Descarrega o calendario e imprímeo en follas tamaño A4. Recorta dúas veces sobre un soporte ríxido, como cartón, o troquel da peana. Despois pega e recorta as follas que farán o interior.Encaderna con espiral ou argolas.
Corta pola liña continua sobre un soporte algo ríxido (cartón...) dúas pezas iguais. Dobra pola liña descontinua e enfronta as dúas pezas para enganchalas pola parte que dobra.
Mulleres que son historia
1º Dobra a folla á metade e pega
2º Corta pola liña descontinua
Mulleres que son historia
1º Dobra a folla á metade e pega
2º Corta pola liña descontinua
Urraca I(León, 1081 – Saldaña, Palencia, 1126)
Primeira monarca titular no occidente cristián
(1109–1126)
Lexítima herdeira de Alfonso VI, foi formada en
equitación, caza e dirección do exército.
Casa, por unha alianza de poder, no ano no que
nace o seu medio irmán Sancho co que pasa de
herdeira ao trono a condesa consorte de Galicia. Seu
home, seu irmán e seu pai morren sucesivamente
o que a converte en raíña en 1109. Para exercer o
poder foi obrigada a casar co rei de Aragón, quen
tentou aspirar aos seus territorios ao igual ca seu
propio fillo, Alfonso VII, e súa irmá Teresa.
Hai indicios de contestación por parte da raíña no
uso da distinción de xénero que fixo nos diplomas e
no foro que, xunto ao seu primeiro home, outorgou
ás e aos habitantes de Compostela no ano 1105:
cunctis habitatoris uiris ac feminis.
Xaneiro
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
Unidade de Igualdade
As mulleres non aparecemos como piares da historia e, salvo nas ocasións nas que somos escollidas polo protagonista para ser a súa acompañante, apenas se recollen as nosas vidas, accións ou experiencias. Os relatos e as lecturas do pasado fanse desde unha perspectiva androcéntrica que sitúa ás mulleres como ausentes ou, no mellor dos casos, personaxes secundarias, sen capacidade para relatar nin para protagonizar a historia.
Temos unha historia que pasa por recoñecer a pegada daquelas que nos precederon no exercicio do poder público, social e económico; das que loitaron por vivir de forma autónoma; das que compoñen unha historia de transgresións e avances que se construíu a través dos séculos. En definitiva, é unha débeda pendente e un paso nece-sario para construír un presente e un futuro igualitarios, recuperar unha xenealoxía feminina invisibilizada que nega a nosa forma de entender a historia e o mundo.
Esta é unha pequena mostra para reivindicar que a nosa seguirá sendo unha historia incompleta mentres non contemos todas.
1º Dobra a folla á metade e pega
2º Corta pola liña descontinua
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
1 2 3 4
Xaneiro
Urraca I(León, 1081 – Saldaña, Palencia, 1126)
Primeira monarca titular no occidente cristián (1109–1126)
Santo Tomé de Aquino
María Pérez, A Balteira (Armea, Betanzos, 1ª metade século xiii)
A máis sonada das soldadeiras medievais
As soldadeiras eran mulleres adscritas á corte que tiñan
como oficio cantar e recibían unha soldada. Este oficio
foi unha saída, aínda que marxinal, para as que desexa-
ban escapar do matrimonio ou o convento.
María era unha fidalga que posuía bens de seu e foi
paradigma de todos os vicios e transgresións, segundo
as cantigas de escarnio que lle dedican dez trobadores:
boca xuradora; practicante do tiro con besta en com-
petición cos homes; xogadora de dados; trampulleira
no xogo; libre no xeito de xacer con cregos, escola-
res, xograres etc.; transmisora de doenzas venéreas e
supersticiosa. Como nas outras soldadeiras, non se fai
ningunha referencia á súa arte.
Frecuentou as cortes de Fernando III e Afonso X e
participou nunha cruzada.
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29
Febreiro
1º Dobra a folla á metade e pega
2º Corta pola liña descontinua
María Pérez, A Balteira (Armea, Betanzos, 1ª metade século xiii)
A máis sonada das soldadeiras medievaisFebreiro
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10
Mércores de Cinza.Festivo local Pontevedra
Día internacional
contra a mutilación
xenital feminina
Día europeo
da saúde sexual
Día pola igualdade
salarial
Martesde Entroido.Festivo local Ourense
Leonor Garrida
(¿?, 1ª metade do século xv)
Cirurxiá
Leonor, de quen non temos apenas datos, exerceu
como cirurxiá en substitución do seu home ao enviu-
var. Non hai constancia de onde adquiriu os coñece-
mentos que lle permitiron alcanzar a condición de
mestra. A hipótese máis probable é que axudase ao
seu marido e mesmo que fose a encargada de asistir
aos partos.
Sabemos do seu labor porque, en 1429, o concello
de Santiago acorda outorgarlle unha exención de
impostos en recoñecemento á calidade dos servizos
que prestaba como cirurxiá na cidade.
A incorporación das mulleres ao mundo laboral foi
un feito desde o século xiii e, no mundo urbano,
aparecen no servizo doméstico, na confección, a
hostalaría e a alimentación, no traballo artesanal e
na industria, como mestras e como boticarias.
Marzo
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
1º Dobra a folla á metade e pega
2º Corta pola liña descontinua
Leonor Garrida (¿?, 1ª metade do século xv)
CirurxiáMarzo
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
29 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7
Reconquista de Vigo.Festivo local Vigo
Día internacional das mulleres
María Castaña
(Pobra do Brollón, século xiv)
Símbolo da resistencia das labregas ao poder
feudal
Vivía no Couto de Cereixa, nas terras de Lemos e
Quiroga, e, nun enfrontamento co mordomo do bis-
po de Lugo, ela, o seu marido e os seus fillos feriron
de morte ao recadador. En 1386, a familia dóalle
canto posúe á catedral de Lugo como sanción e pago
para poder recibir enterramento en sagrado.
Ata aquí chega a documentación histórica, máis dela
derívase que María Castaña encabezou unha revolta
contra o señor feudal, frei Pedro López de Aguiar, a
fins do século xiv. Episodios de loita como este e ou-
tros semellantes amosan a participación das mulleres
na resistencia contra os abusos dos señores feudais
na defensa dos intereses labregos.
Abril
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30
1º Dobra a folla á metade e pega
2º Corta pola liña descontinua
María Castaña (Pobra do Brollón, século xiv)
Símbolo da resistencia das labregas ao poder feudalAbril
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 517
lun mar mér xov ven sáb dom
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
Beatriz de Castro
(Ourense, século xv)
Recoñecida mediadora e autoridade ourensá
do século xv
Pertencente á baixa nobreza, ao quedar viúva en
1440, ocupou un destacado papel pola súa capacida-
de de intervención nos asuntos públicos da cidade.
Actuou fundamentalmente como mediadora, por
exemplo, ao outorgar unha carta de seguro en prol
dos mercadores composteláns que temían ir á feira
de San Martiño, o que dá unha idea do recoñece-
mento e o poder social que tiña. Tamén denunciou
ante o Concello os agravios recibidos da xente do
bando episcopal.
Ao igual que moitas mulleres da aristocracia, tivo
en propiedade bens mobles e inmobles, rendas
derivadas do sistema foral e beneficios eclesiásticos
que xestionou soa ou en colaboración dos homes da
familia.
Maio
1º Dobra a folla á metade e pega
2º Corta pola liña descontinua
Beatriz de Castro(Ourense, século xv)
Recoñecida mediadora e autoridade ourensá do século xvMaio
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2
Día internacional das mulleres
pola paz e o desarme
Día internacional
contra a homolesbo-
transfobia
Día internacional
da acción pola saúde
das mulleres
Elvira Rodríguez (¿?, século xv)
Símbolo da toma de conciencia fronte as agre-sións masculinas
Sen datos da súa biografía, sabemos que foi ferida
polo seu home e abandonou o domicilio para acudir
á autoridade xudicial da cidade de Ourense e esixir
compromisos para retomar a convivencia. O resulta-
do quedou recollido nun documento notarial do 3
de abril de 1465 que rexistra a confesión pública de
malos tratos, o arrepentimento do marido e o seu
compromiso de tratala ben á vez que lle pide que
volva a casa. Como garante o home empeña a súa
persoa e os seus bens.
Tamén na mesma cidade, hai rexistrada unha denun-
cia feita por Teresa Gómez (1458) por un intento de
violación co testemuño do cóengo da catedral. Estes
datos amosan a toma de conciencia individual e
colectiva fronte a este delito que, se era probado en
xuízo, castigábase coa pena capital.
Xuño
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30
1º Dobra a folla á metade e pega
2º Corta pola liña descontinua
Xuño
Elvira Rodríguez (¿?, século xv)
Símbolo da toma de conciencia fronte as agresións masculinas
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3
4 5 6 7
Día internacional
do orgullo lgtbqi
Isabel Barreto de Castro(Pontevedra, 1567 – ¿Castrovirreina, Perú?, 1612)
Primeira e única Almiranta da navegación española
Neta de Francisco Barreto, quen fora gobernador
das Indias portuguesas, sábese que estaba en Perú
cara 1585, onde se trasladara coa súa familia e que
casou co Adelantado Álvaro Mendaña de Neira. En
1595, xunto ao seu marido, embarcou rumbo ao Pa-
cífico. A inusitada presenza dela e doutras mulleres
no navío foi protestada por pilotos e mariñeiros.
A expedición chegou ás Illas Marquesas e ás Illas
Salomón, onde Mendaña enfermou e morreu
deixando a Isabel como xenerala e gobernadora da
expedición e Adelantada do mar océano. Ao mando
do galeón Santa Isabel decide pór rumbo a Filipinas.
En terra casa con Fernando de Castro e parece que
regresan a Perú onde se perde o seu rastro.
Xullo
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
1º Dobra a folla á metade e pega
2º Corta pola liña descontinua
Xullo
Isabel Barreto de Castro(Pontevedra, 1567 – ¿Castrovirreina, Perú?, 1612)
Primeira e única Almiranta da navegación española
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
27 28 29 30 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
1 2 3 4
San Bieito.Festivo local Pontevedra
Rosa María de Castro y Centurión (¿?, 1691 – Madrid, 1772)
XII condesa de Lemos e IX marquesa de Sarria
En 1741 accede ao posto de camareira maior da
raíña, que funcionaba como un cargo político, xa
que tiña a decisión de aproximar ou distanciar unha
familia nobre da protección real o que lle permitía
participar en importantes decisións da vida pública.
A condesa centrouse tamén na administración e xes-
tión do patrimonio do condado de Lemos. Desde a
súa posición na corte, manterá un contacto continuo
cos seus administradores galegos, como documenta a
súa correspondencia.
De pensamento ilustrado, levou a cabo políticas
sociais reformistas como o proxecto de renovar a
actividade do Colexio de Nosa Señora da Antiga ou a
conservación da biblioteca.
Agosto
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31
1º Dobra a folla á metade e pega
2º Corta pola liña descontinua
Agosto
Rosa María de Castro y Centurión (¿?, 1691 – Madrid, 1772)
XII condesa de Lemos e IX marquesa de Sarria
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8
San Roque.Festivo local Vigo
María Vinyals y Ferrés (Soutomaior, 1875 – ¿?, 1940–1945)
A Marquesa Roja
Muller moi culta, destacou nos ambientes culturais e
relacionouse con Emilia Pardo Bazán, María Barbeito ou
Carmen de Burgos.
Marquesa por matrimonio, dedicouse a escribir en
revistas nacionais e internacionais e, en 1906, foi no-
meada académica non numeraria da rag con outras 14
escritoras. Foi presidenta da Unión Ibero-Americana de
Madrid, unha das pioneiras do feminismo, e reclamou
educación, dereito ao voto e igualdade de oportunida-
des a través de cartas, relatorios e artigos.
Viúva, casou con Enrique Lluria con quen, como herdei-
ra do marqués de Mos, se trasladou a Soutomaior. Entre
1909 e 1910 construíron o primeiro sanatorio de Galicia
que foi boicoteado polas ideas socialistas da parella e
tiveron que pechar. En 1917 implicáronos na folga xeral
e quitáronlles o castelo.
Despois marchan a Cuba onde sigue publicando e co seu
labor feminista. Participa na Unión de Mujeres Españolas.
Setembro
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30
1º Dobra a folla á metade e pega
2º Corta pola liña descontinua
María Vinyals y Ferrés (Soutomaior, 1875 – ¿?, 1940–1945)
A Marquesa RojaSetembro
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 1 2
3 4 5 6
Día internacional
da bisexualidade e contra a
explotación sexual e a trata
Marcela e Elisa Elisa Sánchez Loriga (A Coruña, 1862 – ¿?) e Marcela Gracia Ibeas (Burgos, 1867 – ¿?)
Primeiro «matrimonio sen home» rexistrado
no Estado español
Iniciaron a súa relación na Escola Normal da Coruña.
En 1888 comezan a traballar como mestras xuntando os
seus destinos para convivir.
En 1901 simulan enfadarse, e Elisa abandona Dumbría
mentres Marcela anuncia que vai casar cun curmán de
Elisa, de gran parecido con ela. Elisa transfórmase en
Mario e arranxan os papeis para a voda, que se celebra
o 8 de xuño de 1901.
Volven a Dumbría, onde son descubertas e postas en
busca e captura. Foxen a Porto e son detidas, xulgadas e
absolvidas. Reciben apoio popular.
Finalmente Portugal acepta a solicitude de extradición
e foxen a Bos Aires acompañadas da filla que tivera
Marcela. Alí Elisa casa cun home para poder retomar a
convivencia con Marcela e volven a ser descubertas.
A súa historia tivo un gran seguimento na prensa da
época. Con todo, a acta matrimonial nunca foi anulada.
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31
Outubro
1º Dobra a folla á metade e pega
2º Corta pola liña descontinua
Outubro
Marcela e ElisaElisa Sánchez Loriga (A Coruña, 1862 – ¿?) e Marcela Gracia Ibeas (Burgos, 1867 – ¿?)
Primeiro «matrimonio sen home» rexistrado no Estado español
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
26 27 28 29 30 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31 1 2 3
Día internacional das mulleres
rurais
Día mundial da inter-
sexualidade
85 aniversario
do voto feminino
Irene González (A Coruña, ¿?)
Unha das pioneiras mundiais na práctica do fútbol
Comezou xogando no Orillamar nos campos da
Estrada e Fortaleza, na cidade da Coruña, na década
de 1920. Chegou a ser moi popular e os rivais e
compañeiros —xa que xogou sempre en equipos de
homes— parece que a trataban como unha igual.
Xogaba como gardameta e despois tamén foi capita-
na no equipo que ela mesma formou, o club federa-
do Irene C.F. co que xogaban por toda a provincia.
Os campos enchíanse de xente para vela xogar e o
equipo cobraba unha entrada pola exhibición que
logo repartían.
Cara a 1928, enfermou de tuberculose e, aínda que
se organizou un partido para recadar fondos cos que
poder axudala, morreu por mor da doenza.
Novembro
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30
1º Dobra a folla á metade e pega
2º Corta pola liña descontinua
Dolores Blanco Montes (Cangas, 1885 – 1947)
Dirixente sindical
De profesión atadora e afiliada á cnt, de 1935 a
1936 foi presidenta da sociedade de resistencia «La
Reivindicadora» que aglutinaba as traballadoras
das conserveiras de Aldán, Cangas e Hío. Estivo
presa nas folgas de 1932 e 1933 e en 1935 polo seu
activismo sindical. O 11 de agosto de 1936 é detida
e sobrevive a un «paseo» en Mogor (A Revolta) do
cal resulta ferida cun tiro nun brazo e foxe ata que
puido regresar á súa casa. Tempo despois volvérona
prender e estivo na Escola Normal de Pontevedra,
habilitada como cárcere, durante ano e medio. Foi
xulgada por rebelión e sentenciada a prisión de 12
anos e 1 día, que cumpriu no Penal de Saturrarán
(Guipúzcoa) ata que lle conmutaron a pena o 23 de
agosto de 1942.
Decembro
Novembro
Irene González (A Coruña, ¿?)
Unha das pioneiras mundiais na práctica do fútbol
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8
San Martiño.Festivo local Ourense
Día internacional
de loita contra a violencia
de xénero
Día internacional
da memoria transexual
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31
1º Dobra a folla á metade e pega
2º Corta pola liña descontinua
Dolores Blanco Montes (Cangas, 1885 – 1947)
Dirixente sindicalDecembro
luns martes mércores xoves venres sábado domingo
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1
2 3 4 5
Índice
Xaneiro Urraca I
Febreiro María Pérez, A Balteira
Marzo Leonor Garrida
Abril María Castaña
Maio Beatriz de Castro
Xuño Elvira Rodríguez
Unidade de Igualdade
Xullo Isabel Barreto de Castro
Agosto Rosa María de Castro y Centurión
Setembro María Vinyals y Ferrés
Outubro Marcela e Elisa
Novembro Irene González
Decembro Dolores Blanco Montes
Queremos agradecer o traballo de investigación e divulgación feito por Aurora
Marco, Silvia Cernadas Martínez, as autoras da Historia das mulleres en Galicia e as
participantes e a coordinadora do Álbum de mulleres do Consello da Cultura Galega,
Marián Mariño Costales, no que se basea a información recollida neste calendario.