NOVELAS AMBIENTADAS NA
SEGUNDA REPUBLICA E NA GUERRA CIVIL
A los cuatro vientos (Dave Boling). Historia centrada na familia
Ansótegui na que o bombardeo de Guernica pola Lexión Cóndor
alemá marca unha inflexión tráxica nas súas vidas.
A sangre y fuego (Manuel Chaves Nogales). Colección de nove
relatos na que desfila unha galería de personaxes chegados a un
arrabalde de París fuxindo da guerra, a tolemia que saca o mellor e o
peor de cada quen.
Arde Madrid (Eduardo Haro Teglen). O autor lembra os seus
recordos dos anos de asedio de Madrid, a entrada das tropas de
Franco, a condena a morte de seu pai pouco despois polos
vencedores da guerra e numerosas anécdotas daqueles momentos.
Carta blanca (Lorenzo Silva). Novela que se abre e se pecha con
guerras: a de Marrocos e a Civil española, unha historia descarnada
na que destaca un antiheroe atípico e mestúranse sentimentos e
paixóns
Celia en la revolución (Elena Fortún). A través da mirada do
personaxe de Celia, unha adolescente de boa familia en Madrid, a
autora móstranos os pensamentos e sufrimentos de toda a familia
durante a Guerra Civil e o inicio do seu exilio en Francia.
Como posos de café (Isabel Morales Trillo). Busaca da explicación
de porque o sentimento de medo seguía incrustado en quen viviron a
guerra e a posguerra a partir de documentación escrita para crear
personaxes arquetípicos e situación paradigmáticas de toda unha
xeración.
Con ojos de niña (Isabel Martorell i Gil). Emotivo testemuño
autobiográfico dunha nena de 12 anos que deixou no seu diario as
súas impresións sobre a Guerra Civil, orixinal descuberto ao cabo de
70 anos.
Contraataque (Ramón J. Sender). Escrita polo seu autor durante a
Guerra, a novela describe os meses que transcorren entre maio e
decembro de 1936: a inmediata contenda, a resistencia republicana
ao golpe militar fascista, e a resistencia heroica de Madrid.
Crónica del alba (Ramón J. Sender). Serie de nove
novelas ambientadas no primeiro terzo do século XX, de
carácter autobiográfico, nas que describe as súas
experiencias persoais e impresións dos feitos sobre a fin da
monarquía, a Segunda República e os inicios da Guerra
Civil. Interesan especialmente, para este período, as
tituladas: El mencebo y los héroes, La onza de oro, Los
niveles del existir, Los términos del presagio, La orilla
donde los locos sonríen e La vida comieza ahora.
Cuando el cielo se caiga (Francisco Galván). Novela de corte
policíaco na que, arredor da investigación sobre catro mortes,
descríbese o ambiente de Madrid nos meses finais da Guerra, unha
cidade dominada pola fame, o medo e a confusión.
Cuatro días de enero (Jordi Sierra i Fabra). Un intenso retrato de
Barcelona nos días finais da Guerra, unha cidade triste e famenta e
unha fermosa historia de amor no medio da desolación.
Cuerpo a tierra (Ricardo Fernández de la Reguera). Típica novela
bélica escrita por un combatente de dereitas na que narra con
intensidade a súa experiencia no conflito.
Devolvamos al pueblo su sonrisa: memorias de un brigada
internacional (George Wheeler). Memorias do autor, un voluntario
das Brigadas Internacionais que foi capturado e estivo internado nun
campo de concentración.
Días de llamas (Juan Iturralde). Narración en primeira persoa do seu
protagonista, un xuíz de instrución condenado a morte presentado
con técnica de flash back e onde se demostra que o horror non
entende de ideoloxías.
Diálogo con la muerte (Arthur Koestler). O autor, un periodista
húngaro de orixe xudía, traballou para o servizo de intelixencia da
República e nesta obra describe experiencias persoais con gran
realismo e intensidade.
Diario de la guerra de España (Mijail Koltsov). O autor,
corresponsal de Pravda en España entre xullo e setembro de 1937,
mostra as súas dotes periodísticas nesta obra na que se mesturan
personaxes anónimos con algúns dos máis significativos do bando
republicano.
Diario íntimo de la revolución española (José María Chacón y
Calvo). Relato autobiográfico dun cubano en Madrid en 1936, nos
inicios da Guerra Civil, no que gran imparcialidade e fuxindo do
tremendismo ilumina o drama das dúas Españas.
Dientes de leche (Ignacio Martínez de Pisón). Historia dunha familia
desde a Guerra Civil ata os inicios do século XXI a través de tres
xeracións, unha crónica de medio século de historia de España.
Dime quien soy (Julia Navarro). Unha periodista descubre, a través
da investigación sobre o pasado da súa bisavoa, a vida desta singular
muller que viviu intensamente desde a España republicana á fin da
Guerra Fría, unha muller revolucionaria, espía e asasina, que actuou
sempre de acordo cos seus principios.
Dos días de mayo (Jordi Sierra i Fabra). Novela negra na que se
narra como un ex- inspector republicano descubre, case por
casualidade, un plan para asasinar a Franco durante a súa visita a
Barcelona en 1949.
Ebro 1938. La batalla de la tierra alta (Rubén García Cebollero).
Novela coral pero na que tamén figuran personaxes históricos que
interveñen para dar conta do que sucede nas dúas frontes de guerra.
El cálido julio del treinta y seis (Gaizka Aróstegi). Unha compañía
de cómicos ambulantes chega a un pobo navarro o día do inicio do
golpe de Estado, nun ambiente enrarecido, cheo de confusión e
medo, no que os grupos tradicionalmente enfrontados pola
propiedade da terra non tardarán en matarse mutuamente.
El diario de Hamlet García (Paulino Masip). Durante a Guerra
Civil, o protagonista, un profesor de metafísica, vive un drama
interior polas dúbidas que lle ofrece a nova situación que se vive en
Madrid, ante a que permanece bservador e pasivo, sen actuar.
El error azul (Javier Lorenzo). Historia de amor e guerra, de odio
entre dous homes que aman á mesma muller e que a Guerra os puxo
en bandos opostos.
El laberinto mágico (Max Aub). Serie de 6
novelas sobre a Guerra Civil nas que os
personaxes móvense baixo as bombas movidos
por un heroísmo anónimo e xeneroso, van e
volven da fronte impulsado por un sentimento
do deber e da xustiza, pero resisten.
El niño republicano (Eduardo Haro Tecglen). Libro de memorias no
que autor vai alternando capítulos de lembranzas persoais con
referencias aos acontecementos da época.
El hombre que ahora digo (Antonio Soler). Un grupo de cómicos
non están capacitados para a guerra e sobreviven con espectáculos
preto da fronte.
El otro árbol de Guernica (Luis de Castresana). Nostalxia e dor pola
separación da familia e do seu mundo dun grupo de estudantes que
son enviados ao estranxeiro para continuar os seus estudos e libralos
da crueldade da guerra.
El rey y la reina (Ramón J. Sender). A vida nun palacio aristocrático
madrileño no que os contrastes sociais impoñen unha clase social
sobre outra cambiará radicalmente a partir no Dezaoito de xullo de
1936.
El sable torcido del general (Fernando del Castillo Durán). Novela
inspirada na figura do xeneral Batet, defensor da legalidade
republicana durante os sucesos de outubro de 1934, e o seu posterior
encarceramento e execución en Burgos en febreiro de 1937 por
decisión de Franco.
El secreto del brigadista (Andreu Claret). A neta dun brigadista
norteamericano desaparecido na batalla do Ebro en 1938 viaxa a
España para tratar de descubrir as circunstancias da súa morte e
acabará descubrindo unha fermosa historia vivida polo seu avó.
El tiempo de los héroes (Javier Reverte). Organización da
evacuación do goberno republicano desde Alacante nos últimos días
da Guerra Civil ao tempo que se agolpan na memoria os días da
resistencia en Madrid.
El último invierno (Raúl Montilla). Nos días que se aveciñan como
finais da contenda, o autor pon o acento no brutal cambio que
significará a fin da Guerra Civil na vida dos vencidos.
En el día de hoy (Jesús Torbano). Modificando o texto do derradeiro
parte de guerra, baseándose nunha ucronía, o relato plantexa: que
tería sucedido se gañase a Guerra Civil o bando republicano?
Enterrar a los muertos (Ignacio Martínez de Pisón). O novelista
norteamericano John dos Passos inicia unha investigación para
coñecer as circunstancias do asasinato do seu amigo José Robles
Pazos en 1937, cando estaba rodando en España un documental de
propaganda republicana.
Herrumbrosas lanzas (Juan Benet). O autor describe con detalle os
preparativos, o desenvolvemento e o fracaso dunha campaña de
primavera das que organizou a República para conter o asedio de
Madrid.
Hijas de la ira (Juana Salabert). A través dos testemuños de dez
mulleres que viviron de nenas a Guerra Civil e que logo algunhas
delas destacaron en diferentes ámbitos da cultura, a autora ofrece un
vivo panorama desa nenez truncada.
Historia de una maestra (Josefina Aldecoa). Narración, feita desde a
memoria, da vida dunha mestra en escolas rurais de España e de
Guinea Ecuatorial durante os anos vinte e os inicios da Guerra Civil,
a ilusión do cambio que a educación debía significar na
modernización do país.
Homenaje a Cataluña (George Orwell). Relato autobiográfico deste
brigadista que loitou na fronte de Aragón enrolado nas milicias do
POUM. Perseguido polos estalinsitas do PSUC fuxiu de España
pasando a Francia como turista, redactando as súas experiencias en
1938.
Incierta gloria (Joan Sales i Vallés). Ampla visión da Guerra Civil,
da fronte e da retargarda, das tensións ideolóxicas, dos efectos das
accións militares, da incidencia do conflito en todos os sectores da
poboación, dos dramas persoais e colectivos.
Jaque a la dama (Jesús Fernández Santos). Historia dunha moza
xudía nunha cidade de provincias durante a República e a Guerra
Civil, coas súas experiencias amorosas e como enfermeira.
La alcoba escondida (Almudena Navarro). Amor, política e
ambición conxúganse nesta novela ambientada nun pequeno pobo
manchego nos tempos da Segunda República.
La brigadista (Elisabeta Parshina): Memorias dunha moza rusa que
veu a España como tradutora das Brigadas Internacionais. Viviu a
dramática experiencia da fuxida desde Málaga cara á Almería,
situación que a levou a empuñar as armas en defensa da República.
La buena letra (Rafael Chirbes). A protagonista conta a seus fillo a
súa historia e a da súa familia, o que tiveron que pasar durante a
Guerra Civil e a posguerra, aínda que o interese do autor está máis
centrado nas relacións humanas, os desexos, as traizóns, as
deslealdades…
La capitana (Elsa Osorio).Biografía de Mika Feldman, unha muller
arxentina que dirixiu unha columna de milicianos durante a Guerra
Civil.
La cáscara amarga (Jesús Ruíz Mantilla). Lembranzas reais da
infancia tráxica e solitaria dunha muller que, aínda que o tempo lle
permitiu triunfar como empresaria, non esquece os tempos de
abandono cunha nai no cárcere por axudar a republicanos e un pai
borracho que se desentendeu dos fillos.
La ciudad de arena (Pedro Corral). Relato da vida nas trincheiras e
na cidade de Madrid asediada nos últimos días da Guerra Civil a
través dun mosaico de personaxes enfrontados, ademais da guerra,
aos seus propios conflitos internos.
La defensa de Madrid (Manuel Chaves Nogales). Colección de 16
reportaxes que seu autor publicou na prensa mexicana en 1938,
publicado como libro en 2011 e nas que describe acontecementos
vividos nos primeiros meses da Guerra Civil en Madrid.
La desbandá (Luis Melero). No verán de 1935 un neno loita por
sobrevivir na cidade de Málaga,mentres España se afunde na
violencia da Guerra Civil e a división ideolóxica da súa propia
familia.
La enfermera de Brunete (Manuel Maristany). Brunete, verán de
1937. Na guerra cae ferido un soldado que se salva grazas á doazón
de sangue dunha duquesa no propio campo de batalla. Xorde entón
unha complicada historia de amor mesturada con acontecementos
tráxicos.
La fiel infantería (Rafael García Serrano). Clásica novela de guerra
que relata as accións dun grupo de soldados nacionais nas trincheiras
no verán de 1936, os últimos meses da República.
La fiesta del oso (Jordi Soler). Con humor e melancolía, o autor
monta unha trama sorprendente:a busca dun desaparecido en febreiro
de 1939 e ao que o familiar que o busca atopará 65 anos máis tarde
nunha colonia de cataláns na selva mexicana, falando catalán, izando
diariamente a señera e lembrando a xuventude.
La forja de un rebelde (Arturo Barea). Na terceira entrega desta
triloxía autobiográfica recrea o autor o período da Segunda república
e da Guerra Civil, destacando as propias experiencias vividas durante
o asedio de Madrid.
La gran cruzada (Gustav Regler). Relato do papel xogado polas
Brigadas Internacionais na defensa de Madrid desde o punto d vista
dun dos protagonistas, o propio autor.
La identidad perdida (Lola Moreno). En 1937, o goberno da
república organiza unha expedición de nenos orfos e fillos de
combatentes a México. Aloxados nun internado en Morelia, pasarán
por graves penurias os coñecidos como Os nenos de Morelia.
La mula (Juan Eslava Galán). Visión insólita, antiheroica, pícara e
tenra da guerra a través da preocupación dun cabo por recuperar a
súa mula atravesando a liña da fronte e, tras un episodio ridículo,
acaba convertido en heroe de guerra.
La noche de los tiempos (Antonio Muñoz Molina). Durante a viaxe a
EEUU que realiza un arquitecto español en outubro de 1936 fuxindo
da guerra, vai lembrando a súa vida máis recente, os momentos de
crispación e tensión vividos nos momentos previos ao seu inicio.
La pequeña grey (José M. Gallegos Rocafull). Reflexións do seu
autor, un sacerdote que sufre ante o desgarro de España na guerra e
que, unha vez rematada esta, foise a México a impartir docencia.
La piel del olvido (Antonio J. Durán). Historia dun home preso dun
pasado que quere esquecer e non pode, que desexa curar as feridas
provocadas pola guerra pero que non cicatrizan.
La puerta del Sol (Fernando Fernán Gómez). Retrato colectivo de
personaxes que se moven na zona do centro de Madrid nos anos que
rodearon a Guerra Civil. Crónica dunha época, das esperanzas dunha
xeración de españois.
La vida cuando era nuestra (Marian Izaguirre). Historia de dúas
mulleres refuxiadas na lectura de libros e añorando un pasado máis
feliz que quedou truncado en 1936.
Largo noviembre de Madrid (Juan Eduardo Zúñiga). Título que
forma parte da triloxía da Guerra Civil, xunto con La tierra será un
paraíso e Capital de la gloria, un conxunto de 33 contos centrados
en historias dos anos da contenda en Madrid.
Las buenas intenciones (Max Aub). A acción transcorre entre os
anos 1924 e 1939 e centra a súa atención nos ambientes populares de
Madrid en contraste coa burguesía á que o autor culpa dos males de
España nes época.
Las cartas cayeron boca abajo (Gabriel García Badell). Relato
centrado nos personaxes dun pequeno pobo aragonés durante a
Guerra Civil, cos diferentes carácteres, ideoloxías e contradicións.
La esperanza (André Malraux). Experiencias persoais deste militante
do PC como brigadista na Guerra Civil, loitando cos que consideraba
que defendían a liberdade e a xustiza.
Las lágrimas de San Lorenzo (Gorka Garmendia). Protagonizada
por unha familia madrileña, o autor sérvese dela para novelas unha
ficción que parte de situacións e personaxes reais.
La guerra es bella (James Neugass). Diario dun brigadista americano
na Guerra Civil escrito durante a súa estancia en España mentres
servía como condutor da ambulancias para o exército da República
na fronte de Teruel e recuperado despois de 50 anos desaparecido.
Las tres heridas (Paloma Sánchez Garnica). Un escritor encontra
nunhas cartas de amor gardadas nunha caixa o tema da súa novela
sobre a Guerra Civil mentres se converte en testemuña das feridas do
amor, da morte e da vida.
Las voces del Pamano (Jaume Cabré). Ao facer unha foto dunha
escola rural do val do Pallars, a mestra atopa unha caixa cun caderno
escolar no que hai escrita unha longa carta; a intriga levaraa a
desvelar historias de maquis, falanxistas e heroes anónimos medio
esquecidos.
Los cinco libros de Ariadna (Ramón J. Sender). O autor lembra
algunhas das experiencias que marcaron a súa vida, como a morte da
súa muller polos nacionais, a súa intervención no bando republicano
ou as súas relacións cos comunistas.
Los cipreses creen en Dios (José María Gironella). A través da vida
dunha familia de clase media reflíctese a sociedade da Segunda
República e a súa evolución cara á división en dous bandos.
Los días grises (Antonio Isasi-Isasmendi). O cineasta Isasmendi
recrea nesta obra os días grises pasados na súa infancia en Barcelona
entre 1936 e 1945, parándose no pracer de lembrar as cousas
pequenas, anécdotas que permiten reconstruír parte do pasado
particular.
Los rojos de ultramar (Jordi Soler). O autor relata a fuxida do seu
avó cando rematou a Guerra Civil e o seu internamento en campos de
concentración franceses.
Los soldados lloran de noche (Ana María Matute). A historia está
centrada na figura dun soldado do bando republicano a finais da
Guerra Civil e dunha serie de personaxes que se moven ao seu
arredor e levan a acción a uns anos atrás.
Luchar por algo digno (Pedro Víctor Debrigode). Novela
autobiográfica na que relata as súas experiencias na Guerra Civil en
Canarias e na que describe con gran detalle aspectos que marcaron a
súa vida como os barcos prisión, o calvario para fuxir de España e a
prisión en cárceres militares.
Luciérnagas (Ana María Matute). A censura atrasou seis anos a súa
publicación e cortou algúns fragmentos desta obra protagonizada por
un grupo de mozos que viviron os sucesos de 1936 en Barcelona no
medio da tolemia e da dor da guerra e da perda de seres queridos.
Madrid de corte a checa (Agustín Foxá). Novela con trazos
autobiográficos narrada por un falanxista madrileño ambientada nos
anos da Segunda República e nos primeiros anos da Guerra Civil en
Madrid, dominada pola violencia e a barbarie.
Madera de héroe (Miguel Delibes). Crónica duns personaxes que se
ven envoltos na Guerra Civil. O protagonista cree ser un heroe, viste
uniformes militares e escoita música militar convencido do seu
patriotismo, pero cando estoupa a guerra todo cambia.
Madrid, corazón que se desangra (Gregorio Gallego). Testemuña
directa dos acontecementos que narra como membro da Xunta de
Defensa de Madrid e oficial do exército republicano, o autor ofrece
unha visión directa dos acontecementos que sucederon.
Mañana no será lo que Dios quiera (Luis García Montero). O autor
realiza un retrato do poeta Ángel González, testemuña da Guerra
Civil e unha vida marcada pola ausencia de seu pai pero coa forza
dunha familia que non se deixou vencer.
Muerte de un nacional (Rebeca Pawel). O asasinato dun garda civil
obriga a un oficial a iniciar as investigacións para localizar ao
culpable do crime de quen o seu compañeiro e amigo.
Muertes paralelas (Fernando Sánchez Dragó). Minuciosa
reconstrución dos acontecementos que afectaron directamente ao
protagonista e autor da obra, especialmente os que tiveron lugar nos
inicios da Guerra Civil e que o deixaron orfo e desamparado.
Mujeres de negro (Josefina Aldecoa). Unha nai viúva e a súa filla
viven a guerra nunha cidade castelá, pero cambian de rumbo e
marchan a México onde evolucionarán de forma diferente.
¡No pasarán! (Upton Sinclair). Relato do sitio de Madrid visto desde
a óptica dun mozo burgués que, tras coñecer en Nova York a un
socialista e facerse amigos, interésase en entender as razóns polas
que hai que apoiar ao goberno da República.
No se fusila en domingo (Pablo Uriel). Autobiografía deste médico
destinado a un pobo de Aragón cando se inicia a Guerra Civil e nas
que analiza con lucidez os dous bandos, tanto aos seus personaxes
como as situacións.
Partes de guerra (Ignacio Martínez de Pisón). Especie de novela
colectiva sobre o que foi a Guerra Civil a través de contos da fronte a
da retagarda, da cidade e do campo, da zona sublevada e da
republicana, das diferentes rexións e linguas de España.
Por lealtad a la República (José Luis Casas). Historia do cóengo
gaditano José Manuel Gallegos Rocafull, que permaneceu leal á
República e realizou labores de propaganda en Francia e Bélxica.
Enfrontado ao cardeal Gomá, exiliouse a México en 1939.
Por quien doblan las campanas (Ernest Hemingway). Obra clásica
do escritor norteamericano comprometido coa causa republicana na
guerra de España. Un grupo de milicianos están agachados nas
montañas agardando o momento de voar unha ponte, contexto no que
tamén hai tempo para o amor.
Primera memoria (Ana María Matute). Coa Guerra Civil de fondo, a
obra narra o paso da nenez á adolescencia de dous rapaces entre o
verán de 1936 e o inverno de 1937, unha especie de parábola da
guerra que por aqueles anos libraban seus pais.
Recuerdos de guerra y represión (Antonio Torres Morales). Mi
mayor deseo sería que estos recuerdos fueran producto de mi
imaginación pero, por desgracia, todo lo viví, y prometo que es
verídico. Así comeza a autobiográfica deste miliciano malagueño.
Recuerdos de la guerra de España (George Orwell). Opúsculo no
que o autor ai un repaso das causas e consecuencias da Guerra Civil e
das súas vivencias nela, ao tempo que a coloca no contexto da
Segunda Guerra Mundial.
Requiem por un campesino español (Ramón J. Sender). Mentres
agrada polos asistente á misa funeral pola morte dun mozo do pobo
na Guerra Civil, o crego rememora os acontecementos nos que,
crendo salvar ao morto, contribuíu ao que o capturasen e asasinasen.
Riña de gatos (Eduardo Mendoza ). Historia detectivesca no
ambiente convulso de Madrid de 1936, coa Falanxe e o seu fundador
en ascenso.
San Camilo 1936 (Camilo José Cela). Nos primeiros días do
levantamento de xullo de 1936, en Madrid o protagonista reflexiona
sobre a existencia individual e colectiva dunha sociedade convulsa e
dividida e que pide armas para defenderse.
Siete días de julio (Jordi Sierra i Fabra). Un inspector de policía
regresa a Barcelona, desfeita pola guerra, tras permanecer 8 anos no
cárcere. Solo e sen familia, nun hostal recibe unha misteriosa
invitación a seguir sendo policía.
Soldados de Salamina (Javier Cercas). Historia do falanxista Rafael
Sánchez Mazas, que consegue escapar dun grupo que ía ser fusilado
e que logo é perdoado por un miliciano anónimo.
Tiempo de Memoria (Carlos Fonseca). O autor xoga cunha ficción
literaria baseada nun feito real: o plan do cabo salmantino José Rico
que preparou un atentado para matar a Franco tras o levantamento de
Melilla.
Una historia de guerra (Víctor Alperi). Novela ambientada na
Guerra pero vista desde a perspectiva de xentes que non son os
protagonistas, senón as súas vítimas arrastradas polo temporal da
contenda.
Un millón de muertos (José María Gironella). Retrato de escenarios
de guerra e de acontecementos puntuais baseados en datos reais que
deixan un amargo panorama de confrontación que matou a medio
millón de españois e outro medio millón que en certo modo tamén
morreron cando mataban.
Una historia de la Guerra Civil que no le va a gustar a nadie (Juan
Eslava Galán), O lector acompaña a un xoven xeneral Franco que
marca o paso a corenta millóns de españois. Historia de bos e malos?
O lector decide.
Una meditación (Juan Benet). Un narrador anónimo fala do seu
pasado e do seu presente ao longo do tempo transcorrido desde os
anos vinte á posguerra.
Una mujer en la guerra de España (Carlota O´Neil). Valioso
testemuño sobre o levantamento de 1936, a guerra e as vinganzas da
vitoria desde a propia experiencia da autora, vítima ela e a súa
familia, de vidas truncadas polas accións dun militares que iniciaron
a contenda.
Una tumba y otros relatos ( Juan Benet). Coa Guerra Civil como
fondo, a presenza fantasmal dun lendario antepasado gravita sobre a
vida duns neno, o seu bisneto, herdeira das súas propiedades pero
tamén da súa maldición.
Viaje a la aldea del crimen (Ramón J. Sender). Recompilación de
artigos periodísticos coetáneos dos sucesos de Casas Viejas en
xaneiro de 1933 interpretados como a oposición de esquerdas que
tivo a República.