elías portela

1
23.06.2011 | GALICIA HOXE | 27 MARÉ O escritor e lingüista Elías Portela (Cangas, 1981), considerado un dos tres autores máis destacados da poe- sía islandesa baixo o pseudónimo de Elías Knörr, é unha illa en expansión. Dacabalo entre Galicia e Islandia, re- coñece que xa non sabe moi ben a on- de pertence, cal é a súa identidade. Onte levou á Galería Sargadelos de Compostela un recital titulado Ma- riñeiros de Porcelana con fragmentos dos seus poemarios en galego, Cos Pei- tos Desenchufados e Imaxes na Pel e dos seus poemas en islandés da súa última publicación, O Mariñeiro con Cabalos Matutinos baixo o Vestido que aínda non conta cunha tradución ao galego. Cunha obra baseada nas posibilidades da palabra e na busca dunha inspira- ción allea, o autor desdóbrase, reela- bórase, encríptase: utiliza a liberdade –é capaz de vincular a codecoloxía co sexo– como provocación. Que representan os ‘Mariñeiros de Porcelana’? O mar está moi presen- te na túa poesía. Gústame o xogo de que podes lelo co- mo na arte figurativa: se vas a Sarga- delos, atopas figuras de mariñeiros feitos en porcelana. Tamén na miña poesía, que é moi polifónica, atopas moitas figuras mariñeiras. O de por- celana ten un dobre sentido: a beleza que contrasta coa natureza que pode ter un mariñeiro. O último que espera- rías dun mariñeiro é que fose algo de porcelana. Xogo con esa dobre iden- tidade. De feito, as dúas personaxes que lle dan título ao libro islandés son mulleres, un pouco piratas, aínda que non está expreso. Ademais, está o te- ma da fraxilidade. Eu cheguei a un punto no que teño un recoñecemen- to internacional, algún que outro pre- mio, moi moi boa crítica pero vexo que a miña carreira é realmente moi fráxil do mesmo xeito que a miña poesía e a lingua. Esa fraxilidade nace da diferente acollida que ten a túa poesía en Is- landia –onde a revista Poetry Socie- ty o escolleu como un dos tres poe- tas máis representativos da lírica actual islandesa– fronte á case invi- sibilidade en Galicia? Iso nunha parte. Eu estou ancorado no meu ordenador: aí está a miña ca- sa, o meu faro. Despois, como escri- tor, ando con funambulismos. En Is- landia, o problema é que non se pode vivir só de ser escritor, e en Galicia o mesmo. Tamén levo moi mal a vida laboral se quixera dar clases en Islan- dia sería moi complicado porque ago- ra mesmo hai máis recortes no ensi- Elías Portela cun dos seus poemarios, ‘Cos Peitos Desenchufados’ RAMÓN ESCUREDO O mariñeiro de porcelana LETRAS Elías Portela: “Teño un recoñecemento internacional, algún que outro premio, moi boa crítica pero a miña carreira é fráxil como a lingua e a poesía” Este autor cangués residente en Islandia vai publicar en castelán ‘Cos Peitos Desenchufados’ en Luces de Gálibo Vanesa Oliveira . Santiago no público e xa os islandeses que en- sinan castelán se pelexan entre eles. É unha sociedade na que ou estás nun círculo protector ou acaban contigo. Son moi vingativos. Nunca me mo- vín literariamente por Galicia nin lin con outros escritores galegos. En Is- landia, cando a editorial fixo públi- ca a miña identidade, xa estaba len- do con escritores de primeiro nivel. O mercado editorial non está moi ben en Galicia e a poesía non é o que máis se vende. EVOLUCIÓN “Tiven que comezar a escribir en islandés para que me saíra a retranca” Cal é a túa evolución dende o primeiro libro, ‘Imaxes na Pel’, publicado en 2008 a ‘Cos Pei- tos Desenchufados’ e ‘O Mari- ñeiro con Cabalos Matutinos baixo o Vestido’, en 2010? O primeiro senta moitas bases do meu xeito de mirar a lingua, de observar as palabras e de basealo todo na imaxe poética. O que pa- sa é que ese poemario tíñao bas- tante feito pero perdeuse porque se me estropeou o ordenador. É, se cadra, máis disperso pero ten as mellores imaxes. Os meus li- bros son moi variados: sempre procuro neutralizar o ego e bus- car cousas fóra a través doutros personaxes. A min xa me chega con recompoñer o poema. Unha das cousas que se poden notar é que ‘Imaxes na pel’ é o poemario máis serio e os outros dous non: cando escribín en islandés come- zoume a vir moita retranca, é al- go curioso. Tiven que comezar a escribir noutra lingua para que me saíra a retranca. Os dous úl- timos libros foron feitos en plan ‘tándem’ ou ‘tango’, como dicía eu. En ‘O Mariñeiro con Cabalos Matutinos baixo o Vestido’, xoga con dúas personaxes femininas. É gracioso porque todo o mundo pensa que fala das ereccións ma- tutinas pero para nada porque a personaxe que ten cabalos matu- tinos é unha muller, é Cincenta. Iso é algo que ninguén sabe. Para cando esta obra traduci- da ao galego? Pois non sei se hai algunha edi- torial interesada porque traducir poesía é moi mal negocio. O bo é que podería traducilo eu mesmo pero aínda non llo propuxen a nin- gunha editorial. Eu estou aberto a que se poida facer. A que cres que se debe isto? Eu creo que moita da culpa téñena os libreiros. O público pode ser cateto en todas partes. Pero libreiros que se preocupen por ter fondo, por ter al- go interesante. Só teñen o que se ven- de: por iso a xente merca os libros de ‘Harry Potter’ ou ‘Crepúsculo’. E non lle vaias ti cun libro de poesía que non sexa dunha editorial ou distribuido- ra grande porque xa te miran mal. En Cangas abriu unha librería moi peque- na que se chama A Esmorga que ten xunto as obras que máis se venden, unha sección dedicada ao cine de cul- to e hai xente que vai aló a buscar cou- sas interesantes. A cultura que temos é moi consumista e só está limitada a ese tipo de produtos que lles interesan ás multinacionais. Resulta máis sinxelo publicar no mercado editorial islandés que no galego? É moi doado publicar un libro en Is- landia, pero que saia adiante é máis duro que aquí. Eu entrei por un cami- ño máis duro, usando un pseudóni- mo. Ao saír en revistas, iso axudoume a crear unha estabilidade como Elías Knörr. Unha vez conseguido iso, ago- ra teño certas portas abertas. Doutro xeito, outra xente máis independente non tería a posiblidade de saír do ám- bito independente. Eu lin con xente in- dependente e das grandes editoriais. Quíxeno facer así para que non me di- gan que foron condescendentes comi- go. Quería demostrar que a literatura de estranxeiros é posible: o islandés é unha lingua humana e calquera po- dería aprendela. Hai tamén un sacer- dote xaponés que publicou haikus en islandés e agora hai unha canadiana, Angela Rollins que está a facer os seus experimentos en islandés. Iso non pasaría en Galicia onde os escritores de fóra son case mellor recibidos que os de aquí. Ben, falando diso, quen coñece en Ga- licia a Erin Moure? É do mellor que hai en poesía galega actual. Paréceme fa- tal que non se coñeza máis. En que proxectos andas agora? Preparei moitos poemas en castelán cando me invitaron no XV Encontro de Escritores de Monterrey. Era sobre un tema novo para min, a morte, sobre o que non tiña case nada escrito. Este proxecto presenteino en Barbantesa e dixéronme que era o mellor que escri- bira. Pero este é un proxecto un pouco aprazado porque ‘Cos Peitos Desen- chufados’ dentro duns meses vai saír en castelán en Luces de Gálibo. A min o que me gusta é sentar, investigar tex- tos, encántame a lexicografía, a coloca- ción das palabras... Moitos poemas na- cen así. Mesturo sempre a codecoloxía co sexo, é unha obsesión. De feito, ha- bía un poema, inspirado en Angelina Jolie por unha das súas tatuaxes, que é dos máis herméticos e que eu expli- co con ecuacións. O próximo 2 de xu- llo estarei nun recital na Universidade de Friburgo, en Alemaña. Estou cun proxecto cunha fotógrafa suíza, mul- tilingüe, entre imaxes e poemas. Ta- mén estou remantando un poemario pequeno inglés-francés para unha re- vista de poesía canadiana. É unha provocación? Procuro non provocar por provocar. O escándalo non ten lugar na arte. Pero xa hai algún poema no que comezan a saír monxas ou cregos. No fondo, hai moita crítica. Guerín ofrece mañá unha Master Class no CGAI NA CORUÑA Sobre ‘Guest’ e ‘En la ciudad de Sylvia’ O CGAI da Coruña acolle o ven- res, día 24, unha Master Class de José Luis Guerín na que o cineasta abordará a rodaxe do seu último filme, Guest, así co- mo a súa laboriosa posprodu- ción, procesos durante os que a película foi atopando a súa forma e o seu sentido. Trátase dunha oportunida- de de darlle visibilidade a esta película, maltratada e confina- da a unhas condicións de semi- clandestinidade na súa distri- bución e exhibición. Ademais, o CGAI proxecta- rá hoxe ás 20:45 horas o vídeo Unas fotos en la ciudad de Syl- via, unha serie de apuntes a ba- se de retratos, fotos fixas e lo- calización de exteriores. O ma- terial constitúe unha fascinan- te e insólita experiencia visual narrativamente independente do outro filme. Tamén hoxe, pero ás 18:00 horas, haberá unha posibilida- de de ver Guest, crónica da pe- regrinaxe de Guerín para pro- mocionar En la ciudad de Sylvia (2007). O propio director va- gabundea cunha pequena cá- mara ao encontro dun motivo ou personaxe para a súa próxi- ma obra, o que lle permite ao director elaborar un singular filme-viaxe. REDACCIÓN Negreira propón que o Día das Letras non sexa festivo POLÉMICA “É innegociable”, di Méndez Ferrín O novo alcalde da Coruña, Carlos Negreira, propuxo onte que o Día das Letras non sexa festivo senón o San Xoán. Al- go ao que lle replicou o presi- dente da Real Academia Gale- ga, Xosé Luís Méndez Ferrín, replicou: “Iso é innegociable, as Letras son unha festa nacio- nal de Galiza”. Negreira xa lle lanzou unha mensaxe ao PP, pois a declara- ción do 17 de maio como labo- ral é competencia da Xunta. A súa xustificación é que se pode- ría dotar “de moito máis conti- do e actividade nunha xornada laboral a conmemoración das Letras Galegas e, ao mesmo tempo, se atendería unha soli- citude de moitos cidadáns”, di o ‘popular’. REDACCIÓN

Upload: vanesa-oliveira

Post on 08-Aug-2015

87 views

Category:

News & Politics


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Elías Portela

23.06.2011 | GALICIA HOXE | 27MARÉ

O escritor e lingüista Elías Portela (Cangas, 1981), considerado un dos tres autores máis destacados da poe-sía islandesa baixo o pseudónimo de Elías Knörr, é unha illa en expansión. Dacabalo entre Galicia e Islandia, re-coñece que xa non sabe moi ben a on-de pertence, cal é a súa identidade. Onte levou á Galería Sargadelos de Compostela un recital titulado Ma-riñeiros de Porcelana con fragmentos dos seus poemarios en galego, Cos Pei-tos Desenchufados e Imaxes na Pel e dos seus poemas en islandés da súa última publicación, O Mariñeiro con Cabalos Matutinos baixo o Vestido que aínda non conta cunha tradución ao galego. Cunha obra baseada nas posibilidades da palabra e na busca dunha inspira-ción allea, o autor desdóbrase, reela-bórase, encríptase: utiliza a liberdade –é capaz de vincular a codecoloxía co sexo– como provocación.

Que representan os ‘Mariñeiros de Porcelana’? O mar está moi presen-te na túa poesía.Gústame o xogo de que podes lelo co-mo na arte figurativa: se vas a Sarga-delos, atopas figuras de mariñeiros feitos en porcelana. Tamén na miña poesía, que é moi polifónica, atopas moitas figuras mariñeiras. O de por-celana ten un dobre sentido: a beleza que contrasta coa natureza que pode ter un mariñeiro. O último que espera-rías dun mariñeiro é que fose algo de porcelana. Xogo con esa dobre iden-tidade. De feito, as dúas personaxes que lle dan título ao libro islandés son mulleres, un pouco piratas, aínda que non está expreso. Ademais, está o te-ma da fraxilidade. Eu cheguei a un punto no que teño un recoñecemen-to internacional, algún que outro pre-mio, moi moi boa crítica pero vexo que a miña carreira é realmente moi fráxil do mesmo xeito que a miña poesía e a lingua.

Esa fraxilidade nace da diferente acollida que ten a túa poesía en Is-landia –onde a revista Poetry Socie-ty o escolleu como un dos tres poe-tas máis representativos da lírica actual islandesa– fronte á case invi-sibilidade en Galicia?Iso nunha parte. Eu estou ancorado no meu ordenador: aí está a miña ca-sa, o meu faro. Despois, como escri-tor, ando con funambulismos. En Is-landia, o problema é que non se pode vivir só de ser escritor, e en Galicia o mesmo. Tamén levo moi mal a vida laboral se quixera dar clases en Islan-dia sería moi complicado porque ago-ra mesmo hai máis recortes no ensi-

Elías Portela cun dos seus poemarios, ‘Cos Peitos Desenchufados’

ramón esCureDo

O mariñeiro de porcelanaletRAs elías Portela: “Teño un recoñecemento internacional, algún que outro premio, moi boa crítica pero a miña carreira é fráxil como a lingua e a poesía”

este autor cangués residente en Islandia vai publicar en castelán ‘Cos Peitos Desenchufados’ en luces de Gálibo

Vanesa Oliveira . santiago

no público e xa os islandeses que en-sinan castelán se pelexan entre eles. É unha sociedade na que ou estás nun círculo protector ou acaban contigo. Son moi vingativos. Nunca me mo-vín literariamente por Galicia nin lin con outros escritores galegos. En Is-landia, cando a editorial fixo públi-ca a miña identidade, xa estaba len-do con escritores de primeiro nivel. O mercado editorial non está moi ben en Galicia e a poesía non é o que máis se vende.

eVOlUCIÓN

“Tiven que comezar a escribir en islandés para que me saíra a retranca”Cal é a túa evolución dende o primeiro libro, ‘Imaxes na Pel’, publicado en 2008 a ‘Cos Pei-tos Desenchufados’ e ‘O Mari-ñeiro con Cabalos Matutinos baixo o Vestido’, en 2010?o primeiro senta moitas bases do meu xeito de mirar a lingua, de observar as palabras e de basealo todo na imaxe poética. o que pa-sa é que ese poemario tíñao bas-tante feito pero perdeuse porque se me estropeou o ordenador. É, se cadra, máis disperso pero ten as mellores imaxes. os meus li-bros son moi variados: sempre procuro neutralizar o ego e bus-car cousas fóra a través doutros personaxes. a min xa me chega con recompoñer o poema. unha das cousas que se poden notar é que ‘Imaxes na pel’ é o poemario máis serio e os outros dous non: cando escribín en islandés come-

zoume a vir moita retranca, é al-go curioso. Tiven que comezar a escribir noutra lingua para que me saíra a retranca. os dous úl-timos libros foron feitos en plan ‘tándem’ ou ‘tango’, como dicía eu. en ‘o mariñeiro con Cabalos matutinos baixo o Vestido’, xoga con dúas personaxes femininas. É gracioso porque todo o mundo pensa que fala das ereccións ma-tutinas pero para nada porque a personaxe que ten cabalos matu-tinos é unha muller, é Cincenta. Iso é algo que ninguén sabe.Para cando esta obra traduci-da ao galego?Pois non sei se hai algunha edi-torial interesada porque traducir poesía é moi mal negocio. o bo é que podería traducilo eu mesmo pero aínda non llo propuxen a nin-gunha editorial. eu estou aberto a que se poida facer.

A que cres que se debe isto?Eu creo que moita da culpa téñena os libreiros. O público pode ser cateto en todas partes. Pero libreiros que se preocupen por ter fondo, por ter al-go interesante. Só teñen o que se ven-de: por iso a xente merca os libros de ‘Harry Potter’ ou ‘Crepúsculo’. E non lle vaias ti cun libro de poesía que non sexa dunha editorial ou distribuido-ra grande porque xa te miran mal. En Cangas abriu unha librería moi peque-na que se chama A Esmorga que ten

xunto as obras que máis se venden, unha sección dedicada ao cine de cul-to e hai xente que vai aló a buscar cou-sas interesantes. A cultura que temos é moi consumista e só está limitada a ese tipo de produtos que lles interesan ás multinacionais.

Resulta máis sinxelo publicar no mercado editorial islandés que no galego?É moi doado publicar un libro en Is-landia, pero que saia adiante é máis duro que aquí. Eu entrei por un cami-ño máis duro, usando un pseudóni-mo. Ao saír en revistas, iso axudoume a crear unha estabilidade como Elías Knörr. Unha vez conseguido iso, ago-ra teño certas portas abertas. Doutro xeito, outra xente máis independente non tería a posiblidade de saír do ám-bito independente. Eu lin con xente in-dependente e das grandes editoriais. Quíxeno facer así para que non me di-gan que foron condescendentes comi-go. Quería demostrar que a literatura de estranxeiros é posible: o islandés é unha lingua humana e calquera po-dería aprendela. Hai tamén un sacer-dote xaponés que publicou haikus en islandés e agora hai unha canadiana, Angela Rollins que está a facer os seus experimentos en islandés.

Iso non pasaría en Galicia onde os escritores de fóra son case mellor recibidos que os de aquí.Ben, falando diso, quen coñece en Ga-licia a Erin Moure? É do mellor que hai en poesía galega actual. Paréceme fa-tal que non se coñeza máis.

En que proxectos andas agora?Preparei moitos poemas en castelán cando me invitaron no XV Encontro de Escritores de Monterrey. Era sobre un tema novo para min, a morte, sobre o que non tiña case nada escrito. Este proxecto presenteino en Barbantesa e dixéronme que era o mellor que escri-bira. Pero este é un proxecto un pouco aprazado porque ‘Cos Peitos Desen-chufados’ dentro duns meses vai saír en castelán en Luces de Gálibo. A min o que me gusta é sentar, investigar tex-tos, encántame a lexicografía, a coloca-ción das palabras... Moitos poemas na-cen así. Mesturo sempre a codecoloxía co sexo, é unha obsesión. De feito, ha-bía un poema, inspirado en Angelina Jolie por unha das súas tatuaxes, que é dos máis herméticos e que eu expli-co con ecuacións. O próximo 2 de xu-llo estarei nun recital na Universidade de Friburgo, en Alemaña. Estou cun proxecto cunha fotógrafa suíza, mul-tilingüe, entre imaxes e poemas. Ta-mén estou remantando un poemario pequeno inglés-francés para unha re-vista de poesía canadiana.

É unha provocación?Procuro non provocar por provocar. O escándalo non ten lugar na arte. Pero xa hai algún poema no que comezan a saír monxas ou cregos. No fondo, hai moita crítica.

Guerín ofrece mañá unha master Class no CGaI

NA CORUñA sobre ‘Guest’ e ‘en la ciudad de sylvia’

O CGAI da Coruña acolle o ven-res, día 24, unha Master Class de José Luis Guerín na que o cineasta abordará a rodaxe do seu último filme, Guest, así co-mo a súa laboriosa posprodu-ción, procesos durante os que a película foi atopando a súa forma e o seu sentido.

Trátase dunha oportunida-de de darlle visibilidade a esta película, maltratada e confina-da a unhas condicións de semi-clandestinidade na súa distri-bución e exhibición.

Ademais, o CGAI proxecta-rá hoxe ás 20:45 horas o vídeo Unas fotos en la ciudad de Syl-via, unha serie de apuntes a ba-se de retratos, fotos fixas e lo-calización de exteriores. O ma-terial constitúe unha fascinan-te e insólita experiencia visual narrativamente independente do outro filme.

Tamén hoxe, pero ás 18:00 horas, haberá unha posibilida-de de ver Guest, crónica da pe-regrinaxe de Guerín para pro-mocionar En la ciudad de Sylvia (2007). O propio director va-gabundea cunha pequena cá-mara ao encontro dun motivo ou personaxe para a súa próxi-ma obra, o que lle permite ao director elaborar un singular filme-viaxe. ReDACCIÓN

Negreira propón que o Día das Letras non sexa festivo

POlÉMICA “É innegociable”, di méndez Ferrín

O novo alcalde da Coruña, Carlos Negreira, propuxo onte que o Día das Letras non sexa festivo senón o San Xoán. Al-go ao que lle replicou o presi-dente da Real Academia Gale-ga, Xosé Luís Méndez Ferrín, replicou: “Iso é innegociable, as Letras son unha festa nacio-nal de Galiza”. Negreira xa lle lanzou unha mensaxe ao PP, pois a declara-ción do 17 de maio como labo-ral é competencia da Xunta. A súa xustificación é que se pode-ría dotar “de moito máis conti-do e actividade nunha xornada laboral a conmemoración das Letras Galegas e, ao mesmo tempo, se atendería unha soli-citude de moitos cidadáns”, di o ‘popular’. ReDACCIÓN