1
2
Cadernos do S. N. de CC OO de Galicia
2013, outro ano negro para o emprego
Xaneiro de 2014
Elaboración: Secretaría de Emprego e Gabinete Económico
3
ÍNDICE
Presentación ............................................................................................................................... 5
O emprego evoluciona peor en Galicia que no Estado ............................................... 6
… e vense afectados todos os sectores de actividade.................................................. 6
O emprego masculino é o máis prexudicado ................................................................. 7
Aumenta o emprego a xornada parcial das mulleres ................................................. 8
O emprego por conta propia é o máis danado............................................................... 9
A reforma laboral prexudica o emprego indefinido..................................................10
A forte destrución do emprego temporal repercute na taxa de temporalidade ....................................................................................................11
A precariedade é máis alta nas mulleres e, sobre todo, entre as persoas máis novas...............................................................................................11
Os recortes nos servizos públicos provocan a caída do emprego público .......12
As persoas máis novas son as que máis sofren ...........................................................13
A destrución do emprego tamén afecta a poboación inmigrante ........................14
O colectivo máis prexudicado é o que ten menor nivel formativo ......................15
Os peores resultados do ano, na provincia da Coruña .............................................15
A poboación activa derrúbase ...........................................................................................16
Unha taxa de paro inconcibible .........................................................................................17
O sesenta por cento da poboación parada xa é de longa duración......................19
… e cada vez hai máis fogares con todos os membros en paro.............................19
Síntese final ...............................................................................................................................20
4
5
PRESENTACIÓN
Os datos económicos de 2013 amosan unha dramática situación na economía e no
emprego, a pesar de que políticos e empresarios declaren reiteradamente que as
cousas van mellor, que xa se enxerga a recuperación económica porque as políticas
de recortes están dando resultados.
A enquisa de poboación activa non deixa ver luz ningunha ao final do túnel: pér-
dense en 2013 máis de 38.000 empregos en Galicia, consolidándose outro ano ne-
gro para o emprego. Empregos que se xuntan aos perdidos en anos anteriores ata
sumaren 227.000 menos desde que comezou a crise no terceiro trimestre do 2008.
Menos emprego en 2013 e de peor calidade, porque o groso do perdido é indefi-
nido. Dous anos de reforma laboral deixan tras de si un intenso axuste dos cadros
de persoal que empezou polo emprego temporal pero que agora afecta de cheo ao
emprego fixo.
Dous son os datos máis destacables en 2013: a substitución de emprego a tempo
completo por emprego a tempo parcial, provocada pola reforma laboral e o derru-
bamento da poboación activa porque cada vez máis persoas abandonan o mercado
laboral, e mesmo o país, ante a falta de expectativas de atopar un traballo e desen-
volver un proxecto de vida en Galicia.
Foi 2013 un mal ano para o emprego, para os galegos e as galegas, especialmente
para as 277.800 persoas desempregadas e para aquelas que habitan nalgún dos
92.800 fogares en que todos os seus activos están en paro.
Estes pésimos datos para Galicia son o éxito de Feijóo, das súas políticas e do seu
empeño en intensificar en Galicia as receitas de Mariano Rajoy, co resultado dunha
evolución do emprego moito peor que a media estatal.
En CC OO vimos denunciando desde o inicio da crise que son posibles outras políti-
cas para superar esta situación sen facer recaer o custo sobre as persoas máis dé-
biles. Só cómpre vontade política porque competencias xa temos na nosa Comuni-
dade. Galicia e os galegos e galegas non merecen padecer esta situación.
2013, outro ano negro para o emprego
6
O EMPREGO EVOLUCIONA PEOR EN GALICIA QUE NO ESTADO
Os datos da enquisa de poboación activa (EPA) do cuarto trimestre de 2013 reflic-
ten que o emprego evoluciona en Galicia peor que na media española, tanto en
comparación co trimestre anterior como co cuarto trimestre de 2012.
Nos tres últimos meses pérdense 18.900 empregos en Galicia, que equivalen a
unha caída do 1,88 %; esta porcentaxe multiplica case por cinco a caída da media
estatal. O peor é que este mal dato dá continuidade a un inacabado proceso de des-
trución de emprego, porque nos últimos doce meses perdéronse en Galicia ao
redor de 38.600 postos de traballo, o que supón unha caída do 3,77 % fronte ao
1,17 % na media estatal.
Esta cifra leva ata os 227.200 empregos perdidos dende o terceiro trimestre de
2008, cando o mercado laboral galego comezou a sufrir os embates da crise. Ex-
presado en porcentaxe, equivale a unha destrución do emprego do 19 %.
A finais de 2013 había 987.300 persoas ocupadas en Galicia; é a cifra máis baixa
desde o ano 1999, así que retrocedemos ao nivel de ocupación de hai catorce anos.
Esta regresión do emprego non sorprende porque é o resultado inevitable da dete-
rioración da actividade económica, dos efectos dunha reforma laboral imposta, dos
recortes dos servizos públicos ou da ausencia de medidas que reactiven a econo-
mía. De feito, os datos da afiliación á seguridade social e o paro rexistrado xa prog-
nosticaban que o 2013 sería outro ano máis perdido en materia emprego.
… E VENSE AFECTADOS TODOS OS SECTORES DE ACTIVIDADE
No cuarto trimestre de 2013 destrúese emprego en todos os sectores de actividade
agás no da construción, que fica case estancado xa que só se crean 200 empregos
netos, é dicir, un cativo 0,3 %. Porén, ao comparar o volume de ocupación do cuarto
trimestre de 2013 co do mesmo período de 2012 (para evitar as distorsións
derivadas da estacionalidade), compróbase que se reduciu o nivel de emprego nos
catro sectores de actividade, e de xeito significativo na construción e na industria.
DINÁMICA SECTORIAL
IV TRIMESTRE 2013 VARIACIÓN CO TRIMESTRE ANTERIOR
VARIACIÓN CO ANO ANTERIOR
Primario 72.200 –2.900 –5.200
Industria 150.000 –2.900 –8.700
Construción 67.000 200 –7.300
Servizos 698.100 –13.200 –17.400
Total 987.300 –18.900 –38.700
FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE
7
No sector primario pérdese emprego de xeito acusado; de feito, as 72.200 persoas
que ocupa equivalen só ao 7 % do emprego total. Xa hai 2.900 persoas empregadas
menos que no terceiro trimestre de 2013 (un descenso do 3,9 %) e 5.200 menos
que no cuarto trimestre de 2012, un 6,7 %.
O sector de actividade con menos ocupación xa é a construción: 67.000 persoas
ocupadas. O emprego neste sector apenas variou nos tres últimos meses pero no
último ano perdéronse 7.300 postos de traballo, case o 10 % de descenso, o que
parece indicar que a destrución de emprego neste sector aínda non tocou fondo.
A perda de ocupación na industria é moi preocupante: perdéronse 2.900 postos de
traballo, un 1,9 % do total en apenas un trimestre, e no último ano desapareceron
8.700, un 5,5 % dos que había e que, sumados aos de anos anteriores, disparan ata
case os 70.000 os postos de traballo destruídos na industria dende que en 2008 a
crise comezara a golpear o emprego en Galicia.
No sector dos servizos —que concentra o 71 % da poboación ocupada en Galicia—
estase intensificando a destrución do emprego. Desde o cuarto trimestre de 2012
desapareceron 17.400 postos de traballo e só no último trimestre perdéronse
13.200. As razóns da debilitación do sector dos servizos son, fundamentalmente,
dúas: en primeiro lugar, a caída do consumo das familias, que leva a unha perda de
emprego en servizos privados como o comercio ou a hostalaría; en segundo lugar,
pero agora con máis forza, as perdas de emprego público como consecuencia di-
recta dos recortes nos servizos públicos.
O EMPREGO MASCULINO É O MÁIS PREXUDICADO
A perda de emprego afecta tanto a homes como a mulleres pero con intensidade
distinta. Nos últimos tres meses perdéronse 15.600 empregos masculinos fronte a
3.200 femininos; expresado en porcentaxe supón unha redución do 2,9 % e do
0,7 %, respectivamente.
Neste trimestre destrúese emprego masculino en todos os sectores pero sobre
todo no primario (2.000 ocupados menos) e nos servizos (12.300 menos). A
poboación ocupada feminina só medra na construción (900 ocupadas máis), men-
tres que nos restantes sectores baixa, sobre todo na industria (2.400 menos).
O EMPREGO POR SEXOS
IV TRIMESTRE 2013 VARIACIÓN CO TRIMESTRE ANTERIOR
VARIACIÓN CO ANO ANTERIOR
Mulleres 470.400 –3.200 –13.500
Homes 517.000 –15.600 –25.000
Total 987.3000 –18.900 –38.700
FONTE: elaboración propia sobre datos do IGE
2013, outro ano negro para o emprego
8
Desde o cuarto trimestre de 2012, o emprego masculino tamén é o que máis se
reduce: 25.000 ocupados menos fronte a 13.500 ocupadas menos. O 91 % dos ho-
mes que perderon o seu emprego traballaban na construción (6.200 ocupados me-
nos) e nos servizos (16.600 menos). Pola súa parte, o emprego feminino apenas
variou nos servizos (800 ocupadas menos, descende o 0,2 %) pero nos restantes
sectores baixou de xeito acusado, sobre todo na industria, 7.200 ocupadas menos.
AUMENTA O EMPREGO A XORNADA PARCIAL NAS MULLERES
Un dos indicadores máis evidentes da deterioración do mercado laboral en Galicia
é a forte medra do emprego a tempo parcial, mentres que a xornada a tempo com-
pleto retrocede de xeito acusado. Velaí un dos efectos perversos da reforma labo-
ral. O emprego a xornada parcial debería ser unha opción persoal, e non algo im-
posto polo empregador ou pola falta doutras opcións.
EMPREGO SEGUNDO A XORNADA
XORNADA IV TRIMESTRE 2013 VARIACIÓN CO TRIM. ANTERIOR
VARIACIÓN CO ANO ANTERIOR
Parcial 149.900 2.000 5.700
Completa 837.400 –20.900 –44.300
Total 987.300 –18.900 –38.700
FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE
Cada vez máis persoas traballan a xornada parcial e é maior o seu peso relativo no
mercado laboral. No cuarto trimestre de 2013 había 149.900 persoas traballando
en Galicia con este tipo de xornada, o que supón un 15 % do emprego total.
A ocupación a xornada parcial aumentou en 2.000 persoas só no último trimestre e
en 5.700 no último ano. Pola contra, destruíronse 20.900 empregos a xornada
completa no último trimestre, e 44.300 nos últimos doce meses.
A distribución do emprego a tempo parcial por sexos é moi desigual: as mulleres
ocupadas a tempo parcial xa son o 12 % do emprego total, mentres que o peso dos
homes é practicamente irrelevante, un 3 %.
EMPREGO A TEMPO PARCIAL
IV TRIMESTRE 2013 VARIACIÓN CO TRIM. ANTERIOR
VARIACIÓN CO ANO ANTERIOR
Mulleres 116.300 7.100 6.000
Homes 33.600 –5.100 –300
Total 149.900 2.000 5.700
FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE
9
No período analizado, só se creou emprego a tempo parcial entre as mulleres: hai
6.000 mulleres máis traballando a xornada parcial que hai un ano e 7.100 máis que
no terceiro trimestre de 2013.
O EMPREGO POR CONTA PROPIA É O MÁIS DANADO
Na EPA defínense como categorías profesionais os traballadores e traballadoras por
conta propia —que poden ser empresarios con ou sen asalariados, ou traballado-
res independentes—; os asalariados e asalariadas, tanto do sector público coma do
privado; os membros de cooperativas e a axuda familiar, ou outra situación
profesional.
CATEGORÍAS PROFESIONAIS
IV TRIMESTRE 2013
VARIACIÓN CO TRIM. ANTERIOR
VARIACIÓN CO ANO ANTERIOR
Asalariados/as 766.500 –11.200 –20.600
Empregadores/as 59.400 –3.500 –10.300
Autónomos/as 150.800 –4.800 –4.700
Resto 10.500 400 –3.200
Total 987.3000 –18.900 –38.700
FONTE: Elaboración propia sobre datos IGE
No último ano, a destrución de emprego cébase con todas as categorías profesionais.
O emprego por conta allea caeu de forma alarmante: nos últimos doce meses
pérdense 20.600 empregos asalariados, pero o peor é que no último trimestre
desapareceron 11.200, o que indica que seguramente seguirá caendo.
A situación do emprego por conta propia non é mellor, especialmente a dos em-
presarios e empresarias con asalariados/as ao seu cargo. Así pois, a poboación
ocupada nesa categoría profesional sofre unha caída superior á do conxunto do
emprego, tanto en termos anuais como trimestrais; con retrocesos do 14,8 % e do
5,6 %, respectivamente.
O emprego autónomo resiste mellor os embates da crise pero no último trimestre
constátase unha caída acusada no número de traballadores/as independentes ou
de empresarios e empresarias sen asalariados/as. Nesta categoría profesional pér-
dense 4.700 postos de traballo desde o cuarto trimestre de 2012 e 4.800 só no úl-
timo trimestre.
A REFORMA LABORAL PREXUDICA O EMPREGO INDEFINIDO
A reforma laboral de 2010 e, sobre todo, a de 2012 facilitaron moito os despedi-
mentos, tanto individuais como colectivos. E as empresas, amais de non renovaren
2013, outro ano negro para o emprego
10
os contratos temporais, agora optan cada vez máis por despedir os fixos en vez de
recorrer a medidas de flexibilidade interna para tentar manter o emprego.
No cuarto trimestre do ano son os temporais os que cargan co peso do axuste por-
que redúcense en 16.200 persoas. Pola contra, os asalariados indefinidos son 5.000
máis, unha medra que non chega ao 1 %.
INDEFINIDOS/TEMPORAIS
IV TRIMESTRE 2013 VARIACIÓN CO TRIM. ANTERIOR
VARIACIÓN CO ANO ANTERIOR
Indefinidos 592.300 5.000 –13.300
Temporais 174.200 –16.200 –7.300
Poboación asalariada 765.500 –11.200 –20.600
FONTE: Elaboración propia sobre datos IGE
Porén, ao integrar o cuarto trimestre de 2013 no conxunto dos últimos doce meses
constátase a forte destrución de emprego indefinido, isto é, postos de traballo ocu-
pados por persoas asalariadas con contrato fixo. Dende o cuarto trimestre de 2012
ata o cuarto de 2013, o número de persoas asalariadas con contrato indefinido re-
duciuse en 13.300 e o de temporais en 7.300. Expresado en porcentaxes, dado o
diferente peso de cada unha das categorías, a caída é do 2 % anual nos indefinidos
e do 4 % nos temporais.
A FORTE DESTRUCIÓN DO EMPREGO TEMPORAL
REPERCUTE NA TAXA DE TEMPORALIDADE
A taxa de precariedade (porcentaxe de asalariados con contrato temporal) está no
22,7 %, sensiblemente por baixo da que sufrimos hai uns anos. Aínda así, supera os
niveis desexables porque case un de cada catro asalariados teñen un contrato tem-
poral en Galicia.
A taxa de precariedade distribúese de xeito moi desigual segundo o sector: no sec-
tor privado está no 24,0 % e no público no 18,5 %.
TAXA DE PRECARIEDADE
SECTOR IV TRIMESTRE 2013 TRIM. ANTERIOR ANO ANTERIOR
Privado 24,0 % 26,1% 24,2 %
Público 18,5% 19,0 % 19,1 %
Total 22,7 % 24,5 % 23,1 %
FONTE: elaboración propia sobre datos do IGE
A taxa de precariedade baixou no sector privado e no público pero esa caída non se
explica por unha maior estabilidade no emprego ou porque se crease emprego in-
definido, senón porque se destruíu con forza emprego temporal.
11
No sector privado baixa arredor de dous puntos no último trimestre pero man-
tense en niveis similares aos de hai un ano. No público só se reduce cinco décimas
en comparación co trimestre anterior e seis décimas con respecto ao ano anterior.
A PRECARIEDADE É MÁIS ALTA NAS MULLERES E,
SOBRE TODO, ENTRE AS PERSOAS MÁIS NOVAS
A taxa de precariedade presenta outras variables relevantes como o sexo e a idade
das persoas. A relación laboral é máis precaria no emprego asalariado feminino e,
sobre todo, entre as traballadoras e traballadores máis novos.
TAXA DE PRECARIEDADE
IV TRIMESTRE 2013
VARIACIÓN CO TRIMESTRE ANTERIOR
VARIACIÓN CO ANO ANTERIOR
Homes 21,5 % 23,6 % 20,7 %
Mulleres 24,0 % 25,4 % 25,5%
16 a 34 anos 41,7 % 43,4 % 38,6 %
35 anos e máis 15,0 % 16,2 % 16,1 %
FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE
A taxa de precariedade é máis alta nas mulleres ca nos homes: 24 % fronte ao
21,5 %. Non obstante, no último ano acurtouse a diferenza entre ambas as taxas,
porque a feminina reduciuse en 1,5 puntos mentres que a masculina aumentou en
0,8 puntos.
Porén, neste trimestre a caída da taxa de temporalidade atangueu tanto os homes
como as mulleres; nelas baixa en 1,4 puntos e neles fíxoo en 2,1 puntos.
As diferenzas son maiores cando a variable de análise é a idade das persoas asala-
riadas. No cuarto trimestre de 2013, a taxa de precariedade dos menores de 35
anos é do 41,7 %, case tres veces máis que a dos maiores desa idade, que é do 15 %.
Esta gran diferenza demostra o altísima precariedade contractual da mocidade e
explica tamén por que a destrución do emprego asalariado se concentra neste
tramo de idade.
OS RECORTES NOS SERVIZOS PÚBLICOS
PROVOCAN A CAÍDA DO EMPREGO PÚBLICO
O axuste do emprego bateu con forza no sector privado tanto en termos trimestrais
(12.200 empregos menos, un 2 % de descenso) como anuais (18.700 empregos
menos, un 3 %).
2013, outro ano negro para o emprego
12
O emprego no sector público resistiu mellor ca no privado neste trimestre ao au-
mentar en 1.100 persoas. Con todo, se ampliamos a análise aos últimos doce me-
ses, o dato non é tan alentador porque se destruíron 1.800 empregos.
PÚBLICO/PRIVADO
IV TRIMESTRE 2013
VARIACIÓN CO TRIM. ANTERIOR
VARIACIÓN CO ANO ANTERIOR
Emprego asalariado público 177.000 1.100 –1.800
Emprego asalariado privado 589.600 –12.200 –18.700
Total 766.5000 –11.200 –20.600
FONTE: Elaboración propia sobre datos IGE
Das 177.000 persoas que, segundo a EPA, traballan no sector público de Galicia, a
maioría, 103.800, fano na Administración autonómica; outras 28.100 están na cen-
tral e 30.400 encádranse na Administración local.
EMPREGO PÚBLICO
ADMINISTRACIÓN IV TRIMESTRE 2013
VARIACIÓN CO TRIM. ANTERIOR
VARIACIÓN CO ANO ANTERIOR
Admón. central 28.100 1.000 –3.800
Seguridade Social 3.700 600 700
Admón. autonómica 103.800 –1.800 –2.400
Administración local 30.400 1.000 2.600
Empresas públicas 10.200 200 1.500
Resto 800 100 –400
177.000 1.100 –1.800
FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE
A perda de emprego afecta sobre todo a Administración autonómica: o número de
empregados e empregadas públicas reduciuse en 1.800 no último trimestre e en
2.400 nos últimos doce meses. Tamén merece certa atención o axuste de emprego
na Administración central porque desde o cuarto trimestre de 2012 desapareceron
3.800 empregos públicos, o 12 % dos que había.
Esta redución de emprego público é un indicador preciso da dureza dos axustes
orzamentarios, dos recortes e a deterioración dos servizos públicos fundamentais
como a sanidade, a educación ou a protección social.
AS PERSOAS MÁIS NOVAS SON AS QUE MÁIS SOFREN
A xente nova é o colectivo máis afectado pola perda de emprego, de xeito especial
as persoas menores de 24 anos. As consecuencias disto son alarmantes porque se
está expulsando do mercado laboral a xuventude galega e empurrándoa cada vez
máis a unha emigración forzada.
13
As persoas menores de 35 anos só representan o 26 % da poboación ocupada, so-
portan o 70 % da destrución de emprego nos últimos tres meses. E se tomamos os
datos dos últimos doce meses, esa porcentaxe é do 63 %, 24.400 empregos perdi-
dos. Dito doutro xeito, unha de cada catro persoas con traballo é nova, pero case
tres de cada catro empregos destruídos ocupábaos este colectivo.
As persoas ocupadas que teñen entre 35 e 44 anos tamén están comezando a pagar
caro o prezo da crise: reducíronse en 4.400 no último ano pero no último trimestre
xa son 7.800, un 2,5 % de descenso.
Daquela, as persoas menores de 44 anos son as máis prexudicadas no trimestre e
no ano. No último trimestre constátase que todo o emprego perdido estaba ocu-
pado por persoas de entre 16 e 44 anos e, se ampliamos a análise aos últimos doce
meses, soportan o 74 % do emprego destruído.
OCUPADOS POR IDADE
IV TRIMESTRE 2013 VARIACIÓN CO TRIM. ANTERIOR
VARIACIÓN CO ANO ANTERIOR
16 a 24 anos 33.800 –7.200 –6.300
25 a 34 anos 224.100 –6.100 –18.100
35 a 44 anos 309.900 –7.800 –4.400
45 a 54 anos 262.700 2.100 –200
55 ou máis 156.800 200 –9.600
Total 987.300 –18.900 –38.700
FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE
O tramo de idade que mellor resiste é o que vai dos 45 aos 54 anos. O número de
persoas ocupadas nese grupo aumenta en 2.100 no último trimestre e apenas varía
con respecto aos valores de hai un ano.
A poboación ocupada con 55 ou máis anos —son 156.800 persoas— permanece
estancada no último trimestre. Porén, no último ano perderon o seu emprego
9.600 persoas nese tramo de idade, un 6 % de descenso.
A DESTRUCIÓN DO EMPREGO TAMÉN AFECTA
A POBOACIÓN INMIGRANTE
En Galicia, o peso da poboación inmigrante no total do emprego é baixo en compa-
ración coa media española e, en especial, con outras comunidades autónomas que
si foron capaces de atraer inmigrantes. Con todo, a crise está afectando de xeito
acusado a poboación estranxeira porque a porcentaxe de destrución do emprego
tanto en termos trimestrais como anuais é moi superior á da poboación de nacio-
nalidade española.
2013, outro ano negro para o emprego
14
OCUPACIÓN POR NACIONALIDADE
NACIONALIDADE IV TRIMESTRE 2013 VARIACIÓN CO TRIMESTRE ANTERIOR
VARIACIÓN CO ANO ANTERIOR
Española e dobre nacionalidade 944.600 –16.200 –35.600
Estranxeira 42.700 –2.600 –3.100
Total 987.300 –18.900 –38.700
FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE
Dende o cuarto trimestre de 2012, o número de persoas inmigrantes reduciuse en
3.100 e o da poboación de nacionalidade española en 35.600. Expresado en por-
centaxes, dado o diferente peso de cada unha das categorías, a caída é do 3,6 % e
do 6,8 %, respectivamente. Esa diferenza aínda se agranda máis no último
trimestre porque a poboación ocupada inmigrante cae un 5,7 % e a de nacionali-
dade española faino un 1,7 %.
O COLECTIVO MÁIS PREXUDICADO É O QUE TEN MENOR NIVEL FORMATIVO
Outro colectivo en que incide de xeito acusado a destrución do emprego é o de me-
nor nivel formativo, é dicir as persoas sen estudos ou que só remataron os estudos
primarios.
A EPA proporciona información desagregada en sete niveis, pero a análise resulta
máis relevante se a concentramos en tres categorías: estudos primarios, secunda-
rios e superiores
EMPREGO SEGUNDO A FORMACIÓN
IV TRIMESTRE 2013 VARIACIÓN CO TRIM. ANTERIOR
VARIACIÓN CO ANO ANTERIOR
Estudos primarios 62.300 –3.300 –15.800
Estudos secundarios 536.400 –10.500 –27.400
Estudos superiores 388.600 –5.100 4.500
Total 997.300 –18.900 –38.700
FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE
As persoas sen estudos ou que só remataron estudos primarios son unha minoría
no mercado laboral galego porque só representan o 6 % da poboación ocupada.
Porén, son as que sofren a maior destrución de emprego pois no último trimestre
reducíronse en 3.300 e no último ano en 15.800, o que supón unha caída do 20 %
no ano.
As persoas con estudos secundarios, de primeira e segunda etapa, xuntan o colectivo
máis numeroso, case o 55 % do total. A poboación ocupada con ese nivel formativo
reduciuse nun 1,9 % no último trimestre (10.500 persoas ocupadas menos) e nun
4,9 % nos últimos doce meses, 27.400 persoas ocupadas menos.
15
Daquela, os datos evidencian que a perda de emprego é máis acusada canto menor é o
nivel de formación. De feito, as persoas con educación superior que representan case o
40 % da poboación ocupada galega redúcese nun 1,3 % no último trimestre, pero logra
manterse por riba dos niveis de hai un ano.
OS PEORES RESULTADOS DO ANO, NA PROVINCIA DA CORUÑA
A perda de emprego no cuarto trimestre do 2013 atangue a todas as provincias
galegas, agás Ourense. Pero desde o cuarto trimestre de 2012 esténdese por toda a
xeografía galega e experimenta unha evolución negativa nas catro provincias, so-
bre todo na da Coruña.
DISTRIBUCIÓN TERRITORIAL DO EMPREGO
IV TRIMESTRE 2013 VARIACIÓN CO TRIMESTRE ANTERIOR
VARIACIÓN CO ANO ANTERIOR
A Coruña 427.600 –11.200 –26.200
Lugo 122.400 –4.800 –4.300
Ourense 100.600 2.000 –2.600
Pontevedra 336.700 –4.900 –5.600
Total 987.300 –18.900 –38.700
FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE
Na Coruña, 11.200 persoas perderon o seu traballo no cuarto trimestre de 2013
ata facer un total de 26.200 empregos perdidos no último ano. É a provincia que
máis emprego destrúe nos últimos doce meses, debido en parte a que é a que ten
máis ocupados/as, pero tamén porque a súa dinámica é máis negativa que a de
Pontevedra, o segundo territorio con máis ocupación.
A provincia de Pontevedra, con 336.700 persoas ocupadas, perde 4.900 empregos
nos tres últimos meses, un 1,4 % de descenso. Desde o cuarto trimestre de 2012
desaparecen 5.600 postos de traballo, un 1,6 %. Expresado en cifras relativas, é a
provincia que menos emprego destrúe tanto en comparación co terceiro trimestre
de 2013 coma co cuarto trimestre de 2012.
Pola súa banda, a provincia de Lugo, con 122.400 persoas ocupadas, perde 4.300
empregos en 2013, pero no cuarto trimestre dese ano constátase unha redución
máis acusada: desaparecen 4.800 empregos, un 3,8 %. En proporción é a provincia
en que desaparecen máis postos de traballo nese trimestre.
En Ourense creáronse 2.000 empregos nos tres últimos meses, aínda que no último
ano a caída da ocupación atinxiu a 2.600 persoas, unha cifra que equivale a unha
redución do 2,5 %.
2013, outro ano negro para o emprego
16
Daquela, os peores resultados do ano 2013 corresponden á provincia da Coruña
tanto en termos absolutos— en parte porque tamén é a provincia con maior ocu-
pación—, como porcentualmente. A poboación ocupada cae en 26.200 persoas no
total do ano, unha porcentaxe do 6 %.
A POBOACIÓN ACTIVA DERRÚBASE
Ao comparar os datos do emprego e do paro topamos cunha aparente contradi-
ción: a poboación ocupada baixa moito e, pola contra, a poboación parada apenas
varía. De feito, desde o cuarto trimestre de 2012 destrúense 38.700 empregos pero
o paro estáncase.
Porén, non hai tal contradición. O que ocorre é que a poboación activa mingua por-
que cada vez máis persoas abandonan o mercado laboral ante a falta de expectati-
vas de atopar emprego e aumenta o número das que marchan do país na súa procura.
POBOACIÓN ACTIVA
IV TRIMESTRE 2013 VARIACIÓN CO TRIMESTRE ANTERIOR
VARIACIÓN CO ANO ANTERIOR
Homes 665.600 –15.400 –24.000
Mulleres 599.600 –2.700 –14.200
16 a 34 anos 372.900 –18.700 –35.500
Máis de 34 anos 892.100 700 –2.900
Total 1.265.100 –18.100 –38.200
FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE
A poboación activa en Galicia caeu arredor de 18.000 persoas só no último trimes-
tre e en máis de 38.000 no ano, que equivalen a unha redución do 3 %. A cifra de
parados é alarmante e, de non diminuír a poboación activa, o desemprego estaría
moi por riba das trescentas mil persoas.
A caída da poboación activa concéntrase na xente máis nova. No cuarto trimestre
de 2013, as persoas activas menores de 34 anos baixaron en máis de 15.000 e nos
últimos doce meses a cifra dispárase ata as 24.000. Por riba desa idade, as persoas
activas non varían de xeito significativo.
Tamén existe unha diferenza considerable segundo o sexo. A poboación activa
masculina reséntese máis que a feminina, tanto neste trimestre coma nos últimos
doce meses.
No último trimestre, a caída da poboación activa concéntrase nos homes (15.400
activos menos), mentres o número de mulleres activas non variou de xeito signifi-
cativo. Se tomamos como referencia os datos do último ano, a distribución xa non é
tan desigual: 24.000 activos menos fronte 14.200 activas menos.
17
UNHA TAXA DE PARO INCONCIBIBLE
O ano 2013 péchase en Galicia con 277.800 persoas desempregadas; 148.600 ho-
mes e 129.200 mulleres. Nunca, dende que existen estatísticas, houbo tanto
desemprego no noso país. É mais, baixou o paro na maioría das comunidades
autónomas, tanto trimestral como anualmente, pero en Galicia permanece
practicamente estancado.
As case 149.000 persoas que se sumaron ao paro en cinco anos dan unha idea pre-
cisa da forte destrución de emprego en Galicia. E o que é peor, a cifra non é máis
alta porque, como se dixo, moitas persoas deixan de buscar emprego de forma ac-
tiva e, en consecuencia, non se contabilizan como paradas, senón como inactivas.
Sen esa redución de 38.000 persoas activas no último ano, a cifra do desemprego
estaría xa por riba desa barreira terrible das 300.000.
A taxa de paro é do 22 %, o que implica que case unha de cada catro persoas que
queren traballar non pode facelo, está excluída do mercado laboral activo. Non
obstante, a súa distribución segundo o sexo é a idade é moi desigual.
TAXA DE PARO
IV TRIMESTRE DE 2013 TAXA DE PARO
Mulleres 21,5 %
Homes 22,3 %
De 16 a 24 anos 50,7 %
De 25 a 54 anos 21,1 %
De 55 e máis anos 16,2 %
Total 22,0 %
FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE
Antes da crise, a taxa de paro feminina era superior á masculina, pero agora a si-
tuación é a contraria porque a destrución de emprego foi máis intensa nos homes.
Así pois, a taxa de paro nos homes é do 22,3 % e nas mulleres do 21,5 %.
A taxa de paro distribúese de xeito moi dispar entre os diferentes grupos de idade:
nos mozos e mozas menores de 25 anos, ao pechar o ano 2013 era do 50,7 %, cifra
que duplica a das persoas de entre 25 e 54 anos e supón máis do triplo das que
teñen 55 ou máis anos. As consecuencias son alarmantes porque a metade dos mo-
zos e mozas galegos que queiran traballar non poden facelo, están condenados ao
paro.
A taxa de paro baixa a medida que sobe a idade das persoas e alcanza o seu mínimo
nos maiores de 55 anos cun 16,2 %. Pero este dato non debe agochar a durísima
realidade dos parados e paradas maiores desa idade porque moitas destas persoas
non volverán a traballar nunca.
2013, outro ano negro para o emprego
18
O SESENTA POR CENTO DA POBOACIÓN PARADA
XA É DE LONGA DURACIÓN
Na primeira fase da crise, as persoas que levaban máis dun ano en desemprego
(límite a partir do cal se considera paro de longa duración) eran unha minoría.
Agora xa son a maioría. O ano 2013 pechou con 167.500 persoas que levan en paro
máis dun ano, unha cifra que equivale ao 60 % do total da poboación parada, men-
tres que hai un ano eran o 53 %. É dicir, máis da metade das persoas desemprega-
das están xa nesta categoría problemática.
No paro de longa duración hai máis de 106.500 persoas que xa levan máis de dous
anos paradas, 22.000 máis que hai un ano. Unha situación moi angustiosa para
quen a sofre porque, a partir dese tempo, esgótanse as prestacións por desem-
prego, deixando sen protección as persoas. Pero, ademais, o paro de moi longa du-
ración multiplica as dificultades de volver a incorporarse ao mercado laboral
activo.
TEMPO NO PARO
IV TRIMESTRE 2013 IV TRIMESTRE 2012
Ata 6 meses 67.500 75.200
De 6 meses a 1 ano 33.600 46.800
De 1 a 2 anos 60.800 61.200
Máis de 2 anos 106.700 84.500
Xa atopou traballo 9.300 9.500
Total 277.800 277.400
FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE
… E CADA VEZ HAI MÁIS FOGARES CON TODOS OS MEMBROS EN PARO
Talvez a expresión máis dramática nas estatísticas do desemprego é a referida aos
fogares en que todos os seus membros están en paro. En Galicia había, no cuarto
trimestre de 2013, máis de 733.000 fogares con activos, isto é, con persoas que
traballan ou buscan traballo. Eses fogares poden desagregarse en tres categorías:
os que teñen todos os seus membros ocupados, os que teñen algúns ocupados e
outros parados e, por último, aqueles en que todos están en paro.
TIPOLOXÍA DOS FOGARES
IV TRIMESTRE 2013 IV TRIMESTRE 2012
Todos os activos están ocupados 499.500 512.000
Hai ocupados e parados 141.100 138.000
Todos os activos están en paro 92.800 91.900
Fogares con activos 733.400 741.900
FONTE: Elaboración propia sobre datos do IGE
19
No cuarto trimestre do ano 2013, os fogares en que todos os membros están en
paro son 92.800, unha cifra moi preocupante que, ademais, non deixa de medrar
porque hai un ano había case 1000 fogares menos que vivían nesa situación.
Tamén aumentan os fogares en que hai ocupados pero tamén parados, que xa su-
man 141.100, tres mil máis que hai un ano. Se sumamos ambas as categorías, te-
mos que en Galicia hai ao redor de 234.000 fogares onde o drama do paro está
presente.
Como é obvio, baixa o número de familias en que todos os membros están ocupa-
dos, un descenso de 12.500 ata quedar en case medio millón de fogares.
SÍNTESE FINAL
O ano 2013 foi pésimo en materia de emprego, outro máis caracterizado pola forte
destrución de postos de traballo e pola intensa deterioración das condicións labo-
rais dos que aínda o manteñen.
Desde o cuarto trimestre de 2012 perdéronse ao redor de 38.600 postos de traba-
llo en Galicia, o que supón unha caída de case o 4 %. Por riba, os datos da enquisa
de poboación activa (EPA) correspondentes ao cuarto trimestre de 2013 reflicten
con claridade que o emprego evoluciona en Galicia peor que na media española,
tanto en termos trimestrais como anuais.
Un dos indicadores máis evidentes da deterioración do mercado laboral en Galicia
é a forte destrución do emprego indefinido: 13.300 persoas indefinidas menos no
ano. Ese é un dos efectos perversos da reforma laboral.
Outro efecto daniño da reforma laboral é o incremento do emprego a tempo par-
cial, mentres que o da xornada a tempo completo retrocede de xeito acusado.
Desde o cuarto trimestre de 2012, hai 5.700 persoas máis ocupadas a xornada par-
cial e, pola contra, destruíronse máis de 44.000 empregos a xornada completa.
O emprego no sector público resistiu mellor que o privado no cuarto trimestre de
2013. Con todo, se ampliamos a análise aos últimos doce meses, o dato non é tan
alentador porque se destruíron 1.800 empregos públicos. O axuste afecta sobre
todo a Administración autonómica e a central.
A crise do emprego é especialmente agresiva coa xente máis nova, porque o 63 %
dos postos de traballo destruídos no último ano ocupábanos persoas de menos de
35 anos, o colectivo que está a pagar o prezo máis caro nesta crise.
A poboación activa en Galicia caeu ao redor de 18.000 persoas só no último trimes-
tre e en máis de 38.000 no ano. O que evidencia que cada vez máis persoas
2013, outro ano negro para o emprego
20
abandonan o mercado laboral ante a falta de expectativas de atopar un emprego e
aumenta o número das que marchan do país na súa procura.
O ano 2013 péchase en Galicia con 277.800 persoas desempregadas, o que implica
unha taxa de paro do 22 %. A cifra é alarmante pero, de non diminuír a poboación
activa, o desemprego estaría moi por riba das trescentas mil persoas.
A situación de desemprego agrávase porque xa hai 167.500 parados e paradas de
longa duración, que supoñen o 60 % do total da poboación parada. É dicir, máis da
metade das persoas desempregadas xa están nesta categoría problemática.
Especialmente grave é o caso dos fogares galegos en que todos os seus activos es-
tán en paro, 92.800. Unha cifra que non deixa de medrar porque son case 1000
fogares máis que hai un ano.
2013, outro ano negro para o emprego
22