Download - Tema 7
A II República
e a Guerra Civil
O rei Alfonso XIII marcha para o exilio.
Eleccións municipais de 1931.
Proclamación da República en Eibar.
Formación dun Goberno Provisional (republicanos, socialistas e nacionalistas).
Convócanse eleccións a Cortes Constituíntes.
Eleccións de 1931 Maioría para os partidos
da esquerda.
•Ampla declaración de dereitos ( expresión,
reunión de asociación).
•Soberanía popular.
•División de poderes.
•Sufraxio universal
•Autonomía rexional.
•Separación Igrexa-Estado.
Presidente da República: Niceto Alcalá Zamora
Presidente do Goberno: Manuel Azaña.
II REPÚBLICA
Etapas: Bienio reformista (1931-1933)
Bienio conservador (1933-1936)
Fronte Popular (feb-xuñ 1936)
BIENIO REFORMISTA 1931-1933
Goberno de Azaña Coalición de republicanos e socialistas
• Reduciuse o número de oficiais do exército.
•Aprobación do Estatuto de Autonomía de Cataluña e
proxxectos de estatuto do País Vasco e Galicia.
•Reforma Agraria redistribución da terra,
•Melloras laborais para os obreiros.
•Limitase a influencia da Igrexa (apártase do ensino)
•Autorízase o matrimonio civil e o divorcio.
•Impulsouse a educación pública (creación de escolas e
número de mestres).
Oposición da dereita e mobilizacións. As medidas plantexadas descontentan á
dereita, pola súa radicalidade, e á esquerda que as considera insuficientes.
REFORMAS:
Reforma do ensino
Reforma agraria
Misións pedagóxicas. “La Barraca”
Sufraxio universal. O voto un dereito fundamental para a muller
Clara Campoamor e Victoria Kent tiveron un papel
fundamental na consideración social da muller. Busca
na rede información sobre elas.
Que postura adoptaron sobre o voto feminino?
AGOSTO DE 1932 Tentativa de golpe de Estado do
Xeneral Sanjurjo.
Azaña dimitiu en 1933 e convocáronse eleccións en novembro.
Goberno conservador en mans do Partido
Radical de centro, presidido por Alejandro
Lerroux.
Coalición de partidos da dereita: Confederación de Dereitas
Autónomas (CEDA) Dirixida por GIL ROBLES
REVOLUCIÓN DE OUTUBRO 1934
- Revolución social en Asturias. Asedio de Oviedo.
- Barcelona. O gobernó autónomo proclamou a República
Catalá. Sofocouse o movemento e suspendeuse o Estatuto
de autonomía catalán.
BIENIO CONSERVADOR 1933-1936
PARALIZA E DESVIRTUA MEDIDAS REFORMISTAS
Amnistía para os implicados na tentativa de golpe de estado do 32.
DESPRESTIXIO DE LERROUX. Quen dimite a finais do 35 polo
escándalo do estraperlo) Os radicais dependía cada vez máis da
CEDA.
Inestabilidade do goberno
CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS XERAIS PARA FEBREIRO DO 36
As forzas políticas acuden agrupadas: as dereitas no BLOQUE NACIONAL e a esquerda na FRONTE POPULAR.
FRONTE POPULAR (FEB-XUÑ 1936)
As eleccións dan o triunfo á Fronte Popular: fórmase o goberno con Republicanos de
esquerda, dacordo ó pactado.
AZAÑA Presidente da República.
CASARES QUIROGA. Presidente do Goberno.
MEDIDAS
REINICIO DAS REFORMAS.
DECRÉTASE A AMNISTÍA PARA UNS 30000 PRESOS POLÍTICOS.
Sucesos do 34.
RESTABLECEMENTO DAS LEIS ANULADAS NO BIENIO DE
DEREITAS.
RECUPÉRASE A POLÍTICA AUTONOMISTA (O estatuto Vasco chega ao
Parlamento e plesbiscítase o Galego)
A TENSIÓN SOCIAL VAI EN AUMENTO
Anarquistas, comunistas e parte dos socialistas consideraban o momento
como idóneo para continuar a revolución social.
Na extrema dereita radicalízase e enfróntase coas esquerdas
(especialmente Falanxe).
A tensión e a violencia aumenta: atentados, folgas, disturbios...
A desorde pública foi empregada pola dereita para desacreditar ao goberno de
esquerdas.
PROBLEMAS
Os nacionalismos históricos. Aprobase o estatuto de
autonomía de Cataluña e os do P. Vasco e Galicia remataron de
tramitarse durante a guerra
A reforma agraria. Pretendía superar o atraso no campo.
Foi unha fonte de tensíóns que tivo moitas trabas para aplicarse. No
bienio conservador o proceso paralizouse e houbo ocupacións de
terras.
A cuestión relixiosa. División ideolóxica entre os partidarios
do laicismo e os que defenden un estado confesional. A República limita o poder
do clero, afastándoos da educación.
Cambios no eido militar. Manuel Azaña quería alonxar aos
militares pouco afíns á República e reducilos mandos. Pechouse a academia
militar de Zaragoza.
A CONSPIRACIÓN MILITAR
Mola dirixiu a conspiración para rematar co goberno republicano, tendo
apoios en sectores conservadores.
O plan orquestado polos militares consistía en mobilizar o
exército africano, para despois ser secundado polos exércitos
na Península.
O momento de máxima tensión foi o 12 de xullo cando un grupo da extrema dereita
asasina a Xosé Castillo ( tenente da Garda de Asalto), e como represalia un grupo de
gardas de asalto asasinan a Xosé Calvo Sotelo.
O 17 de xullo as tropas do protectorado español en Marrocos sublévanse, e ao
día seguinte fanno na Península.
Mola (Pamplona)
Sanjurjo
Queipo de Llano
Franco (Canarias)
Goded (Baleares)
Fanjul
Cabanellas
O GOLPE DE ESTADO A sublevación comeza en Melilla, Tetuán e Ceuta, e o día 18 de xullo
estendeuse por España. Triunfou nas zonas rurais e fracasou nas cidades e
áreas máis industrializadas.
O país dividiuse en dúas zonas: a REPUBLICANA e a SUBLEVADA ( ou Nacional).
Comeza unha longa Guerra Civil que provocará máis de 380.000 vítimas e 350000
exiliados políticos.
A sublevación foi
apoiada por militares
conservadores,
propietarios agrarios,
alta burguesía,
monárquicos, carlistas e católicos.
A legalidade republicana foi apoiada polos militares
progresistas, campesiñado
sen terra, pequena burguesía,
republicanos e partidos de esquerda.
• Formouse un Comité de Non Intervención. Tentando evitar o estalido
dunha Guerra Mundial.
• SUBLEVADOS: reciben a axuda da Alemaña Nazi e da Italia Fascista.
• O GOBERNO REPUBLICANO: recibe axuda da URSS e das Brigadas
Internacionais.
Que fixo o Goberno da República?
Tentou paralizar o golpe.
Controlou a Armada
Disolveu as unidades rebeldes
Tentou negociar cos sublevados sen éxito.
Trala dimisión de Casares Quiroga e Martínez Barrio, XOSÉ GIRAL é o
presidente do Goberno, quen decide repartir armas ás milicias populares..
BANDO DOS SUBLEVADOS
BANDO REPUBLICANO
Apoio externo:
APOIO DOS ESTADOS
FASCISTAS E DA DITADURA DE
SALAZAR
Alemaña: Lexión Cóndor
Italia: Camisas Negras
Portugal: Viriatos
Apoio dende Francia
URSS: envío de armas,
víveres e especialistas
BRIGADAS
INTERNACIONAIS (60000
voluntarios)
A GUERRA
PRIMEIRAS OPERACIÓNS. A columna dos sublevados avanza cara
Madrid dende o Norte. E as tropas de África avanzan por
Estremadura. Non acadan a capital.
LOITA POR MADRID. Resistencia de Madrid grazas ás milicias
populares. O goberno republicano transládase a Valencia.
CAMPAÑA DO NORTE. Franco ataca a zona republicana do Norte.
Apoio alemán bombardeo de Guernika. Conquista Bilbao, Santander e
Asturias.
AVANCE CARA O MEDITERRÁNEO. Os nacionais vencen en Teruel e
chegan ata o Mediterráneo, divindo en dúas a zona republicana. A
BATALLA DO EBRO (1938) foi unha das máis longas da guerra.
Franco faise coa vitoria.
CAÍDA DE CATALUÑA E REMATE DA GUERRA. O exército dos
nacionais toma Cataluña en febreiro do 1939. Comeza o exilio para
miles de españois. Francia e Inglaterra rematan por recoñecer o
goberno de Franco. A finais de marzo as tropas franquistas entran en
Madrid. O 1 de abril remata a guerra.
Brigadas Internacionais
Apoio Alemán
A ESPAÑA REPUBLICANA DURANTE A GUERRA
FRAGMENTACIÓN DO PODER: Desorganización das intitucións de
goberno, incremento do poder das organizacións obreiras. Xurdiron
comités controlados polas forzas de esquerda, que tiñan diferentes
idearios á hora de defender á República. Isto veu a debititar o bando e
favoreceu ao bando Nacional.
O GOBERNO. Xosé Giral (republicanos de esquerda)
Largo Caballero (PSOE) Da entrada a comunistas e anarquistas.
Xoán Negrín ( apoio comunista) Política de resistencia, non pode
impedir a derrota. Preside o goberno da República no exilio ate o ano 45
REVOLUCIÓN SOCIAL: Control da CNT, avances en colectivizacións en
Cataluña. EN Aragón e Andalucía os campesiños abolen a propiedade
privada e colectivizaron a explotación da terra.
A ESPAÑA SUBLEVADA
A finais de xullo do 36 os militares organizaron en Burgos a
Xunta de Defensa Nacional (coordinar operacións)
FRANCO XEFE DO ESTADO. (outubro do 36) Xefe do Estado e
Xeneralísimo dos exércitos. Concentrou o podermilitar e político
no bando nacional.
NOVO ESTADO NACIONAL. Anula as reformas republicanas.
En abril do 37 fusiona as forzas que o apoian nunha única
formación. FALANXE TRADICIONALISTA E DAS JONS.
Recursos educativos K
airós (CN
ICE
/ME
C)