Download - Orixe e evolución
ORIXE DA VIDA E EVOLUCIÓN
Profesores: Adán Gonçalves, Maria del Carmen Cerviño e Marcos Perille
¿Que compartimos todos
os seres vivos?
DE QUE ESTÁ FEITA A VIDA?
DE QUE ESTÁ FEITA A VIDA?
A materia viva, igual que a inerte, está costituída por elementos químicos.
O que varía é a porcentaxe de cada elemento e como se combinan entre sí.
Os elementos que forman parte da materia viva chámaselles bioelementos.
Se fixéramos unha análise química dos elementos que compoñen a materia
viva observaríamos que forman parte dela uns 70 elementos, aínda que
somente uns 23 teñen certa abundancia e cumpren unha función relevante.
De feito, a materia viva non está formada polos elementos máis
abundantes na codia terrestre.
Os máis importantes, denominados bioelementos primarios son C, H, O, N,
P e S.
A auga (formada por H e O) e o carbono ( C ) constitúen máis do 90% da
materia viva;
Por que?
DE QUE ESTÁ FEITA A VIDA?
A auga é un bo disolvente , esto permítelle desempeñar tres funcións vitais:
- Ser o lugar onde suceden as reaccións químicas.
- Ser o medio de transporte (sangue, hemolinfa...)
- Disolver multitude de substancias.
A estrutura do carbono, que posibilita que estableza catro enlaces moi
estables con outros átomos permite unha grande variedade de moléculas.
As moléculas que forman a materia viva denomínanse biomoléculas. Poden ser
inorgánicas ( auga e sales minerais) se non son exclusivas dos seres vivos, ou
orgánicas (glícidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos) se so aparecen na
materia viva. No caso das proteínas o N é un elemento primordial.
DE QUE ESTÁ FEITA A VIDA?
Ademais de materia, para que haxa vida precísase enerxía. Esta enerxía obténse
de reaccións químicas nas que intervén materia orgánica. Por exemplo a
respiración celular.
A materia orgánica fabrícase fundamentalmente a través dun proceso denominado
fotosíntese que levan a cabo as plantas, as algas e algunhas bacterias.
Dependendo de onde obteñen os organismos a materia orgánica podemos falar de:
Organismo autótrofos: fabrican materia orgánica a partir de inorgánica (sales
minerais e auga básicamente). Son por exemplo todos os organismos
fotosintéticos (plantas, algas e bacterias fotosintéticas).
Organismos heterótrofos: teñen que alimentarse doutros seres vivos para
obter materia orgánica. Por exemplo todos os animais.
QUE É A VIDA?
Nun principio parece ésta unha pregunta sinxela de respostar, pero o certo é
que non temos unha definición de consenso entre a comunidade científica.
Vexamos algúns exemplos:
“ A vida é desequilibrio” De Duve (Bioquímico)
“ A vida é unha rexión onde se incrementa a orde en ciclos movidos por un
fluxo de enerxía” Carl Sagan (Astrofísico)
“A vida é información e ADN replicable (mediante proteínas) ao abrigo dunha
membrana” Chris McKay (Astrobiólogo)
“A vida é unha equivocación” Ken Olsen (Astrobiólogo)
“Polo complicada que é, case un milagre” Francis Crick (Bioquímico)
QUE É A VIDA?
Visto o complicado que é definir a vida; o que normalmente facemos é definir
que caracteriza a vida.
Os seres vivos realizan tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.
Estas tres funcións permítennos diferenciar o vivo do inerte.
Aínda así, as veces preséntanse problemas.
Por exemplo, un virus é un ser vivo?
Certamente non, non se nutre, non se relaciona e únicamente pode
reproducirse; pero a ninguén se lle escapa que non ten as mesmas
características que unha rocha ou unha mesa.
Por este motivo, considéranse a fronteira da vida; son partículas infecciosas
como os prións, ou os viroides.
En definitiva, para que haxa vida...
QUE É A VIDA?
… deben realizarse as tres funcións vitais.
A unidade básica da vida que pode desempeñar esas funcións denominámola
célula.
Polo tanto, para que haxa vida debe haber células.
A ORIXE DA VIDA- CIENCIA E RELIXIÓN
Neste apartado convén deixar claro que:
Os textos relixiosos (Biblia, Corán...) non explican a orixe da materia orgánica
e limítanse a expoñer unha crenza propia sobre a Creación. Por exemplo a
Xénese expón que o Universo creouse en 6 días.
Non corresponde a Ciencia negar ou reafirmar unha crenza.
A Ciencia correspóndelle propoñer explicacións baseadas na metodoloxía
científica.
A ORIXE DA VIDA- A XERACIÓN ESPONTÁNEA
A Xeración Espontánea foi unha idea que persistíu dende a
Grecia Clásica ata o século XIX e que deu orixe a múltiples
hipóteses sobre a orixe da vida.
A grandes rasgos poderíamos resumila dicindo que era
posible que xurdira de xeito espontáneo materia viva a
partir de materia inerte.
Tivo como defensores destacados o científico Van
Helmont (s. XVII) e o sacerdote-científico John
Needham (s. XVIII). Van Helmont chegou a propoñer
unha receita para obter ratos en 21 días a partir de roupa
sucia.
J. Needham
Van Helmont
A ORIXE DA VIDA- A XERACIÓN ESPONTÁNEA
O EXPERIMENTO DE NEEDHAM
En 1745 ferveu trozos de carne para descontaminalos. A pesar desto
desenvolvéronse colonias de microorganismos sobre a carne, polo que chegou a
conclusión de que éstes orixinábanse espontáneamente.
A razón debíase a que Needham non selou correctamente os recipientes para
evitar a contaminación por parte dos microorganismos do aire.
En todo caso, Needham pensaba que o aire era indispensable para a vida,
incluso no proceso da xeración espontánea, xa que posuía o que chamou a
“forza vital”.
A ORIXE DA VIDA- A XERACIÓN ESPONTÁNEA
Entre os principais opositores destacan F. Redi (XVI), Spallanzani (XVIII)
e Louis Pasteur (XIX) que foi quen elegantemente refutou de xeito
definitivo a idea.
O EXPERIMENTO DE SPALLANZANI
Spallanzani contemporáneo de Needham refutou os
resultados deste a través de experimentos similares
aos de Needham, pero prolongando o quecemento e
selando con máis coidado.
En todo caso Needham nunca aceptou estes
resultados por considerar que o selado impedía a
entrada do aire e polo tanto, eliminaba a “forza
vital”.
A ORIXE DA VIDA- A XERACIÓN ESPONTÁNEA
O EXPERIMENTO DE REDI
Redi non estaba convencido como se decía na súa época que os vermes
xurdiran espontáneamente da carne podrida. Para comprobalo fixo o
seguinte experimento:
1. Observou que se a carne non está cuberta as moscas pósanse nela
constantemente e pasado un tempo aparecen vermes.
2. Co tempo os vermes transfórmanse en estruturas inmóbiles e
ovaladas.
A partir destas observacións diseñou un experimento de xeito que
deixou carne empodrecer, pero unha parte a tapou cunha teliña e outra
non.
Pasado un tempo só a carne descuberta desenvolveu vermes.
Concluíu que os vermes proceden da posta das moscas, pero se a carne
está cuberta as moscas non poñen os ovos nela e non se orixinan vermes.
A ORIXE DA VIDA- A XERACIÓN ESPONTÁNEA
PASTEUR: O EXPERIMENTO DEFINITIVO
Como a maioría dos defensores da xeración espontánea escudábanse para refutar os
experimentos dos detractores en que o selado ou a disposición de telas podía interferir
na entrada da “forza vital”; Pasteur deseñou un intelixente experimento que botou por
terra calquera posibilidade de refutación:
Deseñou uns matraces con colo curvo (“colo de cisne”) que permitían evitar a
contaminación polo aire, pero que non suporían impedimento ningún a suposta “forza
vital”.
Queceu un caldo de cultivo en matraces deste tipo e observou que non desenvolvían
microorganismos.
Tamén observou que se se inclinaban en pouco tempo aparecían microorganismos, polo
que quedaba demostrado que era o aire contaminado con eles o que provocaba a súa
aparición e non constituían unha xeración espontánea.
PASTEUR: O EXPERIMENTO DEFINITIVO
A ORIXE DA VIDA- A XERACIÓN ESPONTÁNEA
Vídeo: Xeración espontánea
Pero se non existe a xeración espontánea,
Como xurdiu a vida no noso
planeta?
O rastro máis antigo de actividade biolóxica atopouse en rochas de hai uns
3.800 m.a.
A Terra primitiva, onde se orixinou a vida, tiña características diferentes ás
actuais:
• A atmosfera era moi diferente á actual. (Abundancia de CO2, metano e
vapor de auga e ausencia de osíxeno (atmosfera redutora).
• As radiacións ultravioleta chegaban á superficie terrestre, ao non haber
ozono.
• Atopábase sometida ao impacto de meteoritos, polo que o ambiente era
pouco estable.
Hai varias hipóteses sobre a orixe da vida na Terra:
• A síntese prebiótica.
• As chemineas hidrotermais submarinas.
• A panspermia.
A ORIXE DA VIDA- O PUNTO DE PARTIDA
Foi proposta por Oparin e Haldane. Sostiña que a vida puido orixinarse na Terra
como consecuencia dun proceso que tería lugar en varias fases:
1.Formación de moléculas orgánicas sinxelas. Estas formaríanse a partir dos
gases que compoñían a atmosfera primitiva (hidróxeno, metano, amoníaco e vapor de
auga), ao estar expostos á radiación ultravioleta e ás descargas eléctricas
producidas nas tormentas. Como a atmosfera era reductora (non tiña osíxeno) non
se oxidaban e degradaban estas moléculas orgánicas.
2.Formación de moléculas orgánicas complexas, orixinadas a partir da combinación
das anteriores, que se acumularían nos océanos formando a sopa ou caldo primitivo
(sopa prebiótica).
3.Formación de coacervados. Algúns dos compostos organizados uniríanse
formando esferas ocas, chamadas coacervados. No seu interior quedarían pechadas
moléculas capaces de facer copias de si mesmas.
Teoría da síntese prebiótica (Oparín e Haldane)
Teoría da síntese prebiótica (Demostración de Miller)
O experimento realizado por Stanley
Miller demostrou que nas condicións
propostas por Oparin e Haldane era
posible a síntese de moléculas orgánicas.
Aminoácidos
e outros
compostos
orgánicoss
Obxecións á teoría da síntese prebiótica
Estudos recentes demostran que a atmosfera primitiva non era tan redutora como
pensaban Oparin e Haldane.
A sopa prebiótica probablemente estaba máis diluída do establecido no
experimento de Miller o que dificulta a síntese de compostos orgánicos complexos.
Para superar estas obxecións propuxéronse outras hipóteses sobre a orixe da vida na
Terra.
As chemineas hidrotermais submariñas
Nas fumarolas volcánicas ou chemineas
hidrotermais submariñas atópanse os
organismos máis primitivos coñecidos
(bacterias resistentes ás altas temperaturas)
que posúen características que as fan
axeitadas para ser o lugar onde se orixinou a
vida:
As emanacións volcánicas poderían aportar as
combinacións de gases necesarias para a
síntese de moléculas orgánicas.
Presentan cavidades onde podería formarse
unha sopa primitiva máis concentrada.
Propician un ambiente máis redutor.
Obxecións á teoría das fumarolas volcánicas
As fumarolas volcánicas son fenómenos temporais, algúns científicos consideran que
o tempo de permanencia das chemineas submariñas é insuficiente para a evolución
prebiótica que permitiu formar as primeiras moléculas orgánicas.
A Panspermia
A hipótese da panspermia sostén que os primeiros organismos vivos, ou os seus
precursores, se orixinaron fóra da Terra, e viaxarían ata aquí nun asteroide
ou cometa.
O feito de que se atoparan moléculas orgánicas nun meteorito e supostos
vestixios de microorganismos fósiles semellantes ás bacterias noutro fai que
se considere unha alternativa posible.
En todo caso, a panspermia explicaría como chegou a vida á Terra, non a súa
orixe.
Obxecións á teoría da panspermia
A química do carbono, que é a química da vida tal e como a coñecemos neste
planeta precisa unhas determinadas condicións (densidade, temperatura...) que
parece complicado que se den na superficie dun asteroide.
Sabemos que o espazo é un ambiente moi hostil para a vida entre outras cousas
polas radiacións interestelares que teñen carácter mutaxénico.
Aínda que os microorganismos sobreviviran a este perigoso viaxe é improbable
que poideran resistir a entrada do asteroide na atmosfera.
Nunca observamos ningún tipo de organismo no espazo exterior.
ABC, 20 de setembro de 2013
AS PRIMEIRAS CÉLULAS: A EVOLUCIÓN CELULAR
Unha vez que os compostos orgánicos quedaron pechados en membranas constituíndo un
sistema organizado fronte o desorden exterior, e adquiriron capacidade para
autoperpetuarse e catalítica podemos falar das primeiras células.
Como estas primeiras células atopábanse nun mar de moléculas orgánicas posiblemente
eran bacterias fermentadoras anaerobias que obtiñan materia e enerxía directamente do
ambiente ao seu arredor. Nun principio deberon reproducirse fácilmente, pero o consumo
dos recursos levaría consigo a aparición de relacións competitivas entre elas e a posible
extinción da vida nos seus inicios, pero a vida atopou unha vía de escape...
Temos indicios de que hai uns 3500 m.a. apareceu un xeito de fabricar materia orgánica a
partir de inorgánica, a fotosíntese osixénica, que producía entre outros produtos osíxeno
que pasou en último termo a atmosfera e consumía dióxido de carbono.
Este gas era tóxico para os anaerobios, moitos morreron, pero outros conseguiron
adaptarse.
AS PRIMEIRAS CÉLULAS: A EVOLUCIÓN CELULAR
Ata este momento os microorganismos estaban confinados aos mares; a capa de auga
os protexía das radiacións solares nocivas, pero a presenza de osíxeno na atmosfera
permitíu a formación da capa de ozono e a colonización dos medios terrestres por
parte dos seres vivos.
A existencia de osíxeno posibilitou tamén a aparición dun novo xeito de obter enerxía
moito máis eficaz que a fermentación, a respiración celular (que produce dióxido de
carbono e consome osíxeno) xurdiron os primeiros aerobios.
Ata este intre todos os organismos eran procariotas (células sen “verdadeiro núcleo”=
bacterias ou similares), pero hai 1400 m.a. algúns procariotas dos que conseguiron
adaptarse a esta nova atmosfera deberon ser absorbidospor outros de maior tamaño
sen ser dixeridos. Ambolos dous organismos segundo propón a teoría endosimbiótica
de Lynn Margulis comezaron a funcionar de xeito coordinado e deron lugar a unha
célula de maior complexidade: a célula eucariota.
A Teoría endosimbiótica
L. Margulis
AS PRIMEIRAS CÉLULAS: A EVOLUCIÓN CELULAR
Hai aproximadamente uns 700 millóns de
anos xurdiron os primeiros pluricelulares
(todos os pluricelulares son eucariotas).
A partir dese momento, os fósiles
encontrados son cada vez máis diversos e
aparecen en maior cantidade, polo que
se pode afirmar que unha verdadeira
revolución acelerou a evolución dos
organismos eucariotas pluricelulares cara
ás formas coñecidas hoxe en día.
Fungos, plantas e animais colonizaron os
distintos ecosistemas da Terra e
diversificáronse en millóns de especies
distintas.
A EVOLUCIÓN
Actualmente, ninguén (ou case) discute o proceso evolutivo, xa que temos probas
irrefutables, pero non sempre foi así...
A cabalo entre os séculos XVIII e XIX dous xeitos de ver o mundo natural
enfrontáronse. Estas dúas correntes de pensamento son o fixismo e o evolucionismo.
Fixismo: As teorías fixistas
O fixismo afirma que as especies son inmutables, é dicir que non sufriron cambios dende
que foron creadas. Ao longo da historia houbo e todavía hai, distintas teorías fixistas
baseadas nesta idea: Creacionismo (Linneo), Catastrofismo (Cuvier) e o Deseño intelixente.
As características das teorías fixistas son:
Visión antropocéntrica do mundo.
Idea dunha Terra duns 6000 anos de antigüedade.
Falsas evidencias de “sentido común” p.e.: a escala humana as especies non cambian.
Fixismo: Creacionismo
No século XVIII o botánico sueco, Carl Von
Linné (Linneo), consideraba que as especies
foran creadas dunha maneira independente,
permanecendo invariables ao longo do tempo.
Sostiña que “existen tantas especies diferentes
como formas creou o Supremo Creador”. Sobre esta
idea construiu o gran Sistema Natural de
clasificación de plantas e animais, que aínda se usa
hoxe en día.
Fixismo: Catastrofismo
En 1798, outro naturalista, o francés Cuvier,
propuso unha modificación da teoría anterior
aproveitando o descubrimento dos fósiles. O
catastrofismo de Cuvier explicaba a
existencia de fósiles como mostra dos seres
vivos que se extinguiran debido a grandes
catástrofes, como a do diluvio universal da
Biblia.
Despois de cada cataclismo, Deus creaba
novas especies animais e vexetais.
Fixismo: O Deseño Intelixente
O deseño intelixente parte da idea de que non é posible explicar a complexidade da vida
e das distintas especies que habitan o planeta por simple azar.
Establece polo tanto que hai un máximo facedor (Deus: o deseñador da vida) que é o
responsable da biodiversidade.
Vídeos: “A Herdanza do vento”
Evolucionismo: As teorías da evolución
Xa no século XVIII hai
naturalistas e científicos que
defenden unha idea
evolucionista, entre eles
destacan Buffon (fala dos
cambios para adaptarse) e
Erasmus Darwin (o avó de
Charles Darwin, que fala da
transmutación das especies).
Buffon
Erasmus Darwin
Evolucionismo: Lamarckismo
Ata principios do século XIX non se expuxo unha teoría sobre a
evolución. O seu autor foi Lamarck.
As súas ideas básicas son:
•Os organismos cambian necesariamente, tendendo a unha maior
complexidade e perfección.
•Os cambios nas condicións ambientais fan que as especies
modifiquen os seus hábitos. Os hábitos dos seres vivos
determinan os cambios que se producen neles: se un órgano se
emprega moito, desenvólvese, mentres que un que non se usa
atrofiarase. (Lei do uso e o desuso). A necesidade pode incluso
crear un órgano novo. (A función crea ao órgano).
•Os cambios adquiridos desta maneira, transmitiríanse á
descendencia. (Herdanza dos caracteres adquiridos)
Da acumulación progresiva destes cambios xurdiría unha nova
especie.
A evolución do colo das xirafas segundo Lamarck
Os antepasados das xirafas tiñan o colo pequeno, e alimentábanse de follas de arbustos e ramas baixas das
árbores. Cando comezaron a escasear, un impulso interno levounas a estirar cada vez máis o colo, para así poder
chegar ás ramas situadas a máis altura. Estes alongamentos, herdados xeración tras xeración, durante millóns de
anos, conduciron a aparición da especie actual.
Evolucionismo: Lamarckismo
O lamarckismo chamouse tamén teoría dos caracteres adquiridos, resaltando con iso un dos seus principais
erros, xa que as modificacións corporais adquiridas por un individuo non son transmisibles á descendencia. Só
poden transmitirse as modificacións xenéticas que afectan aos seus gametos.
Cada persoa fórmase a partir da célula ovo ou zigoto que se orixina na
fecundación, por unión dun óvulo e un espermatozoide. A información
xenética que transmiten os pais aos fillos é aportada soamente por esas
células, polo que calquera modificación que non lles afecte non poderá
ser transmitida aos descendentes.
A información xenética está contida no ADN, unha molécula con forma de
dobre hélice que se atopa fundamentalmente no núcleo de todas as
células e tamén nos gametos.
• A información contida no ADN para as distintas características dos seres vivos chámase xenotipo. O xenotipo é o conxunto de
instrucións que dirixen o desenvolvemento do organismo.
• As características que amosen os diferentes seres vivos dependen do seu xenotipo, pero tamén están determinadas polos
factores ambientais. Para referirnos ás características que amosa un individuo (resultado da interacción do xenotipo co medio
no que se atopa) utilizamos o termo fenotipo.
Evolucionismo: Os erros do Lamarckismo
Evolucionismo: Darwinismo
O naturalista británico Charles Darwin (1809-
1882), cando só tiña 22 anos, formou parte da
expedición científica que a bordo do Beagle deu a
volta ao mundo en 5 anos. Durante esta viaxe tivo
ocasión de recoller moitos datos a partir dos cales
deduciu unha nova teoría da evolución, que publicou
en 1859, estimulado pola competencia de Alfred R.
Wallace, que chegara ás mesmas conclusións ca el.
Na súa obra A orixe das especies, Darwin explica
que o proceso evolutivo baséase en dous factores:
a variabilidade da descendencia e a selección
natural.
Charles Darwin
Russel Wallace
Evolucionismo: Darwinismo
As ideas desta teoría son:
Nacen máis individuos de calquera especie que os que poden sobrevivir (os recursos
son limitados).
Entre os individuos existen diferenzas herdables.
Prodúcese unha selección natural, de maneira que os organismos que posúen unha
característica vantaxosa sobre os demais sobrevivirán e reproduciranse máis cós
outros.
A poboación vai cambiando gradualmente, xa que cada vez haberá máis individuos coa
variación vantaxosa.
Na poboación inicial todas as xirafas teñen
o colo curto
Na poboación inicial hai xirafas con colo de
diferentes tamaños
A necesidade de chegar ás ramas altas fai que o
colo vaia aumentando de tamaño
A capacidade de chegar ás ramas altas
proporciona unha vantaxe ás xirafas de colo longo, que sobrevivirán e se reproducirán máis cás
outras.
Co paso do tempo, as xirafas terán colos
longos Co paso do tempo, as
xirafas terán colos longos
Contraposición: Lamarckismo-Darwinismo
Os problemas e apoios do Darwinismo na súa época
Problemas:
Darwin non foi quen de explicar a orixe da variabilidade entre os individuos.
As ideas de Darwin chocaron frontalmente coas ideas predominantes na súa época.
Apoios:
Houbo unha amplia aceptación na comunidade científica.
A coincidencia nas conclusións cos estudos de Wallace no arquipélago malaio.
«Se son o avó de Darwin dedúcese, non o ves?, que o que é bo para o home e a besta é dobremente bo para min.»
“Es el mejor, la ciencia lo dijo y yo
no miento.”
Actividades
A imaxe amosa unha poboación de escaravellos marróns que
se alimentan de follas verdes.
Nun determinado momento aparece un escaravello que posúe
unha cor verde similar á das follas.
Describe os procesos que acontecen en cada imaxe.
Asocia cada idea de Darwin á imaxe que mellor a represente.
Cal sería a evolución desta poboación se se alimentara de
follas secas do solo?
Se unha poboación de escaravellos prefire as follas verdes e
outra as secas, como evolucionaría a súa cor?
Cabe a posibilidade de que unha variación resulte vantaxosa
nun ambiente e prexudicial noutro? Xustifica a resposta.
Actividades
Nun xornal aparece a seguinte noticia:
“Un 15% dos escolares sofre ataques de piollos en outono e inverno. Non se coñecen
con exactitude as causas das recentes epidemias, xa que a hixiene mellorou, pero
todo parece indicar que o DDT e outros insecticidas xa non lles fan efecto aos
piollos.”
Como explicaría este rebrote epidémico de piollos un lamarckista e como o faría un
darwinista?
Aínda que Mendel foi contemporáneo de
Darwin, este non coñeceu o seus
descubrimentos sobre as leis da herdanza.
O descoñecemento da xenética foi unha das
principais limitacións da teoría de Darwin, que
non explicaba como se orixinaba a variabilidade
entre os individuos dunha poboación nin como
se transmitían as variacións vantaxosas.
Os estudos de Mendel (dos que falaremos no
seguinte tema) foron redescubertos a
principios do século XX e permitían dar unha
explicación a variabilidade.
A Evolución depois de Darwin
A teoría sintética da evolución, formulada a mediados do século XX (Dobzhanski e
outros), reformulou a teoría da evolución por selección natural, aportando os
coñecementos da Xenética.
Esta teoría baséase nos seguintes puntos:
Non evolucionan os individuos, senón as poboacións (a selección natural actúa
sobre o conxunto de xenes da poboación).
A orixe da variabilidade está nas mutacións (cambios na secuencia de ADN dos
individuos).
Estas mutacións, ao ser ao azar, poden resultar neutras, prexudiciais ou
beneficiosas. Neste útimo caso, os individuos que as posúan serán favorecidos pola
selección natural.
Ao ser cambios no material xenético, as mutacións son herdables.
O cambio evolutivo é gradual e lento, debido á acción da selección natural sobre unha
poboación ao longo das xeracións. Debido a esta idea, a esta teoría chamóuselle
tamén gradualismo.
A Evolución depois de Darwin: A Teoría Sintética da evolución
Se a gran diversidade de organismos existentes procede dun antecesor
común, a evolución debe explicar, ademais dos cambios que levan a unha
especie a orixinar outra, como a partir dunha especie poden orixinarse
dúas ou máis.
O proceso polo que a partir dunha especie se forman dúas ou máis
chámase especiación.
O proceso de especiación comeza coa separación de dúas poboacións
(conxunto de individuos da mesma especie que viven xuntos nun
determinado momento e lugar) a partir dunha orixinal.
A separación pode ser xeográfica (especiación alopátrida) ou debida a
outros motivos (illamento reprodutivo, illamento comportamental...;
fálase de especiación simpátrida). Cada unha das dúas poboacións
comeza a evolucionar de maneira diferente, acumulando mutacións e
adaptándose ás novas condicións.
O proceso de especiación finaliza cando as os membros das dúas
poboacións orixinais xa non poden cruzarse e ter descendencia fértil.
Nese momento, hai dúas especies diferentes.
Poboación de escaravellos orixinal
A aparición dun río separa á poboación en dúas, que perden o contacto e a capacidade
de cruzarse entre elas
Despois de moitas xeracións, cada unha das poboacións presenta características xenéticas
diferentes
Aínda que o río seque, as dúas poboacións xa pertencen a especies diferentes e non
poden cruzarse
A Especiación
O Equilibrio Puntuado
En 1972, N. Eldredge e S. Jay Gould expuseron a teoría do equilibrio puntuado.
Esta teoría baséase esencialmente en datos obtidos do estudo do rexistro fósil:
No rexistro fósil é pouco frecuente atopar formas intermedias.
Tamén se observan longos períodos sen cambios ou con pequenos cambios (equilibrio).
Noutros puntos atopamos períodos curtos con grandes cambios.
En conclusión, para os defensores desta teoría: o proceso evolutivo non é sempre
gradual.
Esta idea de evolución non gradual, xa fora proposta polo xenetista alemán R.
Goldschmidt (1940) na súa teoría dos “Monstruos con esperanza”: determinadas
mutacións producen organismos totalmente diferentes que son o xerme da novidade
evolutiva. Polo tanto, a orixe das novas especies fundaméntase na aparición destas
macromutacións e o proceso sucede a saltos “SALTACIONISMO”.
Os autores desta teoría do equilibrio puntuado, non negan a existencia dunha evolución
gradual, pero indican que ésta so podería xerar a variación dentro dunha especie ou
entre especies moi próximas (microevolución) e que as diferenzas entre os grandes
grupos taxonómicos deberíanse a cambios máis rápidos e puntuais (macroevolución).
En definitiva, a evolución sucede basicamente de forma irregular, con paradas bruscas e
aceleróns.
O proceso podería ocurrir por mutacións en xenes reguladores doutros xenes (EVO-
DEVO) que provocarían auténticas macromutacións e, en consecuencia, un cambio rápido
das especies (aparición de aves e mamíferos a partir de réptiles, cormófitas a partir de
talófitas...).
O Equilibrio Puntuado
O Equilibrio Puntuado
Cambios graduales
Sen cambios éstase
Cambios bruscos
Cladoxénese
Este modelo supón: O proceso de formación de
especies está entre 5.000 e 50.000 anos .
Os fósiles mostran que unha
especie non cambia substancialmente na súa existencia (éstase)
O mecanismo evolutivo é
rápido e por ramificación (cladoxénese)
A Evolución: Un feito ou unha teoría?
En ocasións dise que a evolución é un feito contrastado, pero tamén se fala de
"teorías" evolutivas. Significa isto que hai discrepancias entre os científicos á hora de
valorar a evolución e a súa consistencia?
En ciencia, un feito é algo que está confirmado. Por exemplo, que a Terra xira arredor do Sol.
Os feitos deben ser explicados por teorías; éstas poden facelo mellor ou peor, pero
non poden negalos. En calquera caso, que unha teoría non consiga explicar ben un feito, non
anula nin permite cuestionar ese feito. Así, os científicos poderán explicar ben ou mal porque
xira a Terra arredor do Sol, pero a Terra non deixará de xirar se a explicación é incorrecta.
Os datos e argumentos que se achegaron a favor da evolución son tantos e tan
concluíntes que a evolución considerase un feito histórico. Ningún científico actual nega a
evolución, non existe debate ningún na comunidade científica. O que se debate é como
se produciu a evolución, é dicir, a explicación teórica deste feito.
AS PROBAS DA EVOLUCIÓN
Probas Paleontolóxicas
Os fósiles máis
antigos
correspóndense cos
organismos máis
sinxelos.
Actualidade
Hai 540 millóns de anos
Probas Paleontolóxicas
En certos casos existen multitude de fósiles que fan posible reconstruír
con detalle o proceso evolutivo seguido por certas especies, como por
exemplo os restos fósiles do cabalo.
Noutros casos, os restos fósiles permítennos mostrar os estadíos de
transición dun grupo de seres vivos a outro. Por exemplo, o fósil
Archaeopterix ten características intermedias entre aves e réptiles, o
que pon de manifiesto que as aves actuais derivan dos réptiles
primitivos.
Evolución extremidades nos cabalos
Archaeopterhix, tiña plumas e peteiro como as aves e cola e dentes como os réptiles
As similitudes estruturais das extremidades
anteriores de diferentes mamíferos só poden
explicarse se se asume que descenden dun
antecesor común. Son órganos homólogos e fálase
de diverxencia adaptativa.
Os órganos análogos demostran
como estruturas de especies non
emparentadas evolucionaron de
maneira semellante porque
desempeñan funcións similares.
Falamos neste caso de converxencia
adaptativa.
Os órganos vestixiais non teñen función
na actualidade, pero son “restos” de
órganos funcionais dos antepasados das
especies que os presentan.
Probas Anatómicas (Anatomía comparada)
Os vertebrados en estadíos
temperáns de desenvolvemento
presentan moitas semellanzas
(branquias e cola), que evidencian a
súa orixe común.
Probas Embriolóxicas (Ontoxenia-Filoxenia)
Todos os seres vivos están formados
polos mesmos elementos químicos.
Todos fabrican as súas proteínas a
partir dos mesmos 20 aminoácidos,
seguindo as instrucións
proporcionadas pola mesma molécula:
o ADN.
A comparación entre secuencias de
ADN e proteínas de diferentes
especies permite calcular a súa
relación evolutiva (a máis semellanza,
maior grao de parentesco evolutivo).
Árbore filoxenética dos mamíferos. As árbores filoxenéticas representan as relacións
evolutivas entre diferentes especies.
O parentesco é maior canto máis próximo é o último antepasado común.
Probas Moleculares
Os organismos de dúas rexións son máis semellantes canto máis cercanas están.
Esas especies próximas proveñen dunha única especie que orixinou as demais, ao irse
diferenciando os grupos de individuos por adaptación ás condicións de cada lugar concreto.
Un exemplo característico son os pinzóns das illas Galápagos estudados por Darwin, con
diferenzas debidas á adaptación a diferentes tipos de alimentos ou as grandes aves non
voadoras distribuídas polo hemisferio sur: ñandú sudamericano, avestruces africanas e o
emú australiano.
Probas Bioxeográficas
COMO ACTÚA A EVOLUCIÓN: MECANISMOS
Para que haxa evolución precísase variedade.
Os mecanismos que permiten que haxa variabilidade son a mutación e a
recombinación xenética (nos organismos con reprodución sexual).
Ambolos dous mecanismos supoñen cambios no ADN, e polo tanto transmisión aos
descendentes.
Estos cambios poden supoñer unha vantaxe adaptativa, unha desvantaxe ou ser
neutros dende o punto de vista adaptativo.
Mutación
O caso da avelaíña do bidueiro. Revolución Industrial (Manchester, 1850)
A RESERVA DE VARIABILIDADE XENÉTICA é o que
permite aos individuos irse acomodando e adaptando aos
cambios ambientais…
Unha población
suficientemente diversa
ten máis probabilidade
de sobrevivir e de que
algún dos seus indiviuos
esté adaptado as novas
condicións
Cor branca e vive sobre troncos de bidueiras, que
soen estar cubertos de liques brancos. Así, pasa
inadvertida ante os depredadores: os paxaros.
As que teñen unha mutación que failles ser
escuras, son presas fáciles. Éstas son
minoritarias.
O caso da avelaíña do bidueiro. Revolución Industrial (Manchester, 1850)
Cara 1850, en plena Revolución Industrial, a contaminación atmosférica matou a moitos liques os troncos de bidueiras xa non
tiñan liques e amosaban cor escura…
As avelaíñas blancas
convertéronse na presa
doada dos paxaros…
As mutantes escuras pasaban
inadvertidas no novo ambiente
e se reproducían…
En 50 anos, o 99% da
poboación era escura…
… Un século máis tarde, a calidade ambiental
mellorou e la contaminación desapareceu da
zona…
Os líquenes voltaron a aparecer sobre as
bidueiras… e a situación voltou a cambiar…
… As avelaíñas blancas volven a ser outra vez
maioría!!
Unha vez se extinguiron os dinosaurios, producíuse unha grande diversificación dos mamíferos,
entre os que apareceron os primates. Os primates son mamíferos que se caracterizan por ter os
ollos en posición frontal e as extremidades rematadas en cinco dedos.
Os homínidos son un grupo de primates que inclúe aos simios antropomorfos (con forma de home) :
orangután, gorila e chimpancés e aos homininos, representados por unha soa especie actual: o Homo
sapiens e os restos fósiles que, ao evolucionar, orixinaron aos representantes do xénero Homo.
As linaxes do chimpancé e o home separáronse hai 11 m.a., aínda que houbo cruzamentos
esporádicos entre eles ata hai uns 6,5 m.a.
Ao formular a pregunta de se o home procede do mono, con frecuencia se pensa nos simios actuais. Esa é unha interpretación incorrecta do proceso evolutivo. O home non procede do chimpancé actual, aínda que sexa o seu parente evolutivo máis próximo. É dicir, ten antepasados comúns con el relativamente próximos. Cos gorilas e os orangutáns tamén compartimos antepasados, aínda que máis lonxanos. En realidade, se retrocedéramos no tempo achariamos antepasados comúns con todas as especies de seres vivos.
FILLOS DE ÁFRICA
A Nosa Orixe: “East Side Story”
A formación do Rift-Valley e as
altas montañas asociadas pemitiu o
illamento e evolución separada dos
homínidos (ao Este) e dos
chimpances e gorilas (ao Oeste).
A dereita do Rift –Valley (Este):
Clima máis seco. Distintos seres
vivos (homínidos entre eles).
A esquerda do Rift –Valley (Oeste):
Clima máis húmido (pluvisilvas). Nesta
zona evolucionan os chimpancés e
gorilas actuais.
A única especie de homínido actual é o Homo sapiens.
A datación dos fósiles achados demostra que a evolución dos homínidos non foi lineal, senón que
constitúe unha árbore con moitas ramas laterais (que ás veces coinciden no tempo), das que só
algunhas especies son antepasados dos humanos modernos.
Esto non
está nada
claro
As especies máis relacionadas cos humanos actuais son:
Homo habilis. A esta especie corresponden os primeiros restos achados que poden atribuírse ao
xénero Homo. Vivían en África e eran capaces de fabricar ferramentas. Viviu entre hai 2,5 ata hai
1,5 m.a.
Homo ergaster. A partir del orixináronse as especies que se desprazaron fóra de África: o Homo
erectus e o Homo antecessor. Viviu entre hai 1,8 e 1,2 m.a.
Homo erectus. Saiu de África e ocupou Asia e Europa. Viviu entre hai 1,7 m.a. e 50.000 anos.
Homo antecessor. Os seus restos foron atopados en Atapuerca. Para os investigadores de
Atapuerca, o H. antecessor sería o antepasado común do H. neanderthalensis e o H. sapiens (deste
último xorden dúbidas). Unha poboación de H. antecessor sairía de África e colonizaría Europa,
orixinando o H. neanderthalensis (posiblemente antes H. heidelbergensis). Ao mesmo tempo, as
especies de H. antecessor que permaneceron en África evolucionarían (H. rhodensiensis) para
orixinar o H. sapiens. Viviu entre hai 1,2 m.a. e 300.000 anos.
H. neanderthalensis. Tiña unha grande fortaleza física e unha capacidade craneana superior á do
H. sapiens. Coñecían o lume, enterraban aos mortos e coidaban aos anciáns. Viviu entre hai 300.000
e 28.000 anos.
Durante os últimos 7 millóns de anos, a través do proceso de hominización, os homínidos evolucionaron desde
formas semellantes ao chimpancé ata as características do humano moderno. Os restos máis antigos do H.
sapiens moderno acháronse en África e teñen uns 160.000 anos de antigüidade.
Estes cambios afectaron a diferentes aspectos anatómicos e funcionais: a bipedestación, a adquisición dunha
linguaxe articulada e o incremento do volume cerebral.
A bipedestación é o primeiro criterio empregado para diferenciar os
homínidos dos simios antropomorfos.
Proporcionou unha mellor regulación da temperatura corporal, un
menor gasto enerxético ao percorrer grandes distancias e deixou as
mans libres para o transporte (de obxectos e crías) e manipulación.
Camiñar erguido require determinadas modificacións corporais:
Posición do foramen magnum, lugar de inserción da columna
vertebral no cranio. Nos homínidos oriéntase cara abaixo e nos simios
cara atrás.
Disposición da cadeira. Os fémures dispóñense verticais nos simios,
e oblicuos nos homínidos (converxendo nos xeonllos).
Cambios no pé. O polgar dos simios acúrtase e disponse no mesmo
plano có resto dos dedos, deixando de ser opoñible.
Cambios que nos fixeron humanos
Aumento do volume cerebral
O volume cerebral humano é máis de tres veces maior có do
chimpancé.
Este aumento do volume cerebral deu lugar a algúns problemas.
O parto dificúltase porque ao aumento do volume cranial únese
o estreitamento da pelve consecuencia do bipedismo.
O aumento do tamaño cerebral tivo un custe: ter unhas crías
prematuras, máis dependentes da nai durante máis tempo.
Adquisición dunha linguaxe articulada
Para falar é necesario ter capacidade mental e un aparello fonador. Non está claro cando
apareceu esta capacidade nos homínidos. Parece que H. habilis e H. ergaster xa tiñan a
capacidade mental para facelo, aínda que non se sabe se o seu aparello fonador reunía as
características necesarias para falar.
GRAZAS POR ATENDERME
WEBGRAFÍA
asanethester.blogspot.com
http://www.educa.madrid.org/web/cc.nsdelasabiduria.madrid/CMC_presentaciones1b.h
tm
http://slideplayer.es/slide/134807/
www.xatakaciencia.com