entroido tradicional do morrazo

11

Upload: bibliotecadocole

Post on 09-Jul-2015

1.375 views

Category:

Education


8 download

TRANSCRIPT

Page 1: Entroido tradicional do morrazo
Page 2: Entroido tradicional do morrazo

Recuperación en Meira

Este ano a asociación cultural Meiramar-Axóuxeres deu a coñecer unha tradición de Entroido que se celebraba na parroquia de Meira

(no lugar de Meira de Arriba) hai máis de 80 anos. Esta consistía nun baile de “ Madamas e Galáns” no que os mozos e mozas elixidos

danzaban protexidos co “home do saco” das bromas dos veciños e tamén contaban coa presenza espantadora do “fedelloso”

(normalmente, embadurnado de bosta). Os danzantes bailaban nun lugar do camiño ante a presenza dos veciños e logo desfilaban ata

volver a parar noutro lugar de encontro e volver a bailar. Ían vestidos de branco; elas, cun sombreiro de palla e de flores; eles, cun

sombreiro de pluma de avestruz e cintas de cores.

Page 3: Entroido tradicional do morrazo

Os curruvellos

No resto do concello eran” os curruvellos” os que ían disfrazados polos camiños. O fundamental era levar a cara tapada (normalmente, cun anaco de tea branca con buratos

para os ollos) e un pau para asustar á xente.

Page 4: Entroido tradicional do morrazo

O Enterro da SardiñaCoa chegada da democracia gozouse de novo do

Entroido. A principios dos anos 80 do século XX celebrouse o 1º Enterro da Sardiña grazas á organización xurdida na asociación de veciños Breogán. Isto trouxo a creación de

moitas comparsas nos seguintes anos. O Enterro da Sardiña de Moaña converteuse no acto de despedida do Entroido

máis concurrido do Morrazo.

Page 5: Entroido tradicional do morrazo

O Hío

A parroquia de Hío é a referencia no concello de Cangas cando se fala do Entroido. O carnaval de Hío non se parece moito á

celebración do carnaval urbano xa que se mantén fiel ás súas raíces. O normal é ir ao faiado a coller roupa vella , disfrazarse e saír polas

rúas das aldeas da parroquia de O Hío: Nerga, Vilanova, O Igrexario, Pinténs, Nerga, Donón e Liméns.

O carnaval comeza a noite do domingo e remata o mércores de Cinza de madrugada. Todos os anos se celebra da mesma maneira: a xente nova de cada lugar da parroquia de Hío encárgase de montar

as “estradas”( pequenos palcos ) e adornalas con plumas e flores. Cada lugar ten o seu grupo de gaiteiros que son recibidos o domingo pola tarde e que os acompañarán ata o final do carnaval despois de

percorrer todas as aldeas. Todas as comparsas se achegan a un lugar establecido para presentarse ante a comparsa anfitriona. Alí

bailan, cantan e comen. Despois, en formación, van andando e tocando ata o seguinte lugar. Pola noite, regresan aos seus lugares

de orixe para celebrar en cada barrio o tradicional baile.

Page 6: Entroido tradicional do morrazo

Aldán Moi preto do Hío, a parroquia de Aldán tamén anda de troula.

Celebra o martes de Farrovellos, facendo percorridos polos lugares de Espiñeira, San Cibrán e Herbello e finaliza na Cova comendo

produtos típicos do Entroido tradicional. A festa remata o venres co festival do Mexilón.

Page 7: Entroido tradicional do morrazo

O Entroido de Bueu , festeiro e baleiro, atópase na tradición dos vascalleiros e “mascaritas” que ao longo dos tempos percorrían as rúas. A tradición do Entroido oficial estaba representado nos bailes do Casino

e Sociedade Recreativa, máis tarde acompañados polas grandes veladas da Sala Paraíso; nas rúas, tal como hoxe o coñecemos, xurdiu na

década dos 80 do século XX.

Page 8: Entroido tradicional do morrazo

O último día de carnaval, chamado en moitos lugares Enterro da Sardiña ou do Momo, caracterízase polo desfile de disfraces e queima

do Entroido. En Bueu hai coñecemento da celebración dun Enterro da Sardiña en 1910. Dende 1987 a celebración de remate da festa, o

domingo de Piñata faise co Enterro do Paxaro de Mal Agoiro.(Información extraída da revista “ O Candil” enviada pola concellalía de cultura do concello de Bueu).

Page 9: Entroido tradicional do morrazo

As parroquias de Cobres (Sanadrián e Santa Cristina) son as que celebran o carnaval dun xeito

moi especial ,sendo unha festa de grande tradición. O tradicional ''Antroido dos Cobres'' remóntase

a principios do S-XVIII, e debe a súa actual vixencia á tradición oral, que foi pasando de pais a fillos ata hoxe e que se vive como unha

celebración colectiva sorprendente e particular. Sorprende o colorido da vestimenta empregada e a alta participación da xente.

Page 10: Entroido tradicional do morrazo

De sábado a martes, dende as 10 da mañá ata o solpor, as ''Madamas e Galáns'' percorren distintos lugares das parroquias de

Sta.Cristina e Sanadrián. Acompañados de gaiteiros e cos seus bailes levan a ''Danza dos Cobres'' de porta en porta. Como recompensa

reciben un donativo que fará posible que o ano vindeiro poidan repetir a festa.

Actualmente,esta celebración é posible grazas ó labor da ''Asociación Cultural Cobres'',na que durante todo o ano preparan as

vestimentas e bailes das Madamas e Galáns.

Page 11: Entroido tradicional do morrazo

C R D ITO SÉC R D ITO SÉ

NOA C ASALNOA C ASAL

ANXO R AÚANXO R AÚ

6 C URSOº6 C URSOºC .E.I.P. Q uintela-Moa añC .E.I.P. Q uintela-Moa añ

20112011