Download - Cambiar datas nas tarefas en moodle
Unha vez que estamos dentro do noso curso, facemos clic en activar edición en calquera destes dous sitios.
Observa que agora aparecen os símbolos de edición
Despraza o recurso cara a dereita (como unha tabulación de texto)
Despraza o recurso cara arriba ou abaixo, segundo lle indiquemos
Elimina o recurso seleccionado
Oculta o recurso para que o alumnado non o vexa (nós verémolo en gris)
Localizamos a tarefa ou lección que queremos modificar as datas e facemos clic
Edita as características do recurso
Este é o que nos interesa usar para cambiar as datas da tarefa ou lección
Baixamos por todas as opcións que nos ofrece Moodle ata atopar o Control de acceso
Aquí modificamos as datas para que a tarefa ou lección estean dispoñibles para o alumnado.
Máis abaixo atoparemos os botóns para gravar os cambios(valen calquera dos dous)