asociación galega para a defensa dá sanidade pública

1
A Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere denunciar que a administración sanitaria galega, nunha fuxida adiante sen precedentes , vai introducir un novo recorte no dereito á atención sanitaria en Galicia, que neste caso afectará aos sectores sanitarios afectados por graves problemas de saúde como son as persoas con amputacións, cancro, parálise minusvalías graves e incapacitantes Preténdese que as persoas que precisen próteses, cadeiras de rodas, dispositivos para camiñar, etc. deberán pagar os mesmos cando os reciban nos centros sanitarios ou nos establecementos orto-protésicos e posteriormente reclamar o seu reintegro ao SERGAS, solicitude que poderá ou non ser satisfeita pola administración en función da dispoñibilidade económica . Esta decisión supón que unha parte importante destes pacientes non poderán adquirir as próteses ou dispositivos que necesitan para paliar as súas discapacidades ou limitacións por problemas económicos, xa que a gran maioría son persoas maiores pensionistas ou en situación de discapacidade laboral por padecer enfermidades graves ou intervencións cirúrxicas importantes e traumáticas, que determinan unha diminución importante de ingresos económicos. A nosa Asociación advirte a toda a cidadanía e aos profesionais sanitarios de que se a administración sanitaria galega, no seu afán de aforrar gasto custe, é capaz de perpetrar esta tropelía con un colectivo tan vulnerable e necesitado, ten que esperar recortes brutais no conxunto dos servizos sanitarios. Esiximos que se retire de xeito inmediato esta decisión por vulnerar gravemente o dereito á asistencia sanitaria, dun sector especialmente vulnerable e necesitado que precisa políticas de apoio especial. Manuel Martín Garcia Portavoz Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública Tno 669704177

Upload: gardapeiraos-maximus

Post on 07-Jun-2015

251 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Asociación galega para a defensa dá sanidade pública

A Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere denunciar que a

administración sanitaria galega, nunha fuxida adiante sen precedentes , vai introducir un

novo recorte no dereito á atención sanitaria en Galicia, que neste caso afectará aos sectores

sanitarios afectados por graves problemas de saúde como son as persoas con amputacións,

cancro, parálise minusvalías graves e incapacitantes

Preténdese que as persoas que precisen próteses, cadeiras de rodas, dispositivos para

camiñar, etc. deberán pagar os mesmos cando os reciban nos centros sanitarios ou nos

establecementos orto-protésicos e posteriormente reclamar o seu reintegro ao SERGAS,

solicitude que poderá ou non ser satisfeita pola administración en función da

dispoñibilidade económica .

Esta decisión supón que unha parte importante destes pacientes non poderán adquirir

as próteses ou dispositivos que necesitan para paliar as súas discapacidades ou limitacións

por problemas económicos, xa que a gran maioría son persoas maiores pensionistas ou en

situación de discapacidade laboral por padecer enfermidades graves ou intervencións

cirúrxicas importantes e traumáticas, que determinan unha diminución importante de

ingresos económicos.

A nosa Asociación advirte a toda a cidadanía e aos profesionais sanitarios de que se a

administración sanitaria galega, no seu afán de aforrar gasto custe, é capaz de perpetrar

esta tropelía con un colectivo tan vulnerable e necesitado, ten que esperar recortes brutais

no conxunto dos servizos sanitarios.

Esiximos que se retire de xeito inmediato esta decisión por vulnerar gravemente o

dereito á asistencia sanitaria, dun sector especialmente vulnerable e necesitado que precisa

políticas de apoio especial.

Manuel Martín Garcia

Portavoz Asociación Galega

para a Defensa da Sanidade

Pública

Tno 669704177