Download - Unidade Didáctica 3
Unidade didáctica 3: achegas da
pedagoxía e a psicoloxía
ÍNDICE1. Achegas da pedagoxía: o Movemento da Escola
Nova
1.1. Antecesores da Escola Nova
1.2. Os primeiros modelos científicos da
Escola Nova
1.3. Outras achegas da Escola Nova
1.4. A Escola Nova en España
2. Achegas da psicoloxía
2.1. Teorías psicanalíticas
2.2. Teorías condutistas
2.3. Teorías cognitivas
3. Achegas máis recentes e tendencias actuais
Johann Sperl: “Xardín de infancia”
1. ACHEGAS DA PEDAGOXÍA: O MOVEMENTO DA ESCOLA NOVA (I)
• A preocupación pola educación da 1ª infancia é unha
conquista social relativamente recente cuxas orixes
poden situarse no movemento da Escola Nova.
• A Escola Nova (tamén denominada Escola Activa) foi unha
corrente de renovación pedagóxica xurdida a finais do
s. XIX e desenvolvida ao longo do s. XX que aglutinou a
unha serie de pensadores comprometidos coa educación e
preocupados por adaptar os métodos de ensino ás
necesidades das nenas e os nenos.
• Dúas características fundamentais do movemento da
Escola Nova son a concepción do neno como un ser cheo
de posibilidades e a procura dunha nova metodoloxía
didáctica baseada na experiencia directa e a actividade
espontánea do neno.
• A pesar do paso do tempo, este movemento segue a ser
hoxe en día un referente para as educadoras e
educadores de todo o mundo.
1. ACHEGAS DA PEDAGOXÍA: O MOVEMENTO DA ESCOLA NOVA (II)
1.1. ANTECESORES DA ESCOLA NOVA
• Jan Amos Komenský, Comenius (Moravia, s.
XVII)*
• Jean-Jacques Rousseau (Suíza, s. XVIII)
• Johann Heinrich Pestalozzi (Suíza, s.
XVIII-XIX)
• Friedrich Fröebel (Alemaña, s. XVIII-XIX)
COMENIUS (I)*
«O mestre debe
ensinar non
todo o que
sabe, senón o
que o alumno
poida
asimilar.»
COMENIUS (II)*
• Considerado o “pai da pedagoxía moderna”, foi un
pensador adiantado ao seu tempo e un auténtico
renovador do proceso educativo.
• Inaugurou o paidocentrismo, convertendo o neno no
centro de toda actividade educativa e enfatizando a
necesidade de adaptarse ás súas necesidades.
• Defendía unha educación no seo da familia durante os
primeiros anos de vida, propoñendo a existencia dunha
escola materna onde a nai ensinase a falar ao pequeno e
adestrase os seus sentidos.
• Fundamentaba o ensino en tres piares: a intuición, o
contacto coas cousas e a autoactividade do neno.
• Abrazou un ideal pansófico, consistente en ensinar todo
a todos (incluídas as mulleres).
• Era partidario da utilización da lingua materna como
vehículo para a aprendizaxe.
• Obras: “Didáctica Magna”.
ROUSSEAU (I)
«A infancia ten
as súas propias
maneiras de
ver, pensar e
sentir; nada hai
máis insensato
que pretender
substituílas
polas nosas.»
ROUSSEAU (II)• Foi un dos máximos representantes do pensamento
ilustrado.
• Atribúeselle o descubrimento do neno, xa que foi un
dos primeiros autores que viu na infancia unha etapa
evolutiva con características propias e diferenciada
da adultez.
• Fundou a pedagoxía naturalista, baseada na idea de
que a educación adecuada é aquela que deixa actuar a
natureza do neno nun ambiente de liberdade e
espontaneidade. Polo tanto, o educador debe respectar
o desenvolvemento natural do neno, ofrecéndolle
experiencias estimulantes para que este vaia
descubrindo por si só todas as respostas.
• Critícaselle a súa proposta de educar os nenos á
marxe da sociedade, aínda que el probablemente non
pretendía que a súa pedagoxía fose aplicada na
práctica.
• Obras: “Emilio ou da educación”.
PESTALOZZI (I)
«Debemos ter en conta
que o fin último da
educación non é a
perfección nas tarefas
da escola, senón a
preparación para a
vida, non a adquisición
de hábitos de
obediencia cega e de
dilixencia
prescrita, senón unha
preparación para a
acción independente.»
PESTALOZZI (II)• Pasou á historia como o creador da educación popular, xa que
concibía a educación como un medio de transformación social e
avogaba pola integración dos máis desfavorecidos na escola.
• Tivo unha faceta moi importante como educador, fundando
distintas experiencias educativas de carácter innovador
(granxa de Neuhof, orfanato de Stans, escola de
Burgdorf, escola de Iverdon).
• Defendía que a educación debía producirse desde o momento do
nacemento, iniciándose na familia (a cargo das nais) e
completándose despois na escola. Así mesmo, consideraba que a
educación debía promover o desenvolvemento integral do neno
(incluíndo a cabeza, o corazón e a man).
• Propuxo unha metodoloxía intuitiva: aprendizaxe a través dos
sentidos e a experiencia directa, progresando do concreto ao
abstracto, do próximo ao afastado, do simple ao complexo e da
parte ao todo. Esta metodoloxía perseguía a adquisición das
nocións de forma, número e nome (é dicir, o desenvolvemento
dos sentidos, o pensamento lóxico-matemático e a linguaxe).
• Deu moita relevancia á formación das nais e os educadores.
• Obras: “O libro das nais”, “O ABC da intuición”.
FRÖEBEL (I)
«Ao meu
entender, educar
debería significar a
formación de seres
humanos cuxos pés están
firmemente plantados na
terra, cuxos
pensamentos soben ao
ceo e alí perciben a
verdade, e en cuxos
corazóns se xuntan ceo
e terra.»
FRÖEBEL (II)• Está considerado o verdadeiro fundador da Educación Infantil.
• A súa principal contribución son os “kindergarten” ou xardíns
de infancia (lugares onde coidar e “cultivar” aos máis
pequenos nun ambiente de liberdade e afecto).
• Outras das súas achegas son as seguintes: importancia da
educación nos primeiros anos de vida, necesidade de partir do
coñecemento do neno (paidocentrismo), recoñecemento da
actividade espontánea do neno e o xogo como recursos
educativos de primeira orde, individualización da atención
educativa e promoción da cooperación entre nenos.
• Propuxo a realización de actividades de diverso tipo para
promover o desenvolvemento do neno en distintos ámbitos: xogos
ximnásticos acompañados de cantos; cultivo do xardín; ximnasia
da man; historias, conversas, poesías e cantos.
• Deseñou os seus propios materiais didácticos: obxectos de
carácter xeométrico que ofrecen ao neno a posibilidade de
compoñelos e descompoñelos aos que denominou “dons” ou
“regalos” (esfera, cilindro, cubo, táboas de distintas formas
xeométricas, listóns, aros, contas...).
• Obras: “A educación do home”.
1.2. OS PRIMEIROS MODELOS CIENTÍFICOS
DA ESCOLA NOVA
• María Montessori (Italia, s. XIX-XX)
• Ovide Decroly (Bélxica, s. XIX-XX)
MONTESSORI (I)
«Calquera axuda
innecesaria é un
obstáculo para o
desenvolvemento.»
MONTESSORI (II)• Doutora en medicina e especialista en pediatría, comezou
traballando con nenos con discapacidade psíquica, o que lle
permitiu afondar no coñecemento do desenvolvemento infantil e
sentar as bases da pedagoxía científica (utilización do método
científico no eido da educación).
• Ideou o seu propio método de ensino, baseado nos seguintes
principios:
• Coñecemento científico do neno: rexeitamento de calquera suposto
preestablecido sobre a infancia e estudo sistemático do
neno, aplicando a psicoloxía á educación (psicopedagoxía).
• Individualidade infantil: cada neno é unha realidade única e
irrepetible, de modo que a práctica educativa ha de respectar as
súas capacidades e intereses.
• Preparación do ambiente: eliminación de obstáculos e uso dun
mobiliario e materiais adecuados para que o neno poida moverse con
total liberdade.
• Autoeducación: o neno tende de forma natural ao
desenvolvemento, sendo a actividade espontánea do neno o motor da
súa propia formación.
• Liberación do neno da tutela do adulto: a intervención do adulto
debe ser discreta e respectuosa, axudando ao neno pero sen servilo.
MONTESSORI (III)• Dividiu as actividades para os nenos en dous grandes
bloques:
• Actividades da vida práctica: actividades para o coidado de si
mesmo (lavarse, vestirse...), para o coidado do medio
(varrer, poñer a mesa...) e para aprender as relacións sociais
(presentarse, pedir permiso...).
• Actividades para o desenvolvemento: actividades para a
educación dos sentidos e a intelixencia.
• De forma análoga, empregaba dous tipos de materiais:
• Material da vida práctica: obxectos da vida diaria
(toallas, pratos, vasoiras...) e bastidores para exercitar as
accións de abrochar e desabrochar botóns, facer e desfacer
lazadas, subir e baixar cremalleiras...
• Material para o desenvolvemento: obxectos estruturados de
carácter autocorrectivo para que o neno realice aprendizaxes
específicas (caixa de sons e táboas de distintas texturas para
a educación dos sentidos, cilindros para encaixar e torre rosa
para o coñecemento das tres dimensións, alfabeto móbil e
tarxetas con nomes e imaxes para a aprendizaxe da
lectura, ábaco e listóns numéricos para a aprendizaxe dos
números...).
MONTESSORI (IV)• Introduciu a lección dos tres tempos como recurso de ensino-
aprendizaxe:
• 1º tempo: demostración (ex.: mostrarlle ao neno un obxecto vermello
e dicirlle: “isto é de cor vermella”).
• 2º tempo: práctica (ex.: darlle ao neno obxectos semellantes de
distintas cores e pedirlle o de cor vermella repetidas veces ata
que resolva o exercicio correctamente).
• 3º tempo: comprobación (ex.: mostrarlle ao neno o obxecto vermello
e preguntarlle: “de que cor é isto?”).
• Fundou a “Casa dei bambini” (“Casa dos nenos”) en
Roma, concibida como un espazo feito realmente á medida dos
nenos, cun mobiliario adaptado ás súas necesidades e un
ambiente de liberdade con normas para que os cativos puidesen
desenvolverse de forma espontánea sen a inxerencia permanente
dun adulto.
• O método Montessoti gozou dunha grande expansión e segue a ter
seguidores en todo o mundo, aínda que recibiu críticas polo
uso de materiais artificiosos que illan as cualidades dos
obxectos e polo excesivo individualismo no traballo dos nenos.
• Obras: “O método Montessori”.
DECROLY (I)
«A escola ha de
ser para o
neno, non o neno
para a escola.»
DECROLY (II)• Como Montessori, doutorouse en medicina, especializouse
inicialmente no tratamento e educación de nenos con
discapacidade psíquica e adquiriu unha profunda formación
psicolóxica que puxo ao servizo do seu sistema pedagóxico.
• A súa concepción educativa resúmese no lema “unha escola pola
vida e para a vida”, baixo o cal fundou a escola de l’Ermitage
en Bruxelas.
• Sostiña que o traballo coas crianzas debía xirar arredor de
dous eixos fundamentais: o coñecemento de si mesmo e o
coñecemento do medio.
• Unha das súas grandes achegas é o principio de globalización:
o neno percibe a realidade como un todo e non por partes ou
nos seus detalles. Polo tanto, o ensino non debe partir do
coñecemento de obxectos illados, senón do coñecemento do
conxunto para analizar despois os elementos que o compoñen.
• Outra das súas contribucións máis salientables son os centros
de interese: proposta metodolóxica de carácter integrador que
centra toda a actividade educativa nun tema que resulta de
interese para o neno (normalmente relacionado co seu medio
físico ou social), dando resposta así ás súas necesidades.
DECROLY (III)• Todo centro de interese debe incluír sucesivamente tres tipos
de actividades:
• Observación: experiencia directa coa realidade.
• Asociación: establecemento de relacións de causa-efecto, de
semellanza, de diferenza..., a partir da evocación de
coñecementos previos.
• Expresión: comunicación dos coñecementos adquiridos de forma
oral, corporal, musical, plástica...
• Outras actividades que consideraba importantes para favorecer
o desenvolvemento do neno eran os xogos educativos
(clasificados en xogos sensorio-motores, xogos de asociacións
e xogos didácticos) e as actividades de carácter práctico ou
“ocupacións recreativas” (facer coleccións de obxectos, coser
botóns, limpar o po, coidar o xardín, coidar dos animais...).
• Utilizaba preferentemente materiais familiares para o neno a
modo de xoguetes naturais que permitían diversas posibilidades
de uso e unha maior iniciativa
(botóns, papeis, pedras, cunchas...), evitando as formas
abstractas.
• Obras: “Iniciación xeral ao método Decroly”.
1.3. OUTRAS ACHEGAS DA ESCOLA NOVA
• Rosa e Carolina Agazzi (Italia, s. XIX-XX)
• Célestin Freinet (Francia, s. XIX-XX)
• William Heard Kilpatrick (EEUU, s. XIX-XX)
IRMÁS AGAZZI (I)«Cómpre facer chegar a alma
infantil ás primeiras
sensacións dunha vida baseada
na orde sempre e en todas as
partes, froito da
tolerancia, da
xenerosidade, e sobre todo do
respecto recíproco, e
establecer relacións de
afectividade entre os membros
da pequena sociedade
infantil, único e eficaz
punto de partida para sentar
os alicerces do dereito e do
deber.»
Rosa Agazzi
IRMÁS AGAZZI (II)• Desenvolveron un importante labor como mestras de parvulario
no asilo de Mompiano.
• Contemporáneas de Montessoti, distanciáronse do seu método
complexo e custoso e elaboraron un método propio máis simple e
adaptado ao seu contorno sociocultural.
• Consideraban que a escola debía ser unha “escola
materna”, procurando un ambiente afectuoso, ordenado e alegre
que fose a prolongación do fogar e propiciase a espontaneidade
do neno e a vida en comunidade.
• Fundamentaban o traballo coas crianzas na aprendizaxe por un
mesmo e a creatividade infantil.
• Propuxeron un sistema de ensino baseado en actividades
diversas que desen resposta ás diferentes capacidades e
intereses do neno: actividades da vida práctica (poñer a
mesa, ordenar o material...), conversas cos nenos, actividades
de discriminación sensorial, actividades de discriminación
intelectual, coidado do xardín, ocupacións sedentarias (facer
coleccións de obxectos, debuxar...), canto e ritmo
corporal, xogo (considerado a actividade primordial para a
educación dos cativos).
IRMÁS AGAZZI (III)
• En consonancia coa orixe humilde dos
nenos, utilizaban como material didáctico todo tipo
de obxectos da vida cotiá aportados tanto polos
rapaces como polos educadores
(caixiñas, sementes, botóns...), creando con eles o
denominado “museo dos pobres” ou “museo didáctico”.
• Concedían unha grande importancia ao mantemento da
orde na escola mediante a colaboración de todos e o
uso de símbolos ou “contrasinais” para marcar a
pertenza e a colocación correcta dos obxectos (estes
contrasinais consistían en representacións icónicas
dos obxectos para os máis pequenos que se ían
convertendo en figuras máis abstractas a medida que
os nenos crecían).
• Obras: “O método Agazzi-Pasquali” (Rosa Agazzi).
FREINET (I)«Non podedes preparar aos
vosos alumnos para que
constrúan mañá o mundo
dos seus soños, se vós xa
non credes neses soños;
non podedes preparalos
para a vida, se non
credes nela;
non podedes mostrar o
camiño, se
sentades, cansos e
desalentados, na
encrucillada dos
camiños.»
FREINET (II)• Mestre de profesión, demostrou o seu compromiso cos
sectores máis desfavorecidos e desenvolveu unha
pedagoxía popular, de carácter práctico, conectada coa
realidade das crianzas e baseada no traballo (o seu
lema era “por unha escola do pobo”). Así
mesmo, comprendeu a necesidade de crear unha “escola
moderna” que respondese ás novas necesidades sociais.
• A súa práctica educativa baseábase no método natural:
aprendizaxe a través da acción e a
repetición, facendo, por “tenteo experimental” ou
aproximacións sucesivas.
• Chegou á conclusión de que “hai que ceder a palabra aos
nenos”, incorporando técnicas como o “texto libre”, a
“correspondencia escolar” e o “xornal escolar” para
fomentar a expresión, a comunicación e o intercambio de
ideas entre os nenos. Ao servizo destas técnicas
utilizaba a imprenta escolar, que constitúe un dos
elementos distintivos da súa proposta pedagóxica.
FREINET (III)• Incidiu na importancia do traballo en equipo e avogou
por un modelo de clase cooperativa na que todos
colaboran no bo funcionamento do grupo e asumen a súa
responsabilidade nas actividades escolares, a orde, a
limpeza..., empregando a “asemblea” para planificar o
traballo e resolver os problemas que xurdan.
• Era partidario da apertura da escola ao mundo
exterior, organizando frecuentes saídas ou excursións
(paseos pola natureza, visitas a talleres
artesanais...).
• Introduciu a metodoloxía por talleres: aprendizaxe en
pequeno grupo dunha determinada técnica que se realiza
nun espazo concreto baixo a guía dun “experto” e coa
axuda dos materiais necesarios (ex.: taller de
cociña, taller de manualidades, taller de
contos, taller de poesía, taller de
psicomotricidade...).
• Obras: “Por unha escola do pobo”.
KILPATRICK (I)
«A aprendizaxe
prodúcese de mellor
maneira cando é
consecuencia de
experiencias
significativas.»
KILPATRICK (II)• Profesor de primaria, secundaria e universidade, propuña unha
fusión entre a aprendizaxe e a vida e liderou un movemento para
reformar o sistema educativo de EEUU (fronte á idea de que hai
que controlar e manipular aos alumnos e procurar a eficacia
escolar, el esperaba sempre o mellor deles, tratábaos como
persoas, respectaba os seus intereses e traballaba a partir das
súas experiencias).
• Foi o creador do método de proxectos: plan de traballo que
implica a participación activa dun grupo de persoas na
realización de distintas tarefas para resolver un problema, dar
resposta a unha pregunta ou satisfacer unha curiosidade.
• Diferenciou catro tipos de proxectos en función da súa
finalidade: proxectos manuais (ex.:
cociña, xardinería...), proxectos para a realización dunha
actividade (ex.: organización dunha festa, preparación dunha
dramatización...), proxectos de investigación (ex.: o ciclo da
auga, o corpo humano...), proxectos de aprendizaxe dunha técnica
(ex.: pintura, modelado de barro...).
• Estableceu as seguintes fases para a realización dun proxecto:
definición da intención, preparación, execución e avaliación.
• Obras: “O método de proxectos”.
1.4. A ESCOLA NOVA EN ESPAÑA (I)
• Ata a instauración da II República, a ensinanza en
España era eminentemente relixiosa, aínda que os
principios da Escola Nova calaron nalgúns sectores do
profesorado, especialmente en certas rexións como
Cataluña (influencia de Montessori).
• Algúns expoñentes illados de renovación pedagóxica
foron:
• Pablo Montesino (s. XVIII-XIX): creador das escolas de
párvulos en España e difusor da obra de Pestalozzi e
Fröebel.
• Francesc Ferrer i Guàrdia* (s. XIX-XX): fundador da “Escola
Moderna” en Barcelona, abertamente anticlerical, con
alumnado mixto e de inspiración anarquista.
• Rosa Sensat i Vila* (s. XIX-XX): promotora da educación
pública en Cataluña e directora da sección de nenas da
“Escola do Bosque” en Barcelona, unha das primeiras escolas
ao aire libre en España.
1.4. A ESCOLA NOVA EN ESPAÑA (II)• Unha proposta educativa autóctona do país e de carácter
profundamente vangardista foi a Institución Libre de Ensinanza:
• Foi fundada en 1876 por un grupo de catedráticos (entre eles
Francisco Giner de los Ríos) expulsados da universidade por
negarse a axustar as súas ensinanzas ao dogma oficial en materia
relixiosa, política e moral.
• A idea na que se baseaba era a consideración de que só a
educación pode facer evolucionar a un país.
• Aínda que o proxecto inicial era crear un centro
universitario, finalmente estendeuse a outras etapas do ensino e
incluíu tamén un xardín de infancia.
• Algunhas das súas achegas foron as seguintes: preocupación pola
formación do profesorado, coeducación, supresión de
castigos, educación integral, incorporación de saídas e viaxes
como medio de coñecemento da realidade.
• Durante a II República intentaron aplicarse os postulados da
Institución Libre de Ensinanza, pero a reforma viuse totalmente
truncada coa chegada da ditadura, que volveu instaurar un
modelo de educación de corte autoritario e católico.
2. ACHEGAS DA PSICOLOXÍA
• A psicoloxía ten moito peso na intervención
educativa, xa que nos axuda a entender o proceso de
desenvolvemento do neno, o seu comportamento e a súa
forma de aprender.
• Algunhas das teorías psicolóxicas máis representativas
no ámbito da educación son as seguintes:
• TEORÍAS PSICANALÍTICAS: céntranse no estudo dos aspectos
afectivos e emocionais.
• TEORÍAS CONDUTISTAS: céntranse no estudo da conduta
observable.
• TEORÍAS COGNITIVAS: céntranse no estudo do desenvolvemento
intelectual.
PSICANÁLISE???
2.1. TEORÍAS PSICANALÍTICAS (I)
• A psicanálise atribuíu unha grande importancia á sexualidade
infantil e supuxo o inicio do estudo dos procesos
inconscientes ademais dos conscientes.
• O fundador e o autor máis representativo da psicanálise é
Sigmund Freud, aínda que moitos outros autores completaron e
modificaron as teorías freudianas.
• ACHEGAS:
• Importancia das relaciones afectivas nos primeiros anos de vida.
• Teoría da personalidade. Freud estruturaba o aparato psíquico en
tres instancias: Id, Ego e Superego (ver cadro). Partindo desta
concepción, a escola infantil asumiría funcións relacionadas coa
progresiva adaptación ás esixencias da realidade e ás normas
sociais e a "sublimación" (desviación cara a fins socialmente
aceptables) dos instintos, evitando as prohibicións ríxidas e
ofrecendo posibilidades ao neno de satisfacer os seus desexos
dunha forma axeitada.
INSTANCIA DESCRICIÓN PRINCIPIO RECTOR DESENVOLVEMENTO
ID Instintos herdados Principio do pracer Desde o nacemento
EGO Parte racional da personalidade Principio de realidade 6-24 meses
SUPEREGO Normas e valores Principios morais 3-6 anos
2.1. TEORÍAS PSICANALÍTICAS (II)
• ACHEGAS (cont.):
• Teoría do desenvolvemento psicosexual. No período de 0 a 6
anos, Freud identificou tres estadios de desenvolvemento
psicosexual: oral, anal e fálico. Cada un destes estadios
correspóndese co predominio dunha zona eróxena para a obtención de
pracer, pola existencia dun obxecto predilecto de satisfacción e
pola aparición dun determinado conflito entre a pulsión sexual e a
realidade externa (ver cadro). Desde unha perspectiva
educativa, sería preciso coñecer estes estadios para manexar
adecuadamente o conflito que se produce en cada un deles, xa que a
resolución incorrecta dos conflitos pode producir a “fixación”
(estancamento) nun estadio ou a “regresión” (retroceso) a estadios
anteriores.
• Incorporación do xogo libre, o debuxo e a dramatización como
actividades imprescindibles na intervención educativa.
ESTADIO ZONA
ERÓXENA
OBXECTO DE
SATISFACCIÓN
CONFLITO
ORAL (0-2 anos) Boca Succión do peito materno Destete
ANAL (2-3 anos) Ano Defecación Control de esfínteres
FÁLICO (3-6 anos) Xenitais Proxenitor do sexo oposto Complexo de Edipo/Electra
(desexo polo proxenitor do sexo
oposto e hostilidade cara ao
proxenitor do mesmo sexo)
CONDUTISMO???
2.2. TEORÍAS CONDUTISTAS (I)
• Segundo o condutismo, o único obxecto de estudo válido para a
psicoloxía é a conduta observable.
• O pai do condutismo é John Broadus Watson. Outros autores que
fixeron contribucións importantes ao condutismo son Ivan
Petrovich Pavlov (condicionamento clásico), Edward Thorndike
(condicionamento instrumental), Burrhus Frederic Skinner
(condicionamento operante) e Albert Bandura (aprendizaxe por
observación).
• ACHEGAS:
• Concepción do desenvolvemento como a acumulación de experiencias que
producen cambios cuantitativos e graduais e non como a sucesión de
estadios cualitativamente distintos. Deste xeito, as experiencias
que se lle proporcionen á nena ou neno serán fundamentais para o seu
desenvolvemento.
• Énfase no ambiente fronte á herdanza na determinación da conduta.
Polo tanto, a conduta da nena ou neno dependerá en gran medida do
ambiente no que se desenvolva.
2.2. TEORÍAS CONDUTISTAS (II)• ACHEGAS (cont.):
• Importancia da aprendizaxe. A aprendizaxe pode producirse a través
de distintos mecanismos:
a) CONDICIONAMENTO CLÁSICO (Pavlov): aprendizaxe por experiencia directa en
virtude da asociación entre estímulos. Se un estímulo neutro (“estímulo
condicionado”; ex.: timbre) se asocia repetidamente cun estímulo
motivacionalmente relevante (“estímulo incondicionado”; ex.: comida) que é
capaz de suscitar de forma natural unha resposta (“resposta
incondicionada”; ex.: salivación ante a comida), o primeiro estímulo
condiciónase e acaba por provocar esa mesma resposta (“resposta
condicionada”; ex.: salivación ante o timbre).
b) CONDICIONAMENTO INSTRUMENTAL (Thorndike) OU OPERANTE (Skinner): aprendizaxe
por experiencia directa en virtude da asociación entre unha resposta e unha
consecuencia. As consecuencias positivas (“reforzos”) aumentan a
frecuencia da resposta, mentres que as consecuencias negativas (“castigos”)
diminúen a probabilidade da resposta (ver tipos de condicionamento operante
na seguinte diapositiva).
c) APRENDIZAXE POR OBSERVACIÓN, APRENDIZAXE VICARIA OU MODELADO (Bandura):
aprendizaxe de forma indirecta a través da observación dun modelo. Neste
tipo de aprendizaxe os procesos mentais internos teñen máis peso (o suxeito
debe observar con atención, recordar e imitar o comportamento doutras
persoas).
TIPOS DE CONDICIONAMENTO OPERANTE
• REFORZAMENTO POSITIVO: a resposta ten unha consecuencia positiva (ex.:
felicitar a unha nena por recoller os xoguetes); aumenta a
probabilidade da resposta.
• REFORZAMENTO NEGATIVO: a resposta impide que apareza unha consecuencia
negativa (“evitación”; ex.: comer todo para evitar o enfado da nai) ou
fai que desapareza unha consecuencia negativa se xa apareceu (“escape”;
ex.: acabar a comida para que a nai deixe de estar enfadada); aumenta a
probabilidade da resposta.
• CASTIGO POSITIVO: a resposta é seguida por unha consecuencia negativa
(ex.: rifarlle a un neno por pelexar coa súa irmá); diminúe a
probabilidade da resposta.
• CASTIGO NEGATIVO: a resposta provoca a desaparición dunha consecuencia
positiva (ex.: non baixar ao parque se unha nena non quere poñer os
zapatos); diminúe a probabilidade da resposta.
• EXTINCIÓN: deixar de reforzar unha resposta reforzada previamente (ex.:
deixar de facerlle caso a un neno cando ten unha rabecha); provoca a
diminución ou desaparición da resposta.
CONDICIONAMENTO CLÁSICO
OUTRA VISIÓN DO CONDICIONAMENTO OPERANTE
CONSTRUTIVISMO???
2.3. TEORÍAS COGNITIVAS (I)• As teorías cognitivas pretenden explicar como se desenvolve o
coñecemento ou cognición.
• No marco das teorías cognitivas, xorde o construtivismo (enfoque
psicolóxico que defende a construción progresiva do coñecemento).
• Algúns dos psicólogos cognitivos máis salientables son Jean Piaget
(teoría psicoxenética), Lev Semionovich Vigotski (teoría
sociocultural), Jerome Seymour Bruner (andamiaxe) e David Paul
Ausubel (aprendizaxe significativa).
• ACHEGAS DE PIAGET (fundador da Escola de Xenebra):
• Concepto de educación. A educación é un proceso polo cal as crianzas
van crecendo en autonomía intelectual e moral. Polo tanto, a escola
deberá incluír tanto actividades para o desenvolvemento do
coñecemento como actividades para o desenvolvemento moral e a
cooperación interpersoal.
2.3. TEORÍAS COGNITIVAS (II)
• ACHEGAS DE PIAGET (cont.):
• Estudo da orixe ou xénese do coñecemento (“teoría psicoxenética”). A
nena ou neno non absorbe o coñecemento pasivamente senón que o
constrúe de forma activa a través da interacción das súas estruturas
mentais co medio. Neste proceso interveñen catro factores:
• Maduración biolóxica: grao de madurez do sistema nervioso.
• Experiencias cos obxectos: a nena ou neno logra o coñecemento actuando sobre
os obxectos de forma directa (“coñecemento físico”: levantar, axitar, deixar
caer...) ou relacionando uns obxectos con outros (“coñecemento lóxico-
matemático”: comparar, clasificar, facer series...).
• Transmisión sociocultural: transferencia da cultura a través da interacción
social.
• Equilibración: adaptación ao medio a través dos procesos de “asimilación”
(incorporación de nova información aos esquemas mentais) e “acomodación”
(modificación dos esquemas mentais cando a nova información non “encaixa”).
Utilidade dos conflitos cognitivos para o progreso do coñecemento.
• Establecemento dos estadios de desenvolvemento da intelixencia. No
período de 0 a 6 anos, Piaget definiu dous estadios: sensoriomotor e
preoperacional (ver cadro).
ESTADIO DESCRICIÓN
SENSORIOMOTOR (0-2 anos) Intelixencia práctica baseada nos sentidos e os movementos
PREOPERACIONAL (2-7 anos) Desenvolvemento do pensamento simbólico grazas á imitación, o xogo
simbólico, a linguaxe, etc., pero con dificultades para o razoamento lóxico
2.3. TEORÍAS COGNITIVAS (III)
• ACHEGAS DE VIGOTSKI:
• Importancia da cultura e a interacción social no desenvolvemento
intelectual (“teoría sociocultural”). A actividade humana está
mediada polo uso de instrumentos simbólicos (ex.: a linguaxe) que
nun primeiro momento só cobran sentido en situacións sociais, sendo
posteriormente interiorizados. Así, o desenvolvemento das funcións
psicolóxicas superiores vai do social ao individual.
• Concepto de “zona de desenvolvemento próximo” (ZDP): distancia
entre o nivel de desenvolvemento real (o que a nena ou neno é capaz
de realizar por si mesma/o) e o nivel de desenvolvemento potencial
(o que a nena ou neno é capaz de realizar coa axuda dun adulto ou
dun compañeiro máis capaz). Polo tanto, a boa ensinanza debería
producirse na ZDP a través da axuda doutras persoas.
2.3. TEORÍAS COGNITIVAS (IV)• ACHEGAS DE BRUNER:
• Andamiaxe: proceso polo cal a educadora ou educador facilita a
aprendizaxe, ofrecendo axudas á nena ou neno para construír o seu
coñecemento (proporcionando exemplos, dando
instrucións, sinalando...). A medida que a nena ou neno
crece, faise máis autónoma/o e os “andamios” vanse retirando.
• ACHEGAS DE AUSUBEL:
• Aprendizaxe significativa: aprendizaxe na que a nena ou neno
relaciona os coñecementos novos cos coñecementos
previos, dándolles sentido e significado, en oposición á
aprendizaxe memorística ou por repetición. Para que a aprendizaxe
sexa significativa, é preciso que: a) os contidos teñan coherencia
e sexan funcionais (con aplicación práctica), e b) que a nena ou
neno teña un nivel suficiente de información previa e estea
interesada/o en aprender.
3. ACHEGAS MÁIS RECENTES E TENDENCIAS ACTUAIS (I)
• ACHEGAS MÁIS RECENTES:
• SUMMERHILL (Alexander Sutherland Neill, Inglaterra) → escola
primaria e secundaria baseada na educación en liberdade (non
se exerce a represión, a asistencia a clase é voluntaria,
todos/as participan na xestión da escola a través da
asemblea...); pioneira no movemento de Escolas Democráticas.
• PEDAGOXÍA WALDORF (Rudolf Steiner, Alemaña) → modelo educativo
que parte do coñecemento profundo do ser humano (antroposofía)
e propugna unha educación do neno/a cara á liberdade e a
creatividade no marco dunha continua renovación social; a
metodoloxía caracterízase polo respecto ao desenvolvemento
natural do neno/a (dividido en ciclos de 7 anos: 0-7, 7-14,
14-21).
• PEDAGOXÍA LÓCZY (Emmi Pikler, Hungría) → proposta educativa
orixinada nunha residencia infantil (para nenos/as de 0-3
anos) que se fundamenta en dous piares básicos: seguridade
afectiva (relacións afectivas cálidas e estables cun adulto de
referencia que se instauran nos momentos íntimos dos coidados
fisiolóxicos) e autonomía do neno/a (desenvolvemento libre da
motricidade e o xogo, sen a intervención directa do adulto).
3. ACHEGAS MÁIS RECENTES E TENDENCIAS ACTUAIS (II)
• ACHEGAS MÁIS RECENTES (cont.):
• EXPERIENCIA REGGIO-EMILIA (Loris Malaguzzi, Italia) →
movemento educativo centrado na etapa de Educación
Infantil que parte dunha concepción do neno/a como un ser
competente e inmerso na sociedade desde que
nace, buscando a satisfacción das súas necesidades e o
desenvolvemento das súas potencialidades (con especial
atención aos seus recursos expresivos) a través da
realización de proxectos nos que traballan conxuntamente
os nenos/as, os educadores/as, as familias e a
comunidade.
• PROXECTO SPECTRUM* (Howard Gardner, EEUU) → programa de
investigación no eido da Educación Infantil e Primaria
que persegue o descubrimento e potenciación dos puntos
fortes de cada alumno/a de acordo coa teoría das
intelixencias múltiples.
3. ACHEGAS MÁIS RECENTES E TENDENCIAS ACTUAIS (III)
• TENDENCIAS ACTUAIS:
Enfoque centrado no neno/a, baseado nunha serie de
principios psicopedagóxicos.
1. GLOBALIZACIÓN: organización dos contidos en unidades temáticas
globais.
2. INTERESE: necesidade de partir dos intereses do neno/a.
3. ACTIVIDADE: aprendizaxe por medio do “facer”.
4. XOGO: valor educativo do xogo.
5. INDIVIDUALIZACIÓN: adaptación ás disposicións particulares de
cada neno/a.
6. SOCIALIZACIÓN: promoción do traballo cooperativo.
7. APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA: conexión dos novos coñecementos cos
coñecementos previos.
8. PAPEL ORIENTADOR DO EDUCADOR/A: intervención do educador/a
como facilitador ou guía do proceso de aprendizaxe.
9. IMPLICACIÓN DOS PAIS: colaboración entre a escola infantil e a
familia na educación do neno/a.
RELIQUIAS DO PASADO OU... PREZADOS TESOUROS?