e x p os i ci on e mos t ra bi bl i ogrÁf i ca 1# j #ns=j#libro de nacho carretero fariña en...

12
EXPOSICION E MOSTRA BIBLIOGRÁFICA DO 3 AO 30 DE ABRIL DE 2018

Upload: others

Post on 01-Nov-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: E X P OS I CI ON E MOS T RA BI BL I OGRÁF I CA 1# J #NS=J#libro de Nacho Carretero Fariña en aplicación do artigo 738.1 da Lei de Axuizamento Civil; impide á editorial a "tradución

LIBER: LIBROS E

LIBERDADE AO LONGO DA HISTORIA

2 3 D E A B R I L , D Í A D O L I B R O

EXPOSICION E MOSTRA BIBLIOGRÁFICA

DO 3 AO 30 DE ABRIL DE 2018

Page 2: E X P OS I CI ON E MOS T RA BI BL I OGRÁF I CA 1# J #NS=J#libro de Nacho Carretero Fariña en aplicación do artigo 738.1 da Lei de Axuizamento Civil; impide á editorial a "tradución

Ao principio estaba o Verbo

A censura e a prohibición naceron probablemente coa

propia linguaxe e tamén probablemente se fixeron

palpables co nacemento da escrita: fora mediante veto

ou orde de mera destrución, dende os inicios da

civilización houbo obras marcadas como tabú. A

humanidade leva perdido así moitos escritos mesmo en

conflitos bélicos nos que se utilizaron as bibliotecas como

obxectivos ou botíns para ser destruídos, o cal podemos

entender como un tipo de censura. Ademais destas

perdas houbo obras que foron condenadas ao

esquecemento, do que algunhas logo lograron

recuperarse. Nesta pequena mostra tentaremos tratar

esas obras perdidas ou malditas  e máis daquelas ficcións

que  xurdiron da idea dos libros prohibidos. 

Page 3: E X P OS I CI ON E MOS T RA BI BL I OGRÁF I CA 1# J #NS=J#libro de Nacho Carretero Fariña en aplicación do artigo 738.1 da Lei de Axuizamento Civil; impide á editorial a "tradución

Libro Hebreo da Lei 

As tropas romanas de Antíoco tiñan a orde de rachar e queimar calquera Libro Hebreo da Lei que atopasen nas súas invasións. Flavio Xosefo escribiu que os xudeus preferían deixarse matar antes que aceptar a profanación dos seus textos.

Page 4: E X P OS I CI ON E MOS T RA BI BL I OGRÁF I CA 1# J #NS=J#libro de Nacho Carretero Fariña en aplicación do artigo 738.1 da Lei de Axuizamento Civil; impide á editorial a "tradución

Shi Huandi 

Shi Huandi, señor feudal de Quin, provincia da antiga China mandou no ano 2013 a. C. queimar tódolos libros agás os de medicina, agricultura e profecías. Li ji, O libro dos ritos (na foto), un dos Cinco Clásicos do canon confuciano, foi rescrito e editado polos discípulos de Confucio e os seus alumnos despois desta queima.

Page 5: E X P OS I CI ON E MOS T RA BI BL I OGRÁF I CA 1# J #NS=J#libro de Nacho Carretero Fariña en aplicación do artigo 738.1 da Lei de Axuizamento Civil; impide á editorial a "tradución

Ars amatoria

A obra de Ovidio foi prohibida por Augusto na Antiga Roma, queimada en Florencia en 1497 polo inquisidor Savonarola e perseguida en Inglaterra en 1599 polos arcebispos de Canterbury e Londres nunha versión do dramaturgo Marlowe.

Page 6: E X P OS I CI ON E MOS T RA BI BL I OGRÁF I CA 1# J #NS=J#libro de Nacho Carretero Fariña en aplicación do artigo 738.1 da Lei de Axuizamento Civil; impide á editorial a "tradución

Cantar dos Cantares

Luis de León foi levado á cadea pola Inquisición española por traducir partes da Biblia, en concreto o Cantar dos Cantares, á lingua vulgar, cousa expresamente prohibida polo Concilio de Trento e que só se permitía en forma de paráfrases. Tras catro anos no cárcere volveu dar clase á Universidade de Salamanca comezando coa celebre frase "Dicebamus hesterna die..." (Dicíamos onte).

Page 7: E X P OS I CI ON E MOS T RA BI BL I OGRÁF I CA 1# J #NS=J#libro de Nacho Carretero Fariña en aplicación do artigo 738.1 da Lei de Axuizamento Civil; impide á editorial a "tradución

A orixe das especies

Sobre a orixe das especies polos medios de selección natural de Charles Darwin publícase en 1859 cunha tirada de 1250 exemplares e xa en 1860 sae unha segunda edición que se esgota rapidamente. Escandalizou dende o primeiro momento: exemplares queimados, edicións posteriores destruídas rexeitado por bibliotecas, vetado en escolas. Nos EUA segue habendo coa teoría da evolución por parte dos creacionistas.

Page 8: E X P OS I CI ON E MOS T RA BI BL I OGRÁF I CA 1# J #NS=J#libro de Nacho Carretero Fariña en aplicación do artigo 738.1 da Lei de Axuizamento Civil; impide á editorial a "tradución

Rebelión na granxa

A fabula de George Orwell sobre o o poder tiránico non gustou nada a Stalin. Nese momento Inglaterra era aliada da Unión Soviética e a obra foi censurada no propio país de orixe do autor. Por outra banda os EUA aproveitaron a obra como propaganda anticomunista. As lecturas desta obra demostran a diversidade dos argumentos que se poden esgrimir dependendo da súa utilización.

Page 9: E X P OS I CI ON E MOS T RA BI BL I OGRÁF I CA 1# J #NS=J#libro de Nacho Carretero Fariña en aplicación do artigo 738.1 da Lei de Axuizamento Civil; impide á editorial a "tradución

Trópico de cáncer O libro de Henry Miller foi cualificado por un tribunal de Pensilvania como "podredoiro" pola vida libertina do protagonista. O autor combina ficción e autobiografía o cal lle levou a un axuizamento por obscenidade en 1961, vintesete anos despois da súa publicación. Actualmente é considerada unha das obras mestras do século XX. Os criterios estéticos e morais afortunadamente mudan á hora de acoller certas expresións artísticas.

Page 10: E X P OS I CI ON E MOS T RA BI BL I OGRÁF I CA 1# J #NS=J#libro de Nacho Carretero Fariña en aplicación do artigo 738.1 da Lei de Axuizamento Civil; impide á editorial a "tradución

As uvas da ira

As descricións de pobreza estrema e o predicamento da vida en comunidade levaron a que esta obra de John Steinbeck fora prohibida, queimada publicamente e tachada de comunista. Moitas persoas sentíronse ofendidas pola narración dos anos da coñecida como Gran Depresión nos Estados Unidos.

Page 11: E X P OS I CI ON E MOS T RA BI BL I OGRÁF I CA 1# J #NS=J#libro de Nacho Carretero Fariña en aplicación do artigo 738.1 da Lei de Axuizamento Civil; impide á editorial a "tradución

A miña loita

A autobiografía de Adolf Hitler foi prohibida no pasado en Alemaña por respeto as vítimas do Holocausto. Explica moitos detalles do proceso polo que Hitler se volveu antisemita e militarista, especialmente durante a nenez en Viena cando vía aos xudeus nas rúas da cidade, e preguntábase: "Eran aqueles alemáns?" Describe a súa aversión aos "males" do mundo: o comunismo e o xudaísmo, e explica a súa intención de erradicalos da Terra.

Page 12: E X P OS I CI ON E MOS T RA BI BL I OGRÁF I CA 1# J #NS=J#libro de Nacho Carretero Fariña en aplicación do artigo 738.1 da Lei de Axuizamento Civil; impide á editorial a "tradución

Fariña

Recentemente en España produciuse o "secuestro" do libro de Nacho Carretero Fariña en aplicación do artigo 738.1 da Lei de Axuizamento Civil; impide á editorial a "tradución ou transformación da obra e/ou a súa explotación en calquera forma". A medida supón "o depósito temporal" ou secuestro de exemplares. A demanda provén dunha das persoas mencionadas no libro e fundaméntase na suposta vulneración do seu dereito á honra. Iso fixo que as vendas e préstamos do libro incrementáranse notablemente.