![Page 1: DICKENS, · 2012. 11. 19. · Charles DICKENS, un dos máis famosos escritores en lingua inglesa ... Dickens púxose a traballar ós 12 anos nunha fábrica de betún para calzado](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081623/6148d4a12918e2056c22f1a6/html5/thumbnails/1.jpg)
![Page 2: DICKENS, · 2012. 11. 19. · Charles DICKENS, un dos máis famosos escritores en lingua inglesa ... Dickens púxose a traballar ós 12 anos nunha fábrica de betún para calzado](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081623/6148d4a12918e2056c22f1a6/html5/thumbnails/2.jpg)
![Page 3: DICKENS, · 2012. 11. 19. · Charles DICKENS, un dos máis famosos escritores en lingua inglesa ... Dickens púxose a traballar ós 12 anos nunha fábrica de betún para calzado](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081623/6148d4a12918e2056c22f1a6/html5/thumbnails/3.jpg)
O 9 de xuño de 1870 morría Charles
DICKENS, un dos máis
famosos escritores en lingua
inglesa
Casa natal de Dickens en Portsmouth (esquerda) e
acuarela de Gad's Hill Place (abaixo), lugar onde
morreu
![Page 4: DICKENS, · 2012. 11. 19. · Charles DICKENS, un dos máis famosos escritores en lingua inglesa ... Dickens púxose a traballar ós 12 anos nunha fábrica de betún para calzado](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081623/6148d4a12918e2056c22f1a6/html5/thumbnails/4.jpg)
Foi un escritor moi popular na súa época e, aínda hoxe,
todas as súas obras
séguense a publicar, pois
continúan gozando do
favor de lectores de
todo o mundo
![Page 5: DICKENS, · 2012. 11. 19. · Charles DICKENS, un dos máis famosos escritores en lingua inglesa ... Dickens púxose a traballar ós 12 anos nunha fábrica de betún para calzado](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081623/6148d4a12918e2056c22f1a6/html5/thumbnails/5.jpg)
A maioría do seu público tiña
poucos recursos económicos, polo
que Dickens empregou o
popular formato de novela por
entregas: as súas obras aparecían
por capítulos (algo parecido ás actuais series de
televisión)
![Page 6: DICKENS, · 2012. 11. 19. · Charles DICKENS, un dos máis famosos escritores en lingua inglesa ... Dickens púxose a traballar ós 12 anos nunha fábrica de betún para calzado](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081623/6148d4a12918e2056c22f1a6/html5/thumbnails/6.jpg)
A súa infancia non foi doada, pois seu pai sufriu cárcere e
Dickens púxose a traballar ós 12 anos nunha fábrica de betún
para calzado. Alí tivo coñecemento das penosas
condicións de traballo da clase proletaria, algo que trasladaría
despois á súa obra de ficción
![Page 7: DICKENS, · 2012. 11. 19. · Charles DICKENS, un dos máis famosos escritores en lingua inglesa ... Dickens púxose a traballar ós 12 anos nunha fábrica de betún para calzado](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081623/6148d4a12918e2056c22f1a6/html5/thumbnails/7.jpg)
O máis apreciado en Dickens, a parte do seu dominio da
lingua inglesa, son as súas pinturas de
personaxes e situacións,
tomando sempre partido polos
parias da sociedade, como
os nenos, e censurando a
cobiza
![Page 8: DICKENS, · 2012. 11. 19. · Charles DICKENS, un dos máis famosos escritores en lingua inglesa ... Dickens púxose a traballar ós 12 anos nunha fábrica de betún para calzado](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081623/6148d4a12918e2056c22f1a6/html5/thumbnails/8.jpg)
As súas novelas máis famosas (e
con fortuna como adaptacións
cinematográficas) son Oliver Twist,
David Copperfield, Un conto de Nadal,
Grandes esperanzas e
Historia de dúas cidades. Todas elas
moi recomendables:
empeza por unha e verás como vas por
outra
![Page 9: DICKENS, · 2012. 11. 19. · Charles DICKENS, un dos máis famosos escritores en lingua inglesa ... Dickens púxose a traballar ós 12 anos nunha fábrica de betún para calzado](https://reader035.vdocuments.co/reader035/viewer/2022081623/6148d4a12918e2056c22f1a6/html5/thumbnails/9.jpg)
AUTOR: ALFONSO BLANCO MÚSICA: Consider Yourself, da BSO da película Oliver! (C. Reed, 1968), por Lionel Bart