Transcript
Page 1: Asociación galega para a defensa dá sanidade pública

A Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere denunciar que a

administración sanitaria galega, nunha fuxida adiante sen precedentes , vai introducir un

novo recorte no dereito á atención sanitaria en Galicia, que neste caso afectará aos sectores

sanitarios afectados por graves problemas de saúde como son as persoas con amputacións,

cancro, parálise minusvalías graves e incapacitantes

Preténdese que as persoas que precisen próteses, cadeiras de rodas, dispositivos para

camiñar, etc. deberán pagar os mesmos cando os reciban nos centros sanitarios ou nos

establecementos orto-protésicos e posteriormente reclamar o seu reintegro ao SERGAS,

solicitude que poderá ou non ser satisfeita pola administración en función da

dispoñibilidade económica .

Esta decisión supón que unha parte importante destes pacientes non poderán adquirir

as próteses ou dispositivos que necesitan para paliar as súas discapacidades ou limitacións

por problemas económicos, xa que a gran maioría son persoas maiores pensionistas ou en

situación de discapacidade laboral por padecer enfermidades graves ou intervencións

cirúrxicas importantes e traumáticas, que determinan unha diminución importante de

ingresos económicos.

A nosa Asociación advirte a toda a cidadanía e aos profesionais sanitarios de que se a

administración sanitaria galega, no seu afán de aforrar gasto custe, é capaz de perpetrar

esta tropelía con un colectivo tan vulnerable e necesitado, ten que esperar recortes brutais

no conxunto dos servizos sanitarios.

Esiximos que se retire de xeito inmediato esta decisión por vulnerar gravemente o

dereito á asistencia sanitaria, dun sector especialmente vulnerable e necesitado que precisa

políticas de apoio especial.

Manuel Martín Garcia

Portavoz Asociación Galega

para a Defensa da Sanidade

Pública

Tno 669704177

Top Related