Download - Os movementos da terra
Os movementos da Terra
A Terra presenta dous movementos importantes: o de rotación e o de traslación.
No movemento de rotación a Terra xira sobre o seu eixe de oeste a leste. Tarda 24 horas e orixina os días e as noites.
Movemento de traslación
É o desprazamento da Terra arredor do Sol. Tarda un ano e orixina as estacións.
Como o eixe da Terra está inclinado, o Sol non sempre ilumina igual ambos hemisferios.
Cando o Sol ilumina con máis intensidade un hemisferio, ahí será verán e no outro hemisferio será inverno.
O día do ano en que temos máis horas de luz é o 21 de xuño. Ese día recibe o nome de solsticio de verán.
O día do ano en que temos menos horas de luz é o 22 de decembro. Ese día recibe o nome de solsticio de inverno.
Hai dous días no ano en que temos igual número de horas de luz como de escuridade.
Reciben o nome de equinoccios, e son o 21 de marzo (equinoccio de primavera) e o 22 de setembro (equinoccio de outono)
A Lúa é o noso satélite
Xira arredor da Terra e, dependendo da súa posición, presenta diferentes aspectos chamados fases lunares.
Lúa nova, cuarto crecente, lúa chea e cuarto minguante.
As mareas son subidas e baixadas do nivel do mar.
Prodúcense pola atracción da gravidade do Sol e da Lúa.
Divídense en mareas vivas (o mar sube moito e baixa moito) e mortas (o mar sube pouco e baixa pouco)
Nas vivas o Sol, a Lúa e a Terra están en liña recta. Nas mortas forman un ángulo recto.
Nalgúns lugares do mundo as mareas inflúen grandemente na vida diaria da xente.
Un eclipse de Sol prodúcese cando a Lúa impídenos ver o Sol.
Un eclipse de Lúa prodúcese cando a sombra da Terra impídenos ver a Lúa.
Cando o eclipse de Sol é completo, observamos algo así:
Aquí podemos apreciar distintos momentos dun eclipse de Lúa.
Pouco a pouco, a sombra da Terra vai ocultando a Lúa.