eleccións 2015 carta urxente ao director de zona e xefe distribución

2
Local sindical: 2ª Planta, Edf. Xefatura Provincial Correos . 15070 A Coruña Tfno-981.223496, RICO 83230 * E – mail: [email protected] Sindicato Federal de Correos e Telégrafos CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO Sindicato Provincial de Correos de A Coruña 2ª Planta Edificio Xefatura Provincial de Correos . 15080 A Coruña Tlfes: 981.223.496. Rico: 83230. Móvil: 636312271 Mail: [email protected] ATT: Director de Rede de distribución. Asunto: Eleccións municipais 24 Maio de 2015. Desde CGT estamos recibindo, con desagradable sorpresa, noticias desde os centros de traballo, onde se nos comunica que as persoas responsables de estes centros están a dar instrucións verbais que son incorrectas, confusas , supostamente en fraude de lei, sobre o reparto fora da xornada e a prioridade dos obxectos postais electorais. Tamén nos sorprende que, unha vez máis, se deixe correr a información inexacta nos centros de traballo sobre o feito de que a correspondencia electoral é un traballo voluntario e que debe facer fora do horario habitual. Isto é falso, e ningunha instrución de Correos comunica de esta voluntariedade nin que esa correspondencia teña que ser traballada de unha maneira diferente a calquera outro obxecto que se reparta en distribución. Simplemente queremos lembrarlles algunha lexislación ao respecto de este tema: BOE 104, de 29/04/2015 Nomeando a Correos como prestador SPU en ditas eleccións INSTRUCCIÓN DO PRESIDENTE DE CORREOS, de 5 de Maio, na que concreta: “ En el tratamiento de la correspondencia ordinaria se dará prioridad al curso y entrega de los envíos de propaganda electoral, dentro del período de campaña electoral”. Circular 2/2015 da dirección de RRHH de Correos, na que en ningún lugar se autoriza ou especifica que se poida traballar fora da xornada, salvo que se autorice expresamente. ART. 50 e 55 do convenio colectivo sobre Xornada e Horarios. Tamén queremos recordar que o traballo fora da xornada supón un grave risco para a plantilla porque estaríase a conculcar gravemente o dereito á saúde dos traballadores, regulado na Lei 31/95 de Prevención de Riscos Laborais, que estarían a desempeñar as súas tarefas sen ningún tipo de protección e avaliación de riscos e sen ningunha cobertura sociosanitaria por atoparse fóra da súa xornada legal . Calquera accidente laboral sucedido fóra do horario establecido non gozaría do recoñecemento e protección establecidos para estes contratempos.

Upload: cgt-correos-a-coruna

Post on 29-Jul-2015

59 views

Category:

Government & Nonprofit


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Eleccións 2015 carta urxente ao director de zona e xefe distribución

Local sindical: 2ª Planta, Edf. Xefatura Provincial Correos . 15070 A Coruña

Tfno-981.223496, RICO 83230 * E – mail: [email protected]

Sindicato Federal de Correos e Telégrafos CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO

Sindicato Provincial de Correos de A Coruña 2ª Planta Edificio Xefatura Provincial de Correos . 15080 A Coruña Tlfes: 981.223.496. Rico: 83230. Móvil: 636312271 Mail: [email protected]

ATT: Director de Rede de distribución.

Asunto: Eleccións municipais 24 Maio de 2015.

Desde CGT estamos recibindo, con desagradable sorpresa, noticias desde os centros

de traballo, onde se nos comunica que as persoas responsables de estes centros están

a dar instrucións verbais que son incorrectas, confusas , supostamente en fraude de

lei, sobre o reparto fora da xornada e a prioridade dos obxectos postais electorais.

Tamén nos sorprende que, unha vez máis, se deixe correr a información inexacta nos

centros de traballo sobre o feito de que a correspondencia electoral é un traballo

voluntario e que debe facer fora do horario habitual. Isto é falso, e ningunha instrución

de Correos comunica de esta voluntariedade nin que esa correspondencia teña que ser

traballada de unha maneira diferente a calquera outro obxecto que se reparta en

distribución.

Simplemente queremos lembrarlles algunha lexislación ao respecto de este tema:

BOE 104, de 29/04/2015 Nomeando a Correos como prestador SPU en ditas

eleccións

INSTRUCCIÓN DO PRESIDENTE DE CORREOS, de 5 de Maio, na que concreta: “ En

el tratamiento de la correspondencia ordinaria se dará prioridad al curso y

entrega de los envíos de propaganda electoral, dentro del período de campaña

electoral”.

Circular 2/2015 da dirección de RRHH de Correos, na que en ningún lugar se

autoriza ou especifica que se poida traballar fora da xornada, salvo que se

autorice expresamente.

ART. 50 e 55 do convenio colectivo sobre Xornada e Horarios.

Tamén queremos recordar que o traballo fora da xornada supón un grave risco para a

plantilla porque estaríase a conculcar gravemente o dereito á saúde dos traballadores,

regulado na Lei 31/95 de Prevención de Riscos Laborais, que estarían a desempeñar as

súas tarefas sen ningún tipo de protección e avaliación de riscos e sen ningunha

cobertura sociosanitaria por atoparse fóra da súa xornada legal. Calquera accidente

laboral sucedido fóra do horario establecido non gozaría do recoñecemento e

protección establecidos para estes contratempos.

Page 2: Eleccións 2015 carta urxente ao director de zona e xefe distribución

Local sindical: 2ª Planta, Edf. Xefatura Provincial Correos . 15070 A Coruña

Tfno-981.223496, RICO 83230 * E – mail: [email protected]

Tendo en conta todo o arriba mencionado a CGT ínstalle, urxentemente, a:

Realizar a contratación necesaria de persoal eventual para realizar o reparto da

correspondencia electoral dentro da xornada laboral.

Realizar e difundir, entre os responsables de unidade, unha circular urxente

lembrando que a correspondencia electoral é prioritaria ao respecto da

correspondencia ordinaria, que se debe facer dentro da xornada laboral.

Reforzar as USES para entregar correctamente o voto por correo desde esas

unidades, ou garantir o cobro da gratificación individual por este concepto no

reparto ordinario, tendo en conta que o incremento do 15% de traballo en todas

as unidades de reparto ordinario supérase no 100% dos casos.

Garantir o cobro da gratificación anterior para todo o persoal do CTA de

Labacolla, tendo en conta que son frecuentes as arbitrariedades neste centro por

parte das persoas responsables á hora de escoler as persoas que traballan eses

obxectos, creando graves inxustizas á hora de ter acceso ao cobro da

gratificación.

Garantir que o reparto na xornada electoral do 24 de Maio, sexa realizado por

persoal voluntario, e que todo o mundo teña o mesmo dereito a participar se o

desexa nesa xornada, por sorteo ou calquera outro procedemento xusto. Lonxe

das habituais arbitrariedades das persoas responsables dos centros.

Informar a este sindicato, e ao Comité de empresa e Xunta de persoal, das horas

extras realizadas para realizar os traballos ou tarefas complementarios fora da

xornada habitual.

Reunir, con urxencia, o Comité de seguimento recollido no punto 5 das

“instrucións en materia de produtividade e remuneración recollidas na circular

2/2015”. Convocando ao sindicato CGT por ser sindicato representativo.

Desde a CGT observaremos con atención todo este proceso e procederá nas

seguintes xornadas a realizar unha pertinente denuncia á inspección de traballo

provincial sobre estes aspectos sinalados.

Sen máis, e agardando unha resposta.

Saúdalle:

Xan Jove González

Segredario Xeral de CGT Correos A Coruña

Na Coruña, a 8 de Maio de 2015.