sp soc mod 1 unid 3 · Ámbito social educación a distancia semipresencial módulo 1 unidade...

49
Educación secundaria para persoas adultas Páxina 1 de 49 Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 A actividade económica das sociedades

Upload: others

Post on 05-Jun-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Educación secundaria para persoas adultas

Páxina 1 de 49

Ámbito social Educación a distancia semipresencial

Módulo 1

Unidade didáctica 3

A actividade económica das sociedades

Page 2: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 2 de 49

Índice

1. Introdución........................................ .........................................................................3

1.1 Descrición da unidade didáctica ................................................................................... 3 1.2 Coñecementos previos ................................................................................................. 3 1.3 Suxestións para a motivación e o estudo...................................................................... 3 1.4 Orientacións de temporalización................................................................................... 3

2. Secuencia de contidos e actividades ................ ......................................................4

2.1 O sector primario .......................................................................................................... 4 2.1.1 Medio rural e espazo agrario..............................................................................................................................4 2.1.2 A gandaría..........................................................................................................................................................8 2.1.3 Recursos forestais e silvicultura.........................................................................................................................9 2.1.4 Recursos pesqueiros..........................................................................................................................................9

2.2 O sector secundario.................................................................................................... 12 2.2.1 Materias primas e fontes de enerxía ................................................................................................................12 2.2.2 Tipos de industrias e áreas industriais no mundo ............................................................................................15

2.3 O sector terciario ........................................................................................................ 18 2.3.1 O comercio: interior e exterior ..........................................................................................................................18 2.3.2 O transporte .....................................................................................................................................................21 2.3.3 O turismo..........................................................................................................................................................24 2.3.4 Educación e sanidade ......................................................................................................................................26

3. Resumo de contidos ................................. ..............................................................28

4. Actividades complementarias........................ ........................................................29

5. Exercicios de autoavaliación ....................... ..........................................................31

6. Solucionarios...................................... .....................................................................34

6.1 Solucións das actividades propostas .......................................................................... 34 6.2 Solucións das actividades complementarias............................................................... 43 6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación ................................................................ 45

7. Glosario........................................... .........................................................................47

8. Bibliografía e recursos............................ ................................................................48

Page 3: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 3 de 49

1. Introdución

1.1 Descrición da unidade didáctica

A actividade económica das sociedades aborda os grandes sectores económicos e as dife-renzas sociais que xera a súa organización no mundo desenvolvido e no subdesenvolvido, resultado das grandes revolucións industriais.

A xeografía económica estuda os recursos e as actividades económicas que se desenvol-ven nun lugar concreto, cunhas características predeterminadas (clima, orografía, latitude, etc.), e cunha evolución e unha problemática condicionada polo contorno. As persoas aproveitan os recursos dos que dispoñen, cultivando a terra ou con asentamentos indus-trias, explotando os seus recursos naturais para o turismo, etc. En definitiva, adáptanse ao medio. Os historiadores defenden que estamos a vivir unha terceira revolución industrial que está a mudar a economía actual dun xeito radical.

1.2 Coñecementos previos Os recursos económicos dun lugar, estudados pola xeografía económica, dependen das ca-racterísticas deste, é dicir, do clima, a orografía, a latitude, etc. Por iso é preciso que o alumnado repase os conceptos aprendidos na unidade primeira do programa da formación semipresencial. Ademais, é importante revisar o aprendido sobre poboación e as fórmulas das taxas utilizadas para o seu estudo.

1.3 Suxestións para a motivación e o estudo

A finalidade da formación do individuo é a preparación para a súa integración no mundo laboral e na sociedade en xeral. Desde logo, o tema dos sectores económicos está clara-mente vinculado con esa finalidade, xa que permite coñecer os ámbitos de actuación das persoas sobre o medio e o seu aproveitamento.

O estudo dos contrastes económicos permítenos ter unha valoración clara sobre os gran-des desequilibrios mundiais, as súas causas e as súas consecuencias, e achéganos coñece-mentos para adoptarmos unha postura crítica ante eles.

1.4 Orientacións de temporalización

A esta unidade didáctica débenselle dedicar 12 sesións de estudo, facendo especial fincapé na lectura dos bloques de información que se inclúen antes das actividades. Poden distri-buírse do seguinte xeito: tres horas para o sector primario, catro para o secundario e tres para o terciario.

As actividades complementarias e o test de avaliación precisarán dúas sesións propias, para a súa realización e revisión. Para iso incorpóranse os solucionarios ao final da presen-te unidade.

Page 4: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 4 de 49

2. Secuencia de contidos e actividades

2.1 O sector primario

Tamén coñecido como sector agrario, abrangue as actividades económicas relacionadas coas transformacións dos recursos naturais e a produción de alimentos, é dicir, a agricultu-ra, a silvicultura, a gandaría, a apicultura, a caza, a pesca e a acuicultura.

Desde o Neolítico, hai 10.000 anos, ata as revolucións agrícola e industrial do século XVIII, a maior parte da poboación vivía do seu traballo na agricultura e na gandaría nunha economía de subsistencia.

2.1.1 Medio rural e espazo agrario

O espazo agrario é o territorio inserido no medio rural no que se desenvolven as activida-des agrícolas, gandeiras e forestais

Formación dos espazos agrarios

A paisaxe agraria é o resultado da combinación de distintos factores:

� Factores físicos

– Clima: os cultivos dependen das precipitacións e das temperaturas.

– Relevo: inflúe pola súa altitude (cada 100 metros que ascendamos sobre o nivel do mar, a temperatura baixa 0’6ºC); pola orientación (a ladeira de solaina é apta para cultivos, entanto que a umbría non é axeitada; a exposición a ventos húmidos ou ventos cálidos e secos altera os cultivos).

– Augas: ríos, lagos e augas subterráneas favorecen ou impiden os cultivos.

– Solo: achega os nutrientes para os cultivos. Os solos ácidos son pouco aptos, entanto que os básicos son axeitados.

– Vexetación: o humus ou materia orgánica (restos de plantas e animais) contribúen a fertilizar as terras para o cultivo.

� Factores humanos

– Históricos: as actividades do sector primario xorden no neolítico e desde entón dei-xou pegadas no espazo agrario.

– Demográficas: á medida que medra a poboación, precísanse máis recursos e aumén-tanse as terras de cultivo ou explotacións gandeiras.

Page 5: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 5 de 49

– Económicos e políticos: o aumento da demanda deriva nun incremento da poboa-ción; os gobernos interveñen daquela na planificación da produción agraria.

– Técnicos: factores que buscan superar os factores físicos negativos. A mecanización moderna, os fertilizantes e a investigación tecnolóxica melloran a produción.

Elementos dos espazos agrarios

� Hábitat rural: é o conxunto de vivendas e as súas construcións adxectivas: alpendres, cortes, etc. Pode ser:

– Hábitat concentrado: as casas agrúpanse arredor dun núcleo ou fonte de auga e a certa distancia dos campos de cultivo. Propio de zonas secas.

– Hábitat disperso: as vivendas están espalladas polo espazo agrario. Propio de zonas húmidas.

Hábitat disperso Meaño (Pontevedra). Fonte MRP Hábitat concentrado Xátiva (Valencia). Fonte Wikipedia

� Parcelas (unidades básicas de cultivo). Pódense clasificar así:

– Segundo o forma: regulares (xeométricas) ou irregulares (sen forma definida).

– Segundo o tamaño: grandes (latifundios, máis de 100 hectáreas) ou pequenas (mini-fundios, menos de 30 hectáreas).

– Segundo os límites: campos abertos ou openfield (sen límites físicos, propios de zo-nas de secaño) e os campos pechados ou bocage ou enclosures (rodeadas dunha cer-ca, valado ou sebe, propio de terras húmidas).

– Segundo os cultivos: policultivo (diversos produtos) e monocultivo (un só cultivo.)

– Segundo a produtividade: cultivo intensivo (alta produtividade) e cultivo extensivo (grandes extensións con baixa produtividade).

– Segundo a propiedade: privada (pertence a un individuo ou empresa); colectiva (dun grupo de individuos) e pública (pertence a algunha institución, como o Estado.)

Características dos espazos agrarios

� Agricultura de subsistencia. Caracterizada polo policultivo, técnicas primitivas, pro-dutividade baixa e forte dependencia dos factores físicos.

– A agricultura itinerante ou de corta e roza. Propia dos climas ecuatorial e tropical, de selva, caracterizada pola queima de zonas do bosque para o cultivo por catro anos.

Page 6: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 6 de 49

– A agricultura extensiva de secaño. Propia de zonas de clima tropical seco con dúas estacións, é dicir, de sabana. Emprégase o sistema de barbeito (rotar os cultivos e deixar unha parcela sen cultivar para a recuperación dos minerais).

– A agricultura irrigada monzónica. Vinculada aos ventos monzónicos. Cultivan me-diante socalcos (desniveis do terreo) nomeadamente de arroz (dúas colleitas anuais).

� Agricultura de mercado: agricultura propia dos países desenvolvidos que buscan o máximo beneficio, investindo en maquinaria e investigación, e fomentando a especiali-zación. Predomina o monocultivo.

– Agricultura europea: a mediterránea de regadío ou a cerealista centroeuropea.

– Agricultura de plantación: grandes plantacións nos países subdesenvolvidos.

– Agricultura dos países novos (EEUU, Canadá Arxentina, etc.).

Actividades propostas

S1. Cre que son importantes e necesarias as actividades do sector primario para as persoas? Razoe a súa resposta.

S2. Fálase adoito de sistemas agrarios tradicionais e evolucionados. Cales poden ser as diferenzas?

S3. A produción de cereais no mundo. Observe a táboa e sitúe no mapa da páxina seguinte, coa axuda dun atlas físico, os países reflectidos nela.

Produción /1000 toneladas) % mundial

1979-81 1989-91 1999-01 2003 2004 1979-81 1989-91 1999-01 2003 2004

Bangladesh 20.983 27.987 37.960 40.876 41.044 1.33 1.47 1.82 1.96 1.81

Bolivia 663 845 1.221 1.486 1.341 0.04 0.04 0.06 0.07 0.06

Brasil 30.805 37.702 50.148 67.453 63.812 1.96 1.98 2.41 3.23 2.81

Burkina Faso 1.166 1.975 2.698 3.564 2.902 0.07 0.10 0.13 0.17 0.13

China 286.488 390.171 420.308 376.123 413.166 18.21 20.49 20.16 18.03 18.20

Colombia 3.339 4.090 3.668 4.062 4.409 0.21 0.21 0.18 0.19 0.19

Francia 46.078 57.683 63.426 54.940 70.534 2.93 3.03 3.04 2.63 3.11

India 138.182 195.478 238.012 233.406 232.360 8.78 10.27 11.42 11.19 10.23

Romanía 18.109 18.286 15.479 12.962 24.314 1.15 0.96 0.74 0.62 1.07

Senegal 850 996 1.040 1.452 1.085 0.05 0.05 0.05 0.07 0.05

E. Árabes 1 2 0 0 0 0.00 0.00 0.00 0.00 0.00

España 14.709 19.306 20.198 21.412 24.747

MUNDO 1.573.227 1.903.961 2.084.615 2.085.774 2.270.360 100.00 100.00 100.00 100.00 100.00

Page 7: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 7 de 49

Da táboa desapareceron as porcentaxes da produción española respecto da mun-dial. Calcúleas.

1979-1981 (exemplo) 1989-1991 1999-2001 2003 2004

S4. Calcule a cantidade media de quilos de cereais, no ano 2004, dos países da se-guinte táboa. Cal é a media mundial?

[http://www.indexmundi.com/es/] Index Mundi.

Burkina Faso Colombia España EEUU Mundo

���� Poboación 2004 13.925.313 42.954.279 40.341.462 295.734.134 6400 millóns

Colombia (exemplo)

���� Poboación: 42.954.279 Produción cereais: 4.409 miles Tm (1 Tm = 1000 kg)

���� Cantidade diaria de cereais que lle corresponde de media a cada colombiano en 2004? (1 Kg = 1000 g)

� Á vista dos resultados obtidos na actividade anterior, compare o gran do que dispón un estadounidense e un colombiano. É un reparto equitativo?

� A que países lles corresponde a maior porcentaxe de cereais, aos europeos ou aos norteamericanos? Terá algunha relación coas técnicas de cultivo?

� En que continente están os maiores produtores?

Page 8: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 8 de 49

2.1.2 A gandaría

Actividade económica agraria que se basea na cría de animais para obter alimentos (carne, leite, ovos, etc.) ou materias primas (la e coiro). Outros animais proporcionan forza para o traballo.

As primeiras relacións que estableceu o home coa fauna foron de carácter cinexético, no amplo sentido do termo, é dicir, baseada na captura de especies silvestres, aínda que os nosos antepasados tiñan armas máis sinxelas que as actuais.

A gandaría foi, xunto coa agricultura, a actividade básica da gran revolución neolítica. Na actualidade, tamén conviven formas tradicionais con formas modernas que determinan, en moitos casos, o grao de desenvolvemento dun país.

Explotacións gandeiras segundo a produción

� Gandaría intensiva estabulada. Animais que se crían en granxas ou en explotacións pechadas e se alimentan con pensos compostos. Dedícanse á produción intensiva de carne e leite, no menor tempo posible. Requiren inversións importantes en instalacións, tecnoloxía, alimentos...

� Gandaría extensiva. Animais que se crían en grandes extensións de terreo e se alimen-tan fundamentalmente de pastos naturais, producidos de acordo co ritmo natural das es-tacións do ano. Deles obtense carne, leite, coiro, la, etc. Dentro dela pódese incluír a gandaría sustentable, aquela que pretende non prexudicar o medio ambiente.

Actividades propostas

S5. Observe as seguintes imaxes e, coa axuda da información obtida nun dicionario ou noutras obras, complete as táboas inferiores cos números das fotografías co-rrespondentes.

Nómade Transhumante Extensiva tradicional ���� Gandaría

tradicional

Extensiva alto rendemento Leiteira semiestabulada Intensiva ���� Gandaría de

mercado

Page 9: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 9 de 49

Neste caso, ordene as imaxes en función dos seguintes parámetros:

Ovina Bovina Porcina Caprina Equina Cunícula Avícola

���� Especie

Pastos naturais Pensos compostos ���� Alimentación

2.1.3 Recursos forestais e silvicultura

Termo derivado do latín silva (selva, bosque) e cultura (cultivo). Refírese ao cultivo dos bosques ou dos montes (recursos forestais), mediante regras ou técnicas que permiten a súa explotación racional, ao tempo que se conserva e rexenera.

Practícase para a obtención de madeira, cortiza e celulosa, o que ten propiciado, en moi-tos casos, a desaparición das árbores autóctonas que son substituídas por especies de rápi-do crecemento (no caso galego, por exemplo, eucaliptos ou piñeiros en lugar de carballos, castiñeiros, etc.).

Actividades propostas

S6. Localice na sopa de letras dez produtos que se obteñen da silvicultura.

M C A R C T U L I C

K A V C O D S A O H

L Z D B R A J T L I

C A N E T D L E P C

A Ñ S A I E E X L L

O P P R Z R Ñ G M E

B O A S A A A P T B

A J P K L P O I E E

S S E D F T Y U C D

C E L U L O S A A X

2.1.4 Recursos pesqueiros

A pesca é unha actividade baseada na captura e extracción dos recursos que ofrece o mar (peixes, crustáceos ou moluscos) para a alimentación ou para o recreo. Podemos distinguir entre pesca fluvial, que se desenvolve nos ríos, e pesca mariña, que ten lugar nos mares e océanos.

Page 10: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 10 de 49

Zonas pesqueiras

Non todos as zonas dos mares e océanos son ricas en recursos pesqueiros. A pesca con-céntrase en diversos lugares do planeta, coñecidos como caladoiros. Estas zonas son:

� Plataformas continentais: augas pouco profundas, cuxas condicións de luz, tempera-tura e abundancia de materia orgánica favorecen a vida dos peixes.

� Zonas de contacto das correntes mariñas frías e cálidas: zonas onde se concentra unha gran cantidade de pesca ao confluír especies das dúas correntes mariñas, especies migratorias e especies depredadoras que van na súa procura.

� Zonas litorais ou costeiras: son percorridas por correntes de auga fría con moito plancto (pequenos organismos animais e vexetais diminutos que serven de alimento aos animais mariños), base da cadea alimentaria mariña.

Tipos e técnicas de pesca

Actividades pesqueiras:

� Pesca tradicional ou artesanal, realizada preto da costa.

– Pesca de baixura: ten lugar nas zonas próximas á costa para abastecer os mercados locais (o peixe véndese nas lonxas de baixura). Un reducido número de mariñeiros, con embarcacións pequenas e provistos de redes e sedelas potentes, pescan un esca-so volume de peixes e crustáceos.

� Pesca industrial.

– Pesca de altura: practícase en mar aberto, durante varios días ou meses, con barcos grandes e ben equipados. Empregan modernas técnicas para localizar os bancos de peixe (radares, sonares, ...) e avanzados métodos de tratamento e conservación das capturas. Precisan grandes infraestruturas portuarias para comercializar o gran vo-lume e gran variedade de capturas.

– A gran pesca: pesca en augas moi afastadas. Os barcos pesqueiros son apoiados por barcos subministradores ou helicópteros e poden permanecer anos nos caladoiros.

Gran pesca Pesca de altura Pesca de baixura Acuicultura: bateas en Vigo

� Acuicultura ou piscicultura: cultivo controlado de especies animais e vexetais acuáti-cas (augas doces ou salgadas) en viveiros. Destacan especies como a troita, o salmón, a robaliza, o rodaballo, a dourada, as ostras e os mexillóns. Nas costas galegas estes mo-luscos son cultivados nas bateas.

Técnicas de pesca.

� Redes fixas: almadraba, trasmallo, nasas, ...

� Redes móbiles: pesca ao cerco, pesca de arrastre, ...

Page 11: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 11 de 49

� Tipos de anzois: corricán, palangre, ...

Problemática actual da pesca

� Sobrepesca ou sobreexplotación dos recursos: fixéronse precisas campañas para prote-xer as crías e limitar a capacidade da flota pesqueira mediante cotas.

� Ampliación das augas xurisdicionais: tradicionalmente recoñecíase a liberdade de uti-lización das augas, mais as Nacións Unidas recoñeceu o dereito de cada país a dispor das súas augas territoriais (200 millas mariñas ou 370 quilómetros).

Actividades propostas

S7. A pesca é unha actividade económica baseada no aproveitamento dos recursos que ofrece o mar; depende da riqueza das augas en plancto. Relacione cada pa-labra coa definición, colocando cada letra na cuadrícula adecuada.

Letra Termo Letra Definición

A ���� Lonxa Lugares apropiados onde as capturas son máis abundantes

B ���� Pesca de altura Realizar os traballos de pesca mariña

C ���� Sonares Aparellos para detectar bancos de peixes: velocidade

D ���� Gran pesca Explotación excesiva dos recursos pesqueiros

E ���� Pesca artesanal Pesca das flotas de grandes barcos a miles de quilómetros

F ���� Flota pesqueira Rede composta de varias mallas verticais que pescan

G ���� Faenar Pesca afastada, de anos, con barcos subministradores

H ���� Trasmallo Pesca realizada só coa forza humana e aparellos antigos

I ���� Batea Instalación para a reprodución e comercialización de peixes

K ���� Caladoiro Organismos animais e vexetais que alimentan os peixes

L ���� Sobrepesca Criadeiro de mexillóns, vieiras, propio das rías baixas galegas

M ���� Augas xurisdicionais Espazo onde se vende e merca o peixe

N ���� RMS Conxunto de barcos de pesca dunha compañía ou país

O ���� Plataformas continentais Rendemento Máximo Sostible (Cota máxima de pesca)

P ���� Pesca de baixura Pesca realizada con barcos pequenos,redes, sedelas na costa

Q ���� Radares Augas costeiras dun estado sobre as que exerce o control

R ���� Piscifactoría Zona mariña que bordea os continentes

S ���� Plancto Aparellos para medir a importancia dos bancos detectados

S8. Procure información sobre as bateas e elabore un pequeno informe.

Page 12: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 12 de 49

2.2 O sector secundario

O sector secundario comprende as actividades cuxo produto se destina ao consumo, tras a transformación das materias primas. Entre as súas actividades destacan a minaría, a produ-ción enerxética, a construción e a industria.

Nestas actividades o produto destinado ao consumo obtense nun proceso de transforma-ción das materias primas (abastecidas pola minaría, agricultura, gandaría, pesca e activi-dades forestais) para a obtención de produtos semielaborados ou elaborados.

2.2.1 Materias primas e fontes de enerxía

No proceso industrial, para elaborar un produto, precísanse as materias primas e a enerxía precisa para a súa transformación.

Materias primas

� Vexetais: liño, algodón, caucho, madeira, cortiza, resina, ...

� Animais: da gandaría (leite, ovos, coiro, ...) ou da pesca (peixes, mariscos, algas, ...).

� Minerais: metálicos (ferro, aluminio, cobre, cinc, etc.) e non metálicos (usados para extraer metais -sal, xofre, lousa, arxilas, ...-.

� Semielaboradas (aquelas que sufriron algunha transformación): a madeira tratada, os tecidos, o caucho sintético, etc.

Fontes de enerxía

Recursos naturais que, mediante un proceso de transformación, permiten xerar os move-mentos, a luz, a forza ou o calor precisos para o funcionamento das industrias e dos trans-portes. As fontes de enerxía poden clasificarse así:

� Segundo a súa importancia económica

– Tradicionais: empregadas polas persoas para cubrir as súas necesidades. Falamos do carbón, o petróleo, o gas natural, o uranio e a enerxía hidráulica.

– Alternativas: son enerxías aínda en fase de investigación, tales como a enerxía solar, a eólica, a xeotérmica e a mareomotriz.

� Segundo a súa posibilidade de esgotamento

– Non renovables:

– Carbón: combustible fósil orixinado a partir da descomposición de vexetais e animais. Destacan as variantes: turba, antracita, hulla e lignito. Foi a fonte de enerxía máis empregada desde a Revolución Industrial ata mediados do século XX na industria siderúrxica e téxtil. Hoxe úsase na produción de enerxía térmica.

– Petróleo (aceite de rocha). Mestura heteroxénea de compostos orgánicos, funda-mentalmente hidrocarburos insolubles en auga, concentradas baixo superficies te-rrestres ou mariñas. Hoxe é a principal fonte de enerxía e cómpre transformala en refinarías (para obter gasolina, nafta, gasóleo, fuel, queroseno,...) ou nas químicas (plásticos, pinturas, vernices, asfalto, explosivos, deterxentes, insecticidas, ...).

Page 13: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 13 de 49

– Gas: combustible fósil gasoso, de igual orixe que o petróleo. Transportase en busques cisterna ou gasodutos e úsase para calefaccións, cociñas, auga quente, produción de electricidade, etc.)

– Enerxía nuclear (uranio): este combustible obtense de minerais radioactivos (uranio e torio) transformados en centrais nucleares, onde un reactor se encarga de producir a enerxía. O seu problema son os residuos radioactivos que son moi prexudiciais para os seres vivos e difíciles de almacenar.

– Renovables:

Biomasa (residuos agrícolas) Enerxía eólica (vento) Enerxía mareomotriz (forza do mar)

Enerxía hidroeléctrica (auga) Enerxía solar (sol) Enerxía xeotérmica (interior Terra)

Actividades propostas

S9. Lembre que as materias primas poden ter distinta orixe. Insira no cadro, no oco que lle corresponda, os termos desta listaxe: liño, cortiza, carne, ovos, petróleo, xofre, tabaco, cacao, conservas, titanio, carbón, algodón, seda, fosfatos, chum-bo, granito, mármore, remolacha azucreira.

Tipos de industrias: alimentaria, téxtil, papeleira, construción, química, petroquí-mica, siderúrxica, transporte, electrodomésticos.

Orixe mineral Orixe animal Orixe vexetal

Non enerxéticos Enerxéticos

���� Materia prima

���� Industria

Page 14: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 14 de 49

S10. Tradicionalmente as persoas usaron as enerxías limpas mais, coa Revolución Industrial do século XVIII mudáronse os hábitos enerxéticos no mundo, na pro-cura de enerxías con maior poder calorífico. Na primeira fase da revolución em-pregouse o carbón de coque, entanto que na segunda foi substituído polo petró-leo. Describa as dúas imaxes, que recollen formas de explotación dos recursos enerxéticos dos que temos falado. Infórmese en internet ou na biblioteca.

Mina de lignito (As Pontes) Pozo petrolífero (EEUU)

S11. A deforestación sufrida polos países do Terceiro Mundo, na segunda metade do S. XX, provocou que as cociñas familiares carecesen de leña para o lume; isto levou, a moitas persoas sensibles, a buscar alternativas baseadas no uso de enerxías limpas. O resultado foi a aparición das cociñas solares modernas. Defi-na os seguintes termos, que aparecen en cursiva nesta cuestión: deforestación, Terceiro Mundo, cociña solar.

Existen diversos modelos de cociñas solares: cociñas parabólicas, cociñas de cai-xa, cociñas de panel. Cal será cal nas imaxes anteriores?

S12. Busque información sobre as cociñas solares e indique se son falsas ou verda-deiras as seguintes afirmacións. Corrixa as incorrectas.

[http://images4.wikia.nocookie.net/solarcooking/es/images/8/81/CooKit_Plans_detailed_Spanish.pdf]

� As tarteiras empregadas nestas cociñas deben ser de cor branca xa que absor-ben moito mellor a calor.

� O material da batería de cociña debe ser: ferro fundido, vidro ou aceiro inoxi-dable.

� A súa vantaxe é que funcionan incluso sen sol.

� As cociñas parabólicas acadan elevadas temperaturas o que impide o uso de calquera tipo de plástico.

Page 15: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 15 de 49

2.2.2 Tipos de industrias e áreas industriais no mundo

As industrias clasifícanse en función da fonte das materias primas empregadas e do mer-cado ao que se dirixen os produtos:

� Industrias básica, de base ou pesada: nas que se transforman as materias primas en produtos semielaborados para outras industrias.

– Industria química pesada: enerxía, combustibles-refinarías, extractivas, etc.

– Industria metalúrxica: transforman minerais metálicos en elementos básicos, tales como a siderúrxica (altos fornos, que transforman o mineral metálico ou mineral de ferro en ferro ou aceiro).

� Industrias de bens de equipamento: transforman os produtos semielaborados, obtidos na industria de base.

– Industrias de construción: vivendas, encoros, estradas, autoestradas, centrais hidroe-léctricas, pontes, etc.

– Industrias de transformación: ferramenta industrial, materiais para o transporte pe-sado (naval e ferrocarril), fabricación de automóbiles, avións e material agrícola; fa-bricación material eléctrico.

� Industrias lixeiras ou de consumo:

– Industria electrónica: produtos de alta tecnoloxía (electrodomésticos, telefonía mó-bil, audiovisuais, etc.).

– Industria automobilística: fabricación de coches, vehículos industriais (camións, au-tocares, etc.), motocicletas, etc.

– Industria alimentaria: transforma os produtos da agricultura, gandaría e pesca en produtos para o consumo (conservas, conxelados, uperización ou UHT, liofiliza-ción).

– Industria téxtil: prendas e artigos de vestir con materias primas naturais (liño, algo-dón,...) ou fibras sintéticas artificiais (nailon, raión, poliéster e tecidos acrílicos).

– Industria química lixeira: medicamentos, cosméticos, insecticidas, plásticos, etc.

As industrias organízanse comercialmente en empresas con fins lucrativos e que poñen no mercado os produtos da industria. Estas poden clasificarse segundo diversos criterios:

� Polo tamaño: microempresas, e pequenas, medianas ou grandes empresas.

� Polo capital: públicas, privadas ou de capital mixto.

� Pola organización: individuais; sociedades (anónimas ou limitadas); cooperativas, ...

Áreas industriais no mundo

As industrias concéntranse naqueles espazos da Terra onde se dan as condicións axeitadas:

� Proximidade ás materias primas e ás fontes de enerxía (reduce custos e tempo).

� Boas comunicacións e medios de transporte (portos, estradas, vías férreas e aeroportos).

� Proximidade aos mercados, especialmente nas industrias lixeiras.

Page 16: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 16 de 49

� Man de obra abundante e especializada (preto das cidades); ás veces tamén depende de que sexa unha man de obra barata, máis que da súa cualificación.

� Incentivos políticos e sociais: subvencións das institucións ou políticas de desenvolve-mento económico ou social dun territorio.

� Lexislación ambiental: hai países cunha lexislación máis permisiva que outros.

[http://es.wikipedia.org/wiki/Industria]

Actividades propostas

S13. Observe o mapa das rexións industrias do mundo. Que continente concentra máis actividade industrial? Que motivos fan atraentes estes países para os in-vestidores?

� En que continentes apenas hai actividade industrial? Que problemas xorden por mor desta carencia? É a mesma explicación para todos os continentes? Por que?

� Hai maior concentración industrial nas costas dos continentes ou no interior? Por que? En que océano hai unha maior concentración industrial?

S14. Logo de traballada a información sobre o sector secundario, investigue se as se-guintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. Neste último caso reformúleas.

� As fábricas caracterízanse por usar maquinaria, man de obra especializada e grandes investimentos.

� As industrias clasifícanse (pola función das materias primas e do mercado ao que se dirixen) en industrias de base, de bens de equipamento e lixeiras.

� A industria de base transforma as materias primas en produtos semielaborados: industria química pesada; industria metalúrxica (siderúrxica, industria do au-tomóbil...).

Page 17: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 17 de 49

� A industria de bens de equipamento transforma produtos da industria base en maquinaria e aparellos. Están en complexos industriais. Man de obra cualifica-da e grandes investimentos (construción, electromecánica, aeronáutica, mina-ría, naval, telecomunicacións, aeroespacial, altos fornos, ...).

� A industria lixeira transforma materias primas ou produtos semielaborados en obxectos para o consumo: electrónica, automobilística, química, editorial, téx-til, confección, ....

� Os teléfonos móbiles, os computadores, as consolas de xogo, a televisión ... son produtos da industria de base.

� A empresa encárgase de organizar o capital. Organízanse por tamaño (grandes, medianas e pequenas); polo capital (público, privado ou mixto) e pola súa or-ganización (sociedades anónimas e eliminadas).

� Os polígonos industriais son espazos amplos e ben comunicados para a situa-ción de empresas e industrias.

� Os parques tecnolóxicos son espazos onde se asentan as industrias de base.

Page 18: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 18 de 49

2.3 O sector terciario

Sector económico, característico dos países desenvolvidos, que abrangue as actividades comercias, administrativas, sanidade, banca, sanidade, turismo, telecomunicacións ou pu-blicidade. Os servizos poden clasificarse en:

� Servizos públicos: xestionados polo Estado ou entidades públicas.

� Servizos privados: xestionados por empresas privadas.

2.3.1 O comercio: interior e exterior

Comercio é o conxunto de actividades relacionadas co intercambio de bens e servizos, ba-seado na lei da oferta e da demanda.

O sistema máis antigo de comercio é o troco ou intercambio de produtos; máis tarde foi substituído polo uso do diñeiro e a aparición de mercados ou lugares para o intercambio.

Comercio interior

O comercio interior desenvólvese dentro das fronteiras dun Estado, e realízase en merca-dos fixos, grandes superficies (supermercados ou hipermercados), mercados centrais de abastecemento, pequenos comercios, feiras de mostras ou comercio ambulante.

Comercio exterior

O comercio exterior é o intercambio de bens ou servizos entre un país e os demais, alén das súas fronteiras. Existen dous indicadores para medir o nivel comercial dun Estado:

� Balanza comercial: é a relación entre o valor do que se vende (exportacións) e o que se compra (importacións). A balanza é positiva se é maior o valor das exportacións, en-tanto que será negativa se é superior o valor das importacións.

� Balanza de pagamentos: documento no que se rexistran as operacións comerciais, ser-vizos ou movementos de capitais entre os habitantes dun país cos do resto do mundo. É o resultado da combinación da balanza comercial, a de servizos (seguros e turismo), capitais e transferencias (actividades financeiras).

Os gobernos poden adoptar distintas políticas comerciais:

� Proteccionismo: os estados establecen aranceis (impostos) fronteirizos para protexer os produtos nacionais fronte aos da competencia procedentes do estranxeiro.

� Librecambismo: política económica na que non se poñen barreiras ao intercambio co-mercial cos demais países.

� Sistema mixto: cando se practica unha política de librecambismo cun bloque de países e o proteccionismo cos alleos a el.

Comercio xusto

Defínese o comercio xusto como unha forma alternativa de intercambio, proposta polas organizacións non gobernamentais (ONG), polas Nacións Unidas e movementos sociais, para promover unha relación de intercambios xustos entre produtores e consumidores.

Page 19: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 19 de 49

Actividades propostas

S15. O sector terciario é o que máis evolucionou desde as últimas décadas do século XX ata os nosos días, xa que houbo un traspaso da poboación dos outros secto-res económicos cara a este sector, o dos servizos. Observe as seguintes gráfi-cas:

[https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/fields/2012.html]

Canadá 2007 R. D. Congo 2007

Alemaña 2007 China 2007

� Que país vive fundamentalmente da agricultura? É un país desenvolvido? Ten costas? Ten boas comunicacións marítimas?

� En que país o sector primario é escaso ou case nulo? É un país desenvolvido? Está ben situado xeograficamente? Ten boas comunicacións?

� Como sería a frase completa: Canto maior sexa o índice de poboación dedica-da ao sector ___(1)___ maior ha ser o desenvolvemento do país. Canto maior

sexa o índice do sector ___(2)___ menor ha ser o desenvolvemento do país”.

S16. A mundialización do comercio xerou fluxos comerciais de materiais primas, ma-nufacturas, servizos, capitais, ... e acordos de cooperación económica. Relacio-ne as siglas ou acrónimos coas definicións, colocando a letra axeitada.

Letra Termo Letra Definición

A ���� UE Unión do Magreb Árabe

B ���� MERCOSUR Unión Europea

C ���� ANZCERTA Mercado Común de América do Sur

D ���� UMA Acordo de Libre Intercambio Norteamericano

E ���� ASEAN Asociación de Nacións do Sueste Asiático

F ���� ALENA Acordo Australia – Nova Zelandia

G ���� CAN Mercado Común Centroamericano

H ���� MCCA Comunidade Andina de Nacións

Page 20: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 20 de 49

S17. Complete os espazos baleiros cos termos da listaxe, relacionados co comercio.

Troco – mercadoría – moeda – salario – balanza comercial – comercio xusto –

sal – exportacións – comprador – forza de traballo – importacións – cubrir nece-

sidades – vendedor/a – acumulación – supermercados – Silleda.

O comercio é unha actividade moi antiga que establece lazos de contacto entre distintas culturas. O sentido ori-xinal do comercio é obter os bens e servizos que non temos para _____________ para iso realizábase un inter-cambio directo de produtos, ao que chamamos _____________. Co tempo foron aparecendo produtos como medio de pago: o _____________ (de aí deriva salario), a pementa, o gando, os grans de cacao.... Cando ten forma de pezas pequenas de metal cuñado, chámaselle _____________

No sistema capitalista actual, para que haxa comercio, é precisa a presenza dun _____________ que oferta a _____________ ao _____________ nun mercado. No comercio interior, é dicir, dentro das fronteiras dun país, existen : mercados fixos, grandes cadeas comerciais (_____________, hipermercados; mercados centrais de abastecemento, pequenos comercios, feiras de mostras (como a famosa galega de _____________), comercio ambulante, ...

Tamén se establecen relacións comerciais con outros países, o que se coñece como comercio exterior, é dicir, vendas de produtos nacionais ou _____________, e compras de produtos do exterior ou _____________. A di-ferenza en positivo ou en negativo entre ambos parámetros é o que se coñece como _____________.

Hogano, o sentido do comercio perverteuse. O seu obxecto xa non é servir á sociedade senón ser un medio de _____________ por parte dunha minoría social. Ata a _____________ é medible co _____________.

Varias organizacións non gobernamentais e Nacións Unidas, están a buscar unha forma alternativa de comercio coñecida como _____________, para establecer unha relación comercial voluntaria e xusta entre produtores e consumidores.

S18. As relacións comerciais de España son basicamente cos seus veciños inmedia-tos. Analice a seguinte táboa e gráfica.

Exportacións a... Importacións a...

País Porcentaxe País Porcentaxe

���� Francia 19’3% ���� Alemaña 15’0%

���� Alemaña 11’4% ���� Francia 14’5%

���� Portugal 9’4% ���� Italia 8’5%

���� Reino Unido 8’5% ���� Reino Unido 5’8%

���� Italia 8’4% ���� Países Baixos 4’9%

���� EEUU 4’0% ���� China 4’3%

���� Países Baixos 3’1% ���� Bélxica 3’7%

���� Bélxica 2’8 ���� Portugal 3’3%

���� Outros ���� Outros

� Cal das seguintes gráficas é de importacións e cal de exportacións?

� Calcule que porcentaxe das importacións queda para os demais países?

� Con que países son máis fluídas as relacións comerciais españolas? Que me-dios de transporte se empregarán en cada caso, fundamentalmente?

Page 21: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 21 de 49

2.3.2 O transporte

Os medios de transporte permiten o movemento de persoas e mercadorías por todos os puntos do planeta Terra, e constitúen un importante factor de desenvolvemento económi-co. O seu desenvolvemento produciuse especialmente a partir da Revolución Industrial de mediados do século XVIII, aínda que foi nos séculos XIX e XX cando se perfeccionaron.

Clasificación do transporte

� Polo contido: de mercadorías ou de pasaxeiros.

� Polo número de pasaxeiros: individuais (bicicleta, ...) ou colectivos (autobús, ...).

� Pola propiedade: públicos ou privados.

� Polo medio polo que se desprazan:

– Transporte terrestre.

– Ferroviario: desenvolveuse no século XIX coa locomotora a vapor. É un trans-porte que permite transportar grandes cantidades de produtos, a longas distancias, reducindo o custo e o tempo. Na actualidade, en zonas desenvolvidas, este medio de transporte está a cobrar un novo pulo grazas ás liñas de alta velocidade.

– Estrada: a aparición do automóbil favoreceu a aparición de estradas e autoestra-das. É o medio máis empregado para o desprazamento de persoas e mercadorías en distancias curtas e medias. Medios: bicicletas, motocicletas, automóbiles, au-tocares ou autobuses ou camións.

– Transporte naval: é o sistema máis importante para transportar mercadorías pesadas ou de grande volume a longas distancias. Entre as súas infraestruturas precisa de portos, embarcacións (fabricadas en estaleiros), conexións ás redes terrestres e boas condicións xeográficas.

– Transporte fluvial: por ríos navegables ou lagos, empregando barcos de reducida tonelaxe ou barcazas de pouco fondo. Destacan ríos como o Mississipi, Orinoco, Amazonas, Congo, Rin, Volga, Danubio, etc.

– Transporte marítimo: flotas de barcos, especializados segundo a súa carga. As principais rutas son: o Atlántico norte (entre Europa e os Estados Unidos), a ruta do Índico e o Mediterráneo (a través da canle de Suez, unindo os territorios petro-líferos do golfo Pérsico con Europa) e o Pacífico (entre os Estados Unidos e o leste de Asia, a través da canle de Panamá).

– Transporte aéreo: medio de transporte máis moderno, rápido, cómodo e para distan-cias medias ou longas, mais cun alto custo. Especializado en transporte para turismo ou negocios. Precisa instalacións fixas (aeroportos) e móbiles (avións).

Autoestradas da información

O terceiro milenio caracterízase polo desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). A información distribúese axiña a través de computadores, satélites, cables de fibra óptica, etc. Internet, as vídeo-conferencias, o vídeo-teléfono, o correo elec-trónico, etc., cambiaron non só as relacións sociais, senón tamén o comercio, a banca, ... Hoxe case todo pode xestionarse desde a propia casa. O reparto no mundo das conexións é dispar; mesmo dentro dun mesmo marco territorial, existen grandes desigualdades.

Page 22: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 22 de 49

Actividades propostas

S19. Xa dixemos que o transporte pode realizarse por distintos medios e clasificarse segundo diversos criterios. Atendendo ao estudado, clasifique os seguintes me-dios de transporte: metro, hidroavión e bicicleta eléctrica.

S20. As infraestruturas básicas do transporte aéreo son os aeroportos. Analicemos o caso español. Elabore un diagrama de barras no que se reflicta o movemento de pasaxeiros en cada un dos aeroportos citados.

Cidade Pasaxeiros

���� 1. Madrid-Barajas 52.143.275

���� 2. Barcelona 32.800.570

���� 3. Palma Mallorca 23.227.983

���� 4. Málaga 13.590.537

���� 5. Gran Canaria 10.354.858

���� 6. Alacante 9.120.819

���� 7. Tenerife Sur 8.639.341

���� 8. Valencia 5.929.916

���� 9. Lanzarote 5.626.580

���� 10. Xirona 4.848.619

���� 11. Eivisa 4.765.121

���� 17. Santiago C. 2.050.121

���� 22. Vigo 1.405.968

���� 24. A Coruña 1.266.804

[http://www.puertos.es/es/index.html]

� Agrupe os aeroportos en función das motivacións dos pasaxeiros que voan a eles: turística, económico-laboral, por xestións administrativas, outras.

� Cite o nome dos tres aeroportos galegos. Son importantes dentro do territorio peninsular?

� Os aeroportos citados arriba son insulares ou peninsulares? Cales son as razóns da súa importancia?

S21. A imaxe que se reproduce na páxina seguinte reflicte as instalacións portuarias de Bouzas, na ría de Vigo.

Intente identificar na imaxe os distintos tipos de transporte marítimo que se reali-zan nas rías (fotos pequenas) e explique as súas características.

Page 23: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 23 de 49

S22. Observe os datos sobre as autoestradas da comunicación.

Espazo xeográfico Conexións internet 2006 Poboación 2006

���� Mundo 1018.057.389 6525.170.264

���� Unión Europea 247000000 456953258

���� Estados Unidos 208000000 298444215

���� China 137000000 1313973713

���� Xapón 87540000 127463611

���� India 60000000 1095351995

���� Brasil 42600000 188078227

���� Alemaña 38600000 82422299

���� Corea do Sur 34120000 48846823

���� Reino Unido 33534000 60609153

Datos obtidos de Index Mundi (poboación)

The 2008 World FactBook (internet)

� Compare o número de conexións a internet coa poboación dos territorios. Que estados están realmente avanzados no mundo das conexións?.

� Segundo a prensa, en marzo de 2008 China alcanzou a cifra de 233 millóns de internautas, co que superou os EEUU, que se mantiña en 216 millóns. Cre que é un número significativo, respecto á poboación do país? Razóeo.

� Existe a censura en internet? A que país ou países se lles acusa de practicala?.

� Cando falamos de revolución tecnolóxica, no campo dos videoxogos... pensa-mos nun país concreto, un dos da lista... Cal? Por que se terá especializado tan-to neste tipo de industria?

Page 24: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 24 de 49

2.3.3 O turismo

Os habitantes dos países desenvolvidos dispoñen de recursos (económicos, técnicos ou po-líticos) e tempo libre para se desprazaren polo mundo. Hai diversas modalidades de turis-mo, en función do lugar de destino e as actividades para desenvolver neles:

� Cultural: visita cidades ou lugares cun amplo patrimonio artístico e histórico.

� De congresos e negocios: para a realización de actividades de formación e negocio.

� De costa: fundamentalmente de verán (praias, sol e actividades acuáticas).

� De inverno: turismo de deportes de inverno.

� Ecolóxico ou ecoturismo: actividades turísticas para preservar a natureza.

� Paisaxes exóticas: viaxes a lugares afastados, con espazos naturais virxes.

� Relixioso: visita aos lugares santos das relixións (camiño de Santiago, Roma, Xerusa-lén, A Meca, ...)

� Rural: estadías en vivendas rurais situadas en espazos naturais.

� De balnearios ou saúde: con fins terapéuticos (augas termais)

� Parques temáticos: diversións e atraccións organizadas.

Efectos do turismo

� Positivos

– Ingresos elevados no país receptor.

– Creación de postos de traballo (moitos en temporadas estivais).

– Dinamizador dos servizos do país (transporte, comercio, ...).

– Intercambio cultural e aprendizaxe doutras linguas.

� Negativos

– Eleva os prezos, favorece a especulación do solo...

– Crea traballos pouco cualificados e precarios (baixo salario e curta duración).

– Gran impacto ambiental.

Actividades propostas

S23. Identifique as seguintes imaxes. Que forma de turismo reflicten?

Page 25: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 25 de 49

S24. Os principais fluxos turísticos diríxense a Europa, ao Caribe, ao sueste asiático e ao norte de África. Observe a táboa: na primeira columna reflíctense os dez pri-meiros países do mundo por número de visitantes. Na segunda podemos ver os ingresos dos países que figuran entre os dez que obteñen máis beneficios.

� Complete a táboa. Coa axuda dun atlas, indique nela en que continente está ca-da país dos citados.

� Na columna da dereita ordene, con números, os países por maior número de ingresos. Australia e Turquía, que non aparecen nesta listaxe, están entre os dez países con máis ingresos pero non entre os máis visitados.

País Continente Chegada de

turistas (millóns) Ingresos xerados (miles de millóns) 2006

���� Francia 79'1 85.7

���� España 58'5 51.1

���� EEUU 51'1 85.7

���� China 49'6 33.9

���� Italia 41'1 38.1

���� Reino Unido 30'7 33.7

���� Alemaña 23'6 32.8

���� México 21'4 - Australia (8º)

���� Austria 20'3 16.9

���� Rusia 20'2 - Turquía (9º)

� Que buscarán os turistas nestes países? (Tipo de turismo principal).

Page 26: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 26 de 49

2.3.4 Educación e sanidade

Educación

Moitas son as leis que recoñecen o dereito á educación de todos os cidadáns do mundo, aínda que iso non quere dicir que se cumpra.

Artigo 26

���� 1. Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser gratuíta, polo menos no concernente á instrución elemental e fundamental. A instrución elemental será obrigatoria. A instrución técnica e profesional haberá de ser xeneralizada; o acce-so aos estudos superiores será igual para todos, en función dos méritos respectivos.

���� 2. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais; favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre todas as na-cións e todos os grupos étnicos ou relixiosos, [...]

Declaración universal dos dereitos humanos [http://www.un.org/spanish/aboutun/hrights.htm]

Artigo 27

���� 1. Todos teñen o dereito á educación. Recoñécese a liberdade de ensino.

���� 2. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respecto aos principios democráti-cos de convivencia e aos dereitos e liberdades fundamentais.

���� 3. Os poderes públicos garanten o dereito que asiste aos pais para que os seus fillos reciban a formación relixiosa e moral que estea de acordo coas súas propias conviccións.

Constitución Española (1978) [http://constitucion.rediris.es/legis/1978/ce1978.html]

Sanidade

A sanidade é un dos grandes servizos básicos do sector terciario. Todas as persoas teñen dereito a recibir asistencia médica, aínda que o seu reparto no mundo é moi desigual.

Cada ano, unha parte dos ingresos recadados (impostos) polos Estados dos países de-senvolvidos dedícanse aos servizos sanitarios, converténdose así nun servizo público.

Actividades propostas

S25. Analice os textos recollidos sobre o dereito á educación. Que teñen en común? Respéctanselle a todos os nenos e nenas do mundo ese dereito?

S26. Segundo datos da fundación Intervida, a comezos do ano 2008, había 774 mi-llóns de adultos analfabetos no mundo, dos que 150 millóns vivían na África subsahariana. Teña en conta que a poboación mundial está próxima aos 6.700 millóns de habitantes. Que porcentaxe da poboación mundial é analfabeta? Que porcentaxe é subsahariana? Que nos din estes datos?

Page 27: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 27 de 49

S27. Analice os documentos que se achegan e compare a situación sanitaria do mun-do coa española. Aínda que a nosa sanidade ten problemas, son comparables? Coñece algún outro organismo ou ONG que velen pola saúde dos máis desfavo-recidos?

Andazos epidémicos

���� 10 de xullo de 2008. Un caso de febre hemorráxica de Marburgo importado de Uganda nos Países Baixos.

���� 23 de xuño de 2008. Intoxicación por chumbo en Senegal.

���� 19 de xuño de 2008. Gripe avia-ria: situación en Indonesia .

���� 18 de xuño de 2008. Poliomielite en Nixeria e África occidental e centra.

A crise sanitaria agrava a desespe-ranzadora situación humanitaria en

Etiopía

2008 -- O aumento da desnutrición e a ameaza de andazos epidémicos exacerban a crise humanitaria en Etiopía. A OMS está a colaborar co Goberno e con asociados en pro da saúde para prestar apoio en todo o país a 4,6 millóns de persoas que necesitan imperiosamente socorro sanitario de emerxencia.

"... a asistencia sanitaria esencial baseada en métodos e tecnoloxías prácticos, cientificamente fundados e socialmente aceptables, posta ao alcance de todos os individuos e familias da comunidade mediante a súa plena participación e a un custo que a comunidade e o país poidan soportar, en todas as etapas do seu desenvolvemento cun espírito de responsabilidade e autodetermina-ción. A atención primaria forma parte integrante do sistema nacional de saúde, do que constitúe a función central e o núcleo principal, e do desenvolvemento social e económico global da comunidade. Representa o primeiro nivel de contacto dos indivi-duos, a familia e a comunidade co sistema nacional de saúde, leva o máis preto posible a atención de saúde ao lugar onde residen e traba-llan as persoas, e constitúe o primeiro elemento dun proceso permanente de asistencia sanitaria."

Organización Mundial da Saúde [http://www.who.int/es/]

Médicos sen fronteiras [http://www.msf.es/]

Declaración de Alma-Ata, (OMS) Conferencia Internacional sobre Atención Primaria de Saúde 1978

Page 28: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 28 de 49

3. Resumo de contidos

Page 29: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 29 de 49

4. Actividades complementarias

S28. Moitas veces a arte é unha boa fonte de información da evolución da agricultura e a gandaría dun determinado espazo xeográfico.

� Cal é o título da obra da esquerda e o nome do seu autor. Pode axudarse das seguintes pistas:

– É un artista francés do século XIX.

– Pertence á Escola de Barbizón e a un movemento artístico que reflicte nas súas obras a realidade tal como é, obxectivamente.

– Influíu en artistas como Courbert ou Van Gogh.

� Quen son os protagonistas da escena?

� A que hora do día ten lugar?

� Era doada a súa vida? En que o manifesta a obra?

� Deste pintor tense dito que interpreta a natureza máis que reflectila. Que que-rerá dicir a frase?

� A obra da dereita é dun dos artistas aos que influíu. Cal é o título da obra? Des-criba logo a escena.

S29. Análise dunha paisaxe industrial. As actividades industriais, situadas nun punto concreto da xeografía, supoñen unha alteración da paisaxe natural pola inter-vención das persoas. Presentamos dous modelos para analizar (columna es-querda). Cómpre escoller un deles e as frases máis axeitadas (columna da de-reita), en cada caso.

Fotos superiores: Vista do Estaleiro Barreras e da Zona Portuaria de Bouzas (Vigo). Fotos: MRP.

Fotos inferiores: Fábrica Bernardo Alfageme (Foto: MRP). Interior fábrica conservas anos 20 (Co-lección Concello de Vigo).

[...]

Page 30: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 30 de 49

���� Paisaxe (subliñe a correcta) – Costeira ou de interior. – Solo natural ou recheo. – Relevo accidentado ou suave. – Hidrografía?

���� Factores de localización (pode subliñar máis dun) – Próxima ás materias primas. – Man de obra abundante, cualificada e a bo prezo. – Existe unha tradición industrial na zona. – Existe iniciativa empresarial que favorece o investimento ou

apoio do Estado. – O mercado absorbe a súa produción industrial. – Posúe unha boa rede de transportes.

���� Outras actividades na zona. – Zonas urbanas ou residenciais. – Zonas agrícolas. – Zonas comerciais. – Zonas de lecer.

���� Industria. – Polígono industrial, parque tecnolóxico, industria illada. – Industria de base, de bens de equipamento, industria lixeira

de bens de consumo.

���� Fontes de enerxía (marque as correctas) – Petróleo. – Enerxía eléctrica. – Enerxía solar.

���� Infraestruturas ou servizos complementarios. – Existe depuradora de augas residuais. – Incineradora de residuos

���� Describir as imaxes

���� Valorar a importancia do sector industrial no seu enclave, en Galicia , en España, a nivel mundial:

S30. Por que os nenos e nenas do mundo subdesenvolvido non poden ir á escola?

� Que consecuencias ha ter para estes nenos e nenas non ir á escola?

� Indique se son ou non acertadas estas respostas.

– As nenas e mulleres, en xeral, deben dedicar unha media de catro horas pa-ra coller auga, un ben escaso no rural.

– Longas guerras civís, que converteron os/as nenos/as en soldados involun-tarios, como o caso de Mozambique, e que limitan o número de mestres pa-ra a súa formación.

– Os nenos e nenas do terceiro mundo non teñen interese en aprender a ler ou escribir. Non o precisan para a súa vida cotiá.

Page 31: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 31 de 49

5. Exercicios de autoavaliación

1. Os factores físicos que máis inflúen na configuración dun espazo agrario son...

� O clima, o relevo e o solo.

� O clima, o solo e a presión demográfica.

� O arrendamento e a parzaría

� O clima, o relevo e a deforestación.

2. Os sistemas agrarios tecnificados baséanse na aplicación de tecnoloxía á agricultura...

� Con maquinaria , fertilizantes, praguicidas e cultivos especializados.

� Para o autoconsumo

� Cun grande número de traballadores, fertilizantes, cultivos especializados e praguicidas.

� Non se tecnificou o mundo agrario.

3. As materias primas son...

� Produtos de orixe natural que o home transforma, a través das actividades in-dustrias, noutros máis aptos para o consumo.

� Calquera elemento que poida utilizarse para satisfacer unha necesidade huma-na.

� Recursos naturais cos que as persoas poden producir enerxía para mover as in-dustrias, os transportes, ...

� Produtos obtidos do proceso industrial.

4. Atopamos as fontes de enerxía renovable:

� No vento, na biomasa, no uranio, no petróleo.

� No sol, no mar, no uranio, no gas natural.

� No sol, no mar, no vento e nas plantas.

� No sol, no petróleo, no vento, no gas natural.

Page 32: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 32 de 49

5. O sector terciario comprende actividades que...

� Non producen bens materiais, senón que se basean en actividades encamiñadas a prestar servizos (comercio, transportes, sanidade...).

� Non producen bens materiais e non se basean na prestación de servizos, como as finanzas, o comercio, ...

� Producen bens materiais e baséanse na prestación de servizos como a sanidade, os transportes.

� Producen bens materias pero non consisten na prestación de servizos como a sanidade, o comercio, ...

6. O sector terciario comprende actividades que...

� Os medio de transporte permiten ou facilitan.

� O traslado dun punto a outro de persoas, de materias primas ou produtos elabo-rados.

� O movemento dun lugar a outro de persoas, de materias primas e información.

� O intercambio de información entre puntos moi distantes do planeta.

� Todas as respostas anteriores son correctas.

7. O comercio xusto é...

� Intercambiar directamente os produtos entre produtores e consumidores.

� Dar un prezo xusto aos produtos e que os beneficios favorezan tanto a produto-res como consumidores.

� Liberar os mercados mundiais e que todo o mundo poida vender os seus produ-tos sen trabas arancelarias.

� A venda de produtos aumentando o número de intermediarios para que se be-neficie o maior número de persoas do primeiro mundo.

8. As actividades de lecer son...

� As relacionadas co turismo.

� As relacionadas co botellón.

� As dedicadas a fins de recreo e a prestación de servizos como os museos, o ci-ne, o teatro, os restaurantes, os centros deportivos, sanidade, ...

� Aquelas que se realizan durante o tempo que non empregamos para traballar, é dicir, durante o tempo libre.

Page 33: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 33 de 49

9. O turismo é unha das actividades máis importantes do sector terciario xa que...

� Supón unha importante fonte de riqueza, activa outros sectores económicos e xera numerosos empregos.

� O turismo non é unha actividade importante.

� Malia non proporcionar grandes beneficios económicos, favorece a aparición de postos de traballo.

� Supón unha importante fonte de riqueza, aínda que apenas xera postos de tra-ballo e provoca unha alta contaminación nos países que o recibe.

10. Os principais fluxos turísticos internacionais realízanse entre...

� Xapón, a China e os Estados Unidos.

� A Unión Europea, América Latina e o Oriente próximo.

� África, América e o Sueste Asiático.

� Os Estados Unidos, Xapón e os países da Unión Europea.

Page 34: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 34 de 49

6. Solucionarios

6.1 Solucións das actividades propostas

S1.

Son fundamentais para o desenvolvemento da vida na Terra e para abastecer os demais sectores económicos.

S2.

���� A agricultura moderna depende moito da tecnoloxía, as ciencias e a bioloxía; a agricultura tradicional baséase máis na observación do contorno (da paisaxe, do clima, da orografía,...) e o seu coñecemento.

���� Nos sistemas tradicionais os procesos son lentos e laboriosos para o campesiñado (sistemas case autosufi-cientes); nos sistemas modernos, a alta produtividade esixe un gran consumo enerxético (xeralmente com-bustibles fósiles) e permite a aparición de excedentes para o comercio.

���� Na actualidade, a economía tradicional vai vinculada á economía ecolóxica, mentres a moderna se vincula máis a alimentos tratados, pesticidas, transxénicos.

S3.

1979-1981 (exemplo) 1989-1991 1999-2001 2003 2004

1.01 0.97 1.03 1.09

S4. Calcule a media de cereais para os seguintes países.

Burkina Faso Colombia España EEUU Mundo

���� Media persoa/ano 284’4 102’6 kg 613’4 767’7 354’7

Page 35: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 35 de 49

���� A vista dos resultados obtidos nas actividades anteriores, compare o gran ... estadounidense/colombiano...

Non, é sete veces e media maior. Existe un grande desequili-brio.

���� A que países lles corresponde a maior porcentaxe de cereais, aos europeos ou aos norteamericanas? (...)

Aos norteamericanos, altamente tecnificados e con grandes extensións para plantacións.

���� En que continente están os maiores produtores?

Asia, pois os cereais son os alimentos básicos de millóns de habitantes que poboan este continente.

S5.

Nómade Transhumante Extensiva tradicional ���� Gandaría

tradicional 5 1,6 4,3

Extensiva alto rendemento Leiteira semiestabulada Intensiva ���� Gandaría de

mercado 4 4 7

Ovina Bovina Porcina Caprina Equina Cunícula Avícola Apícola ���� Especie

1 4 3 2 7 6

Pastos naturais Pensos compostos ���� Alimentación

1, 2, 4, 5, 6 3, 7

S6.

M C C L C

A O A H

Z D R T I

C A E T L E C

A I E X L

O P Z R Ñ E

B A A A T

A P E

E C

C E L U L O S A A

S7.

K G Q L B H D E R S I A F N P M O C

S8.

Balsas flotantes para o cultivo do mexillón, cunha produción anual de 250.000 toneladas. Actividade da acuicul-tura e mitilicultura (cultivo de ameixas e mexillóns). Páxinas recomendadas:

Page 36: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 36 de 49

���� [http://www.delmorrazo.com/tribuna/origen-bateas-mejillon.html]

���� [http://weblogs.madrimasd.org/ciencia_marina/archive/2007/06/20/68192.aspx]

���� [http://es.wikipedia.org/wiki/Batea_(mitilicultura)]

S9.

Orixe mineral Orixe animal Orixe vexetal

Non enerxéticos Enerxéticos

���� Materia prima Carne, ovos, seda,

conservas

Liño, cortiza, tabaco, cacao, algodón,

remolacha azucreira

Fosfatos, xofre, titanio, fosfatos,

diamantes, chumbo, granito, mármore

Petróleo, carbón

���� Industria Alimentaria Téxtil, papeleira Construción, química, petroquímica, siderúr-

xica

Transporte, electro-domésticos

S10.

���� Mina lignito.

Mina carbón a ceo aberto.

– Páxina sobre o carbón en Asturias e España. [http://del.icio.us/minasderiosa/Carb%C3%B3n]

– Artigo: A queima de carbón produce residuos radioactivos [http://neofronteras.com/?p=1053]

– Observatorio de conflitos mineiros de América Latina [http://www.conflictosmineros.net/al/html/modules.php?name=News&new_topic=10]

���� Pozo petrolífero.

Explotación petrolífera

– Artigo: ¿Por qué la especulación está disparando el precio del petróleo? [http://www.elmundo.es/mundodinero/2008/05/29/economia/1212023607.html]

– Información sobre o petróleo: orixe, produtos obtidos, ...: [http://elpetroleo.50webs.com]

– Instituto Mexicano do Petróleo: [http://www.imp.mx/petroleo]

– Infografía petróleo. [http://www.consumer.es/web/es/medio_ambiente/energia_y_ciencia/2005/10/31/147662.php]

S11.

���� Deforestación Proceso de desaparición dos bosques ou da masa forestal, pola actividade humana, que afecta á perda de biodiversidade e xera agresións como a chuvia ácida.

���� Terceiro Mundo Termo que designa os países que non pertencían a ningún dos dous bloques enfronta-dos na Guerra Fría (bloque occidental: EEUU; bloque comunista: URSS).

���� Cociña solar Sistemas para cociñar os alimentos usando o sol como fonte de enerxía. Clasifícanse en dúas familias: de concentración (concentración da radiación solar nun punto) e forno ou caixa (caixa illada deseñada para captar a enerxía solar e manter quente o seu interior.

Page 37: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 37 de 49

Cociña parabólica Cociñas de caixa/Fornos solares Cociñas de panel

S12.

Afirmacións V/F Resposta axeitada

���� As tarteiras empregadas nestas cociñas deben ser de cor branca xa que absorben moito mellor a calor

F Cor negra, pois absorben a luz que transforman en calor.

���� O material da batería de cociña debe ser: ferro fundido, vidro ou aceiro inoxidable.

V Serven todos estes materiais mais as súas pare-des deben ser finas.

���� A súa vantaxe é que funcionan incluso sen sol.

F

O gran inconveniente destas cociñas é que pre-cisan luz e non sempre hai abondo.

���� As cociñas parabólicas acadan elevadas temperaturas o que impide o uso de calquera tipo de plástico

V Existen plásticos que soportan elevadas tempe-raturas, mais en xeral non serven.

S13.

� Continente con maior concentración industrial? (...)

Europa, Asia occidental e América Oriental. Son fundamentalmente países con amplas zonas costeiras e eixes importantes das rotas terrestres e mariñas no globo terráqueo.

� En que continentes apenas hai actividade industrial? (...)

África, Oceanía, Sudamérica. A falta de industria limita a creación de riqueza, de postos de traballo e desenvol-vemento en xeral destes países. Non é a mesma explicación para todos, pois Oceanía non é un continente po-bre, só viven dos outros sectores económicos; pola contra África e Sudamérica constitúen o Terceiro Mundo.

� Hai maior concentración industrial nas costas dos continentes ou no interior?

Nas costas hai maior concentración industrial que no interior, pois ofrece unha maior variedade de transportes. A maior parte dos transportes industrias realízanse por mar. Océano con concentración industrial: Atlámntico.

Page 38: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 38 de 49

S14.

Afirmación (en negra o incorrecto e en gris a corrección) V/F

���� As fábricas caracterízanse por usar maquinaria, man de obra especializada e grandes investimen-tos. V

���� As industrias clasifícanse (pola función das materias primas e do mercado ao que se dirixen) en: industrias de base; de bens de equipo e lixeiras. V

���� A industria de base transforma as materias primas en produtos semielaborados: industria química pesada; industria metalúrxica (siderúrxica, industria do automóbil...).

F

���� A industria de bens de equipo transforma produtos da industria base en maquinaria e aparellos. Están en complexos industriais. Man de obra cualificada e grandes investimentos (construción, electromecánica, aeronáutica, minaría, naval, telecomunciacións, aeroespacial, altos fornos, ...)

F

���� A industria lixeira transforma materias primas ou produtos semielaborados en obxectos para o con-sumo: electrónica, automobilística, química, editorial, téxtil, confección, ...

V

���� Os teléfonos móbiles, os ordenadores, as consolas de xogo, a televisión ... son produtos da indus-tria de base. Lixeira

F

���� A empresa encárgase de organizar o capital. Organízanse por tamaño (grandes, medianas e pe-quenas); polo capital (público, privado ou mixto); pola súa organización (Sociedades anónimas e eliminadas). Limitadas

F

���� Os polígonos industriais son espazos amplos e ben comunicados para a situación de empresas e industrias.

V

���� Os parques tecnolóxicos son espazos onde se asentan as industrias de base. Centros de investigación, empresas e industrias innovadoras que dispoñen de infraestruturas e servi-zos (centros de formación, restaurantes, aloxamentos, vixilancia, comunicacións,...

F

S15.

R.D.Congo. É un país subdesenvolvido. Non ten costa mais o río Congo é navegable, que comunica o país co mar.

Alemaña, país desenvolvido. Situado no norte de Europa, con amplas zonas costeiras e boas comunicacións.

1. Terciario. / 2. Primario

S16.

D A B F E C H G

S17.

1: cubrir necesidades. 2: troco. 3: sal . 4: moeda. 5: vendedor/a. 6: mercadoría. 7: comprador. 8: supermerca-dos. 9: Silleda. 10: exportacións. 11: importacións. 12: balanza comercial.13: acumulación. 14: forza de traballo. 15: salario. 16: comercio xusto.

Page 39: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 39 de 49

S18.

País Exportacións (porcentaxe) País Importacións (porcentaxe)

���� Outros

19’3 + 11’4 + 9’4 + 8’5 + 8’4 + 4’0 + 3’1 + 2’8 = 66’9%

100 – 66’9 = 33’1%

���� Outros

15’0 + 14’5 + 8’5 + 5’8 + 4’9 + 4’3 + 3’7 + 3’3 = 60%

100 – 60 = 40%

Exportacións Importacións

Francia e Alemaña (por vía férrea, estradas e rutas marítimas).

Exemplo: porto de Vigo-Saint Nazaire e vía aérea; Portugal (estrada, vía férrea). Reino Unido (rotas marítimas e aéreas).

S19.

���� Metro Pasaxeiros, colectivo, público, terrestre e contaminante.

���� Hidroavión Mercadorías, colectivo, privado, aéreo/fluvial e contaminante.

���� Bicicleta eléctrica Pasaxeiros, individual, privado, terrestre e ecolóxico (non contaminante).

S20.

���� Turística P. Mallorca, Málaga, G. Canaria, Alacante, Tenerife Sur, Valencia, Lanzarote, Eivisa, Santiago Compostela, ...

���� Económica e laboral Barcelona, A Coruña, Vigo.

���� Xestións administrativas Madrid-Barajas.

Page 40: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 40 de 49

Peinador (Vigo). Lavacolla (Santiago). Alvedro (A Coruña)

Repártense case por igual, metade insulares, metade peninsulares. Salvo a capital, son todo aeroportos medite-rráneos, para cubrir as demandas do turismo.

S21. Identifique as imaxes da zona portuaria de Bouzas (Vigo)

� ���� Trasatlántico Queen Mary II, facendo probas na Ría de Vigo. 2004 (construído en Francia - Saint Na-

zaire). [http://es.wikipedia.org/wiki/Queen_Mary_2]

� ���� Contedores (grandes cargas)

[http://es.wikipedia.org/wiki/Contenedor]

���� Ferrys de carga de automóbiles no recheo de Bouzas. Enlaza co porto de Saint Nazaire en Francia. Construción de ferrys nos estaleiros de Vigo. [http://actualidad.terra.es/provincias/pontevedra/articulo/barreras-balearia-bota-ferry-naviera-2527128.htm]

���� Barcos de pesca de altura. Anfaco, Asociación de Fabricantes de Conservas e Mariscos. [http://www.anfaco.es/webs/webAnfaco/portales/anfaco/]

���� Cooperativa de armadores de pesca [http://www.arvi.org/]

� ���� Embarcacións de recreo ou deportivas.

� ���� Barcos de pesca tradicional en Bouzas Carpintería de Ribeira.

[http://www.carpinteriaderibeira.org/Doc/PRIMERAS_NOTAS_CR_GALICIA_CAST.pdf]

S22.

Os EEUU e Xapón.

Non, só un 10 % da poboación chinesa ten conexión a internet, entanto que nos EEUU supón un 70 % de co-nectados á rede.

Si. A China (cando os xogos olímpicos), Irán (revoltas 2009), ...

Xapón, por carecer de materias primas, por ser un territorio insular, superpoboado, sen posibilidade de explotar os espazos. A especialización tecnolóxica abriulle as portas ao mundo.

Page 41: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 41 de 49

S23.

Turismo ecolóxico. Perito Moreno

Campamento fluvial. Dordogne

Litoral: sol e praia. Illas Cíes

Turismo cultural. Alhambra de Granada

Turismo montaña. Xogando en Manzaneda

Turismo congresos. Encontro Solar Granada

Turismo rural. A Pousa Gondomar

Turismo relixioso. Camiño de Santiago

S24.

País Continente Chegada de

turistas (millóns) Ingresos xerados (miles de millóns) 2006

���� Francia Europa 79'1 85.7 1º

���� España Europa 58'5 51.1 3º

���� EEUU América Norte 51'1 85.7 1º

���� China Asia 49'6 33.9 5º

���� Italia Europa 41'1 38.1 4º

���� Reino Unido Europa 30'7 33.7 6º

���� Alemaña Europa 23'6 32.8 7º

���� México América 21'4 - Australia (8º)

���� Austria Europa 20'3 16.9 10º

���� Rusia Eurasia 20'2 - Turquía (9º)

���� Francia (turismo cultural, moda, comida, ...).

���� España (praias, historia, turismo cultural, festas tradicionais, relixioso co Camiño Santiago, natureza...).

���� Os EEUU (cultura, moda, modernidade, arte teatral, musicais, natureza...).

���� A China (cultura milenaria, tradicións, ...).

���� Italia (arte, historia, comida, relixión no Vaticano ,...).

���� O Reino Unido (arte e tradicións, ...).

���� Alemaña (feiras técnicas e tecnolóxicas, arte, ...).

���� México (praias, historia culturas precolombinas, comida, natureza virxe,...).

���� Austria (historia, música, tradición, natureza, montaña, ...).

���� Rusia (historia, arte, ...)

S25.

Recoñécese a liberdade e a gratuidade da educación. Non se cumpre, milleiros de nenos e nenas non poden acceder á educación, por ter que traballar, por non ter acceso a recursos educativos, por ser nenas (prima a educación dos homes fronte ás mulleres, etc...)

S26.

���� O 11’55 % da poboación mundial é analfabeta.

���� Porcentaxe subsahariana: X = 19’4% 774 millóns mundo -------- 150 millóns subsahariano

100 -------------------------- X

���� Estes datos din que dous de cada 10 persoas analfabetas do mundo viven no continente africano, moi por riba da media mundial.

Page 42: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 42 de 49

S27.

Os habitantes dos países do primeiro mundo teñen acceso aos centros de saúde, aos médicos e aos medica-mentos, de forma xeral, isto non quer dicir que o seu funcionamento sexa todo o axeitado que debería. Mais, nos países subdesenvolvidos apenas hai hospitais cun número de médicos proporcional ao total da poboación. Por outra banda, as multinacionais farmacéuticas controlan as patentes dos medicamentos e dificultan o acceso des-tas poboacións a eles, o que provoca unha alta mortalidade. A maiores, nos países do terceiro mundo existen moitas doenzas apenas estudadas (malaria,...) para as que non se coñecen tratamentos curativos ou paliativos e que causan milleiros de mortes.

Page 43: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 43 de 49

6.2 Solucións das actividades complementarias

S28.

“As espigadoras”. Jean-François Millet. Escola Barbizón, Francia. 1857. Museo de Orsay.

Tres mulleres campesiñas da Normandía, traballando no campo e recollendo agachadas as espigas.

[http://www.artehistoria.jcyl.es/genios/cuadros/3562.htm]

Polo serán.

Non. Percíbese polas longa xornada de traballo, pola postura na que deben traballar, pola soidade, ...

O seu verdadeiro interese é amosar como é o traballo rural na realidade, nos seus aspectos máis duros, lonxe das idealizacións bucólicas.

“A colleita. Chaira de Crau. Arles”, Vincent van Gogh. Óleo sobre lenzo, 1888. Museum, Vincent van Gogh Foundation (Amsterdam). Campo de trigo nunha paisaxe mediterránea, da Provenza, que destaca pola súa lu-minosidade, luz reflectida nas espigas, o carro, as granxas, os valos, ... Trátase dunha paisaxe de verán.

S29.

���� Imaxes superiores:

Estaleiros Barreiras (Vigo)

���� Paisaxe (costeira, recheo, relevo accidentado). Factores localización (man de obra abundante e cualificada; existe unha tradición industrial na zona; iniciativa industrial emprendedora; o mercado absorbe a súa produción industrial; posúe unha boa rede de transportes). Outras actividades (zonas urbanas e residen-ciais e zonas comerciais). Industria (bens de equipo, industria de transforma-ción). Fontes de enerxía (petróleo, enerxía eléctrica). Descrición (Observa-mos estaleiros, que son grandes empresas do sector do metal, agrupadas nas zonas costeiras, na que se aprecian grandes grúas, gran cantidade de ferralla, ... Importancia: xera moitos postos de traballo, riqueza, cambia a paisaxe cos-teira; permite o establecemento de relacións comerciais con outros países gra-zas aos transportes – pola súa boa situación xeográfica.

���� Imaxes inferiores

Conserveira “Bernardo Alfageme” (Bouzas-Vigo)

���� Paisaxe (costeira, recheo, relevo accidentado). Factores localización (man de obra abundante e cualificada; existe unha tradición industrial na zona; iniciativa industrial emprendedora; o mercado absorbe a súa produción industrial; posúe unha boa rede de transportes). Outras actividades (zonas urbanas e residen-ciais, zonas de lecer e zonas comerciais). Industria (industria lixeira de consu-mo.Industria alimentaria). Fontes de enerxía (petróleo, enerxía eléctrica). Des-crición (empresa de elaboración de conservas de peixe, marisco e pratos pre-parados. Historicamente as mulleres foron a principal man de obra destas in-dustrias e facilitou o desenvolvemento doutras industrias como a da “folla de la-ta”. Importancia (facilitou a incorporación da muller ao mundo do traballo, xera postos de traballo e riqueza, facilita a conservación dos alimentos,...)

Page 44: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 44 de 49

S30.

���� As nenas e mulleres, en xeral, deben dedicar unha media de catro horas para coller auga, un ben escaso no rural.

V

���� Longas guerras civís, que converteron aos nenos/as en soldados involuntarios, como o caso de Mozambique, e que limita o número de mestres para a súa formación.

V

���� Os nenos e nenas do terceiro mundo non teñen interese en aprender a ler ou escribir. Non o pre-cisan para a súa vida cotiá.

F

A facilidade ou dificultade de acceso á educación marca o futuro humano: condiciona as opcións profesionais e laborais, non se pode garantir a igualdade de oportunidades e a promoción social.

Page 45: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 45 de 49

6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación

1. Os factores físicos que máis inflúen na configuración dun espazo agrario son...

O clima, o relevo e o solo.

2. Os sistemas agrarios tecnificados baséanse na aplicación de tecnoloxía á agricultura...

Con maquinaria, fertilizantes, praguicidas e cultivos especializados.

3. As materias primas son...

Produtos de orixe natural que o home transforma, a través das actividades...

4. Atopamos as fontes de enerxía renovable...

No sol, no mar, no vento e nas plantas.

5. O sector terciario comprende actividades que...

Non producen bens materiais senón que se basean en actividades...

6. O sector terciario comprende actividades que...

� � Todas as respostas anteriores son correctas.

7. O comercio xusto é...

� Dar un prezo xusto aos produtos e que os beneficios favorezan tanto a...

Page 46: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 46 de 49

8. As actividades de lecer son...

� � As que se realizan durante o tempo que non empregamos para traballar, ...

9. O turismo é unha das actividades máis importantes do sector terciario xa que...

Supón unha importante fonte de riqueza, activa outros sectores económicos ...

� �

10. Os principais fluxos turísticos internacionais realízanse entre...

� � Os Estados Unidos, o Xapón e os países da Unión Europea.

Page 47: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 47 de 49

7. Glosario

A ���� Augas xurisdicionais Augas costeiras controladas polos países ribeiráns, sobre as que exercen o control. Com-prenden entre 12 e 200 millas.

���� Arrendamento Cesión temporal do uso dunha propiedade para a súa explotación a cambio do pagamento dunha renda anual ou aluguer.

B ���� Bocage Grandes extensións agrícolas, divididas en numerosas parcelas separadas por sebes vivos e árbores. As terras dedícanse ao cultivo ou a prados.

C ���� Caladoiros Zonas marítimas onde abunda a pesca polo que os mariñeiros lanzan as súas redes para desenvolver o seu traballo.

���� Cinexética Acción na que se captura un animal, é dicir, a caza.

���� Comercio Actividade socioeconómica consistente na compravenda de bens e servizos para o seu uso, a súa venda ou a súa transformación.

���� Cultivos transxénicos Cultivos alterados xeneticamente de xeito artificial para mellorar a súa rendibilidade, a súa resistencia ás pragas, aos factores ambientais, ...

E ���� Enerxías limpas Tamén coñecidas como enerxías renovables ou enerxías verdes. Trátase de toda aquela enerxía que se obtén por fontes naturais inesgotables (o sol, o vento; a forza hidráulica, a mareomotriz, xeotérmica; biomasa...).

���� Espazo agrario Superficie terrestre onde o home leva a termo as súas actividades agrarias, é dicir, a suma das terras de cultivo, os pastos, as pradarías e os bosques.

G ���� Gandaría intensiva

estabulada Animais que se crían en granxas ou en explotacións pechadas con pensos compostos. Dedícanse á produción intensiva de carne e leite.

���� Gandaría extensiva Animais que se crían en grandes extensións de terreo e se alimentan fundamentalmente de pastos naturais. Deles obtense carne, leite, coiro, la, ... Dentro dela pódese incluír a gandaría sostible, aquela que pretende non prexudicar o medio.

L ���� Latifundismo Explotación agraria de grandes dimensións cun uso ineficiente dos recursos dispoñibles.

M ���� Minaría Conxunto de técnicas empregadas para obter da codia terrestre materiais, tanto do subso-lo como a ceo aberto.

O ���� OPEP Organización de Países Exportadores de Petróleo. Organización económica mundial, con sede en Viena (Austria), que ten como finalidade unificar, coordinar e defender as políticas dos países membros. Podería definirse como un cartel.

���� Oppenfield Parcelas ou campos abertos.

P ���� Parzaría Sistema de explotación agraria no que o parceiro traballa as terras do propietario a cambio dunha porcentaxe dos beneficios da súa explotación.

S ���� Silvicultura Cultivo de bosques e montes para a obtención de produción directa (madeira, cortiza, caza, ...) ou indirecta (fixación do carbono, biodiversidade, ...)

T ���� Turismo Desprazamento temporal, entre 24 horas e un ano, de persoas desde o seu lugar de residencia a outros por lecer (sol, praia, cultural, rural, de inverno, deportivo e de aventura)

Page 48: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 48 de 49

8. Bibliografía e recursos

Bibliografía

� Belliz Velasco, Pilar e outros: Cuaderno de Campo del Museo de la Minaría y de la In-

dustria de Asturias. Mina San Vicente. Cajastur/Gobierno Principado Asturias.

[http://www.mumi.es/upload/documentos/cuadernocampo.pdf]

� Consellería de Educación. Libros para a educación secundaria a distancia. Ámbito da sociedade. Módulo 1: Unidades 2, 3 e 4. Módulo 4 A. Economía e traballo.

[http://www.edu.xunta.es/ea/]

� Libros de texto de 3º ESO Ciencias Sociais. Xeografía. Diversas editoriais: Anaya, Consorcio Editorial, Santillana, Vicens Vives, etc.

� O petróleo unha riqueza envelenada. Global Express. A actividade na aula. Edición nº 12. Novembro 2006.

[http://www.intermonoxfam.org/es/page.asp?id=2629]

Ligazóns de internet

� [http://www.imf.org/external/spanish/index.htm]

FMI (Fondo Monetario Internacional).

� [http://www.oecd.org/home]

OCDE (Organización para a Cooperación Económica Europea).

� [http://www.opec.org/home/]

OPEP (Organización de Países Exportadores de Petróleo) .

� [http://www.undp.org/spanish/]

PNUD (Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento) .

� [http://europa.eu/index_es.htm]

Unión Europea.

� [http://portal.unesco.org/es/ev.php-URL_ID=29011&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html]

UNESCO

� [http://mediorural.xunta.es/]

Xunta de Galicia. Consellería Medio Rural. Información sobre o mundo da gandaría, agricultu-ra, forestal e alimentación de Galicia.

� [http://webpesca.xunta.es/pescacms/opencms/WebPesca/]

Xunta de Galicia. Consellería do Mar.

Page 49: SP SOC MOD 1 UNID 3 · Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 3 ... 1.4 Orientacións de temporalización A esta unidade didáctica débenselle

Páxina 49 de 49

Outros recursos

Filmografía

� Documental Agricultura en Perú

[http://es.youtube.com/watch?v=RvWrqhvbo_c]

� Saída da fábrica. Irmáns Lumiére.

[http://es.youtube.com/watch?v=MElYy4SQhxQ]

� Los lunes al sol. León de Aranoa, Fernando. Ambientada nunha cidade do norte penin-sular (filmada en Vigo) cando a crise industrial de finais do século XX.

[http://www.edualter.org/material/cinemaitreball/lunes.htm]

[http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~04000699/spip/IMG/doc/FICHA_DIDACTICA_D

E_LA_PELICULA-LOS_LUNES_AL_SOL-.doc]

� Chegada do tren á cidade. Lumiére.

[http://es.youtube.com/watch?v=1dgLEDdFddk&NR=1]

Novela

� Neira Vilas, Xosé: Memorias dun neno labrego. Edicións do Castro. Narrativa. Novela autobiográfica do autor que nos permite coñecer a Galicia rural dos anos 30.