ecos na carballeira

69

Upload: paco-fontan

Post on 02-Mar-2016

221 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Traballo realizado pola comunidade escolar para a visita de Paula Carballeira

TRANSCRIPT

Page 1: Ecos na Carballeira
Page 2: Ecos na Carballeira

1

Page 3: Ecos na Carballeira

Unha semana máis tarde, xa soan na CARBALLEIRA voces cantareiras con distintos acentos. Son os trasnos que chegan de lonxe, moi lonxe, nunha noite máxica, poboada de estrelas. Choutan e cantan, fan mimo, fan maxia... e centos de “HURRAS” e “VIVAS” percorren a devesa enteira . As landras observan, as landras escoitan... curiosas e atentas. Aplauden e brincan coma nenas pequenas.

Dialogan as follas na linguaxe do vento

e, cando a brisa as deixa, as pólas comparten bicos de orballo e aloumiños de néboa. TODA A FRAGA SE VISTE DE FESTA. Ninguén está triste, ninguén salouca, ninguén se queixa.

Búscanse TRASNOS con vocación artística: MÚSICOS, SALTIMBANQUIS, CONTACONTOS, TROBADORES, MALABARISTAS, MIMOS, BUFÓNS, DEBUXANTES, MAGOS … Todos os talentos teñen cabida no novo espectáculo do CEP Marcos da Portela:

O “ CASTING “celebrarase na Cabana de Paula .

FIU, FIU, FIUUUU ? RAS ! CHAS !

TROM, TRAM, TRAM !

2

Page 4: Ecos na Carballeira

Danzan as horas nun tempo sen tempo , a paisaxe sumida nunha beleza perfecta.

Mais, agora ...CALADE! : pasos de muller polo camiño se achegan .

chama o carballo máis novo, con toda a forza dos seus poucos anos.

O ECO respóndelle a cámara lenta:

Un sorriso radiante, contaxioso, intenso envolve, cal agasallo, toda a CARBALLEIRA.

3

Page 5: Ecos na Carballeira

QUE NOME RECIBE A CONTADORA MÁXICA ?

Cristina Fontán e Paula Pardo, 2ºB

4

Page 6: Ecos na Carballeira

“ ” Búscase MESTRE ou MESTRA DE CERIMONIA capaz de adoptar distintas personalidades e con boa dición para presentar “ECOS NA CARBALLEIRA”. @s interesados e interesadas deberán enviar foto e curriculum a www.trasliportela.com.

5

Page 7: Ecos na Carballeira

ROBIN se transforma por arte e maxia dun disfraz e, cambiando o seu nome, pasa de un a ser plural: BOBIN, DOBIN, COBIN, COLIN, NOLIN, ROLIN:

CLAP! CLAP!

CHAS!

6

Page 8: Ecos na Carballeira

BENVIDA CORDIAL A TODAS E TODOS!

NESTA NOITE DE TRASGOS, NESTA NOITE DE ESTRELAS,

GOZADE DA MAXIA TODA

DE “ECOS NA CARBALLEIRA” .

Germán de la Fuente, 3ºA

7

Page 9: Ecos na Carballeira

8

MURAL DE TODO O COLEXIO

Page 10: Ecos na Carballeira

Algúns contos saen das tripas, a trompicóns, sen pausas organizadas e sen orde; empézanse polo medio ou, se cadra, polo final. Son historias incontrolables que nunca se contan de igual xeito porque teñen máis poder que a cabeza de quen as conta. Tamén hai contos agarimosos e doces que saen do corazón, pero non podemos deixar que sexan cursis porque o corazón ten esas cousas e, ás veces, lévanos por carreiros que non queremos percorrer. Outros contos nacen da cabeza, cun estilo impecable, ben relatados, “políticamente correctos”. Quedan finalmente os contos que saen dos pés, aínda que digamos que non teñen nin pés nin cabeza. Fai falla xente moi estudiada para que poida interpretalos. De calquera xeito, cando entramos no mundo dos contadores de historias o corpo sofre unha transformación, case unha mutación.

Comezan as tripas facendo un movemento suave, sinuoso, e un sonido q u e s e m e l l a m o r n o : c r o o o o o o o m , c r o o o o o o o m , crooooooom… Asubía o sangue nas arterias. O estómago, o fígado e ata os riles se remexen, acomódanse. Ènchense os pulmóns. O corazón latexa a un ritmo frenético: bum bum, bum bum, bum bum, bum bum… E a cabeza…. ¡non o quero nin imaxinar! As conexións eléctricas das neuronas tolean creando unha auténtica telaraña electrificada. De súpeto, a pel sente frío e os poros toman o poder transformándose en pel de galiña. Todas as moléculas do corpo están alerta, preparadas, agardando a primeira frase; soa coma un susurro:

Gáldrigans, cúrricans, cómepans Cóntosvan, cóntosven, cóntoson

Dende ese instante as células do corpo póñense a disposición da voz; estamos preparados e á espreita para que todo comece. Berramos:

Bocapé, chadaé, asoré, llasaber, tas !

Máis forte: BOCAPÉ,

CHADAÉ, ASORÉ,

LLASABER, TAS !

María Lores

ESCOITADE !...

9

Page 11: Ecos na Carballeira

dixo unha bruxa unha vez. Quería enmeigar un conto, mais saíulle do revés. Ese conto enrevesado é o que che vou contar. Se atopas algo raro,

Judith Ortigueira, 6ºC

FEEZZ! BEEZZ! WEEZZ! the wind whispers among the trees. CRACK ! CRACK ! CRONK! Listen, everybody , to the fire song. BLURR ! BLURR ! BLURR ! It brings a story with magic words.

Sara Martínez, 6ºC

10

Page 12: Ecos na Carballeira

Unha fórmula máxica que ten cinco pasos:

v Cinco gotas de limón como símbolo da natureza.

v Unha perla de Xapón, de gran tamaño e valor.

v Unha bágoa con sentimento, para espantar as

penas e lamentos.

v Dúas palabras de paz

v e, por último, un suspiro ben forte e feito con

brío.

Só así conseguiremos ter un día moi doado onde nin

vento nin trono , paseen no ceo anubrado.

Mª Carmen Hermida 11

Page 13: Ecos na Carballeira

Musa de escuros ollos tristes e longos cabelos dourados, ábrenos a porta dos contos con maxia, feitizos ou cantos.

Con maxia, feitizos ou cantos que brinquen e dancen moi ledos os seres do mundo dos soños: trasnos, fadas, sereas, elfos…

Trasnos, fadas, sereas , elfos que escriben palabras no ar, que narran fermosas historias que a todos nos fan soñar.

Lorena Sánchez e Sara Martínez, 6ºC

Baltar Morgade , 6ºC Había unha vez …

12

Page 14: Ecos na Carballeira

.

PARA VOAR Colle un paxaro desplumado pega as plumas a ambos lados; busca un gato namorado e sube rápido ao tellado . Cita as palabras do mago , días sen pensar en nada e voarás coma unha fada. Carla Martínez, 5ºB

FEITIZO MÁXICO PARA QUERER VIR AO COLE Catro gotas do sangue do corazón do teu ser querido.

Dous anacos do queixo da lúa para darlle sabor ao feitizo.

Sete apertas do teu amigo máis lonxevo.

Dez pétalos do teu xardín.

E, por último, cen gramos de cariño e paciencia,

Mestúrase todo nun frasco grande e dinse as palabras máxicas:

SACATAPINA, SACATAPANA ao cole irei con Ana.

Ivana Maksimovic, 5ºB

PARA TER UN BO DÍA:

Unha folla da planta encantada da raíña das fadas,

po de trasnos do rei das serpes,

catro pétalos de margarida,

un dente de león e un pouco de cor.

Isto mestúrase todo e convértese en xabón.

Lávaste con el e dis as palabras máxicas

E así virás ao cole encantada. Emma Vázquez, 5ºB

13

Page 15: Ecos na Carballeira

Marga Barros, María Lores,

Rosario Sande, Asun Vilas.

14

Page 16: Ecos na Carballeira

Pois, señor, resultou que unha vez, nun bosque de Galicia, alá onde dá a volta o aire, había unha Santa ( ¡que si, que si, da das igrexas, ho!) que se chamaba Santa Figueira do Fume de Musgo. Santa Figueira encargábase de que os homes da aldea non tirasen lixo no bosque e non subisen ás árbores para estragar os niños dos paxaros. Se facían algo así, a Santa colgábaos dunha figueira polas orellas e, cun incensario de musgo tecido, facíaos confesar. O máis probable era que os culpables pelexasen un bo rato antes de facelo, pero acababan confesando; e se non, colgábaos por unha soa orella, con pedras atadas aos pés, e así quedaban toda a noite. Pero o alcalde,que era un papaberzas, quería matala para cortar as árbores, vendelas e facerse rico. Así que chamou aos homes da aldea, que eran tan túzaros coma el, e díxolles que se lles axudaba a matar á Santa, íalles dar o 50% das súas riquezas (inda que, en realidade, non pensaba pagarlles).

15

Page 17: Ecos na Carballeira

E os homes dixéronlle que si, pero os nenos e as mulleres protestaron, porque lle tiñan cariño á Santa. Os homes non lles fixeron caso e limitáronse a mandalos .... a paseo. Entón o alcalde, que era unha besta sanguinaria, contratou un asasino a soldo e este matou a Santa Figueira dándolle cunha frecha na cabeza e outra no corazón. Pasaba por aí Santa Menta de Arco (que era a Santa Cazadora) e ó vela morta, resucitouna. No camiño, perdeu o seu poder de queimar as frechas e as balas dos cazadores furtivos, pero Santa Figueira, en agradecemento, deulle un novo poder para cambiar as frechas de madeira e as balas de metal por frechas de plastilina e balas de barro. Así, Santa Figueira resucitada e Santa Menta de Arco cun novo poder, as dúas xuntas impediron que se cortaran as árbores e déronlle unha patada no cu ao alcalde. Baltar Morgade, 6ºC

Ai, ai, meu cu ! Como doe !

16

Page 18: Ecos na Carballeira

Enma Vázquez e Noelia Rodríguez

17

Page 19: Ecos na Carballeira

Crala, non trala, crápata labra; prama que prama, rana que rana; chanana,nana, chanana, ná:

Teco, reteco, leco, beleco, plebo, non febo, relo, fabelo:

Coquin, recoquin, chipiliroquin; ándibus la, cándidus cuin, rétribus ca, chipon quin :

Isa Pazos

2ºA

18

Page 20: Ecos na Carballeira

Cana botana, banga manana, pana non trala, traca que traca:

danza . Dolores Nanín

Na lúa de só ratos e gatos contan ata catro: un, dous, tres, catro ! Un saco, dous patos, tres pratos máis un : CATRO !

De ti pra min, de min pra el, dime de quen a culpa é. EU? Eu non fun

que foi Rífalle, rífalle que dixo MUUU !

Julia Arias

2ºC

2ºB

19

Page 21: Ecos na Carballeira

20

Page 22: Ecos na Carballeira

EXCLÉNDIDO !

RALLÍSIMO !

BRAGUATAMBO!

CUTANGA !

21

Cabazas aportadas pola comunidade escolar Texto: 4ºB

SACATAPUNA !

CAPACHARINGO !

@s espectadores e espectadoras entusiasmad@s repiten unha e outra vez VIVAS e HURRAS en distintos idiomas.

Page 23: Ecos na Carballeira

Sa

dan cen voltas pola pista. El conta historias con graza, ela é vedete de revista.

Sara Martínez, 6ºC

22

Page 24: Ecos na Carballeira

Alba Lorenzo, 4ºB

Lucía García , 4ºB

23

Page 25: Ecos na Carballeira

Esta é a historia, señores, dunha vaca bailarina, que lle gustaba a muñeira máis que as papas de fariña. Tamén aparece un porco con alma de trobador. Cantaba cantos de cego con moitísimo fervor. Fixeron unha compañía de títeres e mais de teatro contando historias diversas montaron un espectáculo.

Estes dous aventureiros fóronse buscar a vida, viaxando polos montes, as fragas e mais as vilas. Aprenderon novos contos que logo ían narrando, fixeron grandes viaxes case sempre camiñando. Contos que falan da lúa ou dun oso namorado;

lendas de raras illas e dun dragón enrugado. Para rematar bailaban

o “conto da desesperanza” e con ledicia o seu público facíalle moitas loubanzas.

Moncha Penela

24

Page 26: Ecos na Carballeira

2º B

25

Page 27: Ecos na Carballeira

UN CORVO E UNHA GATA CHAMAN POR EULOXIO ? Vaia noticia máis parva! E que lle queren?

Non,home,non. Escoita ben:

UN TORDO E UNHA MARTA TRAGAN RELOXOS. Han querer matar o tempo, supoño.

Vale! Vale! Xa o entendín:

UN CONTO E UNHA CARTA EXHALAN ÓXIDO. Cada día pasan cousas máis raras. Non si?

26

Page 28: Ecos na Carballeira

Menudo panorama:

UN POLBO E UNHA CARPA ATRACAN MOTOS .

UN MORTO NUNHA SACA , ACHADO ARQUEOLÓXICO ? Non sei onde imos parar !

Boa idea!

E se cambiamos de emisora ?

Desde logo. Non hai punto de comparación.

Moito mellor. Isto xa é outra cousa.

Isa Pazos

27

Page 29: Ecos na Carballeira

Laura Barros e Nerea Calvo

BOTEXUXÚ

BOTECHONCHI

Simpáticos portalapis creados no taller de Manualidades como agasallo exclusivo para @s artistas de ECOS NA CARBALLEIRA.

28

Page 30: Ecos na Carballeira

máis que rato,

é un : áxil, ben desperto e xoguetón.

Judith Ortigueira, 6ºC

29

Page 31: Ecos na Carballeira

Un rato amante do queixo quería voar ata a lúa: creía que estaba composta por quilos de queixo de Arzúa. Colleu tres ou catro cousiñas; marchou nunha nave espacial e, nada máis chegar a lúa, quería empezar a xantar. Abriu a boquiña con ansia cravou naquel chan os seus dentes rompeu os de atrás, os de adiante: o rato estaba doente. Paco estaba moi triste quería voltar ao fogar, aínda que era moi valente, axiña empezou a chorar. E,para que o rato acougase, a lúa a cantar empezou cantigas que falan dos astros e o rato contento quedou.

Rafael Maquieira 30

Page 32: Ecos na Carballeira

PECO, PICO,

PITO, PETO,

PATO.

RETO,

RITO,

RIMO,

RAMO,

REMO. TEMO,

TIMO,

TOMO, TOPO,

TAPO,

TIPO,

HIPO,

HIPO,

HIPO.

4ºB

31

Page 33: Ecos na Carballeira

32

4ºB

Page 34: Ecos na Carballeira

BRIQUITUCO !

TANTANGONGO !

CHIVIBÓN !

SAMBACATÚN!

TATICAPONGO !

Traballos realizados polo alumnado en Manualidades, actividade extraescolar dirixida por Marga Barros

Texto: 4ºB

RELÚMPALA !

CHANTÁSTICO !

33

Page 35: Ecos na Carballeira

INSTRUCIÓNS PARA CURAR UN LIBRO DOENTE

1. COLLE O LIBRO COAS TÚAS PROPIAS MANS SE ES TI QUEN QUERE CURALO.

2. LE EN ALTO O TÍTULO DO

LIBRO.

3. LE O LIBRO PÁXINA A PÁXINA COS CINCO SENTIDOS.

4. ASUBÍA UNHA CANCIÓN CANDO LLE VOLVAS AS COSTAS. Paula Carballeira

34

Page 36: Ecos na Carballeira

Milleiros de letras que contan historias, que arrincan sorrisos, que

Milleiros de letras aniñan nun libro, rompendo o silencio, buscando aloumiños.

Milleiros de letras agardan inquedas unha voz que as mime, unha voz que as lea.

PRIMEIRA INSTRUCIÓN

35

Page 37: Ecos na Carballeira

Vexo, vexo ! Eu vexo: dous libros moi pequenos. Empezan polo P, empezan polo M.

MATEO!

PACO!

Estamos aquí. Graciñas por chamarnos polo nome .

SEGUNDA INSTRUCIÓN

36

Page 38: Ecos na Carballeira

TERCEIRA INSTRUCIÓN

Mestúranse no batedor tres pingas de cada sentido: vista, olfacto, tacto, bo gusto sen esquecer nunca o oído. Empápanse as páxinas pares con zume tan “requetefino” e bébense , a modiño, as letras con deleite e moito agarimo.

TRASLÍ

NOTA.- “O libro agradecerá estes cinco sentidos se están ben frescos , e aínda

agradecerá un sexto para limparlle a porcallada sen ter que metelo na lavadora”.

Paula Carballeira 37

Page 39: Ecos na Carballeira

CUARTA INSTRUCIÓN

38

As catro “Instrucións para curar un libro doente” foron ilustradas por Sara Martínez, 6ºC

Page 40: Ecos na Carballeira

E, agora…A PROBA MÁIS DIFÍCIL :

entre nubes, polo ceo; coas gaivotas, sobre o mar e atravesando segredos que non sabe nin mamá.

Noelia Villaverde, 2ºC

39

Page 41: Ecos na Carballeira

SHHHHH ! NON LLO DIGADES A NINGUÉN. PAPÁ E MAMÁ NON DEBEN SABELO.

Teño un tesouro escondido na miña casa con aneis, pulseiras e colares.

Ás veces fago trampa nos xogos para poder gañar.

A miña avoa fai os mellores flocos do mundo.

Vin como mataban ao can do veciño cunha escopeta de balíns.

Son unha princesa.

Podo durmir cos ollos abertos.

40

Page 42: Ecos na Carballeira

Non me gusta quedar soa na casa porque teño medo.

As fins de semana pelexo na miña habitación cos osiños de peluche.

Podo transformarme en serea.

Teño “MISIONES” porque un día soñei que a miña nai dicíame algo e... díxomo.

Sei unha canción que ninguén sabe.

Durmo co meu can Coli.

2º 41

Page 43: Ecos na Carballeira

Breve descanso. STOP. Cea de confraternidade e celebración do MAIO. STOP. Viaxe polos sabores e a cultura galega. STOP.

Emma Vázquez, 5ºB

42

Page 44: Ecos na Carballeira

Teño fame ÑAM, NAM , unha fame especial. Quixera probar tantas cousas...

43

Page 45: Ecos na Carballeira

44

Page 46: Ecos na Carballeira

45

Page 47: Ecos na Carballeira

46

Page 48: Ecos na Carballeira

47

Page 49: Ecos na Carballeira

48

Page 50: Ecos na Carballeira

SOBREMESAS

1. MARMEIOGUR. 2. “SÁNDWICH” DE CHOCOLATE. 3. GALLETAS CON CHOCOLATE. 4. PLÁTANO CON MEL. 5. PLÁTANO ESMAGADO.

6. MAIO ÁS FINAS HERBAS.

49

Page 51: Ecos na Carballeira

MARMEIOGUR

Ingredientes: Iogur natural Marmelada de fresa Galletas Mel

Como se fai ? 1º Colle o iogur e bótao nun prato fondo. 2º Pon catro culleradas de marmelada enriba do iogur. 3º Remexe ben. 5º Engádelle as galletas en anacos (mínimo 3 galletas). 6º Bota mel según o gusto e remexe de novo. ¡Xa está listo! Leonardo Rosero ,3º B

50

Page 52: Ecos na Carballeira

Galletas con chocolate Que se precisa ? Chocolate fundido e galletas. Como se fai? Se o chocolate non está fundido deixádeo ao sol un pouquiño. Logo cun coitelo poñede o chocolate nas galletas e, se non sabedes manexar o coitelo, pedídelle a un adulto que volo faga. Lavade as mans e xa podedes comer. Bo Xantar! Rubén Martínez, 3º B

“Sándwich” de chocolate Que se precisa ? 2 rebandas de pan de molde. Unha tableta de chocolate. Como se fai? Xa que as rebandas están cortadas, non debemos facer nada. Poñemos a tableta no medio do pan e... xa está!

51

Page 53: Ecos na Carballeira

INGREDIENTES:

• Un plátano por comensal. • Un tarro de mel.

PREPARACIÓN: 1º. Lavar as mans.

2º. Pelar o plátano.

3º. Cortar en rodelas pequenas e colocar nun prato.

4º. Por enriba das rodelas botar un pouquiño de mel.

5º. Coller un garfo pequeno e picar unha rodela e...

Está boísimo!

Lorena Fraguas, 3º B

Nota.- Antes de facelo lava ben as mans.

1º Colle un recipiente e bótalle un ou dous plátanos partidos en anacos.

2º Expreme dúas laranxas, se a persoa é de moito comer , e unha se é de pouco comer.

3º Rómpelle unas galletas por enriba.

4º Bate todo coa batedora e xa está o esmagadiño

Andrea Martínez, 3ºB

52

Page 54: Ecos na Carballeira

Estamos aquí de novo, Nesta festa tan fermosa, Enchendo de colorido, Esta Ferrería nosa. Estreliña do luceiro, Que nos deu a craridade, Para crear este maio , E a ledicia espertare. Canta o cuco, canta o merlo, Cantan todos os paxaros, Para recibir a vida, Sen mirar cara o pasado. Afanadas, as galiñas Compiten no galiñeiro, Queren por ovos ben lindos, Para un maio feiticeiro. Non nos dá chegado o maio, Os nenos están ansiosos, Por coller flores bonitas, E sentirse orgullosos. Rosas floridas nos campos, Verde fiuncho no prado, Doces coplas van no vento, Son o mellor agasallo. Coas raiolas do día, Espreguízase o maio, Peitea o seu fiuncho, ¡Con dedos enfeitizados! Tan belido e tan fermoso, Sae de Monte Porreiro, Os paxaros o acompañan, ¡Que coro tan cantareiro! Rematamos o inverno, Queda fóra o meigallo, Nin máis neve, nin máis chuvia, ¡Chega a festa do maio! Un traxe de primavera, Viste toda a Ferrería, Verde a ilusión e o fiuncho, Ben fermosas as cantigas. Coplas veñen, coplas van, Polo aire, polo ceo, Percorrendo a cidade, Con espíritu festeiro.

Traémolo á Ferrería, A este marco sen par; Coas pombas e a Peregrina, Anímase a criticar. Non hai cartos no Concello, Para arranxar o Colexio, ¡Quererán que o alumnado! ¿Estudie como facelo? As paredes caen a cachos, Nos xardíns medran as herbas, Só nos falta un rabaño, Isto xa parece a selva. Tres anos levan facendo O ximnasio-pavillón; Parece obra do demo, Todo son complicacións. Empezaron a facelo Dende tempo inmemorial; É a Historia Interminable, Tarda máis co Escorial. Despídese o noso Ángel, Un profesor que nos guía. Botarémoste de menos, Disfruta da nova vida. O barrio está de festa, Pois xa temos bono-bus; Aparcaremos os coches, Todo o mundo en autobús. E se non co Pilla-bici, Que hai na urbanización, Baixaremos pedaleando, Volveremos a empuxóns. Para esta encomenda, Seica queren contratar , A Pino e Óscar Pereiro, ¡Pois saben pedalear! Pontevedra é Boa Vila, Da provincia capital; Péselle a quen lle pese, Isto vai seguir igual. Por aforrar altos cargos, Hai un superdelegado; Cada provincia ten un, Pontevedra é caso raro.

53

Page 55: Ecos na Carballeira

A delegación de Vigo, Séntese tan importante, Que se non ten supercargo, Vaille faltar o “talante”. O alcalde desta vila, Ándache apalpando a roupa, As últimas eleccións, Non foron cousa de troula. Sen ter amigos na Xunta ¡Canto pesar no alcalde! ¡Tantas obras por facer! E non hai quen as remate. Temos novo presidente, Que trae aires de mellora; Sobre todo no transporte, Non vale calquera cousa. Non quere un Audi novo, Nin unha motocicleta; Coche oficial de Galicia, Vai ser unha “Feijooneta”.

Empresarios, empregados, Homes, mulleres e mozos, A medida contra a crise, “Feijoonetas” para todos. Co decreto do galego, Teremos escola á carta, Castelán, inglés , francés, ¿Onde queda a nosa fala? Invertíronse as tornas, Nas protestas que se ven; Antes eran os de esquerda Hoxe, a Igrexa e o PP. Co galego, co aborto, Coa familia ou matrimonio Están máis tempo nas rúas Que atendendo os seus “negocios”. De tanto que coinciden, Quizais teñan acordado, Un matrimonio “moderno” Señor Rouco e Mariano. O tema que está de moda, Que se fala cada día, É o follón que hai montado, Con isto da economía. Temos crise no almorzó, Crise tamén na merenda; O asunto pinta feo Se alguén non o remedía.

En principio, Zapatero Xa cambiou varios ministros, ¿Pensará que só con iso, Os problemas están listos? Pois a fila de parados, Medra e medra cada dia; Poranos a traballar, No AVE para Galicia. ZP está que se “sae”, Xa o queren no G20; Obama deulle un abrazo, ¡non lle falta quen o mime! Pra “sementar” esperanzas, O Papa anuncia medidas, Que deben ser necesarias, Para loitar contra o Sida. Pois xa o dixo ben clariño, Por África viaxando, “ O mellor é a abstinencia, ¡Que o inferno está agardando!” No século XXI, O mundo está revirado, Un negro na Casa Branca, E os homes embarazados. Se seguimos nesta liña, ¿Que nos queda por mirar? O Pontevedra en primeira, E o Bloque imitando a Aznar. Vente vindo, vente vindo, Vente vindo, vente andando, Vente vindo, érguete maio, Que o vento nos vai levando. Imos remontando o río, Cara a Monte Porreiro, Recorrendo o Malecón, Satisfeitos e moi ledos. Non nos queremos marchar, Sen a Campañó saudar, Pois xa cumpren vintecinco, ¡quen os puidese pillar!

Xa é tempo de calar, Xa é tempo de marchar, Recolleremos a rosca, Que unha enchenta nos vai dar.

54

Page 56: Ecos na Carballeira

para tod@s, aquí remata esta festa; a gozar cos seus oficios ou a cambiar de tarefa.

Fernando Rodríguez, 6ºC

55

Page 57: Ecos na Carballeira

O HOME DO SACO estaba farto e aburrido de facer sempre o mesmo: recoller, todas as noites, os pesadelos dos nenos e nenas. Cando escoitou a ROBIN, iluminóuselle a cara e decidiu cambiar de traballo. Cando llo dixo á súa muller, ela contestoulle sorprendida: -Claro que si, pero tes que gañar máis cartos, que xa non chegamos a fin de mes. -De acordo, miña ruliña. Acabaron de discutir o tema e, rapidamente, foi escribir un anuncio para o xornal. O día seguinte non recibiu ningunha chamada contestando ao seu anuncio e, ao outro, tampouco. Estaba moi desgustado, pois non tiña cartos para manter a súa muller.

Vou coidar dos nenos e nenas e xogar con eles.

ANUNCIO POR PALABRAS Ofrécese HOME RESPONSÁBEL ,con aspecto moi raro, para coidar a nen@s menores de catro anos. Disponibilidade horaria: polas tardes de 16:00 a 18:00 horas.

Gustaríame ser rica.

56

Page 58: Ecos na Carballeira

Volveu escribir o anuncio: Esta vez fíxoo tan ben que, ao día seguinte, o timbre e o teléfono non pararon de soar. Por fin tiña traballo. Os rapaces e as rapazas só tardaron uns días en acostumarse ao seu aspecto e , ao cabo dun mes, empezaron a notar que era un home moi agarimoso e só querían estar con el. Os pais e nais puxéronse un pouco celosos. O HOME DO SACO decatouse do problema, e chamounos para que visen como coidaba el aos seus fillos e fillas . Así comprobaron o ben que facía o seu traballo e decidiron que os cativos e cativas podían seguir vendo a este home tan entrañable. A MULLER DO HOME DO SACO estaba moi orgullosa del por facer tan ben o seu novo traballo, e tamén porque agora, co diñeiro que tiñan, podía presumir das súas xoias e abrigos de pel.

ANUNCIO POR PALABRAS

Ofrécese HOME RESPONSÁBEL , AMÁBEL , FORTE, RESPECTUOSO para o coidado de nenos e nenas. Soldo a convir e un trato excelente. Disponibilidade horaria: de 16:00 a 18:00 horas.

Érika Buceta, 5ºA

57

Page 59: Ecos na Carballeira

Nome: Pedro Apelidos: González Iglesias Apodo: Pedro Chosco Data de nacemento: 08- 08- 72 D.N.I.: 54382901C Población: Rillobre Domicilio: Rúa Alemania nº8, 3ºH Nº de teléfono:986 348269 Nº móvil: 649832932

Teño o pelo longo e canoso, ollos negros, nariz chato, beizos grosos e son de estatura alta.

A xente di que son moi traballador, amable, cariñoso,

intelixente, gracioso aínda que bastante aburrido. Fixen estudos de Primaria, ESO, bacharelato e

posteriormente especialiceime en xardín de infancia. Traballei na ludoteca do barrio, tiven unha empresa de

venda de xoguetes, máis tarde dediqueime á reparación de coches como mecánico e por último a quitarlle medo aos nenos e ás nenas.

O meu horario dispoñible é de oito a dúas e media da tarde

e de catro a seis e cuarto. Solicito traballo como mestre. Nerea Sanmartín 5ºB

58

Page 60: Ecos na Carballeira

Nome: Chámanme a Muller do Home do Saco Data de nacemento: teño motííííísimos anos, tantos que xa perdín a conta. D.N.I.: 00000001A Domicilio: Ao final do Arco Iris no inverno e nos meses de verán no seu

comezo. Rasgos físicos: son moi alta, 1́ 84 cm. e con moita forza, cousa que ás veces doume problemas pero nalgunhas sacoume de apuros.

Rasgos de carácter: Inflúeme se é inverno ou verán. O mesmo podo ser unha fera e moi estricta coa xente, como tenra e maina, sobre todo, cos nenos e nenas. Falo ata durmindo

Preparación: Gústanme os idiomas aos que lle adiquei tempo. Domino inglés, tirolés, chinés, castelán e por suposto galego. Experiencia laboral: Fago e reparo sacos de todo tipo, de plástico, de corda. Fun encargada nunha fábrica de sacos cheos e baleiros. Pódoos encher do que se queira, o mesmo de nenos e nenas, e baleiralos de contadiño. Solicito traballo como decoradora e acondicionadora de sacos, decóroos tanto por dentro como por fóra, o mesmo que preparo o seu interior para facelo cómodo e confortable.

.

59 Antía Miguez , Emma Vázquez e Noelia Rguez 5ºB

Page 61: Ecos na Carballeira

Eu, HOME DO SACO, busco emprego

honesto, recoñecido e poético.

A continuación expoño

o que eu fago e quero:

Nubes de algodón

co sorriso dun neno.

Aneis de ouro

cos rizos de cabelo.

Contar contos

coa brisa e o vento.

Curar as feridas

que produce o tempo.

Consolar o pranto

dun rapaz enfermo.

Aloumiñar aos avós

que coidan dos netos.

Cantar cancións

e compoñer versos.

E... como non !:

colaborar con vós

en todo momento.

Asun Vilas 60

Page 62: Ecos na Carballeira

1.datos persoais

NOME : Pedro APELIDO : Chosco DATA DE NACEMENTO : Nacín hai tantos anos que non quero nin lembralo. LUGAR DE NACEMENTO : Nunha cova en Monte Lobeira ESTADO CIVIL : Estiven casado; agora, arrimado. ENDEREZO : Vivo na cova de Monte Lobeira para que alí me busque quen queira. TELÉFONO : Como non teño moita cobertura, moitas veces non pago a factura. Pero, se a PEDRO CHOSCO queren chamar, téñeno doado, comecen por borboriñar: PEDRO CHOSCO, PEDRO CHOSCO… De seguido,hei chegar.

61

Page 63: Ecos na Carballeira

2. FORMACIÓN

Licenciado en Neurofisioloxía, Neuroloxía e Psiquiatria para durmir á xente tanto de noite como de día.

3. EXPERIENCIA PROFESIONAL Levo toda a vida aturando a pequenos e grandes chorando. Pasiño a pasiño vounos calmando e todos eles acaban soñando.

4. idiomas

Enténdoos todos e, aínda que non os falo, remato o traballo antes que cante o galo.

5. outros datos de interese Teño dispoñibilidade total : ningunha hora me vai mal. No traballo son moi eficaz : tanto durmo un cabalo coma un rapaz.

6. referencias É tanta a xente á que durmín que espero que se lembren de min. Unha vez durmín á princesa, quedou tumbada enriba da mesa. Outra vez durmín ao presidente e, mentres durmía, caeulle un dente.

Chelo Vidal

U.I. Menéndez Pelayo

62

Page 64: Ecos na Carballeira

Recibimento musical por ROBIN e ROBIN.

63

Page 65: Ecos na Carballeira

Paula, Paula

was born in Fene.

Actress, writer,

storyteller. Magic in her voice, magic in the air.

Magic is here

in Marcos da Portela .

Paula, Paula

is nice and sweet. 6ºC

64

Page 66: Ecos na Carballeira

Suxeitalibros deseñado pola asociación AMENCER.

65

Page 67: Ecos na Carballeira

Marga Barros Juan Lores

María Lores Rosario Sande

Chelo Vidal Asun Vilas

Novo TRASLÍ nacido das mans de Juan Lores e Marga Barros

66

Page 68: Ecos na Carballeira

O público posto en pé aclama a

APLAUSOS

CHIPILIGUAI !

RETRÍMBALO !

Alumnado de 5º e 6º

CÁRPRITA!

FRACHíSIMO !

HIP HIP TRURRA !

67

Page 69: Ecos na Carballeira

29/05/09 Para o fabuloso CEP Marcos da Portela, fabuloso de fábula, de agarimoso; un lugar de letras, música, historias e centos de ollos curiosos, despertos e abertos ao mundo polo traballo das profesoras, dos profesores, das nais,

os pais, os alumnos , as alumnas e todos e todas aqueles que levan a ilusión no corpo, o corazón na man e a imaxinación no sorriso. Por sempre a vosa amiga

68