![Page 1: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042621/5f5c4ff2f3dcc262a443043b/html5/thumbnails/1.jpg)
Literatura galega
María Xesús Nogueira Pereira
GUÍA DOCENTE 2018/2019
FACULTADE DE HUMANIDADES
DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA
![Page 2: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042621/5f5c4ff2f3dcc262a443043b/html5/thumbnails/2.jpg)
ÍNDICE
1. Datos descritivos da materia
2. Obxectivos
3. Competencias
4. Contidos
5. Metodoloxía
6. Avaliación
7. Distribución da carga ECTS
8. Cronograma
![Page 3: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042621/5f5c4ff2f3dcc262a443043b/html5/thumbnails/3.jpg)
1. Datos descritivos da materia
MATERIA: Literatura Galega
CÓDIGOS: G5101223A
TIPO DE MATERIA E CURSO NO QUE SE IMPARTE: Obrigatoria, 1º cuadrimestre
do 2º curso. Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.
HORARIO DA MATERIA:
Martes de 11.00 a 12.30 (aula 12)
Mércores de 17.30 a 19.00 (aula 12)
REQUISITOS: Non se estabelecen requisitos esenciais para a materia
PROFESORA ENCARGADA DA MATERIA: María Xesús Nogueira Pereira
DEPARTAMENTO: Filoloxía Galega
2. Obxectivos
Proporcionarlle ao alumnado un coñecemento xeral da historia da
literatura galega centrado nas súas principais obras, figuras,
movementos e liñas creativas.
Capacitar o alumnado para identificar as particularidades que
caracterizan a literatura galega nos distintos períodos da súa historia e
as diferenzas a respecto das literaturas do seu contorno.
Proporcionar información complementaria sobre o contexto social,
cultural e lingüístico no que se desenvolveu a literatura galega.
Profundar na lectura analítica e reflexiva de textos fundamentais da
literatura galega.
Entender a literatura como unha produción viva e dinámica para
comprender os principais mecanismos do seu funcionamento no
momento actual.
![Page 4: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042621/5f5c4ff2f3dcc262a443043b/html5/thumbnails/4.jpg)
3. Competencias
Coñecemento da evolución da literatura galega.
Comprensión das particularidades que caracterizan a creación literaria
galega.
Coñecemento dos textos representativos da literatura galega.
Lectura e análise de textos
Coñecemento das principais claves da literatura galega actual.
Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
4. Contidos
TEMARIO:
1. Panorama xeral da literatura galega
2. A literatura medieval
1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros
1.2. O verso
1.3. A prosa
2. A literatura do século XIX
2.1. Contexto e periodización
2.2. Os Séculos Escuros
2.3. O Rexurdimento
3. A literatura dos séculos XX e XXI
3.1. A preguerra
3.2. A guerra e o exilio
3.3. A posguerra
3.4. A democracia
![Page 5: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042621/5f5c4ff2f3dcc262a443043b/html5/thumbnails/5.jpg)
DESENVOLVEMENTO DO TEMARIO:
Tema 1. A LITERATURA MEDIEVAL OBXECTIVOS:
Contextualizar as primeiras manifestacións da literatura galega escrita.
Comprender as particularidades da literatura galega medieval.
Pór de relevo a importancia da produción medieval.
EPÍGRAFES:
1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa
LECTURAS: Selección de textos distribuída a través da aula virtual.
BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA:
Beltrán, C. (1995). A cantiga de amor. Vigo: Xerais.
Brea, M. / P. Lorenzo Gradín (1998). A cantiga de amigo, Vigo: Xerais.
Lanciani G. / G. Tavani (eds.) (1996). Dicionario da literatura medieval galega e portuguesa. Lisboa: Caminho.
Lanciani G. / G. Tavani (1995). As cantigas de escarnio, Vigo: Xerais.
Oliveira, A. (1995). Resende de, Trobadores e xograres. Contexto histórico,
Vigo: Xerais.
Pena, X. R. (1986): Literatura Galega Medieval, I. A Historia, Barcelona: Sotelo
Blanco.
Tavani, G. (1986). A poesía lírica galego-portuguesa, Vigo: Galaxia.
![Page 6: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042621/5f5c4ff2f3dcc262a443043b/html5/thumbnails/6.jpg)
Tema 2. A LITERATURA DA IDADE MODERNA E DO SÉCULO XIX
OBXECTIVOS:
Comprender as dinámicas histórico-culturais dos Séculos Escuros.
Comprender o proceso de marxinación ao que se viu sometida a cultura
galega e reflexionar sobre as consecuencias no desenvolvemento da
literatura.
Entender as principais claves do Rexurdimento.
Coñecer as principais manifestacións literarias producidas nestes séculos.
EPÍGRAFES:
2.1. Contexto e periodización
2.2. Os Séculos Escuros
2.3. O Rexurdimento
LECTURAS: Selección de textos distribuída a través da aula virtual. Rosalía de Castro, Follas novas
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Alonso Montero e outros (eds.). Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o seu tempo”. Santiago: Consello da Cultura Galega.
Carballo Calero, R. (1979). Estudios Rosalianos. Vigo: Galaxia.
Ferreiro, M. (1991). Pondal. Do dandismo á loucura. Compostela: Laiovento.
Forcadela, M. (1995). A poesía de Eduardo Pondal. Vigo: Edicións do Cumio.
Mariño Paz, Ramón (ed.). 2008. Papés d'emprenta condenada : a escrita
galega entre 1797 e 1846. Santiago de Compostela: Consello da Cultura
Galega.
Hermida, M. (1994). Narrativa galega: tempo do Rexurdimento. Vigo: Xerais.
![Page 7: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042621/5f5c4ff2f3dcc262a443043b/html5/thumbnails/7.jpg)
Tato Fontaíña, L. (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra.
VV. AA. (1986). Actas do Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo. Santiago: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago), 3 vols.
Tema 3. A LITERATURA DOS SÉCULOS XX E XXI
OBXECTIVOS:
Comprender os feitos histórico-políticos máis relevantes do período anterior
á Guerra Civil e reflexionar sobre a súa transcendencia.
Entender as consecuencias do levantamento militar, a Guerra Civil e a
Ditadura na cultura galega
Coñecer as manifestacións máis importantes producidas tanto na Galicia
interior como na emigración e no exilio
Comprender as principais claves culturais da posguerra
Coñecer a evolución da literatura galega até os nosos días.
Coñecer os textos fundamentais deste período.
Comprender as claves do sistema literario actual
EPÍGRAFES:
3.1. A preguerra
3.2. A guerra
3.3. A posguerra
3.4. A democracia
LECTURAS:
Escolma de textos distribuída a través da aula virtual
Manuel Antonio, De catro a catro
Eduardo Blanco Amor, A Esmorga
Álvaro Cunqueiro, Si o vello Sinbad volvese ás illas
![Page 8: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042621/5f5c4ff2f3dcc262a443043b/html5/thumbnails/8.jpg)
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Alonso Montero, X. (1991). Luís Pimentel: biografía da súa poesía. Pontevedra: Edicións do Cumio.
Casares, C. (coord.), (1996). Congreso Rafael Dieste. Santiago: Xunta de Galicia.
Casares, C. (coord.) (1996). Congreso Vicente Risco. Santiago: Xunta de Galicia.
Casas, A. (1995). Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego. Vigo: Galaxia.
Forcadela, M. (1993). Manual e escolma da Nova Narrativa Galega. Santiago:
Sotelo Blanco.
Gaspar, S. (1995). “A narración excéntrica (1985-1995)”, Grial 127.
González Gómez, X. (1995). Manifesto das vangardas europeias. Santiago: Laiovento.
González-Millán, X. (1994). Literatura e sociedade en Galicia (1975-90). Vigo:
Xerais.
González-Millán, X. (1996). A narrativa galega actual (1975-1984). Vigo: Xerais.
López Silva, I. e D. Vilavedra (2002). Un abrente teatral. Vigo: Galaxia.
López Casanova, A. (1990). Luís Pimentel e Sombra do aire na herba. Vigo: Galaxia.
Méndez Ferrín, X. L. (1992). De Pondal a Novoneyra. Vigo: Xerais (1ª ed.
1984)
Noia, C. (1992). A Nova Narrativa Galega. Vigo: Galaxia.
Nogueira, M. X. (1997), “Poesía galega dos oitenta”. Boletín Galego de
Literatura 18, 57-84.
Raña, R. (1996). A noite nas palabras. Unha aproximación á poesía galega de
posguerra. Santiago: Sotelo Blanco.
Pena, X. R. (1996), Manuel Antonio e a vangarda. Santiagto: Sotelo Blanco.
Pozo Garza, L. (1996). A bordo de Barco sin luces ou o mundo poético de Luís Pimentel. Barcelona: Sotelo Blanco.
![Page 9: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042621/5f5c4ff2f3dcc262a443043b/html5/thumbnails/9.jpg)
Rabunhal, H. (1994). Textos e contextos do teatro galego (1671-1936). Santiago: Laiovento.
Requeixo, A. (1996). Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en
galego. Vigo: Edicións do Cumio.
Rodríguez, F. (1993). Eduardo Blanco Amor. O desacougo da nación negada.
Vilaboa: Edicións do Cumio.
Rodríguez Fer, C. (1997). Ánxel Fole. Vida e obra. Vigo: Xerais.
Rosales, M. (1997). A narrativa de Castelao. Santiago: Sotelo Blanco.
Tarrío Varela, A. (1989). Álvaro Cunqueiro ou os disfraces da melancolía. Vigo:
Galaxia.
Tarrío Varela, A. (coord.) (1990). Actas do Simposio Internacional: Otero Pedrayo no panorama literario do século XX. Santiago: Consello da Cultura Galega.
Tato Fontaíña, L. (1995). Teatro e nacionalismo (Ferrol 1917-1936). Santiago: Laiovento.
Vieites, M. (1996). Manual e escolma da literatura dramática galega. Santiago:
Sotelo Blanco.
Vieites, M. (coord.) (1998). Do novo teatro á nova dramaturxia (1965-95). Vigo:
Xerais.
Vilavedra, D. (2010) A narrativa galga na fini de século. Unha ollada desde
2010. Vigo: Galaxia.
BIBLIOGRAFÍA XERAL: AA. VV., Historia da literatura galega. Vigo: AS-PG / A Nosa Terra, 1996. Carballo Calero, Ricardo. Historia da literatura galega contemporánea, 1808-
1936. Vigo: Galaxia, 1963 (3ª ed. 1981). Pena, X. R., Historia da literatura galega. I, II e III. Vigo: Xerais, 2013, 2015 e
2016. Tarrío Varela, Anxo. Literatura galega (aportacións a unha historia crítica).
Vigo: Xerais, 1994.
![Page 10: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042621/5f5c4ff2f3dcc262a443043b/html5/thumbnails/10.jpg)
Vilavedra, Dolores. Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1999. Villanueva Prieto, Darío (coord.). Galicia. Literatura, 6 volumes, A Coruña:
Hércules de Ediciones, 2000-2002. VV.AA. Historia da literatura galega. Vigo: A Nosa Terra, 1996. RECURSOS NA REDE: Base de datos da lírica profana galego-portuguesa (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), www.cirp.es Biblioteca Virtural Galega, www.bvg.udc.es
Poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. GAAP / Consello da Cultura Galega, www. poesiagalega.org
OBRAS DE LECTURA:
Rosalía de Castro, Follas novas Manuel Antonio, De catro a catro Eduardo Blanco Amor, A esmorga Álvaro Cunqueiro, Si o vello Sinbad volvese ás illas Escolmas de textos elaboradas pola profesora para cada tema e distribuídas a través da aula virtual.
5. Metodoloxía As clases expositivas estarán dedicadas á explicación dos contidos centrais da
materia. Apoiaranse en textos e, presentacións en power point e internet.
As sesións de seminario dedicaranse ao traballo con textos das lecturas
obrigatorias.
As titorías programadas dedicaranse a facer un seguimento personalizado do
alumnado.
![Page 11: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042621/5f5c4ff2f3dcc262a443043b/html5/thumbnails/11.jpg)
Utilizarase a aula creada no Campus Virtual.
Empregarase tamén, como ferramenta de comunicación, un grupo pechado de
Facebook.
A profesora encargará actividades relacionadas cos texto estudados.
Distribuiranse a través da aula virtual e deberan ser enviadas a través desta
nun prazo que se dará a coñecer no seu momento.
6. Avaliación
Na primeira oportunidade, a avaliación levarase a cabo conforme o estabelecido nos seguintes puntos: 1. Asistencia e participación activa do alumnado nas sesións de clase e nos foros da aula virtual e do grupo pechado de Facebook. Para a avaliación esíxese un mínimo dun 80% de asistencia e a nota obtida suporá un 20% da cualificación final. 2. Realización en prazo das actividades propostas a través da aula virtual. A nota deste apartado será a resultante da media da obtida nas actividades encargadas (corrixidas nunha escala de 0 a 3 puntos) e suporá un 30% da cualificación final. 3. Realización dunha proba escrita. Suporá un 50% da cualificación final. As persoas que non poidan asistir á clase por algunha razón xustificada serán avaliados no punto 1 por traballos complementarios acordados coa profesora; a avaliación dos puntos 2 e 3 realizarase conforme os criterios máis arriba indicados. Na segunda oportunidade, o alumnado terá dúas posibilidades: a) Solicitar que se lle manteña a cualificación obtida nos puntos 1 e 2, nas porcentaxes indicadas (sempre que tivese unha asistencia regular e enviase os traballos ao longo do curso nos prazos establecidos), e someterse a unha proba escrita cun valor do 50% da cualificación final. Non se contempla a posibilidade de admitir traballos recibidos fóra de prazo nin tampouco de repetilos unha vez cualificados. b) Realizar unha proba escrita cuxo valor suporá o 100 % da cualificación final. As probas escritas deberán ser realizadas nas datas oficiais sinaladas no calendario de exames e consistirán na elaboración dun ou varios temas a partir dun material de apoio proporcionado pola profesora.
![Page 12: Literatura galega - USC...A literatura medieval 1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa 2. A literatura do século XIX 2.1. Contexto e periodización 2.2](https://reader034.vdocuments.co/reader034/viewer/2022042621/5f5c4ff2f3dcc262a443043b/html5/thumbnails/12.jpg)
CALENDARIO DE EXAMES
14/01/2019 12.00 aula 15
5/07/2019 16.00 aula 15
7. Distribución da carga ECTS
Sesións expositivas: 24 horas
Sesións de titoría programada: 3 horas
Sesións de avaliación: 3 horas
Horas de traballo dirixido: 21
Horas de traballo autónomo: 75
9. Cronograma
DÍAS TEMAS ACTIVIDADES VIRTUAIS*
11, 12 Introdución
18, 19, 25 e 26 de setembro 2 e 3 de outubro
TEMA 1 A literatura medieval [lectura: escolma aula virtual]
3 de outubro
9, 10, 16, 17, 23 e 24, 30 e 31 de outubro
TEMA 2 A literatura do século XIX [lectura: Follas novas]
31 de outubro
6, 7, 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de novembro 4, 5, 11 e 12 de decembro
TEMA 3 A literatura dos séculos XX e XXI [lecturas: De catro a catro, A esmorga e Si o vello Sinbad volvese ás illas]
12 de decembro
* Non haberá clase presencial