Download - Isométrica dun hexágono
sistema axonométricorepresentación
de formas planas
4º ESO – Educación plástica e visual
sistema axonométricorepresentación
dun hexágono regularen perspectiva isométrica
Representación dunha forma polígonal no sistema axonométrico isométrico.
sistema axonométrico
A forma a representar, en verdadeira magnitude, é un hexágono regular.
sistema axonométrico
Se debuxan os eixes de referencia xyz. Neste caso representaremos a forma sobre o plano xy.
sistema axonométrico
O hexágono regular que temos que representar non ten todos os seus lados paralelos aos eixes, polo que haberá que empregar o rectángulo auxiliar (ABCD) no que se atopa inscrito.
Se situa o vértice B no plano xy como punto de comezo.
sistema axonométrico
Se trazan paralelas aos eixes x e y de xeito que pasen por B.
sistema axonométrico
Nas rectas trazadas se determinan os puntos A e D, tendo en conta que se atopan a unha distancia de B igual á da verdadeira magnitude.
sistema axonométrico
Se trazan paralelas aos eixes por A e D que determinan o punto C.
Deste xeito xa temos representado o rectángulo en perspectiva. A perspectiva deforma a figura real e agora a súa forma é a dun romboide.
sistema axonométrico
Nos lados do rectángulo ABDC se situan os puntos 1, 2, 3, 4, 5 e 6, que son os vértices do hexágono que queremos representar.
As medidas A5=B3=C6=D2 temos que levalas en verdadeira magnitude. Do mesmo xeito determinamos os puntos 1 e 4 nos lados AB e CD respectivamente.
sistema axonométrico
Só queda unir os puntos e a figura estará rematada.