas cabinas de tradución, e ten un aforo de 110 persoas. A Vicedirección leva o control administrativo sobre o uso do salón de actos e a chave para acceder a el está en conserxería. Para utilizar este espazo é preciso, polo tanto, facer unha reserva en Vicedirección, apuntando a data e hora concreta ou a frecuencia con datas e horas nun período de tempo determinado.

6.1.2 Laboratorio O xefe/a de Recursos é o responsable da administración do uso do laboratorio da escola cando este non sexa usado como aula de docencia dun grupo determinado. O profesorado que o desexe terá acceso a unha copia do manual de uso do laboratorio. Na sala de profesores estará exposto o horario de uso deste espazo, no que cada profesor se poderá apuntar para acceder a el. O horario será renovado mensualmente polo xefe/a de Recursos.

6.1.3 Biblioteca Conta co seu propio regulamento que se adxunta no anexo II

Page 16: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

15

A Biblioteca está equipada con diverso material bibliográfico e audiovisual en todas as linguas que se imparten no centro, así como ordenadores con conexión a internet. O programa de inventario utilizado é o “Meiga”. Os distintos departamentos serán os encargados de mercar o material correspondente a súa lingua para a biblioteca. O horario da biblioteca está publicado tanto na porta de entrada da biblioteca como no taboleiro principal (situado na planta baixa da escola) e na páxina web. O profesorado e alumnado voluntario do centro, así como o posible alumnado universitario que desexe facer as prácticas no noso centro, serán os encargados das gardas de biblioteca. Terán que atender tanto os préstamos como as devolucións así como de calquera outra tarefa encomendada pola coordinación de biblioteca e velar pola correcta utilización da sala e do material. Ao comezo de curso terán unha reunión coa persoa encargada de biblioteca onde recibirán información relativa ao funcionamento e xestión así como das tarefas encomendadas. O alumnado dos cursos non ordinarios (Celgas, Linguaxe Administrativa, CALC, formación de profesorado, etc.), así como os socios das asociacións de alumnado e antigo alumnado poderán facer uso da biblioteca e participar así mesmo nas actividades que se organicen nela. A este tipo de alumnado faráselles un carné de usuario da biblioteca vixente para o período de duración do curso no que estean inscritos.

6.1.4 Aulas A Xefatura de Estudos asignará as aulas a cada grupo tanto para as clases como para os exames. A disposición das mesas e cadeiras nas aulas facilitará o enfoque comunicativo das clases. O profesorado pechará sempre a aula despois de impartir a clase. O profesorado das últimas clases da mañá e da tarde comprobará que o ordenador, o canón e o sistema de son das aulas quedan apagados. 6.2 Cesión dos espazos a organizacións e institucións externas á escola

Os espazos descritos nesta sección son susceptibles de ser cedidos a organizacións e institucións externas á escola en caso de que se considere adecuada a actividade a desenvolver por elas. As actividades a realizar deberán cumprir as seguintes condicións: - Ser actividades sen ánimo de lucro - Actos públicos de portas abertas - En ningún caso poderán ter carácter ou vinculación relixiosa e/ou política. O solicitante deberá presentar unha solicitude por escrito en Vicedirección cunha descrición detallada da actividade que se vai levar a cabo con polo menos 20 días de antelación á realización da actividade. Non se tramitará ningunha solicitude que non cumpra este requisito. Esta ocupación de espazos ten que ser sempre compatible co normal desenvolvemento da actividade educativa diaria, non podendo interferir nela. Esta solicitude será enviada á xefatura territorial cun informe da Dirección, trala súa aprobación por parte do consello escolar, para a súa avaliación e consecuente aprobación ou denegación. En caso de ser aprobada polas autoridades administrativas correspondentes, o solicitante será informado pola Dirección.

Page 17: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

16

6.3 Actividades fóra do centro en horario lectivo O profesorado que organice algunha actividade en horario lectivo para levar a cabo fóra do centro deberá solicitalo á Vicedirección por escrito con polo menos 48 horas de antelación á realización da actividade utilizando o anexo 7 do Plan de Convivencia.

6.4 Chaves

Chaves dos departamentos, de sala de profesores, e de aulas Cada profesor ten unha copia da chave do seu departamento, outra da sala de profesores e unha chave mestra para as aulas, que recibe da Secretaría ao principio de curso e das que se ten que facer responsable ata a súa devolución. En conserxería hai copias de todas as chaves dos departamentos e da sala de profesores, pero estas poderán ser utilizadas só en caso de emerxencia e con carácter totalmente excepcional. Os responsables destas chaves son os conserxes e eles serán tamén os que farán uso delas de ser necesario. As chaves do salón de actos, e da biblioteca terán que ser recollidas en conserxería antes do seu uso e ser devoltas inmediatamente despois do seu uso.

Cofres O control do sistema de son está dentro dos cofres. Para a súa activación é preciso acender a regleta de enchufes. Este sistema non debe ser manipulado polo profesorado, agás o control de volume. De haber algún problema co son, debe pasarse a incidencia á xefatura de recursos. Se nalgunha situación excepcional fose preciso pechar o cofre, solicitarase a chave ao persoal de conserxería.

6.5 Fotocopias e impresora láser en cor

Fotocopias A escola conta cunha dependencia para reprografía. Nesta, todas as tarefas de reprografía son realizadas exclusivamente polos conserxes para evitar o mal uso das máquinas. Estes tamén se ocupan da xestión do mantemento das máquinas. Como norma xeral, os conserxes levan conta das fotocopias solicitadas polos distintos membros da comunidade escolar nun rexistro mensual, que pasarán á Secretaría do centro ao final de cada mes. Os profesores poden facer 10 fotocopias (polos dous lados do papel) por alumno/a e curso ao longo dun mes natural, e 20 se imparten un curso cuadrimestral. Este límite non se aplica no caso de grupos de alumnado que non utilicen libro de texto. Todas as copias que o profesorado necesite deberán ser encargadas ao servizo de reprografía cunha antelación de 24 horas. O encargo de fotocopias poderá facerse por dúas vías: de xeito manual, deixando o orixinal en reprografía con indicacións claras do número de copias, disposición das copias (dobre cara...), grupo e profesor/a, ou ben a través do correo-electrónico á dirección [email protected], sempre en formato pdf ou calquera outro formato que non permita a manipulación da copia. No asunto deberá constar o seguinte texto: copias + nome do profesor/a e no corpo da mensaxe deberá indicarse o número de copias solicitadas, disposición das copias (dobre cara...) e o grupo para o que se solicitan.

Page 18: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

17

Impresoras láser en cor Unha destas impresoras encóntrase nas dependencias da Dirección da escola e outra na administración do centro polo que o profesorado só poderá acceder a elas no horario de garda do equipo directivo. Tamén poden enviar un correo electrónico á dirección con indicacións precisas do número e disposición das de copias. Deste xeito haberá un control sobre a utilización da máquina, evitando abusos e deberase facer un uso responsable dela. Usarase para imprimir imaxes, para carteis informativos sobre actividades levadas a cabo no centro, e para outro tipo de traballos relacionados co ensino, cando sexa estritamente necesario e as copias en branco e negro supoñan perda da información. Non se usarán para facer copias ordinarias de aula.

6.6 Gravadoras, portátiles, cámaras de vídeo e fotos, teléfono móbil do centro.

Cada departamento dispón de gravadoras para os exames orais e de polo menos un ordenador portátil. O uso destas gravadoras e ordenadores será xestionado pola xefatura de departamento. Se o profesorado necesita utilizar un ordenador portátil adicional, a cámara de vídeo ou a de fotos, terá que solicitalo vía correo electrónico cunha antelación de polo menos 48 horas á Xefatura de recursos,

A escola conta cun teléfono móbil de tarxeta prepago, custodiado pola secretaría do centro, para uso do profesorado durante actividades fóra do centro. Cando sexa necesario, o profesorado solicitará o seu uso á secretaría do centro con polo menos 48 horas de antelación á realización da actividade. 6.7 Ascensor

O ascensor co que está equipada a escola ten un uso restrinxido para persoas con mobilidade reducida, traslado de equipos de limpeza, mobiliario, ou material pesado.

6.8 Timbre nas aulas

En todas as aulas existe un timbre ao lado do encerado coa finalidade de avisar en conserxería de que na aula correspondente se precisa axuda dalgún tipo. O uso deste recurso queda restrinxido a situacións excepcionais de emerxencia ou grande necesidade. PLAN DE AUTOPROTECCIÓN

Este documento foi elaborado nun grupo de traballo no curso 2004/05 e está dispoñible no centro e como anexo a estas NOF. Haberá unha folla coas instrucións a seguir polo profesorado en caso de emerxencia nos taboleiros de cada aula; tamén haberá un plano coas saídas de emerxencia mais preta nas portas principais de cada aula.

Page 19: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

18

AVALIACIÓN DESTE DOCUMENTO

2006: Toda a comunidade educativa fixo a avaliación deste documento durante o último trimestre do curso 2005/2006 (Claustro, Consello Escolar). As propostas e críticas feitas foron sometidas a análise por parte dos membros do grupo de traballo e discutidas cos membros da comunidade educativa, para a súa inclusión no documento final. Quedou aprobado no inicio de curso de 2006/2007. 2007: Este documento foi revisado, modificado e sometido a unha nova avaliación por parte do Claustro e do Consello Escolar no curso 2006/2007, quedando aprobado no consello escolar de inicio de curso en setembro de 2007. 2008: revisado e aprobado polo claustro e consello escolar a inicio do curso 2008-2009. 2012-2013: coa publicación de diversa normativa referente ás escolas oficiais de idiomas, a Lei de convivencia, ademais de algúns cambios na organización e funcionamento do centro, revisouse de novo todo o documento e foi aprobado no primeiro trimestre do curso 2013-2014. 2017/18: O documento foi novamente revisado e actualizado. Foi aprobado polo claustro o primeiro trimestre do curso 2017-2018.

Page 20: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

19

ANEXO 1

INFORMACIÓN PARA PAIS/NAIS/ TITORES DO ALUMNADO MENOR DE IDADE

A dirección da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol informa as/aos nais/pais/titores de menores

matriculados neste centro que poden obter información sobre a asistencia ás clases das/dos

súas/seus fillas/os a través das seguintes vías:

- consultando a asistencia a través da aplicación informática CENTROSNET (link na páxina web da escola www.eoiferrol.org )

Usuario: nº expediente do alumno (reverso do carné da eoi) ou data de nacemento (co

formato 00/00/0000)

Clave: DNI da/do alumna/o

- acudindo ao centro no horario de xefatura de estudos (consultar horario na páxina web).

- contactando coa xefatura de estudos telefónicamente ou ben por correo electrónico:

Teléfono: 981 32 40 25

e-mail: [email protected]

No caso de ter clase de E.S.O. ou Bacharelato algunha tarde que coincida coas clases

da Escola Oficial de Idiomas, recoméndase entregar ao profesorado a través do

alumnado un xustificante do centro para que esas faltas sexan contabilizadas como

xustificadas.

AUSENCIA DO PROFESORADO

A Escola Oficial de Idiomas non dispón de profesorado de garda que se poida facer

cargo do alumnado menor cando o seu profesor/a non pode impartir a clase. Neses

casos, seguirase o seguinte protocolo:

1. Ausencia prevista

A información sobre a ausencia do profesorado está á súa disposición na páxina web

da EOI, no apartado “ausencia do profesorado”. Nese caso o pai/nai/titor deberá

comprometerse a non enviar ao menor ao centro ata que o/a profesor/a se incorpore

ou sexa substituído/a.

2. Ausencia imprevista

Cando a ausencia do profesorado é motivada por unha causa imprevista, enviarase,

sempre que sexa posible, un sms ao teléfono móbil facilitado no momento da matrícula

á maior brevidade posible, notificando esta incidencia.

Page 21: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

20

ANEXO 1

GUÍA DE USUARIO DE BIBLIOTECA

(Ver documento adxunto)

Page 22: EOI FERROL 2020. 7. 14. · 2016: Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que regula o réxime de permisos, ... Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas e Orde do 5 de agosto

21

EOI Ferrol

Ferrol, decembro de 2017