MARZO 2007
MEMORIA DE RESULTADOS DO TRANSPORTE URBANO DO ANO
2007
ASENTAMENTO DA REDE DE TRANSPORTE
Como expoñeremos nesta presentación, o ano 2007 supuxo o asentamento definitivo da rede de transportes integrada polos distintos operadores do transporte urbano (Tralusa, Hnos. Ferrín, Transportes Mosquera e Aucasa).
Esta afirmación baseámola nos 7.721.901 viaxeiros transportados que supuxeron un incremento de 144.480 usuarios máis con respecto ao ano 2006, o que supón un incremento dun 1,91 % de subida con respecto ao pasado ano.
ASENTAMENTO DA REDE DE TRANSPORTE
A configuración actual da rede é a seguinte:
TOTAL LIÑAS URBANAS: 16Liña 1: polígono do Tambre – hospital Clínico.Liña 2: Rocha Vella – sstación de autobuses.Liña 4: Romaño – Vita Alegre – Cancelas.Liña 5: polígono de Vite – estación de autobuses –praza Roxa – Conxo – A Rocha. Liña 6: San Lázaro – Os Tilos.Liña 7: San Roque – Aríns (TRANSPORTES MOSQUERA)Liña 8: Belvís – San Lourenzo – Vidán.Liña 9: Viso – Fontiñas – rúa da Rosa.Liña 11: circular Fontiñas.Liña 12: Os Tilos – hospitais.
ASENTAMENTO DA REDE DE TRANSPORTE
Liña 13: tanatorio Boisaca – polígono do Tambre – Guadalupe – Casas Novas.
Liña 15: campus norte (Vite) – praza de Galicia – campus sur. Liña C2: estación de autobuses – Fontiñas – hospitais – Vite. Liña C4: estación de autobuses – Vite – hospitais – Fontiñas. Liña C5: polígono Costa Vella – Amio – praza de Galicia –
Paxonal – Amio – polígono Costa Vella. Liña C6: polígono Costa Vella – Amio – Paxonal –praza de
Galicia – Amio – polígono Costa Vella.
ASENTAMENTO DA REDE DE TRANSPORTE
LIÑAS URBANO - PERIFÉRICAS
ESTACIÓN DE AUTOBUSES – FIGUEIRAS. ESTACIÓN DE AUTOBUSES – ORTOÑO. RÚA DA SENRA – SON. PEREGRINA – GRIXOA – PORTA DO CAMIÑO (AUCASA). SAN ROQUE – SANTA LUCÍA – A PAJUELA. SAN ROQUE – VILLESTRO (HNOS. FERRÍN). PRAZA DE GALICIA – SIONLLA. HÓRREO – BANDO – VILAMAIOR.
MODIFICACIÓNS DA REDE DE TRANSPORTE REALIZADAS NO
ANO 2007
Ampliación da liña 5 ata a nova urbanización do Avío.Ampliación de horarios da liña 13.Ampliación de percorrido polo Pgno. de Costa Vella das liña C5 e C6.Ampliación dos horarios da liña de Ortoño.Ampliación de percorrido da liña da Peregrina – Grixoa ata o lugar de Miramontes.
A CHEGADA DO TRANSPORTE COMARCAL
Na actualidade contamos coas seguintes liñas de transporte comarcal:
Milladoiro – Santiago. Brión – Bertamiráns – Santiago. Cacheiras – Santiago. Sigüeiro – Santiago.
VIAXEIROS TOTAIS DA REDE POR LIÑA
LIÑA USUARIOS 2007 LIÑA USUARIOS 2007
1 1.280.882 C4 - C2 502.671
2 98.240 Son 15.993
C5 - C6 298.108 Sionlla 13.202
4 425.790 Figueiras 142.899
5 1.218.158 Ortoño 87.663
6 1.246.601 Vilamaior 12.682
8 256.447 Santa Lucía 212.787
14 57.472 Servizos especiais 5.328
11 974.186 Villestro 50.757
12 78.772 7 224.174
13 162.457 Peregrina 21.480
15 335.152
7.721.901TOTAIS
VIAXEIROS TOTAIS DA REDE POR LIÑA
0
200.000
400.000
600.000
800.000
1.000.000
1.200.000
1.400.000
Ano 2006 Ano 2007
CONSIDERACIÓNS SOBRE AS LIÑAS DA REDE DE TRANSPORTE URBANO
Cabe destacar os seguintes aspectos:
A liña 1 (polígono do Tambre – hospital Clínico) consolídase como a liña de transporte con máis viaxeiros transportados da rede, cun total de 1.280.882 usuarios, o que supón o 16,59% do total da rede. A seguinte liña con máis viaxeiros transportados é a liña 6 (San Lázaro – Os Tilos) con 1.246.601 usuarios que supoñen o 16,14% da rede. En terceiro lugar neste ranking está a liña 5 (Pgno. de Vite – estación autobuses– praza Roxa – Conxo – A Rocha) con 1.218.158 viaxeiros que é o 15,78% da rede. Estas tres liñas aumentaron con respecto ao pasado ano nun total de 61.498 viaxeiros.
Destacar tamén o aumento en 1.890 viaxeiros da liña 11 que inicia deste xeito unha progresiva recuperación dos viaxeiros perdidos en detrimento das liñas circulares C5 e C6.
CONSIDERACIÓNS SOBRE AS LIÑAS DA REDE DE TRANSPORTE URBANO
Cabe destacar os seguintes aspectos:
As liñas C5 e C6 aumentaron o seu número de viaxeiros en 16.964 como consecuencia das modificacións realizadas no pasado mes de maio que consistiron en dar unha maior cobertura ao Pgno. de Costa Vella.
A liña 13 (tanatorio Boisaca – Pgno. do Tambre – Guadalupe – Casas Novas) aumentou en 22.779 os seus usuarios, como consecuencia do aumento dos servizos.
A liña 15 (campus norte – praza de Galicia – campus sur) segue a consolidarse aumentando en 10.637 os seus usuarios.
Por último destacar dentro das liñas urbano – periféricas o aumento en 9.300 os usuarios da liña de Santa Lucía.
TARIFAS TRANSPORTE URBANO 2008
LIÑA TARIFAS 2008
Billete ordinario 0,90 €
Billete escolar 0,55 €
Bono ordinario 0,55 €
Bono escolar 0,40 €
Bono mensual 26,00 €
Bono pensionista 0,00 €
Transbordos gratuítos 0,00 €
PERFILES DOS USUARIOS DO TRANSPORTE URBANO
Billete ordinario: destinado a maiores de 18 anos.Billete escolar: destinado a menores de 18 anos. Bono ordinario: destinado a maiores de 18 anos.Bono escolar: destinado a menores de 18 anos.
•Todos eles contan con transbordo gratuíto.
Bono mensual: destinado aos usuarios cunha elevada frecuencia de uso do transporte público e que dispoñen ao longo de 30 días de viaxes ilimitadas.Bono pensionista: destinados aos colectivos de pensionistas e minusválidos.
VIAXEIROS TRANSPORTADOS SEGUNDO O TÍTULO DE VIAXE UTILIZADO
LIÑA USUARIOS 2007PORCENTAXE
USO 2007USUARIOS 2006
PORCENTAXE USO 2006
Billete ordinario 2.093.521 27,11% 2.255.854 29,77%
Billete escolar 395.668 5,12% 463.164 6,11%
Bono ordinario 1.935.798 25,07% 1.821.206 24,03%
Bono escolar 385.612 4,99% 345.755 4,56%
Bono universitario 252.068 3,26% 251.046 3,31%
Bono mensual 603.665 7,82% 599.934 7,92%
Bono pensionista 1.961.814 25,41% 1.840.462 24,29%
Transbordos gratuítos ordinarios
84.977 1,10% 0 0,00%
Transbordos gratuítos escolares
8.778 0,11% 0 0,00%
TOTAIS 7.721.901 7.577.421
VIAXEIROS TRANSPORTADOS SEGUNDO O TÍTULO DE VIAXE UTILIZADO
CONSIDERACIÓNS SOBRE A UTILIZACIÓN DOS DISTINTOS TÍTULOS
DE VIAXECabe destacar os seguintes aspectos:
Baixa a utilización do uso dos billetes ordinario e escolar que pasan dun 35,88% no ano 2006 a un 32,23% en 2007.
Froito das políticas tarifarias aplicadas nos últimos anos, a utilización dos bonos ordinarios e escolares aumentou nun 1,47%. Lembremos que a política de tarifaria dos últimos anos foi de conxelación dos bonos para deste xeito fidelizar aos nosos usuarios.
Destacar por último que os transbordos gratuítos xa empezaron a asentarse na rede de transporte supoñendo xa o 1,21% do total das viaxes realizadas.
Por último, as viaxes gratuítas (bono pensionista) incrementáronse nun 1,12%.
PORCENTAXE DE UTILIZACIÓN DO TRANSPORTE URBANO POR LIÑAS
LIÑAPORCENTAXE
USO 2007LIÑA
PORCENTAXE USO 2007
1 16,59% C4 - C2 6,51%
2 1,27% Son 0,21%
C5 - C6 3,86% Sionlla 0,17%
4 5,51% Figueiras 1,85%
5 15,78% Ortoño 1,14%
6 16,14% Vilamaior 0,16%
8 3,32% Santa Lucía 2,76%
14 0,74% Servizos especiais 0,07%
11 12,62% Villestro 0,66%
12 1,02% 7 2,90%
13 2,10% Peregrina 0,28%
15 4,34%
PORCENTAXE DE UTILIZACIÓN DO TRANSPORTE URBANO POR LIÑAS
ASPECTOS QUE DEBEMOS LEMBRARDende a creación de TUSSA sempre se traballou na mellora da información como eixo fundamental para a utilización do transporte público, polo que seguindo esa liña, lembramos os seguintes aspectos:
Tussa conta coa páxina web www.tussa.org na que se informa das distintas posibilidades tanto no que se refire á mobilidade como no que respecta aos horarios das distintas liñas da rede.
Tamén está a disposición dos usuarios o número de teléfono 901 12 00 54 onde se informa a tempo real dos servizos de transporte.
Estamos a traballar na mellora da nosa páxina web para que tamén se poida coñecer a tempo real o paso dos autobuses por cada unha das paradas.
Ao longo desta temporada de inverno xa se repartiron máis de 18.000 folletos informativos, e contamos con 120 marquesiñas con información dos horarios de transporte.
ENDEREZO ELECTRÓNICO
TUSSA lembra que ten a disposición dos usuarios do transporte urbano o seu enderezo electrónico e páxina web nos que recollemos suxestións, queixas e en definitiva todo o que nos sirva para ofrecer un mellor servizo:
www.tussa.org [email protected]