Download - Prosa medieval
PROSA
MEDIEVAL
INTRODUCIÓN
A prosa literaria galego-portuguesa é máis escasa, serodia e menos orixinal
que alírica. Os primeiros textos datan do XIII e foron versión de textos
bíblicos con afán divulgativo ou escritos de tipo notarial.
O texto máis antigo en prosa glego-portuguesa é a Noticia de torto, 1213.
Tamén nestas datas temos o Testamento de Afonso II (1214) e o Foro do bo
burgo de Castro Caldelas (Allariz, 1228).
A prosa literaria aparecerá máis tarde, cara finais do XIII, e claramente
vinculada ás cortes reais, que exerceron de mecenas para copiar, traducir
ou versionar textos inspirados na cabalería feudal ou cristiá.
Falaremsos de catro tipos de prosa: LITERARIA, HISTÓRICA,
HAXIOGRÁFICA e TABELIONÍCA.
PROSA LITERARIA
A prosa medieval galega agrúpase en dous grandes ciclos: a Materia de Bretaña e a
Materia de Troia.
MATERIA DE BRETAÑA
As lendas bretonas gozaron de gran popularidade en toda Europa e xiran arredor da
figura do mítico rei Artur e os Cabaleiros da Táboa Redonda. O tema da procura do Grial é
fundamental na literatura galega, aínda que ten procedencia francesa. Conservamos
fragmentos de:
Libro de Xosé de Arimatea: historia do xudeu que recolle o sangue de Cristo nunha
cunca, o Santo Grial, ca empregado na última cea. Por mandado de Deus vaia Gran
Bretaña e alí ficará o cáliz. Copia do XVI.
Libro de Merlín: Fragmento que conta as profecías do mago anunciando os tempos do
cabaleiro predestinado ao rescate do Grial. Manuscrito do XVI.
A Demanda do Santo Grial: narra as aventuras dos cabaleiros do rei Arturo, Perceval,
Galaaz e Boor, que saen na busca do Grial. Manuscrito do séc XV.
Libro de Tristán e Isolda: fragmento que narra os amores tráxicos dos amantes.
Redactado a finais do XIV.
PROSA LITERARIA
MATERIA DE TROIA
A guerra de Trioa tivo tamén grande éxito na Europa do século XII como materia narrativa
a través das falsas traducións. Nelas inspirouse Benoît de Sainte-Maure cara 1165 par a
compoñer Le Roman de Troie, que dará lugar as versións medievais europeas.
Estes textos ofrécennos unha visión imaxinaria da Grecia clásica, que comeza coa
conquista do toisón ou vélaro de ouro por parte de Xasón e remata coa morte de Ulises.
As traducións realizáronse en Betanzos o Pontedeume por mandato do conde Fernán
Pérez de Andrade.
Crónica troiana: Tradución do castelán rematada en 1373.
Historia Troiana: Tradución do castelán de final do XIV. Texto bilingüe, incompleto,
con 140 folios en castelán e 80 en galego.
PROSA HISTÓRICA
Na historiografía galega consérvanse textos que tiñan carácter propagandístico, versións
e traslacións de orixinais latinos e casteláns.
Crónica Xeral Galega: Tradución da castelán Cronica General de Castilla, aínda que
con incorporacións doutras obras, conservamos un manuscrito de comezos do XIV .
General Estoria: Escrita no XIV. É unha versión galega da castelá de Afonso X, na
que se narra a historia dende a aparición do home ata a era do monarca.
Crónica do Mouro Rasís: Escrita a inicios do XIV.
Crónica Galega de 1404: Escrita orixinalmente en galego. Conservamos tres
manuscritos do XV. Catro partes: 1ª abrangue dende a creación ata os visigodos, a 2ª
narra a historia dos pobos xermanos, que viñeron á península e a invasión musulmana, a
3ª vai de Ramiro I ata Fernando III e a 4º finaliza con Henrique de Castela.
Crónica de Santa María de Iria: Obra do XV, feita por Rui Vasques. Conta as
grandezas da igrexa de Iria e arrinca co esquema das idades do mundo ata chegar a
Diego Xelmírez.
PROSA HAXIOGRÁFICA
Son textos que tratan do culto, vida e milagres dos santos, de gran tradición desde os
comezos do cristianismo. Conservamos algúns na prosa galego-portuguesa:
Os Milagres de Santiago: Tradución incompleta do Códice Calixtino, manuscrito
latino do XII, redactada a finais do XIV ou comezos do XV por tres escribas difetentes:
a) Catro milagres de Santiago, vida e paixón de Pilatos e translación da cabeza
de Santiago Alfeo.
b) O Pseudo-Turpín narra as supostas fazañas de Carlo Magno en España.
C) Unha guía de peregrinos que describe a cidade de Santiago e a catedral.
Visió de Túndalo: Versións de finais do XIV e comezos do XV en galego-portugués.
Narra unha visita dun cabaleiro irlandés, Túndalo, ao Inferno, ao Purgatorio e ao Paraíso.
Ecos da tradición das lendas celtas.
Vida de Barlaan e Josafat: Atribuído a Hilario Lurinhã; é do séc. XIV. Adaptación
cristiá da vida de Buda.
PROSA TABELIÓNICA
Agrupamos aquí escritos variados pero con finalidade sempre utilitaria:
1. TEXTOS XURÍDICOS: O galego foi empregado con normalidade na documentación
pública e privada nos séculos XIV e XV. Conservamos:
a) Livro da Teença do Orreo (1438)
b) Regra da Confraría de Santa Tegra da Guarda (comezos XVI)
c) Livro dos Cambeadores de Santiago e Ordenanzas dos Acibecheiros de
Santiago
d) As Sete Partidas de Afonso X, fragmentos de tradución galega e portuguesa
e) Fragmentos doutros documentos: Flores de Dereito, Foro Real, Foro Xuzgo,
Ordenamento de Alcalá de 1348 e os Foros de Castelo Rodrigo.
2. TEXTOS DIDÁCTICOS:
Tratado de Albeitaría, tratado sobre a cura de cabalos. Conservamos dous volumes, un de
1318 redactado por Giraldo e outro de comezos do XIV, do notario Baiona Álvaro Eans de
Seira
3. OUTROS TEXTOS: Fragmentos da Arte de Trobar, traducións da Biblia, entre outros.
ACTIVIDADES
1
3. Busca información sobre: Aquiles, Menelao, Patroclo, Héctor, Helena e o cabalo de Troia.
4. Indaga…
a)Con quen estaba casada Helena de Troia?
b)De quen se namorou?
c)Que dous pobos se enfrontaron na guerra de troia?
d)Cal era o punto débil de Aquiles?
e)De que engano se serviron os gregos para vencer os troianos?
f)Quen era Ulises?
g)Quen era Xosé de Arimatea?
h)Onde nos gusta aos galegos/as localizar o Santo Grial?
5. Clasifica os seguintes títulos de prosa medieval: Xeral Historia, Milagres de Santiago,
Crónica de Santa María de Iria, Crónica Xeral Galega, As Sete Partidas, Testamento de
Afonso X, Visión de Túndalo, Tratado de Albeitaría.
6. Acode á biblioteca ou á rede e busca títulos de, cando menos, seis obras literarias
actuais que recollan o legado do Ciclo Artúrico ou da Materia de Bretaña.
TEXTO TROIA
1. Enumera Cales son as principais diferenzas ortográficas cos textos actuais. A
que cres que se deben esas diferenzas? Que palabras non se usan hoxe e
cal é o seu significado?
2. Resume o argumento e sinala a que libro de prosa dos citados na explicación
pertence.
TEXTO XENEBRA
1. Cantos personaxes aparecen no texto?
2. Quen está narrando a historia?
3. A que ciclo pertence a historia?
4. Que ideal cabaleiresco aparece recollido no fragmento?
5. Como é descrita a raíña Xenebra no texto? Por que?