Download - O Universo 2
Escribe atmosfera, auga e terra firme onde corresponda. Colorea a atmos-fera de azul claro, a auga de azul escuro e a terra de castaño
Escribe o nome deste dous astros .Divide a Terra en dúas partes: día e noite. Colorea de amarelo a metade da terra na que é día e de gris a metade na que é noite
¿Como se chama este movemento da Terra?
¿Como se chama este movemento?________________________________
.
Escribe o nome de cada astro. .
Completa coas seguintes palabras:
A Lúa é un ________ da Terra.
Xira arredor da _ _ _ _ _ _ _ _ e, xuntas, móvense
arredor do Sol.
Non ten ______ propia.
A Lúa tarda 28 _______ en dar una volta com-
pleta a Terra.
Debuxa as fases da lúa
días luz Terra satélite
Lúa chea Cuarto minguante
Lúa nova Cuarto crecente
Escribe o nome de cada planeta do Sistema Solar
Escribe onde corresponda: .
planeta estrela satélite cometa asteroides
O Sol é unha enorme esfera de gas quen-te. Aparece moito máis grande e máis brillante que as outras estrelas porque nós estamos moi cerca del. É o centro do noso sistema solar e unha enorme fonte de enerxía en forma de luz e calor.
Mercurio é o planeta máis próximo ao Sol, tamén é o máis pequeno do Sistema Solar. A súa superficie e rochosa de cor gris escura e non ten atmosfera.
Venus o que está máis preto de nós e ten máis ou menos o mesmo tamaño que a Terra. Na súa superficie a temperatura é moi alta e ten unha atmosfera moi densa e corrosiva que lle da unha cor marillenta. É visible desde a Terra, xusto antes de saír o sol e xusto despois de meterse.
O terceiro planeta é o noso, a Terra. Atendendo ao seu tamaño é o quinto máis grande. É o único planeta que al-berga vida. Ten unha atmosfera rica en nitróxeno e osíxeno. Case toda a súa su-perficie está cuberta de auga, só un terzo é terra firme.
Marte é o cuarto planeta tamén, se lle chama o planeta vermello pola súa cor. A súa superficie é parecida a da Terra, con canles secos, dunas de area e volcáns. A súa atmosfera está composta maiomen-te por dióxido de carbono. É un planeta moi frío.
Xúpiter é o planeta máis grande do sis-tema solar, é dez veces máis grande ca Terra,. Non está composto por rochas, senón por gases. Arredor de Xúpiter as nubes forman furacáns que parecen grandes cintas vermellas, amarelas e brancas. Neste planeta unha tormenta pode durar centos de anos,.
Saturno é o segundo planeta máis gran-de, despois de Xúpiter. Está rodeado de aneis anchos e aplanados formados por bloques de rochas e xeo. Ao igual que Xúpiter está constituído por gases e ten unha cor café con leite clara.
Urano é un planeta gasoso. Estes gases danlle unha cor azul verdosa. Ten a su-perficie máis uniforme de tódolos plane-tas. Tamén ten aneis, pero moi difíciles de ver, ademais ten raro anel de cor azul.
Neptuno é o planeta que está máis lonxe do Sol. É un planeta gasoso de cor azul. Ten manchas máis escuras, que non son outra cousa que grandes tormentas, Neptuno tamén ten aneis, pero son moi difíciles de observar.