Download - Mensaxes_privadas
2
MENSAXES PRIVADAS
Capítulo 1: As mensaxes (Emilio Roca – Biblioteca)
Por sorte a clase de ximnasia acabara un par de minutos antes do habitual, o que
lles daba un tempiño a maiores. Perfecto para os seus plans. Por iso aquel día se
esforzara menos do habitual e practicamente non tiña nin unha pinga de suor: non
pensaba ducharse.
- Ben, imos facer tal e como tiñamos planeado. Dicídelle a Javier que xa saín,
que xa me duchei e que acabei de primeira.
- Pero Clara, segues decidida a facelo? Mira que como te pillen… - dixo María.
- Estás segura de que agora non hai ninguén na biblio? - preguntou Fátima.
... Clara entrou na clase no último
segundo, cargando coa mochila de
ximnasia a medio pechar. Sabía que Emilio,
o de inglés, íase enfadar se chegaban outra
vez tarde e que a historia de que quedara a
recoller o vestiario xa non ía coar mais.
Claro que tampouco podía dicirlle a
verdade; sabía perfectamente que se se
enteraba de que en realidade viña da
biblio, de abrir o tuenti con urxencia para
comprobar se había unha mensaxe nova, non a deixaría usalo no que quedaba de
mes. E iso non podía suceder, de ningunha maneira.
Por sorte Fátima portábase, coma sempre, como unha gran amiga e
gardáballe as costas diante de Bruno. Seguro que el acabaría por entendelo, pero
tería que darlle explicacións e nese intre era o que menos lle apetecía. Xa se sabe
que os rapaces son desconfiados e seguro que non se conformaría con que ela lle
dixera simplemente que o que tiña era curiosidade, que quería comprobar en
persoa se era certo o que andaba a circular, en mensaxes privadas, entre un grupo
moi reducido de amigas.
Tampouco se sabía con claridade de onde chegaran as primeiras mensaxes.
Cando intentou chatear co remitente, este dérase de baixa na rede de xeito
instantáneo e non había xeito (ou alomenos ela non sabía como) de seguirlle o
rastro. A cousa parecía un imposible; se o razoaba con calma chegaba á conclusión
de que non podía ser certo pero, por outra banda…, neste mundo, tiñan pasado
moitas cousas que ao principio parecían imposibles e logo acababan tendo una
3
explicación razoable. Acaso podían os rapaces da súa idade explicarlle aos seus
avós o funcionamento de internet, por exemplo? En calquera caso, fora certo ou
fora simplemente unha broma, o caso é que alguén coñecía perfectamente os seus
gustos literarios. Era a única explicación posible ás frases que lle chegaran nas
“privadas”. Nas mensaxes había, palabra por palabra, parágrafos completos
dalgúns dos seus libros favoritos.
Achegouse á mesa e colocou as cousas como se nada. María e Fátima
mirárona con xesto de interrogación, pero ela moveu a cabeza de xeito case
imperceptible, dicindo que non. Nese intre viu,
fugazmente, unha ollada estraña nos ollos de
Adela. Seguiu a dirección da mirada e atopouse
con Rui, que non lle quitaba ollo de enriba.
Deulle a impresión de que lle quería ler a mente.
Entón, coma un raio, veulle á cabeza a imaxe de
Aitana e Laura saíndo da biblio no mesmo
instante en que ela entraba aos tombos. Non
quedaramos en que naquela hora non había ningunha clase prevista alí? Serían
elas as que lle estaban a facer unha broma? Estaba claro que as mensaxes eran dun
rapaz... ou estaban elas facéndose pasar por un? De pronto unha idea abriuse paso
na súa cabeza: e se non era ela a única que estaba a recibir as mensaxes, e se...?
- Clara, estás aquí ou tes só o corpo na silla?-. A voz de Emilio pareceu chegar
doutro mundo.
- Sí, si, estou aquí.
- Non o teño nada “claro”- contestou Emilio, xogando co seu nome, coma
sempre-. Sabes en que exercicio estamos?
- Sí, si- contestou ollando para o libro de Uxía, que disimuladamente sinalaba
o exercicio en cuestión...
Salvou a situación polos pelos. Menos mal que xa era a hora do recreo e
podería pensar as cousas con algo máis de calma. Polo pronto tiña que atopar a
Laura e a Aitana, e dicirlle algo a Bruno para explicarlle a súa ausencia durante o
recreo.
Capítulo 2: Tres amigas (Clara Pose Insua 2ºB)
O de dicirlle algo a Bruno xa estaba feito, agora ía camiño da biblio, mentres el e
os demais estaban a xogar ao fútbol. Polo camiño recordou que tiña que falar con
Laura e Aitana, pero cando entrou na biblio xa as viu alí. Cada unha co seu tuenti
4
correspondente. Chamounas e preguntoulles se podían acompañala á porta un
segundo.
- Necesito falar con vós sobre unhas mensaxes privadas que ando a recibir-
comezou a explicarlles Clara-. Quería saber se a vós tamén vos chegan.
- A ti tamén chas mandan?- preguntou Aitana con cara de asombro-. A min
mandáronme xa varias, son moi bonitas, e todo iso, pero sigo sen poder falar con
quen mas envía.
- Claro, por iso nos atopamos a segunda hora na entrada da biblio -reparou Laura
facendo memoria-. Eu tamén me fun un momento de clase para miralo, escuseime
dicindo que ía ao baño.
As tres rapazas seguían a falar cando
un rapaz pasou por diante delas e,
mentres entraba na biblioteca, lles
dedicou un sorriso pícaro.
-E logo ese?- preguntou
Aitana toda estrañada, con cara de
sorpresa.
- Nin idea, pero xa sabes como son
estes rapaces, en fin…- dixo Laura
- En fin…- dixeron as tres ao unísono.
Pero o que elas ignoraban era que ese sorriso significaba moito. Podería ser aquel
o rapaz que andaba a escribir as mensaxes?
Cando remataron a charla e souberon que as tres recibían estrañas mensaxes e
que, ademais, as tres recibiran algunhas semellantes, entraron de novo na biblio.
Xusto cando entraron chocaron de fronte co mesmo rapaz que pasara antes.
Mirounas nervioso e marchou correndo cunhas follas de
papel nas mans. Un pensamento fugaz pasoulles pola
mente ás tres rapazas, miráronse entre elas, foron
directas aos ordenadores e puxéronse a ler as mensaxes:
- Nuestra historia perfecta se encuentra ahora a tres
metros sobre el cielo... Allí donde todo es posible -
comezou a ler Aitana a súa mensaxe privada en alto, que
era do mesmo remitente que as das últimas veces.
5
-“Me da miedo decir algo equivocado...
-Te amo.
-Vuélvelo a decir.
-Te amo
- Nunca dejes de decirlo.
- Te amo, te amo, te amo- proseguiu Laura lendo o parágrafo seguinte.
- Nunca había sido tan feliz en toda mi vida.
- Yo tampoco.
- Tan feliz como para tocar el cielo con un dedo?
- No mucho más, al menos a tres metros sobre el cielo.”- Acabou de ler Clara-. É do
libro de Federico Moccia, “A tres metros sobre el cielo”! Mandounos o mesmo ás
tres!
- “Shhhhhhhh!” - díxolles Emilio poñendo o dedo índice diante da boca, en sinal de
silencio-. Máis baixiño, oh! Isto é unha biblioteca!
Nese mesmo intre tocou o timbre que daba comezo á cuarta hora da mañá.
Cerraron os tuentis e prometeron comunicarse se había algunha novidade.
- Clara! Onde te metiches todo o recreo?- preguntou Adela, xa na clase.
- Estaba…, estaba…, ‘em’…, estaba por aí- respondeulle Clara sen saber moi
ben se llo debería contar a ela.
- Pero Bruno estaba xogando ao fútbol, e ti non andabas por alí…- díxolle
Adela non moi convencida do que Clara lle acababa de dicir.
As dúas rapazas non puideron
seguir coa conversa, un alivio
para Clara, porque nese mesmo
instante entrara o profesor. Nas
seguintes clases houbo moito
traballo e non puideron falar
máis. Ao rematar as clases
decatouse de que case non
pensara no asunto.
-Eh, Clara, espérame- oiuse
gritar. Era Érica que corría coa
6
súa mochila ás costas.
- Anda a correr o rumor polo insti de que alguén anda a enviar mensaxes
privadas de escritores coñecidos. Creo que xa sei quen é- acabou de dicir Érica á
carreira, como se alguén a fose a atropelar e esas foran as súas últimas palabras.
- Quen é? - preguntoulle Clara toda intrigada. Quería saber dunha vez por
todas quen lle estaba a enviar aquelas mensaxes.
- É …
Capítulo 3: Unha chaqueta esquecida (Laura Pose 2ºB)
- É Matías!
- Pero que dis? –dixo Clara con asombro despois de escoitar quen era. Non
creo que el fixera eso, ademais…
- Que si que é, voucho contar. O outro día Emilio pediume un favor:
- Érica, podes ir a biblio e coller o meu ordenador que me olvidei? - díxome ao
decatarse que non o trouxera.
Fun camiñando cara á biblioteca cando de súpeto me atopei con Matías.
- Ei, que fas ti aquí? –pregunteille.
- Eu…, nada, estaba…, estaba buscando a miña chaqueta a ver se estaba por
aquí. Adeus!- dixo o mozo apurado sen dicir máis.
Despois de esta estraña reacción entrei, sen entender nada, e levei unha sorpresa
porque vin que que estaba o “tuenti” aberto.
- Eh, que dis? que dis agora? – preguntou Érica.
- Pode ser unha casualidade, ademais ti non sabes se andou alguén na
biblioteca antes que Matías. O que eu me pregunto é: con que fin esta persoa
quere “engancharnos”–dixo Clara facendo comiñas cos dedos- ás tres? … O mellor
vai ser falar con Laura, xa que el vai na súa clase…
E no seguinte intercambio de clase foron a falar con Laura
- Matías? Non sei, é unha opción entre miles- dixo Laura.
- Ben tampouco é para tanto, entre centos -agregou Clara, facendo que as
dúas mozas acabaran nunha gargallada – Ben, ao que ía, o que necesitamos saber é
7
se tivo algunha reacción estraña nesta tempada.
- Non, está coma sempre, por iso me sorprende que poida ser el.
O día transcorreu tranquilo sen ningunha famosa “mensaxe privada”, pero non
tardarían en chegar.
Ao día seguinte as tres implicadas neste asunto reuníronse nun momento no
recreo para contarse se ocorrera algo novo. Antes de que ningunha dixera nada
chegou Bruno e dixo:
- Ola, aínda seguides con ese tema?
- E…, si, temos que saber quen é – dixo laura.
- Non sei que tanto vos preocupa – protestou el, de brazos cruzados.
- En fin, imos ao que imos, que… -intentou falar Aitana.
- Ei, mirade! –dixo Bruno sorprendido.
Cando se deron a volta para ver que “tan importante” sería iso quedaron
observando... o inesperado!
Capítulo 4: O clan dos gamberros (Javier Brey – Plástica)
Jacobo, o xefe de estudos, levaba,
agarrado polo colo da camisa, a Matías á
dirección. Polas caras algo serio pasara.
Un portazo retumbou no instituto. Os
rapaces quedáronse sen palabras pero xa
era tarde para actuar e ver o que estaba a
pasar. O timbre soou de súpeto e había
que ir a clase. Pobres rapaces, nin sequera
eles se podían imaxinar que un día coma
hoxe ía cambiar as súas vidas para
sempre.
Mentres noutro lado do instituto,
na parte da atrás, o clan dos gamberros
reúnese a maquinar. Ninguén sabía os
seus nomes, nin sequera eles, era unha
das regras do clan. Tamén no instituto
8
utilizaban nomes falsos.
- Parece que o plan está saíndo tal e como o pensaramos, Matías está fóra de xogo.
Agora que están todos en clase é o momento de pechar portas e fiestras. Eu
persoalmente encargareime dos profes de garda.
No instituto respirábase tranquilidade. Na sala de profesores Vidal e Sesma
facían garda como calquera martes a 4ª hora cando o teléfono comeza a soar. Vidal
incorpórase e cerra o periódico.
- Deixa, cólloo eu - di Sesma mentres se acerca a descolgar o teléfono-. Diga?
- Son Mariví, de Dirección, quen estades de garda?
- Vidal e mais eu - responde Sesma- Fai falta algo?
- Sí, facédeme un favor, ide os dous ata o ximnasio do instituto, espérovos alí, non
tardedes moito.
- Pasou algo? - preguntou Sesma preocupado-, pero no teléfono xa colgaran e,
aínda que a voz de Mariví soou diferente no auricular, non lle fixo sospeitar nada
estraño.
- Parece que Mariví non anda demasiado ben da gorxa - comentáballe Sesma a
Vidal.
Demasiada tranquilidade no Instituto. O corredor está baleiro mentres se
dirixen ao ximnasio. Fóra empeza a caer unha horrible choiva de inverno e, sempre
que o vento sopra coma hoxe, córtase a electricidade. Chamaron por Mariví cando
entraron no ximnasio só iluminado polo titilante resplandor dos tubos
fluorescentes, pero ninguén contestou. Só Deus sabía que clase de inferno lles
esperaba.
- Mariví? - insistiu Sesma.
Coma o resto do instituto, o ximnasio permanecía silencioso e o eco da súa
voz retumbaba nas paredes. Sesma mirou a Vidal e nesa pausa de silencio
escoitaron o portazo. Fóra só se escoitaba o alarido do vento que agora
retumbaba nas ventás. Sesma frunciu o cello, sentíndose percorrido por unha onda
de irritación. Daba igual quen fora pero, que era iso de ir dando portazos polo
instituto?
Dirixiuse ata a porta e intentou abrila. Non puido, estaba pechada con chave.
Durante un longo segundo permaneceu inmóbil, mirándoa. Buscou a Vidal pero o
corredor estaba baleiro. A cousa non tiña ningunha graza, dende logo que non.
9
- Vidal? Mariví? – preguntou, pero só o eco das paredes puido escoitar.
Incrédulo, volveu intentar abrir a porta pero foi imposible. O corazón
palpitáballe violentamente. Percorreu o ximnasio mirando cada recuncho, o
despacho, o vestiario das mulleres..., pero cando entrou no vestiario de homes non
puido comprender o que alí estaba pasando e sentiu que lle percorría un calafrío.
Dende o outro lado do espello Vidal pedíalle axuda. Sesma mirou ao seu redor para
ver que o que estaba a ver era certo. Entón sentiu que a súa sorpresa trocábase
nun espanto tan frío coma unha tumba, Vidal tiña unha expresión asustada e
perplexa, cos ollos desorbitados. Non escoitou os seus berros pero captou a súa
angustia, o terror, e o único que podía escoitarse era o oulear do vento que soaba
coma un asubío de tren a través das ventás.
Agora as aulas estaban sendo cerradas silenciosamente dende fóra. Todo ía
sobre rodas. O clan dos gamberros xa podería pasar ao seguinte nivel.
Capítulo 5: A cabeza de Sesma que non para (Yolanda Canosa 4ºA)
Sesma seguía asustado co que estaba a pasar. Foi en busca de axuda polas
clases. Chegou a clase de 2º e alí estaban Clara, Aitana e Laura. Sesma díxolles:
- Xa sabemos que Matías non foi porque fixémolo confesar na dirección.
- Joba….pos entonces quen será??- preguntabase Clara.
Sesma díxolles que estaba asustado con todo o que estaba a pasar e
contoulles todo, pero elas nin caso lle facían xa que as súas cabezas estaban en
saber quen era o das mensaxes, xa que Matías non era…
Sesma marchou e quedaron as tres. Chegou Bruno e vendo as caras que
tiñan confesou que fora él o quie enviara as mensaxes de Clara, e que o fixo para
demostrarlle o seu amor…. Pero que dos outros non tiña nin idea, nin comprendía
por que eran do mesmo estilo…
Clara, cando él llo dixo, comezou a chorar e dïxolle:
- Canto te quero, Bruno!!
Puxoo roxo de tantos bicos que lle dou;
- agora o mais importante é saber quen é o das mensaxes porque para que sexan
iguais ten que ser moita casualidade- din as tres ao mesmo tempo:
_Hay que investigar!!!!
10
Capítulo 6: Investigando as mensaxes. (Fátima Soto 2ºB)
Xa sabían que as primeiras mensaxes, as de Clara, eran de Bruno, pero…, e as
outras? Elas xa se puxeran a investigar.
- O que nos enviou as mensaxes tivo que ser unicamente un rapaz? Non pode ser unha rapaza logo?
As palabras de Clara fixeron que Laura e Aitana se miraran fixamente. Elas aínda
non barallaran esa posibilidade pero ao escoitala decatáronse de que non era
ningunha parvada.
- Ei! Por suposto que pode ser! Pero…, quen? E sobre todo para que querería facernos isto?
As caras de Laura e Clara dicíano todo, total ignorancia sobre o tema.
Clara ía camiñando para a casa. A súa cabeza buscaba respostas a tantas
preguntas que rondaban a súa mente: sería Bruno o que enviou as demais
mensaxes?, sería outro rapaz?, ou rapaza? E por que?
Plum! A rapaza caeu estrepitosamente ao chan.
- Ai! Debería atender máis ao que estou facendo! -dixo- Pero ben! Éche o que hai, non podo estar a todo! E isto das mensaxes privadas tenme tola! Ei! que fago falando soa? En fin!
Xa se estaba a levantar cando viu algo no chan. Era unha foto que sacara a
principio de curso, nela estaban todas as rapazas de 2ºB.
- Xa case non me acordaba desta foto! –pensou. Igual me serve para investigar!
Chegou a casa e púxose a contemplar a foto.
- Soraya, Fátima, Érica, Uxía, Virginia, Maryeli, Paola, Adela, Tifany, María… Algunha delas lle estaría a facer iso?
O espertador soaba e Clara daba un brinco na cama. Ai! Xa eran as oito e ela aínda
non fixera os deberes!
- Tranquilidade, alguén mos deixará copiar, é a primeira vez, non creo que me pase nada -pensou.
Chegou ao instituto e Bruno agardábaa na porta de 2ºB.
- Moito me tardaches!
11
- Xa falaremos!
A breve resposta de Clara e a forma na que marchou correndo deixaron a Bruno
atónito.
Aitana e Laura estaban falando cando ela chegou.
- Descubríchedes algo? Laura mirou para Aitana e en voz case inaudible díxolle:
- Veña, dillo xa…
- Clara, -dixo Aitana con cara moi seria- creo que sabemos quen foi…Descubrimos
algo no tuenti que se nos pasara por alto…
Tras tres longas clases nas que non facía máis que pensar no que lle dixeran…
- Riiiiing! O esperado timbre que marcaba a hora de saír ao recreo.
Clara saiu correndo sen que Bruno tivese tempo de abrir a boca.
- Rapazas, chegou a hora!
- Temos que ir obrigatoriamente? -preguntou Laura.
- Interésache saber quen é o autor das mensaxes? -dixo Clara con ton desafiante.
- Vale, imos alá!
Tras unhas cantas voltas polo patio atopárona.
- Foi doado atopala!
- Non era difícil de saber, sempre pasean as tres por aquí!
- Ei vós! Vide aquí!
Érica, Fátima e María achegáronse con cara de sorpresa.
- Nós? -preguntou María.
- Sí. Sabemos que unha de vós é a que nos envía as mensaxes privadas.
As rapazas miráronse unhas a outras tentando ver a culpabilidade na cara de
algunha, mais non viron nada estraño.
- Por que non as interrogamos por separado?
- Unha con cada unha de nós?
12
- Sí.
- Vale!
- Fátima, vén! -dixo Clara- e vós, María con Aitana e Érica con Laura.
- Que pasa, Clara? -preguntou Fátima.
- Fátima, as pistas leváronnos a que unha de vós as tres debe ser a persoa que nos
enviou as mensaxes.
- Pero..., tédelo claro? Clarisimamente claro?- dixo Fátima para amolar a Clara
como facía habitualmente.
- Non sei... A ver que din as demais..., pero veña! Empezo a preguntar!
- Érica! Sabemos que fuches ti a das mensaxes!
- Pero Laura! Que pistas tedes de que fun eu! Tedes probas?
- Verás Érica, cando algo está tan claro non fai falla ter probas! Onde estabas o día
en que recibín a primeira mensaxe?
- Que día foi?
- Sábelo perfectamente! Mércores 1 de decembro!
- Estiven en informática…, e efectivamente no tuenti…, pero…, cantas persoas máis
se conectaron ese día! Por que dás por suposto que fun eu?
- Aitana, cres que é necesario vir para aquí só por unhas preguntiñas?
- Ai, María, María… Eu non che son nada tonta! Podes ter cómplices!
- Meu Deus, Aitana! Pero que imaxinación! Xa aseguras que fun eu a das
mensaxes?
- Pois está sabido! Es ti sen dúbida!
- Que é o que che fai pensar iso?
- María, eu sei investigar! Xa sei que tiveches un tuenti por un corto período de
tempo! Para que? Para enviarnos as mensaxes!
- Non o borrei eu! Denunciáronmo! Cres que faría todo iso só por unhas mensaxes?
- O que eu digo! Cómplices!
13
As tres rapazas escaparon correndo das mans das mensaxeadas.
- Creo que isto non nos serviu para moito! -dixo Clara.
- Iso dilo ti! -dixeron Laura e Aitana ao unísono.
Capítulo 7. Un amanecer escuro (Emilio Roca - Biblioteca)
As rapazas marcharon, cada unha remoendo nos seus pensamentos,
mirando ao chan, como se as cabezas pesasen de xeito desacostumado. O asunto
das mensaxes estábase a convertir nun quebradeiro de cabeza. Nin se decataron
de que mentres falaban había outros oídos atentos a canto dicían. Arriba nas
escaleiras, medio nas sombras, tres compoñentes do Clan dos Gamberros, coas
capuchas postas e as caras escondidas non perderan unha soa palabra do que alí se
falara.
En canto as rapazas marcharon dirixíronse a un aula baleira para que
ninguén os interrumpise. Cando quedaron sós retiraron as capuchas, deixando á
vista ás máscaras que levaban, ocultando a súa identidade incluso entre eles
mesmos:
- Parece que todo vai según o previsto, ou aínda mellor.
- Si, tes razón, número 1, pero hai algo que me preocupa.
- Que sucede, número 3?
- Sesma. Non estaba previsto que falara coas rapazas, e ademáis penso que está
convencido que o de Vidal foi un soño, unha alucinación, e segue por aí tan
tranquilo.
- Pero iso non é problema, verdade, número 1? – dixo o número 2.
Nón, en absoluto –contestou- esta mesma noite celebraremos o noso ritual, aquí
mesmo, no instituto, e mañán pola mañán... van ter unha boa sorpresa! E agora
ímonos. Xa sabedes, cada un polo seu lado, e non quitedes as máscaras ata perder
aos outros de vista.
- Como entraremos?- preguntou o número 3, cun certo tremor na voz.
- Outra vez te olvidaches? –tronou o número 1- Volves a non saber a clave da
alarma do instituto? Non sei se confiar en ti. Tal vez fora mellor prescindir de ti!
14
- Non fallarei, aquí estarei! – dixo o número 3, agachando a cabeza. Sabía da ira do
xefe do clan, da maldade que albergaba no seu interior e que ás veces era case
imposible de disimular.
- Pois xa sabedes, avisade aos demáis e todos na biblioteca ás 12 en punto. E
asegurádevos de que ninguén colla o libro. Só nos faltaba que algún despistado o
collera en préstamo pensando que é un libro como calquera outro!
E sen outra explicación deu volta, logo quitou a máscara e marchou pasillo
adiante, como un alumno calquera. Cruzouse con Brey, o de Plástica, e saudouno
cun sorriso, pero na súa cabeza soaba unha risa demoniaca e xa disfrutaba por
adiantado da amarga sorpresa que esperaba ás súas ‘enemigas’ ao día seguinte.
Esa noite era lúa chea e tiña que aproveitar a oportunidade. Xa as tiña medio
enemistadas unhas coas outras, o asunto das mensaxes saíra moito mellor do que
esperaba, e el sabía que se conseguía enemistalas por completo perderían moita
da súa forza e serían incapaces de axudarse unhas a outras.
A mañá seguinte os autobuses aparcaron coma sempre, e da súa panza
comenzaron a saír os rapaces, aínda medio adurmiñados. Iban despertando a
medida que se atopaban cos compañeiros doutras vilas e doutras clases.
- Hello. Good morning! – entrou Emilio na clase coa súa cantinela de cada día.
- Profe, pode cambiarme de sitio? Hai moitos libres.
- A ver, esperade un momento. Deixádeme que cubra o parte de faltas antes de
nada. Eh, que pasa hoxe? –preguntou ao ver a clase medio valeira- Algún autobús
non chegou?
- Non profe, chegaron todos, pero falta moita xente.
- Haberá gripe ou algo así. Que raro! – dixo Emilio.
- Can I go to the toilet, please?
- Pero se acabamos de empezar!
- Si profe, pero é que saín tan rápido de casa que non tiven tempo.
E marchou ao baño, pero non tardou tres segundos en volver, case sen
poder falar, coa cara pálida e os ollos desorbitados, sinalando cara ao pasillo.
- Que che pasa? Sinteste mal? Que tes? –Preguntou Emilo nada máis vela.
15
-
- Pero que che pasa? Di algo!
- No... no....
- Empezas a preocuparme – Emilio xa estaba pensando nalgunha enfermidade
contaxiosa ou algo parecido, con tanta xente que faltaba hoxe, e agora esto- a ver,
tranquilízate, intenta explicarte.
- No... no... no baño, profe. Tes que... tes que ir a ver.
- Que pasa no baño? A ver, os demáis, coidade dela un momento, que vou a ver
que sucede no baño e a chamar a súa casa, que a veñan a recoller.
Pero non chamou a súa casa. Iba polo pasillo dereito cara ao teléfono cando,
pola porta entreaberta do baño dos rapaces pareceulle ver algo que se movía.
Asomouse a ver que pasaba e ao prender a luz.... Non podía crer nos seus ollos. Alí
mesmo, no espello, dentro do espello, se removían, retorcéndose, os rapaces.
Bruno, Matías, Rui... petando con todas as súas forzas no interior do cristal, pero
ningún son traspasaba o cristal.
Emilio saeu disparado cara o baño das rapazas, cunha malsana intuición bulindo na
cabeza. E si, alí estaban, cinco rapazas coas caras aterrorizadas. Érika, Aitana,
Laura, María e Adela intentaban falar, berraban desesperadas, aínda que desde
fora parecían estar lonxe, moi lonxe, noutro mundo.
De pronto o baño encheuse de xente. Xa era demasiado tarde para intentar
tranquilizar aos demáis alumnos. Alí estaba o resto da clase, mudos de asombro.
Clara, case reposta do primeiro susto, achegouse ao espello e apousou a súa man
no vidro frío. As rapazas tras o cristal achegaron as súas, mentres as bágoas
silenciosas resbalan polas súas caras. Miráronse.
Capítulo 8 - O xefe do clan...(Érica Santos Insua, 2ºB)
De repente, as rapazas desapareceron do espello, as caras borráronse, as bágoas
secáronse, deixando ao descuberto o triste reflexo da rapaza, que aínda non
distinguira se iso fora un soño ou a pura realidade. Nese momento os ollos
acastañados de Clara pecháronse, e pouco a pouco esvaeceuse...
Abriu os ollos, Emilio estaba ao seu carón.
-Clara! Como te atopas?
16
-Onde está toda a xente?
-Onde van a estar? Traballando- dixo Emilio cun ton irónico.
-Saíron do espello?
-Que espello? De que estás a falar?
Clara abriu a boca pero non pronunciou palabra, decatouse de que todo fora un
mal soño.
Emilio mandou a Clara a casa, ía de camiño á clase cando se desviou, entrou na
biblioteca e dirixiuse directamente a un libro. Abriuno e dentro deixou unha nota.
Logo volveu situalo no seu lugar.
Nese momento entraron tres rapaces:
-Non son necesarias as capuchas-dixo Emilio mentres lles chiscaba un ollo e cunha
man lles facía un sinal.
Os rapaces respondéronlle asentindo coa cabeza disimuladamente.
-Xefe, estánse a complicar as cousas. Ao darlle a luz aos espellos do instituto, vese
o que detrás deles está a pasar...
-Pero que...? Hai que SOLTALOS! Clara non se debe decatar do que está a pasar.
De pronto soou o timbre, iniciando así o comezo do recreo.
Como un raio apareceu Fátima que se dirixiu a Emilio a fume de carozo,
inmediatamente os tres rapaces puxeron unha máscara, ocultando así os seus
rostros.
- Emilio, Emilio! Sabes que lle pasou a Érica e ao resto?
- Non sei, a verdade. Pode ser que se estea a estender unha gripe ou algo
parecido- dixo Emilio cun certo ton sospeitoso.
- Vale... Hoxe vou probar a chamar a Érica a ver o que lle pasa.
- NOOON! -dixeron os tres rapaces.
Emilio mirounos e fixo un pequeno sinal coa cabeza dirixíndose ao libro.
-Fátima, non te apuntas ao “sabías que”? Este ano hai que facer tríos -sorriu.
Fátima marchou con Emilio fóra da biblioteca e os dous se puxeron a falar. Mentres
os tres rapaces, que se atopaban sós, colleron o libro, como minutos antes fixera
17
Emilio... Nese momento caeu a nota, os rapaces lérona e un lixeiro sorriso saiu das
súas bocas.